podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
BNG Deputacion Coruna
Shows
Fálase
Fálase 50 - As municipais foron galegas
No episodio número 50 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os resultados do 28M co foco en lugares significativos polas maiorías ás que deron lugar as urnas e, sobre todo, porque mantiveron unha dinámica propia que, como os resultados galegos en xeral, non encaixan no 'tsunami' da dereita debuxado para o conxunto do Estado. Da Coruña a Vigo detémonos en Santiago, onde Goretti Sanmartín será alcaldesa polo BNG. Tamén debullamos o resultado da gran batalla de Lugo, onde PSdeG e BNG revalidarán os gobernos do Concello e...
2023-06-01
27 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Fitos na xestión de Cultura: a Rede Cultural e programas como 'Quero cantar'
Rolda de prensa do 13/06/2019. (IV) No balanzo da súa xestión na área de Cultura, Goretti Sanmartín sinalou como fitos a constitución da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás e a elaboración do informe que debe dar pé a unha demanda do Estado para recuperar o ben, demanda que volveu esixir "que se presente xa". Tamén indicou que a Rede Cultural e programas como 'Quero cantar' contribuiron decisivamente aos obxectivos de mellorar a atención á cultura galega. Sanmartín dixo que a Deputación foi quen de recuperar para a cultura o nivel de inves...
2019-06-13
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
A remunicipalización do servizo de bombeiros.
Rolda de prensa do 13/06/2019. (III) Após o anuncio de que non repetirá como deputada provincial no próximo mandato, Sanmartín subliñou algúns fitos da xestión nacionalista nas áreas de plans e de cultura, nas que participou directamente e indicou os éxitos do Plan Plus, en canto ao establecemento de criterios obxectivos na concesión das axudas aos concellos. Tamén destacou a remunicipalización do servizo de bombeiros.
2019-06-13
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Transformación da Deputación (2011-2015)
Rolda de prensa do 13/06/2019. (II) Como balanzo dos seus catro anos á cabeza da representación do BNG na Deputación, Goretti Sanmartín lembrou que "chegamos cun mandato de transformación radical da institución" e confesou que a tarefa lle pareceu "imposíbel durante os primeiros meses, mais fomos quen de lle dar unha volta a todo, consolidando proxectos e maneiras e dotando de ferramentas á Deputación".
2019-06-13
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Despedida de Goretti Sanmartín da Deputación da Coruña.
Rolda de prensa do 13/06/2019. (I) Goretti Sanmartín, a vicepresidenta, responsábel da Área de Cultura e líder nacionalista no goberno de coalición na Deputación da Coruña, anunciou este xoves que non repetirá como deputada provincial no próximo mandato para concentrarse no traballo municipal na corporación de Compostela na que será portavoz do BNG.
2019-06-13
02 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Xosé Regueira. Defensa do POS+ no pleno de abril.
A Deputación da Coruña como unha das que máis recursos destina aos concellos baseándose en criterios obxectivos e deixando que sexan os propios municipios os que decidan a finalidade dos fondos. Dende a súa creación en 2017, o plan permitiu a execución de 1.474 obras de construción ou mellora de infraestruturas públicas, contribuíu a reducir a débeda dos municipios coruñeses en 10,7 millóns de euros e permitiu aos concellos axilizar o pago de máis de 7,8 millóns de euros aos seus provedores, contribuíndo así a sanear as economías municipais.
2019-05-28
03 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Defensa do Plan de Obras e Servizos. As nominativas.
O pleno da Deputación da Coruña aprobou o Plan Único (POS+2019). Xosé Regueira defendeu o desenvolvemento dos suscesivos plans polo goberno provincial e subliñou as diferenzas coa política do anterior goberno do PP. Reiterou ademais a necesidade de recorrer a subvencións nominativas en casos determinados, mais non como medida habitual.
2019-05-28
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Debate do POS+ no pleno de abril. Xosé Regueira
O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade o Plan Único (POS+2019). Unha inxección económica de 92,3 millóns de euros destinada a financiar investimentos e mantemento de servizos públicos esenciais nos concellos da provincia. O deputado responsable da área de Plans, Xosé Regueira, detallou os investimentos do Plan, “que permitirán a execución de 328 obras e a redución da débeda municipal en 17 concellos por 1,2 millóns” e sostivo que “é unha boa noticia da que temos que estar orgullosos”.
