podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
CPR Jorge Juan Perlio Fene
Shows
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
LETRAS GALEGAS 2022
Neste programa especial das Letras Galegas 2022 o alumnado de 5º de primaria fai un repaso á historia da nosa cultura e do noso idioma a través dunha serie de intervencións nas que se fala de literatura, cine, televisión e outras moitas cousas máis.
2022-05-27
39 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
DÍA DA RADIO 2022
Anída que cun pouco de retraso, por fin podedes escoitar o programa especial do Día Internacional da Radio 2022. Neste poderedes escoitar as intervencións que fixeron as rapazas e rapaces do colexio adicadas ao proxecto do centro: A Nosa Ría: Contos, historias, receitas, turismo, entrevistas e moito máis poderedes atopar nestes minutos de pura diversión.
2022-03-21
37 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
EXPOSICIÓN PROXECTO RÍA EN CABO PRIOR
Queres participar na exposición que imos celebrar entre os días 4 e 11 de abril no Faro de Cabo Prior? Escoita a cuña publicitaria e saberás como podes formar parte deste incrible proxecto. Contacta coas mestras ou mestres se tes algo que queiras expoñer. Colexio Jorge Juan de Perlío, traballando xuntos!!
2022-03-11
01 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
DIA 8M E ENTREVISTA A CARLOTA RODRIGUEZ
Hoxe con motivo da celebración do día da muller 8M tivemos o grande placer de ter no noso colexio a Carlota Rodriguez que é oceanógrafa e membra do Instituto Español de Oceanografía. A nenas de Educación Infantil falaron con ela na radio e lle fixeron unhas preguntas moi interesantes que agora queremos compartir con todos e todas.
2022-03-10
11 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Visita aoCentro de día" Xuntanza"
Hoxe, con motivo da celebración do día da muller 8M, tivemos o pracer de visitar ás usuarias do centro de día Xuntanza, aquí moi preto do noso colexio. Manuela, Alejandra, Lola e Laura fixéronlles unha cantas preguntas sobre a súa vida ás que elas responderon con moita amabilidade e naturalidade. Moitas grazas por recibirnos na vosa casa e deixarnos gozar cas vosas conversas. Vémonos axiña!!
2022-03-09
14 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista a Espido Freire
Hoxe tivemos o enorme pracer de recibir na nosa emisora á escritora Espido Freire. Con motivo da charla que tivo coa rapazada de terceiro de ESO sobre o libro que están a ler e do que ela é autora "El chico de la flecha", tamén quixo pasarse por Conexión Tarrio para contarnos algungas cousiñas sobre o seu oficio, a súa obra e os seus plans de futuro.
2022-02-04
12 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista francisco barea paz
Francisco Barea Paz é o actual Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol. Ademais é un antigo alumno do colexio e para el foi unha emoción moi grande voltar a percorrer os corredores e as aulas nas que pasou tantos anos. Así nolo contou na entrevista que lle fixemos e na que lle preguntamos outras cousas sobre a súa vida profesional ao frente do Porto de Ferrol.
2021-12-03
15 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO
Hoxe pasaron pola emisora Ana Basoa e Marta Pereiro que son, respectivamente, as concelleiras de Política Económica e Medio Ambiente do Concello de Fene. Estiveron falándonos do "Proxecto Ártabro Inclusivo" que se está a desenvolver actualmente coordinado por elas dende o Concello. Unha chea de actividades están programadas para os vindeiros meses e quixemos coñecer de primeria man en que van consistir e amosar o noso interese por participar delas. Grazas pola vosa colaboración
2021-11-25
25 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Programa especial 25n
Con motivo da celebración do 25N, Conexión Tarrío participa un ano máis co seu programa especial. María, Ana, Rita, Irene e Helena presentan un programa reivindicativo e comprometido no Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Noraboa pol voso esforzo e participación
2021-11-23
10 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista Á avoa de marÍa
A avóa de María, Irene, é mariscadora; e quen millor ca ela pra falarnos deste oficio tradicional da nosa ría. Irene falounos do pasado, do presente e do futuro do marisqueo, do Prestige, das cofradías e doutras cousas, todas moi interesantes. Unha entrevista moi ben levada por María e por ana na que nos achegamos á realidade das mariscadoras e dos mariscadores da nosa ría.
