podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
COGAMI
Shows
Podcast COGAMI
Falamos das actividades náuticas de COGAMI en Radio Voz
O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista a Aroa Facal, da área de Lecer de COGAMI, para explicar como foi o programa GAVEA neste verán tan soleado para gozar das travesías pola ría de Camariñas. Ademais do GAVEA, Aroa tamén explica as actividades de navegación que se realizan nos clubs náuticos de Portonovo e Sanxenxo.
2026-09-24
10 min
Podcast COGAMI
A dificultade de atopar vivenda accesible no rural
COGAMI ten previsto poñer en marcha o programa ConVive Rural, unha iniciativa centrada na promoción da autonomía persoal, para a que precisa atopar unha vivenda accesible en réxime de alugueiro. Co inicio da busca xorden tamén as primeiras dificultades para localizar un inmoble que cumpra as condicións necesarias, tal e como explica Iván García, director do centro de atención diúrna de COGAMI en Medelo, no programa Un Café con Eva de Radio Voz.
2026-05-15
12 min
Podcast COGAMI
Falamos para a Radio Galega das demandas que chegaron a COGAMI nun ano
Juani Tubío, coordinadora do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, explica en A Crónica Informativos da Radio Galega as principais temáticas das máis de 3.000 demandas recibidas pola entidade ao longo do último ano. A consulta máis recorrente estivo relacionada co certificado de discapacidade, a raíz do cambio de baremo. Esta modificación está a impactar especialmente nas persoas con discapacidade orgánica, xa que en moitos casos supón unha redución da porcentaxe recoñecida. Cando esta queda por debaixo do 33 %, as persoas afectadas deixan de ter acceso a recursos e pres...
2026-02-26
08 min
Podcast COGAMI
Un café con Eva: falamos dos proxectos que desenvolvemos en COGAMI
A coordinadora da área de Proxectos, Catuxa Pereira, explica para Radio Voz que COGAMI impulsa cada ano máis de 90 proxectos grazas á captación de financiamento público e europeo, tras presentar unha media de máis de 150 solicitudes anuais a distintos organismos. Estas iniciativas benefician a máis de 15.000 persoas en Galicia en ámbitos como o emprego, a formación, a accesibilidade, a promoción da autonomía persoal, a asistencia persoal ou a atención temperá e ás persoas maiores. Unha parte relevante destes proxectos está vinculada a fondos europeos, que permiten poñer en marcha iniciativas innovadoras como ConVive Rur...
2026-02-24
14 min
Podcast COGAMI
Un Café con Eva: Juani Tubío fala das 3.200 demandas chegadas a COGAMI
O programa de Radio Voz, Un Café con Eva, entrevista a Juani Tubío, coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, para falar das máis de 3.200 demandas tramitadas en 2025. Trátase dun servizo presente en toda Galicia, transversal e considerado a porta de entrada de COGAMI, que permite canalizar as solicitudes a través das diferentes estruturas da entidade para ofrecer respostas personalizadas, incluíndo acompañamento, apoio e todo centrado nas necesidades individuais das persoas. “Cada vez recibimos máis demandas”, explica Tubío, “en gran parte porque hai preto de 1.000 solicitudes relacionadas co certificado de...
2026-02-23
10 min
Podcast COGAMI
Falamos do programa Máis Emprego en Radio Voz Ferrol
Falamos do programa Máis Emprego, unha iniciativa de inserción sociolaboral impulsada por COGAMI, nos micrófonos de Radio Voz en Ferrol. A técnica de emprego, Beatriz Gallego, e a coordinadora de COGAMI en Ferrol, María Aneiros, debullaron como se está a desenvolver este programa, que xa leva dous anos de traxectoria na comarca, ofrecendo itinerarios personalizados de orientación, formación e acompañamento á inserción laboral. Durante a entrevista explicaron tamén os cursos previstos para este ano, deseñados a partir dunha análise real das necesidades do tecido empresarial da zona, co obxectivo de mellorar a...
