podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Bibcoruna
Shows
Lemos para ti
Lemos para ti: "Benquerida catástrofe"
Neste audio: fragmento de lectura do libro “Benquerida catástrofe” de Teresa Moure Primeira lectura do Queerunha do curso 2024-2025, este fragmento está narrado por unha das nosas lectoras #Lemosparati #Clubsdelectura #BenqueridaCatastrofe #TeresaMoure
2024-11-04
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Azucre"
Neste audio: fragmento de lectura do libro “Azucre” de Bibiana Candia, na edición de Kalandraka na que relata o comezo da viaxe de mil setecentos mozos galegos na procura dun futuro mellor. Unha epopea baseada en feitos reais, que nos descobre un período escuro e triste da nosa historia. Primeira lectura do Ciberclub do curso 2023-2024, este fragmento está narrado por un dos nosos lectores, Xoán. #Lemosparati #Clubsdelectura #Ciberclub #Azucre
2023-12-15
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Cartas no exilio"
Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX. Neste audio: fragmentos da correspondencia mantida entre Santiago Casares Quiroga e María Casares no período comprendido entre 1946 e 1949, cando ela estaba rodando películ...
2022-11-22
05 min
Lemos para ti
Lemos para ti: Galicia Emigrante
Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX. Neste audio: extracto da entrevista a María Casares, realizada polo escritor e xornalista arxentino Víctor Luis Molinari. Publicada en “Galicia Emigrante”, revista cultural da...
2022-10-18
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Illa Decepción"
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: fragmento de lectura do libro “Illa Decepción” de Berta Dávila. A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, movida por un soño, máis de vinte anos d...
2022-06-28
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Cine Crush" (II)
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: segundo fragmento de lectura do libro “Cine Crush” de Popy Blasco. Neste ensaio revísanse algúns dos mitos eróticos que fixeron que algunhas persoas descubrisen a súa orientación sexual a través dun feixe de películas comerciais que, no recordo, preséntanse como involuntariamente homoeróticas. O libro percorre centos de títulos protagonizado...
2022-06-28
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Cine Crush" (I)
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: primeiro fragmento de lectura do libro “Cine Crush” de Popy Blasco. Neste ensaio revísanse algúns dos mitos eróticos que fixeron que algunhas persoas descubrisen a súa orientación sexual a través dun feixe de películas comerciais que, no recordo, preséntanse como involuntariamente homoeróticas. O libro percorre centos de títulos protagonizado...
2022-06-28
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Memoria diversa"
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: fragmento de lectura do libro “Memoria diversa” de Eva Mejuto, con fotografías de Carme Cerviño. Esta obra é unha proposta nada para visibilizar ás persoas que loitaron pola dignificación do colectivo LGTB+ en Galicia e ás vítimas da represión e o rexeitamento por cuestións de orientación ou identidade de xénero. Edición da Deputació...
2022-06-28
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A defunción dos sexos"
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: fragmento de lectura do libro “A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea” de Daniela Ferrández Pérez. A través de fontes de arquivo, xornalísticas e entrevistas reflexiónase sobre algún dos itinerarios que tiveron que percorrer persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos e o...
2022-06-28
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Veintitantos problemas"
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: fragmento de lectura do libro “Veintitantos problemas” de Álvaro Domínguez. Relátasenos a relación entre tres homes novos que, tras os anos de universidade en Santiago de Compostela que os uniron, tentan enfrontar a idade adulta que lles ven enriba, cada un deles ao seu xeito. Recensión no blog do club Queeruña: https://clubdelecturaqu...
2022-06-28
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Solo los valientes"
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: fragmento de lectura do libro “Solo los valientes” de Alejandro Albán. A novela relata o proceso de transición de Alejandro, ao longo dos anos, ata que a súa partida de nacemento, por fin, o recoñece por ese nome. Edición de Círculo de Tiza, 2022. Guía de lectura “As Municipais Entenden” 2022: https://es.calameo.com/read...
2022-06-28
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A Jenny", de Gloria Fuertes (trad.Jesús Castro en "Campo de plumas")
No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+. Neste audio: lectura do poema “A Jenny”, unha poesía de Gloria Fuertes traducida ao galego por Jesús Castro Yáñez na súa escolma “Campo de plumas”. O libro, antoloxía de poemas de temática homosexual de todos os tempos, foi unha das lecturas do club de lectura LGTB Queeruña neste curso 2021-2022 e falamos del no blog do propio...
