Listen

Description

No derradeiro episodio deste curso do podcast da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais conversamos con reitor da UVigo, Manuel Reigosa, sobre asuntos de actualidade como a demanda da Universidade de A Coruña para implantar un grao en Medicina, as titulacións de grao que universidades ou entidades privadas pretenden implantar, as obras recentemente iniciadas para a construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo ou as eleccións á Reitoría que se celebrarán o vindeiro mes de maio.

Ademais teremos tempo para repasar coas súas e os seus protagonistas cuestións como os proxectos de investigación nos que están a traballar María Mayán (CINBIO) e Armando Caballero (CIM); as expectativas do UM25 co que a UVigo competirá nas vindeiras semanas nas competicións de Formula Student de Portugal e Croacia ou a traxectoria profesional e logros da vindeira doutora honoris causa da UVigo, a astrofísica Begoña Vila.

Grazas por escoitarnos. Volveremos o vindeiro mes de setembro con novos episodios de SONUVigo. Ata entón, feliz verán e aburiño!