podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Pury Gonzalez
Shows
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 03 02 26
A dragaxe do río Lérez, que afectará á ría de Arousa como punto de verquido dos sedimentos, comeza a súa tramitación. A actuación será licitada ao longo deste ano e a dragaxe propiamente dita comezará "como moi tarde" a principios de 2027. O paro subiu en xaneiero en case todas as nosas comarcas, ainda que de xeito desigual por concellos. O Salnés iniciou o 2026 con 151 persoas máis sen traballo para un total de 4.519 e no Barbanza hai 18 desempregados máis cun total de 2.279 persoas sen contrato laboral. As 5.000 persoas que na comarca do Salnés viven do sec...
2026-02-03
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 15 07 25
O corpo sen vida dun home de 72 anos foi atopado esta mañá no litoral de Moaña xunto a unha embarcación de recreo emborcada na praia de Borna. O patrón maior da confraría de Portonovo, interceptado con 118 kilos de polbo ilegal que capturara en augas da ría de Pontevedra. O BNG atribúe o falecemento dun veciño de Vilagarcía de 49 anos como consecuencia dun infarto ao retraso no servizo da ambulancia medicalizada trasladada a Sanxenxo. O acceso ao Castro Alobre quedará recuperado en breve. O Concello de Vilagarcía ven de adxudicar as obras de reparació...
2025-07-15
14 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 14 07 25
A Xunta Local de Goberno deste luns adxudicou as obras de ampliación do saneamento nun tramo da avenida Rosalía de Castro, no Carril, por 113.000 euros. Sanxenxo izou esta mañá na praia do Espiñeiro, ao carón da Lanzada, unha das 16 bandeiras Q de calidade outorgadas polo Instituto de Calidade Turística Española. Ao acto de izado da bandeira de calidade non puido asistir o alcalde Telmo Martín que se encontra teletraballando dende o seu domicilio tras ser atropelado esta fin de semana no estacionamento da Praza do Mar. A Illa de Arousa decreta un plan de tráfic...
2025-07-14
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 10 07 25
Desartellado en Vilagarcía un narcopiso de distribución de cocaína e heroína polo miudo que operaba no centro da cidade coa detención dos tres homes e unha muller que estaban ao fronte. Ao longo da xornada pasarán a disposición xudicial os 6 membros do clan dos Borja, de Ribeira, detidos nas últimas horas pola súa participación na multitudinaria liorta de Ribeira. Cambados prepárase para "o reto" da celebración da Festa do Albariño que este ano terá como pregoeiro a José Manuel Dominguez Sánchez, Domin. O recén inaugurado albergue de Carril estará...
2025-07-10
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 09 07 25
As Festas de San Roque disporán, por primeira vez, dun posto de mando avanzado e dez cámaras de vixiancia nos espazos de maior aglomeracións, como O Castro, a avenida da Mariña ou a Baldosa. Os delitos diminuíron en Vilagarcía un 7% no primeiro semestre do ano con respecto ao mesmo período do ano anterior cunha tendencia á baixa do 12% detectada en todo o 2024. Despóis de tres convocatorias, O Concello conseguiu contar cos 12 socorristas que permitirán o servizo en todos os areais de Vilagarcía e non só as praias de Bandeira Azul, como se temía nun...
2025-07-09
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 08 07 25
Os bombeiros continúan traballando na extinción do edificio incendiado da rúa Maqués de Riestra, en Pontevedra, ante o risco de colapso da cuberta. Afortunadamente non hai danos persoais. A Policía Local da Illa de Arousa investiga presuntas irregularidades nas matrículas facilitadas por locais de hostelería e establecementos comerciais que autorizan o acceso á zona residencial. Vilanova limitará a partir de octubre os aparcamentos nas rúas do centro histórico. Durán marca diferencias coas restriccións de tráfico establecidas na Illa de Arousa. Vilagarcía asumirá a reparación dun tramo do paseo marítimo fr...
2025-07-08
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 07 07 25
A Xunta Local de Goberno deste luns aprobou a adxudicación da obras de mellora e ampliación de saneamento na rúa Vilar Ponte cun orzamento de 128.000 euros e un prazo de execución de tres meses. O Obradoiro de Hostelería do Salnes renova por terceira vez o convenio coa Asociación Española Contra o Cancro para destinar a recadación da iniciativa “Mañás de terraceo” a proxectos de investigación promovidos pola entidade. A veciñanza de Sanxenxo aumentou o pasado ano as doazóns de sangue en dez puntos. A subdelegación do goberno en Pontevedra foi...
2025-07-07
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 04 07 25
Pasan a disposición xudicial do xulgado de Ribeira, sen altercados, as seis persoas detidas pola pelexa multitudinaria acontecida no Centro Cultural de Artes co resultado dun falecido e un ferido grave. A Garda Civil de Cambados investiga a tres persoas como presuntos autores do roubo con forza rexistrado o pasado mes no campo de fútbol de Burgáns. Un motorista de 38 años e veciña de Rianxo faleceu esta noite nun accidente de tráfico rexistrado no lugar de Montegrande, en Asados. Sanxenxo inicia oficialmente a tempada de verán co izado das bandeiras azuis, de forma simultá...
2025-07-04
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 03 07 25
A Sociedad Xitana Española propón ás institucións o impulso dun órgano de mediación autonómico para evitar conflictos como o rexistrado en Ribeira, que van en aumento "debido á falta de respeto entre familias". Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia asinan o convenio para a cesión gratuíta dunha parcela municipal situada en Marxión onde a administración autonómica construirá dez vivendas de promoción pública. Cambados programa a primeira Feira de productos de proximidade, vida sá e consumo responsable. "NaturCambados" celebrarase do 11 ao 13 de xullo cunha oferta de productos de proximidade e sust...
2025-07-03
15 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 02 07 25
Continúan as investigacións sobre a tráxica pelexa multitudinaria entre familias rivais de etnia xitana sucedida a pasada tarde en Ribeira co resultado dunha persoa morta, unha decena de feridos e alomenos seis persoas detidas. A ambulancia medicalizada con base no Hospital do Salnés está dende onte en Sanxenxo, dende onde operará ata o 31 de agosto. O BNG responsabiliza á Xunta das consecuencias que o traslado poida ocasionar ante a poboación e anuncia novas medidas parlamentarias. As obras en Conde de Vallellano, en Vilagarcía, avanzan segundo o calendario previsto coa estimación de que queden rematadas no mes de...
2025-07-02
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 01 07 25
O albergue de peregrinos de Carril abrIU hoxe as súas portas tres anos despóis de que finalizase a súa construcción e un mes despóis do anunciado pola Xunta cando o pasado marzo asinara co Concello de Vilagarcía a cesión das instalacións á administración autonómica durante un período de 30 anos. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, oficializaron a apertura deste novo albergue que levará o nome de Andrés Fernández García, alcalde e filántropo vilagarcián do século XIX. As p...
2025-07-01
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 30 06 25
Catro persoas foron detidas esta mañá en Ribadumia como presuntos autores de diversos roubos en toda a provincia nun dispositivo desplegado pola Policía Nacional e a Garda Civil sobre as 10 da mañá nas rúas céntricas de Ribadumia. Un home quedou atrapado no seu vehículo tras sufrir un accidente de tráfico cando circulaba esta mañá pola autovía do Salnés á altura de Barrantes. En Vilagarcía comezan hoxe as obras do proxecto de recuperación da fachada marítima do Ramal por importe de 1,1 millóns de euros, financiados a través de fondos europeos. A Plataforma en Def...
