Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Efervesciencia

Shows

EfervescienciaEfervescienciaRegalamos 100 entradas de balde ao "Coruña Comunica Ciencia"Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,... Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A Chispa Máxica”, música con Germán Díaz e gravación con público de Efervesciencia. Conversamos co organizador do festival, David Basllesteros de Ceo Aberto, que ofrece aos oíntes 100 entradas de balde. Para conseguir un códi...2024-11-1012 minEfervescienciaEfervescienciaMate-glifos [Versión estendida][Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da carátula: Duvi2024-03-2636 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 666 (21-3-24): O número 666(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da ca...2024-03-2655 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 647 (2-11-23): Estrelas desde Armenia(3:59) A directora da Casa das Ciencias na Coruña, Bibiana García Visos, fálanos do centenario dos planetarios de proxección electromecánica. (13:36) Aproveitamos a Guía do Ceo de outono co noso estreleiro Jabier Pérez Couto para coñecer a súa estadía de investigación no observatorio astronómico de Byurakan en Armenia. Tamén felicitamos á presidenta da Agrupación Astronómica IO, Denévola Álvarez, polo premio da Crítica. (49:29) No espazo de GAIN en Efervesciencia, Sabela Pardo, preséntanos o programa de impulso á participación galega en Europa.2024-01-0254 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 645 (19-10-23): Os primeiros poboadores de América(3:00) Laura Veiga fálanos do primeiro transplante en España dun útero funcional (13:23) O arqueólogo arxentino Gustavo Politis explícanos como 16.000 anos antes de Colón o Homo sapiens conquistou rapidamente todo o continente americano de norte a sur. (44:34) Verónica Salgueiriño debúllanos o premio nobel de química outorgado aos puntos cuánticos. www.efervesciencia.org2024-01-0255 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 643 (21-9-23): O que non ven os raios X(3:25) Inauguramos sección con Julio Rodriguez, biólogo, doutor en Medicina Molecular, psicólogo, escritor e divulgador. Nesta primeira "Bitácora do Beagle" saberemos dun momento crítico polo que pasou a nosa liñaxe humana. (21:19) Mónica Valderrama invita a nosa audiencia a participara na Noite Galega das Persoas Investigadoras, GNight. (24:53) Como ben sabe Supermán os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que chegan ao que non ven os raios X. Pablo Cabanelas é un dos responsabl...2024-01-0255 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 639 (21-6-23): Voamos sobre Lugo con @aberron e @borjatosar(2:11) Levamos por sorpresa ao xornalista Antonio Martínez Ron a voar sobre Lugo nunha avioneta pilotada polo noso colaborador Borja Tosar. A mellor escusa para falar do seu libro "Algo nuevo sobre los cielos" (32:09) Anunciamos a vindeira "Regueifa de Ciencia" dedicada aos eólicos e a súa compatibilidade co medio ambiente. (34:50) A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica - Divulgacción en colaboración co Consello da Cultura Galega promove o proxecto Voces de Ciencia de recuperación da memoria sonora dos nosos investigadores e investigadoras galegos xa xubilados. Unha ollada ós protagonist...2023-07-1956 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 638 (14-6-23): Noite Efervescente de poesía e radioteatroCelebramos a novena Noite Efervescente desde a Casa de Rosalía en Padrón. A nosa pequena festa inclusiva da astronomía coa participación da Asociación AMIPA e a Andaina pola Saúde Mental. A nosa anfirioua é María López Sandez. Participan os nosos colaboradores Martín Pawley, Xabier Pérez Couto, Borja Tosar e Nacho Munilla. E con radioteatro ao vivo nas voces das actrices Victoria Fernández, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. www.efervesciencia.org2023-07-1956 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 637 (7-6-23): Damos a cara pola ciencia, retrato robot desde o ADN(2:29) Operarse tendo menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (13:18) Imos dar a cara pola ciencia. Visitamos o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro da USC para someternos como voluntarios no proxecto Face-Fit. Donamos unha mostra de ADN e realízannos unha foto 3D. O obxectivo é construír unha base de datos que permita dar as pautas para reconstruír o retrato robot dunha persoa a partir dunha mostra do seu ADN. Face-Fit está facendo un chamamento para conseguir máis voluntarios, especialmente homes. Conversamos con Elena Freire Aradas e Adrián Ambroa. (46:04) O programa "Fábrica Intelixente" abre a súa 5ª edició...2023-07-1955 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 636 (31-5-23): X-Scape, mentes materiaisModifican os mundos que construímos as nosas mentes e como procesamos a información? É posible que as estruturas materiais dos nosos asentamentos, edificios e artefactos cambien activamente os nosos patróns de pensamento e accións? Nesta edición efervescente imos debullar o proxecto "X-Scape, Mentes materiais: Estudo das interaccións entre o cerebro preditivo, os artefactos culturais e a exploración visual". Unha iniciativa de ciencia de vangarda en humanidades liderada desde Santiago polo INICIPIT, o Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. X-Scape recibiu 10 millóns de euros do consello Europeo de Investigación. Conversaremos con Felipe Criado (di...2023-07-1956 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 635 (24-5-23): As ecuacións da vida(2:01) Alberto Pérez Muñuzuri é investigador do grupo de física non lineal da USC. O noso convidado vén de publicar como un modelo de difusión química de 3 substancias xera por autorganización estruturas moi semellantes ás dos seres vivos, ó estilo de membranas ou orgánulos. Quizais a complexidade da vida xurda espontaneamente coa receita