2026-02-16
10 min
Prensa Cogami
Rosa Gutiérrez fala sobre COGAMI Empresarial en Es Radio
Rosa Gutiérrez dá voz a COGAMI Empresarial en Es Radio durante a feira Expobusiness Compostela A directora de Negocio de COGAMI Empresarial, Rosa Gutiérrez, participou esta fin de semana nunha entrevista en Es Radio, no marco da feira Expobusiness Compostela, un evento integrado no programa Santiago Vivo, que reuniu empresas de múltiples sectores. Durante a súa intervención, Rosa explicou en detalle as diferentes iniciativas empresariais que integran COGAMI Empresarial, os sectores nos que operan, o cadro de persoal que conforma estas empresas e as vías para formar parte da nosa Organización. Unha oportunidade para dar...
2025-06-11
11 min
Prensa Cogami
Falamos dos programas de COGAMI coa X Solidaria en Radio Voz
O coordinador da área de FMA de COGAMI, Nano Sestayo, explica para o programa Un Café con Eva de Radio Voz todos os servizos que COGAMI pode prestar grazas ao orzamento que nos chega da X Solidaria.
2025-04-09
09 min
Prensa Cogami
Falamos do 35 Aniversario de COGAMI en Radio Voz
O programa Un café con Eva de Radio Voz entrevista ao presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, para falar sobre a traxectoria de COGAMI durante os seus trinta e cinco anos de traxectoria.
2025-01-30
16 min
Prensa Cogami
Cope Pontevedra interésase polo 35 Aniversario de COGAMI
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, é entrevistado pola canle da Cope en Pontevedra para falar sobre a traxectoria de COGAMI co gallo do 35 aniversario. O locutor, José Jardón, tamén fala cunha persoa usuaria do servizo de Emprego de COGAMI, José Antonio Abal, que atopou un emprego nunha empresa de Vilagarcía.
2025-01-28
08 min
Prensa Cogami
Campaña de COGAMI "Eu Decido" en Radio Voz
O programa Con Outra Voz que presenta Félix Jorquera en Radio Voz, entrevista ao presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, para falar sobre os 35 anos de traxectoria da nosa Organización.
2025-01-27
11 min
Prensa Cogami
Olalla Esmorís fala dos programas dirixidos á muller de COGAMI
A traballadora social de COGAMI, Olalla Esmorís fala para Radio Líder dos programas desenvolvidos na nosa Organización a favor do empoderamento, igualdade, autonomía e inclusión da muller con discapacidade.
2025-01-16
19 min
Prensa Cogami
RNE entrevista ao Secretario de COGAMI polo 3 de decembro
No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, os informativos en Galicia de RNE entrevistan a Víctor Silva para que conte as demandas da nosa Organización.
2024-12-04
07 min
Prensa Cogami
Falamos do proxecto RUMBO no programa Con Outra Voz
A coordinadora do proxecto RUMBO de autonomía persoal que desenvolve COGAMI, Ángela Labandeira, explica para o programa Con Outra Voz de Radio Voz en que consiste este programa.
2024-10-17
07 min
Prensa Cogami
COGAMI adapta vivendas co proxecto RUMBO
A coordinadora do proxecto RUMBO cara un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva, Ángela Labandeira, explicou para Radio Estrada en que consistiron as obras de mellora de fogares de trece persoas a través deste programa.
2024-10-09
11 min
Prensa Cogami
Falamos do programa Máis Emprego en Radio Voz Ourense
A orientadora laboral, Alba Vázquez, explica para o programa Voces de Ourense de Radio Voz, en que consiste o servizo de Emprego de COGAMI e a quen vai dirixido o programa de inserción Máis Emprego de Fundación "la Caixa" e Fondo Social Europeo Plus.
2024-09-30
11 min
Prensa Cogami
Falamos do programa de promoción da igualdade en Radio Voz
A coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal, Juani Tubío, explica para Radio Voz en que consiste o programa de promoción da igualdade que COGAMI está a levar a cabo durante este ano.
2024-08-14
11 min
Prensa Cogami
Falamos do plan de accesibilidade do Concello de Viveiro
Radio Viveiro entrevista a Diego Piñeiro para falar do plan de accesibilidade que COGAMI está a levar a cabo no Concello de Viveiro.
