Listen

Description

Neste episodio de Resonancias viaxamos ao Festival de Batuku de Tarrafal, na Illa de Santiago, para achegarnos a unha das súas manifestacións culturais máis antigas e poderosas de Cabo Verde. A través da música, da danza e da palabra, percorremos a historia dun ritmo que sobreviviu á represión colonial grazas ao enxeño, á resistencia e ao papel fundamental das mulleres na súa preservación.Contamos coa participación de Mário Lúcio, Marisa Correia e Ana Paula Moura, tres voces clave para comprender a evolución do batuku, desde os espazos comunitarios ata os escenarios contemporáneos. Unha expresión cultural viva que segue a expandirse máis alá do arquipélago, conectando memoria, identidade e novas xeracións.Dirección: Beatriz FontánProdución executiva e comisariado: Samuel DizDeseño gráfico: Beatriz FontánRevisión lingüística: Olga NogueiraInterveñen: Mário Lúcio, Marisa Correia e Ana Paula MouraFotografía de portada: ©Beatriz FontánEste PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.