Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

As Womansplainers

Shows

As WomansplainersAs WomansplainersUSACo mundo adaptándose aínda á segunda chegada de Donald Trump á Casa Branca, as Womansplainers botamos man para falar dos EUA dunha convidada chegada de alén mar: Krisha Kinnersley, de 39 anos, procedente de Michigan e coa perspectiva que da ser de alí mais vivir aquí hai anos. Con ela exploramos os lugares comúns sobre os Estados Unidos, e canto hai de certo nas cousas que cremos saber sobre ese país grazas á súa industria audiovisual. Tamén o que eles pensan sobre o resto do mundo e as semellanzas e os contrastes entre o seu país e o...2025-01-301h 20As WomansplainersAs WomansplainersXogos de azarNo episodio inaugural do 2025 acompáñanos a Marta Veiga, xornalista e mestra, sospeitosa habitual nas Womansplainers. Nestas datas natalicias é moi común xogar á lotería, intercambiar décimos e mercar rifas. Mais que opinamos da publicidade e cobertura informativa que se lle dá nos medios a este xogo de azar estatal? Causa isto problemas de ludopatía? Que probabilidades hai de gañar? Falamos de supersticións e tradicións arredor da lotería, deteorías da conspiración e de métodos matemáticos que xogan coas reglas do xogo para gañar. Ademais, tamén d...2025-01-091h 26As WomansplainersAs WomansplainersPésNeste capítulo das Womansplainers, abordamos un tema que parece banal, pero que está repleto de historia, cultura e curiosidades: os pés. Exploramos como foron moldados polas normas sociais e culturais ao longo do tempo, desde práticas extremas ata a presión estética actual por ter pés perfectos. Tamén analizamos cuestións de saúde, como o impacto do uso de zapatos incómodos, e discutimos terapias asociadas, como a reflexoloxía. Non deixamos de lado as dimensións máis subxectivas, como o fetichismo, filias e fobias que esta parte do corpo suscita...2024-12-191h 10As WomansplainersAs WomansplainersEn terapiaE será certo que todo o mundo debería facer terapia? Para comprobalo, esta semana as Womansplainers imos a terapia coa Dra. Iria Veiga, a nosa psiquiatra e opinadora de confianza. Falamos con ela de como a linguaxe terapéutica está a invadir a nosa lingua cotiá, de termos da psicoloxía ou a psiquiatría que permean a nosa comunicación e acaban por perder o seu significado, axudando ás veces ao autocoñecemento, ás veces a autodiagnósticos errados. Discutimos tamén as constelacións familiares, a terapia Gestalt, pseudoterapias e situacións en que facer te...2024-11-281h 02As WomansplainersAs WomansplainersAliadosA Susana Aríns, mestra, escritora e feminista, acompáñanos neste novo episodio das Womansplainers para falarmos sobre aliados. A que nos referimos cando falamos dun aliado? Como se pode ser un bo aliado dunha causa? Son as novas masculinidades e os señores deconstruídos o novo modelo a seguir? Que opinamos do concepto "espazo seguro"? Existen realmente estes espazos? Atoparás a resposta a todas estas preguntas e máis neste novo episodio das Womansplainers, agardámoste!2024-11-141h 27As WomansplainersAs WomansplainersNúasNo episodio desta semana espímonos da man da nosa convidada Ludy, practicante do naturismo dende hai media vida e membro da Asociación Nudista de Galicia (NaturiGal). Comezamos facendo un breve percorrido pola historia do movemento naturista na Galiza e aprendemos cal é a diferenza entre nudismo e naturismo. Cales son as vantaxes e inconvintes de practicar nudismo? Que impacto ten sobre a autoimaxe de quen o practica? Sexualización, perda de espazos propios e a incógnita do recambio xeracional son algunhas das preocupacións habituais entre as practicantes do nudismo, mais cales...2024-05-091h 33As WomansplainersAs WomansplainersAlcoholNo episodio máis recente das Womansplainers abordamos o mundo da cultura do alcohol. Discutimos os impactos que esta substancia ten na nosa sociedade e como está tan integrada ata o punto de ela ser un cohesionador social. A liberdade é realmente poder tomar unhas cañas nunha terraza tal como nola pinta certo sector político? As persoas deciden libremente beber? E que acontece con aquelas que non beben? Con un ton descontraído e sen queríamos ditar moral, convidámosvos a unha reflexión sobre a vosa propria relación co alcohol.2024-04-251h 13As WomansplainersAs WomansplainersTabacoPasou case un mes sen episodio das Womansplainers! Esperamos que ao contrario que a Sara Montiel non nos agardasedes fumando. E é que desde 1990, as mortes por cancro de pulmón en mulleres se multiplicaron por catro. Con estas cifras sobre a mesa, por que é que a xente continúa a fumar ou por que comeza a facelo? E que peso teñen os vapers no achegamento da infancia e da adolescencia ao tabaco? Adoitan dicir que agora as mulleres fuman máis que os homes. Canto hai de verdade nesta afirmación? Como é a fenda de consu...2024-04-111h 08As WomansplainersAs WomansplainersDiscapacidadesNeste episodio das Womansplainers abordamos o tema da discapacidade. Exploramos este asunto desde varias ópticas coa mellor convidada posible: Carmen Santos Queiruga. Coa súa experiencia persoal e a súa franqueza, percibimos os desafíos da vivencia da discapacidade. Que camiños pode tomar a sociedade para chegar a unha inclusión efectiva? Hai discapacidades máis invisibles? Temos medos coas etiquetas?   2024-02-291h 36As WomansplainersAs WomansplainersEcoloxismoDende o desastre ecolóxico do Prestige ata o actual desastre dos pellets pasaron moitos anos, pero poucas cousas cambiaron en canto á xestión destes sucesos. Co uso das redes sociais, estas novas espállanse rapidamente, mais as responsabilidades e as medidas de actuación tardan tanto coma sempre en seren tomadas. No episodio desta semana, acompañadas por Sarai,”bióloga de bota e non de bata”, falamos das responsabilidades individuais e colectivas que temos para co noso planeta. Podemos reciclar na casa, pero se para 2024 vai zarpar o cruceiro máis grande e contaminante do mundo, parec...2024-02-031h 11As WomansplainersAs WomansplainersMóbiles IISon as relacións a través do móbil menos reais? Empeoran os smartphones a nosa saúde mental ou tamén poden axudar a mellorala? Hai algunha maneira de que todas as xestións administrativas e financeiras a través de apps non deixen fóra a xente de máis idade? Non será que tamén as máis mozas prefiren un ordenador a un móbil cando hai que facer cousa seria? Todas estas preguntas e, coma sempre, as nosas dicas culturais, noutro episodio máis con Antía Cid.2024-01-201h 09As WomansplainersAs WomansplainersMóbiles Íamos explicar isto todo cun audio de whatsapp, pero decidimos finalmente facer un episodio sobre isto. Neste último programa exploramos como os dispositivos móbiles moldan as nosas vidas dependendo da xeración á cal pertenzamos. Evidentemente, falamos do “último” protocolo educativo ou de como os máis vellos enfrontan desafíos ao se adaptaren á tecnoloxía moderna.  