2021-11-21
10 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
CLUB DE LECTURA DE HARRY POTTER
Hoxe estiveron en "Conexión Tarrío", Inés, Aurora, Marcos, Guilermo e David para presentarnos o Club de Lectura que están a desenvolver dende a biblioteca do colexio. Ademais de falarnos dos personaxes aos que adican este club, tamén poidemos coñecer as actividades que teñen programadas para realizar ao longo de todo o curso. Noraboa pola vosa iniciativa!!
2021-11-14
12 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O pasado mes de Maio fixemos un programa especial adicado á nosa fermosa lingua. Este programa contén unha escolma de entrevistas que as nenas fixeron a personaxes tan relevantes como o escritor Antonio Fraga ou a pintora Camen Martín que visitou a nosa emisora con motivo da realización do obradoiro "Viñetas no camiño". Tamén podedes gozar cos gañadores do I concurso de relatos organizaco desde Bibliotortu e poderemos tamén escoitalos lendo os textos premiados.
2021-06-17
31 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021
Conexión Tarrío chega novamente cun programa especial adicado ao Día do Libro 2021. É esté un traballo realizado en colaboración con rapazas e rapaces de todos os niveis educativos do colexio, dende infantil a secundaria. CT segue a ser un punto de encontro para toda a rapazada do cole, un espazo de diversión e colaboración onde nos expresamos con liberdade e compromiso. A continuación deixámosvos un índice das colaboracións por se queredes ir directamente a algunha delas, aínda que o programa enteiro está moi interesante. Non volo perdades!! CT a radio do CPR Jorge Juan...
2021-04-25
1h 15
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
PRIMEIROS PASOS EN CONEXIÓN TARRÍO DA RAPAZADA DE TERCEIRO.
A rapazada de terceiro pasou pola radio para facer os seus primeiros "piniños" no mundo das ondas. Gravaron varias colaboracións, entre as que destacan: dúas entrevistas a Olivia e a Emilio, tres contos clásicos adaptados de Perrault, unha mesa redonda sobre o manga Dragon Ball e unha adicatoria moi espacial feita por Dani SanMartín que non perde a oportunidade de pasarse pola emisora para deixar a súa colaboración. Que marabilla ver o ledos que saen cando rematan a gravación e poden escoitarse a través da radio!! Noraboa a todos e todas e agardám...
2021-04-19
27 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Primeiros pasos en ct da rapazada de terceiro.
A rapazada de terceiro pasou pola radio para facer os seus primeiros "piniños" no mundo das ondas. Gravaron varias colaboracións, entre as que destacan: dúas entrevistas a Olivia e a Emilio, tres contos clásicos adaptados de Perrault, unha mesa redonda sobre o manga Dragon Ball e unha adicatoria moi espacial feita por Dani SanMartín que non perde a oportunidade de pasarse pola emisora para deixar a súa colaboración. Que marabilla ver o ledos que saen cando rematan a gravación e poden escoitarse a través da radio!! Noraboa a todos e todas e agardám...
2021-04-18
27 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
A nosa escola infantil en ct
Que sorpresa!! A que non sabedes quen estivo hoxe na radio? Pois nin máis nin menos que os máis pequerrechos e pequerrechas do colexio. Quixeron contarnos o ben que o pasan na escola infantil e falarnos da cantidade de cousas que fan aquí cas súas coidadoras. Con elas estiveron Noe e Saray que tamén quixerón contarlle ás familias o funcionamento da escola xa que, está aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso ata o día 31 deste mes de marzo.
