podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
GCiencia Podcasts
Shows
Desmontando Mitos
Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?
No décimo e último episodio da serie Desmontando Mitos falamos co astrónomo José Ángel Docobo para confirmar que poñer a roupa ao clareo do Sol é unha técnica tradicional pero efectiva. O investigador da Universidade de Santiago explica que a os raios solares son o mellor desinfectante natural.Desmontando Mitos é unha serie de Gciencia co apoio da Fecyt e a colaboración da USC.
2024-02-16
05 min
Desmontando Mitos
O amor, unha cuestión de química?
Un xesto, unha ollada, os trazos dunha persoa ou simplemente a súa voz. Calquera destes pequenos detalles pode espertar en nós unha atracción física, sexual ou emocional provocada polas nosas hormonas que, unha vez en acción, pódennos levar a sentir desexo, amor e cariño. Cada unha das fases da relación entre dúas persoas está asociada cunha parte do cerebro, desde o máis primitivo ata o máis racional, e é resultado do efecto de diferentes substancias químicas. Hoxe, en Desmontando Mitos, falamos da química do amor con Ana Garcia Deibe, catedrát...
2024-02-09
05 min
Desmontando Mitos
As maniotas melloran con auga e azucre?
Non conseguir poñerse de pé ou simplemente levantar os brazos polo doloroso que pode ser, é algo que acontece cando facemos un exercicio intenso ou prolongado forzando os nosos músculos. É o que se chama ter maniotas. Antes pensábase que eran resultado do ácido láctico que produce o noso metabolismo cando facemos exercicio e que, en forma de cristais, depositábase nos nosos músculos, como pequenas agullas, provocando unha dor intensa. Pero a ciencia ten hoxe outra resposta sobre a orixe das maniotas. Así nolo explica no oitavo episodio de Desmontanto Mitos a catedrática de Pediatría e profesora...
2024-02-02
04 min
Desmontando Mitos
É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?
O frenesí dos últimos anos arredor da intelixencia artificial leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas.
2024-01-26
05 min
Desmontando Mitos
Comer ovos dispara o noso colesterol?
Cocidos, na tortilla de patacas, revoltos con hortalizas ou nos doces da sobremesa. Na nosa gastronomía moitas receitas, sobre todo as tradicionais, levan ovos de galiña. Porén, durante moitos anos falar de comer ovos foi sinónimo de colesterol no sangue.Unha relación que hoxe rexeita Manuel Vázquez, catedrático de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela, no novo episodio de Desmontanto Mitos; unha serie de Gciencia co apoio da Fecyt e a colaboración da USC.
2024-01-19
04 min
Desmontando Mitos
Os mosquitos teñen unha cor favorita?
Por que nos pican os mosquitos? Depende da cor da roupa que levemos? Carlos Otero, entomólogo da Universidade de Santiago de Compostela explícanos que determina a nosa condición de vítima e por que picarnos é unha necesidade das femias desta especie.
2024-01-12
04 min
Desmontando Mitos
É o limón o remedio contra todos os males?
O limón forma parte da nosa cultura gastronómica e da nosa farmacia doméstica dende hai séculos. Con todo, a ciencia négalle na actualidade os seus poderes de superalimento. No cuarto episodio de Desmontando Mitos abordamos coa dietista e nutricionista Nerea González os beneficios desta froita para a saúde, os perigos dun consumo excesivo e desmentimos as crenzas sobre as súas propiedades “detox”.
2024-01-05
04 min
Desmontando Mitos
Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?
No terceiro episodio da cuarta temporada de Desmontando Mitos trataremos de averiguar se é certo que os raios poden caer dúas veces no mesmo sitio. Para iso, falamos co catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago (USC), Jorge Mira. El descúbrenos que o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico.Desmontando Mitos é unha serie de Gciencia co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e coa colaboración da USC.
2023-12-29
04 min
Desmontando Mitos
Pan con masa nai: máis saudable e saboroso?
É realmente o pan con masa nai o máis saudable e tamén o máis sabedor que podemos escoller para o noso consumo? Neste episodio de Desmontando Mitos, a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela e directora da Cátedra do Pan e do Cereal, Ángeles Romero. explícanos cales son as garantías para un pan beneficioso para a saúde.
