Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Descifrando A Historia

Shows

Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaPódese vivir da historia? Conversa con Mercedes Vázquez, empresa DeHistoriaVivir da historia é moi difícil. Ou iso din algúns. Hoxe falamos con Mercedes Vázquez Bertomeu, que xunto con outras socias, teñen unha emrpesa que se dedica a historia, nin máis nin menos.2025-04-1538 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaUnha panorámica do galego no Bierzo con Sara RodríguezFálase galego no Bierzo? Pódese estudar a nosa lingua na comarca veciña? A estas preguntas responde Sara Rodríguez experta no galego do Bierzo e estudosa do mesmo. Para escoitar e aprender.2025-03-1536 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA implicación popular na Revolución de 1846 con César CaramêsPensamos que sabemos todo da Revolución de 1846 pero se escoitamos a Cesár Caramês e as súas últimas explicacións decatarémonos que hai cousas que non se explicaron ben. Con intención? Acompáñanos neste trepidante podcast.2025-02-1534 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaFalemos das comarcas galegas, con Borxa NeiraAs comarcas galegas foron unha división territorial de finais do s. XX. Na actualidade hai debate sobre se funcionaron e cumpriron co seu papel e diso queremos falar co especialista Borxa Neira, que ten traballos ao redor deste tema. Compartide!2025-01-1635 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA educación no pasado de Galicia, con Narciso de GabrielA educación pública é un "luxo" dos últimos anos, porén os nosos antepasados xa querían aprender a ler e a escribir un mínimo pa desenvolverse no mundo. Hoxe falamos con Narciso de Gabriel, para que nos fale das escolas de ferrado. Marabilla de programa. Compartide!2024-12-1534 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaAlonso Ríos, a historia dun galeguista, con Natalia JorgeNeste episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira ao redor dunha figura moi importante para o galeguismo: Alonso Ríos.2024-11-1555 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaChegamos tarde? Conversa con Carlos CallónAínda que xa é algo falado e sabido por moitos, o galego xa non é a lingua máis falada en Galicia. Hoxe facemos un repaso polos castigos que sufriu ao longo da historia a nosa lingua.2024-10-1534 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaOs segredos das medidas tradicionais de Galicia, con Rubén CastroNesta 5 tempada de Descifrando a Historia falamos con Rubén Castro sobre as medidas tradicionais de Galicia: ferrados, fanegas e demais. Que teñen de especial?2024-09-1535 minEl Mundo al DetalleEl Mundo al DetalleVietnam: historia y perspectivas | #7🇻🇳 En este episodio de "El Mundo al Detalle", abordamos el papel de Vietnam como una de las naciones más importantes del Sudeste Asiático.Analizamos su turbulenta historia durante la segunda mitad del siglo XX, marcada por la influencia de potencias internacionales, y su relación con la economía global contemporánea. También discutimos cómo Vietnam es percibido como una futura alternativa a China en el ámbito de la producción manufacturera, a pesar de su sistema político de partido único dirigido por el Partido Comunista.🗣️ Eduardo García y Alex Santos👉 Si...2024-09-101h 09Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaNovas cuestións sobre o reino suevo, con Martín Fernández CaloEste é o último episodio da cuarta tempada de Descifrando a Historia, nel conversamos con Martín Fernández Calo sobre o reino suevo e algunha cuestión que outra sobre a importancia dun reino que durou case douscentos anos.2024-07-1538 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO Couto Misto: orixes, historia e evolución con Serxio MaríaNeste 89 programa de Descifrando a Historia falamos con Serxio María, orixinario de Calvos de Randín, sobre a historia do seu Couto Misto. Lendas e realidades mistúranse neste trepidante podcast.2024-07-0137 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaAlejandro Viana e Amado Garra, dúas figuras con firmes compromisos con Roberto MeraNeste episodio de Descifrando a Historia falamos con Roberto Mera sobre dúas figuras galegas con firmes compromisos democráticos. Alejandro Viana e Amado Garra, é hora de coñecer as súas historias.2024-06-151h 24Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaQue nos din as fortificacións na raia galego-portuguesa? Conversa con Rebeca Blanco-RoteaAs fortificacións entre Galicia e Portugal non sempre estiveron aí. Comezaron na Idade Media e Idade Moderna. Mais que nos din?2024-06-0237 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA cara e a cruz de Basilio Álvarez, con Miguel CaboBasilio Álvarez foi un líder galego na loita a favor dos dereitos do campesiñado na época do agrarismo. Mais este cura e xornalista, tivo a súa cara e asúa cruz. Acompañanos neste breve podcast para coñecelo un pouco máis!2024-05-1556 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaCen anos das escolas de ensino galego, con Santiago Quiroga e Emilio Xosé ÍnsuaEste ano cúmprense cen anos das Escolas de Ensino Galego que deron o seu primeiro paso con galeguistas históricos como Ánxel Casal e María Miramontes. Hoxe, as escolas Semente son os herdeiros desa experiencia. Se queres coñecer a súa historia, os seus primeiros pasos, as outras escolas de linguas minorizadas ou minoritarias como as de País Vasco ou Irlanda, escoitade este fermoso podcast. Comparte parea que chegue a máis xente!2024-05-011h 09Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaUnha familia nobre para comprender o mundo medieval: os Soutomaior con Suso VilaNeste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Suso Vila ao redor dunha das familias nobres máis importantes do mundo medieval; os Soutomaior. Nobres da sona de Pedro Álvarez de