podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Roxin Roxal
Shows
Roxín Roxal (programas de radio)
Emerxencia lingüistica extrema na Galiza. Canversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (MNL)
Despois da publicación dos últimos datos do IGE sobre o uso do galego, Marcos Maceira e Elsa Quintas, da Mesa pola Normalización Lingüística, conversan con Daniel Seixo sobre o futuro do nosa idioma. Outubro 2024.
2024-11-15
1h 13
A GALIZA e o GALEGO
O galego é xa minoritario. Emerxencia linguística.
Conversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística) na Asociación cultural Roxin Roxal despois dos alarmantes dados do IGE publicados pasado 11 de outubro do 2024. Por vez primeira en séculos, o galego xa é o idioma minoritario na Galiza!! E é que o Galego, malia a súa teórica oficialidade, sofre un continuo menosprezo e coaccións para poder usalo libremente na Galiza. Ou é que alguén pensa que pode usar libremente o galego, sen ningún problema, na súa propria terra?... Abonda coa propia vontade para usar o galego?... Ou existen imp...
2024-10-28
1h 03
Roxín Roxal (programas de radio)
Tecer poder popular. Entrevista a Iñaki Gil de San Vicente
Iñaki Gil de San Vicente é un profesor e pensador vasco e marxista, coñecido polo seu activismo na esquerda abertzale. "Tesis contra el fascismo: 2005-2018" (DDT Liburuak, 2018), "'El Capital', un libro que asusta al capital… Y al reformismo" (Boltxe Kolektiboa, 2019) e "Pensar y practicar el marxismo" (Boltxe Kolektiboa, 2019) son os títulos dos seus últimos libros. Hoxe, entrevistado por Daniel Seixo, contamos con el no estudio de gravación da ACLP Roxín Roxal (Paderne, Galiza). Dispoñíbel tamén en YouTube: https://youtube.com/live/vvU8eiKczdQ
2024-07-17
1h 48
A GALIZA e o GALEGO
Ricardo Carvalho Calero. Por Pilar García Negro
Palestra de Pilar García Negro sobre a figura do inesquecível escritor e linguista Ricardo Carvalho Calero, referente fundamental do movimento reintegracionista galego. No 2020 foi homenageado no dia das Letras Galegas. Esta palestra foi organizado pola "Asociación Cultural Libre de Paderne Roxin Roxal" no 2020.
2024-05-25
1h 41
A GALIZA e o GALEGO
Prisciliano e a Gallaecia - Victorino Pérez Prieto
Entrevista no programa "Diálogos de Paderne" no 2024 a Victorino Pérez Prieto, sobre a figura de Prisciliano, e a súa importante pegada na Gallaecia. Provem da ACLP Roxín Roxal, e o entrevistador é o jornalista Daniel Seixo.
2024-05-23
1h 27
A GALIZA e o GALEGO
As mulleres "espontaneadas". A legalización das nais fóra do matrimonio no século XIX
Entrevista ao historiador Ángel Arcay na ACLP Roxin Roxal, no 2023, no que se achega ao descoñecido fenómeno das mulleres “espontaneadas”, a propósito do seu libro: "MULLERES ESPONTANEADAS: FRAXILIDADE HUMANA E CÓPULA CARNAL NAS COMARCAS DO EUME E FERROL (XVIII-XIX) ". Con esta denominación de "espontaneadas", coñecíanse, na Galiza, ás mulleres que se presentaban, diante das autoridades para "auto inculparse" polo feito de ficar grávidas fóra do matrimonio, e así "legalizar" a súa situación e evitar no posíbel ser molestadas.
2024-05-23
34 min
A GALIZA e o GALEGO
Nós Diario. O ÚNICO diario en galego. Entrevista a María Obelleiro.