2023-12-22
05 min
Desmontando Mitos
Ortiga e menta: veleno e antídoto?
Fregar a pel con follas de menta é unha das solucións populares para frear a inflamación da ortiga. Pero ten este remedio algunha base científica? O investigador en Botánica na Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Serrano, resolve as nosas dúbidas.
2023-12-16
04 min
Investigar na USC
Os recrutados galegos da Segunda Guerra Mundial
O alistamento de emigrantes galegos nas forzas armadas de Estados Unidos durante a II Guerra Mundial non foi algo anecdótico. Da península, a maioría dos recrutados eran de Galicia, concretamente da Coruña. Un traballo da USC pretende alumear esta parte da historia descoñecida que acumula moitos baleiros de información. O profesor Javier Fernández explícanos neste episodio todo aquilo que non se contou sobre o papel e o perfil dos galegos que formaron parte do exército de Estados Unidos na II Guerra Mundial.
2023-12-01
22 min
Investigar na USC
Os virus e zoonoses do cambio climático
O virus hemorráxico das vacas acaba de chegar a Galicia. A lingua azul regresou quince anos despois da súa erradicación. Neste episodio abordamos estas dúas enfermidades víricas, as que máis afectan na actualidade ao gando galego. Tamén, falamos das zoonoses e do papel do cambio climático na propagación de patóxenos. A voz experta será a do decano de Veterinaria da Universidade de Santiago, Gonzalo Fernández, que nos explica ademais a situación que se vive en Galicia sobre a resistencia aos antibióticos.
2023-10-16
17 min
Investigar na USC
Tabaquismo, vapers e fume ambiental
No sétimo episodio de Investigar na USC, o pódcast de GCiencia en colaboración coa Universidade de Santiago, falamos coa científica Julia Rey. É coautora dunha investigación recentemente publicada que demostra que o risco de contraer EPOC se reduce dende o primeiro ano sen fumar. Rey poñeranos ao día sobre os últimos achados dos perigos que supón consumir tabaco e tamén, inhalar fume ambiental.
2023-08-11
21 min
Investigar na USC
A saúde dos solos galegos
Non todos os residuos permanecen na superficie e son tanxibles. Nitratos, pesticidas e antibióticos que se filtran poden chegar ás augas e posteriormente ao ser humano. A evidencia científica demostra diariamente que a contaminación non só é un problema de plásticos, Analizámolo con Rosa Mosquera, catedrática de Produción Vexetal, a voz experta da USC que nos pon ao día sobre as últimas investigacións neste eido e sobre o nivel de contaminación dos solos galegos
2023-07-28
29 min
Investigar na USC
Protonterapia: Un disparo no corazón do cancro
O Centro de Protonterapia de Galicia estará operativo en 2025. Asentarase en Santiago e contará cunha área destinada exclusivamente á investigación, o que o converterá nun referente europeo. Falamos con dous expertos na materia, Faustino Gómez e Pablo Aguiar da USC, que nos explicarán todos os detalles desta terapia e os preparativos que se están a realizar para recibir a nova tecnoloxía que, esperemos, cubra a demanda que existe e cure a moitas persoas en Galicia.
2023-06-07
18 min
Investigar na USC
Chegará a alerta por seca en Galicia?
Este novo episodio de Investigar na USC responde á pregunta que leva por título: Chegará a alerta por seca en Galicia? Para facer unha análise completa da cuestión, entrevistamos a Alberto Martí, profesor de xeografía. Conversamos con el sobre as reservas de auga en Galicia, os plans das institucións e as medidas de aforro, o tipo de consumo de auga por parte dos galegos, a conciencia ecolóxica, o fenómeno 'El Niño' e moito máis.