2025-06-30
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 27 06 25
Tres persoas foron identificadas pola Policía Local de Vilanova pola súa posible relación con cinco incendios rexistrados no municipio nos últimos días. Sanxenxo abre á circulación un novo vial que comunica a rúa Progreso coa rúa Sanxenxo e que, dende hoxe, ofrece a veciñanza e visitantes unha alternativa ao tráfico e ao aparcamento. A Illa de Arousa, ao igual que Sanxenxo, disporá este verán de servizo de bus urbano durante a tempada de verán, tralo convenio de colaboración asinado coa empresa Abalo e a Xunta de Galicia. Vilagarcía insta á Xunta de...
2025-06-27
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 26 06 25
Continúa aberta a operación Ninja 2 contra o narcotráfico desplegada este mércores en Vilanova, con tres persoas detidas nos dous rexistros realizados e intervencións de cocaína, marihuana e haxís. A Garda Civil dá por finalizada unha investigación de case un ano que concluíu coa desarticulación dunha rede criminal, integrada por unha parella, que cometeu 51 roubos en comercios de nove municipios de toda Galicia, entre eles dous nos concellos de Barro e Valga. Rematada a primeira fase da mellora da mobilidade peonil entre Bamio e Carril coa creación dunha senda nas estradas PO...
2025-06-26
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 25 06 25
Cinco xóvenes resultaron feridos esta pasada noite nun accidente en Vilagarcía tras sairse da vía cando circulaban pola estrada de Xiabre. Avanza a tramitación das obras de humanización da rúa Bouza de Abaixo en Vilaxoán. O Concello sacará a licitación en agosto o proxecto por importe de 776.000 euros, financiados cos fondos provinciais do Plan +Provincia e que serán aprobados este venres na Xunta de Goberno da Deputación. O Ministerio de Transportes adxudicou por 2,2 millóns de euros e 10 meses de execución o acondicionamento de 8,6 quilómetros da N-640 ao seu paso por C...
2025-06-25
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 24 06 25
A noite de San Xoan transcurriu sen incidencias destacables nas nosas comarcas. Máis de 1.000 fogueiras iluminaron a noite máxica do ano en Arousa. O Concello de Vilagarcía vén de convocar o proceso de selección de 12 socorristas acuáticos para as tres praias do municipio durante a temporada de verán: a Concha-Compostela, O Campanario (Bamio) e O Preguntoiro (Vilaxoán). Baixo o lema Vilagarcía diversa e orgullosa o goberno local volve a reunir as actividades que se celebrarán esta semana para reivindicar os dereitos do colectivo LGTBIQ. O Concello de Sanxenxo quere aumentar os oito se...
2025-06-24
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 23 06 25
Ultimos preparativos para a noite máxica de San Xoan con centos de fogueiras e sardiñadas que se celebrarán en case cada parroquia das nosas comarcas. Somente en Vilagarcía prenderanse 329 cacharelas repartidas por toda a localidade. Para garantir a seguridade, a Policía Local ten deseñado un operativo especial de vixilancia O grupo municipal do BNG de Vilagarcía solicita que o Concello pinte a bandeira LGTBIQ+ en bancos de diferentes espazos do municipio para ampliar o compromiso coa diversidade. O grupo municipal do PP do Grove fai balance da primeira metade do mandato e percibe ao alca...
2025-06-23
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 20 06 25
O IV Congreso Foromar márcase como reto conseguir a compatibilidade do marisqueo con outra actividade complementaria para poder sobrevivir. Sanxenxo exixe a Costas a sustitución urxente da pasarela de Baltar, que se encontra nun avanzado estado de deterioro co conseguinte risco para as persoas Vilagarcía lanza 120 abonos gratuitos para os festivais Revenidas e Atlantic Fest dirixidos á veciñanza menor de 30 anos que se encontro en situación de desemprego e sen cobro de prestación. Vilanova estrea a marca ‘Vilanova Turismo’ para poñer en valor o municipio como destino de referencia baixo o slogan "Un mar de vida", qu...
2025-06-20
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 19 06 25
O grupo de goberno de Vilagarcía levará ao pleno municipal deste mes unha modificación de crédito por importe de 135.000 euros para o Parking Xoan XXIII e o proxecto do Ramal. A empresa madrileña ‘Obras y Pavimentos Especiales’ acometerá as obras de reforma da pista de atletismo de Vilagarcía e a mellora da súa iluminación por un importe de 149.500 euros. O sindicato Unións Agrarias, en colaboración co Concello, celebrará esta tarde en Cambados unha sesión informativa sobre a declaración da comarca do Salnés como Zona Vulnerable a Nitratos. Vilanova agarda poder estrea...
2025-06-19
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 18 06 25
Cinco persoas foron detidas esta mañá en Pontevedra nunha operación conxunta entre a Policía Nacional e a Policía Local para desartellar unha rede de distribución de cocaína a pequena escala que operaba principalmente en zonas de lecer nocturno. De moi bo agrado acolleu o Concello de Vilagarcía, e tamén o de Caldas, o anuncio da Xunta asegurando que no mes de xullo iniciará a tramitación para ampliar o polígono do Pousadoiro. Vilagarcía lanza a marca "VGA 365" para aglutinar todos os eventos culturais que se desenvolven na cidade, tanto os organizados por colectivo...
2025-06-18
14 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 17 06 25
A Xunta de Galicia avanza na ampliación do Polígono do Pousadoiro. Así o asegurou esta mañá a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, tras un encontro celebrado en Vilagarcía con empresarios da comarca para analizar as necesidades de solo industrial. Novos achádegos no Castro Alobre de Vilagarcía. Expertos do CSIC descubriron novas estruturas defensivas na área sur, unha zona que "apenas amosara evidencias arqueolóxicas relacionadas co xacemento" ata agora. O grupo municipal de Esquerda Unida de Vilagarcía reclama axilidade nas obras de acondicionamento do albergue de peregrinos de Carril para po...
2025-06-17
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 16 06 25
Vilagarcía reclama á Xunta que arranxe canto antes os viais autonómicos que atravesan a localidade. Comeza o programa municipal de formación profesional do Concello de Vilagarcía co curso de especialista en mecanizado. O Obradoiro Dual de Emprego de Cambados, promovido dende a Xunta de Galicia, encara a recta final co 70 por cento de insercion laboral e cos últimos traballos realizados polos os 20 alumnos e alumnas das especialidades de albanelería e carpintería. A Illa de Arousa viviu este domingo o primeiro día da entrada en vigor da nova norma que regula o tráfico na recén crea...
2025-06-16
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 12 06 25
Investígase como posible crime machista a morte da parella de Moraña que apareceu calcinada en Campo Lameiro. O Ministerio de Igualdade está recabando os datos para poder confirmalo, segundo informa a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero nunha mensaxe na rede social X. A Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés sumouse esta mañá cunha concentración ante o Hospital do Salnés ás mobilizacións convocadas en todas as comarcas de Galicia para denunciar as demoras nas listas de espera en probas diagnósticas. A Illa de Arousa implanta novas medidas de control de est...
2025-06-12
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 11 06 25
Un importante incendio afectou esta mañá a unha nave industrial do Grupo Eiriz situada no concello de Portas, na EP-8004, preto da Azucareira. Investígase un incendio registrado esta mañana en la sede del grupo de moteros Rebels Hispania que deixou calcinado o interior do inmoble. Indignación en Moraña ante a decisión do Concello de decretar tres días de loito oficial pola parella atopada calcinada en Campo Lameiro, non so pola muller senon tamén polo home, que tiña condenas previas por violencia machista. Vilagarcía aumenta o sistema de compostaxe con dúas novas illas...
2025-06-11
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 10 06 25
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a implantación dun servizo gratuito de autobús entre os concellos de Portas, Moraña e Campo Lameiro con financiación do Ministerio para a Transición Ecolóxica. A empresa que asfaltou hai unhas semanas a avenida Juan Carlos I repintará os pasos de peóns da Avenida das Carolinas a vindeira semana. O Concello responde á intención da veciñanza de facer os traballos eles mesmos. A Xunta executa a renovación do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por dez municipios do Salnés e da área de Pontevedr...