2024-05-22
02 min
Prensa Cogami
Falamos dos servizos que presta COGAMI na comarca de Ferrol en Radio Voz
O programa Voces de Ferrol fala con María Aneiros, a coordinadora de COGAMI en Ferrol, para comentar todos os servizos que prestamos na comarca.
2024-03-04
10 min
Podcast COGAMI
Falamos do Programa Integrado de Emprego de Galicia en Cope Ferrol
A técnica de inserción laboral da área de Emprego de COGAMI en Ferrol, Laura Carbajal, explica para a cadea Cope en que consiste o Plan Integral de Emprego.
2024-02-28
09 min
Prensa Cogami
Falamos do proxecto RUMBO en Radio Voz
O programa Voces de Lugo entrevista a Carla Fernández, traballadora social de COGAMI sobre o programa RUMBO de autonomía persoal.
2024-02-19
10 min
Prensa Cogami
Falamos da reforma do artigo 59 da Constitución en Radio Melide
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, explica para radio Melide o que supón para as persoas con discapacidade o cambio do artigo 59 da Constitución que actualiza a terminoloxía para referirse ao noso colectivo.
2024-01-24
12 min
Prensa Cogami
Falamos en Radio Voz da reforma do artigo 59 da Constitución
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, conta para o programa Un café con Eva o avance que supón que a Carta Magna recolla a terminoloxía apropiada para referirse ás persoas con discapacidade.
2024-01-23
11 min
Prensa Cogami
SER Ferrol interésase pola formación de COGAMI
Entrevista á coordinadora de COGAMI en Ferrol para falar sobre un curso que a entidade vai iniciar na cidade dirixido a persoas con discapacidade desempregadas.
2024-01-16
10 min
Prensa Cogami
Falamos de accesibilidade na provincia de Lugo en Radio Voz
O técnico de Accesibilidade de COGAMI, Diego Piñeiro, explica cal é a situación da cidade de Lugo e da provincia en xeral en materia de accesibilidade e como debería estar para ser inclusiva.
2024-01-16
14 min
Podcast COGAMI
Falamos de accesibilidade en Radio Voz
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fala de accesibilidade universal no programa Un café con Eva de Radio Voz.
2023-09-13
11 min
Podcast COGAMI
Falamos do proxecto Gavea en Radio Voz
O programa Un café con Eva entrevista á técnica da área de Lecer de COGAMI para que explique en que consiste o programa Galicia Vela Adaptada, no que este ano 75 persoas poderán navegar pola ría de Camariñas.
2023-09-11
09 min
Podcast COGAMI
Falamos de accesibilidade en Radio Galega
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fala no programa Convivir da Radio Galega sobre a accesibilidade universal e, aproveitando que iniciou o programa Gavea (Galicia Vela Adaptada) fala do veleiro Laion e como se reconverteu nun navío inclusivo.
2023-09-11
18 min
Podcast COGAMI
Falamos da navegación a vela no Laion en radio Nordés
A técnica a área de Lecer de COGAMI, Isabel González, explica para radio Nordés en que consiste o programa Gavea que pon en marcha COGAMI durante o mes de decembro e no que participarán 75 persoas de diferentes centros e entidades membro.
2023-09-11
01 min
Podcast COGAMI
Falamos da atención á muller na Cope
Cope Ribadeo entrevista á coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, Juani Tubío, para falar do programa de atención á muller e doutros programas dirixidos ás persoas con discapacidade da Mariña.
2023-09-01
13 min
Podcast COGAMI
Falamos da traxectoria de COGAMI en RNE
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fai un repaso da evolución da discapacidade no paso do tempo, falando de dereitos, vivencias e servizos para a mellora da calidade de vida do colectivo.
2023-08-28
15 min
Podcast COGAMI
Falamos de atención temperá na Radio Galega
O programa da Tarde da Radio Galega entrevista a Álvaro García para falar do servizo de atención temperá que desenvolve COGAMI e tamén da campaña lanzada este ano para visibilizar a discapacidade.
2023-08-08
07 min
Podcast COGAMI
Radio Galega entrevista á responsable da área de Lecer de COGAMI
O programa da Radio Galega A Tarde de Verán entrevista a Isabel González, da área de Lecer, para falar sobre as barreiras que existen para practicar actividades deportivas e de lecer.
