podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Unha Pedra No Zapato
Shows
Unha pedra no zapato
Obra de Musas
Cambiar é algo común aos seres vivos: a serpe muda de pel, os cans mudan de pelo, a larva muda o casulo polas ás de bolboreta, as árbores mudan as follas, ... En realidade o ser humano é o único que se resiste á continua metamorfose que require a Vida. As mudanzas alíñannos con novas etapas que son necesarias para a nosa evolución. Podemos cambiar de nome, lugar, destino, oficio, vestimenta, opinión, gusto, costumes, aparencia física, comportamento ou moral. Na miña experiencia, toda mudanza vén antecedida por unha ruptura: algo quebra e dos seus anacos xorde aquilo que cha...
2023-12-20
05 min
Unha pedra no zapato
Chorona
Algunha vez vos dixeron iso de: « Non chores que te pos fea. » ? Supoño que é unha estratexia moi recorrente entre proxenitoras para conseguir que as súas pequerrechas deixen o tan molesto choro, pero en realidade ese comentario está sentando as bases para xulgarnos e avergoñarnos do noso propio pranto. Chorona: que chora moito e facilmente. Dende que era cativa fustrigáronme innumerables veces chamándome así. Porén, para min chorar é un balsámico ritual de limpeza. Cada unha das bágoas vai lavando o meu interior até deixarme exhausta, pero saneada e en calma para volver a afro...
2023-11-14
04 min
Unha pedra no zapato
De-presión
Hai unha frondosa foresta de presión ao noso redor que fai que o espazo dispoñible para ser libremente se reduza a unha minúscula leira interna cercada por un valado de ditames sociais. Construímos en base a eses mandatos externos pensando que será por e para o noso ben, pero cando os ladrillos se desfán nas nosas mans e vemos que todo é unha invención perpetuada e asentada no medo á incerteza e aos riscos e renuncias que implica ser xenuinamente; quedamos desorientadas sen referencias nin indicacións e doídas polo engano da expectativa de garantías. E aí é c...
2023-10-11
07 min
Unha pedra no zapato
Nüshu, a escritura de mulleres
No século XIX nace en China, no distrito de Jiangyong pertencente á provincia de Hunan, un tipo de escritura creada e usada exclusivamente por e para mulleres. A escritura nüshu deriva dos caracteres chineses, pero adopta unha forma romboide en vez de cadrada sendo os seus elementos principais o punto, as liñas verticais, as liñas inclinadas e as liñas arqueadas. A pesar de ser esencialmente unha escritura íntima reservada ao ámbito privado, atopouse unha moeda de bronce cunha inscrición en nüshu que di:
2023-09-06
04 min
Unha pedra no zapato
Ferida mestra
Unha ferida pode ser física ou do espírito, externa ou interna; pero en calquera caso trae consigo unha ensinanza para quen a padece. Mentres doe non somos capaces de ver a aprendizaxe que nos aporta e aínda menos de ver o don para axudar a outras a través dela. Máis ben pretendemos escondela por medo e vergoña. En cambio, só cando a destapamos pode deixar de ser unha carga para nós e converterse nunha inspiración para as demais. O máis doado é sentirnos vítimas das accións das outras e culp...
2023-08-09
05 min
Unha pedra no zapato
Un cóctel de intelixencias
O que cadaquén entende por intelixencia é subxectivo por iso: que definición imos impoñer como única se todas son válidas? Grazas ás investigacións no eido da Psicoloxía, descubriuse que o conxunto das capacidades mentais e habilidades socioemocionais dunha persoa son variadas e, polo tanto, permiten poder falar de intelixencias múltiples.
2023-07-04
06 min
Unha pedra no zapato
Custas afundidas
Que pasa con todo ese tempo, dedicación, diñeiro, investigación, entrega, atención e ilusión que orientamos a un destino ao que finalmente non chegamos? Acaso é un barco naufragado no fondo do mar? En Economía manéxase o termo “custas afundidas” para referirse á suma pagada no pasado e que, en teoría, xa non é relevante na toma de decisións presente con respecto ao futuro. Así pois, moi a pesar do que as teorías e predicións económicas sobre o comportamento humano consideran “racional”, as persoas vémonos influenciadas por estas custas á hora de tomar de...
2023-06-07
05 min
Unha pedra no zapato
O mestre toxo
A pesar das súas recias e punzantes espiñas, xa amamos o toxo como parte do noso acervo paisaxístico e cultural. En Galicia existen tres tipos de toxo: toxo brañego (Ulex minor); toxo gateño tamén chamado toxo femia ou toxo molar (Ulex galli); e o toxo arnal asemade denominado toxo macho, toxo albar, toxo bravo ou toxo branco (Ulex europeaus) que é o que acada a maior altura e a maior presenza nos nosos montes. A súa flor leva o nome de 'chorima' e como é unha das miñas palabras preferidas en galego, ap...
2023-05-10
07 min
Unha pedra no zapato
A illa das lembranzas
En moitos casos estas acordanzas son angustiosas e ferintes e por iso escapamos a fume de carozo, mais a cada paso ditos recordos seguen espreitándonos con sixilo para aparecer no momento que menos o esperamos. Renegar de certos eventos do pasado para suprimilos da nosa memoria ou distorcer o ocorrido para poder convivir con iso, son estratexias que adoitamos aplicar inconscientemente. Ao fin e ao cabo, xa temos abondos obstáculos cos que batallar no noso día a día como para andar cargando con sucesos pretéritos que nos causan malestar, non si? Pero ante a impos...
