Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Falarsensaber

Shows

Falar Sen SaberFalar Sen SaberGimbros e homoerótica.Falamos da homoerótica no ximnasio e dos xemidos explicitamente sexuais dos homes hetero nun espazo publico. Tamén analizamos prácticas homoeróticas de pavos hetero, masturbación grupal, follarse a un pavo e así. E como iso non repercute na concepción que teñen da súa propia sexualidade.2022-10-2223 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberReddit e o submundo do bizarroREDDIT, un lugar onde che aconsellan que te divorcies e deixes ao teu marido tóxico que te engaña con túa irmán, ou que che quita da dúbida de se es unha persoa horrible por levar un vestido branco a unha voda cando a noiva é cega. O que si asegura son unhas risas, unha reflexión sobre a vida da peña e sair de aí sentíndote algo mellor persoa.2022-10-0835 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberMEMEEEEES 2.0Hoxe temos un programa moi chachi pq invitamos ao noso amiwi do concello de Dena. Volvemos falar de memes pq tema fav de Marcos. Falamos de internet e dos memes como democratización da cultura e a importancia do contexto compartido para o humor. Tratamos o movemento dos concellos  e aparición dos memes en galego. Ah, pero tamén a masculinación das paxinas de memes e a aparición dos memes e chicas aka sailormoon feminista. BOIRO. Vese que a gravación é vella pq falamos do combate de boxeo entre Mr Jagger e...2022-09-2337 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberIt's reality timeVimos falar de baleirar o coco. De que despois de currar oito horas non me apetece pensar na guerra, na morte ou da situación sociopolítica consecuencia do imperante capitalismo. Apetéceme ver xente cuxo máximo problema é que non lle fixeron ben o degradado da barba e lle deixaron as cellas demasiado finas. E se se pegan e follan entre eles mellor. Así que vos veño contar cales me gustan, en cales hai golpes, en cales fluídos e informarvos de que agora veñen cargaditos a partir de setembro-outubro.2022-09-1029 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberBIBLIA REVIEWOla, vimos evanxelizar a poboación. Marcos está escoitando a Biblia e resulta que ten historias. O Bro está escoitando a Biblia en spotify e cóntanos historias curiosas, masacres, violancións e incesto nas sagradas escrituras e outras movies. No minuto 15 escoitase eco e ponme nerviosa, pero podedes saltar coma ata o 18. Eu recomendo escoitalo porque Marcos conta a historia cúspide de Lot sendo violado polas súas fillas. Despois xa empezo a falar eu da miña Biblia que son obvio os realities latinos. FINAL FANTASY.2022-08-2724 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberBulimia e comentarios de merda sobre os nosos corpos que ninguén pediuFalamos da bulimia, a corporalidade e o bullying. A influenza da familia e do entorno na aparición dos TCA. Queixamosnos dos comentarios de merda. Dos parabéns cando adelgazas e da cariña de pena cando engordas. Laretamos sobre vómitos, atracóns, restriccións de alimentos, drogas e a importancia de crear espazos seguros. Tamén rimos, que conste.2022-07-0942 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberOs GAM e colectivizar os coidadosAs siglas GAM fan referencia a Grupo de Axuda Mutua. Son un grupo de persoas que comparten unha problemática común e se xuntan para falar sobre iso, compartir, vivencias, ferramentas e experiencias. Os GAM de saúde mental cambian a dinámica de paciente-profesional e apartarse do tratamento como algo puramente individual, colectivizando os coidados. Esta semana entrevistamos ás mulleres do GAM @oito_marias 💜2022-06-2424 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberTEA e xéneroFalamos de TEA con Carla, cóntanos a diferenza entre diagnosticar un home ou a unha muller, porque SORPRESA, non se lles ocurriu que as mulleres poidesemos ter TEA.  Deixamosvos o enlace do programa na descripción. Bicos, beijos e apertas camaradas.2022-06-1032 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberO TOC e outras vocesHoxe falamos de TOC e ansiedade, dos rituais e costumes que poden aliviala. De como afecta o TOC nas relacións interpersoais, das voces que temos na cabeza e da culpabilidade dentro da enfermidade mental. Está interesante, checkeade.2022-05-2830 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberBipolaridade nivel usuarioFalamos con Ainhoa sobre como se vive con trastorno bipolar. Aprendemos que é a manía ou a eutimia e que hai varios tipos de bipolaridade. Pero sobre todo aprendemos a escoitar e a acompañar. Porque ao final, cando estamos perdidas, ao mellor non precisamos que nos entendan, pero si que nos abracen.  