Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Concello De San Sadurnino

Shows

San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 27 de marzo de 2025Sesión protagonizada polas mocións, relativas ao apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o 6 de abril, ao rexeitamento da maneira en que a Xunta pretende distribuír os fondos da Transición Xusta e, por último, tamén ao rexeitamento da macrocelulosa proxectada por Altri en Palas de Rei.2025-03-271h 20San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de xaneiro de 2025Sesión presidida pola aprobación, por unanimidade, dos proxectos que se acollerán este ano ao Plan Único da Deputación da Coruña.2025-01-3046 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 13 de xaneiro de 2025Sesión convocada con carácter extraordinario e urxente co obxectivo de axustarse aos prazos dados pola Deputación da Coruña para aprobar a participación municipal no POS+ Adicional 01/2025. No pleno saíu adiante por unanimidade a distribución de algo máis de 58.000 euros, dirixidos ao reforzo do cadro de persoal do SAF e de Servizos Sociais e tamén a programas de prevención da soidade e o deterioramento cognitivo das nosas persoas maiores.2025-01-1304 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 28 de novembro de 2024Sesión ordinaria do pleno, a última de 2024, cunha ducia de asuntos na orde do día da convocatoria.Coma sempre, a sesión comezou coa aprobación da acta do anterior pleno para, deseguido, meterse nos temas principais: a resolución do expediente de responsabilidade patrimonial dos concelleiros que asinaron o convenio urbanístico coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño, a actualización segundo o IPC das ordenanzas municipais de cara ao 2025, a modificación da ordenanza da recollida do lixo e varios cambios na Relación de Postos de Traballo do Concello2024-11-281h 34San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 26 de setembro de 2024Sesión na que se aprobaron, entre outros puntos, a Conta Xeral de 2023 e a integración de San Sadurniño na Rede de Municipios pola Agroecoloxía.2024-09-2738 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 13 de setembro de 2024Sesión convocada con carácter urxente para aprobar o destino a gasto corrente de 165.000 euros da segunda fase do POS+ Adicional da Deputación da Coruña.2024-09-1315 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 20 de agosto de 2024Sesión extraordinaria e de carácter urxente na que se votou desestimar as alegacións presentadas polas dúas concelleiras do PP en relación co procedemento de inicio do expediente sobre a responsabilidade patrimonial dos membros do goberno que votaron a favor do convenio coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño.2024-08-2014 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 1 de agosto de 2024Sesión na que se aprobou por unanimidade a solicitude dunha axuda financieira para a adquisición da nave de Obras e Servizos -a coñecida como "nave de Carnero", alugada polo Concello desde hai 25 anos-, ademais de votarse unha moción de rexeitamento da suba do canon de SOGAMA. Tamén se aprobaron os días inhábiles de 2025, que serán o 4 de marzo, Martes de Entroido, e o 2 de xullo, Santa Isabel.2024-08-0259 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 22 de xullo de 2024Pleno que levaba tres puntos na orde do día: a aprobación da urxencia da convocatoria, a nova denominación da principal praza da zona urbana -que pasará chamarse "Praza Ramón Díaz Raña"- e a votación dos orzamentos municipais de 2024, que saíron adiante cos votos favorables do grupo de Goberno e a abstención da oposición.2024-07-2234 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de maio de 2024Sesión ordinaria que, como principal punto, aprobou o inicio dun expediente relativo á responsabilidade patrimonial dos edís que en 2007 asinaron un convenio urbanístico coa cooperativa de explotación en común de San Sadurniño2024-05-3155 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 4 de abril de 2024Sesión breve, de pouco máis dun cuarto de hora, onde o principal asunto que se tratou foi a aprobación dunha moción da CIG reclamando a derrogación da reforma laboral e empregos de calidade.2024-04-0516 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de xaneiro de 2024Primeiro pleno do ano 2024, no que se someteu a votación unha moción en apoio da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o domingo 4 de febreiro, así como a distribución do plan único de Concellos de 2024.2024-01-3151 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de novembro de 2023Sesión na que se tratou a modificación do regulamento da EIM A Rolada de cara a incorporar variacións no articulado indicadas pola Xunta de Galicia, así como a actualización das ordenanzas sobre taxas segundo o IPC. Tamén se debateron dúas mocións do grupo municipal do BNG, unha demandando que os orzamentos autonómicos de 2024 inclúan distintos investimentos no municipio, e outra relativa á activación dun plan de desenvolvemento para a comarca das Pontes vinculado á poxa dos dereitos de evacuación de 700MW.2023-11-301h 08San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 2 de novembro de 2023Sesión convocada con carácter urxente para aprobar tres asuntos: a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña para levar a cabo varias melloras en infraestruturas e na rede viaria, a incorporación ao orzamento de cerca de 236.000 euros de remanentes de 2022 e a cualificación como de interese municipal das obras efectuadas pola AVV Adiante no local social de Igrexafeita. Todos os puntos saíron adiante por unanimidade.2023-11-3032 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 20 de outubro de 2023Sesión na que se aprobou a concorrencia do Concello de San Sadurniño á convocatoria de créditos do IDAE para a renovación de iluminacións públicas, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e ganar en eficiencia.2023-10-2026 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 28 de setembro de 2023Sesión na que se aprobou a conta xeral do Concello, ademais da designación da xuíza de Paz e o destino dos fondos do Plan Adicional 2/2023 do POS+ provincial. Tamén se debateu unha moción do BNG demandando un transporte público por estrada que responda ás necesidades das persoas usuarias.2023-09-2858 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 27 de xullo de 2023Primeiro pleno ordinario do mandato corporativo 2023-2027, no que se trataron como puntos principais a aprobación dos festivos locais para o ano que vén, a solicitude dunha subvención á Deputación para mellorar o equipamento do centro de transformación A Fusquenlla e as asignacións económicas aos grupos políticos municipais, que percibirán 50€ fixos ao mes máis un variable de 10€ por integrante.2023-07-2736 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 4 de xullo de 2023Sesión de organización do Concello, na que se trataron, entre outras cuestións, a periodicidade dos plenos, a composición da Xunta de Goberno Local ou a distribución das áreas de goberno.2023-07-0421 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno de constitución do Concello para o mandato 2023-2027Sesión de toma de posesión e constitución da nova corporación municipal para o período 2023-2027.2023-06-1720 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de marzo de 2023Último pleno de carácter ordinario do mandato, no que se aprobou a proposta de orzamentos municipais para 2023. As cifras ascenden a 3.682.350,25 euros e prevese que acaben superando os 4 millóns de euros ao longo do ano, xa que hai partidas que incrementarán o seu presuposto con achegas doutras Administracións, como por exemplo os 493.000 euros dos fondos da Transición Xusta que se investirán na zona da Cortiña e do paseo fluvial. O Grupo de goberno do BNG votou a favor, mentres que PP e PSOE se abstiveron.2023-03-3045 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 9 de febreiro de 2023Sesión na que se aprobaron por unanimidade os proxectos do POS+, do Plan Complementario e os investimentos do Plan Adicional 1/2023, coñecido como "POS Social".2023-02-0922 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 26 de xaneiro de 2023Primeira sesión do ano, na que se abordaron, entre outras cuestións, a aprobación do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o inicio do expediente de desafectación de dous camiños públicos, así como o contido dunha auditoría sobre a xestión da auga municipal. Ademais tamén se aprobou unha moción presentada polo concelleiro do PSOE en demanda de medidas autonómicas a prol da mobilidade.2023-01-261h 07San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 21 de decembro de 2022Última sesión plenaria do ano, na que se aprobou o incremento segundo o IPC das taxas e prezos públicos reflectidos nas ordenanzas municipais que regulan o seu importe anual segundo este indicador de prezos.2022-12-2121 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 24 de novembro de 2022Sesión na que se aprobou a adhesión do Concello á central de contratación da FEMP, así como a integración de San Sadurniño no programa provincial de prevención da fraude na aplicación das axudas financiadas cos fondos Next Generation. Tamén se aprobou por unanimidade a declaración institucional co gallo do 25N.2022-11-241h 21San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 31 de outubro de 2022Sesión na que se votou e aprobou por unanimidade a solicitude de participación do Concello nos fondos do programa DUS-5000, dirixidos a actuacións integrais en materia de sostenibilidade e eficiencia enerxética. San Sadurniño preparou memorias para executar actuacións por valor de 4,3 millóns de euros que, de ser aceptadas na convocatoria, serían fianciadas polo Estado con fondos europeos Next Generation nun 100%.2022-10-3121 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 26 de outubro de 2022Sesión na que saíron adiante por unanimidade tanto a aprobación da Conta Xeral de 2021 como a modificación de créditos que permite incorporar ao orzamento municipal 358.000 euros dos algo máis de 1,2 millóns de remanentes cos que pechou o exercicio do ano pasado.2022-10-2618 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 29 de setembro de 2022Sesión con tres puntos principais na que se aprobou a ordenanza xeral de subvencións, a inclusión de proxectos no POS+ Adicional 02 e a modificación puntual das normas subsidiarias para converter en chan urbano non consolidado unha parte da parcela que rodea o Centro de Día.2022-09-291h 00San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 24 de agosto de 2022Pleno no