Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Xoanca Albarellos Codesido

Shows

EnroladosEnroladosBOA SORTE · Xoel Palmeiro Rúa"Boa Sorte" tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo neste mundo foi nacer, e xa non lle saíu ben, porque Boa Sorte naceu de cu". Desde entón estar ao seu carón resultaba perigoso porque calquera cousa podía pasar. Todo foron desfeitas até que un día atopou unha explicación a tanta mala sorte... [María Solar · Ed. Baía]2020-05-2304 minEnroladosEnroladosFELIZ FEROZ, O LOBIÑO RIQUIÑO · Mateo Pereiro RodríguezA irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños... Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.[O Hematocrítico · Ed. Xerais]2020-05-2310 minEnroladosEnroladosA CAIXA DOS RECORDOS · Manuel Abelleira Corral :: NarradorO valor dun obxecto reside na carga afectiva que lle atribuímos. Por estes motivos, ao longo do tempo os lazos emocionais que nos atan a eles adoitan variar e o que criamos que non valía gran cousa acaba converténdose en precioso, tal e como lle sucede á nena protagonista desta historia.[Anna Castagnoli e Isabelle Arsenault · Ed. OQO]2020-05-2306 minEnroladosEnroladosCUCA E O ABRIGO MARRÓN · Javier Neira Arévalo :: NarradorCuca é unha cadela de pelo negro moi crecho. Vive na rúa, libre coma as bolboretas ou o vento, pero tamén baleira de agarimos. O frío faise dono dos días e Cuca monta garda onda un aparcadoiro de coches. Cando chega algún, dálle igual que sexa bonito ou feo, grande ou pequeno…[Fina Casalderrey · Ed. Rodeira]2020-05-2309 minEnroladosEnroladosUN DÍA DE TREBOADA · Iker Rozada Gutiérrez :: Narrador2020-05-2301 minEnroladosEnroladosQUEN COLLERÁ O SOL? · Gabriela Cañizalez Martínez :: NarradoraDende había moito, moito tempo, todos os animais da Vila do Mar se facían a mesma pregunta: quen sría o primeiro en poder coller o sol...[CEIP de Palmeira · Educación infantil · Os contos do Rato Paco · https://cutt.ly/byO8jvp]2020-05-2303 minEnroladosEnroladosMISIÓN CORONAVIRUS · Antonio Gabarri Suárez :: NarradorEsta é a historia de coronavirus, un ser moi particular, que aínda que pareza inofensivo, a todos quere atrapar.[CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza · https://aulasgalegas.org/mision-coronavirus/ ]2020-05-2302 minEnroladosEnroladosAVÓS · Antía Pazos Rial :: NarradoraTodos nos facemos vellos, é lei de vida. Pero a beleza non morre cos anos, simplemente se transforma. Unha historia romántica e poética repleta de metáforas encadeadas.[Chema Heras · Kalandraka]2020-05-2306 minEnroladosEnroladosCAMALEÓN MULTICOLOR · Antía Ferreño Fernández :: NarradoraXenaro o camaleón éche moi presumido. Foi pasear pola selva para escoller un vestido[CEIP de Palmeira · Educación infantil · Os contos do Rato Paco · https://cutt.ly/yyOCi0m]2020-05-2301 minEnroladosEnroladosNUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA · Adrián Maceiras Bermúdez :: NarradorNube Branca devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas do sistema solar. Tras o fracaso da construción dun foguete espacial, procura a axuda de Clarisa, Cacharrante, Antón e o sabio Octavio. Conseguirá, por fin, ser astronauta?2020-05-2306 minEnroladosEnroladosA EIRUGA LAMBETEIRA · Gonzalo Benlloch Calvo :: NarradorUnha creación dos nenos e nenas do CEIP de Palmeira qu podedes atopar no seu espazo "Os contos do rato Paco".[CEIP de Palmeira · Educación infantil · Os contos do Rato Paco · https://cutt.ly/VyOKYqS]2020-05-2302 minEnroladosEnroladosA VIAXE · Contos de Ratiños · Mencía Pereira González :: NarradoraQue sorte ir para a cama cun conto, pero se son sete, moito mellor! Unha xoia para calquera biblioteca.[Arnold Lobel · Ed. Kalandraka]2020-05-2101 minEnroladosEnroladosOS WOMBIS E A ESCURIDADE · Claudia Rodriguez Blanco :: NarradoraOs Wombis son uns simpáticos animais que se embarcan en centos de aventuras para axudar os nenos e as nenas do mundo nas súas primerias etapas. Aquí tes un conto para, coa axuda dos Wombis, vencer o medo á escuridade![Emilia Rebumbio · Ed. Galaxia]2020-05-2101 minEnroladosEnroladosO APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA · Sabela Bardanca Lamas :: NarradoraO señor Apalpador, como todos os días, érguese cedo e fai os seus labores cotiáns. Mais un día decátase de que algo mudaba esa rutina, non atinaba ben a identificalo, pero parecía que as cousas que pensaba volvíanse realidade. Algo misterioso? Algo máxico? Será unha castaña a responsábel de todo? Será unha castaña distinta? Pero… pásalle só a el?[Xoán G · Ed. Biblos]2020-05-2008 minEnroladosEnroladosA ILLA DO TESOURO · Diego Rodríguez Guerreiro :: NarradorUn día de moito vento, alguén peta na porta do "Almirante Benbow" a pousada dos pais de Jim Hawkins. É Billy Bones, un vello pirata que garda no seu cofre un gran segredo: o mapa do capitán Flint! O mapa da illa do tesouro! Para Jim e os seus amigos a aventura só acaba de comezar![Robert Louis Stevenson · Ed Baía]2020-05-2010 min