2023-05-12
18 min
Investigar na USC
É hora de entender o cambio horario. Con Jorge Mira
Este sábado 25 de marzo toca cambiar a hora. Ás 2.00 de madrugada serán as 3.00, por se queda dúbida. Coa mudanza ao horario de verán, tamén chega un debate recorrente na opinión pública. O catedrático da Facultade de Física da USC Jorge Mira, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno neste sentido, acláranos tódalas dúbidas ao respecto e desminte unha grande chea de fake news
2023-03-24
21 min
Investigar na USC
Intelixencia Artificial contra as fake news
A desinformación constitúe unha das maiores preocupacións das democracias contemporáneas. Detrás das noticias falsas ou fake news articúlanse, en moitas ocasións, estratexias para manipular a opinión pública e erosionar a estabilidade dos Estados e das súas institucións. Na loita contra a desinformación, resulta fundamental a coordinación con tres actores clave: as empresas tecnolóxicas, a sociedade civil e as institucións académicas. Hai unhas semanas, botou a andar HYBRIDS, un proxecto da USC que busca desenvolver un sistema para empregar a Intelixencia Artificial na identificación de noticias falsa...
2023-03-03
22 min
Investigar na USC
Precisamos perspectiva de xénero para investigar?
Elas son máis cando se matriculan na universidade, pero a súa distribución entre áreas profesionais é desigual. Superan o 70% nos graos relacionados cos coidados e apenas chegan ao 30% nas enxeñarías. Co gallo do 11F, Día da Muller e a Nena na Ciencia, falamos das perspectivas de xénero na investigación con Encina Calvo Iglesias, profesora titular de Física Aplicada. En Investigar na USC, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
2023-02-10
18 min
Bailando con reis e raíñas
15. De costas ao reino de Galicia
O historiador Anselmo López e outros especialistas poñen o foco na ausencia no ensino dun relato propio do noso pasado
2022-11-11
32 min
Bailando con reis e raíñas
14. A diversidade sexual na Idade Media
Maioritariamente é nas sátiras onde se aborda máis esta diversidade sexual, segundo recollen as investigacións realizadas por Carlos Callón
2022-11-09
34 min
Bailando con reis e raíñas
13. A inventio da tumba do Apostolo
O Camiño converteu Santiago no centro económico e cultural de Europa. O descubrimento da tumba do Apóstolo no século IX foi a reacción do poder hexemónico franco ao florecente emirato de Córdoba
2022-11-07
30 min
Bailando con reis e raíñas
12. Doma e castración do galego
Alexandre Peres, doutor en Humanidades, dedicou a súa tese a explicar a construción da galaicofobia e o supremacismo castelán sobre o galego desde os séculos finais da Idade Media. “Cando Castela conseguiu dominar a Galicia, o que era rivalidade pasou a ser menosprezo”
2022-11-04
38 min
Bailando con reis e raíñas
11. De cando só se escribía en galego
Xosé Ramón Pena, doutor en Filoloxía, resalta a maxia dos textos da época, que asegura sorprenden ao lector actual
2022-11-02
34 min
Bailando con reis e raíñas
10. A lírica trovadoresca galega
A pesar de que só conservamos lírica trobadoresca escrita por homes, a catedrática de Filoloxía Mercedes Brea recorda o importante papel que a familia Traba, e as mulleres desta familia, tiveron nesta produción
2022-10-31
36 min
Bailando con reis e raíñas
9. A era dourada das fortalezas
A creación dun novo espazo fronteirizo fixo que os monarcas se implantasen nos territorios a través da arquitectura defensiva: de cando as fortalezas foron o bastión dos reis de Galicia e Portugal
2022-10-28
32 min
Bailando con reis e raíñas
8. Galicia e Portugal, unha historia común
Que o norte de Portugal e Galicia non romperán ata o século XIII é crucial para entender as relacións posteriores entre as dúas beiras do Miño. A fronteira medieval foi máis unha ponte como metáfora que un muro separador
2022-10-26
34 min
Bailando con reis e raíñas
7. Da vella Gallaecia á nova Galicia
A separación do Reino de Portugal e as orixes da monarquía feudal chegaron trala vitoria militar de Fernando I no século XI
