podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
O Sombreiro De Merlin
Shows
Podcast O Sombreiro de Merlín
Despedimos este 2016 con FEAFES GALICIA. Feliz Nadal e Aninovo dende O Sombreiro de Merlin!
ES NOITEBOA NO SOMBREIRO!!! NÓS ACOMPAÑÁMOSVOS MOI LED@S, DENDE RADIO OBRADOIRO E O SOMBREIRO DE MERLIN, PARA OFRECERVOS O NOSO ÚLTIMO PROGRAMA DESTE 2016, CON FEAFES GALICIA, PILAR SAMPEDRO, PEPE GÁNDARA, CAROL BRET E MOITAS SORPRESAS MÁIS! SEDE MOI FELICES !!
2016-12-24
56 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a María Elvira Lacaci
A Fenda é a sección adicada á poesía dentro do programa cultural, humanista e humanitario, O Sombreiro de Merlín (dirixido e presentado por Alicia López Gallego), que se emite en Radio Obradoiro todos os sábados desde hai máis de dez anos. En cada entrega de A Fenda, Carol Bret, quen dirixe e presenta a sección, fai un breve percorrido pola biografía do/a poeta "invitada" e logo recita algún dos seus poemas. Nesta ocasión, adicamos A Fenda á poeta María Elvira Lacaci e recitamos dous poemas do seu poemario "Al este de la ciudad", ti...
2016-12-21
07 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
"Médicos sen Fronteiras" presenta a súa nova campaña "Unha razón para irnos, moitas para quedarnos".
"MÉDICOS SEN FRONTEIRAS" LANZA UNHA NOVA CAMPAÑA, "UNHA RAZÓN PARA IRNOS, MOITAS PARA QUEDARNOS", E NÓS QUEREMOS UNIRNOS A ELES CONVIDANDO, COMO CADA MES, A MARÍA DÍAZ PARA CONTÁRNOSLO. LEMBRAREMOS A CRISE DO MEDITERRÁNEO QUE SEGUE A ESTAR SEN RESOLVER, CRISE QUE OCUPOU A NOSA SECCIÓN DURANTE O 2016 E Á QUE SEGUIREMOS A VISIBILIZAR NO 2017... "Elas contan", a sección que conduce Encarna Otero quincenalmente, volve a ocuparse de Sofía Casanova, unha das moitas mulleres galegas que estamos a redescubrir grazas á laboura da nosa prestixiosa colaboradora. Outra das nosas destacadas voces femininas, a...
2016-12-18
58 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Concha Zardoya
A Fenda é a sección adicada á poesía dentro do programa cultural, humanista e humanitario, O Sombreiro de Merlín (dirixido e presentado por Alicia López Gallego), que se emite en Radio Obradoiro todos os sábados desde hai máis de dez anos. En cada entrega de A Fenda, Carol Bret, quen dirixe e presenta a sección, fai un breve percorrido pola biografía do/a poeta "invitada" e logo recita algún dos seus poemas. Nesta ocasión, adicamos A Fenda á poeta Concha Zardoya e recitamos algúns dos poemas recollidos no poemario "El don de la simiente"...
2016-12-17
06 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
A profesora Carmen Pomar visita O Sombreiro de Merlin para falar de Altas Capacidades.
HOXE FALAREMOS DE AC e de CREATIVIDADE, DESAS MARABILLOSAS CAPACIDADES QUE TOD@S TEMOS E PODEMOS DESENVOLVER MELLOR GRAZAS AO TRABALLO DE PERSOAS COMO A NOSA CONVIDADA, CARMEN POMAR: Profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, e Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades; con ela falaremos de grandes proxectos en activo e un que comenza xa!! Ronsel do Campus (coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia), o Proxecto QVO co Concello da Coruña, o Proxecto PITEAS coa Xunta de Galicia e a Fundación Barrié, e un novísimo proxecto que Carm...
2016-12-13
57 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Susana March
A Fenda é a sección adicada á poesía dentro do programa cultural, humanista e humanitario, O Sombreiro de Merlín (dirixido e presentado por Alicia López Gallego), que se emite en Radio Obradoiro todos os sábados desde hai máis de dez anos. En cada entrega de A Fenda, Carol Bret, quen dirixe e presenta a sección, fai un breve percorrido pola biografía do/a poeta "invitada" e logo recita algún dos seus poemas. Nesta ocasión, adicamos A Fenda á poeta Susana March e recitamos tres dos seus poemas recollidos no poemario "Esta mujer que soy" (Premio...