2019-05-28
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Olga Castro. "O galego, unha lingua inclusiva?"
Cuarta xornada do programa 'Malas Linguas'. Mesa 'O galego, unha lingua inclusiva?'. Exposición de Olga Castro, profesora de tradución da Aston University, sobre os prexuízos sobre as posibilidades de utilizar o idioma como lingua inclusiva. Mesa na que participaron ademáis Noemía Basanta, filóloga, e Iria Vázquez, socióloga.
2019-04-27
02 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Goretti Sanmartín parabeniza o acordo e aos técnicos polo seu traballo
Os dez parques comarcais de bombeiros da provincia da Coruña pasarán a ser xestionados de forma directa pola administración pública a partir do ano próximo. Goretti Sanmartín parabeniza aos técnicos e ás Administracións que fixeron posíbel o acordo para a mellora dun servizo público esencial.
2019-04-27
00 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Un paso adiante que debería ter continuidade a nivel de país
Os dez parques comarcais de bombeiros da provincia da Coruña pasarán a ser xestionados de forma directa pola administración pública a partir do ano próximo. Goretti Sanmartín, a vicepresidenta da Deputación, avanza que o proxecto debería ter continuidade "camiñando cara un servizo de emerxencias coordinado a nivel galego".
2019-04-27
00 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Xestión pública do servizo de bombeiros. Presentación
Os dez parques comarcais de bombeiros da provincia da Coruña pasarán a ser xestionados de forma directa pola administración pública a partir do ano próximo. Goretti Sanmartín, a vicepresidenta da Deputación, lembra na presentación do acordo os meses de traballo para chegar a este acordo.
2019-04-27
00 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Carlos Babío e a "normalidade" democrática no Estado.
O 4 de marzo diante da Casa Cornide na Coruña tivo lugar un acto de solidariedade co investigador Carlos Babío no que participou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, principal impulsora da iniciativa política e xudicial para recuperar o Pazo de Meirás, unha iniciativa que se sustentou, en boa medida, nas investigacións de Babío sobre os espolios de Franco na área coruñesa. Tamén participaron no acto Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e as cabeza de lista ás municipais polo Bloque en Sada e na Coruña, Isa Reimúndez e Francisco Jorqu...
2019-03-15
04 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Carlos Babío sobre a demanda dos Franco.
O 4 de marzo diante da Casa Cornide na Coruña tivo lugar un acto de solidariedade co investigador Carlos Babío no que participou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, principal impulsora da iniciativa política e xudicial para recuperar o Pazo de Meirás, unha iniciativa que se sustentou, en boa medida, nas investigacións de Babío sobre os espolios de Franco na área coruñesa. Tamén participaron no acto Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e as cabeza de lista ás municipais polo Bloque en Sada e na Coruña, Isa Reimúndez e Francisco Jorqu...
2019-03-15
01 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Ana Pontón, no acto de solidariedade co investigador Carlos Babío
O 4 de marzo diante da Casa Cornide na Coruña tivo lugar un acto de solidariedade co investigador Carlos Babío no que participou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, principal impulsora da iniciativa política e xudicial para recuperar o Pazo de Meirás, unha iniciativa que se sustentou, en boa medida, nas investigacións de Babío sobre os espolios de Franco na área coruñesa. Tamén participaron no acto Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e as cabeza de lista ás municipais polo Bloque en Sada e na Coruña, Isa Reimúndez e Francisco Jorqu...
2019-03-15
03 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Goretti Sanmartín, no acto de solidariedade co investigador Carlos Babío
O 4 de marzo diante da Casa Cornide na Coruña tivo lugar un acto de solidariedade co investigador Carlos Babío no que participou Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, principal impulsora da iniciativa política e xudicial para recuperar o Pazo de Meirás, unha iniciativa que se sustentou, en boa medida, nas investigacións de Babío sobre os espolios de Franco na área coruñesa. Tamén participaron no acto Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e as cabeza de lista ás municipais polo Bloque en Sada e na Coruña, Isa Reimúndez e Francisco Jorqu...
2019-03-15
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Regueira cualifica de "títere de EE.UU." ao golpista en Venezuela
"O que non é democrático é cambiar gobernos e gobernantes polo antollo dalgún", dixo Xosé Regueira no pleno do 1 de febreiro para reafirmar o apoio do BNG ao lexitimo goberno de Venezuela resultante das urnas en medio da tensión internacional polo golpe de Estado que intenta dar a oposición a Maduro.