2022-06-27
00 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencial francés"
Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX. Neste audio: texto elaborado a partir da tese doutoral “Desarrollo artístico de María Casares dentro del marco existencial francés”, de Sabela Hermida Monde...
2022-06-14
06 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Residente privilexiada"
Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX. Neste audio: lectura dun fragmento das memorias de María Casares, publicadas en galego na editorial Trifolium no ano 2009. Traducidas directamente do francés por Ana Belén...
2022-05-18
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "María Casares"
Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX. Neste audio: lectura dun fragmento da biografía de María Casares, publicada no ano 1999 dentro da colección “Mulleres” de A Nosa Terra. Trátase da pr...
2022-04-19
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Memoria de cidades sen luz"
Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX. Neste audio: lectura dun fragmento da novela histórica “Memoria de cidades sen luz”, da escritora e crítica teatral Inma López Silva. Unha obra arr...
2022-03-16
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "O tempo das mareas"
Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX. Neste audio: lectura dun fragmento da biografía “O tempo das mareas: María Casares e Galicia”, de María Lopo. Unha obra que percorre a súa v...
2022-02-15
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Las frases frágiles"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851-1921), desde as Bibliotecas Municipais da Coruña estamos a nutrir cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: lectura dos poemas “Fantasía”, “La aurora” e “Una cazata”, incluídos na antoloxía “Las frases frágiles”, publicada no ano 2021 na editorial La Bella Varsovia. Esta obra, edición de Elena Medel, recompila unha escolma de poemas escritos fundamentalmente nas primeiras décadas de vida de Dona Emilia Pardo B...
2021-12-13
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Miquiño mío: Cartas a Galdós"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851 - 1921), nutriremos cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi desde as Bibliotecas Municipais da Coruña cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: fragmento de lectura da obra “Miquiño mío: cartas a Galdós”, que recompila as cartas enviadas por Pardo Bazán a Galdós ordenadas cronoloxicamente e acompañadas dunha aproximación á figura da escritora coruñesa e o relato esencial do amor e a amizade entre ambos autores...
2021-11-17
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Movendo os marcos do patriarcado"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851-1921), nutriremos cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi desde as Bibliotecas Municipais da Coruña cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: fragmento de lectura do ensaio “Movendo os marcos do patriarcado: o pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán”, de Marilar Aleixandre e María López Sández. Editado por Editorial Galaxia neste ano 2021 dentro da súa colección Feminismos. Guía de lectura #EPB100: https://es.calameo.com/read...
2021-10-20
05 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Cuesta abajo"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851-1921), nutriremos cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi desde as Bibliotecas Municipais da Coruña cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: fragmento de lectura dunha escena de “Cuesta abajo”, comedia dramática en cinco actos de Dona Emilia Pardo Bazán. Estreada no Gran Teatro o 22 de xaneiro de 1906 e dedicada pola autora ao Centro Galego de Madrid. Guía de lectura #EPB100: https://es.calameo.com/read/003492127684c9060c769
2021-09-15
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Revista de Galicia"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851-1921), nutriremos cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi desde as Bibliotecas Municipais da Coruña cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: lectura dos poemas “En el abanico de Emilia Pardo Bazán”, firmado por Rosalía de Castro de Murguía”, e “Lectura de Os Lusiadas a orillas del Tajo” de Emilia Pardo Bazán. Ambos foron publicados na “Revista de Galicia” (o primeiro no nº 10 e o segundo no nº 12), que inic...
2021-08-18
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Al pie de la torre Eiffel"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851-1921), nutriremos cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi desde as Bibliotecas Municipais da Coruña cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: fragmento de lectura da crónica da estancia parisina de Emilia Pardo Bazán no ano 1889 con motivo da cobertura en prensa que realizou da Exposición Universal, que coincidiu ademais coa inauguración da Torre Eiffel e coa celebración do centenario da toma da Bastilla. Edición de La...
2021-07-09
04 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "As fauces feroces"
No marco da campaña do #Orgullo2021 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB. Neste audio: fragmento de lectura da novela “As fauces feroces” de Emma Pedreira, quen entre a ficción e a realidade histórica, enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso ao que foi sometida a monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma. Edición de Baía, 2019. Guía de lectura "As Municipais Entenden": https://en.calameo.com/read...