2016-12-07
07 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
Presentamos "Vinte fragmentos de mocidade voraz" de Tito Pérez Pérez no Sombreiro,
Presentamos libro, "Vinte fragmentos de mocidade voraz" (Toxosoutos), de Tito Pérez Pérez, acompañad@s por Encarna Otero "Elas contan", Pepe Gándara "Hai outros mundos e están aquí" e Manuel Fernández "Marcapáxinas". A mellor literatura sempre vos agardará aquí, no Sombreiro do Mago Merlin!
2016-12-04
58 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
Homenaxe a Neira Vilas con Antón Pedreira no Sombreiro de Merlin.
HOXE ESTAMOS DE HOMENAXE A NEIRA VILAS NO SOMBREIRO!! Este sábado recibimos no Sombreiro de Merlin ao libreiro Antón Pedreira, para falar das Xornadas en Homenaxe a Xosé Neira Vilas no aniversario do seu pasamento, o vindeiro 27 de novembro. O noso convidado artellou a homenaxe a través de mesas redondas, charlas e actividades, nas que se traballa a relación dos nenos da obra de Neira Vilas con outros nenos protagonistas doutras literaturas e latitudes. As xornadas rematarán o día 30 de novembro. Parabéns a Antón Pedreira pola iniciativa, e a tod@s quen paticipan...
2016-11-27
58 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Lucía Sánchez Saornil
Neste capítulo de A Fenda, Carol Bret achéganos á figura da poeta Lucía Sánchez Saornil (1895-1970). Muller valente e transgresora de pluma veraz e vangardista. A Fenda é a sección poética de O Sombreiro de Merlín, o programa cultural que emite Radio Obradoiro todos os sábados ás 12h da man, e na voz, de Alicia López Gallego.
2016-11-23
07 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
Presentamos "CaféCon El Cine" + a exposición de traballos do alumnado de María Eiras de "Mareiras Espazo de Arte".
HOXE N'O SOMBREIRO TOMAMOS "CAFÉCON EL CINE", CON MARÍA EIRAS DE "MAREIRAS ESPAZO DE ARTE". A partires deste luns 21, ás 5 da tarde, poderedes disfrutar de charlas de cine, café e unha magnífica exposición de obras do alumnado do Centro. Unha iniciativa con Galantiqua, no AC Hotel Palacio del Carmen. Noraboa a tod@s! Encarna Otero segue a traer ao presente as figuras das nosas enriquecedoras mulleres en "Elas contan", e Manuel Fernández trae lecturas para toda a finde, e algo máis... GALIX, con "Desfacendo a raia", literatura infantil e xuvenil en galego e portugués e a hom...
2016-11-19
1h 00
Podcast O Sombreiro de Merlín
As novidades da editorial Hugin e Munin no Sombreiro con Alejandro Tobar e Diego Ameixeiras.
AS NOVIDADES EDITORIAIS DE "HUGIN E MUNIN" HOXE NO SOMBREIRO, CON ALEJANDRO TOBAR E DIEGO AMEIXEIRAS!! VIOLETA PARRA, FAISE PRESENTE NA VOZ DE CAROL BRET, E PILAR SAMPEDRO ACOMPÁÑANOS COS SEUS "SOÑOS E GAIOLAS". FELIZ SÁBADO, AGARDÁMOSVOS ÁS 12:00H...ONDE? AQUÍ,NO SOMBRERIO DE MERLIN, EN RADIO OBRADOIRO...!
2016-11-19
58 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
No Sombreiro, FEAFES Galicia e o asesoramento xurídico e Monica Mura coa acción artística NON + SABAS TINGUIDAS.