2023-04-12
06 min
Unha pedra no zapato
O pastel do privilexio
Privilexio é a vantaxe pola que alguén está libre dunha obriga ou pola que pode ter ou facer algo que o resto non pode sexa por concesión dun superior ou por determinada circunstancia propia. Privilexio odioso é aquel que prexudica a unha terceira persoa. Privilexio gracioso é aquel que se concede sen atención aos méritos do privilexiado senón por graza ou parcialidade do superior. A miña definición de privilexio é máis banal: un devora os tres cuartos do pastel mentres que á outra tócalle un cuarto do pastel máis a obriga de cociñalo e de limpar a cociñ...
2023-03-08
03 min
Unha pedra no zapato
A alquimia do barbeito
Para min o traballo persoal é alquimia. O fermoso, creo eu, é que imos destilando e atravesando etapas até poder abrazar todas as nosas cores. É un traballo da vida enteira xa que sempre aparecen situacións que nos amosan o que nos queda por integrar en certos ámbitos.
2023-01-06
03 min
Unha pedra no zapato
Como fala o amor?
Se vivides en terras galaicas estou segura de que vos preguntaron máis dunha vez: “E queres kiwis?” ou “Has levar patacas?”. E que me dicides das famosas moreas de friameiras con comida feita da casa para levar? En Galicia, sen dúbida os produtos da horta e das árbores froiteiras así como a comida son mostras idiosincráticas de amor que transcenden xeracións. As preferencias ou gustos específicos á hora de dar e recibir amor configuran unha especie de idioma afectivo intrínseco a cada individuo. Segundo o autor Gary Chapman existen cinco linguaxes do amor.
2022-12-30
05 min
Unha pedra no zapato
Vaca
Non hai paisaxe galega na que non estean presentes as vacas. Na miña opinión, é o noso animal emblemático como pobo. É a imaxe do noso contexto histórico, político e social como ben a representaba Castelao nos seus debuxos. Lémbrome especialmente dun deles no que se vía en segundo plano a unha familia da aldea chorando porque lles morrera unha vaca e, en primeiro plano observando a estampa, un público “señorito” ríndose do pranto aldeán por consideralo ridículo. Grazas a que miña mai e meu pai decidiron dedicarse...
2022-12-23
07 min
Unha pedra no zapato
Necesidades creadas
Estamos nunha época do ano na que consumimos desaforadamente con escusas como o xogo da amiga invisible, a aparición dun ancián de barba branca que vén do Norte montado en zorra tirada por renos, a chegada duns reis magos que veñen de Oriente en camelo, ... Temos unha grande inventiva para xustificar e enfeitar o noso consumismo nestas datas. Moitas veces asociamos comprar con suplir unha necesidade que dicimos ter. Outras veces desexamos algunha cousa moi intensamente e por iso a mercamos. En calquera caso, resulta que hai algo que nos “falta” e que se “compl...
2022-12-16
05 min
Unha pedra no zapato
No medio da montaña
Ser mediocre vese como algo negativo por unha falta de talento ou de coñecemento. En realidade, o feito de ser chamada mediocre, nace do choque entre as expectativas daquelas que nos rodean e a nosa realidade sexa nun contexto persoal ou laboral. O problema é cando nós mesmas asimilamos a visión desa persoa externa á que lle asignamos autoridade por diversas razóns (pode ser a nosa tía, a nosa avoa, a nosa xefa, unha amiga, ...) e xorde no noso interior a censora que nos abafa con críticas destrutivas que nos fan sentir mediocres e crer que iso sign...
2022-12-09
04 min
Unha pedra no zapato
O estímulo da ignorancia
As adultas non temos por que sabelo todo. Simplemente facemos o que podemos co que sabemos en cada momento. Non saber é válido e non debemos avergonzarnos nin pretender aparentar que somos seres omniscientes, pois o máis humano é precisamente non ter as respostas. A ignorancia non é un estado perpetuo, senón unha fase pola que pasamos diariamente; pero iso non impide que poidamos estar receptivas e dispoñibles a aprender en vez de usala como escusa. O certo é que a ignorancia, máis que unha carencia, pode converterse nun incentivo marabilloso. Recoñecer e aceptar a propia ignorancia deixa espazo par...
2022-12-02
05 min
Unha pedra no zapato
Cousas de mulleres
A menstruación, o embarazo, o aborto, as violacións, os acosos e as agresións sexuais enténdense como “cousas de mulleres”. Por que? Pois porque o que é definido como “universal” é o concernente ao home cis-xénero heterosexual sendo considerado o oposto “particular” todo o que non lle afecte a este suxeito. O paradoxal é que sendo supostamente “cousas de mulleres”, quen lexisla sobre ditos temas acaban sendo os homes... O espazo público implica para nós non ter certas actitudes demasiado proactivas ou de liderado, non ir vestidas segundo de que xeito, non falar segundo de que maneira, ... É dicir, “permitíusenos” saír...
2022-11-25
14 min
Unha pedra no zapato
Aprendendo das dunas
Destrución implica limpar e eliminar para liberar espazo e tempo e que poidan nacer un baleiro e un silencio que nos leven cara dentro para poder crear. Cada certo tempo vén o momento de destruír, de pechar, de poñer fin para que outros inicios poidan darse. A morte de algo e logo, o renacer. Candoa duna termina de construírse pola acción do vento e acada un tamaño de entre catro e seis metros, a area comeza a desprenderse dando lugar a novas dunas pequenas, que ao ser máis veloces que as g...
2022-11-18
05 min
Unha pedra no zapato
Coidado ou control?