2021-07-01
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Oliver Button é unha nena"
No marco da campaña do #Orgullo2021 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB. Neste audio: fragmento de lectura do conto “Oliver Button non é unha nena” de Tomie de Paola. Un clásico da literatura infantil e xuvenil que volve corenta e un anos despois da súa primeira edición (1979) e que segue sendo actual polo contido que aborda: a loita contra os estereotipos e os roles de xénero. Edición de Kalandraka, 2020. Guía de lectura “As M...
2021-06-30
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Fóra do normal"
No marco da campaña do #Orgullo2021 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB. Neste audio: fragmento de lectura da novela de literatura xuvenil “Fóra do normal” de María Reimóndez, galardonada co Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade no ano 2017. Edición de Xerais, 2018. Guía de lectura “As Municipais Entenden”: https://en.calameo.com/read/0034921273636ac2be7b9
2021-06-30
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Las malas"
No marco da campaña do #Orgullo2021 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB. Neste audio: fragmento de lectura da novela de corte social “Las malas” de Camila Sosa Villada, que relata en primeira persoa a vida da comunidade de travestís do Parque Sarmiento, en Córdoba (Arxentina). Edición de Tusquets, 2020. Guía de lectura “As Municipais Entenden”: https://en.calameo.com/read/0034921273636ac2be7b9
2021-06-29
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "De nombre y hueso: relatos oscuros trans"
No marco da campaña do #Orgullo2021 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB. Neste audio: fragmento de lectura da antoloxía de relatos curtos “De nombre y hueso: relatos oscuros trans”. Unha obra na que se dan cita doce voces trans para crear un conxunto de relatos escuros e sobrenaturais, cada un acompañado dunha ilustración realizada tamén por un artista trans. Edición de Egales, 2021. Guía de lectura “As Municipais Entenden”: https://en.calameo.com/read...
2021-06-28
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Querido Eduardo: Cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor"
No marco da campaña do #Orgullo2021 e do compromiso das Bibliotecas Municipais coas diversidades sexuais, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB. Neste audio: fragmento de lectura da obra “Querido Eduardo: Cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor”, que reúne escritos en forma de cartas entre Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo con acordos ediscrepancias sobre como actuar nas súas labores sociais e políticas. Edición de Chan da Pólvora, 2016. Guía de lectura “As Municipais Entenden”: https://en.calameo.com/read/003492127363
2021-06-28
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Rodando"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851-1921), nutriremos cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi desde as Bibliotecas Municipais da Coruña cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: fragmento de lectura da novela corta "Rodando", publicada no ano 1920. Guía de lectura #EPB100: https://es.calameo.com/read/003492127684c9060c769
2021-06-16
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "La cocina española antigua"
No marco do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (1851-1921), nutriremos cunha periodicidade mensual o catálogo de #LemosParaTi desde as Bibliotecas Municipais da Coruña cunha selección de distintos textos desta destacada e prolífica escritora que se adiantou á súa época en feitos, ideas e intereses. Neste audio: fragmento de lectura do prólogo da obra “La cocina española antigua” (Arenas, 2019). Edición facsímile 100º aniversario. Guía de lectura #EPB100: https://es.calameo.com/read/003492127684c9060c769
2021-05-20
03 min
Lemos para ti
A peregrina gastrónoma de María Canosa
Extracto do libro A peregrina gastrónoma de María Canosa
2021-03-01
00 min
Lemos para ti
Lodo de Xoel López
Letra de la canción Lodo de Xoel López. BSO de la campaña turística de Xacobeo 2021
2021-03-01
01 min
Lemos para ti
Versos a Compostela de Rosalía de Castro
Extracto del poema "Na catedral" de Rosalía de Castro
2021-03-01
00 min
Lemos para ti
Madrigal â cibdá de Santiago
Poema do libro Seis poemas galegos de Federico García Lorca.
2021-03-01
00 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Alguien bajo los párpados"
Fragmento de lectura da novela “Alguien bajo los párpados” da escritora, crítica literaria e tradutora Cristina Sánchez-Andrade (Santiago de Compostela, 1968). A obra, publicada na editorial Anagrama no ano 2017, narra a historia de dúas mulleres anciás -Olvido e Bruna- que deciden emprender unha última viaxe nun vello Volkswagen.