O enfoque máis psicolóxico ou cognitivo non “quedou en visto”. Conversamos sobre o impacto dos smartphones na saúde mental, explorando como a constante exposición a estímulos afecta á nosa autoestima, percepción e capacidade de concentració...2024-01-111h 08As WomansplainersAs WomansplainersRuralEsta semana, as Womansplainers imos á aldea para falar do RURAL con Paki Vaizela. Falamos con ela da romantización das aldeas por parte de quen non vive nelas e de como medrou está tendencia, especialmente desde o grande confinamento. Intentamos definir que é o rural, quen vive nel, por que perde cada vez máis poboación e, especificamente, que problemas temos asmulleres para quedar nel. Tamén dedicamos varias cuestións á relación do rural coa nosa construción identitaria: Son as galegas menos galegas se non son de aldea ou se -deus non o permi...2023-12-281h 17As WomansplainersAs WomansplainersReformasNo episodio desta semana acompáñanos a Carmen Figueiras, arquitecta lucense e fiel ouvinte das Womansplainers. Coa súa axuda resolvemos as nosas dúbidas sobre un evento canónico que, tarde ou cedo, chega á vida de moitas: a reforma. Cal é a diferenza entre reformar e rehabilitar? Que partes dunha casa paga máis a pena reformar? Cales son os SIS e os NONS á hora de facer unha reforma? Falamos de burocracia, da evolución dos estilos decorativos nos últimos anos e da falta de referentes de mulleres arranxando cousas. Se queres coñecer cal é o estilo "Remordimiento español" e, por suposto...2023-12-141h 17As WomansplainersAs WomansplainersMarcasAs Womansplainers mergullámonos no fondo do mundo das marcas neste episodio libre de patrocinios. Exploramos desde o seu poder de influencia ata os segredos por tras dalgunhas marcas icónicas. Coa nosa abordaxe particular, falamos de como as marcas tamén moldan a nosa cultura e percepción, así como do noso relacionamento con elas. Este é un episodio sobre cuestións do noso cotián, que esperamos que vos resulte entretido e…marcante.2023-11-301h 16As WomansplainersAs WomansplainersBonecasPor que os homes chaman "figuras de acción" ás súas bonecas? Como evolucionou o aspecto das bonecas nas últimas décadas? E para que serven? As Womansplainers estamos de volta!2023-11-161h 10As WomansplainersAs WomansplainersRematou a tempadaQue foi do prometido final de tempada das Womansplainers?2023-07-2105 minAs WomansplainersAs WomansplainersS03E25 - VerbenasAs Womansplainers xa estamos co modo verán activado e co comezo da nova estación empeza tamén a tempada de festas e verbenas. Odiadas por unhas e amadas por outras, pero gústennos ou non, parte do noso patrimonio cultural. Houbo nos últimos anos unha recuperación das verbenas e das sesións vermú como forma de ocio? Que diferenzas atopamos entre as zonas urbanas e o rural? A música tradicional galega semella que tamén ocupa un oco nas festas patronais de vilas, aldeas e barrios. Cambiou o xeito de facer música tra...2023-06-291h 07As WomansplainersAs WomansplainersS03E24 - ABAUComo un bo Maxibon este episodio tamén ten dúas fases: recolle un antes e un despois de Celtia, unha rapaza que nestes días se someteu ás probas da ABAU. Con ela abordamos cuestións como a de se ten sentido aínda facermos estes exames cada ano ou se facemos isto porque non demos con outras opcións. 2º de Bach é un curso que se centra, as máis das veces, no obxectivo de ir ás ABAU, pero é certo que hai alumnado que non está nestas miras. Como podemos harmonizar todo? Outro asunto importante é...2023-06-151h 28As WomansplainersAs WomansplainersS03E23 - TelevisiónComo cambiou a nosa maneira de ver a televisión no s.XXI? Son os realities unha forma superior da realidade, como as ideas son ás sombras na caverna de Platón? Quen ve a televisión en 2023 e por que a vemos cada vez menos? Na compaña de Marta Pérez Pereiro, profesora de Cultura Audiovisual, intentamos dar resposta a estas e outras preguntas. Das antenas parabólicas ás plataformas de streaming, dos programas de información á ficción autoconsciente, da paciencia da carta de axuste ao binge-watching de Netflix -non cambien de canle, porque comezan As...2023-06-011h 21As WomansplainersAs WomansplainersS03E22 - Intelixencia ArtificialNo episodio desta semana acompáñanos a Aida, enxeñeira informática especializada en computación e investigadora de novas tecnoloxías de realidade extendida. A presenza das mulleres no ámbito da tecnoloxía e da enxeñería continúa a ser moi escasa. A pesar disto, contamos con varias referentes no mundo da informática que realizaron importantes achegas que nos gustaría dar a coñecer. Por outra banda, Aida explícanos "for dummies" que son as intelixencias artificiais (IA) e que tipos de IA existen. A aparición das IA supuxo un imp...2023-05-181h 10As WomansplainersAs WomansplainersS03E21 - MúsicaNo podcast desta semana discutimos con MJ Pérez sobre os desafíos específicos que as mulleres encaran ao ingresar no mundo da música, especialmente num contexto como o galego. Destacamos a desigualdade e a falta de representación feminina na industria e festivais, alén da escasa visibilidade que reciben os proxectos musicais con mulleres.  Por outra parte, tamén falamos do fenómeno fan e como iso pode afectar a maneira en que as mulleres somos vistas no panorama musical. Existen prexuízos que operan e que fan que as creadoras musicais sexan frecuentem...2023-05-0550 minAs WomansplainersAs WomansplainersS03E20 - BibliotecasSer bibliotecaria é o traballo soñado de moitas rapazas e por iso convidamos a Cris García, unha "rock-and-roll librarian", a que nos explique algúns segredos da súa profesión. A nosa convidada contounos que hai que facer para converterse en bibliotecaria, por que a xente segue a visitar as bibliotecas nuns tempos en que moitas persoas xa teñen bastantes libros sen ler na propia casa (ti tamén, non finxas que isto non vai contigo!) ou como cambiou a pandemia a vida nas bibliotecas. Quen non entrou algunha vez nunha biblioteca porque n...2023-04-201h 31As WomansplainersAs WomansplainersS03E19 - Series (II)E falando de series, non iamos quedar sen opinar sobre as do país. Fará algún día a TVG novas series que non teñan que ver coa Garda Civil?! A pesar da tendencia actual, series con temas totalmente diferentes que marcaron a toda unha xeración de galegas, pouco teñen que ver con esta temática. Por outra banda, que acontece coas series españolas e que dinámicas son as que seguen de xeito habitual? Aínda que houbo avances moitas das series de moda non pasarían o test de Bechdel. Cambiaron nas series o tipo de pa...2023-04-0946 minAs WomansplainersAs WomansplainersS03E18 - SeriesO xeito no que vemos as series cambiou moito nos últimos anos. De ter que agardar impacientemente a que saíse o novo capítulo semanal da nosa serie favorita, pasamos a poder facer maratóns de tempadas ou mesmo series completas nun só día. Como cambiou a forma de narrar a consecuencia disto? Significa máis oferta mellor calidade? Implica que rematou a Idade de Ouro da Ficción Televisiva? As redes sociais tamén trouxeron con elas un novo xeito de ver series en común, creando comunidade arredor delas. Corremos o risco de ler algún spoiler, pe...2023-04-061h 03As WomansplainersAs WomansplainersS03E17 - HatersNo episodio desta semana falamos con Malva sobre o fenómeno hater. Tentamos analizar os comportamentos desas persoas que espallan odio e negatividade nas redes, pondo todo en contexto e discutindo sobre se este é un fenómeno novo.  