Probablemente, identificar cando as demais tratan de controlarnos sexa máis fácil que detectar o control que nós tratamos de exercer sobre as outras, máis que nada porque culpar ás demais é psicoloxicamente máis soportable que asumir as propias sombras que gardamos entre bastidores. Podemos facernos conscientes das dinámicas de poder que subxacen a calquera relación entre persoas e, dese xeito, darémonos de conta de que aplicamos todas estas estratexias porque, de xeito inconsciente, buscamos con ansiedade sentirnos amadas e seguras; pero iso non xustifica o noso comportamento controlador. Cando dici...
2022-11-11
07 min
Unha pedra no zapato
Apego ou amor?
Acabadas de nacer, detectamos que podemos morrer e, polo tanto, para sobrevivir apegámonos ás nosas criadoras. Son a nosa primeira fonte de amor e os nosos primeiros vínculos relacionais. O apego emerxe sendo necesario para a nosa supervivencia cando somos cativas así que non é algo nocivo per se. É unha vinculación emocional moi intensa que sentimos cando somos pequenas con respecto ás persoas das que dependemos para a nosa seguridade, protección e consolo; e, alén de ser algo que sentimos, o apego fainos comportarnos de determinada maneira e condiciona como nos relacionamos incluso na nosa adultez po...
2022-11-04
08 min
Unha pedra no zapato
O conxuro da efervescencia
Hai instantes nos que me embarga a iracunda, a perversa, a celosa, a manipuladora, a vingativa, a envexosa, a soberbia, a fachendosa, a condescendente, a caprichosa, a violenta, … Algunhas veces sentíame culpable porque a miña programación mental facíame xulgar que non debía sentir iso. Porén, identificar o que sinto é o primeiro paso para poder aceptalo e darme de conta de que todas as emocións están aí para ser vividas. Recoñecerme experimentando todas estas facetas faime poder abrazarme enteira e conectar coa humanidade. Estes estados que emerxen da miña escuridade máis auténtica...
2022-10-28
04 min
Unha pedra no zapato
O verme do reencontro
Fai pouco estiven en dous eventos - un profesional e outro familiar - e neles atopeime con persoas que facía moitos anos que non vía. Cada persoa fainos amosar unha parte de nós específica: ás veces unha máscara para a ocasión e, outras, unha faceta auténtica. Reencontrarnos con persoas que fai tempo que non vemos é como ese momento no que Alicia entra na tobeira do coello branco e cae por un furado inesperado que a lanza ao “país das marabillas”. O reencontro implica atravesar un buraco de verme que nos arrastra nunha viaxe es...
2022-10-21
04 min
Unha pedra no zapato
S.O.S.
O 10 de outubro celebrouse o Día Internacional da Saúde Mental e este é un claro exemplo dun dos ámbitos nos que máis nos custa pedir axuda. Da mente nacen os pensamentos, interpretacións, sentimentos, reaccións psicosomáticas, estados de ánimo, comportamentos, ... É dicir, practicamente todo! Polo tanto, a mente condiciona a nosa capacidade para relacionarnos coas demais e para desenvolvernos no noso día a día. Trastornos de ansiedade, trastorno de pánico, trastorno obsesivo-compulsivo, fobias, depresión, trastorno bipolar, trastornos do estado de ánimo, trastornos da alimentación, trastornos da personalidade, trastorno de estrés postraumático, tr...
2022-10-14
09 min
Unha pedra no zapato
A roda da Vida
Miña avoa, como todo un oráculo que é, sempre di mentres debuxa co seu dedo índice un círculo no aire: “A Vida é unha roda”. Se nos paramos a imaxinar unha roda, o natural para ela é xirar. Se a Vida é unha roda como afirma miña avoa toda chea de razón, unhas veces estaremos na parte de arriba lixeiras e dispostas; e outras veces na parte de abaixo cargadas e sostendo o peso. A roda recórdanos a importancia de percorrer todo o sendeiro circular alternando entre estar enriba e embaixo. Pretender apegarnos, rexeitar ou fuxir de calquera dos puntos da tra...
2022-10-07
04 min
Unha pedra no zapato
Cando ousamos dicir “non”
Estamos aprendendo a tomar consciencia como sociedade de que “Non é non”, sobre todo no contexto sexual. Estamos aprendendo a que non hai que dicir que si a todo por sistema ou porque é o que se espera de nós nin tampouco debemos interpretar que un “non” é unha invitación a seguir insistindo. Paréceme esencial aprender a respectar o “non” das demais así como identificar o propio “non”. Con todo, tamén vexo moi necesario educarnos para que, unha vez identificado e comunicado que non queremos algo, non nos torturemos polo que poidan pensar ou facer as demais. Por suposto, tamén recibimos o “non”...
2022-09-30
05 min
Unha pedra no zapato
Esforzo e disciplina
“Se te esforzas e es disciplinada, conseguirás todo o que te propoñas!”. Xa nos gustaría que este lema funcionase sempre! Buscamos desesperadamente técnicas, métodos ou instrucións que nos garantan que se facemos A, o resultado vai ser B; pero na Vida aparecen variables que non dependen para nada de nós e que modifican os acontecementos dunha maneira inesperada. Está claro que para nadar hai que meterse na auga, mais até que punto nos convertemos en mergulladoras dependentes de fórmulas exactas que prometen resultados asegurados? Non estou a dicir que esforzarnos non valla para nada, o que...
2022-09-23
05 min
Unha pedra no zapato
Soltar e deixar ir
Dilapidamos enerxía e atención moitas veces onde xa non é necesario o investimento emocional, mental, físico ou espiritual. Quedamos enganchadas a seguir mantendo certas situacións, cousas e relacións por medo á incerteza que supón soltalas, por medo ao baleiro e á soidade, por medo a perder a sensación de seguridade que nos fai sentir aquilo coñecido. En xeral, cústanos moito descartar, é dicir, seleccionar o que se queda e o que se ten que ir. Resistímonos a soltar porque tememos quedarnos soas, non ter abondos bens materiais nin oportunidades. Outras veces, a operación non é tan proacti...
