Listen

Description

Dende a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, presentamos unha nova serie de podcast para celebrar o Día Mundial da Saúde. Nela abordaranse temas sobre saúde cardiovascular con expertos de distintas áreas relacionadas coa diagnose, seguimento de patoloxías cardiovasculares, así como a prevención e a promoción de hábitos saudables entre a poboación galega onde a prevalencia e mortalidade deste tipo de enfermidades é moi alta.

Neste primeiro capítulo, Xosé Antón Vila Sobrino, experto en análise de datos é entrevistado por Gabriel Fuentes e nel descubriremos a importancia da análise das variables do corpo, do uso da tecnoloxía e intelixencia artificial e o seu uso e aplicación no ámbito sanitario.

Un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Agradecementos ao persoal da Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro de Ourense.