podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Cristais De Meraki
Shows
Cristais de Meraki
O Cristal de Ruliña
Non estabamos mortas nin de parranda, só que a vida nos pasou un pouco por enriba. Hoxe traemos un novo capítulo especial como promesa de que volveremos, malia que aínda non sabemos moi ben as condicións. Para celebrar o regreso haberá que sacar as nosas mellores galas e diso algo deben de saber desde Ruliña Fashion Show, un novo proxecto impulsado por xente tan nova que nos fai sentir vellas a nós e que busca crear un espazo para os deseñadores emerxentes da moda galega. Chega o verán, facemos xa o cambio de armari
2024-06-15
42 min
Cristais de Meraki
O cristal de Carmen: Voces políticas
Desde o histrionismo até a calma, os memes sobre a presidenta cuqui, os discursos sobre xestión ou os spots electorais que te removen por dentro. Todo é política e en todo hai comunicación. Para afondar sobre todo isto, e o papel que xoga a muller no medio deste caos, Carmen del Río achégase a falar con nós para demostrar que á mocidade tamén lle interesa. Cofundadora da axencia de comunicación política Xacias e do podcast Carretando, non podía haber mellor forma de abrir os cristais desta tempada ;)
2024-04-15
1h 02
Cristais de Meraki
O meraki das despedidas
Para comezar diremos que é o final, o primeiro capítulo da moi probablemente última tempada. Non nos gusta despedirnos, e por iso nos adiantamos aos acontecementos para falar sobre o adeus, o peche de etapas, a fin das relacións ou a morte. Mentres, aprendemos a procesar todas as cousas que pasan polo medio, a despedirnos de nós mesmas e a buscar novos horizontes aos que saudar
2024-03-18
1h 00
Cristais de Meraki
O Cristal de Bea: Sobre investigar e ACOUSA (christmas edition)
No último capítulo do ano Bea Caneda, unhas das creadoras da revista dixital ACOUSA, acompáñanos nun capítulo especial (e extra longo) para falar sobre o mundo da investigación, o emprendemento, a importancia dos proxectos persoais, o camiño docente e outras moitas cousas todas arrodeadas do ambiente máis navideño, onde as anécdotas son o prato principal e nós vimos a servir.
2023-12-25
1h 18
Cristais de Meraki
O Cristal de Caamaño e Ameixeiras: Música para recordar
Soan os primeiros acordes e iso significa que comeza a despedida desta tempada. Curtiña, pero intensa. Para celebralo, Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño achéganse até a Facom para falar con nós sobre erotismo, ritos, tradición e música popular. Coa súa voz, violín e acordeón, manteñen viva a historia e recuperan a identidade. No capítulo de hoxe, compartimos entre nós e para vós un anaco de todo ese patrimonio inmaterial que xa vivirá para sempre na música de Caamaño e Ameixeiras.
2023-12-04
50 min
Cristais de Meraki
O meraki da amizade
Desde a dependencia emocional das amizades até a dureza das despedidas. Ninguén nos ensina a ser bos amigos, marcar os nosos límites ou que, ás veces, esa familia escollida tamén nos pode facer dano. No capítulo de hoxe tiramos de vulnerabilidade para falar sobre como facelo mellor e querernos primeiro. De que vai a teoría da amizade? Como se superan as envexas? Que pasa cando te sentes soa no teu grupo de amigos? Todo isto e moito máis nun episodio para vernos nun espello e reconciliarnos con todas as cousas das que nos...
2023-11-20
53 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Lucía: Sobre as pantasmas do cine
Neste novo Cristal Lucía Estévez fainos un oquiño na súa apertada axenda como cineasta de éxito para vir falar sobre os egos no audiovisual, a posibilidade de conxugar a intensidade coa risa, os bloqueos creativos e a importancia de rodearse dun bo equipo de traballo. Directora de videoclips, curtas e webseries agora atópase no proceso de creación da súa primeira longametraxe. Gañadora dun Mestre Mateo e, aínda así, as inseguridades non acaban de irse. Por iso, nesta tempada na que se multiplican as entrevistas, perseguimos a resposta da seguinte pr...