correcta. Aínda non demos con ela e mesmo non sabemos se algún día a atoparemos. (33:02) Conversamos sobre a perspectiva de xénero en biomedicina con Eva Poveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e Marta Macho, inve...2023-07-1954 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 634 (17-5-23): Braganza(1:58) Asistimos en Braganza ao congreso da Rede de Comunicación de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal (SciCom Pt). Conversamos con Ivone Fachada, Vera Novais, Mariana ALves, Pampa García Molina, Ana Sánchez, Antonio Grando, Luisa Masarani e Joana Magalhaes. (37:30) Paseamos por Braganza coa botánica Marisa Castro que vive desde hai anos en Tras-os-montes. Conversamos sobre a súa novela "A saga das curandeiras" e sobre plantas tóxicas, comestibles e curativas. www.efervesciencia.org2023-07-1955 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura. (24:46) Con Ana Yeste presentamos a nova edición do concurso de relatos Inspiracienci...2023-07-1956 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos(2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira. (16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito "ad honoren" da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org2023-07-1955 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 630 (5-4-23): IA na prevención do suidicio(1:58) Dor de cabeza e menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (10:55) e (20:31) A investigadora da UPF Barcelona School of Managment Ana Freire lidera un proxecto de prevención de suicidios e trastornos da conduta alimentaria nas redes sociais baseado na Intelixencia Artificial. (14:44) As calculadoras Casio de toda a vida agora falan galego. Cóntannolo Eloy Bernal (división educativa de Casio), Cristina Naya (docente de didáctica das matemáticas na UdC) e Julio Rodríguez Taboada (AGAPEMA). (41:54) Faladoiro sobre a intelixencia artificial con Susana Ladra e Leonor Parcero na nosa sección "O algoritmo poeta". www.efervesciencia.org2023-07-1956 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 628 (22-3-23): Gaitas, xenes e evolución(0:23) Na introdución indagamos se a música é unha linguaxe universal da humanidade. (7:33) Xuntamos a un músico tradicional a un xenetista para falar de evolución, xenes, gaitas e música. Visitamos o obradoiro de fabricación de gaitas de Pablo Carpintero en Santiago. Pablo Carpintero é músico, artesán e investigador da historia das gaitas, pero tamén doutor en bioloxía. Na súa segunda tese de doutoramento data gaitas segundo o gastado que teñan os furados do punteiro. A esta conversa engadímoslle o profesor da facultade de medicina da USC e experto en xenética de poboació...2023-06-2554 minEfervescienciaEfervescienciaPatricia Brenan, pioneira no estudo das vaxinas animais [Versión estendida][Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou descubrindo un universo de forma...2023-04-2636 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG). (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego. (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC) gañou o premio de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na categoría de investigadores mozos polos seus traballos en detección de desinformación sanitaria con ferramentas de AI. www.efervesciencia.org2023-04-2358 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 624 (22-02-23): Ancora, no top 50 das startups mundiais(2:27) Inmaculada de Melo é catedrática de ética Médica do Weill Cornell Medical College de Nova Iork. Con ela conversamos sobre os efectos que achega a diversidade á produción da ciencia, e tamén cuestións de ética da reprodución. (27:04) Patricia Argerey, directora de GAIN, preséntanos o programa IGNICIA Proba de Concepto de transferencia de coñecemento. (38:15) Ancora é unha Spin-off da Universidade de Vigo que axuda a transmitir a informacións aos traballadores das industrias 4.0. Foi seleccionada na lista Top 50 startups do mundo do 4YFN23 Awards. www.efervesciencia.org2023-04-0955 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 623 (15-02-23): Arrecifes artificiais para a ría de Ares-Betanzos(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval. (16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas. Este proxecto acadou unha mención honorífica nos premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias. (38:15) Tense parado o núcleo da terr...2023-04-0655 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de TraspenaAlgo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena. Toda unha historia de traballo detectivesco, colaboración cidadadá, cazadores de meteoritos e nova ciencia. Andrade tivo que desenvolver novas ferramentas para poder...2023-04-0657 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario. (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo. Amósanolo a súa directora Julia Cantalapiedra. (23:55) Seguimos a coñecer a Rof Codina da man de Diego Conde (35:53) Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "...2023-01-0256 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 599 (1-6-22): María Martinón e o Homo imperfectus(3:03) Laura Veiga (@PingandoG) explícanos o que se sabe sobre se existe relación entre bruxismo e as regras dolorosas. (14:38) Aproveitamos a presenza de María Martinón (paleoantropóloga, directora do Centro Nacional de Investigación en Evolución Humana) nas XV Xornadas de Arqueoloxía do Barbanza para falar do seu libro Homo Imperfectus , ¿Por qué seguimos enfermado a pesar de la evolución? (45:22) María Silva Gago é investigadora en arqueoloxía cognitiva no CNIEH de Burgos onde está a rematar a súa tese de doutoramento. Ven de igual xeito uns bifaces os arqueólogos profesionais que os leigos? www.ef2022-06-1355 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 598 (25-5-22): A fotógrafa de Seteiro A*(2:14) Unha parte importante das imaxes que nos proporcionaron os medios de comunicación do virus SARS-COV-2 son erróneas ou falsas. O grupo Neuro-Com da Universidade Autónoma de Barcelona ten estudiado o efecto das diferentes formas de representar o virus nas actitudes e percepción do público. Conversamos con Miguel Ángel Martín Pascual. (15:28) Raquel Fraga Encinas é investidora da Universidade de Rabboud e pertence á colaboración Telescopio Horizonte de Sucesos que ven de publicar a segunda "fotografía" dun burato negro: Seteiro A*, o obxecto supermasivo que se atopa no centro da nosa propia galaxia. (39:20) Borja Tosar debúllanos na sú...2022-05-2955 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 593 (13-4-22): A ciencia do órgano Hammond e o Organsound. Especial "De Lugares e órganos".