que se aprobou por unanimidade a modificación do regulamento da EIM A Rolada, así como a ordenanza reguladora dos prezos públicos, de cara a adaptar a normativa á Orde da Xunta sobre a gratuidade dos servizos educativos prestados polas escolas infantís.2022-08-2417 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 28 de xullo de 2022Sesión ordinaria con só tres puntos na parte resolutiva da convocatoria: a aprobación da acta anterior, a mudanza da representación municipal no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a fixación dos festivos locais de 2023, que serán o Martes de Entroido e o luns 3 de xullo.2022-07-2821 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 26 de maio de 2022Na sesión tratáronse dous regulamentos referidos ao persoal municipal e tamén se aprobaron as bases para a convocatoria e concesión das bolsas escolares deste ano.2022-05-2741 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 18 de abril de 2022Pleno no que se aprobou a acta da sesión anterior e no que tomou posesión do seu cargo como concelleira electa Araceli Bellas Castro, dentro do grupo municipal do BNG2022-04-1802 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 31 de marzo de 2022Sesión na que se deu conta da renuncia da concelleira nacionalista Ana Belén Breixo e na que tamén se rexeitou o inicio do expediente solicitado polo PP en relación coas posibles responsabilidades dos membros do grupo de goberno que en 2007 asinaron o convenio urbanístico coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño. Noutra orde de cousas, a Corporación deulle o apoio unánime á modificación extraxudicial de créditos para o pagamento de facturas enerxéticas do mes de decembro de 2021.2022-03-3133 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 4 de marzo de 2022Sesión plenaria na que se aprobou a adhesión do Concello ao plan de vixiancia e control da avespa asiática suscrito entre a Xunta e a Fegamp, a declaración institucional co gallo do 8M, e o inicio dun expediente informativo sobre a aprobación do convenio urbanístico asinado coa cooperativa de San Sadurniño en 2007. Na sesión, como último asunto, tamén se votaron os orzamentos municipais de 2022.2022-03-0440 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 27 de xaneiro de 2022Sesión plenaria con 9 puntos na orde do día, entre os que destaca a aprobación dos proxectos do POS+ 2022, a modificación da ordenanza reguladora do ICIO para introducir novas bonificacións e tamén o plan de implantación dos ODS da Axenda 2030 no Concello. A maior parte dos asuntos saíron adiante por unanimidade.2022-01-271h 11San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 10 de decembro de 2021Sesión ordinaria de finais de novembro que se adiou para esta data e que levaba como puntos principais a aprobación de representante municipal no Consello escolar do CPI xunto coa modificación puntual da RPT.2021-12-1042 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 4 de novembro de 2021Sesión na que se tratou como principal asunto a aprobación do proxecto de rehabilitación da antiga escola de Igrexafeita para acoller obradoiros terapéuticos relacionados co alzhéimer e outras demencias. Neste sentido, a corporación tamén aprobou solicitar colaboración económica da Deputación da Coruña, quen achegará o 80% dos preto de 300.000 euros que requirirán as obras.2021-11-0409 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de setembro de 2021Sesión á que se levaba como principal punto a aprobación das bases dunha convocatoria extraordinaria de bolsas escolares, ademais da modificación de dúas ordenanzas fiscais.2021-09-301h 41San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario (adiantado) do 22 de xullo de 2021Sesión que levaba como un dos seus puntos centrais o rexeitamento ao proxecto do parque eólico Caaveiro, promovido por Enel Green Power, que tería un serio impacto na zona limítrofe con Neda e A Capela. O asunto foi aprobado por unanimidade. Tamén se aprobou con todos os votos favorables modificar o capítulo orzamentario de axudas a entidades para dispor de fondos cos que contribuír ao traballo da Escola de Fútbol Irmandiños, impulsada polo CF San Sadurniño, o Moeche, o Cebarca e o Somozas con colaboración dos catro concellos.2021-07-2240 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 27 de maio de 2021Sesión na que se aprobou incorporar ao orzamento municipal un importe de 1 millón de euros para levar a cabo distintos proxectos, ademais de sufragar as indemnizacións polos terreos rústicos da Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e os salarios dun traballador municipal expedientado por cometer unha falta moi grave.2021-05-272h 24San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 25 de marzo de 2021Sesión na que se aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos para o pagamento de 63.000 euros en facturas e tamén unha moción en contra dos "abusos" da banca presentada polo BNG. Tamén se lle deu o prace por unanimidade a unha modificación da convocatoria de bolsas escolares.2021-03-2554 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 3 de marzo de 2021Sesión na que se aprobaron as bases dunha primeira achega económica para as entidades de cara a que cubran gasto corrente de 2020 e parte de 2021, pero tamén as que regularán as bolsas escolares e para