Ola!
Benvidas e benvidos ao segundo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, no que as e os protagonistas sodes todas as persoas que formades a comunidade universitaria e todas aquelas que queredes descubrir como é a nosa institución académica.
Este episodio está dedicado a falar con Manuel Reigosa, o reitor da Universidade de Vigo, co que conversaremos sobre os orzamentos para o vindeiro ano 2025, da situación e plans de futuro para o persoal docente e investigador (PDI), para o persoal técnico de xestión de administración e servizos (PTXAS); así como de infraestruturas, titulacións ou das vindeiras eleccións á Reitoría. Pero tamén aproveitaremos, tendo en conta estas datas nas que nos atopamos, para preguntarlle ao reitor da UVigo que lle pide a Papa Noel e aos Reis Magos e cales son os seus desexos para o ano novo.
Grazas por escoitar SONUVigo. Recibide un saúdo de María del Carmen Echevarría co apoio técnico de Paco Brisaboa.
Música: Christmas Magic by danyvin; Merry Christmas by Vislevski e Christmas is Coming by Vislevski (TuneTank) e Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)