2023-07-18
10 min
Podcast COGAMI
Visibilizamos as barreiras que atopamos no lecer en Radio Voz
Isabel González, da área de Lecer de COGAMI, explica no programa Un Café con Eva de Radio Voz, as problemáticas que atopan as persoas con discapacidade cando queren participar en actividades de lecer e deportivas.
2023-07-18
10 min
Podcast COGAMI
Falamos de emprego en Cope Ferrol
A coordinadora de COGAMI en Ferrol explica na cadea Cope Ferrol como se desenvolveron as insercións laborais durante este primeiro semestre do ano en COGAMI.
2023-06-15
08 min
Podcast COGAMI
Falamos de formación na Radio Galega
O programa Convivir da Radio Galega entrevista ao coordinador de Formación de COGAMI, Paco Abuín, para falar sobre formación.
2023-05-19
07 min
Podcast COGAMI
Falamos de formación en Radio Voz
O programa Un café con Eva entrevista ao coordinador de Formación, Paco Abuín, para falar da campaña Somos COGAMI que este mes dedica a visibilizar a formación e a necesidade de que as persoas con discapacidade se especialicen e se formen para lograr a inserción laboral.
2023-05-15
05 min
Prensa Cogami
Falamos de formación para Cope Santiago
A orientadora laboral do servizo de Emprego de COGAMI, Ana Vázquez, explica en Cope Santiago a formación que temos preparada para as persoas con discapacidade ou incapacidade laboral da comarca compostelá. Unha destas formación é sobre xestiónde recursos urbanos.
2023-04-14
04 min
Prensa Cogami
Falamos do novo baremo na Radio Galega
A coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, explica no programa Convivir da Radio Galega en que consiste o novo baremo de discapacidade e a urxencia da súa implantación, para que ningunha persoa con discapacidade orgánica se sinta excluída.
2023-04-13
06 min
Podcast COGAMI
Entrevista na SER para falar da Lei de Familia e discapacidade
A coordindadora da área Xurídica de COGAMI, Susi Pérez, fala para o programa A Vivir Galicia da SER sobre a Lei de Familia e discapacidade e o seu tratamento.
2023-04-03
07 min
Prensa Cogami
Falamos de accesibilidade en Radio Voz
O programa de Radio Voz Un café con Eva entrevista ao técnico de Accesibilidade de COGAMI, Diego Piñeiro, para falar da realidade das vivendas en Galicia, se están adaptadas ás necesidades das persoas.
2023-03-28
08 min
Prensa Cogami
O Presidente de COGAMI fala da campaña de sensibilización na Radio Galega
Anxo Queiruga explicou para o programa Convivir da Radio Galega a campaña de sensibilización lanzada este ano por COGAMI para reivindicar a participación social das persoas con discapacidade.
2023-03-27
13 min
Prensa Cogami
Falamos de muller con discapacidade en Radio Voz
A presidenta de ACADAR e vicepresidenta 2ª de COGAMI, Mónica Álvarez, explica no programa Un café con Eva de Radio Voz a realidade das mulleres e nenas con discapacidade, co gallo do 8M.
2023-03-13
10 min
Prensa Cogami
RNE fala de emprego con datos de COGAMI
O Informativo Galicia de RNE fala da situación de emprego de persoas con discapacidade con datos aportados por COGAMI e na que explica a coordinadora do servizo de emprego, Mª Carmen Ínsua, como está a situación no empresariado.
2023-02-27
01 min
Prensa Cogami
A campaña Somos COGAMI en RNE
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, explica no programa Crónica Galicia de RNE en que consiste a campaña de sensibilización que lanza COGAMI este ano para visibilizar as necesidades das persoas con discapacidade.
2023-01-25
07 min
Prensa Cogami
Falamos do servizo de orientación laboral en radio Melide
A orientadora laboral do servizo de emprego de COGAMI, Alba Vázquez, explica para radio Melide en que consiste este servizo e como atende ás persoas con discapacidade do concello apuntadas na súa base de datos.