[Versión estendida] Efervesciencia inaugura a 7º edición de "Lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela" cun programa monográfico con público sobre ciencia e tecnoloxía dos órganos. No Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago acompañaranos o músico Álex Salgueiro que interpretará o órgano Hammond, o físico, músico e investigador en historia da ciencia e da música Andrés Díaz, Yago Portela fillo do creador do OrganSound, e Belén Bermejo, directora do ciclo "De lugares e órganos".2022-04-151h 03EfervescienciaEfervescienciaEfer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora(2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo "One health",unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos antibióticos das bacterias que se atopan en animais de granxa poden xerar graves problemas de saúde humana. O...2022-04-1054 minEfervescienciaEfervescienciaGuía do Ceo da primavera do 22Xabier Pérez Couto, @astroxabi, tráenos os ceos de primavera na súa Guía do Ceo. Tamén nos explica un curiosidade dun oínte: o disco de Nebra. www.efervesciencia.org2022-03-2517 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 590 (23-3-22): O "paper" de redes complexas dedicado á sogra(2:19) Un cuarto do consumo enerxético dunha vivenda corresponde a quentar auga. Bibiana García Visos, directora da Casa das Ciencias, explícanos os pequenos segredos que se agochan nos nosos fogares. (15:05) Ernesto Estrada é un matemático cubano-galego especializado en redes complexas, aínda que comezou a súa carreira investigadora como químico. Actualmente é profesor de investigación no IFSIC do CSIC-Universitat de les Illes Balears. As redes complexas son unha ferramenta matemáticas que lle permite a Estrada facer achegas científicas en campos tan diversos como a ecoloxía, a ciencia de materias, proteómica, xeopolítica ou redes de tra...2022-03-2558 minEfervescienciaEfervescienciaA promo da tempada 15Promoción da tempada 15 de Efervesciencia na Radio Galega na que facemos un guiño a "Primeira Plana" de Willy Wilder. "E quen vai escoitar o segundo parágrafo?!"2022-02-0600 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise(14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rendemento 7000 veces maior que a síntese tradicional. Conversamos no CIQUS-USC co investigador científico do CSIC Fernando López, especialista en catálise asimétrica. (4:18) Por que ao estar coa regra entran gan...2022-01-2657 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 582 (1-1-22): A festa do clítoris e os papers falsificados. Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 2)No programa especial de Anivovo seguimos a cantar, e contar, a mellor ciencia do ano grazas ao noso equipo de colaboradores: Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano desde o paraninfo da Universidade de Santiago. Con Alberto Garcia Basteiro analizamos como se viviu desde África este ano de pandemia. Alberto García-Basteiro é investigador no Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e coordinador da área de investigación en tuberculose no "Centro de Investiga...2022-01-2557 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 581 (29-12-21): Proteínas e Intelixencia Artificial: Cantamos a mellor ciencia do ano (Parte 1)Programa especial de fin de ano. Desde o paraninfo da Universidade de Santiago repasamos a mellor, e peor ciencia do ando, da man dos nosos colaboradores Irene Baspino, Borja Tosar, Leonor Parcero, Susana Ladra, Javier Pedreira "Wicho", Nacho Munilla, Marta Vila e César Goldi. Todo isto aderezado coa música ao vivo de Juanjo Fernández ao piano. O catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial José Santos da Universidade de A Coruña debulla para nós o achado científico do ano da revista Science. www.efervesciencia.org2022-01-2556 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 580 (25-12-21): O faro de Jocelyn e os sons do universoOs sons tamén poden ser utilizados para divulgar o espazo, non todo van ser imaxes. O investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía (IAA-CSIC) Enrique Pérez Montero é cego. Para facer divulgación astronómica válese de son reais, sonificacións e musificacións. Este recurso é moi potente e inclusivo. Hai detalles que te perdes se non o escoitas, aínda que poidas ver. A astrofísica Jocelyn Bell é a descubridora dos púlsares, unha sorte de estrelas-faro que emiten periodicamente ondas de radio. A historia da súa vida é fascinante. Coa colaboración de Martin Pawley entrevistamos na C...2022-01-2356 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 579 (22-12-21): "Descubrimos ca hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado antes do que se pensaba(2:20) Levamos os nosos micrófonos ao CIMUS na Universidade de Santiago para visitar o grupo de "Enfermidades e Xenoma" que lidera José Tubio. Conversamos coas investigadoras Paula Otero, Eva García Álvarez e co propio Jose Tubío, que vén de gañar o premio nacional de investigación en cancro Doutores Diz-Pintado. Acaban de publicar en Nature Communications un traballo que demostra que o virus da hepatite B activa o reloxo do cancro de fígado ata 20 