Soutomaior, pertenceron a esta familia. Tamén descubriremos como se relacionaban os nobres cos monarcas nesta época e a construcción de todo un mundo nobiliar.2024-04-1547 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO pensamento político de Ramón Piñeiro con Serxio MaríaNeste novo episodio de Descifrando a Historia falamos con Serxio María dun dos pensadores máis destacados do galeguismo: Ramón Piñeiro. Os temas tratados foron moi variados, desde o seu compromiso con Galicia ata a súa ideoloxía. Que pensaría Ramón Piñeiro do Estatuto actual? Comparte e dálle ao gústame, só así será posible que se continúen facendo este tipo de podcast!2024-04-0154 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaDas peregrinacións e usos políticos do apóstolo Santiago, con J. M. Andrade CernadasNeste episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Andrade Cernadas arredor dos mitos, lendas e demais cuestións que rodean ao apóstolo Santiago e a orixe das peregrinacións e o seu culto. Comparte e dalle ao "gústame" para seguir facendo este tipo de contido!2024-03-1533 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA historia dun pintor galego de éxito: Joaquín VaamondeNeste 80 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Perfecto Ramos Rodríguez para coñecer unha figura moi pouco coñecida entre todos nós: Joaquín Vaamonde Cornide, un afamado pintor que chegou a ter moito éxito mais que unha enfermidade o levou por diante cando apenas contaba con 30 anos.2024-03-0136 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaUnha das moitas peculiaridades de Santiago, con Aldara CidrásSantiago de Compostela, a capital galega, é unha cidade que rezuma historia por todas as esquinas. Unha das últimas peculiaridades da cidade foi estudada pola historiadora Aldara Cidrás: os rótulos dos locais son únicos. De que nos pode falar? Que di de nós? Dálle ao gústame e comparte se queres que este podcast se siga realizando, depende de ti!2024-02-1533 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaUn percorrido polas orixes do noso escudo, con Heitor PicalloNeste episodio de Descifrando a Historia falamos con Heitor Pocallo, especialista en heráldica, para que nos narrase as orixes e evolucións do noso escudo ao longo da historia. Altamente recomendable! Comparte e dálle ao gústame para que se sigan facendo este tipo de podcast!2024-02-0152 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaHistoria do conflito lingüístico a finais do s. XX, con José João RodriguesA finais do s.XX e xa en democracia había dúas posibilidades para o galego: a norma isolacionista e a norma reintegracionista. Finalmente optouse pola isolacionista e hoxe queremos explicar o porque, os seus protagonistas e demais cuestións que nos fan preguntar, porque falamos e escribimos así o galego?2024-01-151h 06Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaOs sorprendentes achados no Castro de Soutolobre-Lourido, con Francisco HervésFai uns meses descubríronse unha serie de cousas moi importantes no Castro de Soutolobre-Lourido, tanto, que engaden á investigación histórica novos interrogantes. Por iso, desde Descifrando a Historia quixemos saber máis sobre o mesmo e a súa contorna, e para iso contactamos co director da escavación, o cal nos aportou máis luz e datos da importancia deste castro.2024-01-0141 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaDa orixe da lingua galega nos albores da Idade Media, con Souto CaboNeste episodio de Descifrando a Historia falamos co filólogo Souto Cabo para coñecer as orixes do noso idioma. Cando se comezou a falar en galego? E a escribir? Todo iso e máis neste trepidante episodio no que desciframos as orixes de algo moi noso. Comparte e dálle ao gústame, está na túa man que o proxecto continúe!2023-12-1536 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA primeira muller do Seminario de Estudos Galegos: Carmiña Sierra, con Aurora MarcoNeste 75 episodio de Descifrando a Historia falamos con Aurora Marco de Carmiña Sierra, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos. Cunha vida moi comprometida con Galicia e a liberdade, merece a pena escoitar o que foi a vida desta muller nada en Pontecesures e exiliada en Venezuela para que o franquismo non a perseguise. Se che gustou dálle a gústame e comparte, só así é unha forma de agradecer este traballo, grazas!2023-12-0133 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO recoñecemento do Reino medieval de Galicia, con Francisco RodríguezAs dúbidas con respecto a existencia do Reino de Galicia na Idade Media asáltannos constantemente. É por iso que buscamos respostas antes especialistas no tema. Fai meses foi o historiador Andrade Cernadas e hoxe tócalle a Francisco Rodríguez. Ambos recoñecen a súa existencia pero hai diferenzas en canto aos aspectos concretos dese reino. Atentos e desfrutade. Dádelle ao gústame e compartide coas vosas amizades2023-11-151h 02Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA morte no Reino de Galicia: cultos, ritos e celebracións con Xosé Manuel SánchezNeste 73 episodio de Descifrando a Historia falamos sobre o tratamento da morte por parte dos galegos no Reino medieval de Galicia. Facemos un repaso moi interesante desde o século V ata o XV. Se che gustou dalle ao "gústame" e comparte para poder continuar con este traballo!2023-11-0153 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaCando vivir deixa de ser ilegal: o contrabando na raia con Natalia JorgeNeste episodio 72 de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira para saber máis do contrabando na raia entre Portugal e Galicia. Un tema moi interesante do cal temos bastante información pero que nos queda por saber moitas cousas. Se che gustou dalle ao gústame e comparte só así nos farás crecer e que se sigan facendo podcast da nosa historia2023-10-1652 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO conflito medieval entre Santiago e Roma con Henrique EgeaRoma intentou minguar o poder da sé compostelá porque lle preocupaba que seguise crecendo... ou iso afirma o noso invitado de hoxe o profesor Henrique Egea. Falamos de todo o que envolveu este tema e as consecuencias irreversibles que tivo na nosa terra, Galicia. Dálle ao gústame e comparte para facernos crecer!2023-10-0156 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaAs mulleres na Galicia medieval: campesiñas, nobres... con Miguel García-FdezNeste 70 episodio de Descifrando a Historia realizamos unha panorámica histórica da muller na Galicia Medieval. Para tal fin acompañounos Miguel García-Fernández, o cal é todo un especialista. Foi un programa formidable. Se che gustou dalle ao gústame e comparte, só así nos farás crecer!2023-09-151h 16Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaUn protagonista inesperado nos Séculos Escuros, con Perfecto RamosNo s. XVII, un inquisidor de Crecente, coñecido como Gregorio Lobariñas intentou publicar unha historia de Galicia en galego. Coñecido como As Galegadas, foi a Madrid ata dúas veces para que lle desen o visto e prace. Por cuestións do destino non a puido publicar pero deixounos constancia de que, as elites cultas de Galicia, empregaban o galego máis que para uso oral. Pode ser o inicio a reformular o de Séculos Escuros.2023-09-0157 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaDelitos, violencia e poder na Galicia durante o franquismo con Tamara LópezNeste 68 episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Tamara López sobre a delincuencia no franquismo, os castigos, a violencia exercida polo estado, a violencia de xénero, o tema dos abortos e moito máis. Se che gustou dalle ao gústame e comparte!2023-08-1641 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaJuana de Vega, o legado dunha muller polifacéticaJuana de Vega deixou un legado que merece a pena coñecer. De ideas progresistas cunha estancia na corte real, e exiliada xunto co seu marido debido a temas políticos. Forma parte desa Coruña das mulleres do século XIX que fai falla reivindicar. Se che gustou comparte! Fainos crecer!2023-08-0152 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaHistoria e historias das cidades galegas, con Manuel Gago e Rubén VentureiraNeste episodio de Descifrando a Historia falamos con Manuel Gago e Rubén Ventureira sobre as cidades galegas co motivo da exposición Cidades no Tempo da cal forman parte. Se che gusta comparte e subscríbete! Fainos crecer!2023-07-151h 39Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaUn documento único: o Parroquial Suevo, con José Carlos Sánchez PardoNeste 65 episodio do podcast falamos con José Carlos Sánchez Pardo, arqueólogo e historiador, ao redor dun documento único que temos en Galicia: o Parroquial Suevo. Este documento aporta moita luz á hora de estudar unha das etapas máis importantes da nosa historia: o Reino Suevo. Realmente apaixonante. Neste breve panorámica vas saber o básico que se debe ser deste tema. Se che gustou, comparte!2023-07-0134 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaMeigas e bruxas na historia de Galicia: unha panorámica con Rodrigo PousaNeste episodio de Descifrando a Historia falamos con Rodrigo Pousa, estudoso e coñecedor das bruxas e meigas en Galicia. Son diferentes conceptos? Cando nacen? Só condenaban as mulleres ou tamén os homes? Todas esas respostas e máis neste fantástico episodio! Sigue a Descifrando a Historia nas súas redes sociais e comparte se che gustou!2023-06-1532 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO clientelismo político na Galicia do s. XIXCaciquismo ou clientelismo? Neste programa 63 de Descifrando a Historia falamos co historiador Xosé Ramón Veiga para saber como era o clientelismo político na Galicia do s. XIX. Favores, corrupción, votos, sufraxio... todos estes temas neste magnífico podcast.2023-06-0145 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA figura de Fernández del Riego e outras cuestións transversaisHoxe é día 17 de maio de 2023 e é un evento especial para a cultura e lingua galega porque celebramos o noso día. Este ano a figura homenaxeada é Francisco Fernández del Riego, un dos creadores deste día ala polo ano 1963. En Descifrando a Historia falamos con Ramón Nicolás e Malores Villanueva para que nos desen as claves desta figura e deste día tan especial para tod@s nós. Comparte e dálle ao gústame se así o consideras! Saúdos!2023-05-171h 05Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA toponimia galega: orixe, historia e demais cuestións con Ana BoullónNeste episodio número 61 de Descifrando a Historia falamos coa académica e filóloga Ana Boullón para que nos contase cousas sobre a nosa toponimia. Desde as súas prinicpais características, como diferencialas, ata a súa historia e demais. Programa moi interesante para falar dunhas das nosas peculiaridades que máis nos distingue como territorio.2023-05-0154 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaOs xudeos no sur de Galicia: expulsión, Inquisición e demais con Suso VilaA comunidade xudea estivo presente na Galicia medieval e moderna. Para saber máis sobre ela falamos co historiador Suso Vila, o cal nos fixo unha panorámica bastante completa dos feitos históricos máis importantes. Desde a súa convivencia cos cristiáns ata a súa expulsión, a Inquisición, o papel do país veciño Portugal, etc. Dalle ao gústame comparte! Segue a Descifrando a Historia nas súas redes sociais e nas súas plataformas habituais!2023-04-151h 10Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaNon se entendería Galicia sen a emigración a América, conversa con Raul Soutelo VázquezNeste programa número 59, falamos da emigración a América: perfil social do emigrante, causas, consecuencias, Galicia como rexión europea que máis emigrantes