2023-01-24
07 min
Prensa Cogami
O proxecto Decid-e de COGAMI na Radio Galega
O programa Convivir da Radio Galega entrevista á coordinadora do proxecto Decid-e de COCEMFE e que COGAMI desenvolve en Galicia, que tenta recoller as boas prácticas para a inclusión laboral na mellora das oportunidades laborais das persoas con discapacidade.
2023-01-18
11 min
Prensa Cogami
Anxo explica en Radio Voz os Premios COGAMI 2022
O presidente de COGAMI falou no programa Un café con Eva para explicar en que consisten os premios que COGAMI outorga cada dous anos a aquela institución, empresa e persoa que traballan a favor da inclusión.
2022-12-20
12 min
Prensa Cogami
Entrevisa a Anxo Queiruga polo 3 de Decembro
O programa Con Voz de Sábado de Radio Voz entrevista ao Presidente de COGAMI polo Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade.
2022-12-09
16 min
Prensa Cogami
Falamos da campaña Invisibles na Radio Galega
A coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, falou da campaña Invisibles da discapaciade orgánica no programa Convivir da Radio Galega.
2022-10-18
06 min
Prensa Cogami
Laura Quintas explica a campaña Invisibles en Radio Voz
A coordinadora da Comisión Sociosanitaria, Laura Quintas, explica no programa Un café con Eva de Radio Voz en que consiste a campaña Invisibles que COGAMI lanza xunto a COCEMFE para falar da discapacidade orgánica.
2022-10-03
04 min
Prensa Cogami
RAdio Nordés fala do proxecto GAVEA
SER Nordés entrevista a Tania Batucca, coordinadora da asociación Íntegro da Costa da Morte, porque van a facer unha travesía a bordo do Laion, o veleiro de COGAMI que está durante estes días na ría de Camariñas.
2022-09-13
05 min
Prensa Cogami
Radio Voz fala sobre o proxecto GAVEA de COGAMI
A técnica de Lecer de COGAMI, Isabel González, fala para Un café con Eva de Radio Voz sobre o proxecto de Galicia Vela Adaptada (GAVEA)no que o veleiro Laion volveu este ano navegar pola ría de Camariñas levando a bordo a entidades do movemento asociativo.
2022-09-12
09 min
Prensa Cogami
SER Ourense entrevista a Mónica Limia
O programa Hoy por hoy matinal Ourense entrevista á coordindadora da oficina de COGAMI en Ourense para falar sobre a situación laboral das persoas con discapacidade nesta provincia.
2022-08-26
10 min
Prensa Cogami
Mª Jesús Pérez fala sobre campamentos de verán na Cope
A técnica da área de Xurídico explica en COPE Coruña as denuncias que chegan a COGAMI sobre algúns campamentos de verán que lles impiden ás familias de menores con discapacidade a conciliación.
2022-08-05
09 min
Prensa Cogami
Falamos de campamentos que non son inclusivos en Radio Voz
A técnica da área Xurídica de COGAMI, Susi Pérez, fala para Radio Voz sobre as problemáticas que atopan familias con menores con discapacidade cando queren apuntalos a campamentos de verán e estes non son inclusivos. Dende COGAMI animamos que se denuncien este tipo de condutas que menoscaban dereitos das persoas con discapacidade.
2022-08-03
10 min
Prensa Cogami
Radio Voz entrevista ao director do centro de recursos de COGAMI en Medelo
O programa Un café con Eva Millán de Radio Voz entrevista a Iván García, director do centro de recursos que DOGAMI ten en Medelo, onde explica que actividades levan a cabo e como van rematar este curso a piques de coller as vacacións estivais.
2022-07-26
06 min
Prensa Cogami
Isabel González fala das atividades de lecer para Radio Voz
A técnica da área de Lecer explica para o programa Un café con Eva de Radio Voz as actividades deportivas e de lecer organizadas e desenolvidas por COGAMI.
2022-07-18
11 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Laura Quintas en Radio Galega
O programa Convivir da Radio Galega entrevista á coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI para falar sobre as reivindicacións que levamos a cabo na campaña realizada a nivel nacional con COCEMFE Espera e Desespera.