2023-11-06
45 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Sara: O Tik Tok galego
Nesta nova tempada as Cristais de Meraki intentamos abirnos paso no devastador mundo do tiktoks, mais como estamos seguras de que hai moita xente da que aínda temos moito que aprender, acudimos aos reforzos e achegamos até o estudo da Facom a Sara Seco. Graduada en políticas, xestora de proxectos na mesa pola normalización lingüística, creadora de contido e a túa tiktoker favorita d confianza; non hai nada que se lle escape e hoxe vén falar con nós sobre os prexuízos no mundo do life estyle, o odio nas redes, com...
2023-10-23
41 min
Cristais de Meraki
O meraki das impostoras
Volvemos coa terceira tempada de Cristais de Meraki e a síndrome da impostora ataca de novo. Despois de dous meses xogando a ser xornalistas vertemos neste Meraki todos os nosos medos e inseguridades. Semella que se hai un factor común entre todas as mulleres novas que facemos cousas é non sentirnos suficientes. A autoesixencia como forma de vida porque, no fondo, non nos sentimos esas tías chulas que aparentamos ser. Aínda así, seguímolo intentando. Un meraki reflexivo para empezar a semana procurando coñecernos e recoñecernos en todos os nosos logros. Vémonos nos...
2023-10-09
48 min
Cristais de Meraki
O Meraki de Peche
E colorín colorado... esta tempada está rematando. Resulta que esta semana foi o último día lectivo nas escolas e institutos de Galicia. E, tendo en conta que hoxe estamos ante o último capítulo do podcast antes das vacacións de verán, había que facer algo especial; como esas festas de fin de curso que lembras de maior ou as caixas de bombóns que traen xs profesorxs ao acabar o ano. Por todo isto, hoxe, por moi Meraki que sexa, non vimos soas; senón que nos acompaña parte do alumnado do IES Ponte...
2023-06-25
45 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Esther: Detrás do Dígocho eu!
Benvidos, benvidas e benvides ao último cristal da tempada. Coma sempre, mestúranse unha serie de emocións importantes porque a ninguén lle gusta despedirse. Pero claro, tendo en conta quen nos acompaña, todos os males se pasan. Efectivamente, hoxe vén ata a facom para rememorar os seus anos universitarios e os inicios da súa carreira laboral Esther Estévez, xornalista e unha das caras máis visibles das redes da TVG. Mais, sobre todas as cousas, unha persoa que conta coa súa propia páxina de wikipedia! Así, falamos sobre a voca...
2023-06-04
54 min
Cristais de Meraki
O Meraki do Amor Propio
Ás veces falamos de cousas das que semella que non temos moita idea, pero parte do amor propio é aprender tamén a aceptar os nosos faios e aprender a querernos con eles. Por iso, intentando afondar nos picos e nos baixos que implica o proceso de descubrir como querernos a nós mesmas, pasamos este novo Meraki falando das cousas que nos custa aceptar neste proceso, de todas as que aínda nos quedan por aprender e de todas aquelas que si facemos ben. Porque o amor propio é unha movida, porque é difícil, cíclico e pouco definitivo. O amor prop...
2023-05-14
45 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Ángela: Festa no turreiro
Dixeron unha vez unhas sabias que todas as festas rematan con música. A esta festa aínda lle queda, pero xa comeza a cheirarse o final. Por iso, hoxe acompáñanos Ángela Carou, que de festas (foliadas) e tradición algo sabe. Así, a cantante e pandeireteira do grupo Aila.gz entra con nós ao turreiro para falar sobre a cultura galega, o ambiente en Compostela, a música tradicional, o traxe e a diversidade que enche cada oco de Galicia e do que somos. Poñédevos cómodas, sacádelle uns chupitos de licork ou calquera bebida espirituosa s...
2023-04-30
50 min
Cristais de Meraki
O Meraki dos Soños
Un domingo máis volvemos cun novo Meraki para falar sobre os soños, os de durmir e os outros. Dende que somos cativas aprendemos a soprar os dentes de león, tocarnos o nariz cando dan as 11.11, recoller trebos de boa sorte e apagar candeas pensando naquilo que máis queremos. Hoxe vimos a compartir con vós todo o que ronda pola nosa cabeza cada vez que vemos unha estrela fugaz. Sempre coa esperanza de que iso de que os soños se se din en voz alta non se cumpren sexa un falso mito. ...