HOXE TIVEMOS UN FERMOSÍSIMO PROGRAMA, COS AMIGOS DE FEAFES GALICIA SOBRE ASESORAMENTO XURÍDICO E MONICA MURA COA SÚA ACCIÓN ARTÍSTICA NON + SABAS TINGUIDAS, MAGNÍFICAMENTE ACOMPAÑAD@S POR ENCARNA OTERO, QUEN ESTÁ A RESCATAR AS FIGURAS DAS MULLERES DA GALIZA EN "ELAS CONTAN".
2016-11-14
59 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
FEAFES Galicia co asesoramento xurídico en sáude mental e Monica Mura con Non + Sabas Tinguidas.
HOXE TIVEMOS UN FERMOSÍSIMO PROGRAMA, COS AMIGOS DE FEAFES GALICIA SOBRE ASESORAMENTO XURÍDICO E MONICA MURA COA SÚA ACCIÓN ARTÍSTICA NON + SABAS TINGUIDAS, MAGNÍFICAMENTE ACOMPAÑAD@S POR ENCARNA OTERO, QUEN ESTÁ A RESCATAR AS FIGURAS DAS MULLERES DA GALIZA EN "ELAS CONTAN".
2016-11-06
59 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
A situación en Alepo e o Premio do "Certame de Microrrelatos de Panxea e O Sombreiro de Merlin".
HOXE VIMOS CARGADITOS DE CONTIDOS!!PREMIO PANXEA PARA PILAR SAMPEDRO POR "ULISES", AS NOVAS SOBRE SIRIA, CAROL BRET RECITA A CAROLINA CORONADO, PEPE GÁNDARA ACHEGA SECCIÓN DE CLÁSICOS, ESCOITAREMOS A MÚSICA DE APOCALYPTICA, E, COMO REMATE, UN AUDIO EXCEPCIONAL: SEAN CONNERY RECITA "ÍTACA", UN DOS MÁIS EMBLEMÁTICOS POEMAS DA HISTORIA. ASÍ TRANSCORRIRÁ O NOSO PROGRAMA EN APOIO AOS REFUXIADOS E REFUXIADAS DO MUNDO
2016-11-06
58 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Violeta Parra
A Fenda é a sección poética de O Sombreiro de Merlín, o programa máis lonxevo de Radio Obradoiro, que se pode escoitar todos os sábados ás 12 no dial ou nos podcasts, aquí en ivoox. Nesta ocasión, Carol Bret, que dirixe e presenta a sección, recita á poeta-cantora Violeta Parra. O Sombreiro de Merlín é unha idea orixinal da escritora Alicia López Gallego, que o dirixe e presenta desde hai dez anos.
2016-11-01
05 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
Marga Clark presenta a súa exposición antolóxica de fotografía, "Cosmogonía", no Sombreiro de Merlin.
DE NOVO PROGRAMA DE LUXO NO SOMBREIRO E DE NOVO CUNHA MULLER CREADORA.: MARGA CLARK PRESENTA PARA TOD@S NÓS, "COSMOGONÍA", UNHA ANTOLÓXICA DE TODO O SEU LABOR FOTOGRÁFICO. UNHA CONVERSA CHEA DE CALIDEZ E HONESTIDADE, CUNHA DAS VOCES MÁIS INTERESANTES DO MUNDO DA CULTURA CON ALMA. GRAZAS E BENVIDA DE NOVO, MARGA!
2016-10-23
59 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
A prestixiosa artista, Rosa Úbeda, convidada no Sombreiro de Merlin, en Radio Obradoiro.
TEMOS UNHA CONVIDADA DE LUXO...ROSA ÚBEDA, VISITA O Sombreiro de Merlín para falarnos da exposición na que participa, xunto a Yolanda Dorda,"Na beira do río. Diálogos dende a pintura", comisariada por Ramón Rozas, e que acolle a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra ata o vindeiro 20 de novembro.
2016-10-16
59 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
O compositor compostelán, Fernando Buide, presenta os seus vindeiros concertos no Sombreiro.
Hoxe recibimos no Sombreiro a un dos mellores compositores composteláns do momento, Fernando Buide, quen ven falar das súas estreas para o mes de outubro, das que nos faremos eco, destacando a súa vindeira estrea do xoves 13 de outubro ás 20:30 no Auditorio de Galicia de Santiago, co gallo da inauguración da nova tempada da Real Filharmonía de Galicia; "Pasaxes" é a obra que intrerpretarán, baseada en textos do poeta galego Gonzalo Hermo e do inglés Edward Thomas, na voz da excepcional soprano Isabella Gaudí; a orquestra estará dirixida polo seu titular Paul Daniel. Un luxazo para...
