Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Lugo Sen Mordazas

Shows

Lugo Sen MordazasLugo Sen MordazasRenta Básica das Iguais e feminismos - III Xornadas LSMPoñente: Mari Fidalgo (xentes de Baladre) Imaxina que todas as persoas recibimos unha cantidade de diñeiro mensual que nos permite cubrir as nosas necesidades, sen ter que xustificar nada. Imaxina, ademais, que é economicamente viable. Como cambiaría iso a túa vida? Como cambiaría, especialmente, a vida das mulleres? Imaxina tamén que unha parte dese diñeiro vai á comunidade para xestionalo comunitariamente. Estamos a presentarte a Renda Básica das Iguais, que cuestiona a incapacidade do emprego no marco capitalista para garantir unhas condicións de vida digna e en liberdade; e que se cruza cos prantexamen...2020-04-1443 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasSoberanía Alimentaria - II Ciclo de Xornadas Lugo Sen MordazasNesta mesa redonda, tres pequenos produtores galegos (Santi, Sabela e Victor) en ecoloxico (de horta, ovos e polos, e leite e derivados) compartiron a súa vision sobre a soberanía alimentaria, cun claro enfoque local, circuitos curtos de comercialización, xustiza económica tanto para as persoas produtoras como para as consumidoras, e un moi necesario compromiso co entorno.2019-05-291h 15Lugo Sen MordazasLugo Sen MordazasAlternativas aos grandes medios- II Ciclo de Xornadas Lugo Sen MordazasMesa redonda coa participación do Novas da Galiza, O Salto Galiza e VivaLugo e que poñe no foco a necesidade e a dificultade de potenciar aquelas vías de información que non están ao servizo do poder económico.2019-04-241h 21Lugo Sen MordazasLugo Sen MordazasEntrevista a Anonymous for the Voiceless LugoTrala censura por parte da policía ocorrida o pasado venres 11 de xaneiro, entrevistamos a unha das integrantes deste colectivo, que nos explica o acontecido.2019-01-1407 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasMesa redonda: Cultura, deporte e arte urbánPoñentes: Saúl (skater) Falou en primeira persoa da necesidade dun skatepark novo en Lugo, da participación das propias persoas que practican esta disciplina na súa construción e como as “ordenanzas mordazas” atacan o uso do skate nas rúas. Kali A.K.A. La Negra (rap) O Hip-Hop é cultura. Centrada máis no elemento do rap, considera que o “rap de calle ou de barrio” debe ser un medio de difusión das vidas precarias, con conciencia anticapitalista e sentido de clase. Pablo (parkour) Reivindicación do parkour no espazo urbano como un deporte e unha forma de expr...2018-12-111h 06Lugo Sen MordazasLugo Sen MordazasRecuperemos o espazo público. Experiencias de traballo contra a ordenanza cívica (Logroño)Ponencia 01/12/2018 Poñente: Andrés Barrio (Logroño Cívico) Repaso da evolución da Ordenanza Cívica do Concello de Logroño desde a súa aprobación en 2010 ata a súa modificación neste 2018, así como da oposición social que esta recibiu. Esta actividade non se encadra só nunha oposición á Ordenanza, senón en diferentes actuación para facilitar e reducir as esixencias para o uso do dominio público e a modificación das ordenanzas do uso deste.2018-12-1150 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasO paradigma inmigrante e a revolución transfeminista - Laura BugalhoPonencia 01/12/2018 Poñente: Laura Bugalho (activista) Todas somos inmigrantes. Somos inmigrantes no Patriarcado, no Capitalismo, no Colonialismo e en tantos outros sistemas que nos oprimen. O Transfeminismo con alicerces nas xenealoxías feministas implica a suma de todas as loitas antes parcializadas.2018-12-1133 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasNovos dispositivos de vixianza para a represión - Fran PérezConferencia 01/12/2018 Poñente: Fran Pérez (corresponsal en Galiza de KaosEnLaRed) O desenvolvemento tecnolóxico ao servizo dos poderes fácticos permite deseñar dispositivos de vixianza cada vez máis capacitados para aplicar políticas de represión e previr que a sociedade exerza un contrapoder efectivo. Aportarase unha visión xeral sobre os sistemas de control social que están comezando a aplicarse dentro e fóra do Estado español.2018-12-1042 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasErgosfera - "A cidade fronte ao control urbano"Conferencia 24/11/2018 Poñente: Iago Carro do colectivo Ergosfera – Partidarios da cidade (A Coruña) A representación política institucional parte dun consenso non explícito entorno á necesidade ou desexabilidade do control total sobre cada metro cadrado do territorio. A charla consistirá nun percorrido por algúns dos estudos realizados nos últimos anos sobre como as ferramentas urbanísticas e de “seguridade cidadá” afondan nesa idea de control á conta dos procesos urbanos considerados prescindibles ou directamente inimigos da normalidade ou da rendibilidade.2018-12-1051 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasResistencia e autoxestión en barrio Altos, San Lourenzo (Arxentina)Conferencia do sábado 24 de novembro de 2018. Poñente: “La Gallega”, membro da ZAL (Zona Autónoma Liberada) Fronte á miseria obrigada polo estado e os gobernos arxentinos, as vilas sobreviven rebuscándose a vida, cos seus códigos implícitos de apoio mutuo que se traducen en espazos culturais e sociais autoxestionados como a ZAL, un terreo liberado entre as cuadras do barrio Altos de San Lorenzo da cidade da Prata (Arxentina). Onde crear e recrear, un terreo por explorar e experimentar, en definitiva, unha zona que subsiste autoxestionadamente e asembleariamente.2018-12-1026 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasJacobo Teijelo - "Gobernar a través do delito"Subimos a primeira e interesantísima ponencia do Ciclo de Xornadas de Lugo Sen Mordazas do sábado 24 de novembro da man do avogado penalista Jacobo Teijelo.2018-12-1040 minLugo Sen MordazasLugo Sen MordazasEntrevista a Aurora García de Aurora & The Betrayers.Entrevistamos a Aurora García de Aurora & The Betrayers despois do concerto ofrecido este venres 20 de Xullo en Lugo, dentro do Festival Blues Museum, no que expresa a súa disconformidade coa Ordenanza Cívica que quere aprobar o Concello de Lugo, e outras cuestións relacionadas coas prohibicións de actividades na rúa.2018-07-2705 min