anos, ou máis, de que se detecte o tumor. Explícannos como funcionan os reloxos moleculares, e mesmo os atrancos que tiveron...2022-01-1858 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet(3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou nun proxecto de implantación do modelo SBIRT en Galicia. Este cribado nos centros de saúde está pensad...2022-01-1759 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 577 (8-12-21): O que nos ensinan as células zombis do envellecemento(2:27) Dramatizamos o relato "Os océanos teñen voz" de Diego Parada, gañador do concurso Inspiraciencia na categoría de mocidade en galego. (12:12) Celebrouse en Santiago a reunión anual da Rede Nacional de Senescencia Celular. E alí levamos os micrófonos de Efervesciencia para coñecer os máis novidosos avances sobre o envellecemento. Foi o noso anfitrión Manuel Collado, do grupo de "Senescencia Celular en Cancro e Envellecemento" do IDIS. Conversamos co investigador Manuel Serrano (IRB Barcelona), que vén de ser fichado por Jeff Bezos e Yuri Milner para Altos Lab. Este laborarorio privado pretende ser a vanga...2022-01-1757 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 576 (1-12-21): Descifrando o astronógrafo de Navalón(3:30) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela recreamos radiofonicamente "Lúa negra", o relato gañador na categoría de adultos en galego do XI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña. Conversamos co autor de "Lúa Chea" Francisco Fernández Davila. (16:57) Documentos antigos perdidos no fondo dun armario, un texto indescifrable, un estraño instrumento científico, un pedagogo masón esquecido pola historia... Todos estes elementos forman parte da aventura que uniu á José Ángel Abraldes, director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra, a Fátima García...2022-01-0657 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 574 (17-11-21): Xenómica, Antártida e cogomelos no S. Alberte da UVigoPrograma con público desde o salón de actos das Facultades de Ciencias Experimentais (Bioloxía, Ciencias do Mar e Química) da Universidade de Vigo co gallo da celebración do San Alberte. (2:56) Xenetistas: Armando Caballero, Paloma Morán e Diana Valverde (18:43) Ciencias do Mar: Paula Diz, Elsa Vázquez e Mariano Lastra (40:57) Cogomelos: Marisa Castro e Maria Cabaleiro www.efervesciencia.org2021-11-2257 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polo CO2Efer 573 (10-11-21): A estratosfera adelgaza polos gases de efecto invernadoiro: Verifican a hipótese do nobel de física 2021 seis décadas despois. (2:36) ] Historias de virus: “Habelos hainos” con César Muñoz Fontela. Un experimento naif do CDC, gatos contra febre de Lassa En 2012 un virólogo galego afincado en Hamburgo viaxa por primeira vez a Nixeria para estudar o seu primeiro virus hemorráxico, o virus de Lassa. (17:31) Unha metade do premio nobel de física deste ano 2021 correspondeu a Klaus Hasselmann e Syukuro Manabe pola “modelización física do clima da terra, a cuantificación da variabilidade...2021-11-1657 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 570 (29-9-21): Ardora(3:59) En dúas décadas baixou case un 80% o número de gaivotas que temos en Galicia. Os ornitólogos non saben aínda porque enferman e morren as gaivotas por centos. Cóntanolo o noso paxareiro Nacho Munilla. (17:59) Levamos un par de veráns con ardoras espectaculares nas nosas rías. A ardora (o mar iluminado pola noite) é producida polo fitoplancto. Ata agora asociábase a ardora a actividade bioluminiscente do dinoflaxelado Noctiluca scintillans. Pero cando o investigador do IEO en Vigo Francisco Rodríguez colleu mostras en Ponteceso atopou unha sorpresa que contou nos nosos micrófonos. (38:52) A comunidade a...2021-10-1559 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 569 (24-9-21): Especial G-Night en directo desde o TingladoPrograma especial en directo desde o Tinglado do Porto de Vigo dedicado á G-Night, a Noite Europea das Persoas Investigadoras en Galicia. Contamos con Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e relacións institucionais da Universidade de Vigo), Paula Tosar (Gradiant), Victoria Besada (IEO), Fernando de Peroy (SpaceLan Uvigo), Lucía Viñas (IEO), Esther Román (IEO), Luisa Martínez (CSIC-Galicia, IIM). E ademais tomamos o pulo das actividades da G-Night en Santiago, Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo da man respectivamente de José Costoya, Cristina Naya, Mª Isabel Doval, Juan Picos, Anne Gosset e Mercedes Novo. www.efervescien...2021-09-2554 minEfervescienciaEfervescienciaGuía do Ceo de Verán 21 desde Trevinca[Versión estendida] Levaremos ós vosos oídos a un dos mellores ceos de Galicia, xa que habemos visitar en primicia sonora para todos vós o novo Centro Astronómico de Pena Trevinca que en breve abrirá as súas portas ó gran público. O noso anfitrión será Óscar Blanco, e xunto aos nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, confeccionaremos a nosa tradicional Guía do Ceo de Verán. Aquí tedes o pdf que complementa a explicación dos nosos estreleiros. https://www.slideshare.net/anoiteenecesaria/o-ceo-do-vern-efervesciencia-20212021-08-0735 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 568 (14-7-21): Begoña Vila: O sprint final do telescopio James Webb(2:01) Logo de máis de dúas décadas cada vez está mais próximo o lanzamento do telescopio espacial James Webb que esta chamado a substituír ó xa mítico telescopio espacial Hubble. Coñeceremos tódolos detalles do James Webb en conversa desde os Ángeles coa enxeñeira de sistemas da nasa Begoña Vila en compaña do noso Martin Pawley. (26:57) O robot social NETA V3A da a benvida aos visitantes da exposición “Galicia Futura”. No seu deseño participou Alberto Montiel (FrutoDS). María José Mariño cóntanos a novidade da convocatoria “Deseña PEME” da Axencia Galega d...2021-08-0758 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 