Son os haters un marcador de éxito ou isto só axuda a crear máis toxicidade en redes? Fomos nós esa hater algunha vez? Este programa contén dicas culturais e tamén un decálogo de supervivencia.2023-03-231h 27As WomansplainersAs WomansplainersS03E16 - #8M Celebración?É o #8M un día de protesta ou de celebración? Pode ser as dúas cousas? 6 anos despois da primeira folga xeral laboral feminista e tres anos despois de que a dereita acusase o 8M de provocar unha pandemia no Estado español, as Womansplainers repasamos as actividades ao redor do Día Internacional da Muller Traballadora. Batukadas e gaitas, manifestantes transexcluíntes e a Santa Compaña das defuntas célebres son algunhas das cousas que nos amolan no mes de marzo. Tamén hai institucións que o fan ben e temos, naturalmente, algúns consellos sobre o que poden...2023-03-081h 19As WomansplainersAs WomansplainersS03E15 - HeroesQue é un heroe? É diferente o concepto do heroe clásico do que temos na actualidade? Están a desaparecer os heroes? Semella que na cultura galega carecemos destas figuras na súa definición clásica, pode que substituídas pola abundante presencia de mártires. A que se debe isto? No episodio desta semana, acompañadas pola Rita, falamos tamén dos nosos heroes favoritos e das súas historias. Cales son os teus? Finalmente, como é habitual, ofrecémosvos as nosas discas culturais preferidas. As túas heroínas podcasteiras agardámoste!2023-02-231h 45As WomansplainersAs WomansplainersS03E14 - A idade baixo sospeita (II)Erraba Castelao afirmando que "Os vellos non deben de namorarse"? Por que ofende tanto que Madonna queira ensinar as tetas ou que as teña ou non operadas? Na segunda parte de A IDADE BAIXO SOSPEITA seguimos a discutir con Teresa Moure o rexeitamento que producen o erotismo e o desexo das persoas máis vellas e das máis novas, a sospeita permanente que sofren as relacións de parella con asimetrías de idade e as mecánicas incel en que caemos as propias mulleres cando sentimos que deixamos de ser percibidas como desexábeis.  Tamén te...2023-02-1257 minAs WomansplainersAs WomansplainersS03E13 - A idade baixo sospeita (I)Que é a idade? Que significa e por que hai a quen lle importa tanto? Esta semana discutimos estas preguntas coa lingüista e escritora Teresa Moure co gallo da publicación do seu novo libro "La edad bajo sospecha. Una crítica al edadismo y a las edadofobias".  Poñemos o foco tamén sobre os termos que empregamos para referirnos ás persoas segundo a etapa da vida en que se encontran e sobre a propia necesidade de marcamos límites para definir esas etapas. Ilustramos as diferenzas entre idade biolóxica e idade sentida e desabrochamos os corsés...2023-02-0956 minAs WomansplainersAs WomansplainersS03E12 - CabeloNeste episodio falamos sobre o cabelo entrecruzando este concepto con asuntos históricos e sociais. Nós sabemos que o cabelo non é só un adorno: é unha forma de expresión, de identidade e, ás veces, de autoestima. A sociedade aínda impón padróns ríxidos de beleza, especialmente para as mulleres racializadas e outras comunidades marxinalizadas. Xunto coa Paula Jorge exploraremos o poder por tras dos nosos cabelos.2023-02-021h 24As WomansplainersAs WomansplainersS03E11 - SociolingüísticaAs tías chulísimas podemos falar do que queiramos (con gheada ou sen ela) e por iso neste episodio, acompañadas da Vera, escollemos un tema que xera amor e odio a partes iguais: a sociolingüística. Realmente evoluciona o idioma da man das falantes? As instiucións académicas chegan sempre tarde aos cambios lingüísticos xa presentes na sociedade? Ten utilidade o concepto de neofalante? Onde está a fina liña que separa o prescriptivismo e a corrección lingüística? Como tratan os programas de moda este problema? Para escoitardes as nosas opinións...2023-01-261h 25As WomansplainersAs WomansplainersS03E10 - CasasComo viviamos e como vivimos hoxe? Por que cambiaron tanto as nosas vivendas e por que idealizamos a casa tradicional galega? De que falamos cando falamos de feísmo? Acompañadas pola arquitecta María Novas repasamos as mudanzas nas vivendas, a desaparición das cociñas como corazón da casa onde se vive en comunidade, a aparición dos estudios e dos "tiny homes". Tamén despachamos a gusto contra os erros de deseño e as modas que menos nos gustan nas vivendas actuais: baños sen bidé, illas de cociña, pisos de "concepto abe...2023-01-191h 38As WomansplainersAs WomansplainersS03E09 - Fin de anoNeste episodio falamos coa psicóloga e educadora Hadriana Ordóñez sobre a festa de Fin de Ano. O dia 31 de decembro é unha data que case nos obriga a facer balances, sair de festa, ter boa disposición e plans para o ano seguinte. Pero… e se algún deses ingredientes falta? Comentamos a nosa maneira de vivir e enfocar esta festividade con algún conselliño cultural polo medio. Podes oír o episodio entre brilli-brilli ou de chándal. Ti decides!2022-12-291h 33As WomansplainersAs WomansplainersS03E08 - AgasallosPor que facemos presentes? Que nos move a facelos e que sentimos ao recibilos?  Como podemos compatibilizar a ilusión das crianzas cunha moderación no consumismo nestas datas? Que consecuencias teñen as historias tradicionais de agasallos só para as crianzas que sexan guiadiñas?  Seguimos facendo agasallos "con xénero"? Que acontece cando non gusta un presente? Como reaccionamos ou que   podemos facer con el? Cales foron os agasallos máis desexados ou máis ilusionantes da nosa infancia? De todo isto falamos con Elisa Casal, coñecida polas...2022-12-221h 33As WomansplainersAs WomansplainersS03E07 - Teorías da conspiraciónQue son as teorías da conspiración? Existe un determinado perfil de persoa que tende a crer máis nelas? Habitan entre nós os reptilianos? Ou quizáis Hitler pasou pola Galiza na súa fuxida cara á Arxentina!  