podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Cnegranostromo
Shows
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x11 - Películas sobre as vacacións
Pois xa está ben entrado o verán, pero nunca é tarde para celebrar o período vacacional. Pero ollo, que as vacacións ao final non deixa de ser sair da zona de confort (digo eu, ho) e poden pasar moitos accidentes e aventuras. E asi nolo di o cine. Vacación terroríficas coma as de Tiburón ou Us, accidentadas coma as de Somos Los Miller ou torridas coma as de Habitación en Roma. E tamén falamos de Piraña 3DD, que non sei moi ben como calificala. Por certo, ollo ao video que comentando podes gañar un pr...
2025-08-13
1h 44
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x10 - Sagas que foron a pique
Hai pelis que parecía que prometían unha saga... e ao final deixaron as cousas inacabadas. Ou mal acabadas, como mínimo. Ou o que sexa que fixeron en Alatriste, que mimadriña. Hoxe falaremos delas, sagas mal, cousas coma "Las Crónicas de Narnia", "El corredor del Laberinto" ou "Eragón". Poucas cousas hai mellores que ver como lle vai mal aos demais, non vos facer os santiños. *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostromo_sq_f11830209_1.html Spotify: https://open.spotify.com/show/5Tz2Voq5wRn9RXVsJAPRd0 X: https...
2025-07-13
2h 40
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x09 - A comida e o corpo no cine (coa Dietista Realista)
Gustanos o que ven ser a papatoria. Como non nos saquen o prato de diante danos a noite. Por iso hoxe contamos coa axuda de Sandra (@dietistarealist ) , a nosa dietista de cabeceira. Con ela falaremos de películas onde a comida teña un papel destacado, que son varias: Como el Agua Para Chocolate, El Chef, Ratatouille... e incluso algunhas nas que a comida son os propios personaxes, coma La fiesta de las Salchichas ou Bao. Falaremos tamén de películas sobre trastornos alimenticios e sobre a relación co noso corpo: Cerdita, La Sustancia... Escribe: "Tartaruga" en comentarios se liches...
2025-06-05
3h 18
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x08 - ESPECIAL O Papa no cine (E outras pelis de cregos e monxas)
Con motivo do recente pasamento do Papa Francisco I, decidimos darlle un repaso aos exemplos nos que esta figura apareceu no cine: Las Sandalias del Pescador, 2 Papas, Amén... e tamén Euro Trip ou Sister Act (Una monja de cuidado) que a súa santidade da para comedias. Amén diso (haha) tamén falamos doutras películas de cregos, coma Silencio, O exorcista ou Ángeles e demonios. Non queda claro se escoitar este programa é pecado ou penitencia. *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostromo_sq_f11830209_1.html Spotify: https://open.spotify...
2025-04-21
1h 27
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3X07 - Cinema de Arte e Ensaio
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo toca pórse intelectual. Limpamos as nosas gafas de pasta e quitámoslle o po ás nosas vellas revistas físicas de cine. Consultamos a escrita correcta dos nomes dos directores franceses e finximos que temos abono en Cineuropa. As nosas redes: Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCB3fnHJHVzf6PLMAn2a_C9w Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostromo_sq_f11830209_1.html Spotify: https://open.spotify.com/show/5Tz2Voq5wRn9RXVsJAPRd0 X: https://x.com/cnegranostromo Instagram: https://www.instagram.com/cnegranostromo Sintonías: Retrograde, by Spence: https://www.youtube.com/watch?v=Kr9...
2025-04-01
1h 46
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x06 - A Mafia no cine (Con KinocubeCinema)
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo tocan sombreiros, traxes de raia diplomática, ametralladoras Thomson e negocios moi turbios. Falamos de cine sobre a Mafia. Por suposto, falamos dos dramas criminais clásicos coma "El Padrino" ou "Uno de los Nuestros" pero tamén de películas máis de acción coma "Los intocables de Eliott Ness" sen esquecernos das comedias coma "Falsas apariencias" ou a sempre inclasificable "Airbag". Acompáñanos hoxe Sofía, da canle e blogue KINOCUBE: Canle: @kinocubecinema Blogue: https://kinocubecinema.com *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a...