2023-04-16
52 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Lau: Sobre furbo e ser muller
Oli! Comeza a Semana Santa e agardamos que estas vacacións vos permitan poñervos ao día con todos os capítulos das vosas podcasters favoritas (aka, nós). Por iso, hoxe traémosvos contidos fresco, saíndo un domingo máis á palestra para falar con Laura Rodríguez, a nosa xornalista-deportista favorita. Un pouco fartas de que ao falar de fútbol e mulleres só pensemos nas "mulleres de...", hoxe acompáñanos a nosa referente do fútbol local e feminino, para poder reconciliarnos con todas esas nenas ás que no recreo só lles deixaban pisar a portería. Se quer...
2023-04-02
51 min
Cristais de Meraki
O Meraki do Amor
Que é o amor? Semella que pasamos unha vida enteira falando dalgo que nin sequera sabemos definir. Hoxe nós facemos un pouco o mesmo. Porque ao final, afondando nas veces que nos romperon o corazón, nos tipos de relacións, no desamor, nos mitos do amor romántico, nas aplicacións para ligar ou nas relacións tóxicas podemos tentar aproximarnos a esa descrición perfecta. Total, que hoxe abrimos Meraki cun Sálvame Deluxe no que expoñemos as nosas penurias (e victorias), porque tú y eu, Chelo, non tivemos unha noite de amor. Aínda asi, e aínda que a...
2023-03-19
55 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Laura: Sobre a divulgación e menstruar
Ola, ola! Benvidos, benvidas e benvides un domingo máis. Hoxe, malia que arrancamos un pouco nerviosas, vimos a falar dos tabús, de especializarte no xornalismo, da menstruación, da pílula e, en xeral, de ser muller. Laura Veiga, máis coñecida como Pingando.gal, ábrenos a fiestra a un novo xeito de facer xornalismo, sempre co foco na educación. Ao final a sogra de Marta non ten nada do que preocuparse, de momento. O único que podemos adiantar é que coa de temas que nos quedaron no tinteiro e o moitísimo que desfrutamos falando con Laura, ningun...
2023-03-05
40 min
Cristais de Meraki
O Meraki da adolescencia
Este domingo facemos unha viaxe no tempo para volver á nosa adolescencia. Unha época complexa, intensa, difícil, apaixonante, de aprendizaxe, de crecemento, de soidade, de ser malas persoas, de ser boas persoas... de existir. Compartimos unha das nosas charlas filosóficas para recoñecernos mutuamente e ser máis honestas, con nós e cos demais. O Meraki da adolescencia dá o punto de saída a unha nova quenda de charlas sobre todas esas cousas que nos importan e nos fan ser quen somos. Un episodio para poñerse un té ou un café, acender unha candeas e aprender a p...
2023-02-19
45 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Belén: Sobre ser unha pringada
Estas pringadas abren nova tempada moi emocionadas e sendo tan pringadas que volven aos seus inicios con interferencias de por medio. Malia todo, nada nos impide comezar por todo o alto coa única e inigualable (redobre de tambores) Belén Puime! Hai un ano Uxía Vázquez (falar sen saber, querémosvos) recomendábanos a esta talentosa muller nova que fai cousas e nós somos rapazas de palabra. Por iso, hoxe somos un pouco máis transparentes e iniciamos este novo ciclo falando do instituto e do acoso escolar, da época universitaria, de crear proxectos cos teus a...
2023-02-05
47 min
Cristais de Meraki
O Meraki Final
As Cristais de Meraki despedimos esta primeira tempada por todo o alto nun día para festexar. Aproveitamos este día de nadal para facervos este pequeno agasallo e así poder darvos un anaquiño de nós nestas datas tan felices para algúns e complicadas para outros. Foi un pracer enorme compartir todo isto con vós. Por iso, porque sen as persoas que nos escoitan non habería podcast, despedímonos cun Q & A para intentar darlle resposta a todas as vosas inquedanzas e curiosidades. Ademais, as Cristais desta tempada tamén fan a súa aparición e...
2022-12-25
40 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Cassandra: as festas rematan con música
Achégase o final da segunda tempada de Cristais de Meraki e como todas as festas, non nos queda outra que rematar con música e con mulleres que fan música. Hoxe vén a parolar con nós outra dupla galáctica. As Fillas de Cassandra chegan forte para falar de música en directo, da síndrome do impostor, do auxe da música en galego e da importancia de referentes na defensa da lingua, tamén dende a perspectiva neofalante. Un programa con sorpresiña ao final no que sentamos as bases do que será o último epi...