2021-03-26
08 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista Pescados Rubén Burela
Hoxe tivemos a grande sorte de poder entrevistar en CT ás xogadoras do mellor equipo feminio de Futsal do mundo, o "Pescados Rubén Burela". Polos micros da emisora pasaron Sandra Buzón, Peque, Ale de Paz e Leti Cortés para falarnos da súa vida profesional e dalgunha cousiña máis moi interesante. A este lado do micro están Jimena, Carlota, África, Candela e Lola.
2021-03-22
26 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ESPECIAL EQUIPOS MÁIS DESTRUTIVOS DA WWE
Neste programa David achéganos á banda sonora da WWE con cinco cortes dos diferentes grupos que forman parte do grande espectáculo da loita libre e da que o comentarísta máis famoso de CT é todo un experto. No dubidedes en escoitar o programa completo para pasar un bo rato coa música e as narracións de Davíd.
2021-03-17
31 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
PROGRAMA ESPECIAL 8M
No episodio de hoxe celebramos o Día Internacional da Muller. Entrevistas, reportaxes, documentos sonoros, historias de mulleres ao longo do tempo. Un programa feito por e para todas vós. Unha forte aperta dende CT e felíz día 8M. Non esquezades de seguir as nosas emisións a través da nosa canle de iVoox.
2021-03-08
1h 18
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ENTREVISTA A ALEJANDRA LAGO
O equipo de reporteiras de conexión Tarrío contactou hoxe, con motivo da celebración do 8M, con Alejandra Lago. Ela contounos en primeira persoa o caso de discriminación que está a sufrir no seu posto de traballo na Universidade de Vigo simplemente por ser nai. A súa testemuña axudounos a comprender unha situación inuxta que, aínda a día de hoxe, teñen que sufrir moitas mulleres por diversas circunstancias, as veces tan naturais coma o feito de ser nais. Dende CT quixemos apoiar a súa loita e difundila. Unha forte aperta Alejandra e
2021-03-05
10 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Contos para a radio
Hoxe a radio recibiu a Guille, Mario e Xulia para contarnos o conto que prepararon na clase ca súa mestra Marga e que queren compartir con todos vós."A araña que tiña medo ás arañas" un texto de Ramón D. Veiga adaptado pola rapazada de 1º para Conexión Tarrío. Bravo!!
2021-03-03
05 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
DÍa de rosalÍa de castro
Hoxe 24 de febreiro non podiamos deixar de adicar o programa de radio á nosa poetisa máis universal, Rosalía de Castro. O equipo de Conexión Tarrío fai un percorrido pola súa vida e obra, e aproveita a ocasión para invitar á emisora a algúns compañeiros e compañeiras que leron varios poemas da artista. Grazas a Erika, Dani, Andrea e Carla pola súa colaboración. A música do programa pertence ao traballo de Uxía "Rosalía pequeniña". Pasádeo ben escoitando esta homenaxe.
2021-02-24
16 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
DIA MUNDIAL DA RADIO 2021
Conexión Tarrío non podía falta a esta cita tan especial na que todas as emisoras do mundo celebran o dia deste medio de 110 anos de historia. Nos quixemos facer un programa colaborativo no que aparecen entrevista, música, cancións, dramatizacións, contos, chiste e moitas cousas máis. pasádeo ben escoitando este programa e Feliz Dia Mundial da radio. Non esquezades de darvos de alta na nosa canle de iVoox para poder escoitalo.
2021-02-12
57 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Cantando con gael
Que ganas tiñamos de que Gael viñera a Coexión Tarrío. E por fin aquí estivo cantando e falando do seu padriño Davide Salvado. Que marabilla escoitar a un rapaciño como Gael cantar en galego con tanta e tan boa paixón. Grazas e que teñas moitisimos éxitos, Gael.