Para descubrir estes e outros misterios, acompáñanos neste novo e conspiranoico episodio das Womansplainers! Imaxe do episodio de pch.vector en Freepik2022-12-081h 13As WomansplainersAs WomansplainersS03E06 - SoidadeOímos as vosas preces e neste episodio tratamos o tema da soidade, tanto daquela escollida que é pracerosa, como daquela outra imposta que impacta na saúde mental de tantas persoas. Debemos ter medo da soidade? Pode ser ela unha vantaxe? Como lidamos con algunhas das dificultades a ela asociadas? Escoitade este programa que fixemos con Alva Pico. Pode facervos compañía e levarvos a un lugar aconchegante.2022-12-011h 11As WomansplainersAs WomansplainersS03E05 - InfluencersNo episodio desta tarde volve a marabillosa Iris Gestoso para explicarnos as INFLUENCERS. 💁🏼‍♀️📱 Quen merece este nome? Cantos cartos moven ao ano? Son falabaratos ou hai traballo detrás deses cartos? Cal é a fórmula do seu éxito? Que prezo persoal teñen que pagar?2022-11-241h 16As WomansplainersAs WomansplainersS03E04 - OutonoA astronomía di que levamos tempo xa no outono aínda que a meteoroloxía cada día mande menos pistas sobre os cambios de estación. Tradicións, lembranzas e dicas, damos a benvida ao tempo do outono na casa das Womansplainers e na túa se queres acompañarnos.2022-11-171h 11As WomansplainersAs WomansplainersS03E03 - RaiñasQuen se coroou a si mesma cun tocado de froitas tropicais e foi a primeira muller en ter unha estrela no paseo da fama? Quen foi a primeira persoa en facerse chamar "the queen of drag"? Que señora toleou o París dos tempos do Rei Sol coas súas dotes de espadachina? Neste novo episodio, as Womansplainers, acompañadas unha vez máis por Marta Veiga Izaguirre, falamos de RAÍÑAS de todos os tempos e clases sociais, reais e imaxinarias, vivas e mortas, nacidas na nobreza e na escravitude, que reinaron na noite e no papel de colorin2022-11-101h 35As WomansplainersAs WomansplainersS03E02 - SonoEsta semana non foi normal. Publicamos algo máis tarde, temos un texto máis breve... Era de agardar, venceunos o sono!  Palabra chave: #sestinder2022-10-271h 06As WomansplainersAs WomansplainersS03E01 - Amigas 👩🏾‍🤝‍👩🏻Por que precisamos amigas? É verdade que é máis difícil facermos novas amizades na vida adulta? Como mudaron a pandemia e as redes sociais as nosas maneiras de coñecer persoas e de coidar das vellas amigas? Sabemos identificar os sinais dunha amizade tóxica?2022-10-201h 43As WomansplainersAs WomansplainersS02E39 - C🥯O🦪N🌺A🐚SNon sabemos se este foi un episodio íntimo (non debeu ser, porque foi un directo de Twitch) pero sí podemos afirmar que falamos dunha zona íntima. A cona é ese tema que até para quen escribe esta breve nota lle dá un certo pudor dactilografar, pero un final de temporada merece un asunto suculento e a verdade é que este levaba tempo a pairar. A actriz e comunicadora Neves Rodríguez e a xa coñecida divulgadora Laura Veiga axudaron a encher de contido e pareceres este programa. Como temos sempre unha visión didáctica e a nosa galeguidade é innegábel, comezamos o p...2022-07-041h 45Recuncho Gamer PodcastRecuncho Gamer PodcastRecuncho Gamer Podcast Ep.25: As Womansgamers (coas Womansplainers)Derradeiro capítulo da tempada ao que se suman A Malvada Profe e Sara das Womansplainers para repasar todos eses tropos machistas sobre a representación da muller nos videoxogos e tamén como desenvolvedoras de videoxogos e xogadoras. TENDA Recuncheira: https://recuncho-gamer.jimdosite.com/... Recuncho Gamer é un espazo dedicado aos vídeoxogos desde o desenfado. Tamén emitimos en directo en http://twitch.tv/recunchogamer - PODCAST: https://youtube.com/playlist?list=PL-... - OUTEIRO VERDE: https://www.youtube.com/playlist?list... - Alertas de vídeos e directos por TELEGRAM: https://t.me/Recunchogamer - Pasa e participa no noso...2022-06-281h 22As WomansplainersAs WomansplainersS02E38 - Liberdade de expresión 🗣No episodio desta semana, patrocinado por PuntoGal, veu falar connosco a xornalista e deputada lucense Olalla Rodil. E que mellor sitio que un podcast onde opinamos forte para falar sobre a liberdade de expresión? Definimos este concepto e falamos de cales son os seus límites. Como lle afecta a lexislación dos delitos de odio? Como cremos que se respeta a liberdade de expresión no estado español na comparativa con outros países? O auxe das redes sociais supuxo a aparición de novos elementos tanto perxudiciais coma beneficiosos para a liberdade de expresi...2022-06-161h 19As WomansplainersAs WomansplainersS02E37 - Gordofobia 2 🤰Neste novo episodio co patrocinio de PuntoGal, contamos de novo coa presenza de Esther para seguir afondando nas manifestacións da gordofobia en diferentes eidos da sociedade e dos medios de comunicación. Revisamos os papeis e os tropos en que se ven encerradas as persoas gordas: case nunca protagonistas e poucas veces antagonistas, con frecuencia vense reducidas a seren o alivio cómico en historias máis dramáticas ou a amiga coitada e sen interese sexual nas historias románticas con protagonistas delgadas. Aos produtos audiovisuais clásicos, como os filmes e as series, súmanse agora -e con moit...2022-06-0956 minAs WomansplainersAs WomansplainersS02E36 - Gordofobia🤰🏻Falamos algunha vez no podcast de que a forma en como a sociedade nos ve repercute directamente na nosa propiocepción. E se a sociedade actual ten unha fobia á gordura esta aversión impacta no concepto que unha persoa gorda ten de si mesma, obviamente. Esta semana contamos co testemuño de Esther, que xa estivo connosco no episodio dos Casamentos. Falounos desde unha perspectiva vital, mais tamén contando co saber da súa profesión como médica. Sendo así, comezamos por cuestións técnicas e nominais: o que é ser unha persoa gorda? Analizamos entón referencias e medicións...2022-06-021h 00As WomansplainersAs WomansplainersS02E35 - Visibilidade 🙋🏿‍♀️No episodio desta semana, patrocinado coma sempre por PuntoGal, acompáñanos a tiktoker burelá Paula Jorge para falar sobre a representación de persoas racializadas nos medios de comunicación. Afortunadamente, semella que pouco a pouco a presenza de persoas racializadas nas redes sociais vai aumentando de xeito progresivo. Porén, a representación de influencers negras no mundo da maquillaxe aínda é escaso e comprobamos que a industria da beleza esqueceu durante anos fabricar produtos para persoas con pel escura ou para cabelos afro. Paula tamén nos expuxo a súa experiencia vital como persoa negra galega e que fala ga...2022-05-261h 01As WomansplainersAs WomansplainersS02E34 - Lingua👅As Womansplainers somos laretas, lingoreteiras, bilingües, políglotas, filólogas, diglósicas