2025-03-14
2h 52
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x05 - Bandas Sonoras (Con Belénfagot)
As bandas sonoras son unha parte tan intrínseca das películas coma a fotografía ou as interpretacións. Hoxe na Caixa Negra sa Nostromo, rendimos homenaxe aos compositores da música que acompañou ás nosas obras favoritas. Desde os clásicos coma John Williams (Indiana Jones, Star Wars...) ou Ennio Morricone (O bo, o feo e o malo, A Misión...) ata os máis modernos coma Hans Zimmer (Interstellar) ou Alan Silvestri (The Avengers) sen esquecernos de inclasificaeis coma John Carpenter ou Danny Elfman. Para iso contamos hoxe con Belén, música profesional (fagotista), que nos dará unh...
2025-02-13
2h 40
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN EXTRA - Maratón Cineuropa 2024
Non, o ano non está mal. Este video teria que ter saido en novembro do ano pasado, que foi cando se celebrou a Maratón de cine fantástico e de terror de Cineuropa, o festival de cine de Santiago de Compostela. O problema foi tratar de recuperar o audio dalguns dos vídeos que gravamos, e sinceiramente, pensamos que non quedou tan mal. Un ano máis alo fomos papar trangallada de 22:00 a 10:00 do dia seguinte ao Teatro Principal en Santiago de Compostela. Lograriamolo? Non vos queda máis que velo. E se vos gustou, que saibades que tamen fomos...
2025-01-29
14 min
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x04 - ESPECIAL NADAL: Xoguetes no cine
Chega o Nadal e con él chegan os 3 Reis Magos da Nostromo, cargadiños de xoguetes e de cine. Neste especial falaremos de películas nas que os xoguetes son os protagonistas: Pequeños Guerreros, Toy Story, Childs play... e tamén de películas que se fixeron a partir de franquías xogueteiras, coma La Lego Película, GI-Joe ou Angels of Blood. Ademáis diso, tamén botamos un ratiño sumerxidos na nostalxia, recordando os nosos xoguetes favoritos de cando eramos cativos. *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostromo_sq_f1183020...
2024-12-23
1h 57
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x03 - Cine carcelario: Directo desde O Vello Cárcere de Lugo
Era cuestión de tempo que acabásemos na cadea. Este especial desde O Vello Cárcere de Lugo trata dese mesmo tema: Películas que transcorren na prisión. As veces de xeito dramático coma La Milla Verde ou O Lapis do Carpinteiro, outras máis lixeiro como "El clan de los Rompehuesos" ou "La Roca" e noutras incluso en cárceres fantásticas coma "1997 Rescate en Nueva York" ou "Las crónicas de Riddick". Moitas grazas á asociación *A Mesa de Breogán* (https://x.com/amesadebreogan) por convidarnos á súas xornadas e tamén ao persoal do Vello Cárcere...
2024-11-24
1h 10
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x02 - Películas sobre a morte (Con Luz de Tea )
Morrer évos o máis democrático e igualitario que hai, sacando honrosos casos coma o da neveira de Walt Disney. Hoxe tiramos da nosa tanatopractora de confianza @LuzdeTea (Non é carallada, é tanatopractora en serio) para que nos ilustre un pouco sobre o tema. Películas onde a morte é un personaxe coma "¿Conoces a Joe Black?" ou "El alucinante viaje de Bill y Ted", películas que tratan das ánimas e o mundo do máis alá coma "Más allá de los sueños" ou "Coco" ou cousas indefinibles coma a galega "Os mortos van á présa". A Canle de *Luz de Tea*: http...
2024-11-13
3h 15
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 3x01 - Películas que lle gustarían a Íñigo Errejón
Este ano a actualidade deunos o pulo final para iniciar tempada. Falando entre nós a cerca das infames novas sobor de Iñigo Errejón, comezamos a referenciar pelis nas que toca o tema dos abusos sexuais e decidimos transformar a conversa no primeiro episodio do podcast. Películas onde o tema se toca de xeito explícito e de xeito crú coma "Lila Dice", outras na que o abuso está tras a cámara, coma "El último tango en París" e outras que, cando as vimos, non fomos capaces de apreciar o abuso que alí ocorría ao estar tod...