servizos de conciliación na EIM A Rolada, dotadas con 40.000 euros. Ademais tamén se desestimou unha alegación ao orzamento municipal, o que supón a súa entrada en vigor inmediata. Os grupos tamén aprobaron a declaración institucional do 8M e unha moción solicitando a transferencia da AP-9.2021-03-031h 06San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 25 de febreiro de 2021Sesión cun único punto central na súa orde do día, referido á corrección de erros no inventario de camiños municipais de cara a incorporar o acceso a varias vivendas no lugar da Fraguela, en Naraío.2021-02-2505 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 28 de xaneiro de 2021Sesión con tres puntos principais na súa orde do día: a aprobación do Orzamento Municipal do 2021, a distribución dos fondos do POS+ provincial e a solicitude, en conxunto con Moeche, dunha subvención á Deputación para o aglomerado da estrada que vai da Camba até a Ponte do Sur, na parroquia modestina de San Xurxo.2021-01-281h 18San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 26 de novembro de 2020Sesión presidida polas mocións na que, ademais, se aprobou o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía sustentable e o acordo de impulsar un regulamento para a xestión de residuos2020-11-262h 12San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 13 de novembro de 2020Sesión plenaria con tres asuntos na orde do día: a votación dunha modificación de créditos por valor de 133.000 euros para distintos proxectos de obras, da modificación da ordenanza reguladora dos prezos da EIM e, por último, das alegacións presentadas polo PP á RPT.2020-11-1346 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 2 de novembro de 2020Sesión cun único punto na súa orde do día, centrado na aprobación da Conta Xeral de 2019, que saíu adiante con 8 votos favorables do BNG e do PSOE (7+1) e 3 abstencións do PP.2020-11-0208 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 24 de setembro de 2020Sesión ordinaria do pleno na que ían na orde do día dous asuntos principais: a aprobación da RPT -que saíu adiante só cos votos do grupo de goberno, a abstención do PSOE e a votación en contra do PP- e unha declaración institucional a prol do mantemento da carga de traballo e o mantemento do emprego na factoría de Siemens-Gamesa das Somozas, que obtivo a unanimidade dos tres grupos. Tamén se introduciron dúas mocións urxentes, unha do PSOE e outra do BNG, ao respecto da asunción por parte da Consellaría...2020-09-241h 46San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de xullo de 2020Sesión ordinaria de xullo que incorporaba oito puntos na súa relación de asuntos para tratar. Os máis destacados foron a aprobación dun convenio con Narón para o uso compartido da EDAR de Cornide, a incorporación ao inventario municipal das obras do castelo de Naraío e o debate de dúas mocións reclamándolle ao Estado que lles permita aos concellos dispoñer libremente dos seus remanentes, algo que neste momento está restrinxido pola chamada "Lei Montoro".2020-07-301h 15San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 13 de xuño de 2020Sesión que levaba na súa orde do día asuntos de trámite que se aprobaron por unanimidade dos tres grupos da corporación. Nela tamén se sorteou a composición das mesas electorais e ratificouse a adhesión de San Sadurniño ao Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía.2020-06-1318 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 28 de maio de 2020Sesión que só levaba un asunto para votación -ademais do habitual da acta-, relativo á aprobación do plan municipal de prevención de incendios forestais, que saiu adiante cos votos favorables do BNG e o PSOE e a abstención do PP. Boa parte da sesión centrouse no debate dunha moción urxente presentada polo PP, que despois se vería modificada por unha emenda á totalidade aprobada por BNG e PSOE, e polo apartado de rogos e preguntas, capitalizado case na súa totalidade pola xestión da crise da COVID-19 e as repercusións socioeconómicas da pandemia.2020-05-281h 33San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 11 de abril de 2020Pleno extraordinario celebrado por vía telemática no que non houbo asuntos para votación, agás a acta da sesión anterior, e no que se incluiu de maneira excepcional unha quenda de rogos e preguntas. A sesión estivo capitalizada polo estado da situación con respecto ao Estado de Alarma e as medidas preventivas e socioeconómicas relacionadas coa COVID-192020-04-111h 13San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 9 de marzo de 2020Sesión que tiña como único punto na orde do día o sorteo automatizado da composición das mesas electorais para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 5 de abril de 2020.2020-03-0902 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 30 de xaneiro de 2020Primeiro pleno deste 2020, composto por unha decena de asuntos entre os que destacan tres: un recoñecemento de facturas por subministracións enerxéticas, a aprobación do regulamento do servizo de taxi no municipio e a votación do Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de San Sadurniño, elaborado pola empresa pública SEAGA ao abeiro dun convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp. Na orde do día tamén se incluíron pola vía ordinaria dúas mocións do PSdeG-PSOE