podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Bibliorebolo
Shows
Bibliorebolo
Lecturas Neira Vilas 2021
No Calendario do libro e da lectura de Galicia, o 3 de novembro celebrouse por primeira vez o Dia do Lector/a coincidindo co nacemento do escritor Xosé Neira Vilas en 1928 en Gres, Vilacruces (Pontevedra). Na Biblioteca Rebolo quixemos conmemorar esta data cunha lectura colectiva do seu libro máis coñecido: Memorias dun neno labrego (1961).
2021-11-25
08 min
Bibliorebolo
Entrevista a Pablo Iglesias González
Entrevista feita a Pablo Iglesias González, ex-alumno no centro, para a radio Rebolondas do IES Isidro Parga Pondal por acadar o premio excelencia da Universidade de Coruña á mellor nota de admisión nos grados do curso 2020/2021
2021-05-14
16 min
Bibliorebolo
Homenaxe a Rosalía cun poema diario
Alumnado do centro, grabou diferentes poemas de Rosalía de Castro que foros emitidos a primeira hora da mañá no centro escolar durante todos os días da semana do 22 ó 25 febreiro para celebrar o seu nacemento
2021-02-19
08 min
Bibliorebolo
Conmemoración 14 de febreiro
Desde a radio do centro, quixemos facer un podcast para conmemorar a data que foi emitido o xoves 18 por ser o 14 domingo e ter a ponte de carnavales polo medio. Neste podcast quixemos contar a historia de San Valentín, a súa orixe así como facer fincapé nas outras formas de amar... e destacar que todas son válidas porque só así conseguiremos unha sociedade libre onde ninguén sufra polo simple feito de querer amar, así que facede caso ao voso corazón e ser fieis a vós mesmos.
2021-02-13
08 min
Bibliorebolo
Entrevista a Verónica Bolón Canedo
Entrevista a carballesa Verónica Bolón Canedo, enxeñeira informática e profesora de Ciencia da Computación e Tecnoloxías da Información na Universidade da Coruña despois da charla que tivo lugar no noso IES con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día da Muller e a Nena na Ciencia.
2021-02-13
20 min
Bibliorebolo
2021 - Conmemoración Día da Non Violencia e da Paz
Podcast na nosa radio escolar, Rebolondas no que participaron Xosé Cameán, Lara Rabuñal e Alba Varela (4º ESO) e Lara Sestayo (2º Bacharelato). Neste audio podemos escoitar un decálogo para construír un mundo mellor e un manifesto por unha cultura da paz e da non violencia.
2021-01-27
08 min
Bibliorebolo
2021 - Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto
Neste audio podemos escoitar, na voz dos alumnos: Xosé Cameán (4º ESO) e Lola Collazo (3º ESO), a historia de Xulia, Lola e Amparo Touza Domínguez, tres irmás de Ribadavia que axudaron a centos de xudeus que fuxían dos nazis.
2021-01-23
11 min
Bibliorebolo
Día dos Dereitos Humanos
Neste audio de 9 minutos podemos escoitar, na voz de alumnado voluntario de 4º ESO, o porqué desta data, a contribución de Eleanor Roosevelt, porque é importante a loita e a defensa dos dereitos humanos e os 30 artigos da Declaración.
2020-12-04
09 min
Bibliorebolo
Conmemoración 25 de novembro – día internacional da eliminación da violencia contra a muller
Podcast feito polo alumnado de 3º ESO para conmemorar o 25 novembro que é o día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Contén unha breve explicación do por que de que a celebración sexa este día, unha pequena historia para loitar contra a violencia machista e unhas frases para loitar contra o mesmo motivo.
2020-11-20
08 min
Bibliorebolo
Conmemoración Día Internacional das Mulleres
As alumnas de 2 bacharelato do centro leron un manifesto polo Día Internacional das Mulleres
2020-03-08
06 min
Bibliorebolo
Visita Nando López
O luns 17 de febreiro tivemos a sorte de que viñera a visitármonos Nando López. O escritor mantivo unha marabillosa charla-coloquio co alumnado de 4 da ESO sobre a súa obra Nadie nos oye e moitos outros temas de actualidade. O noso alumnado participou facendo unha chea de interesantes preguntas e todos quedamos entusiasmados
2020-02-28
51 min
Bibliorebolo
Entrevista a Susana Méndez
Ana, Lola, Julia e Lucía (alumnas de 2ESO, grupo bilingüe) realizaron unha entrevista radiofónica na nosa radio escolar, Rebolondas, á profesora do Departamento de Inglés, do noso centro, Susana Méndez. Susana estivo en Rebolondas connosco, para contarnos de primeira man a súa experiencia no centro educativo Glebe Collegiate sito na cidade de Ottawa (Canadá) Esta estancia forma parte do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE) que permite que profesor@s galeg@s poidan integrarse no ensino en na cultura do país durante un mes.