2025-06-10
15 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 09 06 25
Dous mariñeiros foron rescatados esta mañá por outro barco tras afundirse o pesqueiro no que faenanban na costa de Corrubedo, en Ribeira. Un ciclista resultou ferido esta mañá en Meis tras impactar contra un coche cando circulaba pola estrada entre Barrantes e Mosteiro Un camión avariado na contorna da ponte de Rande provocou importantes problemas de circulación durante esta mañá causando idemoras entre Vigo e Pontevedra. A empresa valenciana ‘Vilor Infrestructuras’ executará as obras de ampliación da piscina municipal cun orzamento de 3,2 millóns de euros e un prazo de execución dun ano. A Axencia Tributaria devolv...
2025-06-09
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 05 06 25
Alfonso Rueda asegurou que conocía desde el mes de febrero a denuncia por agresión sexual presentada contra Alfonso Villares e durante a toma de posesión da nova Conselleira desexou que se faga xustiza canto antes para poder recuperalo canto antes para a vida pública. Os cinco detidos na operación antidroga desplegada esta semana en Vilagarcía pasarán ao longo de hoxe a disposición xudicial nos xulgados de instrucción de Vilagarcía. As instalacións municipais do campo de futbol de Burgáns, en Cambados, foron obxeto dun roubo durante algún momento da pasada noi...
2025-06-05
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 04 06 25
Ainda continúa aberto e baixo segredo de sumario o último operativo contra o tráfico de drogas desplegado este martes no Salnés pola Udyco da Policía Nacional coa detención de alomenos cinco persoas detias e a incautación de medio kilo de cocaína. A Guardia Civil detivo ao presunto autor dunha agresión cun machete sucedida a pasada semana en Vilanova, na contorna do parque de O Cabo. A Policía Nacional desplegará “de xeito inmediato” un amplo dispositivo de vixilancia na contorna da Praza de Barcelos, en Pontevedra, trala brutal agresión, con coitelo de por medio, en...
2025-06-04
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 03 06 25
Novo operativo antidroga no Salnés, con rexistros en diversos puntos da comarca, especialmente Vilagarcía. A operación permanece desplegada dende primeiras horas da mañá por axentes da Udyco da Policía Nacional, co apoio dun helicóptero, e, a falta de confirmación oficial, podería haber varias persoas detidas. E hoxe tamén coñecemos os datos do paro rexistrado o pasado mes. As nosas comarcas seguiron a mesma tendencia nacional, con baixadas en todos os concellos sen excepción, a consecuencia do inicio das contratacións estivais. A última intervención realizada polo Concello de Vilagarcía nos petroglifo...
2025-06-03
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 02 06 25
A Garda Civil prosigue as investigacións sobre o suceso acontecido esta fin de semana en Campo Lameiro, sen confirmar oficialmente que se trate dun caso de violencia machista pero coas investigacións dirixidas cara ese suposto. Localizada e recuperada na contorna do miradoiro a Cruz de Xiabre que fora arrancada a pasada semana nun acto vandálico. As cacharelas volven ás praias da Concha-Compostela. O Concello publica o bando para a realización de fogueiras, tanto para San Xoán como para San Pedro, cuxo prazo de solicitude acaba o 18 de xuño. O grupo de goberno do Grove leva ho...
2025-06-02
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 30 05 25
O Congreso ForoMar, impulsado dende Upta España, márcase nesta edición como reto conseguir a compatibilidade do marisqueo con outra actividade que sexa complementaria sen que elo supoña ningún perxuizo para as traballadoras do mar. A recuperación da fachada marítima na contorna do Ramal iniciará as obras na segunda metade de xuño. O Concello ven de adxudicar os traballos a empresa Marconsa, por un importe de 1,1 millóns de euros. O Partido Popular de Vilagarcía solicitou unha reunión co Ministro de Transportes, Oscar Puente, para, xunto aos os restantes partidos da corporación...
2025-05-30
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 28 05 25
Vilagarcía lanza o programa Vilagarcía 100% destinado únicamente ás persoas residentes no municipio para que coñezan de preto o seu patrinomio natural e se convertan en prescriptores do mesmo. O alcalde de Cambados, Samuel Lago, reúnese co Conselleiro de Comercio para concretar a posible financiación autonómica do proxecto da praza de abastos, unha vez aprobado o Plan Especial de Portos. A Festa do Albariño reforza a súa proposta musical cun "cartel inédito" de música urbana. DEI V, Brytiago e Yan Block actuarán o 1 de agosto na Praza de Fefiñáns na súa única da...
2025-05-28
15 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 27 05 25
Últimos datos da operación antidroga desplegada a pasada semana en Vilanova que desartellou unha rede de tráfico de estupefacientes polo miudo. Foron detidos tres veciños da localidade, con antecedentes policiais, acusados dun supuesto delito de tráfico de drogas e outro por pertenza a grupo criminal. O subdelegado do goberno, Abel Losada, avanza en Vilagarcía o compromiso de continuar co reasfaltado da N-640 na medida que vaia habendo o orzamento necesario. Losada e o alcalde Alberto Varela supervisaron as obras na avenida Juan Carlos I, que, se non xurden imprevistos, reabrirase ao tráfico nas vindeiras horas. ...
2025-05-27
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 26 05 25
A Avenida Juan Carlos I de Vilagarcía queda pechada ao tráfico hoxe e mañá polas ofras de asfaltado que executa o Ministerio de Transportes. Comeza a tramitación do proxecto de humanización da rúa Vilaboa, en Sobradelo, e o súa contorna co inicio da licitación por un importe base de 400.000 euros cun prazo de execución de seis meses. O Partido Popular de Vilagarcía amosa a súa preocupación pola posible responsabilidade patrimonial que tería que asumir Vilagarcía ante o incumplimento da sentenza sobre o convenio urbanístico de Lantero. O PP de Cambados...
2025-05-26
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 23 05 25
Novo operativo antidroga no Salnés contra unha rede de pequena escala. A Garda Civil desartellou unha organización radicada en Vilanova adicada á distribución na rúa, incautandose de diferentes cantidades de haxís e cocaína. Un vehículo quedou totalmente calcinado tras un aparatoso incendio cuando circulaba de madrugada pola Autovía do Salnés. A Garda Civil investiga ao conductor dunha motocicleta que fuxiu dun control policial na estrada PO-548 á altura de Catoira. Uns 50 productores, pemes e persoas autónomas do sector do aceite de toda España déronse cita esta mañá en Vilagarcía nun evento promov...
2025-05-23
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 22 05 25
Unha nova rotura na rede de auga principal situada na avenida das Carolinas, á altura do hipermercado Alcampo, deixar sen subministro a unha parte de Vilagarcía. Vilagarcía vive hoxe o día grande das Festas de Santa Rita nun festivo local marcado pola tradicional procesión da virxe, que este ano cambia de percorrido debido ás obras que se están a executar na rúa Conde Vallellano. Ribadumia celebrará o 8 de xuño a Andaina Solidaria que, por segundo ano consecutivo, será en beneficio da asociación TDAH Salnés e cun percorrido de 9 kilómetros apto para todas as edade...
2025-05-22
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 21 05 25
Vilagarcía inaugura esta tarde as Festas de Santa Rita nunha xornada marcada pola actuación da orquestra Panorama en Fexdega a partir das 22:30 horas. A regularización do viño barrantes non será antes do ano 2027.Así o confirmou esta mañá o director Estación de Viticultura e Enoloxía, Juan Carlos Vázquez, durante unha visita ás instalacións da Conselleira do Medio Rural María José Gómez, acompañada do alcalde David Castro. O Mosteiro de Armenteira foi este ano o lugar escollido pola Deputación para a celebración do Día Internacional do Té cunha cata-degustació...