2020-11-27
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Machismo 8 pasos para quitártelo de encima"
Fragmento de lectura do libro “Machismo: 8 pasos para quitártelo de encima” da escritora, tuitera e columnista Barbijaputa, que publica baixo este pseudónimo. A obra, publicada na editorial Roca no ano 2017, constitúe unha guía para acabar co machismo escrita con ton sarcástico e estruturada en dez capítulos que comezan cunha frase típica de escusa machista.
2020-11-26
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Cometierra"
Fragmento de lectura do libro “Cometierra” da docente, feminista e activista arxentina Dolores Reyes (Buenos Aires, 1978). Esta obra, publicada na editorial Sigilo no ano 2019, é a súa primeira novela na que aborda unha serie de feminicidios da man da súa protagonista, unha adolescente vidente capaz de escoitar ás vítimas.
2020-11-26
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Senlleiras"
Fragmento de lectura da novela “Senlleiras”, da escritora Antía Yáñez (Burela, 1991). A obra, publicada en Xerais no ano 2018, aborda o tema da violencia de xénero pasada e presente a través de mulleres que rachan co silencio. Galardoada co Premio Illa Nova de Narrativa.
2020-11-25
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "La memoria del aire"
Fragmento de lectura da novela de carácter autobiográfico “La memoria del aire” da poeta e novelista belga Caroline Lamarche (Liège, 1955). Nesta obra, publicada na editorial Tránsito no ano 2018, Lamarche aborda as relacións de poder que forman a dependencia afectiva así como tamén a violencia .
2020-11-25
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A cabeza de Medusa"
Fragmento de lectura da novela de literatura xuvenil “A cabeza de Medusa”, da escritora, tradutora, profesora de Didáctica das Ciencias na USC e académica de número na Real Academia Galega, Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). A obra, publicada en Xerais, foi recoñecida cos seguintes galardóns: Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008, Premio The White Ravens 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2010 (categorías 3º ESO a Bacharelato).
2020-11-24
04 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Seique"
Fragmento de lectura da obra de corte histórico “Seique” da escritora Susana Sánchez Arins (Vilagarcía, 1974). Este libro, publicado orixinalmente no ano 2015 en Através Editora, foi galardonado co Premio de Narrativa na V Gala do Libro Galego (2020) na súa 2ª edición (revisada e ampliada).
2020-11-24
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "La historia interminable"
Fragmento de lectura dun clásico da literatura fantástica como é “La historia interminable”, do escritor alemán Michael Ende (Garmisch-Partenkirchen, 1929 - Filderstadt, 1995). Traducida a máis de 36 idiomas, esta novela que narra a historia de Bastian -un rapaz que recentemente perdeu á súa nai e sofre de acoso escolar- está entre as mellores obras infantís e xuvenís da historia.
2020-10-22
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: Vampira de biblioteca
Fragmento de lectura da novela de literatura infantil “Vampira de biblioteca” da recoñecida autora galega Ledicia Costas (Vigo, 1979). A historia de Eleonora, unha peculiar vampira que se dedica a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vive. Publicada en Xerais no ano 2020.
2020-10-22
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: Manual de remedios literarios
Fragmento de lectura do libro “Manual de remedios literarios: cómo curarnos con libros” das autoras inglesas Ella Berthoud e Susan Elderkin, publicado na editorial Siruela no ano 2017. Un orixinal tratado de biblioterapia que condensa todo o poder de curación da palabra escrita e no que é posible atopar remedio en forma de novela para todo tipo de males.
2020-10-20
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Os libros prestados"
Fragmento de lectura do libro de relatos "Os libros prestados" de Xabier López López (Bergondo, 1974), publicada na editorial Galaxia no ano 2010. Unha obra composta de catro relatos de xénero e temática completamente diferente, pero que teñen algo en común: en palabras do propio autor, os protagonistas de todos os relatos non son os libros senón os lectores, isto é, o importante é contar o que agochan as vidas dos que len.
2020-10-15
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "El aroma de los libros"
Fragmento de lectura da novela “El aroma de los libros” da escritora, actriz e redactora de contidos italiana Desy Icardi. A historia, publicada en español na editorial Alianza de Novelas no mes de marzo de 2020, é unha obra sobre o amor pola lectura na que Icardi rende homenaxe aos libros e ao alquimista Edward Kelley, bautizando co seu nome a un dos personaxes principais.