Nós diario é o único diario publicado íntegramente en galego na historia da Galiza. Nen sequera o emblemático "A nosa terra" foi quen de manter unha publicación diaria (era decenal, quincenal e até mensual, segundo as circunstancias históricas, mais nunca diario). A súa presenza é sorprendentemente recente... O seu primeiro número impreso, aínda que pareza mentira, non saiu á rúa até o 2 de xaneiro do 2020!!!... Coma quen dí, antonte!... Entrevista a súa directora, María Obelleiro, pola Asociación Roxín Roxal no 2023.
2024-05-19
46 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Prisciliano, un símbolo necesario, con Victorino Pérez Prieto
A figura do bispo galaico Prisciliano (340-385), a primeira persoa condenada a morte pola Igrexa Católica na súa historia, arraiga especialmente na Galiza tardorromana e altomedieval. Executado por herexe, a súa figura é obxecto de continua investigación nos nosos días. O profesor e ensaísta Victorino Pérez Prieto (Hospital de Órbigo, 1954) é un destacado especialista no estudo de Prisciliano e o priscilianismo. O xornalista Daniel Seixo entrevistouno o pasado venres 12 de xaneiro de 2024 nos Diálogos de Paderne en liña.
2024-02-24
1h 38
Roxín Roxal (programas de radio)
Entrevista a Christina Moreira, muller galega, católica romana e presbítera
Nos primeiros días de outubro de 2023 a policía italiana detiña a galega Christina Moreira na praza vaticana de San Pedro baixo o cargo da presunta usurpación do “hábito talar”. Christina Moreira, muller sacerdote católica, celebra misa (en galego, naturalmente) desde hai anos na Comunidade do Home Novo na Coruña, aínda que en aberta contradición coa oficialidade da Igrexa. Francesa e galega ao mesmo tempo, Christina mantén as súas raíces familiares nunha parroquia do concello de Paderne.
2023-11-24
1h 05
Roxín Roxal (programas de radio)
Enerxía eólica, como? Aproveitando as nosas renovábeis sen destruír o País. Daniel Seixo entrevista X. M. Golpe
Xosé Manuel Golpe, enxeñeiro técnico industrial e experto en renovábeis, dános as claves indispensábeis para entender o noso presente eólico. Nun país normal os seus argumentos serían o pan de cada día nos medios públicos e privados. Aquí non. Non perdades de escoitar, enteira e con calma, a entrevista que Daniel Seixo lle fixo o pasado venres 15, desde o estudio de Roxín Roxal en Paderne.
2023-10-07
1h 02
Roxín Roxal (programas de radio)
Camarada Fraga. Daniel Seixo entrevista Manuel Monge
O xornalista Daniel Seixo entrevista Manuel Monge, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, sobre o recentemente estreado documental "Camarada Fraga", unha achega documentada á "cara B" do exministro franquista e expresidente da Xunta.
2023-05-15
1h 07
Roxín Roxal (programas de radio)
Entrevista ao debuxante Xoán Andrade
O xornalista Daniel seixo entrevista desde o estudio de gravación de RR o debuxante, ilustrador, caricaturista e ensinante Xoán Andrade Vidal, autor de numerosos traballos que se expoñen até 08/03/23 no Edificio Arquivo de Betanzos.
2023-03-04
1h 13
Roxín Roxal (programas de radio)
A rosa incandescente: conversa con Anxos García Fonte.
Desde o estudio de gravación de Roxín Roxal, o xornalista Daniel Seixo entrevista Anxos García Fonte, inspiradora, guionista e produtora da curtametraxe "A rosa incandescente". O filme, que repasa a vida de Rosalía de Castro como muller e escritora, foi galardoado co primeiro premio no festival de cinema de Castellaneta (Puglia, Italia).
2022-12-10
1h 06
Roxín Roxal (programas de radio)
Conversa co escritor Xesús Fraga (Premio Nacional de Narrativa) e Francisco Pico (autor de "Recordos daquel pasado")
O xornalista Daniel Seixo entrevista o escritor Xesús Fraga é Premio Nacional de Narrativa (2021) co seu libro "Virtudes (e misterios)". Xesús prorroga o libro "Recordos daquel pasado", un estudo etnográfico sobre a parroquia de Vigo (Paderne) no que Roxín Roxal colabora. O seu autor, Francisco Pico Pena, e a súa neta Nuria están activamente presentes na conversa.