2022-05-1439 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberVeo veo, ou nonHoxe Pedro abriu a súa alma para contar como afectou e afecta na súa vida o feito de non ver.  Pasa dende a súa máis tierna infancia ata o mundo laboral. Falamos de como nos relacionamos cun mundo que non se adapta a nós e de cando foi a radio porque lle suspenderon ximnasia por non saber facer malabares. Miradeo que non ten desperdicio. E mandou saúdos!2022-03-1339 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberPor que Josefa e Maruja xa non se xuntan na marquesina?Hoxe veu Pedro falar da despoboación das marquesinas do rural; da importancia da súa figura para o desenvolvemento social e os seus principais usos. En verdade rimos un cacho falando e pensei que todo o que dicía Pedro era mentira, porque mentir é o que mellor se lle dá. Pero despois busquei as fotos en Google e resulta que se lle escapou algunha verdade e as marquesinas son unha puta FANTASÍA!! 2022-03-0629 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberVOTA TANXU, imbécilNo día de hoxe explicamos como facer un tongo a nivel estatal, joder a túa carreira musical antes de comezala, tráfico de influencias en Prime Time, a Transición española ou como lle pagamos estróxenos ao rei emérito. Quixemos falar de moitas movidas, pero en verdade acabamos rajando e lendo dúas frases dun libro MOI RECOMENDABLE  : "El arte de la manipulación política". Pouco se fala das miñas habilidades de tradución simultánea. E tamén do pobre imbécil que se equivocou na votación da reforma laboral despois de que xa...2022-02-0629 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberSeñores e menoresHoxe non falamos das Tanxus Outro día falaremos do sistema electoral, pero como somos tertulianas e non periodistas, e como nós tamén vimos pra quedar, pois dentro de seis meses non ides saber se nos cagamos no puto sistema electoral e no puto centralismo o día que era ou non. Así que cando nos caguemos no sistema electoral ímolo facer con propiedade (coa pouca que nos caracteriza, probablemente), e a destempo (que si vai moito máis con nós). Hoxe vimos nun rollo 'I'll get older but your lovers stay my age e...2022-01-3033 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberTócanse os extremos?Neste programa perdemos á xeración Z, porque non sei por que cona non vos interesa a loita de clases. EXPLIQUENME Non o entendo, panda de anarcocapitalistas metidos na criptomoneda!!  divagamos un pouco sobre iso, sobre o espectro político, os reximes fascistas, comunistas e democráticos. Reflexionamos se existen os extremos porque asumimos que O CENTRO NON EXISTE, SON OS PAIS.  Facemos alusión a un dos nosos temas predilectos: o imperialismo. Tocamos á operación Cóndor, a dificultade de manter un goberno de esquerdas en América Latina e obvio mencionamos que a nova esquerda latinoamericana con Chile e...2022-01-2229 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberMEMEEESHoxe Marcos falal de MEMES, eu escoito. Flípase un pouco porque quere abarcar 10 anos en 30 minutos, pero intentouse. Falamos de eventos como Harambe, os memes irónicos e os "memes de chicas" (especial mención a @zorras.regular ). De como os memes son unha expresión social e cultural que transmite mensaxes que en moitas ocasións acaban sendo virais. Son un reflexo da realidade e, ao mesmo tempo, ferramentas de cambio. Tamén falamos de como consideramos que influíron os memes de chicas en proxectos como @bratzantifa.wav , que levan mensaxes dende internet a un form...2022-01-1629 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberLa vieja murióFalamos un pouco das eleccións en Chile, de que a dereita non é o novo punk, é o reggaeton, de Boric, da moderación do discurso NAZI DO NAZI DE KAST para atraer o voto do centro, de que a vella Hiriart pechou a campaña palmandoa, a viúva de Pinochet! E de que fomos á rodaxe de @pringadas.serie é pasámolo en grande, grazas á equipaa!2022-01-0929 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberO Nadal e facer o Belén na IgrexaHoxe falamos de como Marcos deixou de crer silenciosamente nos Reis Magos, e case o temos que informar ao chegar a Universidade, para que non fixese o ridículo. De como el facía dun adorable pastor no Belén da Igrexa e eu pouco máis e era Herodes rei de Xudea, porque a min a Señorita non me quería. Vimos que o Carrufas, que así lle chamo eu ao Carrefour que era punto de reunión da miña adolescencia, ten un buzón para o apalpador. Cando comezou a dar pasta falar do apalpad...2021-12-1233 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberFolga do metal en CádizA culpa é da Unión Europea. Falamos das protestas en Cádiz, da precariedade, a temporalidade e o incumplimento