2020-10-08
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Mendel el de los libros"
Fragmento de lectura do relato de corte social e político “Mendel el de los libros” do recoñecido escritor Stefan Zweig (Viena, 1881 - Petrópolis, Brasil, 1942). O conto, publicado orixinalmente no ano 1929, narra a tráxica historia dun excéntrico libreiro que en 1915 é enviado a un campo de concentración acusado inxustamente de colaborar cos inimigos do Imperio Austrohúngaro.
2020-10-06
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Memorias dun neno labrego"
Fragmento de lectura da novela “Memorias dun neno labrego” dun dos autores clásicos da nosa literatura: Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, Pontevedra, 1928 – Ibídem, 2015). Esta obra de corte social e histórico, publicada orixinalmente na editorial Follas novas no ano 1961, é a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega.
2020-09-03
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "La sombra sobre Innsmouth"
Fragmento de lectura da obra “La sombra sobre Innsmouth” dun dos mestres indiscutibles da literatura de terror de tódolos tempos, Howard Philips Lovecraft (Providence, 1890 – Ibídem, 1937). Este relato está incluído no libro “La sombra sobre Innsmouth y otros cuentos”, ilustrado por Alberto Vázquez e publicado en Astiberri no ano 2010.
2020-08-27
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "O último barco"
Fragmento de lectura da obra “O último barco” do recoñecido escritor Domingo Villar (Vigo, 1971). Publicada na Editorial Galaxia no ano 2019, esta novela de intriga presenta un novo caso do inspector de policía Leo Caldas, personaxe protagonista das obras que a preceden: “Ollos de auga” (Galaxia, 2006) e “A praia dos afogados” (Galaxia, 2009).
2020-08-25
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Las medias rojas"
Lectura do relato breve “Las medias rojas” da prolífica escritora, periodista e catedrática Emilia Pardo-Bazán (Coruña, 1851 – Madrid, 1921), considerada unha das mellores novelistas da historia da literatura española. Este conto -escrito por Pardo-Bazán en 1904 coa violencia, o abuso e o sometemento forzado da muller como temas principais- está incluído na obra “Mujeres al borde de un ataque de cuentos”, publicado en 2019 con ilustracións de Candela Ferreira Peixoto.
2020-08-20
06 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Airiños airiños aires"
Lectura do poema “Airiños airiños aires” dunha das figuras referentes da literatura e cultura galegas como é a nosa Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885). Este poema está incluído na súa obra “Cantares gallegos”, publicada orixinalmente o 17 de maio de 1863, data que se toma como referencia para a celebración do Día das Letras Galegas.
2020-08-18
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Casida de la muchacha dorada"
Lectura do poema “Casida de la muchacha dorada” do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936), un dos escritores españois máis lidos de todos os tempos. Este poema está incluído na obra “12 poemas”, un álbum ilustrado por Gabriel Pacheco e publicado na editorial Kalandraka, galardonado co Premio Fundación Cuatrogatos 2015.
2020-08-13
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "El valle de los avasallados"
Fragmento de lectura da primeira novela publicada do escritor e dramaturgo canadense Réjeam Ducharme (Quebec, 1941 – Montreal, 2017): “L'avalée des avalés”, traducida ao castelán baixo o título “El valle de los avasallados”. Publicada orixinalmente en 1966, esta obra recibiu o Prix du Gouverneur General (Canadá) e o Premio Goncourt (Francia).
2020-08-11
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "El eclipse"
Lectura do relato breve “El eclipse”, de Augusto Monterroso (Tegucigalpa, 1921 – Ciudad de México, 2003), un dos autores latinoamericanos máis recoñecidos a nivel internacional. Este relato está incluído no libro “Obras completas y otros cuentos”, publicado na editorial Anagrama.
2020-08-06
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "O herdeiro da China"
Lectura do relato “O herdeiro da China”, incluído no libro “Merlín e familia i outras historias” dun dos grandes autores da literatura galega, Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) ao que se lle dedicaron as Letras Galegas en maio de 1991. A obra foi publicada orixinalmente na Editorial Galaxia no ano 1955.
2020-08-04
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "La loca de la casa"
Lectura dun fragmento da novela biográfica “La loca de la casa” da escritora e xornalista Rosa Montero (Madrid, 1951). A obra, publicada na editorial Alfaguara no ano 2003, foi galardoada co Premio Qué Leer 2004 ao mellor libro do ano, co Premio Grinzane Cavour ao mellor libro estranxeiro publicado en Italia no 2005 e Premio Roman Primeur (Francia) no 2006. Máis información no dossier: https://www.calameo.com/read/0034921278983358c5f26.