2016-10-16
59 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
No Sombreiro de Merlin unímonos á campaña de FEAFES Galicia, #Euteño.
N 'SOMBREIRO DE MERLIN' SUMARÉMONOS Á CAMPAÑA DE FEAFES GALICIA #Euteño, CONTRA OS PREXUÍZOS E O ESTIGMA NA ENFERMIDADE MENTAL. APOIÁDESNOS?
2016-10-10
57 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
A presidenta de AGADEA e "Panxea Comercio Xusto", visitan o Sombreiro de Merlin.
HOXE TEMOS UN PROGRAMA ESPECIAL,CUNHA MULLER EXCEPCIONAL, ISABEL GEY, PRESIDENTA DE AGADEA, PARA FALARNOS DO ALZHEIMER E DESTA ASOCIACIÓN QUE TRABALLA MAGNÍFICAMENTE BEN POR CONCIENCIARNOS E VISIBILIZAR ESTA ENFERMIDADE E A SÚA COMPLEXIDADE! CON ESTEBAN GONZÁLEZ RETOMAMOS COLABORACIÓN CON "PANXEA COMERCIO XUSTO" E IMOS CARA O TERCEIRO ANO XA: ATENCIÓN AO CONCURSO DE MICRORRELATOS!!! PILAR SAMPEDRO ÉNCHENOS DE SOÑOS E GAIOLAS, MÚSICA DA MELLOR PARA ACOMPAÑARNOS: NAT KING COLE E BEATLES ;) !!
2016-09-25
58 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
Balance 2015 con "Médicos sen fronteiras" e o proxecto artístico-solidario "Luva negra" de Xosé Poldras e Alicia López .
HOXE VOLVEMOS CON "MÉDICOS SEN FRONTEIRAS", BALANCE DO 2015 E DO NOSO PROXECTO ARTÍSTICO-SOLIDARIO "LUVA NEGRA", NON DEIXEDES DE ACOMPAÑARNOS A MARÍA DÍAZ, XOSÉ POLDRAS, MANUELA ARCOS, CAROL BRET E ALICIA LÓPEZ, POR UN MUNDO EN PAZ. GRAZAS A TOD@S!
2016-09-18
59 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
Volve o "Sombreiro de Merlin" coa nova novela da escritora Alicia Díaz Balado, "Alcohol".
XA ESTAMOS POR AQUÍ DE VOLTA, PARA TRAERVOS A MELLOR LITERATURA, PARA ACHEGARNOS UN ANACO DO MUNDO DENDE UNHA PERSPECTIVA HUMANISTA E HUMANITARIA. E FACÉMOLO CUNHA DAS MEIRANDES ESCRITORAS QUE TEMOS, ALICIA DÍAZ BALADO, QUEN PUBLICA NOVA NOVELA, "ALCOHOL", PARABÉNS, QUERIDA AMIGA, E GRAZAS POR DIGNIFICAR O NOSO OFICIO! ENCARNA OTERO E PILAR SAMPEDRO, ABREN TEMPADA POR TODO O GRANDE, E CAROL BRET RECITA AO MEU POETA , GARCÍA LORCA. GRAZAS A TOD@S! No Sombreiro de Merlin voltamos coa nosa andaina cultural e humanitaria a Radio Obradoiro, presentando unha das máis fermosas novidades editoriais do outono...
2016-09-18
59 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
O Sombreiro de Merlin despídese ata setembro con FEAFES Galicia.
HOXE NO SOMBREIRO MARCHAMOS QUE TEMOS QUE MARCHAR...ATA SETEMBRO!! Este sábado no Sombreiro de Merlín, despois dunha moi rica e cordial tempada, despedímonos ata setembro, e queremos facelo cun convidado de honra: o presidente de FEAFES Galicia, o doutor José Ramón Girón, co que pasaremos revista á nosa colaboración de hai xa dous anos, e co que faremos un percorrido do que foi o ano ata o de agora nesta Federación de Asociacións de Saúde Mental de Galicia: emprego, inserción, loita contra o estigma, normalización, estes e outros temas serán analiza...