2022-11-27
46 min
Cristais de Meraki
O Meraki dos medos
Unha domingo máis e unha semana máis que as vosas podcasteiras favoritas sacan novo episodio. Comeza a achegarse a recta final da tempada e semella que nos poñemos máis intensas e reivindicativas que nunca. Entre a fobofobia, a androfobia e a aeronausofobia acabamos facendo un repaso por todas esas pequenas (e grandes) cousas que dan susto e nos poñen a tremer. Que facemos cando temos medo? Como evolucionan os medos? Que traumas de cativas nos fan fuxir e saír por patas? Abrímonos en canle e superamos o medo de expoñer ao mundo qu...
2022-11-06
49 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Malva: do samaín á cultura americana
No programa de hoxe falamos con Malva sobre o samaín, a americanización da cultura e a morte. Temas aparentemente inconexos que non tardamos en unir, porque hai moito que falar en cincuenta minutos. En realidade rematamos por facer un longo repaso sobre o fenómeno fan, as pick me girls, a romantización dos asasinos en serie, as luces e sombras de taylor swift, a especulación sobre a vida romántica dos famosos que nos gustan e moitas movidas máis, todo nun alo ben "spooky" porque hoxe somos Cristais de Meraki (Spooky version)
2022-10-23
49 min
Cristais de Meraki
O Meraki da xente viejoven
Benvidxs a un novo capítulo! Hoxe comezamos falando sobre o concepto de ser viejoven, analizamos as carácterísticas do que se podería considerar un fenómeno social, desglosamos a idea de "ser muy madura para tu edad" e, nalgún momento pola metade, perdémonos polo camiño e danos tempo a parolar sobre as "that girl", a infancia, a sexualidade e as visións conservadoras da vida. Queixámonos moito e algo tentamos descubrir. As Meraki volven outro día máis, mentres a idade llo permita.
2022-10-09
44 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Alejandra: xornalismo da terra
Estudando xornalismo hai días nos que parece que nada anda ben. Precariedade, inseguridades, trabas para falar das cousas que che interesan... Esa é a historia que sempre se conta, pero hai tamén outras historias, queda aí fóra un raio de esperanza. Para nós ese raio vive en Alejandra. Falamos con ela para que nos conte como se conseguen colaboracións con revistas, onde se busca a inspiración, a través de que formas se aprende a comunicar, ou mesmo como facer unha comunicación dende o rural. Todo isto mentres aínda intentas sacar a diante unha...
2022-09-25
48 min
Cristais de Meraki
O Meraki da movida do verán
Volvemos un novo domingo e, como sempre, vimos a queixarnos. Falamos dos veráns de infancia, dos problemas que implica a operación bikini, dos fitos que marcan estacións e de que hai que ir a terapia. Vamos, non falamos de nada novo sobre o mundo, pero nunca dixemos que foramos orixinais.
2022-09-11
43 min
Cristais de Meraki
O Cristal das Maltesas: aprender viaxando
Ola de novo! Sorprendentemente cumplimos e hoxe vimos cun novo episodio sobre a nosa experiencia en Malta. Para iso traemos a Alba Grandío, modelo, futura historiadora e (o máis importante) amiga e compañeira de aventuras. Que temos que dicir sobre Malta? Pois sobre o país en si non demasiado, pero sobre a experiencia unha chea de cousas. Falamos de morrer de fame, de precios desorbitados, de profesores aristócratas e xogadores de póker, dos onvres e das dificultades de viaxar sendo muller. Señores, dejen de prostituirnos. E, sobre todo, falamos de crecemento persoal e da xent...
2022-08-28
49 min
Cristais de Meraki
O Meraki da calma despois da tormenta
Ola! Botávasenos de menos? Despois dun fantástico capítulo 1.1 e un capítulo 1.2 que xa nunca verá a luz, chegamos cun novo episodio. Esta vez volvemos con forzas renovadas para falar sobre o que estivemos facendo nestes últimos oito meses, que cousas aprendemos e por qué parecía que nos secuestraran. Falamos de xestión emocional, de facer DEMASIADAS cousas, de aprender a parar e da importancia da terapia. Cristais de Meraki volve para quedar (esperamos). Por certo, como estades? (Non vale dicir nin ben nin mal)
2022-08-14
40 min
Cristais de Meraki
O Cristal de Uxía: falar sen medo
Hoxe falamos con Uxía, cocreadora do podcast Falar sen saber, sobre contidos dixitais en galego, saúde mental e o marabilloso mundo laboral.
2021-11-26
40 min