aportou, etc. Se queres saber as respostas e moito máis, escoita podcast que che vai dar a panorámica necesaria a algo que marcou profundamente o destino da nosa terra. Sigue a Descifrando a Historia en todas as súas redes sociais e dalle ao "gústame" e comenta a túa visión!2023-04-011h 32Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaArqueoloxía de xénero e o estudo da sociedade galegaNeste episodio nº 58 de Descifrando a Historia falamos con Celtia Rodríguez arredor da arqueoloxía e máis concretamente a arqueoloxía de xénero: que é, como está o tema en Galicia, etc. Dalle ao gústame para apoiar o podcast e sigue a Descifrando a Historia no Twitter e no Instagram!2023-03-1549 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA Galicia folclorizada do franquismo, con Beatriz Busto MiramontesNeste episodio falamos con Beatriz Busto Miramontes sobre a imaxe de Galicia no franquismo, como se comezou a falar dunha Galicia, fermosa, meiga, mítica, dócil e idealizada. A propaganda do réxime provocou que moitos deses estereotipos chegasen ata nós a día de hoxe. Se che gustou dalle ao gústame e comparte!2023-03-0158 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO xurdimento dos castelos en Galicia, con Carlos LixóNeste podcast número 56 falamos co historiador Carlos Lixó sobre a orixe e xurdimento dos castelos en Galicia, se foi unha dinámica europea, cales eran as súas funcións principais, cando se abandonan, dos castelos da fronteira con Portugal, etc. Sigue a Descifrando a Historia en Twitter e Instagram!2023-02-151h 12Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaCando nace a galaicofobia? E moito máis... con Alexandre Peres VigoNeste episodio de Descifrando a Historia falamos con Alexandre Peres Vigo para que nos explicara e nos falara de cando xorde a galaicofobia ou galegofobia. Como se foron creando eses estereotipos que evolucionaron co paso da historia pero que ata día de hoxe chegan anós. Terá explicación política? Quizais económica? Escoita o podcast e coñeceras de primeira man como foi evolucionando este fenómeno histórico.2023-02-0157 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO agrarismo, unha das claves das melloras do campesiñado galego, con Miguel CaboO agrarismo foi un movemento social protagonizado polo campesiñado galego a finais do século XIX e principios do XX para buscar unha mellora nas condicións técnicas, de propiedade, etc. das súas terras e a súa relación con respecto a elas. Para analizar o agrarismo contamos co profesor Miguel Cabo, unha das persoas que máis estudou este tema e que expón neste podcast de xeito moi claro. Dalle ao gústame e comparte!2023-01-1753 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaComo se organizaba territorialmente Galicia na Idade Media? Con Mariña BermúdezNeste primeiro episodio de 2023 falamos con Mariña Bermúdez para saber como se organizaba e dividía territorialmente Galicia na Idade Media. Moi interesante coñecer e recoñecer o que era a nosa terra neses tempos. Dalle ao gústame e comparte!2023-01-0356 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaComo se chamaba o reino medieval e moito máis con J. M. Andrade CernadasNeste episodio de Descifrando a Historia falamos co profesor da USC Andrade Cernadas, para falar sobre o reino medieval de Galicia. Como se chamaba? Houbo esquecemento e ocultación? Que opina da historiografía que nega a existencia dun reino en terras galegas? Se queres coñecer as respostas a esas preguntas escoita este tan interesante programa.2022-12-1554 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaCoñecendo a Ramón Otero Pedrayo, con Patricia Arias (Fundación Otero Pedrayo)Neste episodio falamos coa secretaria da Fundación Otero Pedraio, Patricia Arias, para coñecer un pouco máis a Otero Pedraio, un dos homes máis influíntes de Galicia do século XX. Detalles da súa biografía, pensamento, etc. neste podcast. Moi bonito e interesante!2022-12-0138 minDescifrando a HistoriaDescifrando a Historia#DebateDescifrando3: Que facer cos lugares de memoria do franquismo?Neste terceiro debate falamos con Aldara Cidrás e David Sabucedo para debatir sobre que facer cos lugares de memoria que nos deixou o franquismo: tanto de persoas que loitaron a prol da República como os que loitaron pola instauración do franquismo. Ademais, tamén debatimos sobre porque a día de hoxe sigue habendo medo, a pequena escala, pero medo.2022-11-1535 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaPorque caiu a Galiza? Conversa con J.M. BarbosaNeste 51 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador J. M. Barbosa arredor da temática que trata no seu último libro publicado con Através Editora. Non volo perdades!2022-11-0158 minDescifrando a HistoriaDescifrando a Historia#DebateDescifrando2: Mitos históricos e historiográficos de Galicia, con Raquel Fdez e David SabucedoSe queres escoitar a nosa visión e opinión sobre os diversos mitos históricos e historiográficos de Galicia este é o teu podcast. Coa colaboración de David Sabucedo e Raquel Fdez, analizamos e falamos do suposto matriarcado en Galicia, de Roi Xordo, celtismo, emigración, etc. Un podcast sobre a historia de Galicia contada dun xeito diferente, séguenos e apoiános para facernos crecer!2022-10-1556 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaViolencia na Galicia contemporánea, con Miguel Cabo, Leira-Castiñeira e Enrique CarballoQueres saber como era a violencia na Galicia contemporánea? Como se manifestaban os galegos e galegas ante as situacións límite ou simplemente como de violentos eran entre eles mesmos. Pra iso, acompañanme Francisco Leira-Castiñeira, Miguel Cabo e Enrique Carballo, para comprender dun mellor toda esta temática tan interesante e a veces tan pouco desenvolta.2022-10-011h 51Descifrando a HistoriaDescifrando a Historia#DebateDescifrando1 con Aldara Cidrás e Miguel