2022-10-24
35 min
Bailando con reis e raíñas
6. Eran os mosteiros os paraísos fiscais da época?
O microcosmos da vida monacal na Galicia medieval, segundo o historiador Xosé Miguel Andrade, era moito máis diversificado do que se podía pensar nun principio
2022-10-21
32 min
Bailando con reis e raíñas
5. Galicia, primeira revolución europea
De cando o pobo galego proclamou o autogoberno irmandiño a mediados do Século XV. Para medievalistas como Carlos Barros, foi unha revolta sen comparanza con outras da época
2022-10-19
39 min
Bailando con reis e raíñas
4. Unha galega de best seller
A escritora lusa de best sellers Isabel Stilwell analiza na súa novela o papel de Inés de Castro, a galega que foi raíña de Portugal despois de morta
2022-10-17
45 min
Bailando con reis e raíñas
3. Raíña despois de morta
Filla ilexítima dun nobre galego e unha dama portuguesa, a de Inés de Castro é unha lendaria historia de amor que puido variar o destino do reino galego de non ser asasinada
2022-10-14
40 min
Bailando con reis e raíñas
2. Vellos líderes de tribo
Na antiga Gallaecia existiu unha realeza composta por xefaturas tribais da que quedou unha supervivencia marxinal na época medieval
2022-10-12
31 min
Bailando con reis e raíñas
1. Un reino agochado
Ano 406, decenas de miles de invasores cruzan os límites do Imperio romano cara o sur de Europa. Son as invasións bárbaras. Os suevos diríxense á provincia de Gallaecia e crean un reino independente. O historiador e arqueólogo Jorge López Quiroga recrea aquela aventura.
2022-10-10
31 min
Ciencia de Ida e Volta
O difícil equilibrio das zonas bentónicas de África. Con Francisco Ramil e Marta Gil
Falamos da riqueza que existe nos fondos mariños da rexión africana con Francisco Ramil e Marta Gil, do grupo EcoAfrik, que levan anos colaborando para a regulación de áreas protexidas
2022-06-10
26 min
Ciencia de Ida e Volta
A humidade oceánica condiciona os eventos extremos. Con Raquel Nieto
Falamos de precipitacións e transporte de humidade con Raquel Nieto, do grupo Ephyslab CIM-UVigo, que participa en estudos sobre a varianza das tendencias polo cambio climático
2022-06-09
18 min
Ciencia de Ida e Volta
O cambio climático leva aos océanos a unha situación crítica. Con Elena Ojea
Falamos da situación dos océanos e da necesaria transformación do sector pesqueiro con Elena Ojea, a principal autora do terceiro capítulo do IPCC
2022-06-08
22 min
Ciencia de Ida e Volta
Os videoxogos como ferramenta para sensibilizar. Con Beatriz Legerén
Falamos do reto que supoñen as novas narrativas á hora de divulgar con Beatriz Legerén, integrante do proxecto de alfabetización científica mariña Misión Azul
2022-06-07
21 min
Ciencia de Ida e Volta
Cales son as substancias que se agochan nos plásticos? Con Ricardo Beiras
Con gallo do Día Mundial dos Océanos, celebrado cada 8 de xuño, charlamos con Ricardo Beiras, investigador no proxecto LabPlas, unha iniciativa coordinada pola UVigo para rastrexar as fontes das que provén o plástico espallado no medio ambiente, fundamentalmente en mares, océanos e ríos.
2022-06-06
18 min
Ciencia de Ida e Volta
A informática ao servizo da saúde cardiovascular. Con Víctor Mondelo
Falamos co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada Víctor Mondelo, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións
2022-04-10
27 min
Ciencia de Ida e Volta
Que ten que ver o sono coa saúde cardiovascular. Con Ramón Hermida
Falamos de cronobioloxía con Ramón Hermida, do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía de atlanTTic. Hermida traballa no desenvolvemento de liñas de investigación como estudo Thadeus (Tratamento de Hipertensión Arterial Durante o Sono), que ten como obxectivo valorar prospectivamente o efecto sobre o risco de eventos cardiovasculares, metabólicos e renais do control da presión arterial durante o sono.
2022-04-09
22 min
Ciencia de Ida e Volta
Diana Valverde e a hipertensión arterial pulmonar
Diana Valverde, catedrática do grupo de Xenómica e Biomedicina do Cinbio, fálanos da hipertensión arterial pulmonar, unha enfermidade que xera engrosamento do ventrículo que pode derivar nunha parada cardíaca
2022-04-08
20 min
Ciencia de Ida e Volta
Entrevista con Roberto Barcala e Felipe Fernández
Os investigadores da UVigo Roberto Barcala e Felipe Fernández falan da súa liña de investigación vinculada á reanimación cardiopulmonar. Co gallo do Día Mundial da Saúde
2022-04-06
28 min