2019-02-27
02 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
O BNG sobre o golpe de Estado en Venzuela
"O que non é democrático é cambiar gobernos e gobernantes polo antollo dalgún", dixo Xosé Regueira no pleno do 1 de febreiro para reafirmar o apoio do BNG ao lexitimo goberno de Venezuela resultante das urnas en medio da tensión internacional polo golpe de Estado que intenta dar a oposición a Maduro.
2019-02-27
04 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Xosé Regueira advirte do malestar dos profesionais sanitarios
O portavoz nacionalista defendeu no pleno do 1 de febreiro unha moción de apoio á manifestación do día 10 convocada por SOS Sanidade Pública en Defensa da Sanidade Pública Galega. Regueira advertiu contra o deterioro no servizo que producen os continuos recortes e advirte do malestar dos profesionais sanitarios.
2019-02-27
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Xosé Regueira defende moción de apoio a SOS Sanidade Pública
O portavoz nacionalista defendeu no pleno do 1 de febreiro unha moción de apoio á manifestación do día 10 convocada por SOS Sanidade Pública en Defensa da Sanidade Pública Galega. Regueira advertiu contra o deterioro no servizo que producen os continuos recortes.
2019-02-27
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Alcoa: O BNG vai pedir a celebración dun pleno extraordinario coa comparecencia do presidente da Xunta
“Se hai algunha cuestión que merece un pleno extraordinario é garantir 400 postos de traballo na Coruña, o Goberno debe estar á altura das circunstancias aínda que sexa no tempo de desconto xa que non o fixo até agora e, como país, temos que reaccionar”, indicou Pontón tras censurar o mutismo de Feixóo. “Debe saír do seu silencio e poñerse á fronte para buscar unha solución”, recalcou Ana Pontón tras a reunión mantida na Deputación co grupo provincial do BNG, coa vicepresidenta Goretti Sanmartín á cabeza, e co comité de empresa de ALCOA para abordar a situac...
2019-01-11
00 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Ana Pontón pide que "non se pare a produción" e reclama "un marco enerxético estábel e de futuro"
A día de hoxe, non hai ningunha proposta encima da mesa que garanta o futuro de ALCOA e, por iso, demanda á Xunta e ao Ministerio “traballar para darlle a volta a esa situación”. Pontón salientou a importancia de dar unha contundente resposta social como país na manifestación prevista para o vindeiro domingo na cidade herculina, e instou a unha participación masiva. Ana Pontón insistiu en que desde o Bloque fai tempo que se vén reclamando "un marco enerxético estábel e de futuro" que permita garantir a continuidade deste tipo de empresas no paí
2019-01-11
00 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG: " a proposta de Alcoa é inasumíbel"
“O BNG dixo desde o primeiro momento que a fábrica da Coruña ten futuro con o sen a multinacional, polo tanto, a Administración ten que asumir a xestión de Alcoa é buscar un comprador que garanta a continuidade da empresa e do emprego”, explicou a portavoz nacionalista. “Non nos temos que resignarnos a pasar de ser produtores a importadores de aluminio”, indicou Pontón, “nin ao disparate de que nun país exportador de enerxía vexa en risco 400 postos de traballo polos custes enerxéticos”. Pontón advertiu que a última proposta de Alcoa é inasumíbel.
2019-01-11
00 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa, advirte do "ridículo mundial"
O presidente do comité de empresa de Alcoa, Juan Carlos López Corbacho, dixo despois da reunión coa cúpula do BNG, que o peche de Alcoa nos termos que agora mesmo pretende a empresa suporía "un ridículo mundial como país". Corbacho dixo que está ben que os partidos e as institución respalden aos traballadores, pero que a esta altura os traballadores esperan "algo máis" que boas palabras e piden accións concretas para salvar os seus postos e manter a empresa na Coruña.