2022-09-16
06 min
Unha pedra no zapato
As ensinanzas do colibrí
Para a civilización maia, o colibrí tiña a especial misión de transportar os desexos e pensamentos así como as bendicións das deusas ou das familiares falecidas que seguen téndonos presentes no outro mundo. Existen 343 especies desta familia de aves. É o paxaro máis pequeno do Planeta: dependendo da especie, pode pesar dende os 2,2 gramos até un máximo de 20 gramos. Bate as ás debuxando círculos entre cincuenta e oitenta veces por segundo. Pode facer que o seu metabolismo vaia máis lento para administrar a súa enerxía e adaptarse á baixada de temperatura da noite e ao mom...
2022-09-09
05 min
Unha pedra no zapato
Perfecta limitación
A perfección entendida como o requisito previo para facer ou executar algo ou para amosarnos e presentarnos ao mundo, fai un tándem coa nosa sensación de falta de valor propio. Así, usamos o argumento da perfección para xustificar que non iniciamos ou non continuamos o que empezamos. No fondo, temos medo a "facelo mal" ou "non abondo ben" e por iso acabamos vivindo co freo de man posto por causa desa condición de perfección á que nos sometemos. A perfección pasa a ser unha limitación que fai que non nos atrevamos e tórnase un co...
2022-09-02
06 min
Unha pedra no zapato
Que hai detrás da presión?
Ás veces a presión empúrranos a dar ese paso que, sendo necesario, non nos atreviamos a dar; outras veces, a presión paralízanos ou abócanos a tomar decisións impulsivas sen ter tempo de reflexionar e de verificar se queremos realmente escoller esas opcións. Podemos ter a sensación de que é unha presión externa encarnada nunha persoa do noso entorno ou unha situación que se manifesta na nosa vida, pero quen sente e abeira a presión somos nós. En moitas ocasións, a presión levámola “posta”, sendo o noso propio diálogo interno...
2022-08-26
07 min
Unha pedra no zapato
In-sub-misión
Tanto dá que agora sexa química, a submisión sempre foi imposta ás mulleres emocional, sexual, social, cultural, intelectual, familiar e laboralmente. Submisas, así nos quixeron. Todos estes sucesos de picadas de submisión química en festas, concertos e locais de ocio nocturno arrepíanme. Arrepíanme, pero desgraciadamente non me sorprenden. O xerme desta conduta orixínase en pequenas accións violentas, de agresión e de acoso que normalizamos no día a día. Por exemplo cando naturalizamos que unha persoa increpe a outra pola rúa berrándolle a súa opinión sobre o seu corpo ou apa...
2022-08-19
06 min
Unha pedra no zapato
Xogamos?
Xogar como sinónimo de brincar semella que é algo falto deimportancia e que fai perder o tempo sen aportar nada. Pois gustaríame recordar que as nosas primeiras formas de aprendizaxe e socialización desenrólanse mediante aimitación e o xogo. É curioso que se perciba como algo pouco serioporque todo xogo organízase segundounhas regras determinadas requirindo o compromiso das xogadorase, ás veces, tamén precisaduns obxectos concretos por non falar de que moitos xogos son grupais polo que desenvolven o traballo en equipo e as relacións interpersoais, cualidades queserán a base para movernos nomundo adulto. Ao facernos maio...
2022-08-12
05 min
Unha pedra no zapato
Actitude creativa
O ser humano é fundamentalmente un ser creativo. O caso é que estamos insertadas nun sistema de produción capitalista que nos fai pensar na obrigatoriedade de que haxa un produto final e na súa comercialización. Aquilo que creamos e aquilo co que desenvolvemos a nosa creatividade non ten que ser útil nin tampouco ten que servir para obter diñeiro. A utilidade e a rendibilidade quedan á marxe da creatividade. Non debemos poñer condicións como valados que limitan a nosa leira de creatividade. O que nos empurra a crear é unha necesidade expresiva: a vontade de dar saída a algo que s...
2022-08-05
05 min
Unha pedra no zapato
Día da Matria galega
O 25 de xullo celebramos o Día da Matria Galega. Grazas ao labor das Irmandades da Fala, conseguiuse designar un día no que homenaxear a Galicia. Non foi até mediados dos anos 1980 cando se permitiu a manifestación deste día de maneira pública. En resumo, fai dous días que somos libres de poder conmemorar sen restricións o Día de Galicia. O himno galego estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana. Só a partir de 1975 puido volver cantarse o himno completo publicamente. Recordemos que o noso himno insta a espertar para camiñar cara a l...
2022-07-29
05 min
Unha pedra no zapato
Revisando compromisos
Compromiso é ante todo un acordo do que se desprenden responsabilidades, pero tamén beneficios, non debemos esquecelo. Cando algunha das condicións de dito compromiso non está en sintonía connosco, desatendemos ou amosámonos indiferentes provocando unha sensación de deslealdade para a outra parte implicada. Será que podemos facer as cousas de xeito diferente antes de chegar a ese punto tóxico de desafección e traizón? O nosos medos á incerteza, ao abandono e ao rexeitamento fan que utilicemos o compromiso como cabalo de Troia nas nosas relacións. Cargámolo con expectativas de eternidade, esixencias de garantía e ide...