2016-08-03
1h 01
Podcast O Sombreiro de Merlín
O recoñecido escritor de Ciencia Ficción, Vicente Hernándiz, fala da súa narrativa no Sombreiro de Merlin.
Hoxe no Sombreiro de Merlín imos cara o universo para presentar a obra do escritor valencián de ciencia ficción, Vicente Hernándiz. Vicente ten unha longa traxectoria coma escritor, recibiu varios premios en narrativa curta, e agora está de novo a presentar unha antoloxía de relatos, "Ecos del futuro y otros relatos. Antología de Ciencia Ficción". Falaremos tamén das súas novelas, "Cuando las estrellas nos llamen" y "En el brazo de Orion", sobre as que xa mantiveramos conversa telefónica hai uns anos, e dunha nova triloxía na que xa está a traballar...
2016-07-23
1h 00
Podcast O Sombreiro de Merlín
A profesora e tradutora, Marta Gómez Pato, presenta a tradución de "A señorita Else", editada por Hugin e Munin.
TRAEMOS AS NOVAS DE HUGIN E MUNIN, NADA MÁIS E NADA MENOS QUE DA MAN DE MARTA GÓMEZ PATO, PROFESORA DE ALEMÁN NA USC E TRADUTORA DE "A SEÑORITA ELSE", DE ARTHUR SCHNITZLER. TEMOS UNHA CITA ÁS 12:00, EN RADIO OBRADOIRO, CON MARTA, ENCARNA OTERO, MANUEL FERNÁNDEZ, CAROL BRET E ALICIA LÓPEZ. DESPEDIDA CON TODO O RESPETO E AGARIMO CUNHA LEMBRANZA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, NON TE ESQUECEREMOS NUNCA...
2016-07-16
1h 02
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Espronceda
Outra nova entrega da sección poética do Sombreiro de Merlín, A Fenda, da man e voz de Carol Bret. Nesta ocasión o poeta que nos visita é o romántico José de Espronceda. Como cada semana, achegámonos á súa vida nunha breve introducción biográfica e de seguido pasamos a recitar un dos seus poemas máis famosos, a celebérrima "Canción del pirata". Lembrade que tanto os podcasts do Sombreiro de Merlín que dirixe Alicia López Gallego, como os de A Fenda, que dirixe Carol Bret, están dispoñibles para descarga en ivoox.
2016-06-12
08 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Ramón Gómez de la Serna: Greguerías
Non podíamos esquecernos do feliz humor que moitas veces, máis das que parece, é o motor da palabra poética. Pode semellar que as vidas -e obras- dos e das nosas poetas todas fose tráxica e deprimente, pero o sorriso, a celebración da vida na súa versión máis lúdica e despreocupada, tamén forma parte do elenco infindo das emocións humanas, que son a fonte da que mana a poesía. Así pois, hoxe dedicamos a nosa Fenda poética ao poeta das Greguerías, das conferencias performativas, das ocurrencias inenarrabéis: Ramón Gómez de la...
2016-06-06
07 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Carolina Coronado
Esta semana, na sección poética de O Sombreiro de Merlín, A Fenda, Carol Bret achéganos ao universo lírico da poeta romántica Carolina Coronado. Comezamos cunhas breves notas biográficas e rematamos co recitado do fermoso poema "Yo tengo mis amores en el mar". A Fenda, dirixida por Carol Bret, emítese todos os sábados ás 12h dentro do programa cultural de Radio Obradoiro "O Sombreiro de Merlín", dirixido por Alicia López Gallego. Tamén podedes escoitar os podcasts de A Fenda e de O Sombreiro de Merlín aquí en ivoox.
2016-05-30
08 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Manuel María
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, A Fenda deste semana vai dedicada ao escritor e poeta Manuel María. Achegámonos á súa vida e á súa obra cunhas breves notas biografícas e o recitado de tres dos seus poemas. A Fenda é unha sección dedicada á poesía e dirixida por Carol Bret que se emite en Radio Obradoiro todos os sábados pola mañá, dentro do programa cultural, humanista e humanitario dirixido por Alicia López: O Sombreiro de Merlín.