2019-01-11
00 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Goretti Sanmartín anfitriona do encontro do BNG cos traballadores de Alcoa
Goretti Sanmartín, a vicepresidenta da Deputación, recibiu esta mañá no Grupo Provincial do BNG-Asembleas Abertas a unha representación dos traballadores que mantieveron unha reunión con membros do BNG, entre eles, a portavoz nacional, Ana Pontón, o deputado Xosé Luis Rivas, a concelleira en Arteixo, Silvia Seixas, e o concelleiro en Carballo, Xosé Regueira, así como o candidato a alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera. Goretti Sanmartín abriu a rolda de prensa posterior á xuntanza advertindo que os traballadores se sinten enganados pola empresa que agora anuncia un peche para o verán mentres prescinde de parte do act
2019-01-11
00 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Goretti Sanmartín, discurso en Santiago o 30 de novembro
Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, presentou o pasado 30 de novembro as liñas básicas do seu programa cara ás eleccións municipais de maio ás que concorrerá como cabeza de lista da candidatura do BNG en Santiago de Compostela. Falo Sanmartín dunha aposta pola cultura e a diversidade, mais tamén das urxencias sociais da poboación da cidade.
2018-12-22
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Presentación da 2ª xornada do programa MALAS LINGUAS.
Goretti Sanmartín, responsábel de Normalización Lingüística. Especialistas en normalización lingüística participaron hoxe na segunda das xornadas Malas linguas, un evento organizado pola área de Lingua da Deputación da Coruña para abordar a situación do galego e o decorrer da transmisión familiar da lingua. As xornadas continuarán en marzo de 2019, para trazar os novos camiño de activación de falantes.
2018-11-29
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Encarna Otero en MALAS LINGUAS. 29 de novembro.
En “Do xenocidio ao lingüicidio: A violencia física contra a poboación galegofalante”, os historiadores Antonio Míguez Macho e Encarna Otero fixeron un percorrido polo terror infundido polo franquismo, especialmente contra a poboación infantil no contexto da escola. Encarna Otero explicou os avances do ensino, desde as Irmandades da Fala ata o florecemento dos anos 30, que se viron truncados co franquismo, “no 1936 todos os avances quedan asulagado nas gabias; desde o primeiro momento vívese en Galicia un xenocidio e unha represión feroz na que as mestras feministas, republicanas e galeguistas foron principais vítimas”. Unha escola que...
2018-11-29
03 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Marcos Abalde en MALAS LINGUAS. 29 de novembro.
Marcos Abalde puxo o foco nos procesos de exterminio lingüístico e terrorismo de estado que foron da man a partir do ano 1936, percorrendo as consecuencias dese trauma colectivo que chegaron ata hoxe, comparándoo cos casos doutros lugares do mundo que tiveron procesos con certas semellanzas.
2018-11-29
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Antonio Míguez na xornada MALAS LINGUAS. 29 de novembro.
Baixo o título “Do xenocidio ao lingüicidio: A violencia física contra a poboación galegofalante”, os historiadores Antonio Míguez Macho e Encarna Otero fixeron un percorrido polo terror infundido polo franquismo, especialmente contra a poboación infantil no contexto da escola. Míguez Macho explicou que o franquismo foi un proceso xenocida, definido como un exercicio de cauterización diante do que viña enriba, suxeitos que estaban fóra da orde que os verdugos quixeron restaurar, a través dunha violencia que foi sistemática e unilateral”. Incidiu en que non se pode falar do franquismo cos pro...
2018-11-29
09 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Iria García na xornada de MALAS LINGUAS. Xoves 29 de novembro.
O trauma foi o tema da segunda mesa de debate, formada pola psicóloga e educadora Iria García Martínez e o profesor e escritor Marcos Abalde Covelo, baixo o título “Trauma e transmisión interxeracional”. García expicou desde unha perspectiva clínica o xeito no que a experiencia e a emocionalidade, así como os procesos traumáticos, se transmiten no seo da familia. A unha primeira inhibición dos rasgos que supoñen un perigo, síguelle a elaboración dunha crenza, que é a que se transmite interxeracionalmente. Isto aplica ao caso da lingua, que definiu como un “trauma no
2018-11-29
00 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Regueira sobre Alcoa: "Galiza ten que ser Noruega"
Galiza ten que ser Noruega, dixo o deputado do BNG Xosé Regueira esta mañá no pleno da Deputación da Coruña, no que o conxunto de forzas políticas deron o seu apoio aos traballadores de Alcoa para buscar vías de continuidade para a factoría de aluminio coruñesa. Regueira lembrou que o BNG leva décadas reclamando unha compensación na tarifa eléctrica para o país pola pegada que sofre na xeración de electricidade, e que esa tarifa permitiría ademais axudar a manter empresas como neste caso. "Galiza ten que ser Noruega", dixo o deputado...