567 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC.A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de transferencia, os casos de éxito de grupos de investigación que conseguiron levar ó mercado ó seu coñecemento, e finalmente, o éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Deste xeito conversamos con Manuel Lemos, (catedrático de micr...2021-08-0658 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 566 (1-7-21): Monográfico: A consolidación da biotecnoloxía en GaliciaAo fío da presentación da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxia en Galicia 2021-25 por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN) preparamos un monográfico para escoitar as diferentes voces do ecosistema de innovación galego. (2:55) Patria Fernández, directora da área de Servizos do GAIN, e Carme Pampin, Clúster Tecnóloxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) (30:17) Sonia Martínez Arca (Celtarys), Manuel Lolo (Ams Labs) e Juan Buela (Sun Rock Biopharma) www.efervesciencia.org2021-08-021h 01EfervescienciaEfervescienciaEfer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC). (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión aproveitamos a concesión do I Premio de Divulgación da Real Academia Galega de Ciencias para conversar co creador dos Museos Científicos Coruñeses. (34:36) Estreamos sección con Laura Veiga, pingando.gal, sobre o ciclo menstrual respon...2021-08-0257 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54. (31:36) O proxecto de ciencia cidadá GaliciaBMS recolle datos de bolboretas a partir de paseos de voluntarios polo campo. Falamos con Marta Vila e Lorena...2021-08-0257 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación. (18:45) Unha das últimas portadas de Natu...2021-08-0256 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 562 (3-6-21): Sen a ciencia de datos non podes gañar ao fútbol(4:11) Martin Pawley danos todas as claves para eclipse solar do 10 xuño. Á única nesta década que caerá en horario lectivo. (18:29) Ezequiel Rey, investigador do grupo REMOSS na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, é especialista en datos de deportes colectivos, especialmente o fútbol. Para as súas investigacións dispón dos datos exclusivos que rexistra o sistema multicámara da Liga Nacional de Fútbol Profesional. Como inflúe a idade no rendemento dun futbolista? Cal é o mellor minuto para cambiar os xogadores? Como avaliar o rendemento dos futbolistas? Estas son algunhas das pr...2021-08-0256 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 561 (27-5-21): Grecia clásica: Deusas, mulleres, mitoloxía, menstruación(2:40) A xornalista Laura Veiga é a impulsora de pingando.gal. Vén de ser seleccionada para presentar o seu proxecto de divulgación sobre o ciclo menstrual en Ciencia en Redes 21. (17:56) Presentamos a Feira Científica Galiciencia coa técnica de Tecnópole Sabela Bouza e cos divulgadores Andrea Muras, @cienciamiuda, e David Ballesteros. (27:40) Susana Reboreda, decana e profesora titular da Facultade de Historia de Ourense da Universidade de Vigo, é experta en mitoloxía grega e o papel da muller na antiga Grecia. www.efervesciencia.org2021-08-0157 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 560 (20-5-21): Anatomía da batalla dos aerosois con José Luis Jiménez e Sonia Villapol @jljcolorado @svillapol(4:56) A axencia espacial chinesa chega a Marte. Nolo conta Javier Pedreira “Wicho” (17:23) Debullamos a “guerra do aerosois” que tivo lugar na comunidade científica á hora de encarar o esparexemento da Covid. Contamos coa testemuña en primeira liña de José Luis Jimenez, catedrático de Química e Ciencias Ambientais da Universidade de Colorado, con quen conversamos coa axuda da neurocientífica Sonia Villapol (Texas Médical Centre). www.efervesciencia.org2021-08-0156 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom. (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A Ciencia ten nome de muller” onde cinco economistas mulleres comparten as súas investigacións e reflexións sobre a desigualdade de xénero. Elas son María Loureiro (Investigadora da USC, investigadora honorífica da UVigo e Directora Cientí...2021-08-0156 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta?(2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante. (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A c...2021-05-0656 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 553 (1-4-20): Os vascos xeneticamente son marcianos? Microdiversidade xenética en Euskal Herria e Galicia(3:12) Se queres empezar a coñecer o ceo nocturno e non tes coñecementos previos non deixes de escoitar a nosa sección Guia do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley. Os nosos estreleiros explícanche todo o que se pode ver desde Galicia desde unha noite de primavera de mes de abril. Esta tres imaxes do ceo de primavera a tres horas distintas poden axudarte na túa navegación como complemento ao podcast: https://1drv.ms/b/s!AumGabMIeX6emOl05xgmnBj7W5WZdQ?e=QurNir (22:14) Recentemente apareceron titulares na prensa salientando o “estudo definitivo” da singularidade xenética do vas...2021-04-0456 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 552 (25-3-21) A divulgación científica en Galego chega a Twitch: Ecos de xigantes[2:34] Desde Madrid e Barcelona un ambientólogo, unha inmunóloga e un físico cuántico veñen de poñer en marcha a primeira canle de divulgación científica en galego na plataforma twitch: Ecos de Xigantes. Eles son Diego Ferraz @dferrazc, Carmela Cela @Biochemiss, e Dario Lago @osondasideas. Conversamos sobre esta iniciativa e os proxectos de divulgación persoais de cada un deles, como son Naturiza no Salto Diario ou a canle de Youtube “O son das Ideas”. [27:54] Martin López Nores é un enxeñeiro profundamente humanista. Este investigador de AtlantTic da Universidade de Vigo lidera o proxecto europeo...2021-03-2856 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?