2022-07-22
04 min
Unha pedra no zapato
O abano de intimidades
No século XXI vivimos un verdadeiro pavor á intimidade á vez que unha ansia ancestral desesperada por ser capaces de habitala. A intimidade é o esterco que fai florecer os nosos vencellos emocionais importantes, mais, á parte de fertilizar, tamén fede e moitas non estamos dispostas nin preparadas para soster tal fedor. Parece que a intimidade outorga compromiso e seriedade ao que toca e iso abáfanos. Supoño que é por ter vivido tantas centurias baixo o peso dos ditames relixiosos sobre as relacións humanas en xeral e de parella en particular. Vivimos nunha época de revolución tecnolóxica imparable e tamén dunha...
2022-07-15
08 min
Unha pedra no zapato
Por que escoller a vulnerabilidade?
Vivimos nunha época na que temos medo a amosarnos, a ser vistas, a conectar, ao compromiso e, por outro lado, desexamos chegar a iso mesmo do que fuximos nunha xincana bipolar que atenta contra a nosa propia saúde. Dicimos que queremos ver verdadeiramente á outra persoa, pero non queremos que nos vexan a nós. Ademais, cando nos cruzamos con algunha valente no camiño que se atreve a expoñerse vulnerable, moitas veces fuximos espantadas ou poñémonos á defensiva porque non podemos soportar que nos reflicta os nosos propios temores a dar a cara e a deixarnos ver. Conexión...
2022-07-08
08 min
Unha pedra no zapato
A-B-O-R-T-O
Séculos atrás, o corpo do home destinábase á guerra e o da muller á reprodución. Realmente cambiaron as bases despois de tantos anos ou os tentáculos medievais aínda moven os fíos? O corpo da muller é cuestión pública, en cambio, o corpo do home non ten debate moral ao seu redor a excepción de se é “demasiado” feminino ou se aspira a ser feminino por vontade propia. Hai palabras relacionadas co corpo da muller que son tabú. Por exemplo: vulva, regra, menstruación, candidiase, menopausa, ... Outro deses tabús é o aborto. O aborto, sexa espontáneo ou inducido...
2022-07-01
08 min
Unha pedra no zapato
Prendendo a fogueira
O 21 de xuño, o solsticio deu inicio ao verán para unha metade do planeta e ao inverno para a outra metade. Estamos ante o día máis longo e a noite máis curta para as moradoras do hemisferio norte. Unha noite tal coma esa, os nosos antepasados pagáns acendían fogueiras para honrar e coidar do Sol e axudarlle a renovar a súa enerxía e poder. En Galicia conservamos milleiros de costumes e cultos pagáns que se imbrican na nosa cotiandade aínda que diluídos e sincretizados debido aos acontecementos históricos q...
2022-06-24
04 min
Unha pedra no zapato
Camiño de luces e sombras
A vida é un camiño cuxo destino descoñecemos e esa incerteza déixanos expostas e vulnerables. Forxamos as nosas armaduras e coirazas por medo, para sentirnos protexidas e seguras así como construímos unha imaxe do que cremos que debemos ser para sentirnos aceptadas e amadas. É cos nosos pasos que o sendeiro se manifesta. A tan ansiada felicidade non está na pousada, tal e como xa nos dicía o fidalgo Don Quixote, senón no estar camiñando. Ao longo do camiño, a luz a a sombra acompáñannos. As nosas sombras proporciónanos un terreo fértil no que seme...
2022-06-17
06 min
Unha pedra no zapato
Quen decide o meu éxito?
Estamos socializadas nunha cultura centrada na aparencia externa: ten que ser unha voz dende fóra a que nos valide para despois, nós, sentir que valemos así que, ter éxito, depende da valoración que nos dean as demais. Imos perseguindo estándares de éxito construídos dende o marketing, a acción dos logaritmos e as dinámicas do Mercado co cal somos escravas desa imaxe do que é exitoso e consumimos bens e servizos para intentar transformarnos nela. A palabra “éxito” vén do latín exitus que literalmente significa “saída”. Se cadra, poderiamos deixar esa saída de nós mesmas e ir car...
2022-06-10
04 min
Unha pedra no zapato
O fracaso como oportunidade
Fracasar é non acadar o resultado previsto ou desexado, que o escenario ideal que definimos cos nosos pensamentos non se materializa tal cal na nosa realidade. É dicir, deixamos que unha creación da nosa mente, unha idea pensada sobre como deberían acontecer as cousas, domine como nos sentimos e como interpretamos a nosa vida e a nós mesmas. O fracaso é visto como algo negativo porque non aceptamos o que ocorre cando non se axusta ao que xulgamos que é “mellor” que pase. O oposto do fracaso é o éxito sendo este entendido como o feito de ter boa acollida unha cousa ou unha persoa...
2022-06-03
04 min
Unha pedra no zapato
Impostora
O síndrome da impostora é un estado de dúbida crónica sobre o teu potencial e capacidades, unha sensación de insuficiencia e de que o que conseguiches até agora foi produto da sorte e non das propias habilidades e a isto súmase unha ansiedade polo medo a que as demais persoas descubran que es unha impostora. É unha forma de pensar moi paralizante que fai que nos percibamos como incompetentes e incapaces de asumir o éxito (sendo éxito algo diferente para cada persoa, claro). Acaba sendo unha autocrítica asasina que denota falta de confianza nunha mesma e pavor ao fra...
2022-05-27
09 min
Unha pedra no zapato
As nosas Letras
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. É importante conmemorar a nosa lingua e as persoas que a desenvolveron no ámbito literario. Escribir implica un estudo e unha investigación das que non somos conscientes como lectoras. Pensamos que cando unha persoa escribe poesía, unha novela ou un texto teatral é por certo don innato, mais calquera arte require dedicación para desenvolverse así que moitas grazas a todas esas persoas que cultivan a nosa lingua escrita para coroala con obras literarias. Así e todo, a lingua oral é a xénese. É dicir, sen as falantes non poderiamos chegar a ter unha r...
