Listen

Description

Novo ano e novo episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e RRII da Universidade de Vigo.

A Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo cumpre 25 anos do cambio da súa denominación, daquela Facultade de Humanidades. Do pasado, presente e futuro deste centro falaremos con membros da súa comunidade universitaria.

Tamén viaxaremos ata as Illas Açores e Roma da man do noso alumnado e coñeceremos a dúas investigadoras, María Shantal Rodríguez e María Talavera, benefiaciarias do Plan de Retención de Talento da UVigo. Un episodio no que tamén debullaremos os plans do novo director da Área de Normalización Lingüística, Benigno Fernández, e nos achegaremos ao mundo do debate e da oratoria co equipo campión de España de Debate: a Asociación de Debate Universitario Retórica da UVigo.

Grazas todas e todos os que participastes neste episodio e as persoas que o escoitades. Un saúdo de Mª del Carmen Echevarría, xefa de Prensa da UVigo e responsable da creación, produción e realización de SONUVigo! 

Sintonías e efectos: Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)