e cunilingüistas. Por todos estes motivos non podiamos deixar pasar o Día das Letras sen facermos un episodio especial sobre #OdoGalego. Na compaña da xornalista do Diario de Pontevedra Chus Gómez Dorrego, discutimos algúns dos temas máis quentes da nosa lingua e volvemos sobre algunhas teimas clásicas arredor dela: Por que dá tanto medo o NH? Podería o binormativismo ser verdadeiramente harmónico nunha situación de desvantaxe institucional como a presente? É o reintegracionismo só unha opción ortográfica? A nos...2022-05-161h 16As WomansplainersAs WomansplainersS02E33 - Rexouba eurovisiva🎤Good Evening, Europe! It's Podgalego calling! Algunhas womansplainers somos máis eurovisivas ca outras, pero ao final -e á final- non se soubo resistir ningunha. Sen podermos animar as representantes que queriamos para o país, tiñamos diferentes favoritas. Quen nos salvou de caermos durmidas entre tanta baladona? Quen defendeu ben a proposta de folclore do s. XXI? Con quen gozou máis o noso lado mamarracho? Neste podcast sabemos ben que o persoal é político -e o musical tamén. E é tan malo que o sexa? Escoita este novo episodio express co patrocinio de Puntogal.2022-05-1536 minAs WomansplainersAs WomansplainersS02E32 - Fútbol ⚽️Unhas veces na posición de defensa, outras na posición de ataque, o noso podcast aborda cada semana temas novos. O asunto do fútbol levaba dúas temporadas a rondar e agora entramos no xogo coa nosa convidada Vanessa, que participou en Siareir@s e falou desde Cuntis. A primeira cuestión entrou no campo con forza. Falamos do fútbol como problema social, ou como aglutinador de varios deles: misoxinia, burbullas urbanísticas, violencia, masculinidade tóxica, homofobia… Reparamos en que este deporte ocupa moito espazo nos recreos e tempo dos informativos, ensombrece a información sobre outros depo...2022-05-121h 30As WomansplainersAs WomansplainersS02E31 - Pracer 👄Na segunda parte deste dobre episodio coa psicóloga e educadora sexual Hadriana Ordóñez, as Womansplainers seguimos a explorar os interrogantes do pracer. Máis de dous milenios de xudeocristianismo impuxeron en nós fortes dicotomías respecto do noso propio pracer: De quen queremos ser, da Eva ou da Lilith? O noso desexo e as nosas necesidades desconcertaron os homes desde entón até o punto de seren medicalizados baixo o paraugas da histeria. Mais non só cousas malas sairon desa diagnose, senón tamén os primeiros vibradores! Outro elemento de emancipación do noso pracer foi poder co...2022-05-051h 27As WomansplainersAs WomansplainersS02E30 - Desexo 🥵Esta semana falamos de pracer e desexo coa Hadriana Ordóñez, womansplainer rianxeira e convidada repetidora que traballa como psicóloga e educadora sexual. Comecemos polo principio: Como recoñecemos o noso propio desexo? Onde aprendemos a identificar a nosa excitación sexual? Este tipo de dúbidas acostuman xurdir na adolescencia e semella que, coma en tantos outros aspectos da vida, adoita haber tamén neste tema unha importante fenda de xénero. Consentimento, desexo e pracer son termos que en ocasións se utilizan indistintamente de xeito erróneo. Aínda que de xeito ideal deberían ir sempre da ma...2022-04-281h 09As WomansplainersAs WomansplainersS02E29 - Lecer postpandémico🏠🎮🎯🎫Este programa pillounos escoitando un podcast, lendo un libro, xogando algún videoxogo ou estando nunha videoconferencia coas amigas. Recoñéceo, ti tamén tes vontade de espazos abertos e contacto humano, só que xa non sabemos se iso todo vai ser como antes de 2020. A maneira en que pasamos o tempo foi completamente alterada cando a pandemia e o posterior confinamento nos apañaron. O lecer perdeu espontaneidade, marchou a improvisación e viñeron as reservas, as limitacións horarias e de número de persoas. As Womansplainers analizamos esa dependencia que hai da hostelaría para organizar case calque...2022-04-211h 09As WomansplainersAs WomansplainersS02E28 - Viaxe de volta🗺️Esta semana continuamos a nosa travesía co patrocinio de PuntoGal na compaña da Cris Terceiro de Viaxantas. Que seremos desta volta, turistas ou viaxeiras? Realmente hai algunha diferenza entre estes dous termos ou é pretensioso pensar que cando viaxamos somos diferentes da imaxe estereotipada de turista que habita no noso imaxinario colectivo? Tanto a idea de viaxeira como a de turista cambiaron ao longo da historia. Na actualidade, os traxectos que realizamos para chegar ao noso destino non adoitan ser concibidos como parte da viaxe en si mesma, senón simplemente coma un medio para acadar un fin. Porén, ha...2022-04-141h 14As WomansplainersAs WomansplainersS02E27 - Viaxe de ida🧳Emigrantes, turistas, excursionistas, domingueiras, peregrinas, viaxantas... hai moitas maneiras de marcharmos e de coñecermos o mundo, pero nós facémolo esta semana cunha guía excepcional: Cris Terceiro, a voz do podcast Viaxantas, que nos fala desde Bruxelas. Dúas? Catro? Unha ducia? Cantas mulleres teñen que viaxar xuntas para que non digan que viaxan soas? Semella que, como en cada eido da vida, a nosa maneira de nos mover está en parte condicionada por sermos mulleres. Mais as formas de viaxar mudaron e seguen a mudar cos tempos, determinadas polos novos medios de transporte, polos destinos de moda...2022-04-071h 04As WomansplainersAs WomansplainersS02E26 – Machos 👨🏻🧔🏻‍♂️Esta semana, o podcast da xente que máis forte opina do Podgalego achégase á figura dos MACHOS, esa especie que está (e que non quere estar) en perigo de extinción. Onde sobreviven os machos? Cales son as súas reservas e cales as ameazas para o seu hábitat? Intentamos definir que é un macho e discutimos por que nos resulta tan doado parodiar os machos españois e de dereitas e tan difícil denunciar os machos de esquerdas: os comumachos, os reintemachos, os dongalizos. Pescudamos tamén nas orixes sociais do macho, na masculinidade tóxica imposta aos...2022-04-011h 09As WomansplainersAs WomansplainersS02E25 - Casamentos👰🏼👰🏾Nesta semana fixemos reconto de estados civís e, grazas á nosa convidada Esther, o resultado foi de 3/2 con vitoria para as solteiras. Con todo, temos que salientar que se o reconto fose en número de vodas, o marcador sería outro ben diferente. Esther personifica varias mudanzas: casou varias veces, casou en pandemia e até fixo un banquete online. Con este exemplo, podemos ver que a sociedade actual experimenta un abandono do factor ritual en favor dunha esencia máis festiva ou, talvez, até máis práctica. Non debemos esquecer que o vínculo legal facilita moitas outras xestións a...2022-03-251h 08As WomansplainersAs WomansplainersS02E24 - Non nais🚶🏽‍♀️No episodio das Womansplainers desta semana, patrocinado por PuntoGal, acompáñanos a María Sabucedo, amiga womansplainer na diáspora que vén opinar forte connosco sobre «non nais». O 93,5% das mulleres de menos de 30 anos na Galiza non ten fillos. Ademais, as estatísticas tamén amosan que, no noso país, as mulleres teñen menos fillos dos que desexarían. Moitas mulleres que quererían ter unha crianza non teñen ningunha e outras moitas que teñen unha ou dúas gostarían de ter máis. Os motivos que levan as mulleres a non seren nais son moi...2022-03-171h 19As WomansplainersAs WomansplainersS02E23 - Hixiene 🛀🚿O mundo está cada día máis porco e por ese motivo as Womansplainers decidimos que tiñamos que discutir sobre HIXIENE. Na compaña de Laura Veiga, creadora do proxecto multiplataforma Pingando, e co patrocinio de PuntoGal, traémosvos un novo episodio que cheira que arrecende.  