2025-05-21
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 20 05 25
O 112 en Galicia mantense operativo e funciona con normalidade trala incidencia na rede dixital de Telefónica que afectou ao servizo de Emerxencias de varias Comunidades Autónomas. Sigue en estado grave o home que este luns sufriu queimaduras no seu pescozo e faciana trala explosión dunha batería no seu barco amarrado no porto de Vilagarcía. A Xunta Local de Goberno de Vilagarcía aprobou o proxecto para executar novas obras na sala de exposicións Rivas Briones, así como na fachada do edificio que a alberga. Comezan os traballos de ensanchado e mellora do firme na rúa Dona...
2025-05-20
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 19 05 25
Un camión que transportaba madeira envorcou esta mañá na N-640 a su paso por el término municipal de Cuntis provocando retencións á altura do kilómetro 219 do vial. Un turismo invade a rotonda da Vichona, en Sanxenxo, arrolando dúas sinais e unha farola. O grupo de goberno de Vilagarcía leva a pleno unha moción para que a corporación inste a Renfe e ao Ministerio de Transporte "a manter unha conexión directa entre Vilagarcía e Madrid con chegada a primeiras horas da mañá". Vilagarcía reforza o control e protección das colonias felinas na localid...
2025-05-19
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 07 05 25
Nova operación contra o narcotráfico enArousa. Oito persoas detidas e cinco rexistros nun operativo desplegado en varios puntos da comarca coa incautación de pequenas cantidades de heroína, cocaína e haxis. Investígase o incendio rexistrado esta pasada madrugada nun garaxe dun edificio de tres plantas ubicado na urbanización Veiga de Lamas, en Carril, que calcinou por completo tres vehículos e afectou a outros dous. O Concello de Vilagarcía investiga a orixe e composición dunha mancha de aspecto barrento que apareceu a ultimas horas da pasada tarde no extremo sur da praia da Concha...
2025-05-07
15 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 06 05 25
O paro baixou nas nosas comarcas o pasado mes, con descensos prácticamente xeneralizadas en todos os concellos. O Salnés pechou o mes de abril con 206 parados menos para un total de 4.527, sendo Vilagarcía o concello que máis tirou do emprego con 64 persoas que encontraron traballo. No caso do Barbanza, rematou o pasado mes con 2.370 persoas no paro e 45 desempregados menos, a maior parte procedentes de Rianxo, con -29. Vilagarcía pon en marcha o plan de reparación de beirarrúas. A Xunta Local de Goberno vén de aprobar a súa adxudicación á empresa Moncosa por...
2025-05-06
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 05 05 25
Máis da metade dos praceiros de Vilagarcía, 51 dos 58 que traballan na Praza de Abastos, xa están adheridos ao servizo de reparto a domicilio implantado polo Concello. A Illa de Arousa proxecta humanizar as rúas Marqués de Bradomín e Alcalde Graña, completar a renovación da praza interior do Naval e a construcción dun pequeno anfiteatrro nos xardíns de Goday. O alcalde de Cambados solicita ao presidente da Xunta Alfonso Rueda que inclúa ao seu concello entre os municipios que se beneficiarán do plan para a construcción de 24 centros de maiores en...
2025-05-05
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 02 05 25
A rúa Bouza de Abaixo, de Vilaxoán, será de prioridade peonil trala reforma de humanización proxectada polo Concello un investimento de case 800.000 euros, a través do Plan Máis Provincia da Deputación. A Consellería de Medio Rural comezou os estudos e análises cos que se predende conseguir a tan ansiada regularización da uva de folla redonda que permitiría comercializar o viño barrantes. Unha legalización que, en todo caso, se sigue marcando non antes do período 2026-2027. Ribadumia presdentou hoxe a 52 edición da Festa do Tinto do Salnés, que se celebra...
2025-05-02
21 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSAS NOTICIAS 25 04 25
Tres veciños do Grove, con antecedentes policiais, detidos como supostos autores dos roubos en establecementos de hostelería rexistrados nos últimos días. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o presidente da Deputación Luis López, asinaron esta mañá o convenio que cofinanciará a segunda fase da ampliación da piscina municipal de Fontecarmoa a través do Plan Extra. Sanxenxo inicia as obras do bombeo do Espiñeiro que mellorarán a rede de saneamento de Portonovo. Vilagarcía pon en marcha o vindeiro martes unha nova edición da Semana Muller e Cultura, adicada nesta ocasión á...
2025-04-25
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 24 04 25
Feijóo anuncia dende a adega Paco & Lola, en Meaño, un plan de competitividade para a economía española que o PP presentará no Congreso dos Deputados como proposición non de lei. O Concello de Vilagarcía executará a mellora do parque infantil de Matosinhos cun investimento duns 15.000 euros e abre a licitación do kiosko da praia Compostela. As obras de construcción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais da Illa de Arousa, iniciadas o pasado novembro, avanzan segundo o previsto. Ribadumia leva resoltas este ano arredor de 500 incidencias no municipio comunicadas a través do sistema...
2025-04-24
14 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 23 04 25
O Concello do Grove ven de activar un Plan de Acción Inmediata con medidas urxentes para mellorar a seguridade e frear os actos delictivos. Na Illa de Arousa estará esta tarde a presidenta da sociedade estatal Acuaes para supervisar cómo se van desenvolvendo os traballos da primeira fase da futura EDAR. Mensaxe de tranquilidade da Xunta: a zona establecida no seu momento para a construcción de 350 vivendas públicas no barrio das Carolinas non é definitiva. O grupo municipal do BNG de Sanxenxo denuncia as primeiras deficiencias trala reforma do Miradoiro da Peixeira. Hoxe, Día do Libro, a Bibli...
2025-04-23
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 22 04 25
A serie de roubos que se veñen rexistrando no Grove dende hai semanas, intensificados nos últimos días, está a provocar a alarma social e preocupación no goberno local. O grupo municipal de EU pide a reunión urxente da Xunta Local de Seguridade. Preocupación entre algúns propietarios de parcelas do barrio das Carolinas, en Vilagarcía, ante a posibilidade de que as súas fincas poidan ser expropiadas polo Plan de Vivenda Pública da Xunta. Alcaldes e responsables socialistas da comarca do Salnés e Ulla Umia visibilizaron esta mañá en Carril a súa oposición ao...
2025-04-22
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 15 04 25
A intensa sarabia que caeu este mediodía acompañada dunha treboada provocou en Vilanova un accidente de tráfico por alcance con tres vehículos implicados e tres persoas feridas. A Garda Civil detivo nas últimas horas ao suposto autor dos roubos con tirón rexistrados no Grove nas últimas semanas. A Garda Civil de Pontevedra desarticulou unha organización empresarial presuntamente dedicada á comisión de delitos de estafa e branqueo de capitais. O futuro da empresa Coinba de Vilaxoán é a “crónica dunha morte anunciada”. O sindicato CIG asegura que a producción está totalmente parada dende o pasado novembro...
2025-04-15
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 14 04 25
A Garda Civil busca ao autor dun roubo mediante tirón rexistrado esta mañá no Grove. Segundo a denuncia da víctima, un encarapuchado que ía en bicicleta derribou á muller e sustraeulle o bolso, dándose inmediatamente á fuga. A Policía Local de Vilagarcía inicia hoxe unha campaña especial de vixilancia para controlar a circulación de vehículos de mobilidade persoal (VMP) durante a Semana Santa. As condicións meteorolóxicas serán determinantes para que se acaben confirmando as reservas hoteleiras para os días fortes de Semana Santa, dende o xoves ao sábado. O goberno de Vilagar...
2025-04-14
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 11 04 25
O sector vitivinícola do Salnés recibiu hoxe unha doble cita política para abordar a situación creada ante a crise arancelaria imposta por EEUU. O secretario xeral do PSdG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, pediu dende Martín Codax a implicación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda con medidas impulsadas dende o seu goberno e instou ao PP a apoiar no Congreso o decreto anunciado polo goberno de España. O BNG reclama medidas de acompañamento técnico e financeiro por parte da Xunta para o sector vitivinícola, como expresaba a voceira nacional Ana Pontón qu...