2020-07-30
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Un amor"
Fragmento de lectura da novela da vida cotiá “Un amor” do escritor catalán Alejandro Palomas (Barcelona, 1967). A obra, publicada en Ediciones Destino, foi galardoada co Premio Nadal de Novela no ano 2018.
2020-07-28
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Amor é unha palabra coma outra calquera "
Fragmento de lectura da novela “Amor é unha palabra coma outra calquera” do recoñecido escritor e editor vigués Francisco Castro. A obra, publicada na Editorial Galaxia no ano 2016, combina intriga e suspense e convida ademais á reflexión sobre o concepto do amor a través da vida de Carla, a protagonista da mesma.
2020-07-23
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A caixiña dos rancores"
Lectura dun fragmento de lectura da obra “A caixiña de rancores: (vidas cruzadas)” , do escritor e docente de Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974). A novela, publicada na Editorial Xerais, foi galardoada co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015.
2020-07-21
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti : "As meigas de Lupa"
Fragmento de lectura do libro de literatura infantil e xuvenil "As meigas de Lupa", da recoñecida escritora e xornalista María Solar (Santiago de Compostela, 1970). A obra foi publicada orixinalmente na colección Fóra de Xogo da Editorial Xerais no ano 2012.
2020-07-16
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "O delito de Tomás"
Lectura do relato “O delito de Tomás”, incluído no libro de contos “Xente no rodicio” dun dos escritores máis sobranceiros da nosa literatura, Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928 – Ibídem, 2015). A obra foi inicialmente publicada no ano 1965 na colección Illa Nova da Editorial Galaxia e recolle unha escolma de vinte contos que mesturan desengano, humor e piedade.
2020-07-14
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "El hombre del balcón"
Fragmento de lectura da novela de intriga ambientada en Estocolmo “El hombre del balcón”, da escritora e tradutora Maj Sjöwall (1935 – 2020) e do tamén escritor e xornalista sueco Per Wahlöö (1926-1975). Esta obra é a terceira novela da serie negra protagonizada polo detective da policía sueca Martin Beck.
2020-07-09
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A santa compaña"
Lectura dun fragmento do relato “A santa compaña”, de Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 – Ibídem 1976), unha das grandes figuras da literatura galega que formou parte da Xeración ou Grupo Nós. Este relato está incluído na “Antoloxía de literatura fantástica en lingua galega” publicada na editorial Galaxia no ano 1993, con introdución e selección de Antón Risco.
2020-07-07
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Danza da lúa en Santiago"
Lectura do poema "Danza da lúa en Santiago", incluído na obra "Seis poemas galegos" do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936). Adscrito á xeración do 27, Lorca é un dos poetas españois máis lidos de todos os tempos.
2020-07-02
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "El corazón perdido"
Lectura do relato “El corazón perdido”, incluído na obra “El corazón perdido y otros relatos”, da novelista, xornalista, ensaísta e crítica introdutora do naturalismo en España Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 – Madrid, 1921).
2020-06-30
05 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Poema inédito de Lucía Aldao"
Lectura dun poema inédito da poeta, cantante, guitarrista e guionista coruñesa Lucía Aldao (1982), que traballa profesionalmente na poesía escénica xunto á tamén poeta María Lado. No ano 2018 sae á luz o seu primeiro libro de poemas en solitario “Todo isto antes era noite”, publicado en Apiario.
2020-06-28
00 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A Virginia le gustaba Vita"
Fragmento de lectura dunha das moitas cartas que intercambiaron a escritora Virginia Woolf e a súa amante, tamén escritora, Vita Sackville-West. Recollidas na novela “A Virginia le gustaba Vita”, que recrea a apaixonada historia de amor entre ambas escritoras pola autora Pilar Bellver (Villacarrillo, Jaén, 1961).
2020-06-27
04 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Transmatria"
Lectura do poema “A transmatria ficaba nun outeiro”, incluído na obra “Transmatria” de Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970), escritor e docente de lingua e literatura galega. O poemario, publicado na editorial Xerais, foi galardoado co Premio Johán Carballeira en 2018.
2020-06-26
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "El amor del revés"
Fragmento de lectura da novela autobiográfica “El amor del revés” do escritor Luisgé Martín (Madrid, 1962) e publicada na colección "Narrativas hispánicas" da editorial Anagrama no ano 2016. Nesta obra, Luisgé relata a historia da asunción da súa homosexualidade na España de 1977.