2018-10-26
01 min
Actividade do BNG na Deputación Provincial da Coru
Apoio do pleno aos veciños da Patiña, en Cambre
O pleno de hoxe aprobou tamén unha declaración institucional, respaldada por todos os grupos políticos, expresando o seu apoio aos veciños da urbanización A Patiña de Cambre, onde 27 familias que accederon a alugueres en pisos de protección oficial, moitas delas con escasos recursos económicos ou en situación de emrexencia social, vense agora na obriga de ter que deixar as súas vivendas pola venda destes inmobles a entidades financeiras. O argumento do Instituto Galego de Vivenda é que o inmoble xa excedeu o número de anos que establece a lei para manter o réx...
2018-10-26
03 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Goretti en El Correo TV sobre as municipais de 2019
O BNG escolleu a Goretti Sanmartín como candidata á alcaldía de Santiago para as municipais do ano que vén. A vicepresidenta da Deputación da Coruña asumirá así o relevo de Rubén Cela. Poucos días despois de ser elixida, Goretti concedeu unha entrevista a El Correo TV na que deu conta das liñas básicas do programa co que se presentará ás eleccións.
2018-10-21
01 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Goretti sobre a interpretación de Feijóo de 'A derradeira lección do mestre'
A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, opinou o 4 de outubro en ''Nós Televisión'' sobre as polémicas palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo sobre o cadro ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao. Sanmartín denunciou o intento de manipular a historia por parte do máximo responsábel do goberno da Xunta e advertiu contra a ignorancia da historia propia do país.
2018-10-21
00 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Goretti, candidata do BNG á alcaldía de Compostela en 2019
Foi a principios de xullo cando Goretti Sanmartín anunciou que dará un paso adiante na política municipal e confirmou a súa candidatura como cabeza de lista nas eleccións municipais do próximo ano en Santiago de Compostela. Nun almorzo informativo, Goretti informou que asumiría a portavocía municipal do partido, até o de agora competencia de Rubén Cela, que a acompañou no acto.
2018-10-21
00 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Ana Pontón subliña a urxencia de que o Estado comece a recuperación de Meirás
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón explicou onte no Parlamento de Galiza a postura do BNG respecto do Pazo de Meirás e das iniciativas en marcha para a recuperación do espazo polo Estado. Pontón lamentou a falta de acordo no Parlamento para sacar adiante unha declaración institucional e lembrou ao goberno de Madrid que a recuperación da memoria histórica non remata no Valle de los Caídos.
2018-09-26
02 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Alberte Ansede na presentación de 'Lúas de outono 2018'
"É o poeta galego máis musicado despois de Rosalía de Castro", dixo Alberte Ansede na presentación esta mañá de 'Lúas de outono', "e agradecémoslle a Susana Seivane que agrande un pouquiño máis este repertorio. Susana Seivane actuará no acto do próximo mércores, 19 de setembro, que terá como escenario o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e cuxa entrada será gratuíta.
2018-09-11
00 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Goretti Sanmartín, unha homenaxe necesaria nun momento duro
Goretti Sanmartín aproveitou o acto desta mañá, a presentación de 'Lúas de outono', unha homenaxe á obra de Manuel María, para lembrar que desde a Deputación séguese apostando pola "lingua, a cultuta e o medio propios" nunha semana na que se cancelou na Radio Galego o programa 'Diario Cultural' despois de máis de trinta anos de emisións. A vicepresidenta provincial e responsábel de Cultura sinalou que a celebración de María, un autor "cunha obra sólida" é precisa en momentos duros e tristes como estes para a cultura do país.
2018-09-11
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Susana Seivane sobre a súa relación coa obra de Manuel María
"Sempre tiven moitas ganas de musicalizar a María, e púxeme tola de contenta cando a súa fundación me chamou para este acto", explicou a gaiteira Susana Seivane na presentación esta mañá na Deputación de 'Lúas de outono', o acto homenaxe ao poeta no que ademais a artista presentará seu último disco 'Fa'. Manuel María era "un home que escribía sobre o amor e que loitaba polos seus ideais", resumiu Seivane as súas afinidades co poeta.