(4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores. (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector COD...2021-03-0757 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia VillapolEstaremos neste programa en Houston e Nova Iork. (3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalmente ao doente logo de pasar os ensaios clínicos. (19:14) Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seu...2021-03-0157 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 544 (28-1-21): A patente que extrae antiséptico do bagazo do albariño(1:46) As consecuencias do confinamento duro nas aves poden ter signos opostos segundo nos comenta o noso paxareiro Nacho Munilla. Convidamos tamén ao biólogo Tino Quintela que en breve comezará na Universidade de Vigo un contrato Marie Curie para estudar organismos dos solos degradados tropicais en Borneo. (2:56) Previa da Regueifa de Ciencia “Estamos a crear un mundo tóxico?,” con Moisés Canle, Juan Manuel López Nicolás e Dolores Romano. (32:05) No espazo dedicado ao GAIN (Axencia Galega de Innovación) Luisa Boquete explícanos o programa de axudas para fomentar a participación dos axentes galegos do sistema de I+D...2021-02-1858 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe” (23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz” como é o caso das vacinas da covid. O grupo de Carlos Martín, catedrático da Universidade de Zaragoza, leva dúas décadas desenv...2021-02-1458 minEfervescienciaEfervesciencia"Os curandeiros de África, aquí son os do 5G e as vacinas" César Muñoz Fontela [Versión estendida][Versión estendida en podcast] O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África...2021-01-1634 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta(2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet” (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos model...2021-01-1456 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos(2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. (13:27) (13:27) Existe unha conciencia global da contaminación que supoñen os plásticos nos mares. O libro “Mare Plasticum. The plastic sea” é o primeiro que aborda este problema desde a perspectiva conxunta da arte e a ciencia. Os editores desta obra son os artistas plásticos Margarita Cimadevila e...2020-12-2658 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR...2020-12-2156 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 535 (3-12-20): Dentro de #SemáforoCOVIDGalicia(2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. (13:53) Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctamente os datos da pandemia (incidencia acumulada, razón de taxas, positividade,...) (46:00) Presentación da campaña de micromecenado do libro “Esponxas do litoral de Galicia” en Goteo.org con Patricia Ramos de “Grupo de Estudo do Medio Mariñ...2020-12-1556 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 533 (19-11-20): A revolución da química das moléculas individuais(3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos. (14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un de...2020-12-0656 minEfervescienciaEfervesciencia"Material Minds" O meirande experimento de cognición visual [Versión estendida][Versión estendida] O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos, configuran a nosa mente”. www.efervesciencia.org2020-11-1622 minEfervescienciaEfervescienciaO Galeón de Ribadeo con Miguel San Claudio e Ana Crespo [Versión estendida][Versión estendida podcast] Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fab...2020-11-1637 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo(2:37) Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra...2020-11-1256 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 531 (5-11-20): Clons que salvan árbores, clons para desenmascarar o virus da hepatite C(3:00) O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal. (16:45) Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a emp...2020-11-0757 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 530 (29-10-20): O CRISPR noso de cada día, con @lluismontoliu(2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu. (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar. www.efervesciencia.org2020-10-3156 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro?Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro? (3:25) José Edelstein debulla para Efervesciencia todos os detalles do premio Nobel de Física 2020. Por que o comité Nobel fala de obxecto supermasivo no centro da nosa Galaxia e non de burata negro? Podería ter levado Penrose outro Nobel previamente? Que traballo compartiron Hawking e Penrose? (27:45) Como ventila a nosa Bibiana García Visos a súa casa? (37:49) Guia do Ceo de Outono con Martin Pawley e Irene Baspino. Sigue a danza cósmica de Xúpiter e Saturno que culminara o 21 de decembro. www.efervesci2020-10-2557 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 528 (15-10-20): Unha nova mosca para a ciencia arma contra a cortadeira(2:18) Un traballo asinado polos profesores da UdC Marta Vila e Jaime Fagúndez describe unha nova mosca descuberta en Galicia. Pero ollo, este insecto aliméntase das sementes da cortadeira da pampa. Poderá converterse nun arma contra esta invasora? (22:58) Os revólveres Colt, Karajan e a normalización co profesor de contrucción da UdC Manuel Herrador. (34:01) O traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa especialidade, senón un artigo sobre o coñecemento sobre a evolución dos universitarios g...2020-10-161h 00EfervescienciaEfervesciencia"Non se poden crear anticorpos para a Covid sen ratos" África GónzalezSe houbese un tratamento eficaz contra a Covid e fose creado utilizando experimentación con ratos de laboratorio habería que prohibilo? Isto non é unha ficción, unha recomendación da