Este é un episodio para racharmos tabús, como o imperativo da ducha cotiá, que pouca xente confesa omitir. É duchármonos decote o que nos distingue dos nosos veciños europeos con sona de menos limpos? Precisamos as adultas, nestes tempos de recibos estratosféricos de auga e de luz, unha ducha dia...2022-03-101h 13As WomansplainersAs WomansplainersS02E22 - Medos 😱O compositor brasileiro Lenine foi capaz de definir o medo «como um laço que se aperta em nós». A escuridade, ratos, cans grandes ou mesmo lugares fechados poden apertar moito máis ese lazo. Neste episodio cada unha das womansplainers soubo explicar os seus principais medos: algúns deles vixentes, outros superados e outros incribelmente herdados do proceso de hominización. Para desenredarmos ese lazo podemos comezar por considerar cantos deses medos son aprendidos e cantos deles teñen un viés de xénero. Evidentemente, a nosa experiencia vital como mulleres e a educación que recib...2022-03-031h 17As WomansplainersAs WomansplainersS02E21 - Entroido 👺Chegou o momento da sátira, do humor e de botarlle un pequeno pulso ao poder establecido. Como non podía ser doutro xeito, no episodio desta semana co patrocinio de PuntoGal falamos do Entroido. Ás Womansplainers encántanos disfrazarnos. Aínda non sabemos de que nos vestiremos este ano, pero facemos unha recopilación dos nosos mellores disfraces de todos os tempos. Debatimos sobre como nestas datas segue a ser habitual atopar homes disfrazados de muller e disfraces pensados para mulleres que non deixan de ser hipersexualizadores. Por outra parte, os Entroidos tradicionais da Galiza existen máis a...2022-02-2458 minAs WomansplainersAs WomansplainersS02E20 Síndrome da impostora 🎭Tripulación: Hai unha impostora entre nós. Serás ti, serei eu, será a nosa convidada Patricia Porto Paderne? Esta semana, as Womansplainers discutimos sobre a síndrome da impostora, mal chamada con frecuencia «síndrome do impostor». Este mal, que afectaba particularmente a mulleres en posicións de liderado ou con suceso profesional e académico, foi descrito nos anos 70 pola Dra. Pauline Clance, que o identificou coa experiencia psicolóxica de quen teme ser unha fraude intelectual e ser recoñecida como unha impostora. Falamos das nosas propias experiencias, de como e en que circunstancias nos foi infundida es...2022-02-171h 14As WomansplainersAs WomansplainersS02E19 - Womaniversario: MATRIARCAS 🎂As Womansplainers demos a nosa primeira volta ao Sol e estamos de parabéns. Quixemos facer un episodio que recollese a nosa esencia e contase coas mellores convidadas, para te agradecer a ti, a ti, todo este tempo connosco. Marilar Aleixandre, Marta Veiga Izaguirre e Antía Yáñez repiten participación e sopran as candeas para destriparmos un dos nosos mitos fundacionais: o matriarcado.  Antes de máis nada, comezamos cunha cuestión técnica nada fútil: cando afirmamos debemos achegar probas. Non son válidos neste episodio argumentos anecdóticos ou impresións. Sendo así, seis señ...2022-02-101h 22As WomansplainersAs WomansplainersS02E18 - Arte🎨🖼No episodio desta semana acompáñanos a historiadora e crítica de arte Natalia Poncela para falarmos dun tema ligado á humanidade practicamente dende os inicios da súa existencia: a arte. A infancia e a creatividade son dous elementos unidos por natureza. Cando somos crianzas debuxamos, modelamos e construímos; mais non todas acabamos sendo artistas ao chegarmos á idade adulta. A presenza da educación plástica e visual na infancia adoita ser superficial e repetitiva, non pretende fomentar a creatividade, senón recrear modelos e parámetros que se avalían como correctos e desexables. Ademais, na primaria e na secunda...2022-02-031h 08As WomansplainersAs WomansplainersS02E17 - Exercicio físico 💪As Womansplainers seguimos (máis ou menos) a máxima latina de mens sana in corpore sano. O exercicio físico e os deportes axudan a manter o corpo en boa forma e a mente despexada, pero non sempre é doado facelo. O primeiro contacto que adoitamos ter coa práctica deportiva acontece na materia de Educación Física ou nas actividades extraescolares, onde as profesoras acaban definindo a nosa relación co exercicio ou cos nosos propios corpos, como saben os centos de estudantes que pasaron anos atrás polas aulas dalgunha vella profesora da Sección Femenina. Chegadas á idade adult...2022-01-271h 16As WomansplainersAs WomansplainersS02E16 - Tindersplaining🔥🔥Unha das tramas sen pechar das Womansplainers era a participación de Ascárida no programa de Tindersplaining.  Tindersplaining II ten aínda moito para dar: algoritmos, autoestima, Raya ou primeiras impresións. A colección de matches que recibimos e o feito de ignorarmos quen e cantas persoas nos rexeitan crea unha falsa sensación de éxito. Esta ilusión de aceptación pode influír na nosa propiocepción. Falamos da nota que o Tinder pon a cada perfil e como funciona o seu algoritmo. Voltamos sobre o asunto dos filtros e confesamos cales foron...2022-01-201h 01As WomansplainersAs WomansplainersS02E15 - Universidade (I) 🎓As Womansplainers inauguramos novo ano coa mellor das noticias, porque a partir de agora contaremos coa colaboración de PuntoGal, o dominio galego en internet. E para abrir o 2022 opinando forte sobre a universidade veu falar connosco a Lucía Casal: cantante, psicopedagoga, docente e investigadora no Campus de Ourense da Universidade de Vigo na área de didáctica da expresión musical. Debatimos sobre a orientación que recibe o alumnado dos IES cando deciden ir á universidade. Dáselle outras alternativas formativas e laborais, ou o mundo universitario segue a ter un prestixio maior que outras opcións coma a FP? Por...2022-01-131h 19As WomansplainersAs WomansplainersS02E14 - Relacións non convencionais 🤹‍♀️💞Este primeiro ano de vida das Womansplainers chega á súa fin e despedímolo cun directo de Twitch, que agora podedes escoitar tamén en Anchor, Spotify, iVox e o martes en Cuac FM, na compaña da poeta e cantante Lucía Aldao. Preguntámonos, en primeiro lugar, que se considera aínda nos nosos días unha relación convencional e como mudou a percepción que temos dela desde os tempos en que o matrimonio canónico era a medida do normal. Cales son as familias convencionais nun país onde máis da metade das cri...2021-12-311h 41As WomansplainersAs WomansplainersS02E13: Nadal 🎄Chega o recendo a xenxibre, chocolate e acivro. Luces, música e filmes temáticos. Sorpresas no calendario de advento, entre elas un novo episodio do voso podcast de referencia.  