2018-09-11
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Saleta Goi agradece o apoio a Deputación e Concello
Saleta Goi, viúva de Manuel María e presidenta da Fundación que leva o nome do poeta, agradeceu o apoio da Deputación da Coruña e do Concello da Coruña para a organización da décima homenaxe a Manuel María que se celebrará no Teatro Rosalí o próximo 19 de setembro, con entrada gratuíta. Goi tamén celebrou as afinidades da arte de Manuel María coas de Susana Seivane. A gaiteira será este ano a encargada de musicar a obra do poeta no acto 'Lúas de outono'.
2018-09-11
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Belén Vaz, arquitecta, responsable de Combina Social
Belén Vaz, arquitecta e coordinadora de equipo de Combina Social, deu conta das fases, prazos e obxectivos da análise. Ánxela Franco completa as tres diagnoses no seu departamento cun estudo de accesibilidade que promove Benestar Social. Investimento en 'Di Coruña accesible: 73.000 euros. "Un traballo a medio e longro prazo. O traballo verase pasado abril de 2019", di a deputada nacionalista.
2018-07-17
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Paula Filgueiras explica as fases do plan Di Coruña accesible
Presentación este martes do programa 'Di Coruña accesible'. Ánxela Franco, deputada de Benestar Social, informa da iniciativa xunto a Paula Filgueiras, técnica de Servizos Sociais e aos responsables de Combina Social, a empresa adxudicataria, Álvaro García, responsable da área de Accesibilidade e Formación de Combina Social, e Belén Vaz, arquitecta e coordinadora de equipo de Combina Social. Ánxela Franco completa as tres diagnoses no seu departamento cun estudo de accesibilidade que promove Benestar Social. Investimento en 'Di Coruña accesible: 73.000 euros. "Un traballo a medio e longro prazo. O traballo verase pasado abril de 2019", di a deputa...
2018-07-17
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Álvaro García, Cogami, agradece as claúsulas sociais nas bases do plan Di Coruña accesible.
Álvaro García, Cogami, agradece as claúsulas sociais nas bases do plan Di Coruña accesible na presentación este martes na Deputación o terceiro diagnósticos para poñer ao día a Deputación en políticas concretas de Igualdade (Compartimos Plan), Servizos Sociais (Rede de Concellos para o Benestar) e Benestar Social (Di Coruña accesible). "É un esforzo importante para o orzamento da Deputación, pero son políticas que temos que facer nós, para ser exemplares e indicar o camiño aos concellos", dixo a deputada nacionalista Ánxela Franco. E insistiu: "traballamos en función do medio e...
2018-07-17
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Ánxela Franco quere que o plan Di Coruña accesible sirva de exemplo aos concellos
Ánxela Franco, a deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, presentou este martes na Deputación o terceiro diagnósticos do seu departamento para poñer ao día a Deputación en políticas concretas de Igualdade (Compartimos Plan), Servizos Sociais (Rede de Concellos para o Benestar) e Benestar Social (Di Coruña accesible). "É un esforzo importante para o orzamento da Deputación, pero son políticas que temos que facer nós, para ser exemplares e indicar o camiño aos concellos", dixo a deputada nacionalista. E insistiu: "traballamos en función do medio e do longo prazo...
2018-07-17
00 min
Actividade dos departamentos da Deputación
A escena galega sobre o palco do Colón. Cristina Domínguez, coordinadora
Organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña, a xornada “A escena galega sobre o palco do Colón”, reuníu o sábado a profesionais do ámbito da escenografía galega no Teatro Colón. Cristina Domínguez, coordinadora da xornada, dixo na presentación desta mañá que é hora de parar de falar sobre políticas culturais ("que é lóxico que o fagamos") e falar tamén "un pouco de nós mesmas como creadoras, dos procesos de creación".
2018-06-09
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
A escena galega sobre o palco do Colón. Goretti explica o programa
Organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña, a xornada “A escena galega sobre o palco do Colón. Os procesos de creación nas artes escénicas na Galicia do século XXI”, reúne este sábado a máis profesionais do ámbito da escenografía galega no transcurso dos diferentes eventos programados no Teatro Colón. "O Teatro Colón ábrese como espazo de confluencia entre as distintas xeracións das artes escénicas nun encontro que agardo deixe pouso e do que nazan novos proxectos", explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputació...