e outras dúas do BNG, ademais du...2020-01-301h 48San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 18 de decembro de 2019Sesión convocada cun único punto central na orde do día, xa que se someteu a debate e votación a aprobación dos proxectos do POS+ provincial para o ano 2020. Proxectos que saíron adiante cos únicos votos favorables do BNG e do PSOE, mentres que o PP optou pola abstención malia estar de acordo cos investimentos.2019-12-1808 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 29 de novembro de 2019Sesión con oito puntos na orde do día onde a maior parte do debate se centrou no asunto da modificación do Plan Económico e Financieiro aprobado a primeiros de ano.2019-11-291h 03San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 13 de novembro de 2019Sesión con catro puntos na orde do día entre os que destacaron a modificación da ordenanza reguladora da taxa polo servizo de recollida do lixo e a modificación tamén das bases de execución do orzamento municipal deste ano. Tamén se lle deu o visto e prace a unha variación do texto da ordenanza da EIM A Rolada.2019-11-1339 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 17 de outubro de 2019Sesión que levaba só tres puntos na orde do día: a aprobación da acta do pleno anterior, a dación de conta sobre a liquidación do orzamento municipal de 2018 e o sorteo das mesas electorais para os comicios do 10 de novembro.2019-10-1802 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 11 de outubro de 2019Sesión solicitada polo Grupo Municipal do Partido Popular para debater unha moción en demanda da reactivación da central térmica das Pontes que, de non producirse, debería levar aparellada a dimisión da ministra en funcións de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera. O contido da moción non se chegou a debater ao presentar o BNG unha emenda á totalidade recollendo a postura institucional dos 25 alcaldes e alcaldesas do norte das provincias da Coruña e Lugo, coa que demandan da Xunta e do Estado a elaboración dun plan de reindustrialización para toda esta área.2019-10-1120 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 26 de setembro de 2019Sesión plenaria que incorporaba 10 puntos na súa orde do día dos que, finalmente, se retirou o relativo á dación de contas sobre a liquidación do orzamento de 2018. Na sesión aprobouse a adhesión de San Sadurniño a unha nova entidade para a coordinación do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal e déuselle luz verde a unha modificación de créditos para incrementar a partida orzamentaria do mantemento da rede viaria municipal.2019-09-261h 37San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 1 de agosto de 2019Primeira sesión ordinaria do pleno da corporación do mandato 2019-2023, na que se abordaron, entre outras cuestións, a modificación do regulamento do Centro Municipal de Empresas -así como a ordenanza reguladora das taxas pola súa utilización- e tamén a aprobación dos proxectos acollidos á segunda fase do POS+ Adicional da Deputación da Coruña2019-08-011h 26San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 21 de xuño de 2019Sesión de organización do Concello, trala toma de posesión da nova corporación. Nela adoptáronse acordos relativos á periodicidade dos plenos, a constitución e composición da Xunta de Goberno Local e outras cuestións, como por exemplo dar conta do reparto de áreas de goberno.2019-06-2142 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno de constitución da corporación 2019-2023Audio da sesión constitutiva da corporación municipal cos concelleiros e concelleiras saídas das eleccións municipais do 26 de maio. San Sadurniño conta con 11 escanos no salón de plenos, 7 ocupados polo BNG, 3 polo PP e 1 polo PSdeG-PSOE. Nesta nova xeira corporativa repiten 6 persoas con respecto ao mandato anterior, mentres que as outras 5 son caras novas que acceden por primeira vez ao máximo órgano municipal ou que xa estiveran nalgunha ocasión anterior.2019-06-1515 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 12 de xuño de 2019Sesión que durou algo máis dun minuto e na que se lle deu o visto e prace por unanimidade á acta do anterior pleno. Na práctica foi o último pleno do mandato corporativo 2015-2019. Tamén foi ocasión de despedidas para as concelleiras e concelleiros que non repetirán na próxima xeira municipal.2019-06-1201 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 4 de maio de 2019Última sesión plenaria do mandato, na que se aprobaron por unanimidade os tres puntos principais que compuñan a súa orde do día: a integración de San Sadurniño na central de contratación da FEMP, a elección da xuíza de paz titular e tamén da súa substituta e, por último, o regulamento polo que se rexerá a concesión de axudas a familias en situación de emerxencia social.2019-05-0437 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 1 de abril de 2019Sesión centrada no sorteo das persoas que ocuparán as mesas electorais con motivo dos comicios xerais ao Parlamento e o Senado do 28 de abril. No pleno tamén se tratou brevemente a desafección dun camiño na paraxe de Entremuros, en Lamas.2019-04-0206 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 2 de marzo de 2019Sesión na que se aprobaron por unanimidade todos os asuntos que compoñían a orde do día. Os máis relevantes: o