2022-09-30
1h 21
Roxín Roxal (programas de radio)
Carlos Callón: O libro negro da lingua galega
Conversa entre Carlos Callón e a presentadora María Gutiérrez sobre O libro negro da lingua galega, imprescindíbel novidade editorial do profesor e lingüista, que relata feito por feito os 500 anos de imposición do castelán en Galiza. Entrevista efectuada no estudio de gravación de Roxín Roxal, previa á presentación do libro en Betanzos (22/07/11).
2022-08-09
1h 06
Roxín Roxal (programas de radio)
Segredos de Labrada. Conversa con Branca Villar e Antón de Guizán
Unha zona chea de inesperados segredos artísticos, históricos e naturais atópase (tamén) en perigo pola ofensiva dos macroparques eólicos, que ameaza con estragar o que queda do mundo rural galego. Branca e Antón, impulsores da Nova Poesía Guitírica (Guitiriz, Lugo) participan nesta imprescindíbel conversa en liña. O rural galego sabe defenderse!
2022-06-01
1h 18
Roxín Roxal (programas de radio)
A Torre de Teodomiro e o Monte do Gato
O venres 29 de maio de 2022 tivemos nas nosas canles de YouTube e Facebook a Antón Malde e Aranza González, que nos falarán do próximo roteiro do día 8 de Maio, A Torre de Teodomiro. Malde explicounos a relevancia histórica e arqueolóxica da descuberta da Torre no Monte do Gato. Aranza comentounos os últimos acontecementos na loita que se desenvolve nas Mariñas en defensa da integridade dese espazo natural.
2022-05-01
1h 51
Roxín Roxal (programas de radio)
Francisco Rodríguez. A Idade Media, unha etapa estelar e conflitiva de Galiza.
Antes da presentación en Betanzos do seu novo libro , o político e historiador Francisco Rodríguez mantivo esta conversa no estudio de gravación da ACLP Roxín Roxal. Rodríguez demostra no seu libro a singular importancia do Reino de Galiza no conxunto peninsular da Idade Media, unha preponderancia sempre ocultada e negada pola historiografía españolista.
2022-03-01
1h 20
Roxín Roxal (programas de radio)
O Pazo de Meirás é do pobo. Conversa con Carlos Babío e Silvia Seixas
As visitas efectuadas ao Pazo de Meirás en setembro de 2021 ergueron un grande interese nos socios e achegados de Roxín Roxal. Nesta conversa, conducida por María Gutiérrez Calvete para o noso programa en Radio Filispim 93.9 FM (Ferrol e comarca), Silvia e Carlos achegan toda a información sobre as causas e o momento actual (decembro 2021) da loita polo Pazo. Carlos Babío é coautor do libro Meirás, un Pazo, un caudillo, un espolio. Silvia Seixas é unha das 19 de Meirás, colectivo encausado por un acto reivindicativo no mesmo Pazo. O sociólogo e xornalista padernense Daniel Seixo parti...
2021-12-18
1h 38
Roxín Roxal (programas de radio)
Conversa com Adela Figueroa na apresentação do seu novo livro
"As mulheres da Csa da Bouça da roupa estendida" é o novo romance de Adela Figueroa Panisse. Antes da sua apresentação em Sada, conversamos com a autora para Rádio Filispim 93.9 FM.
2021-10-23
57 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Mesa redonda: Que pasa no Monte do Gato?
Acto em linha que tivo lugar o passado 20 de maio de 2021 sobre a problemática do Monte do Gato (Aranga, Coirós e Oza-Cesuras, na província da Corunha, Galiza) espaço natural ameaçado pola ofensiva dos parques eólicos. Participam Antóm Malde (arqueólogo), Fernando Bandín (naturalista), Aranza González (secretaria da Comunidade de Montes de Fervenzas) e Adela Figueroa (Adega).