García-FdezEste 48 programa e 15 de setembro iniciamos unha nova andaína e experiencia no mundo do debate e facémolo con Aldara Cidrás de Histagra e Miguel García-Fdez do IEGPS. Abordamos temas como o "victimismo" dos historiadores e historiadoras, a perspectiva de xénero na historiografía galega e o futuro interese das novas xeracións pola nosa historia. Escoitar e disfrutar!2022-09-1554 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO nacemento do provincialismo e a importancia do s. XIX para Galicia, con Xurxo MartínezNeste episodio de Descifrando a Historia, falamos con Xurxo Martínez para que nos explicase o nacemento do provincialismo e a figura de Antolín Faraldo. Tamén rozamos outros temas como o Rexurdimento, que características debemos ter para ser unha naciión e demais. Se queredes saber e comprender a importancia do século dezanove para Galicia e o seu devir, este é o voso episodio2022-09-0159 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaDisidencia sexual na Galiza Contemporánea con Daniela FerrándezNeste episodio de Descifrando a Historia falamos con Daniela Ferrández arredor do que hoxe sería o colectivo LGTB desde fai 150 anos. Persecucións, burla nos medios, máis tamén apoio social e mutuo cando máis o necesitaba a xente en tempos difíciles como foi a ditadura franquista. Merece a pena escoitar todo o que di porque fai unha panorámica moi boa desde unha perspectiva pouco empregada pola comunidade de historiadores e historiadoras2022-08-1549 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA importancia de falar da nosa historia para existir con Carlos CallónNeste 44 episodio de Descifrando a Historia falamos con Carlos Callón, historiador e experto en sociolingüistica ademais de autor do "Libro Negro da lingua Galega". Falamos de moitos temas, e todos moi interesantes para entender un pouco máis Galiza, a nosa terra.2022-08-0154 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaAs cantigas e a lírica galego-portuguesa con Mariña Arbor AldeaNeste episodio 42 de Descifrando a Historia, falamos con Mariña Arbor Aldea sobre as cantigas en galego-portugués e a creación da lírica en terras galegas na Idade Media. Explica porque nacen, onde, como e dun xeito sinxelo e ameno que nos axuda a comprender este marabilloso feito histórico.2022-07-151h 07Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaGuerra Civil, Franquismo e Transición con Emilio GrandíoNeste episodio número 41 de Descifrando a Historia falamos co profesor de contemporánea na facultade de historia da USC, Emilio Grandío. Os temas que tratamos son a guerra civil, o franquismo e a Transición, onde deixa claro, que non todo foi como o relato que se nos vendeu no seu momento. Narra como Franco foi mudando as súas políticas e cómo deixou todo atado e ben atado2022-07-011h 15Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaHistorias e Historia do Café Derby con Fernando FranjoSabías que o Café Derby foi un café moi peculiar? Alí asistiron moitas caras coñecidas da nosa cultura e incluso do propio estranxeiro. Como motivo do seu peche definitivo, aquí, neste podcast, rendémoslle unha pequena homenaxe para que dalgunha forma quede constancia da importancia que tivo na historia e en Compostela. Escoitádeo porque non ten perda este episodio número 40 de Descifrando a Historia.2022-06-1529 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaUn acercamento á Galicia da Idade Moderna con Ofelia Rey CastelaoA Idade Moderna en Galicia para moitos é pouco interesante e descoñecida. Pero isto rematou, porque aquí falamos coa catedrática de Historia Moderna da USC e danos unhas boas pinceladas de como era esa Galicia dos séculos XV, XVI, XVII e XVIII. Desde a súa economía, pasando pola emigración, ata a posición que ocupaba Galicia para os Borbóns e os Austria.2022-06-011h 12Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaEspecial Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán, con Miro Villar e Ricardo GurriaránEste 2022 a dedicación das Letras Galegas son para Florencio Delgado Gurriarán, nado en Valdeorras en 1903. Para iso, falamos co seu sobriño e biógrafo Ricardo Guarriarán e con Miro Villar, profundo coñecedor da obra do poeta valdeorrés. Se queredes coñecer máis en profundidade esta figura escoitai este podcast que seguro vos a de axudar.2022-05-1745 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO idioma galego baixo o franquismo, con Henrique MonteagudoNeste 37 programa de Descifrando a Historia falamos e debatimos con Henrique Monteagudo sobre a represión que sufriu o galego e a súa convivencia co castelán na ditadura franquista. Desde leis ata sinalar socialmente a quen falaba galego eran os recursos que empregaron os franquistas para despoxar de identidade ao pobo galego e facelo sentir inferior. As consecuencias duran ata hoxe en día, e podémolo observar en múltiples rexistros nos que as persoas galegofalantes sofren moitas veces situacións moi graves.2022-05-011h 05Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaCinema, Galicia, Historia... e demais, con Margarita Ledo AndiónNeste 36 episodio de Descifrando a Historia falamos con Maragrita Ledo Andión. Mantivemos unha bonita conversa arredor do cine galego, da súa historia, da súa proxección, do seu presente, e demais cuestións que dan unha perspectiva diferente a moitos aspectos que nos preocupan e nos interesan a moitos de nós. Merece a pena escoitar a Margarita Ledo Andión sempre, e esta vez non ía ser menos.2022-04-1553 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA Galicia Medieval a debate con Anselmo López CarreiraNeste 35 programa de Descifrando a Historia falamos e debatemos con Anselmo López Carreira, experto na historia de Galicia e sobre todo no medievo galego. Falamos de moitas cousas, de Portugal, dos fitos máis importantes do Reino de Galicia na Idade Media, da