2022-05-06
18 min
Podcast COGAMI
A campaña Espera e Desespera en Radio Galega
O programa da Radio Galega Galicia por Diante está en directo na campaña que COGAMI desenvolveu en Lugo para denunciar os tempos de espera que existen para obter o certificado de discapacidade e para a actualización dos baremos.
2022-05-03
08 min
Podcast COGAMI
Día da saúde en Radio Arousa
A coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, explica para SER Arousa os cambios que deben de realizarse na sanidade para que esta sexa máis inclusiva de cara a todas as persoas.
2022-04-08
09 min
Prensa Cogami
Emma Caamaño explica na Cope as actividades que organizan para este ano
A presidenta de A Mariña COGAMI explica para a canle de radio Cope Ribadeo as actividades programadas pola entidade para desenvolver durante este ano.
2022-02-25
00 min
Prensa Cogami
Radio Voz entrevista a Olalla Esmorís para falar das consultas recibidas
O programa Un Café con Eva entrevista á traballadora social, Olalla Esmorís, para falar sobre as temáticas das consultas que chegan a COGAMI.
2022-02-21
07 min
Podcast COGAMI
Radio Foz entrevista a Fernando Mouriño
Radio Foz entrevista ao orientador laboral da zona da Mariña lucense para falar sobre o servizo de emprego de COGAMI na zona, as persoas que atende e as oportunidades laborais acadadas durante o ano 2021.
2022-02-09
08 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Juani Tubío
A Coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal fala para Cope Santiago sobre as consultas que recibiu COGAMI durante o ano 2021 e as problemáticas que máis se repiten entre as persoas usuarias.
2022-02-03
08 min
Podcast COGAMI
Paco Abuín fala de emprego en Radio Voz
O programa de Radio Voz Un café con Eva entrevista ao coordinador de Formación de COGAMI para falar sobre os resultados obtidos durante o ano 2021 e tamén sobre como será este ano.
2022-01-31
04 min
Podcast COGAMI
Un café con Eva: Mary Ínsua fala de emprego
Iniciamos colaboración con Radio Voz e o programa Un Café con Eva onde daremos conta de todo o que acontece tanto dende COGAMI Social como en COGAMI Empresarial, COGAMI Xenera e o movemento asociativo. Inauguramos sección falando de emprego na empresa ordinaria.
2022-01-24
10 min
Podcast COGAMI
Diego Piñeiro fala de accesibilidade na Radio Galega
O programa Convivir da Radio Galega entrevista ao técnico de Accesibilidade de COGAMI, Diego Piñeiro, para falar sobre a accesibilidade na nosa contorna.
2022-01-20
16 min
Podcast COGAMI
Es Radio entrevista a Mónica Álvarez
A vicepresidenta segunda de COGAMI fala para Es Radio sobre os dereitos, as barreiras, a autonomía e os programas e servizos dirixidos ás persoas con discapacidade.
2021-12-13
17 min
Podcast COGAMI
Anxo Queiruga fala para Radio Voz da remodelación outlet Allariz
O Presidente de COGAMI explica para Radio Voz Ourense en que consistiron as obras de remodelación da tenda outlet Massimo Dutti que está en Allariz.
2021-12-02
07 min
Prensa Cogami
COGAMI opina sobre o uso das prazas reservadas
O coordinador da área de Accesibilidade, Álvaro García, e a técnica da área de Xurídico, Susi Pérez, explican en Cope Santiago a problemática que hai en Santiago para estacionar nas prazas de aparcadoiro reservadas a persoas con mobilidade reducida.
2021-06-02
06 min
Prensa Cogami
Radio Voz Lugo entrevista a Raquel Grandío
O programa Voces de Lugo de Radio Voz entrevista á orientadora laboral, Raquel Grandío, para falar sobre o curso de alfabetización dixital que COGAMI imparte en Vilalba.
2021-05-07
06 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Laura Fernández do SIL en Ourense
A emisora Cope entrevista á orientadora laboral de COGAMI na comarca de Valdeorras, Laura Fernández, para que explique en que consiste o traballo do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral na zona.