2018-06-09
02 min
Actividade dos departamentos da Deputación
A escena galega sobre o palco do Colón. Goretti inaugura a xornada
Organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña, a xornada “A escena galega sobre o palco do Colón”, reuníu o sábado a profesionais do ámbito da escenografía galega no Teatro Colón. Mabel Rivera e Manuel Lourenzo, entre outras, participaron xa nos debates desta mañá, e asistiron ´á primeira das charlas, cos directores Carlos Neira, Daniel Salgado e Carlos Sante.
2018-06-09
00 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Ana Seco, da empresa encargada de implementar o programa Zero Adicción
Ana Seco, da empresa encargada de implementar o programa Zero Adicción, acompañou á deputada de Igualdade, Educación e Servizos Sociais, Ánxela Franco, que presentou esta mañá o programa de prevención de adiccións que se desenvolverá nas 18 comarcas da Coruña. Franco fixo fincapé na necesidade de enfoncar as políticas públicas de benestar cara as persoas como "un investimento no noso capital humano como mellor forma de transformar o futuro", e sinalou que a educación é tamén unha política intelixente e eficaz por riba mesmo das disposicións legais para combater as adiccións e as dependencias
2018-04-17
01 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Paula Filgueiras explica o alcance e os obxectivos do programa Zero Adiccións
Paula Filgueiras explica o alcance e os obxectivos do programa Zero Adiccións durante a presentación do programa xunto á deputada de Igualdade, Educación e Servizos Sociais, Ánxela Franco. O programa chegará ás 18 comarcas da Coruña. Franco fixo fincapé na necesidade de enfoncar as políticas públicas de benestar cara as persoas como "un investimento no noso capital humano como mellor forma de transformar o futuro", e sinalou que a educación é tamén unha política intelixente e eficaz por riba mesmo das disposicións legais para combater as adiccións e as dependencias.
2018-04-17
02 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Ana Pontón: “Os municipios que goberna o BNG son un desafío a esa idea de que Galiza non pode valerse por si mesma”
“Os municipios que goberna o BNG son un desafío a esa idea de que Galiza non pode valerse por si mesma”, proclamou a portavoz nacional, Ana Pontón, no cumio de concelleiras e concelleiras, alcaldes e alcaldesas que congregou en Santiago, o último fin de semana de xaneiro, a cerca de 300 cargos locais na primeira xornada de traballo de preparación dos comicios de 2019.
2018-02-16
00 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Ana Pontón reclama explicacións á Xunta sobre os incendios
Ana Pontón, rolda de prensa do 30 de outubro en Compostela sobre a xestión da vaga de lumes pola Xunta. A portavoz nacional do BNG reclama unha comparecencia urxente do presidente Feijóo no Parlamento para dar explicacións. Pontón avanza que o BNG levará á cámara a proposta dunha comisión de investigación sobre a vaga de lumes e que sirva tamén para analizar os cambios imprescindíbeis na política forestal.
2017-10-30
09 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Declaracións de Ana Pontón en Fene este luns 23 de outubro.
Despois de que onte o BNG Fene celebrase unha asemblea para trasladarlle á veciñanza a súa posición diante do pleno da moción de censura contra o equipo de Juventino Trigo, este luns Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, visitou Fene para apoiar ao alcalde a aos seus concelleiros e reclamou ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que non aopoie a moción que encabeza o seu partido nesta localidade.
2017-10-23
02 min
Actos do Bloque Nacionalista Galego
Goretti Sanmartín na presentación das Bases Democráticas
As Bases Democráticas para unha nova Galiza, presentáronse o sábado 23 de setembro nun acto en Santiago diante de máis de medio millar de responsables políticos e militantes nacionalistas. As Bases pretenden abrir un debate sereno con toda a sociedade galega, co resto das forzas políticas, cos colectivos económicos, sindicais, sociais e culturais para sacar adiante unha proposta que beneficie a Galiza.
2017-09-24
01 min
San Sadurniño
Pleno extraordinario do 16 de febreiro de 2017
Sesión plenaria que tivo como principais puntos da orde do día a aprobación dos investimentos do POS+, o plan único destinado a concellos da Deputación da Coruña, e tamén a dos orzamentos municipais para 2017, que saíron adiante cos votos favorables do BNG. O Partido Popular votou en contra e o PSdeG-PSOE abstívose.
2017-02-16
37 min