sistemático do convenio. Rajamos dos Sindicatos e eu entendo porque os acusan de VENDEOBREIROS. Tamén rajamos da Jusapol, que é un sindicato de maderos e militares, cando NON SE PODEN SINDICAAAAAAAAR. Defendede as vosas barricadas locais. Teruel existe referente. E cagámonos no pacifismo outra vez. 2021-12-0536 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberViolencia machistaCreo que é o vídeo máis difícil que gravamos. Doiame o corazonciño aínda que me estivese rindo e tremíanme ata as pestañas. Tratamos a violencia de xénero como sabemos, en bata no salón da casa. E contamos como a vivín e como viviu Marcos o meu proceso. Despois revéndoo, escoitome e síntome un pouco patética, como que nada me parece para tanto, e as historias e as agresións que para min foron tortura, parecen unha tontería. Porque todo era broma, e eu non me podía enfadar...2021-11-2844 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberO mono de MarcosMarcos fala do mono da medicación coma se fose politoxicómano. Cando, efectivamente, é politoxicómano. Por algunha razón todos os posibles efectos adversos da droga lle pasan a Marcos. A min solo me estriñen, pero resulta que é mazo de jodido. Compárase co señor de Tranispotting e fala mazo dos Serrano porque o están vendo no piso. Tres Zentenials vendo os Serrano, cando vexan o final comentámolo, impaciente estou. E falamos da Guerra do Opio tamén.2021-11-2132 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberComercio local, trama Gürtel e asíMarcos desenténdese da descripción e faime cargar co enorme peso do noso éxito. Está mazo de resaca e ten o cerebro murcho. Comezamos falando de comercio local e da importancia do consumo dentro do sistema capitalista. Perdémonos un pouco no medio e acabamos falando das "convenientes mortes naturais" da trama Gürtel. Marcos salienta que el estuda EDUCACIÓN SOCIAL, e que le LIBROS de EDUCACIÓN SOCIAL. E acabamos falando de aporofobia, que é odio ás persoas pobres.2021-11-0141 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberFalamos do audiovisual en galego con Adelita.En verdade vimos Ons, que nos alegra mazo unha peli en galego en Netflix. E despois rajamos porque a min todo me dá as mesmas vibes de costumbrismo, vacas e peleas polos marcos das leiras. Que a peña do audiovisual ten que comer e hai xente mazo de boa, con mil ideas e cero pasta. Que se queremos unha cultura en galego viva e diversa, peña, hai que invertir niso. Mencionamos a @belenpuime e @cacolaserie porque os vin no Carballo interplay e non o supero.2021-10-2538 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberRajamos que flipadesEu quentome co sistema de protección internacional, para variar. Que é un tema serio. E Marcos fala de Educación Social e das lideresas Bolvianas. Todo dende a nosa obexctiva perspectiva de persoas europeas e blancas. Comentade que opinades sobre que a peña teña dereitos fundamentales, a nós parécenos moi caro!!2021-10-1729 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberMarcos corre diante dos grisesFalamos do botellón, das hostias no Ruta, de okupar as rúas e reapropiarnos das aulas! Imosnos de antisitemas pero somos mazo de cagonas. Queremos botellona na Alameda e Marcos fala de estudos de Gringolandia sobre a iluminación nos parques e a criminalidade. 2021-10-1233 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberA puta droga chorvo IIPois si, falamos de drogas, do racismo das leis antidroga. Marcos homosexualiza a Lois Pereiro porque para el agora todo o mundo que lle pareza guai é maricón e quéixase de que todos os nosos exemplos son de Gringolandia pero eu aporto datos do Brasil.  A ver que é mazo de largo o capitulo, pero a os primeiros vinte minutos como que intentamos falar da movida das drogas e despois xa se nos foi a pinza e laretamos de ben. QUEREMOS DROGA CON IVE (IVA en español amigues, non vaia ser). E falamos de presos, putas e obvi...2021-09-2722 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberA puta droga neno IPois si, falamos de drogas, do racismo das leis antidroga. Marcos homosexualiza a Lois Pereiro porque para el agora todo o mundo que lle pareza guai é maricón e quéixase de que todos os nosos exemplos son de Gringolandia pero eu aporto datos do Brasil.  A ver que é mazo de largo o capitulo, pero a os primeiros vinte minutos como que intentamos falar da movida das drogas e despois xa se nos foi a pinza e laretamos de ben. QUEREMOS DROGA CON IVE (IVA en español amigues, non vaia ser). E falamos de presos, putas e obvi...2021-09-2724 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberA infanta Elena é un pugSigo amargada e desempregada. Mentíronme dicindo que iamos ser a nova elite pero en vd o único que son é POBRE. Probablemente rajemos do capitalismo e dos maderos. Confésolle a Marcos que o castramos de pequeno e falamos da endogamia na realeza.2021-09-2033 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberBlackface e cousas de rojosMarcos descubre que o blackface é RACISTA. Resulta que ten un dirigente comunista favorito. A 12 de setembro falamos do 11S, de morbo e colonialismo porque o 11S é o golpe de estado de Pinochet.  