2021-03-12
11 min
Podcast COGAMI
Anxo Queiruga fala de emprego en Radio Voz
O Presidente de COGAMI explica para o programa Voces de tu ciudad de Radio Voz como foi o mercado laboral para as persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra.
2021-02-04
07 min
Podcast COGAMI
Anxo Queiruga fala de emprego para Radio Galega
O Presidente de COGAMI explica para o programa Convivir en Igualdade a realidade de inserción que estamos vivindo nesta pandemia as persoas con discapacidade.
2021-01-19
08 min
Podcast COGAMI
Anxo Queiruga fala para Radio Voz polo 3 de decembro
O presidente de COGAMI fala de dereitos durante a semana da discapacidade para o programa Con Voz dde Domingo de Radio Voz.
2020-12-07
17 min
Podcast COGAMI
RNE entrevista a Anxo Queiruga o 3 de decembro
No Día da Discapacidade e no peche da campaña 12 Chaves da Inclusión lanzada este ano por COGAMI, RNE entrevista ao presidente de COGAMI para falar de dereitos.
2020-12-04
08 min
Podcast COGAMI
Anxo Queiruga fala para RNE da infancia e xuventude
O Presidente de COGAMI fala para Radio Nacional de España sobre as situacións discriminatorias que a infancia e xuventude con discapacidade ten que soportar cada día.
2020-11-05
08 min
Podcast COGAMI
Onda Cero fala de turismo e lecer accesible con COGAMI
Onda Cero Lugo entrevista ao Presidente de COGAMI para falar sobre o turismo e lecer orientado a todas as persoas. Esta é a temática da campaña do mes de setembro de 12 Chaves da Inclusión, co gallo do trinta aniversario de COGAMI.
2020-09-09
09 min
Podcast COGAMI
Onda Cero Lugo fala do voluntariado de COGAMI
Entrevista ao persidente de COGAMI, Anxo Queiruga, para falar sobre o voluntariado de COGAMI, causa á que a organización lle dedica o mes de agosto na campaña 12 Chaves da Inclusión.
2020-08-05
18 min
Podcast COGAMI
Cope Santiago entrevista a Anxo Queiruga
A emisora de radio Cope entrevista ao presidente de COGAMI para afondar máis sobre o voluntariado que colabora coa entidade.
2020-08-05
04 min
Podcast COGAMI
Anxo Queiruga explica a campaña 12 Chaves para a Radio Galega
O presidente de COGAMI explica no programa Convivir da Radio Galega como se está desenvolvendo a campaña 12 Chaves da Inclusión que desenvolve COGAMI durante este ano, co gallo da conmemoración do trinta aniversario.
2020-07-31
17 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Anxo Queiruga sobre as 12 Chaves da Inclusión
O programa Hoy por Hoy de Radio Coruña-SER entrevista ao presidente de COGAMI para coñecer máis polo miudo en que consiste a campaña 12 Chaves da Inclusión que COGAMI lanza este ano coincidindo co 30 aniversario.
2020-01-20
11 min
Podcast COGAMI
Charo Lema fala para RG sobre o congreso Valor Social
A coordinadora de áreas de COGAMI, Charo Lema, explica no programa Convivir da Radio Galega en que consiste o congreso Valor Social e Desenvolvemento Sostible que COGAMI organiza en Santiago.
2019-11-22
11 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Charo Lema sobre o congreso Valor Social
A coordinadora de áreas de COGAMI, Charo Lema, explica para o programa de Eva Millán de Radio Voz, en que consiste o congreso Valor social e Desenvolvemento sostible que COGAMI organizou en Santiago.
2019-11-22
09 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Catuxa Pereira sobre mostra EnREDarte
O programa Diario Cultural da Radio Galega entrevista á coordinadora de proxectos de COGAMI, Catuxa Pereira, para que lle conte en que consiste a mostra Pezas e Trazos que inaugurou COGAMI na Cidade da Cultura, unha recompilación de obras do proxecto EnREDarte.
2018-11-07
04 min
Actividade dos departamentos da Deputación
Álvaro García, Cogami, agradece as claúsulas sociais nas bases do plan Di Coruña accesible.