2021-01-20
06 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ESPECIAL REVISTA TORTU NEWS
Hoxe María estivo na radio para falarnos da revista Tortu News. Proximamente imos poder ver o numero 4 e queremos saber como se fai esta revista e cal é o proceso para que todos poidamos gozar desta xenial publicación. Grazas a María pola súa presencia en Conexión tarrío
2021-01-15
12 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
MÚsica electronica con mateo fornos
A rapazada non deixa de sorprender cos seus gustos e afeccións; e desta vez Mateo achegouse ata Conexión Tarrío para facer un programa de proba no que nos fala dunha da súas paixóns: a música electrónica. Xa quedamos despois do Nadal para facer o programa definitivo.
2020-12-23
06 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ESPECIAL FERNANDO ALONSO
David volve a Conexión Tarrío para facer un un programa especial sobre o seu piloto de F1 preferido. Este non é outro que Fernando Alonso. David, ademais de facer un percorrido pola súa vida persoal e profesional, narra un dos momentos máis destacados da súa traxectoria deportiva: o GP de F1 de Valencia no 2012 no que o piloto fai unha remontada memorable e espectacular dende o posto 11º ata, finalmente, vencer na carreira. Noraboa outra vez David, a verdade é que a túa narración pon os pelos de punta.
2020-12-23
24 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
RADIO NOTICIAS: ESPECIAL NADAL
As rapazas de radio Nocicias seguen a ternos ao día do que acontece no noso entorno. Hoxe fálannos do Nadal, das tradición, las luces de Vigo e das normas anti Covid 19 para pasar unhas festas seguras coas nosas familias. Un progama mo interesante e moi ben realizado por estas pequenas grandes profesionais. Noraboa ás cinco.
2020-12-11
11 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Cuñas publicitarias
Co motivo do traballo na aula sobre a publicidade, o alumnado de 5º de primaria fixo un traballo a través de pequenas cuñas nas que publicitan os comercios do concello. Una axuda tamén ao pequeno comercio para promover as compras nestas datas de Nadal que xa están próximas. Así que xa sabedes, comprade no comercio local.
2020-12-04
18 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Programa especial 25 de Novembro
Hoxe Conexión Tarrío adica este programa ao día inernacional contra a violencia de xénero. Rapazas e rapaces de primaria unen as súas voces para lanzar unha mensaxe de esperanza que se escoite a través das ondas da nosa radio. Elas din NON. Conexión Tarrío di NON!!
2020-11-25
25 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista a Isabel
Isabel vén de acadar un impotante premio no concurso de fotografía organizado polo Concello de Ares. Ademais quixo doar o premio recibido á biblioteca do colexio. Foi entrevistada por Aitana, unha antiga alumna do colexio, que quixo participar amablemente neste programa .
2020-11-25
02 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Radio Noticias
Noa, Clara Rivera, Clara Pena e Emma comezan hoxe a súa andaina na radio cun programa de noticias no que nos achegan á actualidade dun xeito moi divertido. Moito ánimo co voso espazo rapazas.
2020-11-17
12 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Combate WWE
David Fernández narra o combate da WWE entre The Edge e o Undretaker. Todo un despliegue de emoción ante o micrófono dun artista feito para dalo todo diante da súa audiencia. Pasádeo ben escoitando esta narración que non se pode definir doutro xeito como de emocionante. Bravo David!!
2020-11-16
28 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
O SAMAÍN NO COLE
Pois a pesares de todos os atrancos, hoxe poidemos celebrar o Samaín. A aulas enchéronse de obradoiros de zonchos, concursos de postres terroríficos e disfraces horripilantes. Unha divertida celebración que nos permitiu deixar un tempiño a un lado as nosas preocupacións diarias por culpa do Covid-19. Noraboa por ser tan divertidos rapaces e rapazas.