plan económico e financeiro 2019-2020, a declaración institucional do 8M e a relación de explotacións que poderán acollerse ás bonificacións do IBI. Tamén se lle deu o visto e prace a unha moción en apoio dos traballadores e traballadoras de Poligal.2019-03-0243 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 24 de xaneiro de 2019Sesión que levaba na orde do día como único punto o debate dunha moción da alcaldía para reclamar o restablecemento do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de San Sadurniño, ademais da itinerancia facultativa polos municipios de Moeche, Cerdido e As Somozas. O BNG e o PSOE apoiaron o texto mentres que o PP marchou do pleno antes da súa votación.2019-01-2445 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 12 de xaneiro de 2019Primeiro pleno do ano 2019 no que se someteron a votación asuntos de índole económica e social. Así, aprobouse a conta xeral de 2017, a integración do Concello no programa Xantar na Casa, o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o apoio á demanda do persoal dos PACs para que a Xunta negocie as melloras no servizo de atención continuada e unha moción relativa ao reparto obxectivo das subvencións autonómicas.2019-01-121h 16San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 19 de decembro de 2018Esta sesión plenaria tratou unicamente dous puntos, aínda que, se cadra, os de maior relevancia para a Administración local de cara ao ano 2019. En primeiro lugar debateuse o proxecto de orzamento municipal -máis de 3 millóns de euros-, que saíu aprobado cos votos favorables do BNG, a abstención da representante do PSOE e o voto contrario do PP. O segundo asunto foi a aprobación da distribución do POS+ Plan Único de Concellos da Deputación que, neste caso si, se aprobou por unanimidade.2018-12-1946 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 27 de novembro de 2018Sesión con dous puntos na súa orde do día que tratou, por unha banda, unha modificación de crédito para incorporar ao orzamento en vigor uns 57.000 euros para satisfacer as liquidacións do cofinanciamento do Centro de Día así como a remodelación das bancadas do pavillón. Por outro lado abordouse unha modificación da ordenanza do IAE para introducir unha rebaixa no imposto que beneficiará ás empresas situadas en zonas de categoría 1, nomeadamente as do polígono da Bidueda.2018-11-2724 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 6 de novembro de 2018Sesión que debería terse celebrado o sábado 3 de novembro, pero que foi adiada por mor da ausencia da secretaria municipal. Nela tratáronse unicamente dúas mocións presentadas polo BNG, así como unha terceira incorporada pola vía da urxencia e defendida pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.2018-11-061h 07San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 5 de outubro de 2018Sesión celebrada ás 10.30h. na que se tratou como punto principal a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles, para introducir nela unha rebaixa no tipo aplicable para os bens rústicos así como varias bonificacións. O Concello aplicará de oficio unha rebaixa en urbana a inmobles en Rede Natura 2000, introdúcese unha bonificación -previa solicitude- para construcións agropecuarias sempre que se manteña a actividade e o tipo para a contribución rústica pasa do 0,8 ao 0,6.2018-10-0538 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 1 de setembro de 2018Sesión plenaria na que a maior parte da orde do día a compuñan asuntos de dación de contas con respecto a resolucións da alcaldía, entre elas a aprobación da liquidación do orzamento municipal de 2017. En relación con este asunto, o Concello tamén aprobou incorporar 140.000 euros de remanentes de tesouraría dese exercicio ao actual, co obxectivo de financiar cinco proxectos relacionados coa seguridade viaria, a posta en valor do patrimonio e o aforro enerxético.2018-09-0119 minSan SadurniñoSan SadurniñoSegundo pleno extraordinario do 10 de agosto de 2018Sesión sen asuntos para resolución e acordo solicitada polos grupos municipais do PP e do PSOE con dous únicos puntos na orde do día, un referido á aclaración da sentenza sobre a anulación do convenio urbanístico coa extinta Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e outro ao respecto do "catastrazo".2018-08-1048 minSan SadurniñoSan SadurniñoPrimeiro pleno extraordinario do 10 de agosto de 2018Sesión plenaria na que se abordou como único punto da orde do día e con carácter urxente a delegación na alcaldía das competencias para iniciar o expediente de contratación das obras de renovación da Avenida Marqués de Figueroa, cifradas en máis de 258.000 euros. O punto saiu aprobado por unanimidade dos tres grupos.2018-08-1003 minFálame de San Sadurniño: fotos faladasFálame de San Sadurniño: fotos faladasCasa OuteiroCasa rural Outeiro ubicada no Concello de San Sadurniño, na provincia da Coruña. Maribel fálanos da historia da casa e do que ofrece ás persoas que a visitan.2018-07-2301 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 7 de xullo de 2018Sesión plenaria na que se aprobou a declaración como persoas non gratas aos membros do autodenominado grupo "A Manada", condenados por abusar sexualmente dunha moza nos Sanfermíns de 2016. No pleno tamén se aprobaron os festivos locais de 2019, que quedaron fixados no martes de entroido -5 de marzo- e o 2 de xullo, Santa Sabela2018-07-0743 minFálame de San Sadurniño: fotos faladasFálame de San Sadurniño: fotos faladasAsociación ConcienciarteA Asociación Concienciarte "Cultura colectiva do rural" é un colectivo de persoas con moitas inquedanzas. Ofrecen un espazo para debater, construír, propoñer, intercambiar e compartir. Teñen o seu local social en Silvalonga, no Concello de San Sadurniño.2018-05-2612 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 5 de maio de 2018O pleno levaba na súa orde do día asuntos de trámite, referidos á adaptación da Administración local á nova normativa estatal sobre contratación pública. Neste sentido aprobouse por unanimidade a integración na plataforma de contratación do sector público do Ministerio de Facenda e, ademais, constituír unha Mesa de Contratación permanente presidida polo edil Suso Soto e configurada nas vogalías e na secretaría por persoal municipal. Naquelas tramitacións públicas tamén se convidará aos grupos da oposición.2018-05-0524 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 3 de marzo de 2018Sesión ordinaria do pleno na que se trataron, entre outros asuntos, demandarlle á Xunta a reparación da AC-861, así como o apoio institucional por parte do Concello á folga internacional feminista do 8 de marzo.2018-03-031h 04Xogos Tradicionais-Día Mundial da RadioXogos Tradicionais-Día Mundial da RadioEntrevista a David GuiñazuEntrevistamos ao monitor da actividade "Xogos Tradicionais", a cal desenvólvese en horario extraescolar e é ofertada polo Concello de San Sadurniño.2018-02-1903 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 11 de novembro de 2017Sesión plenaria na que se aprobou a adhesión do Concello de San Sadurniño ao plan para impulsar o recoñecemento por parte da UNESCO do Xeoparque do Ortegal, ademais da relación actualizada do Inventario de bens municipais.2017-11-111h 38San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 2 de setembro de 2017San Sadurniño celebraou este sábado a partir das 11.30h. pleno ordinario. Será unha sesión que incorpora dez puntos na súa orde do día, aínda que a maior parte deles serán dos cualificados como “de trámite”. Os de maior trascendencia sexan os dous relativos á toma de posesión de Yolanda Vázquez Pazos -que ocupará o único escano do PSdeG-PSOE- a aprobación do inventario de bens municipais e a proposta de modificación das ordenanzas da auga e dos sumidoiros -que non variarán tarifas- para adaptalas a un novo regulamento que tamén se votará no pl2017-09-0250 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 4 de marzo de 2017Sesión ordinaria do pleno con 9 puntos entre os que destacan catro mocións presentadas polo BNG e polo PP. A achegada polo grupo popular reclamou que o Plan Único de Concellos POS+ garanta os ingresos que San Sadurniño viña percibindo a través dos anteriores programas agora agrupados no plan provincial. As tres dos nacionalistas centráronse en reclamarlle a Augas de Galicia a execución do saneamento na zona de Piñeiros, na demanda de melloras na rede ferroviaria de vía estreita e, por último, a aprobación de medidas que axuden a paliar os efectos do “...2017-03-041h 02San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 14 de xaneiro de 2017Sesión ordinaria do pleno -a primeira de 2017- na que se abordaron, entre outros temas, a adhesión do Concello á cooperativa comercializadora de enerxía A Nosa Enerxía e a modificación do regulamento da EIM para adaptalo á realidade do funcionamento diario e á normativa de rango superior.2017-01-1436 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 8 de setembro de 2016Sesión do pleno na que se aprobou a conta xeral do Concello do exercicio de 2015, o regulamento de xestión e maila ordenanza que fixa os prezos de acceso aos locais do Centro Municipal de Empresas e tamén a adhesión de San Sadurniño ao manifesto da AFGA do Eume referido á protección e difusión das castes de froita autóctona.2016-09-081h 07San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 11 de agosto de 2016Sesión na que se aprobou o plan económico-financeiro do Concello, a modificación do orzamento para prover unha praza funcionarial con carácter temporal para reforzar os servizos administrativos e económicos municipais e a solicitude dunha subvención á Consellería de Política social coa que dotar de climatización á Escola Infantil Municipal.2016-08-1147 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 21 de marzo de 2016Sesión extraordinaria que incluiu dous puntos na orde do día. En primeiro lugar aprobouse a acta da sesión anterior e, posteriormente, acordouse a participación de San Sadurniño na fundación dunha nova entidade sen fins de lucro para optar á xestión do novo programa Leader 2014-2020.2016-03-2104 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 12 de decembro de 2015Sesión extraordinaria do pleno municipal na que se aprobaron, entre outros asuntos, os investimentos do POS 2016 e do Plan de Acción Social 2015. Dous programas xestionados pola Deputación que supoñen unha achega de 482.000 euros. Por outra banda tamén se acordou anular o convenio suscrito en 2007 coa Cooperativa de Explotación en Común de San Sadurniño e déuselle o visto e prace a unha moción achegada polo comité de empresa de Navantia a prol da reactivación do sector naval na