2024-11-03
1h 05
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x11 - ESPECIAL OLIMPIADAS: Cine deportivo
Antes de escoitar este podcast seria boa cousa que quentásedes e estirásedes, porque os Xogos Olímpicos París 2024 empezan e chegan tamén á nave Nostromo. Falaremos de cine sobre as olimpiadas, con películas coma Carros de Fuego ou a tan clásica coma polémica Olympia. E tamén de cine deportivo en xeral: O fútbol de "El peor equipo del mundo (Next goal wins)", o baloncesto de "Los blancos no la saben meter", o rugby de invictus... E incluso o bobsleigh! (O deporte este de neve dos trineos cohete) E con este episodio chegamos ao fin da T...
2024-07-26
3h 04
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x10 - Botamos un Trivial de terror
O Paco mercou un Trivial de cine e series de terror e non parou ata que o estreamos. Neste episodio botamos unha partidiña e aproveitamos as preguntas para facer o noso: Falar de películas. Neste caso, pois da temática: Saw, Train to Busan, La Cosa. Pero tamén cousas máis caralleiras coma Gremlins ou Lo que hacemos en las sombras. Descubrimos unha manchea de pelis es series novas que nos dan para 20 Halloweens, a verdade. Que por outra parte era cando tiña máis sentido facer isto, pero bueno. Nós por libre coma sempre. E si, sa...
2024-07-13
1h 15
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x09 - Espadas no cine (Con Aldán "Cabaleiro Errante")
Para o programa de hoxe necesitabamos dun cabaleiro versado na nobre arte da esgrima. É por iso que o Cabaleiro Errante Aldán se suma á tripulación da Nostromo para botar luz sobre as nosas películas favoritas nas que se pelexa con espadas. Faremos un percorrido histórico desde as espadas do período clásico: Troya, Espartaco, 300... pasando pola idade media, con: Los señores del Acero, Excalibur, Northmen... sen esquecer á idade moderna dos Duelistas, Piratas del Caribe ou os sempre celebrados Mosqueteiros. E ademáis deixamos espazo para cousas máis inclasificables, coma Star Wars ou Jasón y los Argonau...
2024-06-19
4h 03
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x08 - Películas de submarinos (Con "A Lobeira Today")
Hoxe recibimos a Fran de "A Lobeira Today" , técnico de sónar da Armada (en serio) para falar de películas de submarinos. Esta é unha das poucas veces neste programa que alguén sabe do que fala, así que ademáis das propias pelis, poderemos saber canto realismo e fantasía hai nelas. Aprendemos a reo, non é broma. Agardamos que vós tamén! E aínda que pareza moi "nicho", en realidade hai unha manchea de pelis neste subxénero. Desde as púramente bélicas coma "Duelo en el Atlántico" ou "Das Boot" ata caralladas coma "Abajo el Perisco...
2024-05-13
2h 14
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x07 - Os videoxogos no cine (Con Recuncho Gamer )
Nós eramos destes rapaces aos que os seus pais lles rifaban por botar tempo de máis coa "maquinita", así que hoxe rendimos homenaxe aos videoxogos falando des películas nas que, ou ben xogan un papel principal (Free Guy, Rompe Ralph...) ou ben, directamente, adaptan títulos (Tomb Rider, Sonic, Resident Evil) Para isto, contamos hoxe coa axuda de Iago Gordillo, Youtubeiro do ano (premiado en #youtubeiras) e creador da canle Recuncho Gamer , especializada en videoxogos. E por suposto, imos falar de Uwe Boll. Xa ía tocando. Podes seguir a Recuncho Gamer en: YouTube: https://www.youtube.com/@Recunc...