2022-05-20
06 min
Unha pedra no zapato
Maternar
Maternar é coidar dende o amor e dende a capacidade de vencellarnos afectiva, emocional e enerxeticamente con aquilo que maternamos. Maternar non se relaciona unicamente con un bebé. Podemos maternar proxectos persoais e profesionais; relacións familiares, de amizade, de parella e de traballo; e incluso a nós mesmas. Todas temos clara a teoría sobre como se debería ser nai, sobre o que nos faltou na nosa crianza e sobre o que reprochamos á nosa propia nai. Pero esquecemos que unha mai non é un ser celestial, perfecto, elevado e con súper-poderes que vive exclusivamente por e para a crianza d...
2022-05-13
07 min
Unha pedra no zapato
Himno ao corpo
O corpo: recipiente de vísceras e fluídos, carne que nos expón vulnerables, instrumento de identidade, moeda de cambio, transporte que nos leva e nos trae, atadura ao mundano, fonte de pracer, encarnación da política, manifestación da vida, abeiro da morte, ... Como explicar a relación co propio corpo? Podemos pensar que é todo un descoñecido nos primeiros anos de vida, un obstáculo hormonal na adolescencia, unha ferramenta de produción na adultez e unha carga na vellez. Mais o corpo é un rexistro do vivido, un baúl cheo de experienci...
2022-05-06
04 min
Unha pedra no zapato
Bailamos?
Bailarina, danzante, bailadora, bailadeira, danzarina. Todas estas palabras refírense a aquela persoa que é amiga de practicar danza. Visualizo ese cadro titulado A danza no que o pintor Henri Matisse preséntanos unha rítmica sucesión de corpos danzantes espidos sobre un fondo de intenso ceo azule de veludento verde chan que transmite a conexión coa natureza, coa sensación de liberación emocional e de hedonismo. Sen dúbida hai no momento danzario algo de purgante, de expresión sublime, de exorcismo, de diálogo e de encontro. A danza é máis que elaborada...
2022-04-29
03 min
Unha pedra no zapato
Pracer localizado
Pracer: sensación que unha cousa agradable ou que gusta moito produce no espírito ou nos sentidos. A definición parece clara, pero moitas veces o que nos custa é atopalo. Sería máis doado poder dicir: “Siri, busca pracer” e que nos dea a resposta, pero de momento non funciona así. Cada persoa experimenta o pracer de diferente maneira e ante diferentes estímulos. Ademais, dependendo do momento, da compañía ou da etapa vital o que nos resulta pracenteiro vai cambiando. Digamos que o pracer é algo así como un camaleón e un unicornio simultaneamente por iso nos custa dar...
2022-04-22
05 min
Unha pedra no zapato
O valor de existir
A frecha sostense disposta e presente en contacto coa corda do arco e nese intre, incluso para sorpresa da tiradora, prodúcese a acción e a frecha dispárase. Será posible ese estado de non intencionalidade e de desprendemento no que simplemente existir xa outorga todo o valor? A trindade “ resultado = éxito = valor ” xeroume cantidades inxentes de sufrimento. O éxito é un xerundio, un “estar facendo” que non ten que ver co resultado, senón coa acción. Porén, moitas veces a acción trátase de “non-facer”. Confeso que “non-facer” resúltame moi difícil porque me pon diante un baleir...
2022-04-15
03 min
Unha pedra no zapato
Repetimos?
Alá polo ano 2008, o xornalista, escritor e sociólogo Malcolm Gladwell formulou unha teoría de gran impacto: para ser moi boa en algo, debemos dedicarlle polo menos 10 000 horas. Entón, para ser experta hai que practicar repetidamente até que adquiramos a pericia que require. A repetición da práctica como clave para a destreza máis alá do talento ou don innatos. Até aquí poderiamos pensar que a repetición é algo que nos aporta beneficios e que decidimos de maneira voluntaria como medio para chegar á excelencia. Podemos identificar que hai un repetir como algo activo, p...
2022-04-08
03 min
Unha pedra no zapato
Non son mandona, son a xefa
Cal prefires: mandona, autoritaria, mangoneadora ou mal fodida? Só polo feito de ser a que opina, a que disente, a que toma as decisións, a que dirixe, a xefa. Son ambiciosa e aprópiome das miñas paixóns, desexos, sabedoría, conviccións, liderado e compromiso coa vida. Abro camiño ao emprender, ao asumir retos e responsabilidades, ao expoñerme dende a miña vulnerabilidade, ao dirixir desde a escoita. É algo a celebrar e non a reprochar. Ao inicio da miña andadura adulta, insegura sobre min mesma e sobre as miñas opinións, sentíame afagada por ter...
2022-04-01
04 min
Unha pedra no zapato
Un lugar para contemplar
O 27 de marzo é o Día internacional do Teatro e, sendo actriz, pois non podo deixar de mencionalo nin de celebralo con moito agarimo cada día do ano. Na fala coloquial, cando dicimos que alguén é “teatreira” ou que está “facendo teatro” nunha situación, referímonos a que fai algo falso, que engana e trata de manipular ás demais. E isto évos ben curioso porque en cambio, ás actrices o que nos esixen durante a formación e durante a carreira profesional é, xustamente, que entreguemos a verdade en escena. A palabra Teatro vén do grego e significa literalmente "lugar pa...