comarca.2015-12-121h 15San SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 5 de setembro de 2015Sesión ordinaria do pleno municipal na que se abordaron 12 puntos. Os máis destacados entre eles foron a modificación de dúas ordenanzas fiscais -a do IVTM e a que regula o uso de instalacións municipais-, o inicio do expediente de anulación do convenio coa cooperativa de San Sadurniño, e a retirada de títulos honorarios a Francisco Franco e a José Antonio Girón de Velasco. Ao ser ordinario, o pleno tamén incluiu un apartado de rogos e preguntas, así como a posibilidade de intervención do público.2015-09-051h 59San SadurniñoSan SadurniñoPleno Ordinario do 4 de xullo de 2015Sesión plenaria ordinaria -a primeira do mandato corporativo- que aprobou sumarse de novo a Rede de oficinas de atención á cidadanía dentro do programa marco asinado por Xunta e Estado. No pleno tamén houbo unha moción presentada pola vía da urxencia polo BNG relativa á situación do sector leiteiro, e tamén varias preguntas. Foron unha do PSOE sobre o programa formativo ECMYNN e dúas do PP, unha sobre o estado de tramitación do PXOM e outra sobre a limpeza de pistas municipais. Un veciño do público preguntou que estaba facendo o Concello par...2015-07-0446 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno Ordinario do 4 de xullo de 2015Sesión plenaria ordinaria -a primeira do mandato corporativo- que aprobou sumarse de novo a Rede de oficinas de atención á cidadanía dentro do programa marco asinado por Xunta e Estado. No pleno tamén houbo unha moción presentada pola vía da urxencia polo BNG relativa á situación do sector leiteiro, e tamén varias preguntas. Foron unha do PSOE sobre o programa formativo ECMYNN e dúas do PP, unha sobre o estado de tramitación do PXOM e outra sobre a limpeza de pistas municipais. Un veciño do público preguntou que estaba facendo o Concello par...2015-07-0446 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno de constitución do ConcelloSesión de constitución do Concello para o periodo 2015-2019 na que tomaron posesión dos seus cargos os novos concelleiros e concelleiras. Secundino García resultou reelixido alcalde cos votos favorables do BNG (7) máis un da oposición, presumiblemente o do edil do PSdeG-PSOE, posto que o voto para a elección de alcalde foi segredo.2015-06-1322 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 4 de xuño de 2015Penúltimo pleno antes da constitución do novo Concello, no que se abordaron asuntos de trámite como a aprobación da acta da sesión anterior, a adxudicación das obras do campo de fútbol municipal e o modelo de declaración de intereses que deberán cubrir tanto os concelleiros e concelleiras saíntes como os entrantes.2015-06-0406 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno ordinario do 7 de marzo de 2015Sesión ordinaria do pleno municipal de San Sadurniño na que se incluíron 8 asuntos, entre eles a aprobación de tres mocións -unha do PP sobre o papel da muller no Deporte, outra da CIG sobre a inclusións de cláusulas sociais nos contratos de obra pública e unha terceira, do BNG, sobre a urxencia de administrar medicamentos ás persoas doentes de Hepatite C-. Porén, a sesión estivo marcada pola concentración en apoio da familia Lamas-Nistal, sobre cuxa vivenda pesa unha sentenza firme de demolición. Un asunto que se tratou no pleno debido...2015-03-071h 04San SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario do 13 de febreiro de 2015Sesión do pleno na que se someteron a votación as bases que regularán as concesións de axudas a entidades culturais e deportivas, así como as bolsas escolares. Ademais tamén se aprobaron os tres proxectos incluídos no Plan de Aforro e Investimentos da Deputación. Unha liña de créditos sen xuros dotada no caso de San Sadurniño con 207.000 euros2015-02-1432 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno extraordinario dos Orzamentos (18/12/2014)Sesión na que se debateron, entre outros asuntos, o acordo de deslinde co concello de Moeche e os orzamentos municipais para 2015, que se aproximan aos 2.8 millóns de euros.2014-12-1949 minSan SadurniñoSan SadurniñoPleno Ordinario 8 de novembro de 2014Sesión ordinaria do pleno municipal na que se incluíron, entre outros asuntos de trámite a convalidación do regulamento da escola infantil municipal, a información sobre o estado de execución do orzamento municipal, a solicitude de prorrogar a devolución dos cobros indebidos pola participación nos tributos do Estado. No apartado de rogos e preguntas destacou o debate sobre o convenio urbanístico suscrito en 2007 coa antiga cooperativa de San Sadurniño.2014-11-081h 26San SadurniñoSan SadurniñoInauguración nova Casa do ConcelloPrograma especial "Voces de Galicia" emitido por Radiovoz desde San Sadurniño co gallo da inauguración da nova casa consistorial no antigo edificio do Pazo da Marquesa. O programa -de 2 horas de duración- conduciuno a xornalista Antía Díaz e realizouse no peristilo do edificio o día 2 de xullo de 2014, festivo local de Santa Isabel.2014-09-101h 56San SadurniñoSan SadurniñoPleno Ordinario 6 de setembro de 2014Pleno Municipal Ordinario no que se abordaron como principais puntos a aprobación da ordenanza reguladora da taxa polos servizos da escola infantil municipal e o primeiro convenio colectivo para o persoal laboral do Concello.2014-09-061h 09