2024-04-13
3h 38
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x06 - Cine con máscaras
Hai unha pila de razóns para poñer unha boa máscara: Disfraces, identidades segredas, dificultar a identificación ao cometer crimes ou simplemente agochar o feo que se é. Disto todo hai pelis. Si, do último tamén, e máis das que poderías pensar. Avisamos de que non imos de falar de Superheroes ao uso, por evidente e porque abranguirían o programa todo. Pero si de slasher (Viernes 13, San Valentín Sangriento...), de franquías coma El Zorro, das máscaras de fo**ar de Eyes Wide Shut, do Home da Máscara de Ferro e, como non, dese...
2024-03-21
3h 22
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN EXTRA - Dune: Parte 2
Xa vimos a parte 2 de Dune de Denis Villeneuve e facemos unha reseña. Sen spoilers ata o primeiro descanso. Tamén comparamos coa novela de Frank Herbert. Continúan as aventuras de Paul Atreides (Timothée Chalamet), Chani (Zendaya) e compañía no planeta Arrakis. *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostromo_sq_f11830209_1.html Spotify: https://open.spotify.com/show/5Tz2Voq5wRn9RXVsJAPRd0 Twitter: https://twitter.com/cnegranostromo Instagram: https://www.instagram.com/cnegranostromo *Sintonías:* Away, by Patrick Patrikios: https://www.youtube.com/watch?v=6UJ1l_vlQyg&ab_chan...
2024-03-09
59 min
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x05 - Películas de Amor ❤️ ESPECIAL SAN VALENTÍN
Ai hoxe! Hoxe chegou á tenrura, os bicos e mais os corazonciños á nave Nostromo. Hoxe celebramos San Valentín, o día dos namorados, repasando as nosas películas de amor favoritas, menos favoritas e máis "WTF?" Desde pelis de amor bonito coma Antes del Amanecer ou Brokeback Mountain, ata pelis de amor chungo coma 500 primeras citas, pasando por inclasificables coma Her ou Algo Pasa Con Mary. Ademáis diso, preguntámoslle a ChatGPT se nos coñecía e non soamente nos coñece senón que se atreveu a escribir un guión que, a verdade, é para escoitalo porqu...
2024-02-13
3h 33
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x04 - Defendendo o indefendible: Películas menosprezadas que a nós SI nos gustan.
O de este episodio vai de "Unpopular opinions": Salvamos da queima películas xeralmente consideradas malas cando non directamente ridículas. Defenderemos películas tan indefendibles coma: Street Fighter (1994), Rebel Moon (Xa lle deu tempo a ser un clasico trash), Waterworld e ate unha peli de Ana Obregón. E ollo, que cando dicimos que nos molan, imos en serio. Isto non e un rollo "Guilty pleasure" nin "Desfrutar de xeito irónico". E a ti? Pásache algo semellante con algunha peli? #youtubeiras *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegranostromo Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa... Spotify: https...
2024-01-13
2h 59
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x03 - Os Xogos de Rol no Cine (Con RoleiradasbyPenta)
Hoxe recibimos na nosa canle a Xosé M. Marcote Gil A.K.A. "Penta", da canle https://www.youtube.com/@RoleiradasbyPenta para falarmos daquelas películas que dun xeito ou outro referencien os Xogos de Rol. Xa sexa daquelas que adapten o argumento dos xogos (Crónicas Mutantes, Dungeons & Dragons...) coma aquelas que traten sobre xogadores dos mesmos (Los juegos del desmadre, Mal ejemplo, El corazón del guerrero...) Aquí defendemos que os xogadores de Rol non son os PIRADOS que os medios de comunicación rancios nos fan crer, pero á vez e como poderedes comprobar, normáis normáis tampouco...
2023-12-21
2h 47
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN EXTRA - Maratón de pelis de terror no #Cineuropa37
Neste episodio imos de expedición en plan reporteiros. O venres 24 de novembro do 2023 celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a Maratón de pelis de terror do festival #Cineuropa37 . Aló enviamos a Fuco e máis a Fer (A Corte do Director non puido asistir por mor do choio, tristemente) a ver canto lles aguantaba o corpo. Así, entre 21:00 e 7:30 do día posterior papamos pelis sobre: - Choiva áceda (Acide) - Raparigas que matan neo-nazis (The Wrath of Becky) - Xente que se convirte en inimigo público (Vincent doit mourir) - Mansións encantadas (Más negro qu...