2016-05-17
08 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Concha Méndez
Esta semana dedicamos A Fenda (a sección poética do programa de Radio Obradoiro "O Sombreiro de Merlín") á poeta da Xeración do 27 Concha Méndez. Muller de carácter independente, tamén a súa palabra é independente, propia. Tras dunha breve "semblanza" biográfica, pasamos a mergullarnos no seu universo poético a través do poemario "Niño y sombra", escrito tras a morte do seu fillo pouco antes de nacer. Na dirección e presentación de A Fenda: Carol Bret. Na dirección e presentación de O Sombreiro de Merlín: Alicia López Gallego.
2016-05-10
08 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Delmira Agustini
Esta semana en A Fenda descubrimos a vida e a obra da poeta uruguaya Delmira Agustini. Comezou a escribir moi nova, poeta precoz, e tamén deixou de facelo demasiado cedo, aos vintesete anos, xa que foi asasinada dun pistoletazo de mans do seu exmarido. A poesía estilizada de Agustini invita a viaxar coa imaxinación guiados só polas maxia da súa palabra. A Fenda, dirixida por Carol Bret, é unha sección dedicada á poesía que podedes escoitar dentro do programa de Alicia López Gallego, O Sombreiro de Merlín, todos os sábados ás 12h en Radio Obradoi
2016-05-02
08 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Sylvia Plath
Nesta ocasión, sacamos a danzar á poeta bostoniana Sylvia Plath. Lembrade que podedes escoitar A Fenda, a sección poética de O Sombreiro de Merlín, todos os sábados ás 12h do mediodía en Radio Obradoiro. E escoitar todos os podcasts na canle "A Fenda (sección poética) de Carol Bret en ivoox.com O Sombreiro de Merlín, dirixido por Alicia López Gallego, leva nas ondas máis de dez anos, sendo xa todo un clásico radiofónico en Compostela. E este ano, ademais, estrea esta sección poética que xa leva 26 edicións. E adian
2016-04-25
07 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Cervantes
Cando se cumpren catrocentos anos da morte do máis grande narrador das letras castellanas, en A Fenda queremos sumarnos ás múltiples homenaxes que se lle están dedicando, achegándonos á vida e a obra poética deste xenio da literatura. Tras dunhas breves anotacións acerca da súa traxectoria vital, mergullámonos na súa obra máis celebrada: El Quijote. Rastreamos nel os versos que o autor foi escamoteando por aquí e por alá e os recitamos na voz de Carol Bret, presentadora e directora desta sección poética que podedes escoitar en Radio Obradoiro todos os sábados...
2016-04-19
08 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Jorge Manrique
Nesta ocasión achegámonos ao poeta tardomedieval Jorge Manrique, un dos poetas clásicos das letras castellanas. A súa obra "Coplas a la muerte de su padre" é un dos cumes da poesía do século XV occidental. Tras coñecer brevemente a vida deste poeta-soldado palentino, recitamos algunhas das corenta coplas que conforman os seus versos máis famosos. A Fenda, dirixida e presentada por Carol Bret, é unha sección poética incluida no programa cultural de Radio Obradoiro, O Sombreiro de Merlín, que dirixe e presenta a escritora e poeta Alicia López Gallego.
2016-04-16
09 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Juana de Ibarbourou
Esta semana chega á nosa sección poética unha das poetas máis queridas de Latinoamérica, Juana de Ibarbourou, a que con cariño chamaban "Juanita de América". Descubrimos brevemente a vida sorprendente desta muller adiantada ao seu tempo, como todas as poetas que non mundo teñen sido, e seguimos coñecendo a súa obra co recitado dun dos seus poemas. Lembrade que A Fenda é unha sección dedicada á poesía, dirixida e presentada por Carol Bret, para o programa cultural de Radio Obradoiro que dirixe Alicia López Gallego: O Sombreiro de Merlín, e que a tedes en a...
2016-04-10
07 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Gloria Fuertes
Gloria Fuertes chega hoxe á sección poética de O Sombreiro de Merlín, A Fenda, con toda a súa forza poética, a súa personalidade de creadora auténtica e coa súa bondade de muller solitaria pero acolledora. Da man de Carol Bret achegámonos á vida e á obra desta grande das nosas letras en lingua castelá. A Fenda emítese todos os sábados no programa cultural, humanista e humanitario que dirixe Alicia López Gallego para Radio Obradoiro desde hai máis de dez anos. Todo un clásico das ondas que acolle esta sección, A Fenda, para ho...