2020-06-25
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Elisa e Marcela"
Lectura dun fragmento do prólogo -escrito por Manuel Rivas- da obra "Elisa e Marcela: amigas e amantes" do catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña e escritor, Narciso de Gabriel. Publicada en galego no ano 2019 por Xerais.
2020-06-24
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Sonetos del amor oscuro"
Lectura dos sonetos “El poeta dice la verdad”, “El poeta pide a su amor que le escriba“, “El poeta habla por teléfono con el amor” e “El amor duerme en el pecho del poeta“, incluídos na obra “Sonetos del amor oscuro” do poeta e dramaturgo Federico García Lorca (Fuentevaqueros, 1898 – Víznar, 1936). Adscrito á xeración do 27, Lorca é un dos poetas españois máis lidos de todos os tempos. Os seus sonetos foron escritos nos seus últimos anos, entre 1935 e 1936, e viron a luz de maneira póstuma.
2020-06-23
04 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Me gusta andar de noche las ciudades desiertas"
Lectura do poema “Me gusta andar de noche las ciudades desiertas” da poeta, dramaturga e escritora da xeración do 27, Concha Méndez Cuesta (Madrid, 1898 – México, 1986). Integrante de “Las Sinsombrero”, Concha Méndez foi pioneira na defensa dos dereitos da muller.
2020-06-18
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "La guerra esperada"
Lectura do relato “La guerra esperada” do escritor, activista ecoloxista e impulsor da Revista Soberanía Alimentaria, Gustavo Duch Guillot (Barcelona, 1965). Este relato forma parte da obra “Mucha gente pequeña”, publicada en Pol·len Edicions no ano 2013.
2020-06-16
04 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Hombre preso que mira a su hijo"
Lectura do poema "Hombre preso que mira a su hijo", do novelista, poeta, dramaturgo e crítico uruguaio pertencente á Xeración do 45, Mario Benedetti (Paso de los Toros, 1920 - Montevideo, 2009).
2020-06-11
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A ira dos mansos"
Fragmento de lectura da novela “A ira dos mansos” do escritor e médico vigués Manuel Esteban (1971). A obra, galardoada co Premio Xerais de Novela no ano 2016, enmárcase dentro do xénero de novela negra, cun claro enfoque social e crítico que nos convida á reflexión e á superación de prexuízos.
2020-06-09
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Bibliópatas e fobólogos"
Fragmento de lectura do relato "A casa tomada", incluído no libro "Bibliópatas e fobólogos" da escritora coruñesa Emma Pedreira (1978). Unha obra publicada na Editorial Galaxia e galardonada co Premio da Crítica Española de Narrativa Galega no ano 2017.
2020-06-04
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Diáspora do amor balea"
Lectura do poema “Fotosíntese”, incluído no libro “Diáspora do amor balea” de Andrea Nunes Brións (Marín, 1984) e María Rosendo Priego (Vigo, 1984). Esta obra, publicada na editorial Caldeirón no ano 2018 foi gañadora do XII Premio de Poesía Erótica Illa Sisargas (2017).
2020-06-02
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Contos da Coruña"
Fragmento de lectura do relato “Saúde e arroutada”, incluído no libro “Contos da Coruña” do músico, cantante, locutor e escritor Xurxo Souto (A Coruña, 1966). A obra, publicada na editorial Xerais, convida aos lectores e lectoras a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria da cidade da Coruña e dos seus barrios.
2020-05-28
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Un amor pequeño"
Fragmento de lectura da novela “Un amor pequeño” (Anagrama, 2004) do escritor e director da Escola Contemporánea de Humanidades Alejandro Gándara (Santander, 1957). Unha obra sobre a natureza do amor nunha sociedade gobernada polo diñeiro e a ditadura do presente.
2020-05-26
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "O que non sabías"
Fragmento da lectura da novela "O que non sabías" da autora tinerfeña Elba Pedrosa (Santa Cruz de Tenerife, 1973). Esta novela, de corte intimista, é unha novidade do mes de marzo da colección Narrativa da Editorial Xerais.
2020-05-21
06 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Non hai noite tan longa"
Fragamento de lectura da novela de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016), "Non hai noite tan longa". Obra publicada pola editorial Xerais no ano 2011 e recoñecida cos seguintes galardóns: Premio Redelibros ao mellor libro de ficción, Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos, Premio Irmandade do Libro ao mellor libro galego do ano 2011, Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción do ano 2011 e Premio Losada Diéguez (creación Literaria) do ano 2012.