2025-04-11
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 10 04 25
Veciñanza, comerciantes e hosteleiros da Illa de Arousa concentráronse esta mañá diante do Concello en protesta polo Plan de Mobilidade que entrou en vigor esta semana con restriccións ao tráfico rodado na creada zona residencial do casco urbano. Coinciden co goberno local en que se debe regular a circulación rodada polas rúas máis céntricas pero consideran que as medidas foron adoptadas sen consenso e de forma prematura. O alcalde Luis Arosa asegura que as medidas responden ás queixas de numerosa veciñanza ante o contínuo tráfico rodado e insiste en que se irán a...
2025-04-10
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 09 04 25
A Garda Civil busca a tres homes que esta pasada noite asaltaron unha vivenda do Grove nun intento de roubo con violencia e intimidación. Dous pequenos incendios rexistráronse nas últimas horas en Vilagarcía e en Vilanova, afortunadamente sen danos persoais en ningún deles. A Asociación Amencer Aspace de Vilagarcía destinará a recadación do II Solifest que organiza xunto coa asociacion veciñal do Piñeiriño á adquisición de elementos de fisioterapia para mellorar a mobilidade das persoas usuarias do Centro Princesa Letizia de Vilagarcía. En Cambados recalou hoxe a Oficina Móbil da Policía Na...
2025-04-09
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 08 04 25
O plan de mobilidade que o Concello da Illa de Arousa empezou a implantar na creada zona residencial do casco urbano da Illa espertou xa as primeiras protestas de comerciantes e empresarios que convocaron unha concentración para este xoves. Unha única empresa presentouse ao concurso de licitación para acometer as obras de ampliación da piscina municipal de Vilagarcía, que este luns pechou o prazo de entrega de ofertas. A Mancomunidade do Salnés intensifica as súas relacións co mercado chinés, en particular coa provincia de Fujian, coa que xa iniciaron intercambios en materia de turism...
2025-04-08
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 07 04 25
Comezaron os traballos de renovación do firme no acceso da PO-307, na contorna da rotonda da Franqueira, unha antiga demanda do Concello da Illa que xa se remonta á anterior lexislatura. Vilagarcía abre o prazo para solicitar a instalación de atraccións e postos con motivo das Festas de Santa Rita. Esquerda Unida Vilagarcía solicita ao Concello que estableza a gratuidade do VaiBike ante a reclamación presentada por persoas usuarias do servizo polas deficiencias de funcionamento que presenta. O grupo municipal de Somos Ribadumia sospeita que o Concello está privatizando a xestión do Punto Limpo de maneir...
2025-04-07
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 04 04 25
A Illa de Arousa iniciará este luns a implantación dun Plan de Mobilidade que restrinxirá a circulación rodada nunha zona residencial do casco urbano de 42 rúas e 200.00 metros cadrados de superficie. En todo caso, o Plan de Mobilidade non afectará aos accesos ás praias. Neste caso, comezará a aplicarse a zona azul para visitantes na Area da Secada coa intención de estender a medida a outras praias do municipio. Os alcaldes socialistas do Salnés desvelaron hoxe o soldo que, ao seu entender, recibe o concelleiro de Meaño Independente, José Asperez, a cambio do seu voto a favor...
2025-04-04
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 03 04 25
Os patinetes eléctricos volven a estar involucrados en accidentes de tráfico. Unha persoa que circulaba nun destes vehículos resultou ferida esta mañá tras ser atropelada en Portonovo nun accidente rexistrado sobre as 9 horas. A Cofradía de Cambados inicia hoxe a semente de medio milleiro de ameixa babosa no banco marisqueiro de O Sarrido, nunha actuación subvencionada pola Consellería do Mar. A Adega Attis de Meaño foi unha das beneficiarias da liña de achegas impulsada pola Xunta de Galicia para axudar a súa distribución en terceiros países Os hospitais do Salnés e Mont...
2025-04-03
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 02 04 25
Hoxe 2 de abril, conmemórase o Día Internacional do Autismo con iniciativas institucionais e de colectivos para concienciar á poboación na necesidade de mellorar a calidade de vida das persoas con este trastorno. Un desexo que expresaba dende Vilagarcía un dos usuarios da asociación Bata na lectura do manifesto pronunciado na Casa Consistorial. Tamén en Cambados, o Concello e a Asociación Bata conmemoraron o Día Internacional do Autismo coa correspondente lectura do manifesto. Previamente, o alcalde Samuel Lago quixo aproveitar a ocasión para visitar, acompañado do presidente da Asociación Bata, Mario Trigo, a sed...
2025-04-02
15 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 01 04 25
Unha muller de avanzada idade foi atropelada esta mañá en Vilagarcía nun paso de peóns tras unha colisión entre dous vehículos na avenida das Carolinas. Ata cinco teléfonos móbiles e un moedeiro con preto de cen euros, son algunhas das pertenzas que forman parte da lista de Obxectos Perdidos en Vilagarcía entre febreiro e marzo deste ano. Vilagarcía incorpora unha trintena de operarios para reforzar, principalmente, os servizos de Obras e Parques e Xardíns. EU de Vilagarcía denuncia que sete meses despois de que rematese o prazo, o grupo de goberno toda...
2025-04-01
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 31 03 25
Co aumento das temperaturas chegan os incendios forestais, ainda que afortunadamente en pequena escala. O servizo de Emerxencias de Vilagarcía tivo que intervir esta mañá na extinción dun pequeno lume declarado na contorna do polígono de Bamio. A corporación municipal de Sanxenxo aprobou hoxe en pleno o orzamento municipal para este ano, por valor de 41 millóns de euros. O documento contou coa abstención do BNG por considerar que as contas volven deixar fóra actuacións de gran calado e non contemplan grandes investimentos no rural. Vilanova aprobará esta noite en pleno o informe de interven...
2025-03-31
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 10 03 25
Vilagarcía reúne a estas horas a Mesa Local de Comercio co obxetivo de abordar a reorganización do mercado ambulante. Comezan as obras de reposición de lousas danadas na rúa Valentín Viqueira para sustituir unhas 60 pezas que se atopan desgastadas polo paso de peóns e ocasionalmente de vehículos. Bota a andar a Residencia de Maiores Meis, ubicada na Goulla, no que foi o antigo Motel Montecarlo. Un inmoble totalmente reconvertido que ten capacidade para 59 persoas, repartidas entre 27 habitacións dobles e 5 individuais, cuha plantilla formada por 19 traballadores. En Sanxenxo, a Dirección Xeral de Tráfico...
2025-03-10
13 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 07 03 25
Xornada véspera do 8M que acolle numerosos actos reivindicativos en conmemoración do Día da Muller por coincidir o 8 de marzo en fin de semana. Foi o caso de Vilagarcía, Cambados ou Sanxenxo. A Illa de Arousa porá en marcha este verán medidas para mellorar o tráfico, a seguridade e a accesibilidade nas zonas máis transitadas da localidade. Entre elas un bus lanzadeira ou zona azul en Area da Secada. O Plan de Emprego da Mancomunidade do Salnés da saída laboral a unha nova promoción de especialistas en Xestión de Almacén tras...
2025-03-07
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 06 03 25
O albergue de Carril forma parte dende hoxe da Rede pública de Albergues do Camiño de Santiago, o primeiro na Ruta do Mar de Arousa e Rio Ulla. O alcalde Alberto Varela e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinaron esta mañá o convenio de cesión e entrega de chaves das instalacións. O grupo municipal do PP de Vilagarcía critica a “falta de ideas” do goberno local por presentar un proxecto de 6,4 millóns de euros á convocatoria dos próximos fondos europeos EDIL “cando podían optar a 15 millóns de euros”. O grupo municipal de Es...