Álvaro García, Cogami, agradece as claúsulas sociais nas bases do plan Di Coruña accesible na presentación este martes na Deputación o terceiro diagnósticos para poñer ao día a Deputación en políticas concretas de Igualdade (Compartimos Plan), Servizos Sociais (Rede de Concellos para o Benestar) e Benestar Social (Di Coruña accesible). "É un esforzo importante para o orzamento da Deputación, pero son políticas que temos que facer nós, para ser exemplares e indicar o camiño aos concellos", dixo a deputada nacionalista Ánxela Franco. E insistiu: "traballamos en función do medio e...
2018-07-17
01 min
Prensa Cogami
Entrevista a Alba e Iria, educadoras de Discafis e Miguel, secretario Disvalia
A Cope Valdeorras entrevista ás educadoras sociais de Discafis COGAMI e ao secretario de Disvalia sobre as charlas de sensibilización que están a dar polos colexios da comarca de Valdeorras.
2017-02-15
11 min
Prensa Cogami
Entrevista a Álvaro García 8217
O programa Voces do Barbanza de Radio Voz entrevista a Álvaro García Bustelo sobre o informe que COGAMI lle fixo ao concello de Porto do Son en materia de accesibilidade.
2017-02-09
11 min
Prensa Cogami
Entrevista a María Aneiros
A coordinadora de COGAMI en Ferrol explica para Cope Ferrol como se desenvolveu o curso de dependente de comercio impartido por COGAMI
2016-12-28
11 min
Prensa Cogami
Premios COGAMI 2016
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fala para o programa Convivir en Igualdade da Radio Galega dos premios COGAMI de este ano.
2016-12-21
19 min
Prensa Cogami
Entervista a Nano Caamaño
O coordinador do movemento asociativo de COGAMI, Nano Caamaño, explica para o programa Convivir en Igualdade da Radio Galega, as actividades programadas para o Día Internacional da Discapapacidade.
2016-12-02
10 min
Prensa Cogami
Entrevista a Catuxa Pereira sobre EnREDarte
O programa Convivir en Igualdade da Radio Galega entrevista á coordinadora de proxectos para que lle explique máis sobre a exposición COGAMI: Arte Capaz que está aberta na Cidade da Cultura.
2016-09-27
10 min
Prensa Cogami
Entrevista presidenta A Mariña COGAMI
O programa Convivir en Igualdade da Radio Galega entrevista á presidenta da asociación A Mariña COGAMI para que lle conte os servizos que presta.
2016-09-15
10 min
Prensa Cogami
Entrevista a Paco Abuín
O coordinador da área de Formación de COGAMI explica para a Radio Galega como se van desenvolver os dous cursos que vai iniciar COGAMI en Vigo a mediados de setembro.
2016-09-02
09 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Catuxa Pereira 11-9-14
A técnica de proxectos de COGAMI, Catuxa Pereira, explica para o programa Convivir en Igualdade da Radio Galega o programa europeo Artibility no que participa COGAMI
2014-09-11
08 min
Podcast COGAMI
Entrevista a David Silva sobre cursos FP
O Coordinador de áreas de COGAMI é entrevistado polo programa Convivir en Igualdade da Radio Galega sobre os cursos de formación profesional iniciados en COGAMI
2013-02-06
07 min
Podcast COGAMI
Entregra Premios COGAMI 2012
Entrevista que o programa Convivir en Igualdade da Radio Galega lle fai a David Silva co gallo da entrega dos Premios COGAMI 2012
2013-01-02
09 min
Podcast COGAMI
Entrevista a Fina García de COGAMI-Deza na RG 24-4-2012
Oprograma Convivir en Igualdade da RG entrevista a Fina García de COGAMI-Deza pola xornada de convivencia que se levou a cabo en Silleda e contou con usiuarios do Centro de Recursos e alumnos do módulo de actividades físico deportivas do IES Pintor Colmeiro.
2012-04-25
07 min
Podcast COGAMI
Éxito de participación no programa de educación afectivo sexual que COGAMI imparte dende hai tres anos
Reportaxe da Radio Galega no programa Convivir en Igualdade a raíz da rolda de prensa da Secretaría Xeral de Xuventude, COGAMI e Down Galicia.
2012-02-15
07 min