Nesta semana festiva temos de novo colaboración de Marta Veiga Izaguirre, xornalista, profesora e opinadora en programas anteriores de enorme peso como Tetas ou Transportes. Sabemos que Marta adora o Nadal e o resto das Womansplainers fomos comentando como é a nosa relación con estas festas, coas súas vantaxes e inconvenientes, tendo en conta o desafío que supón vivilas outro ano máis en pandemi2021-12-231h 33As WomansplainersAs WomansplainersS02E12: Fe 🛐No episodio desta semana opinamos sobre fe e relixión, acompañadas pola xornalista e fotógrafa freelance Charo Lopes. A pesar de que a fe e as crenzas relixiosas poidan parecer cousa de tempos pasados, a realidade é que tan só un 16% da poboación mundial se define como non relixiosa. Semella que a espiritualidade e a relixión forman parte inherente do ser humano, xurdindo ao tempo que nos nosos antepasados nacía a capadidade de abstracción. Ao longo da historia, a relixión foi motor tanto da paz coma da guerra. Serviu como sistema opresor, pero tamén como vert...2021-12-161h 11As WomansplainersAs WomansplainersS02E11: Maternidade 🤰TW: Gravidez, parto, violencia obstétrica, morte perinatal, ideacións suicidas. Neste episodio, a xornalista (e nai) Sonia Díaz fai fronte común coa nosa mamá residente, Saboridinha para falarnos dos seus motivos para seren nais e comentar tamén outros que se repiten na sociedade. A Sonia explícanos o xeito en que o corpo da nai xestante deixa de pertencerlle a ela mesma, que se torna unha actriz secundaria, sometendo cada decisión sobre o seu corpo á opinión e ao xuízo de todo o que pasa e sufrindo unha infantilización permanente. Comentamos t...2021-12-091h 43As WomansplainersAs WomansplainersS02E10: Consumismo 🛍️Compras, consumismo e capitalismo. Neste episodio fixemos exame de consciencia e até confesamos as nosas adquisicións máis inútiles. Concluímos que todas as nosas compras están arrodeadas de certa parafernalia que nos incita ao consumismo, a comprarmos produtos que poucas veces necesitamos, a que a nosa autoestima creza pola falsa sensación de exclusividade que nos dan as marcas. Estamos a romper os marcos do capitalismo con novas formas de consumo? Aquel tabú de usar pezas de roupa xa usadas está a esvaecer? falamos das tendas de segunda man, debatemos sobre a calidade dos produ...2021-12-021h 20As WomansplainersAs WomansplainersS02E09: P👁️RN👁️Canto porno consumen as crianzas e adolescentes? Que visión do sexo e do corpo das mulleres ofrece a pornografía? Pode existir un porno feminista? Perpetuación de roles, clasificacións, etiquetas, amplificación de abusos sexuais: discutimos estes temas e outros máis con Hadriana Ordóñez, psicóloga e educadora sexual.2021-11-251h 22As WomansplainersAs WomansplainersS02E08: carne 🥩Cal é a relación entre os atributos da masculinidade clásica e o consumo de carne? Que vínculos existen entre o machismo anti-tofu e os rituais que rodean o churrasco? Por que os cuñados se converten inmediatamente en nutricionistas na presenza dunha persoa vegana? Martinha Almôndega, a nosa convidada, acompáñanos polas profundidades abisais do mundo carnívoro e ilumínanos tamén sobre as súas experiencias como muller vegana.2021-11-181h 28As WomansplainersAs WomansplainersS02E07: Natural🌿No episodio desta semana das Womansplainers, con Marilar Aleixandre do noso lado, introducimos o tema do “natural” desde varias perspectivas. Caseiro, artesán, sen químicos... Durante anos a publicidade ten mostrado estas cartas como reclamo. Será que todo o non procesado é necesariamente bo? Teñen as mulleres reservados unha serie de deberes naturais? Existe unha maneira natural de criar? se así fose, estaríamos tamén a afirmar que debe haber un modo artificial de facelo. Nesta programa as Womansplainer explicamos cousas con toda naturalidade.2021-11-111h 36As WomansplainersAs WomansplainersS02E06: Animais de estimación 🐶No estado español hai 13 millóns de mascotas. A maioría son cans, pero o máis sorprendente desta cifra é que supera o número de crianzas menores de 15 anos. Neste episodio acompáñanos Iris Gestoso, bióloga, vexetariana e a maquilladora máis riquiña do TikTok en galego. Coñecemos as razóns que levaron a Iris a decidir apostar polo vexetarianismo e tamén o seu punto de vista sobre o que implica convivir con animais de estimación. Aprendemos como algúns animais se converteron en compañeiros pola súa evolución da man dos seres...2021-11-041h 23As WomansplainersAs WomansplainersS02E05 (II): Defuntas II. Aínda máis defuntas. 🎃Na segunda parte do episodio desta semana, falamos dos saberes máxicos de meigas e compoñedoras, de como actuaban con frecuencia en conivencia coa Igrexa ou de como "sacaban o aire". Tamén levamos as nosas ouvintes de viaxe polo país e por Europa para lles falar dos nosos cemiterios preferidos, aqueles con quen estamos unidas por experiencias persoais ou filias literarias. Por último, recomendámosvos poemas, novelas, ensaios, filmes, series e mesmo algunha excursión para aproveitardes ao máximo a atmosfera arrepiante dos días de Santos e Defuntos.2021-10-3157 minAs WomansplainersAs WomansplainersS02E05: Defuntas I. A maldición as bruxas 🧙🏻‍♀️Na primeira parte do episodio dobre desta semana, as Womansplainers discutimos as tradicións e os nomes do Samaín e dos Días de Santos e Defuntos, de como chegaron a nós estas tradicións e como vemos a súa evolución na sociedade galega e a chegada das influencias anglosaxonas a estas festas. Este é un día para falarmos do divino e do humano, da nosa relación coa morte e coas mortes. Falamos de cabazos, de aparecidos e doutras cousas sinistras.Tamén discutimos forte sobre as bruxas, sobre a súa reivindicación como figuras reais...2021-10-271h 01As WomansplainersAs WomansplainersS02E04: Tindersplaining 🔥TINDERSPLAINING, as Womansplainers explican o Tinder. Xornadas laborais interminábeis, emigración ou mesmo unha pandemia son factores que agravan a sensación de incomunicación e soidade. Cada vez é máis complicado encontrar novas amizades, por non falar de relacionamentos máis ou menos profundos. En 2020 o planeta decidiu ir a outro ritmo e o confinamento disparou o número de adhesións a apps de encontros: para moitas persoas coñecer alguén grazas a un algoritmo xa non era unha opción, convertíase na única vía. Neste programa abordamos o tema desde a curiosidade de quen nunca usou...2021-10-211h 25As WomansplainersAs WomansplainersS02E03 - Colonización 🌎O día 12 de outubro celébrase no Estado Español o chamado Día da Hispanidade. Co gallo desta efeméride en que nós non temos nada que celebrar, cruzamos virtualmente o Atlántico para falarmos coa Karina Espinoza, historiadora costarriqueña que actualmente reside no México e é unha das neofalantes máis queridas da comunidade galituiteira.2021-10-141h 42As WomansplainersAs WomansplainersS02E02 - Cárceres ⛓️🧱Neste episodio conversamos coa Iris Malvido, psicóloga penitenciaria.  