2025-03-06
14 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 05 03 25
O Entroido continúa na comarca nesta xornada de Mércores de Cinza na que Cambados e a Illa de Arousa celebran os seus respectivos Enterros da Sardiña. O Desfile de Vilagarcía deixou como gañadora a parodia ‘Castrodona' da Anpa A Escardia de Vilagarcía dentro dos grupos de máis de 20 participantes. No Festival de Comparsas de Cambados a agrupación Los lunes al col regresou ao primeiro posto tras unha segunda votación por empate coa tamén cambadesa Os martes paracetamol. Vilagarcía acollerá este sábado 8 de marzo a 30 edición dos Xogos Autonómicos de D...
2025-03-05
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 04 03 25
Pendentes do tempo estan en Vilanova para a celebración do Momo este domingo a partir das 17.00 horas presentado po Xacobe Pérez e o humorista Pepo Suevos, coa participación no desfile dunhas 2.000 persoas e 40 comparsas. Vilagarcía celebra esta tarde o seu Desfile de Entroido con máis de 500 participantes e 16 comparsas procedentes de toda a provincia. A cabalgata iniciarase as 17:00 horas dende Alexandre Bóveda. No Grove, o Desfile de Entroido partirá dende ás 17 horas dende a Praza do Concello para rematar no pabillón municipal coa entrega de premios do concurso de disfraces. O paro correspondente ao pasado...
2025-03-04
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 03 03 25
Vilagarcía saca a licitación por 1,1 millóns de euros o proxecto de recuperación da fachada marítima na zona do Ramal, que conectará o paseo da praia co peirao e o parque de Miguel Hernández. O PP critica que o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela “ralentice a construcción de vivienda pública” na cidade e o Concello asegura que está disposto a ceder unha parcela de titularidade municipal. EU de Vilagarcía chama ao entendemento das administracións local e autonómica para darlle unha saída á "lamentable" situación da estación de autobuses cunha "suave...
2025-03-03
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 28 02 25
Un veciño de Cambados de 52 años faleceu esta madrugada cuando traballaba no desmontaxe dun escenario da orquestra Marbella no Entroido de Verín. Un aparatoso accidente rexistrouse a primeiras horas desta mañá na estrada PO-531 ao seu paso pola parroquia de Curro, en Barro, sen provocar, afortunadamente, feridos graves. O alcalde de Vilagarcía Alberto Varela asegura que o Concello non posúe ningún proxecto sobre a Estación Intermodal trasladado pola Xunta de Galicia e tan só dispón dun borrador entregado pola daquela Conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez no 2021. A programación de Vilagarcía para o 8M in...
2025-02-28
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 27 02 25
Vilagarcía está a efectuar os primeiros traballos de revisión do areal da Concha -Compostela para evitar que volva a proliferar a planta do cadillo. Cambados pechou esta mañá o Ano Asorey coa entrega dos premios do concurso escolar Reinterpretando a Asorey, dotado con 3.150 euros e diversos lotes de libros. Cambados será, previsiblemente, a nova ubicación do Festival O Son do Mar Segundo confirman fontes do Concello, xa está asinado un acordo para a celebración do Festival O Son do Mar no Pombal do 24 ao 26 de xullo, é dicir, nos días previos á Festa do Albariño. Os parques de bo...
2025-02-27
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 26 02 25
Vilagarcia perde ao que foi o primeiro alcalde da democracia. José Recuna Villaverde faleceu hoxe aos 98 anos de idade. O conflicto laboral no que estiveron inmersos os bombeiros da provincia, entre eles os de Vilagarcía e Ribadumia, péchase definitivamente hoxe. O Consorcio Provincial contra Incendios de Pontevedra aprobou esta mañá o seu primeiro convenio colectivo para o persoal operativo do catro parques. O persoal das fábricas de Atunlo en Cambados e O Grove vive estes días con preocupación ante o posible desenlace do concurso de acreedores. O Concello de Vilagarcía habilitará este xoves e venres un...
2025-02-26
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 25 02 25
O Grove quedou en silencio este mediodía en lembranza de Andrés Rico. Unha numerosa representación da veciñanza, que vive tres días de loito decretados polo Concello, arroupou a familiares e amigos no acto convocado pola corporación municipal ante o Consistorio, cuxa praza quedou pequena para albergar a sentida homenaxe a un veciño apreciado na vila. O Concello de Vilagarcía investirá preto de 5.000 euros na reparación da fachada da Sala Rivas Briones para evitar as filtracións. Cambados conmemora este venres o Día Mundial das Enfermedades Raras mediante unha orixinal iniciativa impulsada po...
2025-02-25
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 24 02 25
Loito no Grove polo falecemento de Andrés Rico, o veciño meco de 68 anos que resultou ferido grave o pasado 15 de decembro nunha agresión cando presenciaba un partido de balonmán cadete feminina que seu neto arbitraba no pavillón de Vilalonga. O alcalde de Ribadumia, David Castro, e o Concelleiro do goberno local Miguel Castro compareceron esta mañá no xulgado de Instrucción número 2 de Cambados por presunta prevaricación administrativa relacionada coa Festa do Tinto do pasado ano. O Concello de Vilagarcía reforzará a seguridade viaria no Camiño a Renza, en Sobrán, nunha actuació...
2025-02-24
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 21 02 25
Unha operación antidroga desenvolta no porto de Marín pola Garda Civil e Vixiancia Aduaneira localizou 120 kilos de cocaína nun barco ruso atracado na localidade. O Concello de Catoira volve a reclamar á Deputación de Pontevedra unha reforma en profundidade da estrada provincial entre Carracedo e o municipio vikingo. Máis de 400 estudantes dos institutos de Vilagarcía participaron esta mañá na terceira edición do Programa de Formación e Orientación Laboral (In)fórmate organizdo pola Concellería de Xuventude. O recinto de Fexdega terá unha nova pista polideportiva para fútbol sala e balonmán, aínda que tamé...
2025-02-21
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 20 02 25
Alianza da oposición do Grove en apoio do Festival Son do Mar. PP, EU e BNG respaldan conxuntamente a celebración do evento musical na zona do Corgo, un emplazamento que o Concello rexeita por considerar que elimina prazas de aparcamento en plena época turística. Ribadumia celebra un Pleno inicialmente extraordinario e finalmente urxente para aprobar a conta xeral de 2023 na que se inclúen achegas que se deben xustificar antes de mañá 21 de febreiro, de ahí a súa urxencia, segundo xustifica o grupo de goberno. Estacionar nas zonas de carga e descarga foi a infracción máis denun...
2025-02-20
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 19 02 25
A estrada provincial entre Carracedo e Catoira volveu ser escenario dun accidente. Un camión cargado de conserva saiuse da vía, perdendo o control do vehículo nunha das curvas e envorcou en medio da calzada impedindo a circulación en ambos sentidos. O conductor resultou ferido leve. Investíganse as circunstancias dun incendio rexistrado a pasadada madrugada no que quedaron calcinadas unhas 130 nasas de pesca apiladas ao aire libre na zona portuaria de Ribeira. As perdas están valoradas en máis de 4.000 euros. Detido por violencia machista un veciño de Pontevedra de 29 anos que recoñeceu agredir a...
2025-02-19
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 18 02 25
Un total de 243 mulleres foron atendidas por casos de violencia de xénero ao longo do pasado ano no CIM do Salnés. A entidade comarcal organiza para este 8M actividades ao longo do mes de marzo nos cinco concellos baixo a campaña “A nosa historia facémola nos”. O Concello de Vilagarcía opta a novos fondos europeos por importe de 6,4 millóns de euros con cinco proxectos que, de conseguir as achegas, deben estar executados antes de que finalice o ano 2029. Augas de Galicia está a realizar traballos de restauración fluvial na bacía do río Umia -nos co...