2021-04-25
1h 50
Roxín Roxal (programas de radio)
Roxín Roxal: Presentación dos Roteiros de Primavera 2021
Apón un período de inactividade debido á pandemia da Covid-19, a Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal presenta a súa programación para a primavera de 2021.
2021-04-11
56 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Carlos Callón: Presentación do poemario Inscricións
Caros Callón presenta desde Lisboa, onde traballa, o seu segundo poemario. É un acto celebrado en liña e retransmitido a través da nosa canle de YouTube (ACLP Roxín Roxal) e Facebook (páxina co mesmo nome).
2020-11-10
1h 01
Roxín Roxal (programas de radio)
Mesa redonda Patrimonio: como rematarmos co desastre
Durante o confinamento pola Covid-19 producíronse en Galiza renovados atentados contra o patrimonio no medio rural. Esta é unha mesa redonda online organizada pola ACLP Roxín Roxal o 29 de maio de 2020, que contou coa participación de Antón Malde, Adela Figueroa, Xabier Moure, Soledad Felloza e Puri Soto.
2020-07-21
1h 43
Roxín Roxal (programas de radio)
Por quê celebrarmos Carvalho Calero. Palestra em linha por Pilar Garcia Negro
No ano Carvalho Calero a professora Pilar Garcia Negro oferece uma palestra em linha sobre a figura do inesquecível escritor e linguista galego. Organiza a Associação Cultiral Livre de Paderne Roxin Roxal.
2020-06-01
1h 52
Roxín Roxal (programas de radio)
Conversa con Xurxo Souto. Presentación do libro "A gran travesía de Chiruca Macallás" 06/03/2020
Conversa co autor do libro, o músico e escritor Xurxo Souto. Entrevista grava para a ACLP Roxín Roxal en marzo de 2020 para o programa de radio da Asociación en radio Filispium 93.9 FM.
2020-03-07
48 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Fragas do Mandeo. Conversa con Fernando Bandín 29/01/2020
ACLP Roxín Roxal. Conversa con Fernando Bandín para o programa de radio de Roxín Roxal en Radio FilipiM 93.9. Bandín é o principal impulsor de Fragas do Mandeo, asociación ecoloxista e conservacionista implicada activamente en varios proxectos de coidado e custodia do territorio. Presenta María Gutiérrez Calvete.
2020-01-29
53 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Roxín Roxal 5. O Entroido de Samede
Entrevista con Emi Cagiao e José Antonio Cagiao, dous dous organizadores e recuperadores do Entroido de Samede (San Xulián de Vigo, Paderne). Esta celebración recuperouse recentemente e hoxe conta como un dos grandes entroidos galegos grazas ao entusiasmo de veciñas e veciños como os que hoxe entrevistamos.
2020-01-01
31 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Roxín Roxal. Proxecto Concomitentes en Betanzos
Gracación da entrevista a Fran Quiroga e Helena Couto, impulsores do Proxecto Concomitentes. Este proxecto tenta implicar a poboación da vila para a creación conxunta dunha obra de arte sobre a figura dos irmáns García Naveira.
2019-12-11
41 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Roxín Roxal 3 Agosto 2019 Roteiro Paderne
Programa de radio da ACLP Roxín Roxal. Crónica do roteiro efectuado por dúas parroquias do concello de Paderne o 2 de xuño de 2019. Contén entrevistas e intervencións de veciñas e veciños.
2019-08-02
56 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Roxin Roxal 2 (Maio 19)
Programa de radio da Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal. Entrevistas a Camilo Nogueira e Fernando Patricio. Roterios de Primavera 2019.
2019-05-16
59 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Roxín Roxal 1 (Abril 2019)
Primeira edición do programa de radio da ACLP Roxín Roxal. * Vigo 1972, longametraxe documental. Entrevista. * Xornada de Patrimonio en Betanzos de 16 de marzo de 2019 * A relixión no Ourovello (Adragonte, Paderne) libro etnográfico de Antonio Rodríguez Cabanas.
2019-03-22
58 min