2020-02-03
23 min
Bibliorebolo
Recomendación do club de lectura Alejandría: Cuando Hitler robó el conejo rosa
O alumnado do clubb de lectura explica neste podcast as súas impresións sobre o libro Cuando Hitler robó el conejo rosa de Cuando Hitler robó el conejo rosa
2020-01-26
06 min
Bibliorebolo
Contos sobre erupcións volcánicas
O alumnado de 1º ESO foi do máis creativo á hora de escribir un conto no que o protagonista vive unha erupción volcánica. Aquí tedes os 5 mellores contos narrados polos seus autores; esperamos que os desfrutedes.
2019-12-02
12 min
Bibliorebolo
Conmemoración Día Universal da Infancia
Un grupo de alumn@s de 1 ESO realizaron unha emisión radiofónica na nosa radio escolar “Rebolondas” con motivo desde día
2019-11-29
09 min
Bibliorebolo
Radionovela: Chocolate para sobrevivir
Radionovela escrita pola alumna de 1ºESO Lola Collazo. Chocolate para sobrevivir conta a aventura de un grupo de amigos que se enfronta ao problema de vivir sin chocolate e deciden solucionalo. Para elo terán que superar dificultades, persecucións de zombis, namoramentos....
2019-06-16
07 min
Bibliorebolo
Entrevista a Os Quinquilláns e a Sechu Sende
Con motivo da representación no Pazo da Cultura de Carballo da adaptación teatral de Made en Galicia realizada por Os Quinquilláns a partires de un texto de Sechu Sende, o alumnado de 4º ESO realiza unha entrevista en directo ao grupo de teatro e otra telefónica a o autor do texto.
2019-06-15
26 min
Bibliorebolo
Día do medio ambiente
Como todas e todos sabemos, o día 5 de xuño celébrase o Día mundial do Medio Ambiente. Este foi o noso gran de area no IES Isidro Parga Pondal. Desde os departamentos da Biblioteca, Filosofía e Bioloxía e Xeoloxía realizáronse traballos sobre a calidade do aire en Galicia e outras cidades europeas.
2019-06-14
03 min
Bibliorebolo
Trivial Radiofónico de Cultura Clásica con Fontexería
Con motivo da chegada do fin de curso, o profesorado do IES Isidro Parga e o do de Fontexería xuntan ao seu alumnado para facer posta en común do aprendido sobre Grecia e Roma clásicas ao longo deste curso. O formato desta actividade é o de concurso; un trivial elaborado polos muradáns.
2019-06-09
10 min
Bibliorebolo
Rebolondas e o chocolate
Segunda proba realizada polas profesoras do grupo de traballo Radio na escola, do IES Isidro Parga Pondal, coa axuda da xornalista Rocío Cadahía da ONG AGARESO. Esta vez centrámonos en algo típico de Carballo e en noticias do noso instituto. As profesoras ofrecen distintos enfoques do asunto.
2019-06-01
05 min
Bibliorebolo
Rebolondas arranca coas profesoras.
Primeiras probas de programa feito polas profesoras do Grupo de traballo e máis a xornalista de AGARESO Rocío Cadahía. Trátase dunha proba piloto para practicar cos diatintos elementos que integran e conforman unha radio escolar. A im provisación é un dos elementos
2019-06-01
02 min
Bibliorebolo
Día do Libro Curto.
No IES Isidro Parga Pondal estamos pola lectura. Por iso dedicámoslle especial atención ao día do libro. Contamos coa nosa radio, Rebolondas, para poder facer chegar máis lonxe as nosas inquedanzas lectoras: que lemos, que recomendamos ler, que nos gusta...
2019-04-30
04 min