2025-02-18
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 17 02 25
A Dirección Xeral de Tráfico iniciaunha nova campaña de vixilancia e control de camións e autobuses nas estradas da provincia co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade. Permanecen ingresados no Hospital Montecelo os cinco homes, con idades de entre 26 e 40 anos, que este domingo resultaron feridos nun grave accidente rexistrado na Autovía do Salnés. As oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social en Pontevedra permanecen sen atención ao público a consecuencia dun cortocircuito rexistrado no edificio onde se ubica, na rúa Gagos de Mendoza. Sanxenxo inicia a instalaci...
2025-02-17
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 14 02 25
A Mancomunidade do Salnés e Augas de Galicia volverán a reunirse o vindeiro martes para seguir explorando solucións contra a contaminación que ven sufrindo o rio Umia ao seu paso polo lugar de Cabanelas, en Ribadumia. O presidente comarcal David Castro apela á "sensibilidade" coas empresas. O grupo municipal de Somos Ribadumia volve ser crítico coa xestión da Mancomunidade ante a problemática dos verquidos no Umia, lamentando “o retroceso ao punto de partida de 2016, sen solucións claras e sen que ninguén asuma responsabilidades”. O Programa de Emprego Integrado do Salnés forma unha nova promo...
2025-02-14
20 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 13 02 25
O sector mar industria do Salnés implícase na prevención da violencia machista. Unha vintena de industrias conserveiras e depuradoras da comarca asistiu esta mañá á presentación, promovida dende o CIM do Salnés, da Guía lanzada dende a Xunta de Galicia para a detección no ámbito laboral de víctimas de violencia de xénero. A rua Wenceslao Fernández Flórez, que da acceso ao barrio do Piñeiriño, abriuse esta mañá á veciñanza despóis das obras de ensanche executadas polo Concello cun orzamento de case 200.000 euros financiados con Plan Mais Provincia da Deputacion. O BNG...
2025-02-13
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 12 02 25
A Policía Local de Sanxenxo tramitou dilixencias contra un conductor por triplicar a taxa de alcool e provocar un accidente na contorna da rotonda de Baltar, afortunadamente sen feridos graves. O incendio dun televisor obriga a desaloxar de madrugada un edificio da rúa Sierra, en pleno centro histórico de Pontevedra. Costas do Estado está disposta a asumir a rehabilitación da praia do Preguntoiro se Portos de Galicia reverte a súa titularidade. Vilagarcía estende as celebracións do Entroido dende o sábado 1 de marzo con animación polas rúas pero elimina o Festival de Comparsa...
2025-02-12
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 11 02 25
O Intituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, ubicado en Vilaxoán, designado hai catro anos como laboratorio referente nacional para a análise de biotoxinas mariñas, debe transformarse en axencia pública autonómica, O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visita o Intecmar despóis de presenciar unha recollida de mostraxes na ría de Arousa. A Audiencia Nacional alonga seis meses máis a instrucción sobre o naufraxio do pesqueiro Villa de Pitanxo en augas de Terranova. En Vilagarcía, a Xunta de Goberno Local adxudicou a Marconsa a humanización de Conde Vall...
2025-02-11
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 10 02 25
A decisión da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de ampliar os usos dunha das naves das que dispón a agrupación de Parquistas de Carril no Ramal chegará ao Parlamento de Galicia da man do BNG. A xunta de goberno local de Vilagarcía aprobou hoxe o arranxo do semáforo do Piñeiriño e as setenta luminarias de Sobradelo danados no ultimo temporal por importe total de 12.000 euros. O Partido Popular de Vilagarcía volve a denunciar o "deplorable estado" da pista multiusos da Tomada en Carril. O Banco de Alimentos de Pontevedra distribuiu o ano pasado mái...
2025-02-10
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 07 02 25
Unha operación conxunta da Axencia Tributaria e a Policía Nacional frustrou a instalación dunha fábrica clandestina de tabaco na parroquia pontevedresa de Cerponzóns. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita a apelación de José Carlos Eirín en confirma a súa condena polo asasinato da veciña de Barro Jéssica Méndez empotrando su vehículo contra o dela en marzo de 2022. A Illa de Arousa fixo públicas esta mañá as conclusións da enquisa para coñecer as necesidades reais de vivienda no municipio cara o proxecto, a longo prazo, de construi...
2025-02-07
15 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 06 02 25
A Consellería do Mar abriu esta mañá en Vilagarcía a primeira oficina Es.Mar da comarca que se une ás sete extendidas xa pola xeografía galega para prestar asesoramento ao sector sobre os programas do Fondo Europeo Marítimo. Aumentan os casos de gripe aviar e, por tal motivo, o Concello de Vilagarcía pasa a ser considerado pola Xunta de Galicia como Zona de Especial Vixilancia (ZEV). A Mancomunidade do Salnés celebrará esta tarde o pleno comarcal no que se abordará a aprobación do proxecto de mellora do ciclo integral da auga na comarca. En Sanxenxo...
2025-02-06
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 05 02 25
Augas de Galicia comprometeuse hoxe no Parlamento a asumir parte das obras de ampliación do saneamento na Illa de Arousa. Foi na resposta do responsable do organismo autonómico, Fernández Añón, a unha pregunta oral na Comisión de Medio Ambiente realizada pola deputada socialista Paloma Castro. O Concello de Cambados eliminou recentemente dous puntos de verquido de augas residuais que se estaban producindo na parroquia de Corvillón descubertos por Augas de Galicia. Vilagarcía publica a modificación da resolución da alcaldía de xullo de 2023, coa que se reordenan as delegacións responsabilidade de Lino Mour...
2025-02-05
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 04 02 25
As nosas comarcas comezaron este 2025 con leves aumentos xeneralizados que no Salnés deixan 4.950 persoas sen traballo, 71 máis que no remate do ano. No caso do Barbanza, empeza 2025 con 2.421 persoas no paro, 12 máis que o mes anterior. En Sanxenxo, comezaron as obras de rehabilitación do antigo colexio de O Cruceiro que albergará un centro Social e a Escola de Hostelería de formación dual en Formación Profesional, coa previsión de que estean rematadas en febreiro do vindeiro ano. O grupo municipal do PP reitera as súas críticas ao Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A...
2025-02-04
13 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 03 02 25
Operación en Pontevedra contra unha rede vinculada ao terrorismo islámico. Tres mozos, de entre 22 e 32 anos, foron detidos na cidade do Lérez por difusión de propaganda yihadista a través de redes sociais e en avanzado estado de radicalización. Dúas persoas resultaron feridas por arma blanca nun altercado rexistrado na madrugada deste domingo na céntrica praza de Valentín Escudero, en Pontevedra. O conductor dun vehículo resultou ferido leve tras unha saída de vía rexistrada esta mañá na rúa Epifanio Campo, en Sanxenxo. O Concello de Vilagarcía instalará mañá martes e tam...
2025-02-03
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 31 01 25
A Unión Profesional de Traballadores Autonómos, Upta, realiza o primeiro estudio a nivel estatal que visibiliza a importancia e a desigualdade da muller no sector do mar. O Concello de Vilagarcía iniciou un expediente de ruína técnica da Casa Jaureguízar como única maneira de desbloquear o proxecto para transformar ese espazo nun centro social. Cambados ten xa ultimado o programa do Entroido que comezará o venres 28 de febreiro, repartirá 15.000 euros en premios e que no enterro da Sardiña queimará á proxectada macrocelulosa de Altri. Seis alumnos e alumnas da segunda promoción do FP Dual de Hoste...