Por que acaban as mulleres nos CÁRCERES? Que é un módulo de respecto? Que acontece coas drogradicións e as doenzas mentais nas prisións? Neste episodio haberá resposta para todas estas preguntas e máis2021-10-071h 25As WomansplainersAs WomansplainersS02E01 - Beleza 💄Coincidindo co Día Mundial do Podcasting, as Womansplainers subimos o primeiro episodio desta segunda tempada e estreámonos en luzes.gal No episodio estivemos a discutir coa escritora Antía Yáñez sobre BELEZA. Falamos con ela sobre os cánones con que medramos, desde a extrema delgadez das actrices das series dos 90 aos peitos enormes -e con frecuencia artificiais- de Baywatch e as presentadoras de televisión daquela época. Debatimos tamén co noso público do Twitch sobre se os rostros e os corpos que vemos no audiovisual actual son realmente cada vez máis diversos ou están pola...2021-09-301h 42As WomansplainersAs WomansplainersS01E19 - P1🍆R0🥒LASPara rematar a tempada contamos con Susana Reboreda (Decana da facultade de Xeografía e Historia da Univ. de Vigo) e Iria Veiga (psiquiatra e divulgadora científica) para falar de p1🍆r0🥒las.Durante o programa mencionase a canción "les sucettes" de France Gall, e comentamos o seu video, mais houbo que eliminar o tema por unha reclamación de dereitos de autos e substituímolo no episodio por unha canción libre de dereitos.2021-06-241h 45As WomansplainersAs WomansplainersS01E18 - Exposición en redesQue nos acontece nas redes? Que amosamos de nós mesmes e por que? Que tipo de reaccións recibimos e como nos afectan?  Falamos de EXPOSICIÓN EN REDES con xente moza: Ner e Ione 2021-06-171h 37As WomansplainersAs WomansplainersS01E17 - Transportes🚍🚅Pasou xa o 4 pola parada? Un percorrido a pé, en bicicleta, autobús, taxi e tamén en coche pola Galicia apenovita e a do interior. Con paradas no acoso sexual e hijuelas e destino final na estación que diga a Marta Veiga Izaguirre.2021-06-101h 42As WomansplainersAs WomansplainersS01E16 - Alimentação🍏🍉Como é a relação das galegas com a comida? Estamos gordas? Falamos de mudanças de hábitos alimentares, de sentir-nos julgadas pelo que comemos (ou não comemos). Neste programa não deixamos nenhum tema no prato com @Dietistarealist2021-06-031h 26As WomansplainersAs WomansplainersS01E15 - AvellentamentoInexplicabelmente, as Womansplainers tamén nos facemos vellas, mais non tanto como os protagonistas de Friends. Neste episodio, falamos con Teresa Carro de Anaobregonismo, da palabra "señora", das guerra xeracional contra os Boomers, das mellores series con mulleres maduras e vellas, deixamos opinar a Ghanito e podedes oír a Amara roncar no colo da Saboridinha.2021-05-271h 38As WomansplainersAs WomansplainersS01E14 - OposiciónsCales son as vantaxes e desvantaxes deste sistema de acceso á función pública? Que opinamos das academias? Como coidar da nosa saúde mental durante a preparación? Ademais, tamén respondemos as preguntas que deixastes no consultorio opositor e desvelamos a fantasía dos carteiristas. 2021-05-131h 40As WomansplainersAs WomansplainersS01E13 - Mulleres e emprendementoQue dificultades afrontan as mulleres emprendedoras? Agrávase esta situación no ámbito do rural? Como se concilia o emprendemento coa vida personal e familiar? As nosas convidadas Loaira e Noemi responden estas e outras cuestións no episodio de hoxe.2021-05-0657 minAs WomansplainersAs WomansplainersS01E12 - BRAGAS!Este novo capítulo vai de bragas (e outros). Vós sodes máis de braga ou de tanga? Suxeitador si ou non? Estivo conversando connosco a Laura Veiga, xornalista e educadora menstrual en Pingando.gal2021-04-291h 03As WomansplainersAs WomansplainersS01E11 - Mulleres e poderQue fallou na visita de Ursula von der Leyen a Erdogan? Por que hai quen chama presidente a unha presidenta? Que esperamos das nosas líderes?  Falamos de mulleres e poder coa politóloga e ex deputada Luca Chao.2021-04-2256 minAs WomansplainersAs WomansplainersS01E10 - AdicciónsA que son adictas as Womansplainers? Por que desenvolvemos unha adicción? Hai diferenzas de xénero nas adiccións? E como están a mudar estas nos últimos anos? Falamos de todo isto con Carmela @Biochemiss2021-04-151h 05As WomansplainersAs WomansplainersS01E09 - MigraciónsNeste episódio ouvimos experiências de pessoas migrantes. Como afeta à nossa identidade a migração? Quanto da nossa personalidade é devido ao contacto e observação doutras culturas? Falamos de xenofobia, racismo e inclusão com Jenni e Bea.2021-04-081h 14As WomansplainersAs WomansplainersS01E08 - Saúde mentalNo episodio 08 gravamos coa Súa Maxestade a Raiña Vermella, a nosa psiquiatra de confianza. O tema foi, naturalmente, a SAÚDE MENTAL.2021-04-011h 13As WomansplainersAs WomansplainersS01E07 T·E·T·A·SNon finxas que non queres escoitar o programa despois de ler o título.2021-03-251h 03As WomansplainersAs WomansplainersS01E06 Día do paiAntigos e novos modelos de paternidade, dobres estándares de esixencia entre pais e nais, exemplos de bos e malos pais na ficción, señoros que falan do parto da súa parella en primeira persoa e máis2021-03-1853 minAs WomansplainersAs WomansplainersS01E05 8 de marzoQue significa o 8 de marzo para As Womansplainers? Como chegamos ao feminismo? Quen son as nosas mulleres de referencia na actualidade? Que lecturas, música e filmes nos empoderan?2021-03-081h 01As WomansplainersAs WomansplainersS01E04 ConsentimentoServen para algo as apps de consentimento? Edúcasenos ben sobre este tema? Qué opinamos sobre o anteproxecto da nova Lei de Liberdade Sexual? Pódese vender o consentimento? De todo isto falamos, esta semana coa visita da @seicach0ve.2021-03-0455 minAs WomansplainersAs WomansplainersS01E03 CoidadosOs coidados en tempos de pandemia.  Como están a afectar as circunstancias ás mulleres que coidan? E ao reparto dos coidados entre homes e mulleres? Falamos de todo isto e doutros asuntos acompañadas por Moraima.2021-02-2551 min