Uxía estivo un ano en Chile e agora crese na potestade para falar en nome do país.2021-09-1227 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberQue asco traballar. Maldito capitalismo II.Encheuseme a boca coa merda de condicións laborais nos campas pq viña de rematar a última quenda e queríame duchar. Botaba de menos as condicións de hixiene básicas. Estaba cansada de coexplotarnos como proletariado cando quen gana nunca somos nós, son as empreeeesas. (Bendita a empresa que me dou traballo por certo). Maldito capitalismo. Malditos masters que me piden para traballos que non me van dar.2021-09-0631 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberQue asco traballar. Maldito capitalismo.Iamos falar do mercado laboral, porque eu (Uxía), estou buscando curro e complícaseme esta ardua hazaña. Enredamos un pouco falando de como nos explotan nos campamentos de verán (sempre agradecida por cobrar, non vou morder a man que me dá de comer). E queixámosnos da peña que nos pide que lle falemos castejano de castilla.2021-08-2930 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberPor que odiamos aos superheroes máis ca á Policía?Batman, oposita2021-08-0940 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberMaricuelasFalamos do orgullo a destempo, de Españita, de Mostopapi e o outro pavo que dixo que violaba mulleres e estaba en contra do aborto. Rajamos de amazon e algunha cousa máis. Na nosa liña.2021-07-2531 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberViva Colón, viva IIno programa de hoxe de falar sen saber: CENTROS DE MENORES EN CHILE, DELINCUENCIA, DROGA (sen demonizar), XENOCIDIOS, PUNK, ETA, GUARDIA CIVIL, DEPRESIÓN CRÓNICA, DROGA (demonizada), ALIENS, PROSTITUCIÓN, MADEROS2021-07-1235 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberViva Colón, vivaUxía fala de pq o sistema de acollida de solicitantes de protección internacional é jodido e despois falamos do xenocidio canadiense. Todo desde a nosa perspectiva de brancos cis europeos colonizadores.2021-07-1232 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberViolencia sexual, loitas sociais e capitalismoUxía tomou notas. Falamos de abuso sexual e apropiación de loitas e movementos sociais por parte do capitalismo. 2021-06-2738 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberNovas masculinidadesPoooode que nos viñesemos un pouco arriba. Just maybe. Intentamos falar do "hombre blanco común", pero spoiler Uxía cagouse en todo o cagable. Estamos en spotify e o programa da próxima semana tédelo en twitch. Besiiiiiiiis.2021-06-2035 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberMovidas e outrasDivagamos sobre o que pensamos que queremos que sexa o noso podcast, arreglamos o mundo en 20 minutos. O video subino eu (Uxía), que Marcos, moi generación Z pero non sabía.2021-06-1821 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberOs concellos, a nada, a psicodelia e por que Marcos mandibuleaMarcos anda de colonias e grabamos a semana pasada. Quixo falar dos concellos e eu non entendín moito. Tivemos un momento de incertidume pero xa reconducimos polo noso tema favorito: as drogas da cabeza. Lembrade xentiña, a vosa opinión sobre a medicación da peña non lle importa a nadie!!! AHHH, e que me quentei a dicir psilobicina pero é psilocibina.2021-06-1833 minFalar Sen SaberFalar Sen Saberescatolóxico, non apto para persoas sensiblesFalamos de caca, de Emús, pero non de caca de Emús2021-06-1828 minFalar Sen SaberFalar Sen Sabersalvadoras brancas falan do colectivo trans*hoxe tocou falar de TERFas, transfobia e do noso archienemigo, o PSOE2021-06-1824 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberVoltamos raposas!hoxe tocou moita leria e moito conto, as miñas últimas declaracións con vesícula, marcos e o monopolio do colectivo lgtbiq+ e Rajoy rajando dos maricas (repetimos, RAJOY!!!). Onde Uxía, eu, di DMS-V, quere dicir DSM-5. Retraso ou dislexia? no próximo capítulo saberedes por que retraso2021-06-1828 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberReferentespuxémonos soviets e uxia cágase en gandhi e marcos no Che, pero nunca en Oleiros2021-06-1832 minFalar Sen SaberFalar Sen SaberTAMOS TOLOShoxe puxémosnos algo serios falando de saúde mental e movidas2021-06-1832 min