2025-01-31
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 30 01 25
A Fundación Acción contra el Hambre, coñecida polas súas iniciativas en Vilagarcía cara a empregabilidade das persoas máis vulnerables, extende agora o seu ámbito aos Concellos de Meis e Ribadumia para crear as primeiras Escolas Inclusivas na comarca. Regresa o Ciclo de Concertos Matutinos Achégate ao Salón con citas nos meses de febreiro, marzo e abril e coas actuacións de Quique González & Toni Brunet, Tulsa e Escuchando Elefantes. O grupo socialista de Ribadumia insta á Xunta de Galicia e ao goberno local a asumir a construción dunha nova sede para a Agrupación...
2025-01-30
14 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 29 01 25
Nova xornada de temporal... A borrasca Ivo entrou con forza nas primeiras horas do día, amainando xa co avance da mañá. Tralo paso da fronte entra o norte con aire frío que nos deixa chuvascos localmente tormentosos acompañados de saraiba. Dentro das nosas comarcas o vento acada rachas de ata 70 kms hora e a cidade de Pontevedra é a que rexistra máis incidentes, cun total de 29, como a caída dunha árbore que causou danos na cristaleira dunha lavandaría ou o desprendemento dun gálibo nunha rúa urbana. En Vilagarcía de Arousa, na rúa Preguntoiro...
2025-01-29
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 28 01 25
O temporal provocado pola borrasca Herminia vai amainando pero todavía seguimos nunha sucesión de frontes atlánticos co anuncio dunha nova borrasca que chegará mañá mércores. Chámase Ivo e agárdase que traia abundantes chuvias, vento e temporal marítimo, ademáis de baixas a cota de neve, segundo as informacións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). De momento, este martes continúa en alerta bermella o litoral das provincias de Pontevedra e A Coruña, por ondas de entre 8 e 9 metros. A Xunta mantén activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de i...
2025-01-28
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 27 01 25
Actualidade local e comarcal deste luns 27 de xaneiro.. Pasaremos a semana entre borrascas e temporais alomenos ata que o xoves, segundo as previsións, comecen a recuperarse as altas presións. I é que ao longo da fin de semana agárdase xa unha melloría significativa que traerá tempo seco e soleado. De momento, hoxe seguimos todavía baixo os efectos da borrasca Herminia.. O temporal vai remitindo en terra pero non así no mar e de feito está decretada a alerta vermella por temporal costeiro no litoral da provincia, onde se agardan ondas de ata 10 metros. Segundo a Axencia Estatal d...
2025-01-27
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 24 01 25
A Garda Civil investiga as circunstancias que rodean o falecemento dunha veciña de Cambados de 82 anos que foi atopada sen vida no interior dun pozo de auga, de entre catro e cinco metros, situado na horta da súa propia vivenda. As delegacións arousás trasladadas a Fitur regresan xa tras dúas intensas xornadas de traballo para promocionar os seus destinos turísticos. No caso da Mancomunidade do Salnés, a súa proposta convida a unha nova forma de facer o camiño, dirixida ás persoas que queren combinar a peregrinaxe polas Rutas Xacobeas con experiencias e estancia...
2025-01-24
16 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 23 01 25
Turismo Rías Baixas presentou en Fitur, no espazo de TurGalicia e con numerosa presencia de público, a súa campaña de promoción turística" Cando Volves?, un audiovisual que, desta volta, pretende difundir os atractivos e ofertas do interior da provincia de Pontevedra, A comarca do Salnés también está hoxe moi presente na segunda xornada de Fitur. Cambados, divulga a súa oferta turística e gastronómica como Pueblo Mágico de Galicia e con presencia propia por primeira vez no stand de TurEspaña. Previamente, a partir das 17 horas, de novo no espazo de TurG...
2025-01-23
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 22 01 25
Actualidade local e comarcal deste mércores 22 de xaneiro.. Seguimos co predominio das baixas presións nunha xornada de ceos cubertos e chuvias febles e intermitentes. As temperaturas baixan a mínimas de 11 graos e máximas de 16. Segundo as previsións de Meteogalicia, mañá xoves as borrascas atlánticas darán unha pequena tregua pero regresarán a partir do venres para prolongarse durante a fin de semana.
2025-01-22
17 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 21 01 25
Investígase un posible axuste de contas relacionado co narcotráfico tras un suceso acontecido esta fin de semana en Vilanova no que se mistura un posible intento de estafa e un accidente de tráfico. Un home veciño de Barcelona foi detido como suposto responsable no caso da veciña de Barro que descubriu que a súa exparella tentaba contratar a un sicario a través da internet escura “dark web” pagando 18.000 euros en bitcoins. Un incendio urbano declarado esta madrugada nunha vivenda de dúas plantas ubicada en Pontearnelas, nas inmediacións da gasolinera, motivou o traslado de t...
2025-01-21
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 20 01 25
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acolle hoxe un novo intento no xuizo por contrabando de tabaco contra a presunta organización que, segundo a Fiscalía, dirixía o exalcalde de Ribadumia, xa falecido, José Ramón Barral Martínez. A partir de hoxe, e ata novo aviso, sete municipios da comarca do Salnés están afectados polo nivel alto de risco de gripe aviar, decretado polo Ministerio de Agricultura. O goberno de Vilagarcía considera unha "tomadura de pelo" a actitude da Xunta de Galicia ante a reivindicación de que se dote á cidade dunha estaci...
2025-01-20
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 17 01 25
Turismo de Pontevedra desembarcará a vindeira semana en Fitur cunha ampla axenda de actividades para divulgar o potencial "dunha provincia extraordinaria á que ir e volver", segundo indicaba esta mañá o presidente da Deputación, Luis López, que detallou os eventos programados pola institución provincial e que se desenvolverán no stand de TurGalicia. A Xunta de Goberno provincial acordou o expediente para contratar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial entre Xil-As Covas-Barrantes cun investimento total de preto de 1,3 millóns de euros. Luis López deu a benvida ao goberno provincial a novo deputado Ricardo Ma...
2025-01-17
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 15 01 25
Novo operativo contra o narcotráfico no Salnés. Sete persoas foron detidas nun na operación desplegada durante esta madrugada conxuntamente pola Guardia Civil e a Policía Nacional na contorna de Vilanova de Arousa. Tras diversos rexistros, os axentes incautáronse dunha importante cantidade de cocaína en fardos, ademáis dunha narcolancha. En canto á ultima hora sobre o violento asalto sufrido por unha parella de Meis no seu domicilio de Paradela, a Garda Civil localizou nas proximidades da vivenda o coche roubado polos tres autores dos feitos. Dentro das hipóteses, o ataque investígase como unha posible dé...
2025-01-15
18 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 14 01 25
Brutal asalto en Meis: a Garda Civil mantén un amplo operativo na comarca na busca dos tres individuos que sobre as 5 e media desta madrugada, encarapuchados e con lubas, asaltaron a unha parella na súa vivenda en Meis cando saían para o traballo. Segundo fontes da investigación, os asaltantes son de nacionalidade española e falaban castelán con acento galego. "Cando Volves", a nova campaña de promoción turística das Rías Baixas que convida a redescubrir o interior da provincia. O audiovisual foi presentado en estrea hoxe nun hotel rural de Tomeza, en Ponteve...
2025-01-14
19 min
Podcast AROUSA SI RADIO
AROUSA NOTICIAS 13 01 25
O Servizo Galego de Saúde prevé que a vindeira semana se chegue a un nivel “alto” de risco asistencial no pico da gripe, que aumenta en incidencias tralos encontros do nadal pero ainda en fase crecente. Previsiblemente a penúltima de xaneiro, prevese que aumenten as hospitalizacións. De momento, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, hai arredor de medio centenar de doentes ingresados con patoloxías respiratorias. O proxecto Louceiros de Bamio, promovido polas Mulleres Rurais de Bamio para a recuperación e difusión do pasado oleiro do lugar, chega ao Museo do Pobo Galego, en Sa...
2025-01-13
16 min