2020-05-19
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Cartas a Lelo"
Fragmento de lectura da novela "Cartas a Lelo" de Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, Pontevedra, 1928 - Gres, 2015), publicada orixinalmente en Edicións do Castro en 1971. Neira Vilas foi recoñecido co Premio da Crítica Galega e é o autor da novela máis traducida e máis vendida da literatura galega: "Memorias dun neno labrego".
2020-05-16
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "A filla da patrona"
Fragmento de lectura da novela "A filla da patrona", de Xoan Xesús González, mestre, xornalista, avogado, escritor e político galego nado en Sebil (Cequeril, Cuntis) no ano 1895 e finado en Santiago de Compostela no ano 1936.
2020-05-16
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Agarda longa ao sol"
Lectura do relato breve "Agarda longa ao sol", recollido no libro "Vento ferido" do escritor ourensán Carlos Casares (Ourense, 1941 - Nigrán, 2002). A obra inclúe un total de doce relatos breves e foi publicada inicialmente no ano 1967 pola Editorial Galaxia.
2020-05-15
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Elexías a Lola"
Lectura dun fragmento do poemario "ELexías a Lola" da autora galega Xohana Torres Fernández. Poeta, dramaturga e escritora, Xohana é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX, recoñecida co Premio da Crítica, en 1980, polo poemario "Estacións ao mar".
2020-05-15
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Remexido de patacas"
Fragmento de lectura da novela de corte social "Remexido de patacas" da polifacética autora galega Eli Ríos (Londres, 1976). A obra, gañadora do XL Premio Modesto R. Figueiredo, foi publicada pola editorial Baía no ano 2019.
2020-05-14
04 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "O pirata Moitabarba"
Lectura da historia de transmisión oral "O pirata Moitabarba" recollida no libro "Contos para nenos que dormen deseguida", de David Pintor (A Coruña, 1975) e Carlos López (Boimorto, A Coruña, 1967), dous humoristas gráficos máis coñecidos por Pinto Chinto. O libro foi publicado na editorial Kalandraka e contén un total de vinte e oito contos breves.
2020-05-13
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Deitado frente ao mar"
Lectura de poema "Deitado frente ao mar" do escritor ourensán Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1914 - Vigo, 1979), máxima figura da poesía social e políticamente comprometida coa cultura de Galicia.
2020-05-12
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Grieih"
Fragmento do relato "Grieih", incluído na obra "Percival e outras historias" do escritor e político galego Xosé Luís Méndez Ferrín. A obra, dedicada a Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo, foi publicada orixinalmente na colección Illa Nova da Editorial Galaxia no mes de febreiro de 1958.
2020-05-11
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Ya no"
Poema escrito en 1958 da poeta, tradutora, crítica literaria, compositora e ensaísta uruguaia Idea Vilariño Romani (Montevideo, 18 agosto 1920 - Montevideo, 28 abril 2009).
2020-05-07
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Distinto"
Poema "Distinto" de Juan Ramón Jiménez (Moguer, 1881 - Puerto Rico, 1958).
2020-05-05
01 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Cando petan na porta pola noite"
Epílogo da obra “Cando petan na porta pola noite” (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995), do recoñecido e galardoado escritor e mestre galego Xabier P. Docampo (Rábade, 1946 – A Coruña, 2018).
2020-04-30
02 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "Yo, Maya Plisétskaya"
Fragmento da autobiografía da bailarina, mestra e directora Maya Plisétskaya (Moscú, 1925 – Múnich, 2015). Toda unha lenda da danza clásica.
2020-04-28
03 min
Lemos para ti
Lemos para ti: "El sueño eterno"
Fragmento da novela de intriga “El sueño eterno”, do escritor estadounidense Raymond Chandler (Chicago, 1888 – California, 1959) e publicada orixinalmente no ano 1939.
2020-04-22
17 min
Lemos para ti
Lemos para ti: Válido para unha viaxe
Fragmento de “Válido para unha viaxe”, do escritor, poeta e intérprete interdisciplinar Pau Gener (Sant Celoni, 1977). Traducido ao galego por Brais Estévez Vilariño e publicado en Estaleiro Editora.
2020-04-22
01 min