manipulación das fontes e moito máis.2022-04-011h 14Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaSabemos todo de Castelao? Con Miguel Anxo Seixas SeoaneNeste programa 34 de Descifrando a Historia, falamos arredor de Castelao, unha das figuras galegas máis importantes da nosa historia. Sabemos todo del? A pesar de que cremos que si, despois de escoitar a Miguel Anxo xa non teño a mesma opinión, e Castelao, segue sendo unha figura descoñecida para moitas galegas e galegos. Ínstovos a que escoitedes este programa porque non vos vai deixar indiferente. Saúdos!2022-03-141h 10Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaOs cambios e a modernidade nas mulleres galegas de inicios do XX, con Raquel C. PicoNeste 33 programa de Descifrando a Historia falamos con Raquel C. Pico sobre a súa investigación que levou a cabo grazas aos xornais de inicios do século XX: os cambios e a modernidade nas mulleres galegas de comezos do pasado século. Todo un descubrimento, que pedían, que dicían, como pensaban, etc. Ademais, despois de escoitar o podcast, recoméndovos o libro que publicou sobre este tema, porque afonda moito máis e apréndese moito.2022-03-0154 minHistoria medieval de GaliciaHistoria medieval de GaliciaDescifrando a Galicia medieval, 17/1/2022Podcast da entrevista de Carlos Barros para o programa "Descifrando a Historia" (15/2/2022) sobre irmandiños, Pardo de Cela, Reino de Galicia, Xelmírez, Apóstol Santiago, peste e suevos.2022-02-211h 15Carlos Barros / HistoriaCarlos Barros / HistoriaDescifrando a Galicia medieval, 17/1/2022.Podcast da entrevista de Carlos Barros para o programa "Descifrando a Historia" (15/2/2022) sobre irmandiños, Pardo de Cela, Reino de Galicia, Xelmírez, Apóstol Santiago, peste e suevos.2022-02-211h 15Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA Revolta Irmandiña, o Rei García e demais cuestións medievais con Carlos BarrosNeste 32 episodio de Descifrando a Historia falamos co historiador Carlos Barros, sobre varias cuestións da historia medieval que merecen ser relidas e repasadas para comprender mellor o destino dunha Galicia medieval e contemporánea, porque o presente é consecuencia inevitábel do pasado. A revolta irmandiña, o rei García, o culto a Santiago na Idade Media, etc. Todo neste episodio magnífico.2022-02-151h 16Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA vida cotiá en Galicia nos séculos XIX e XX: familia, casa, traballo, ocio... con Xavier CastroEste episodio número 31 pode que sexa un dos máis especiais dos realizados ata agora. Por varios motivos. O primeiro é que nesta nova etapa vannos acompañar como colaboradores do podcast PuntoGal e a empresa de deseño galego OZOCOgz que cren no que aquí facemos con toda a ilusión. O segundo motivo é porque a vida cotiá de Galicia lembroume ao vivido con meus avós cando eu era pequeno. E non só eu, moita xente da miña xeración. Polo tanto, instovos a escoitar esta máis que interesante conversa con Xavier Castro e que a disfrutedes ta...2022-02-021h 09Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaConversa con Luca Chao, a Lei de Memoria Histórica, o auxe da extrema dereita, o Estatuto e máisNeste 30 programa de Descifrando a Historia, falamos coa politóloga Luca Chao, a cal está facendo a súa tese sobre a Lei de Memoria Histórica, por iso nos veu falar sobre este tema. Ademais, a conversa tamén derivou polo nacionalismo ou identidade galega do Partido Popular, polo auxe da extrema dereita e polo Estatuto de Galicia. Programa interesante cunha muller interesante.2022-01-1439 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaConversa con Ramón Villares: a emigración, referentes históricos de Galicia, o fenómeno xacobeo e moito máisComezamos o 2022. E xa van 29 programas de Descifrando a Historia. Neste podcast falamos con Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea na USC. Os temas foron moi variados e interesantes, xa que desde unha perspectiva diferente fálanos dos diversos temas históricos de Galicia. Este episodio é o primeiro do ano e non hai mellor maneira de facelo.2022-01-011h 15Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaArte e Historia en Galicia: divulgación, as mulleres e a xuventudeNeste 28 episodio de Descifrando a Historia falamos cas fundadoras de Espazo Brétema e Mulleres Galegas, para falar sobre a situación da nosa historia e da nosa arte, sobre todo desde unha perspectiva da xuventude. Facemos un repaso sobre o difícil e complexo que é divulgar, a muller no mundo da historia e da arte e as oportunidades laborais e futuro que temos a xuventude neste sector.2021-12-181h 14Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaAs fronteiras históricas de Galicia e a súa evolución con J. M. BarbosaNeste 27 programa de Descifrando a Historia falamos con J. M. Barbosa arredor do seu libro escrito na norma internacional "A evoluçao histórica dos límites da Galiza". Tratamos moitas cuestións e reflexionamos arredor de acontecementos históricos dos que temos ideas preconcibidas. É un moi bo programa para escoitar nestes meses de inverno.2021-12-0348 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaAs mulleres nas Irmandades da Fala (1916-1936) e a muller galega na investigación con Aurora MarcoNeste 26 programa de Descifrando a Historia falamos e conversamos con Aurora Marco, autora de "Irmandiñas" para facer unha análise das mulleres das Irmandades da Fala na política do seu tempo, historias de mulleres moi interesantes e tamén como está tratada a muller galega na investigación actual. Un programa para aprender moito.2021-11-1457 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaDivulgación, historia de Galicia e microhistoria con Manuel GagoNeste 25 programa de Descifrando a Historia subimos o directo que se fixo con Manuel Gago o 6 de novembro. A conversa foi moi fructífera, falamos de divulgación, de historia