2022-03-25
04 min
Unha pedra no zapato
O momento dos inicios
O día 20 de marzo estaremos iniciando o ano novo. Algunhas diredes: “Un momento... Se o ano comeza o 1 de xaneiro, de que fala esta?”. Que aquí vivamos baixo os mandatos do calendario gregoriano, non impide que haxa outras verdades que teñen as súas raíces nunha sabedoría máis antiga e ancestral. Un ano solar dura exactamente 365 días, 5 horas, 48 minutos e 45.10 segundos. Cada vez que o Sol pasa polo primeiro punto de Aries, empeza o novo ano. Aries é unha constelación do Zodíaco e o Zodíaco é a franxa ideal da esfera celeste dentro da cal se...
2022-03-18
04 min
Unha pedra no zapato
A muller Esfinxe
A Esfinxe foi designada como “monstro feminino”. A mitoloxía grega representouna como unha leoa alada con cabeza e peito de muller que propoñía enigmas irresolubles. Discípula das Musas na formulación de adiviñas, esta “cruel cantora”, dicían, mataba abrazando e asfixiando aos que non conseguían resolvelas. A mirada masculina converteuna en emblema da perversidade, a maquinación e a sexualidade devoradora. Deixando á parte tanto a obxectivización en forma de adorno de decoración grutal como a hipersexualización que deron os homes á súa enigmática aura, a Esfinxe é unha criatura esotérica de profunda sapiencia que...
2022-03-11
04 min
Unha pedra no zapato
A guerra dentro de nós
A democracia actual ten as súas fallas a nivel de transparencia, de sistemas de representación, de sistemas de partidos, de financiamento, ... Non hai nada perfecto, mais o que está claro é que cando votamos, estamos outorgando o poder de representarnos a esas persoas da lista. Quizais alguén pense que a política é unha estafa ou o reino da corrupción. Pero aínda que pensemos iso, o que vemos fóra reflicte o que hai dentro. Se aplicamos este aforismo, as persoas nos cargos políticos ás que criticamos e acusamos son un reflexo do que levamos dentro. Son un exempl...
2022-03-04
04 min
Unha pedra no zapato
A vida é un carnaval
As máscaras e disfraces crean un espazo entre a persoa que os leva postos e os actos que leva a cabo. Póñovos tres exemplos: o filme de Kubrick titulado “Eyes wild shut”; o Ku Klux Klan; e os Masóns. O perigo ou vantaxe, segundo como se mire, do enmascaramento, é que agocha a identidade da persoa responsable de ditos actos. Porén, dende o 2020, un presente pandémico creou un contexto no que, paradoxalmente, o que inquieta e dá medo resulta ser o rostro ao descuberto. Curioso, verdade? É que empeñámonos en demostrar o racionais, modernas, tecnolóxicas e avanzadas que s...
2022-02-25
04 min
Unha pedra no zapato
Conversando con mamá
Este é un episodio diferente porque estarei acompañada. A nosa cómplice de hoxe chámase María, alias Marita. É unha muller marabillosa, todo un referente que, ademais, casualmente é a mai que me pariu. Convideina a conversar no espazo de Unha pedra no zapato porque a súa sabedoría é moi especial, misteriosa, profunda, ... e encantaríame que a comparta convosco. Así que aquí estamos difundindo polas ondas un pouco de Marita para o mundo. Hoxe imos falar da señardade, ou o que é o mesmo: a soidade. A pesar das diferenzas xeracionais, de opinión ou de estilo de vida e do moito q...
2022-02-18
15 min
Unha pedra no zapato
Amor descafeinado
Falemos do 14-F, un día tan comercial que converteu o amor en algo descafeinado, bonito para a foto e rápido para consumir. O caso é que aquí estamos buscando agasallos para demostrar o moito que amamos á nosa parella. Porque anque se diga que é o “Día do amor e a amizade”, o 14 de febreiro zumega parella-centrismo. A mensaxe detrás de todos eses anuncios e ofertas de San Valentín é que se non tes parella, estache faltando algo. Pois resulta que o Amor pode manifestarse en relacións que temos na nosa vida e que non son de parella; por non falar d...
2022-02-11
05 min
Unha pedra no zapato
Buscando gurú
Fai unhas semanas estaba vendo un documental sobre Anthony Robbins: un orador motivacional moi famoso de Estados Unidos. Pois no documental pódese ver a milleiros de asistentes dos seus congresos dando chimpos, berrando, cantando e repetindo consignas con este home no que buscan euforicamente unha solución para as súas vidas. Cando vin esa estampa pensei: “Que grupo de ovellas desesperadas porque alguén lles amañe a vida”. E descubrinme sendo moi cruel e soberbia. Primeiro xulguei a toda esa xente e despois decateime de que, dalgunha maneira, todas estamos devecendo por deixar nas mans de alguén as nosas...
2022-02-04
04 min
Unha pedra no zapato
Sorpresas da Vida
A Vida sempre me sorprende. Envorca as miñas certezas como se fosen un barquiño de papel á deriva e non podo máis que quedarme bocaaberta. Sei que moitas persoas asocian sorpresa con algo agradable, pero en realidade unha sorpresa é algo que nos conmove, que nos suspende e marabilla pola súa rareza ou incomprensibilidade. Unha sorpresa é algo que estaba oculto e de súpeto emerxe con toda a súa forza. A Vida sorpréndeme deixándome claro que non estou preparada nin advertida para o que dispón, que toda previsión pola miña parte queda desmante...
2022-01-28
05 min
Unha pedra no zapato
Espellos e filtros
Fai varios séculos só a mirada das outras persoas podía devolvernos unha "imaxe" sobre quen somos. Agora calquera ten acceso a espellos, fotografías, vídeos, ... e neles podemos mirarnos, descubrirnos e recoñecernos. Porén, a mirada das demais parte da súa propia interpretación e subxectividade polo tanto a devolución que nos ofrecen resulta ter todo que ver coas observadoras e nada que ver connosco, as observadas. A pesar disto, seguimos poñendo nun pedestal a opinión externa e tentamos axustarnos a ela. Chegadas a este punto podemos pensar: entón atendamos só á nosa propia mir...
