Listen

Description

Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.

No Episodio 5, o colombiano John Pineda fálanos da súa motivación para vir a Galicia e das dificultades da adaptación. O que máis valora é a cultura e todo o que aprendeu nesta nova etapa vital.

🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.