Listen

Description

Ola! Que tal estades?

No cuarto episodio de SONUVigo, o podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, afondamos nas orixes do campus de Ourense, que superado o medio século de vida, enfronta o futuro convertido en referente nacional e internacional nalgunhas áreas de investigación, cun alumnado en crecemento e avanzando na súa especialización como Campus Auga.

Co gallo da presentación do libro '50 anos de estudos universitarios en Ourense', rememoramos con seus e as súas protagonistas como foi ese curso 1973/1974 no Colexio Universitario, con pouco máis de 200 alumnos, 11 docentes e tres administrativos e como, a partir de aí, o campus evolucionou ata se converter no que hoxe coñecemos.

Neste episodio coñeceremos ao alumnado que procedente da Illa de Reunión, Corea do Sur, Portugal o México chegou este cuadrimestre a estudar na UVigo. Conversaremos coa directora da Área de Diversidade, Raquel Rey, para coñecer as competencias e liñas de traballo deste servizo e achegarémonos, tamén, a dous centros de investigación, CINBIO e Ecobas, nos que desenvolve a súa actividade o PDI da Universidade de Vigo.

Neste episodio falamos das eleccións á Xunta de Persoal que o PTXAS celebrará o vindeiro mes de marzo e para festexamos xunto ao alumnado das escolas de enxeñaría do campus de Vigo o 25 aniversario do Foro Tecnolóxico, que volverá nunhas semanas a ser o punto de encontro entre as empresas e o estudantado.

Benvidas e benvidos a un novo episodio de SONUVigo. Recibide un saúdo de Mª del Carmen Echevarría, xornalista e xefa de Prensa da UVigo.

Temas musicales: Tune Tank (Beautiful Moment by RedLionProduction; Hot Stuff by Decibel;
Time For Innovation; Piano Flex) e Creative Technology Showreel. Pumpupthemind; Promo logo; Stomp Clapping. makesoundmusic (Pixabay)