2020-10-30
06 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Tortu visita conexión tarrÍo
Tortu, a mascota da nosa biblioteca leva uns días facendo o Camiño de Santiago porque é unha aventureira. Fixo un alto no camiño para vir ata a emisora para contarno como leva este roteiro e as cousas que lle acontecen ao longo dos kilómetros que vai camiñando. Rebeca, Martín e Rubén fanlle esta entrevista tan divertida. Pasádeo moi ben escoitando a Tortu e aos vosos compañeiros.
2020-10-29
07 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ENTREVISTA A DAVID FERNÁNDEZ
Hoxe visitounos David. Xa hai tempo que fixo os seus piniños na radio e agora parece que quere voltar á andadas. Veu presentar o novo programa que vai emitir en Conexión Tarrío e que pronto poderemos comezar a escoitar. Moita música, motor, youtube e otras cousas que saen dos gustos ef afeccións deste rapaz. Benvido á nosa emisora escolar.
2020-10-23
03 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Centenario de Gianni Rodari
Co motivo da celebración do centenario do nacemento de Gianni Rodari, quixemos facerlle una pequena homenaxe ao grande autor italiano. Fran, Sofía e Irene achégannos á vida e á obra de Rodari, e pásanse pola emisora de Conexión Tarrío para gozar dun ratiño de radio entre amigos.
2020-10-22
10 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Primeiro programa postcovid
Este programa está feito como proba xa que, a radio todavía non está a funcionar. Sen embargo, quixemos dar unha voltiña polo colexio para saber que acontece polos corredores, polas aulas e polo patio; e coñecer de primeira man como están a transcorrer estes primeiros días postcovid19. Imos aló!!
2020-09-14
10 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Chistes dende a casa (3ª parte)
E para ir rematando este curso tan raro, a rapazada de 3º de primaria volve a estar con nós pra contarnos unha nova serie de chistes e demostrar que o seu humor segue a estar a tope. Grazas pola vosa participación en "Conexión Tarrío". Imos botar unha boas gargalladas!!
2020-06-11
12 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Chistes dende a casa (2ª parte)
Pois despois do éxito da primeira parte do programa, hoxe chega novamente a rapazada con novos chistes. Moitisimo humor para facernos pasar un ratiño moi agradable, ríndonos a escachar coas historias que contan. Jimena, África, Candela, Hugo, Teo, Carlota, Alex, Yago e Alba.Vaia tropa de chistosos!!
2020-04-28
11 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
A voz das familias
Neste programa dámoslle voz ás familias preguntándolles unha serie de cuestións que afectan directamente aos seus fillos e fillas. É o momento de saír xa da casa? Que pensades do plantexamento elexido para o remate curso? Que dificultades estades a atopar estes días para continuar co proceso de aprendizaxe da rapazada? Sete familias falan ao respecto e nos contan a súa opinión, facéndonos chegar reflexións moi interesantes.
2020-04-19
20 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Talentos desde a casa.
Que chulo nos quedou o programa de hoxe!! Verdadeiramente, non deixedes de escoitalo. Poderedes comprobar como o talento non se pode confinar na casa. Grazas a nosa radio, hoxe escoitaredes aos vosos "compas" e mestres tocar os seus intrumentos e interpretar, cada un deles, unha canción que queren facervos chegar, e dedicarvos, a través de Conexión Tarrío. Noraboa a todas e a todos!!
2020-04-14
23 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Contos desde a radio (2ª parte)
A rapazas de 4º de secundaria contan na radio outros sete relatos da nosa literatura escrita, na 2º parte dos "Contos desde a Radio". Son relatos formidablemente interpretados por Alba Fernández, Paula López, Victoria Ríos, Paula Picos, Irene Sixto, Lucía Cazón e Andrea Pena. Unha actividade coordinada pola súa mestra de Lingua Galega, Ana Del Río.
2020-04-11
19 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Chistes dende a casa.
A rapazada de 3º fainos botar unhas risas cos chistes que nos contan en "Conexión Tarrío". O humor, tan preciso nestes tempos, axúdanos a pasar un intre moi divertido con estes pequenos humoristas. Presentados por Teo, Candela, Jimena, Yago, África, Marina, Carlota e Alex alegran este programa desde as súas casas. Pasádeo ben, e como di Teo: "para gozar acotío, "Conexión Tarrío".
