Listen

Description

Ola! Que tal estades?

No 12ª episodio de SONUVigo entrevistamos á astrofísica viguesa e recente doutora honoris causa pola UVigo Begoña Vila. Ademais, se no último episodio coñeciamos á primeira candidata que concorrerá ás eleccións á Reitoría, Belén Rubio, neste escoitaremos á segunda que se presentou para optar á elección: a catedrática Carmen García Mateo. 

Falaremos tamén dun proxecto de investigación que persegue facer fronte á seca, a través do deseño dun innovador sistema que permite a recolección de auga de resío. Escoitaremos ao PDI e o PTXAS que protagonizou un acto de homenaxe pola súa xubilación, logo de décadas de traballo na UVigo. Italia e Arxentina son os países de orixe do alumnado estranxeiro que está a compartir as súas experiencias con nós nesta tempada de SONUVigo, que tamén vos achegará neste episodio os detalles do plan piloto de acompañamento psicolóxico para facer fronte a dificultades relacionadas e derivadas da experiencia académica que sofre o noso alumnado.

Unha Axenda que inclúe citas tan relevantes como a Semana de Cine Submarino ou Debut e unha recomendación editorial centrada nas cadeas de bloques; criptomoedas ou NFT, completan este episodio do podcast da Vicerreitoria de Comunicación e Relacións Institucionais no que tamén descubriremos a escoitaremos á recén creada Orquestra da UVigo

Recibide un saúdo de Mª del Carmen Echevarría e grazas por escoitarnos!