Unión Europea veta a creación de anticorpos monoclonais empregando estes animais. Hai proxectos que corren o risco de paralizarse. Esta semana unha carta en Nature Methods alerta que na actualidade non existen alternativas viables para a creación destes anticorpos de alta especifidade que teñan como obxecto curar doenzas en humanos. Un exemplo da utilidade destas investigacións é o tratamento que ven de recibir Donald Trump. Conversamos...2020-10-1024 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 527 (8-10-20): Anticorpos de laboratorio contra a Covid(2:08) A reprogramación de células adultas en células nai pluripotentes inducidas (iPSC) é unha realidade actual. Pero o proceso ten moi baixa eficiencia e mesmo pode dar lugar a tumores benignos nas células. Unha investigación dos grupos dos grupos de Epitranscriptómica e Envellecemento e de Células Nai e Enfermidades Humanas do CiMUS veñen de ganar o Premio de Investigación 2020 da Real Academia Galega de Ciencias por un artigo en Cell Stem Cell. Nel os investigadores dan conta do mecanismo dun esencial para estas transformacións. Conversamos co investigador de doutoramento Alejandro Fuentes. (14:10) Se houbese un...2020-10-0858 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 526 (1-10-20): “De lugares e órganos”: Música e ciencia entre tubos [Versión estendida]Os centos de tubos do órgano da Igrexa da Universidade dannos a escusa perfecta para falar de acústica, física, química, enxeñaría e evolución. E sobre todo para escoitar ao vivo as interpretacións da organista Erea Blanco. Conversamos con Belén Bermejo, comisaria de “Lugares e órganos”, Andrés Cea, organista e doutor en historia, e Andrés Díaz, músico e físico. Versión estendida en podcast do programa especial con público de Efervesciencia para o ciclo “De lugares e órganos” do Concello de Santiago desde a Igrexa da Universidade. www.efervesciencia.org2020-10-011h 15EfervescienciaEfervescienciaEfer 525 (30-7-20): Psicoloxía no incerto mundo CovidActualización 16-8-20: Arranxado arquivo de audio No último Efervesciencia da tempada número 13... (2:26) Co psicólogo galego Luis Muiño conversamos sobre que lles pasa ás nosas cabeciñas nestes tempos raros nos que toca convivir coa incerteza (34:11) Coñecemos a terceira edición do programa Talento Senior da mar de Mª José Mariño directora da área de Centros do GAIN, a Axencia Galega de Innovación. Eccocar é unha das empresas que participaron neste programa. Así, o enxeñeiro en telecomunicación Eutelo Pena puido regresar a Galicia e achegar a súa experiencia a esta compañía centrada un novos x...2020-08-0856 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 524 (23-7-20): A dixitalización fortalece a democracia?(1:52) No mundo actual hiperconectado adoitamos pensar que a mais dixitalización maior democracia e transparencia. Pero que din os datos? O doutor en Ciencias Políticas Suso Baleato publicou un estudo en Science en 2016 que analiza este fenómeno. (26:03) Na sección dedicada a GAIN, a Axencia Galega de Innovación, coñecemos o papel das plataformas aceleradoras de innovación. (30:10) Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene a...2020-08-0356 minEfervescienciaEfervescienciaUn millón para estudar a escrita medieval invisible con Ainoa CastroAinoa Castro da Universidade de Salamanca recibiu un millón de euros da Unión Europea para investigar os escritos medievais galegos e portugueses “invisibles”. Versión web completa. http://www.efervesciencia.org2020-08-0324 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 523 (16-7-19): Minerais de sangue(2:13) Chema Caballero descúbrenos os minerais de sangue que se agochan na última tecnoloxía que levamos nos nosos petos. (27:41) Na chamada sorpresa da Avoa de Einstein pescamos a Borja Tosar con nocturnidade andando polo monte... (34:42) Ainoa Castro da Universidade de Salamanca recibiu un millón de euros da Unión Europea para investigar os escritos medievais galegos e portugueses “invisibles” http://www.efervesciencia.org2020-07-2855 minEfervescienciaEfervescienciaGuía do ceo de veran 2020: Estrela Rosalia, Covid, Cometa,...Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley da Agrupación IO prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento estival. http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2020/07/O-ceo-do-ver%C3%A1n-EFERVESCIENCIA-2020_v3.pdf2020-07-2825 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 522 (9-7-20): Minority Report como inspiración. Premios á Transferencia da @RAGalegaCiencias.Monográfico dedicado aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia convocado pola Real Academia Galega de Ciencias, co apoio da Axencia Galega de Innovación. Conversamos con Elisardo González Agulla de RelEyeble, María Mayán do grupo CellCOM do INIBIC, e Francisco Otero Espinar do Grupo Paraquas da USC. www.efervesciencia.org2020-07-2158 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 521 (2-7-20): Monográfico: ciencia e exploración polar(1:51) O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (15:47) O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (26:58) Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (36:06) Javier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico www.efervesciencia.org2020-07-1357 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 519 (17-6-20): Avalancha de publicacións sobre a COVID: problema ou cambio de modelo? con Juan Ignacio Pérez(2:40) Como separar o gran da palla na avalancha de publicación científicas da COVID? Pode o bosque de preprints ocultarnos os traballos relevantes? Como deben comunicar os expertos a evidencias dispoñibles aos xestores políticos? Temos o privilexio de escoitar as reflexións sobre estes temas de Juan Ignacio Pérez, director da cátedra de Cultura Científica da Universidade do Pais Vasco (27:23) “DNA Meat” é un kit de experimentación en xenética desenvolvido por