Listen

Description

Co gallo do Día Mundial da Auga presentamos unha serie de podcasts protagonizados por expertos en diversas áreas, desde o dereito ata a ecoloxía, pasando polo turismo, a física, o termalismo e a ciencia dos chans. A través destas conversas, exploraremos a importancia vital da auga doce e a súa preservación para o futuro do noso planeta.


Os investigadores da Universidade de Vigo, Roberto Bustillo e Sofía Salgado son entrevistados no CEIP de Laredo, por Martina e Breixo sobre a auga e o dereito, na conmemoración do Día Mundial da Auga. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación.

Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.