2023-11-29
23 min
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x02 - Pelis de tebeos
Entendemos que os "tebeos" son eses cómics europeos de corte infantil cun estilo de liña clara. Non esperedes neste capítulo que falemos das pelis de Marvel, aínda que sexan de cómics, senón de cousas como: Mortadelo, Astérix, Zipy y Zape, Tintín... Non volo imos negar, alí onde eses tebeos nos facían soñar con aventuras, a meirande parte das súas adaptacións ao cine fannos ter auténticos PESADELOS polo cutrerío e a tolería destas pelis. Moito ollo con onde os metedes! #youtubeiras *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com...
2023-11-13
2h 50
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 2x01 - Frikadas Asiáticas | Galician Freaky Film Fest 2023
O temido día chegou: Presentamos segunda tempada! Cun programa moi especial en directo desde o Galician Freaky Film Fest de Vigo (https://galicianfreakyfestival.com) Ainda que soamente de xeito parcial, que quedou a gravación algo reguler. E xa que o GFFF este ano se centraba no cinema do lonxano oriente, traemos unha escolma de auténticas frikadas asiáticas: Nenos asasinos en viaxes de fin de curso, mulleres ás que lles saen katanas das tetas, toureiros de cans do espazo... De todo. Por certo, este ano queremos ir a #Youtubeiras *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/@cnegr...
2023-10-13
1h 33
A Caixa Negra Da Nostromo
Estreamos a 2ª tempada no Galician Freaky Film Fest!
Esta sábado 30 de setembro estreamos a nosa segunda tempada no Galician Freaky Film Fest (#GFFF) , as 12:30 do mediodía no Centro Comercial Plaza Elíptica, en Vigo (Sala Apo´strophe Arte) Alí falaremos das nosas pelis frikis asiáticas favoritas en vivo e en directo! Estades todos convidados. Máis info na web do festival https://galicianfreakyfestival.com *As nosas redes:* Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCB3fnHJHVzf6PLMAn2a_C9w Ivoox: https://www.ivoox.com/podcast-a-caixa-negra-da-nostromo_sq_f11830209_1.html Spotify: https://open.spotify.com/show/5Tz2Voq5wRn9RXVsJAPRd0 Twitter: https://twitter.com/cnegranostromo Instagram: https://www.ins...
2023-09-28
00 min
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 1x06 - A Urna Negra da Nostromo | Especial cinema electoral
Neste derradeiro episodio da tempada, chegan os comicios á nave Nostromo, polo que hoxe cambiamos a caixa pola urna para elexir quen é o novo capitán, novo navegante, novo ordenador de abordo, novo alien e novo "último en morrer". E si, isto é unha referencia a unha das pelis das que falamos hoxe. Este é un especial "Cinema electoral" con motivo das eleccións xeráis 2023. Falamos de películas de temática política, especialmente centrada neste proceso da votación. Dramas, thrillers, comedias... penso que tocamos todos os temas agás o terror. Curiosamente, o xénero das eleccións na vida real. Pol...
2023-07-21
2h 11
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN EXTRA - Indiana Jones e o Dial do Destino
Como non ía un trío de "vellenials" coma nós adicarlle un episodio EXTRA a Indiana Jones? Reunímonos unha vez máis na sala de cine con motivo da estrea da quinta e (supostamente) derradeira película do noso arqueólogo favorito. Desta vez, Indy vai na procura do "Dial do destino": Un aparello ideado por Arquímedes, na antiga Siracusa, ao que se lle atribúen capacidades extraordinarias. Se aínda non viches a peli, tranquilo, que temos un *PRIMEIRO BLOQUE SEN SPOILERS.* Despois xa si imos a tope coas nosas opinións e críticas. Coméntanos se che...