Xuvenciencia no Campus de Lugo da USC. Con este kit os escolares poden identificar carne de porco ou vaca mediante PCR caseira e un visor fluo...2020-06-1855 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 518 (10-6-20): Faladoiro oceánico desde o Centro de Investigacións Mariñas[Versión estendida] Celebramos o Día Mundial do Océanos desde a illa de Toralla na ría de Vigo convidados polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Desde o ECIMAT conversamos sobre a economía azul e sostenibilidade dos océanos con Belén Rubio (vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo), Fran Ramil (zoólogo mariño do grupo de Bioloxía Ambiental), Moncho Gómez Gesterira (EPHYSLAB) e María Pérez Lorenzo (técnica de investigación do grupo de Oceanografía Biolóxica). Tamén interveñen Daniel Rey, director do CIM...2020-06-111h 03EfervescienciaEfervescienciaEfer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val(2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” -CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC. (26:20) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo – na ISS – con medios propios. O modelo de subcontratar as viaxes espaciais á empresa privada é todo un cambio de paradigma. Wicho analiza para Efervesciencia a misión da Crew Dragon Endeavour de...2020-06-1059 minEfervescienciaEfervescienciaA árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón.Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercon...2020-05-3041 minEfervescienciaEfervescienciaHistorias da peste negra con Esteban Fernández e Eduardo RollandFragmento do EFER 516 Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. www.efervesciencia.org2020-05-3014 minEfervescienciaEfervescienciaNo confinamento cun gramo de marihuana facíanse máis porros " con Manuel IsornaFragmento do programa EFER 515. O psicólogo Manuel Isorna participa nunha investigación en curso para determinar o padrón de consumo de substancias legais e ilegais no confinamento. Con el tamén falamos da importancia da actividade física nestes días. www.efervesciencia.org2020-05-2410 minEfervescienciaEfervescienciaModelos matemáticos e COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez.Fragmento do programa EFER 515. Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID? con Saúl Ares e Anxo Sánchez. www.efervesciencia.org2020-05-2415 minEfervescienciaEfervescienciaTest virais e control de calidade con Manuel Lolo de AMS LABSFragmento do programa EFER 515. Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. www.efervesciencia.org2020-05-2417 minEfervescienciaEfervesciencia“Enjuanes púxome o sombreiro seleccionador e acabei con Margarita Salas”. Anatomía dun test. Unha noite con Luis Blanco.Versión completa da entrevista a Luis Blanco emitida en el programa Efer 513. O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de...2020-05-081h 00EfervescienciaEfervescienciaEfer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas(2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas...2020-05-0755 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativaO virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de...2020-04-2455 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 495 (27-11-19): Diálogos de plástico con Touriñán e GagoSe xuntamos ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán xunto co investigador do Instituto Español de Oceanografía Jesús Gago a falar sobre os plásticos so pode pasar que o pasemos ben e aprendamos unha chea de cousas. Isto aconteceu na sede da Fundación en Santiago por iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia. E polo medio estivemos os de Efervesciencia. Tamén coñecemos os casos de transferencia de coñecemento desde os centros de investigación ao mundo da empresa que veñen de gañar os premios á Transferencia da Real Academia Galega d...2020-01-2756 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 499-500 (1-1-20): Especial programa 500Programa especial dobre no que celebramos as 500 edicións en antena de Efervesciencia na Radio Galega. Desde o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela coa música en directo do piano de Juanjo Fernández. Repasamos a mellor (e peor) ciencia do ano 2019 con @pawley @CesarGoldi @Estebanfmoreira @castoriva @dosiveiga Nacho Munilla, Irene Baspino e Rosa Pedrido.2020-01-031h 50EfervescienciaEfervescienciaVén á VI Noite Efervescente en GuitirizA “VI Noite Efervescente” terá lugar en Guitiriz o sábado 6 de outubro. Comezaremos gravando entre 20 e 21h un especial Efervesciencia desde a Casa Habanera de Guitiriz aproveitando a conmemoración do World Space Week, evento global no que participa a Noite Efervescente. E ás 22 h. gozaremos dunha observación pública do ceo desde a Área Recreativa de San Xoan da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar. Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Aspaber e Amipa. Agardámoste! Programa e localización...2018-10-0404 minEfervescienciaEfervescienciaEfer 445 (1-7-18): A informática en Galicia xa ten historiaPilar Vila é forense informática. Henrique Neira doutor en comunicación en xornalismo, e autor do libro "Historia da informática en Galicia. Unha cronoloxía". Con eles conversamos sobre a evolución da informática na nosa terra. Na “Guía do Ceo” de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018. Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guí...2018-07-0945 minEfervescienciaEfervescienciaPromo da Gala 10 Aniversario de Efervescienciahttp://blogs.crtvg.es/efervesciencia/gala-10-aniversario-de-efervesciencia/2017-09-1700 minEfervescienciaEfervescienciaPromo da Gala 10 Aniversario de Efervescienciahttp://blogs.crtvg.es/efervesciencia/gala-10-aniversario-de-efervesciencia/2017-09-1700 minEfervescienciaEfervescienciaPromo da Gala 10 Aniversario de Efervescienciahttp://blogs.crtvg.es/efervesciencia/gala-10-aniversario-de-efervesciencia/2017-09-1700 min