2016-04-03
05 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Safo de Lesbos
Nesta ocasión, A Fenda, a sección poética de O Sombreiro de Merlín, achéganos á poeta da illa de Lesbos, Safo de Mitiline. Coma sempre, percorremos brevemente a biografía da poeta e pasamos a escoitar algúns dos seus versos na voz de Carol Bret. Podedes escoitar A Fenda todos os sábados en Radio Obradoiro, dentro do xa clásico programa cultural que dirixe Alicia López Gallego desde hai máis de dez anos, O Sombreiro de Merlín.
2016-03-14
07 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Antonio Machado
A Fenda é una sección dedicada á poesía, dirixida e presentada pola filóloga Carol Bret, que se emite todos os sábados dentro do programa de Radio Obradoiro "O Sombreiro de Merlín", de Alicia López Gallego. Nesta ocasión, achegámonos ao poeta sevillano Antonio Machado e recitamos algúns dos seus "Proverbios y cantares", publicado na segunda edición de "Campos de Castilla".
2016-03-08
06 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Alfonsina Storni
Esta semana adicamos A Fenda á queridísima poeta arxentina Alfonsina Storni, que viviu e morreu con intensidade lírica e con honestidade e valentía heroicas. Unha muller en loita contra a mezquindade deste mundo feito a imaxe e semellanza do home, no que a muller fica afastada como cidadá de segunda clase. Contra esta inxustiza érguese decidida a palabra de Storni. Na voz de Carol Bret escoitamos o seu poema "Letanías de la tierra muerta", publicado en 1920 no poemario "Languidez". A Fenda emítese todos os sábados ás 12h en Radio Obradoiro, dentro do programa literario, humanista e humanita...
2016-03-01
10 min
A Fenda (sección poética)
Carol Bret recita a Joyce Mansour
Nesta entrega de A Fenda: Sección poética, achegámonos ao rexurdimento do Surrealismo posterior á Segunda Guerra Mundial en Francia a través da poeta Joyce Mansour (1928-1986). Tras dunhas anotacións sobre a súa vida, recitamos seis dos seus breves poemas representativos dese erotismo tanático tan característico de Mansour. A Fenda, de Carol Bret, é unha sección dedicada á poesía que se emite todos os sábados dentro do programa cultural de Radio Obradoiro: O Sombreiro de Merlín, dirixido e presentado por Alicia López Gallego.
2016-02-23
06 min
Podcast SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA
Falando do anuario 'fol de veleno' e dos proxectos da sociedade antropolóxica galega
Falamos dos proxectos da Sociedade Antropolóxica Galega e do anuario "Fol de Veleno¨" no programa "O Sombreiro de Merlín" de Radio Obradoiro. Fala o membros da Sociedade Antropolóxica Galega Rafael Quintía. Data de emisión: 10/011/2012
2012-11-29
13 min
Podcast SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA
Presentación de 'Fol de Veleno. anuario de antropoloxÍa e historia de galiza'
Presentación do anuario "Fol de Veleno¨" no programa "O Sombreiro de Merlín" de Radio Obradoiro. Participan os membros da Sociedade Antropolóxica Galega Rafael Quintía e Miguel Losada. Data de emisión: 23/06/2012
2012-06-26
59 min
Podcast AS cultural
Programa especial Ilkka Niiniluoto
Programa- presentación del libro de la autora Arantxa Serantes en O sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro. Libro: "Objetividad, conocimiento y valores en la ciencia. Análisis del planteamiento filosófico de Ilkka Niiniluoto", Ed. Meubook, 2012.
2012-05-09
58 min
Podcast AS cultural
Xurxo Souto sobre Lois Pereiro
Entrevista e recital gravados para o programa "O sombreiro de Merlín" de Radio Obradoiro coa colaboradora Arantxa Serantes en Ferrol, nunha homenaxe con motivo das Letras Galegas 2011.
2011-05-18
08 min