local, de historia de Galicia, e contou curiosidades moi interesantes como que aínda pervive no imaxinario colectivo a presenza de romanos e os seus campamentos entre a poboación galega actual. Tamén como querían construír, os romanos, a actual cidade de Lugo noutro emparazamento diferente ao actual.2021-11-071h 26Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaConversa co profesor Bastos: Galicia e a necesidade dunha "lenda branca" (e moito máis)No programa de hoxe de Descifrando a Historia, número 24, falamos co profesor de Ciencias Políticas na USC, Miguel Anxo Bastos Boubeta. Foron moitos os temas, Galicia, a lenda branca, a lenda negra, acontecementos históricos gloriosos de Galicia, como se constrúe o nacionalimo galego e cuestións máis persoais.2021-10-1546 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaConversa con Antón Losada (programa especial)Hoxe cúmprese un ano desde que Descifrando a Historia botou a andar. Neste ano aprendimos moitas cousas e só quedan palabras de agradecemento para todas aquelas persoas que pasaron algunha vez po aquí escoitar algún programa. Isto é só o comezo dunha larga traxectoria para darlle visibilidade a unha Historia de Galicia oculta e vilipendiada a propósito para apagar a chama que nos une. Un pobo humilde que busca unha Historia máis xusta e que polo menos poida ser contada. Grzas a Antón Losada polo seu tempo onde falamos da situación política galega e de Historia...2021-10-0132 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaArredor de Nós, conversa con Pilar García Negro sobre a Galicia histórica e actualNeste programa de Descifrando a Historia falamos con Pilar García Negro arredor de nós, de Galicia, das mulleres galegas, de Rosalía de Castro, de Castelao e do futuro do noso idioma. Esperamos que o disfruten tanto como cando se fixo.2021-09-171h 07Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO conflito lingüístico en Galicia, con Francisco RodríguezNeste 21 episodio de Descifrando a Historia falamos con Francisco Rodríguez, experto no galego e na situación que vive hox een día o noso idioma, e como chegamos a esta situación límite. Facemos un percorrido tanto actual como histórico e tamén se atreve a augurar un futuro incerto para a lingua materna.2021-09-0346 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA evolución histórica do galeguismo (XIX-XX)Neste 20 episodio de Descifrando a Historia falamos arredor do galeguismo e a súa evolución histórica do século XIX ao XX. Cando naceu o feito diferencial de Galicia como rexión? Cando se pasa de provincialismo a rexionalismo? Que papel xogaron as Irmandades da Fala neste ámbito? As resposta en Descifrando a Historia.2021-08-1516 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaCeltas, castrexos e romanos: que hai de certo?Neste 19 episodio de Descifrando a Historia falamos da presenza dos celtas, castrexos e romanos en Galicia. Grazas a Francisco Javier González rompemos unha serie de mitos que hai en torno a este tema. Os celtas estiveron aquí presentes? Que papel desempeñou Roma na formación de Galicia? E os castrexos, que son? Todo isto e moito máis aquí, en Descifrando a Historia2021-08-0251 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaConversa con García Mañá: Existiu unha fronteira entre Galicia e Portugal?E con este xa van 18 programas de Descifrando a Historia. Nel tratamos cuestións referentes á fronteira entre Galicia e Portugal ao longo da Historia desde a conformación do páis luso como reino ata practicamente a actualidade. Se ben é obvio que as diferenzas lingüísticas e culturais son poucas entre ambas rexións soprenderavos aínda máis o que aquí se vai contar.2021-07-1640 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaConversa con Xulio Ríos: a metamorfose do PCCh e de China nos 100 últimos anosNeste programa abordamos un tema que non é sobre a Historia de Galicia, pero é dunha importancia global que merece ser analizada. Para iso contamos con Xulio Ríos, o cal publicou un libro sobre a metamorfose do PCCh ao longo dos 100 anos que leva no poder, e como consecuencia, como cambiou China. Como está China tratada polos medios? É China capitalista? Cal será o seu papel no futuro? Todo iso e máis no podcast.2021-07-0257 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaOs Ancares: pasado presente e futuroNeste 16 programa de Descifrando a Historia chegamos á comarca lucense dos Ancares, para desmitificar todos os estereotipos que existen a día de hoxe sobre ela coma un lugar afastado, idílico e bucólico. Para tal fin, falamos con Lucía Rodríguez, Eva Doroxo e Toño Ñúñez, que buscan dinamizar a zona ancarense e crear futuro para que non se vaian. Abordáronse temas como a fala, o patrimonio, etc.2021-06-151h 08Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO feminismo de Emilia Pardo Bazán, con Marilar AleixandreNeste 15 programa de Descifrando a Hsitoria está como invitada Marilar Aleixandre, escritora e membra da Real Academia Galega, para falar da figura de Emilia Pardo Bazán e o seu feminismo, cen anos despois da súa morte. É realmente interesante como temos un concepto diferente da escriotra que introduxo o naturalismo en España.2021-06-011h 16Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA recuperación do patrimonio galego e a "Tamagania" con Bruno RúaNeste 14 episodio de Descifrando a Historia, falamos con Bruno Rúa, que se dedica a recuperar o patrimonio material e inmaterial da comarca de Monterrei-Verín, a cal el lle chama Tamagania. Facemos un repaso de como naceu este proxecto, que curiosidades se atopou co paso do tempo, como lendas lle axudaron a atopar petroglifos, e moitas máis historias para reivindicar o patrimonio rural galego.2021-05-181h 17Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO contrabando na raia entre Galicia e PortugalNeste 12+1 episodio de Descifrando a