2023-07-07
50 min
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 1x05 - Gloria e Noxo na Sala | Experiencias estrañas no cine
Xa avisamos que a pesar da referencia evidente a "Medo e Noxo en Las Vegas", non imos falar dela neste episodio de A Caixa Negra da Nostromo. Con Gloria e Noxo na Sala de cine, referímonos a aquelas experiencias extraordinarias que nos aconteceron vendo pelis. Cines con instalacións en mal estado, espontáneos que quixeron ser os protagonistas desde o público, maratóns de pelis que sairon mal, películas que non eran o que esperabamos... a verdade e que nos pasou de todo! E a ti? Tiveches anecdotas semellantes que queiras compartir? Pois deixanolo nos comentarios, que no...
2023-06-13
2h 31
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 1x04 - Gordos do cine
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo combinamos as nosas dúas paixóns: A papatoria e mais o cine. Falamos dos Gordos e Gordas máis ilustres da gran pantalla, xa sexan actores que o sexan de seu ou personaxes que presenten esta característica. Falaremos do "Gordo Cab**n" de Austin Powers, do informático de Jurassic Park, das pelis de Bud Spencer... Dramas con gordos, comedias con gordos, pelis que condenan a gordura, pelis que a celebran... as posibilidades son tan grandes coma os seus cinturóns. *Cómo conseguir o premio* O día 25 de xullo de 2023 estaremo...
2023-05-13
2h 30
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 1x03 - Malos que tiñan razón
Non vos pasa que hai veces que vedes unha peli e ides co malo? Que vos parece que ten razón ou, polo menos, que fai as cousas por un motivo tan bo que xustifica os seus medios? Pois disto vai o episodio de hoxe de A Caixa Negra da Nostromo. Pelis coma Matrix, Black Panther, Whatchmen... estades dacordo coa nosa lista? Ocórresevos algunha máis? Se é así, deixádeo nos comentarios. A Caixa Negra da Nostromo está tamén en Twitter e subimos o audio a outras plataformas de podcast. Sintonías: Away, by Patrick Patrikios. Sunset Rider, by FASSou...
2023-04-28
1h 53
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN EXTRA - Dungeons & Dragons: Honor entre ladróns (Sen Spoilers!)
Estreamos este novo formato de programa especial por mor da nosa quedada para ver "Dungeons & Dragons: Honor entre ladróns", porque a actualidade manda. Importante, esta reseña é SEN SPOILERS, así que tranquilos todos. Non imos mentir, iamos ao cine un pouco acojonados, pois ainda temos espisodios de estrés post-traumático de ver os anteriores intentos de adaptar o célebre xogo de rol que tanta diversión nos deu na nosa adolescencia de nerds. Pero desta vez, saimos MOI contentos. Discord das Irmandades do Dado https://discord.com/invite/5tbBZSvwut E en caso de que vos preguntasedes se este epi...
2023-04-13
53 min
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 1x02 - BLOCKBOSTAS: Bos actores, malas pelis.
Un "blockbosta" é unha peli de merda que se fai pasar (ou intenta) por un blockbuster. Para isto utilizará varios métodos: Adaptar unha franquicia coñecida de anteman, contratar un grupo cool para facer a banda sonora... mais o noso favorito é o de contratar actores de renome para que figuren no cartel e pouco máis. Neste capitulo repasamos pelis cutres feitas por actores que, poren, teñen grandes carreiras e che fan dicir: ¿Pero qué fas ahí? Desde Michael Caine en "Tiburón 4" a Brad Pitt en "Guerra Mundial Z", hai toda unha lista de actores que se viron mal de past...
2023-03-13
2h 44
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN 1x01 - O trece, mal número se non crece
Nós non somos supersticiosos porque é ben sabido que selo DÁ MALA SORTE. Boa mostra disto é o noso primeiro episodio, de películas nas que o número 13 ten un papel primordial: 13 Badaladas, 13 Pantasmas, O Guerreiro número 13, 13 Monos... ou eran 12? Mira, non sei, mellor vede o vídeo e a ver se o aclaran. Sintonías: Away, by Patrick Patrikios. Sunset Rider, by FASSounds. Lady of the 80's, by Grand Project Music
2023-02-13
2h 21
A Caixa Negra Da Nostromo
ACNDN - Sintonía tempada 1
Sintonía da primeira tempada do podcast. Música: Sunset Rider, by FASSounds.
2023-02-13
00 min