Listen

Description

Neste terceiro capítulo da serie de podcast polo Día Mundial da Saúde, acompáñanos Diana Valverde, que é a investigadora principal no laboratorio de enfermidades raras no CINBIO, da Universidade de Vigo e, entre as investigacións que dirixe moitas delas están relacionadas coas cardiopatías.

Esta entrevista aprenderemos as vantaxes dos "modelos celulares" para o estudo de enfermidades, tamén que as mitocondrias teñen un punto de vista, da importancia que ten o estudo de casos singulares para a mellora de procesos de enfermidades máis comúns e sobre todo que do difícil que resulta aprender a perseguir soños.

Conducido polo xornalista Gabriel Fuentes Míguez, un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.