Historia tratamos o contrabando na época de Salazar e Franco, como fixeron transporte ilícito de alimentos para sobrevivir. Grazas aos amigos "Os Contrabandistas" de Radio Metropolitana Porto pola colaboración. Twitter: @DescifrandoH Instagram: descifrandohistoria Spotify e Podgalego.2021-05-0137 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaRepresión da lingua e da cultura galega durante o franquismoNeste 12 episodio de Descifrando a Historia tratamos a represión da lingua e da cultura galega a partir dun artigo de Matías Rodríguez Da Torre da Universidade de Santiago de Compostela e de Xosé Manuel Baamonde Silva da Universidade de Vigo. Desde a igrexa, a escola, os medios de comunicación e o Estado franquista intentouse reprimir, eliminar e impoñer o uso do castelán desde o seu uso na administración ata no seu día a día, buscando a unidade lingüística do país.2021-04-1919 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaReflexións arredor da "Xeración Nós" e moito máis con Camilo ValdehorrasNeste programa de Descifrando a Historia, podemos escoitar unha conversa con Camilo Valdehorras, filólogo e escritor galego, autor "Do mellor de Nós", unha troloxía editada por Hercules Edciones, onde fala do Boletín Nós, entre outras moitas cousas. Esta conversa é perfecta para aprender e desmontar moitos mitos. Simplemente sentarse e escoitar.2021-04-0154 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaO acceso aos arquivos e o dereito á informaciónNeste décimo programa de Descifrando a Historia, facemos un percorrido curto e breve, pero conciso, acerca do acceso aos arquivos e o dereito a información. Falamos da Constitución de 1978 e outras leis complementarias que existen a día de hoxe no estado español e tamén da Lei de Segredos de 1968. Moi interesante.2021-03-2811 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaMoncho Reboiras, líder sindical (con Alberte Mera)Neste noveno programa de Descifrando a Historia falamos da figura de Moncho Reboiras, un militante da UPG e líder sindical, que loitaba polos dereitos dos traballadores e contra a opresión franquista. Contamos con Alberte Mera, director do filme "Reboiras. Acción e corazón", para que nos fale acerca del e de todo o que o rodea.2021-03-1932 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA polémica da cruz de CelanovaNeste oitavo programa de Descifrando a Historia traemos unha conversa co Comité de Memoria Histórico da comarca de Celanova. Contan a historia da cruz, por que a queren retirar, que pretenden facer despois, con que apoios contan, e cando será posible que se leve a cabo tal procedemento. Recordemos que a cruz de Celanova leva sendo un motivo de polémica desde hai unhas semanas, saíndo nas noticias dos xornais galegos, como Faro de Vigo ou La voz de Galicia.2021-03-0122 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaVirxinia Pereira, con Montse FajardoNeste programa de Descifrando a Historia, falamos con Montse Fajardo arredor da figura de Virxinia Pereira, a que foi muller de Castelao. Como di Montse, ela non quería que a desvinculasen da figura de Castelao, pero fixo máis ca iso. Recomendamos a lectura do libro Unha vida incerta, e escoitar falar aquí a súa autora pode axudarvos a acabar de convencervos. Todo voso2021-02-1731 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaOs suevos en GallaeciaNeste sexto programa de Descifrando a Historia, falamos sobre a presenza dos suevos destacando o máis relevante da súas accións na península. O pacto cos romanos, os conflitos cos visigodos, etc. ata chegar a ser unha simple provincia visigoda no 585 ata o 711, aínda que sempre contou coas súas peculiaridades, recoñecidas dentro do reino visigodo.2021-02-0120 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaOuro negro. A febre do wolfram galego durante a II GMNeste curto episodio de Descifrando a Historia, falamos dun aspecto histórico en concreto como foi o wolfram galego na Segunda Guerra Mundial. É interesante como Franco soubo negociar con el, como Hitler o quería a case calquera prezo, e como os aliados cando descubriron as propiedades deste material tamén se lanzaron a por el.2021-01-1412 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaJosip Broz Tito: Iugoslavia, Stalin, os aliados e máis reflexións acerca desta figura descoñecidaNeste cuarto programa de Descifrando a Historia, falamos con Pablo Martínez Sánchez, para coñecer unha das figuras máis destacadas de Iugoslavia, o cal foi un funambulista na política europea que lle tocou vivir en plena Guerra Fría. A súa vida e a súa historia determinou o seu carácter, sendo gobernante do país durante moitos anos e en palabras do propio invitado "el mesmo non se esperaba durar tanto". Moi interesante, a disfrutar.2020-12-2131 minDescifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaConversa co Sorriso de Daniel e o Mosteiro de AlbeosNeste novo programa tivemos unha conversa/entrevista con integrantes da asociación pola recuperación do románico galego. Para iso falamos co presidente Antonio Dieter Moure Areán, ca secretaria, Carme Varela, e cos dous arquitectos Aranzazu Paz e José García. Facemos un repaso polas súas labores na asociación e ademais concretamos co Mosteiro de Albeos, en actual estado de abandono. Eles todos darannos unha visión de como atoparon o conxunto arquitectónico e o recibimento por parte da poboación.2020-11-211h 13Descifrando a HistoriaDescifrando a HistoriaA independencia de Portugal (S. XII)Neste episodio nárrase a independencia de Portugal na Idade Media, tendo como protagonista a Enrique de Borgoña e Alfonso VI. Coñeceremos as causas fundamentais que provocaron que un condado pertencente a León, se separase da súa órbita e decidise irse polos seus propios derroteiros. O nacionalismo non vai ter nada que ver, pois é unha característica exclusiva do século XIX.2020-11-0114 min