2022-01-21
04 min
Unha pedra no zapato
Misión de vida
A misión de vida xorde na intersección entre o que se nos dá ben e o que a outra persoa necesita. É dicir, é aquilo que nos resulta doado facer, que nos encanta e que pode facilitarlles a vida a outros seres humanos dalgunha maneira. Trátase de algo concreto e tanxible e non de grandes proezas das que se deriva un recoñecemento público. Porque se pensamos que a misión de vida ten que ser algo heroico e iluminado tipo María Teresa de Calcuta ou Gandhi, probablemente a presión que supón imaxinar que ten que ser algo...
2022-01-14
04 min
Unha pedra no zapato
Alta sensibilidade
Como ninguén lle dixo ao abellón que - segundo os expertos en aeronáutica do ano 1934 – o seu peso, forma e tamaño das súas ás facíano inadecuado para voar, simplemente seguiu voando. Tras setenta anos de investigación, a física de fluídos por fin achou como o facía: as súas ás trazan un óvalo e dóbranse cara diante e atrás xerando turbulencias microscópicas. O abellón desafiou os límites aparentes e as normas establecidas co seu xenuíno movemento de ás. A diferenza do abellón, a min si me dixeron que a m...
2022-01-07
08 min
Unha pedra no zapato
Conversando coa avoa
Este é un episodio moi especial porque estarei acompañada. A nosa cómplice de hoxe chámase Amelia. É un ser humano incrible, un gran referente de muller que, ademais, é a miña avoa. Convideina a conversar no espazo de Unha pedra no zapato porque ela abeira unha gran sabedoría vital que me encantaría poder compartir convosco. Así que aquí estamos difundindo polas ondas un pouco de Amelia para o mundo. Hoxe imos falar do descubrimento do esencial na vida de cada quen e do compromiso que require ese treito entre o dito e feito. As persoa...
2021-12-31
13 min
Unha pedra no zapato
O que nos come por dentro
Nestas datas de celebración nas que a comida ocupa un lugar central, gustaríame levar a nosa atención cara a maneira que temos de comer no día a día alén de eventos e de festas puntuais. Non pretendo amargarvos as lupandas e banquetes destes días, xentiña senón convidarvos a unha reflexión profunda sobre os ágapes que inxerimos. Hoxe gustaríame falar do trastorno alimenticio por enchedela. A pesar de que non teño probas científicas que avalen o que vou dicir, atrévome a afirmar que polo menos o 80% da poboación, e in...
2021-12-24
03 min
Unha pedra no zapato
O aguinaldo da presenza
Non sei vós, pero eu dende que comezou o mes de decembro non deixo de recibir mensaxes de texto e correos electrónicos de diferentes tendas e marcas “convidándome” a comprar produtos varios e recordándome o meu deber moral de ter mostras materiais de benquerenza. Regalos para lavar conciencias, para comprar afectos, para encher baleiros, para compensar ausencias ... Nestas semanas de bombardeo incitador ao consumo faise moi difícil ser conscientes de que compramos, por que o compramos, para quen o compramos e se de feito é necesario mercar algo. Nada material pode compensar o tempo de calidade compartido...
2021-12-17
03 min
Unha pedra no zapato
Que vivan as repugnantiñas!
Sabedes a típica persoa que cando a camareira pregunta que tal estaba a comida só por cumprir, ela vai e dá súa opinión sincera? Aquela que ve o fío que che colga da manga e avísate como se fose unha cuestión de vida ou morte? Esa que emprende batallas por un tícket de supermercado mal cobrado ou a típica que provoca que se alonguen as reunións porque fai as preguntas e comentarios incómodos que todo o grupo pensa pero que ninguén se atreve a facer? Eses individuos que nos enfastían cos...
2021-12-10
02 min
Unha pedra no zapato
Resignificando a quietude e a espera
A rapidez e a acción son calidades que se premian e que se valoran moito socialmente. Eu sempre me tiven por unha persoa moi rápida e activa. Calquera que me coñeza probablemente poida confirmalo. Entón comecei a reflexionar sobre a posibilidade de que a rapidez e a acción non me definisen e pregunteime se eu podería ser tamén unha persoa que existe na quietude e na espera. Decidinme a experimentar ambas cousas para poder ser consciente das miñas crenzas e prexuízos ao respecto. E é difícil, porque cando estás programada p...
2021-12-03
03 min
Unha pedra no zapato
A cadea da violencia
Cada vez que algunha persoa é violenta con alguén hai algo non atendido no seu interior. Cando somos violentas, hai algo que non estamos querendo ver de nós mesmas, algo do que non queremos facernos responsables e explotamos cara fora derramando toda a lava do noso volcán sobre a outra persoa. Temos esta especie de estratexia inconsciente de buscar aquel que consideramos o elo máis débil da cadea e cebámonos con el. E isto pasa tanto a pequena como a gran escala, dende a familia até as guerras. Escollemos aquel ser sobre o que sentimos que temo...
2021-11-26
05 min
Unha pedra no zapato
Unha pedra no zapato (trailer)
Unha pedra no zapato é algo incómodo que te obriga a parar e observar o interior do calzado para baleiralo. Pois do mesmo xeito, vou tratar temas que son as miñas “pedras no zapato” e expoñelos convidándovos á reflexión, á pausa e a viaxar cara o interior. Son Rosalía, artista e auto-indagadora, e este será un punto de encontro no que abrazarnos xenuinamente humanas e imperfectas. Conectemos aquí e agora en galego!
2021-11-19
00 min