2020-04-10
08 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Contos dende a radio
A rapazas de 4º de secundaria contan na radio seis relatos de Afonso D. Rodríguez Castelao, Xosé Ramón Mariño Ferro e Xosé Lois Méndez Ferrín. Seis relatos formidablemente interpretados por Claudia, Uxía, Mirían, Iria, Gabriela e Cristina e que teñen como escenario o rural galego e como tema a relación entre homes e mulleres. Unha actividade coordenada pola súa mestra de Lingua Galega Ana Del Río.
2020-04-04
11 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Xuntos na distancia
Os nenos e as nenas de 3º B do colexio, as súas familias e a súa titora Sonia, fan un fermoso programa colaborativo dende as súas casas, cantando a canción "Volveremos a brindar" de Lucía Gil. Sonia fala con Conexión Tarrío a través dunha entrevista telefónica e nos conta os detalles deste traballo. Noraboa rapazada!!
2020-04-01
16 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Especial música de primavera (2ª parte)
Foron moitas as peticións que tivemos pra facer o especial de música de primavera; e por este motivo deixamos para esta 2º parte as últimas peticións. Moitas grazas por participar deste programa tan especial no que todxs recibimos a primavera dento de casa. Oxalá que non se volva a repetir nunca!!
2020-03-24
29 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ESPECIAL MÚSICA DE PRIMAVERA
As oíntes de Conexión Tarrío fixéronos chegar unha chea de dedicatorias e outras tantas fabulosas cancións. Todas elas son pezas musicais que nos axudarán a levantar o ánimo nestes días nas nosas casas. Agardamos que vos guste a selección que fixemos e que sigades escribindo para facer otros programas. Unha aperta.
2020-03-21
41 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Especial covid-19 2º parte
NON DEIXEDES DE ESCOITAR ESTE NOVO PROGRAMA DENDE CONEXIÓN TARRÍO NO QUE CONTACTAMOS TELEFÓNICAMENTE COA RAPAZADA NAS SÚAS CASAS. MARTINA, DAVID, IVÁN, NAIARA, CARLA, LARA, ICÍA, PABLO E IKER CÓNTANNOS COMO SE ESTÁN A ORGANIZAR ESTES DÍAS DE CONFINAMENTO. TAMÉN APROVEITAN AS ONDAS PARA ENVIARNOS A TODOS MOITOS ÁNIMOS. QUE LEDICIA SABER QUE ESTA RAPAZADA É O NOSO FUTURO!!
2020-03-18
16 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ESPECIAL COVID-19
Conexión Tarrío non quere deixar de atender un tema tan transcende coma está a ser o coronavirus. Saímos á rúa pra preguntar aos oíntes a súa opinión. Está a xente preocupada por esta pandemia? Que están a facer as familias para protexerse? Escoitade a reportaxe das nosas enviadas especiais pra coñecer as respostas. Saúde pra todas e todos.
2020-03-13
06 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Coñecendo a Noa.
No 3º programa de "Coñecendo a..." tivemos o pracer de recibir a Noa, unha das promesas do tenis na nosa comarca. Noa, cóntanos acerca da súa paixón por este deporte e do seu día a día para entrenar. Tamén nos fala doutros temas como a música e das súas cancións preferidas, unha das que adica aos seus compañeiros e compañeiras de clase. Bravo, Noa. Toda unha campioa.
2020-03-10
06 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
ESPECIAL 8 DE MARZO
Coincidindo coa celebración do 8M, as rapazas de 2º de ESO fan un programa especial no que nos falan daquelas mulleres que nun ou doutro xeito fixeron historia. Mulleres que loitaron polos seus dereitos, moitos deles fundamentais como o de sufraxio universal, e a igualdade de oportunidades.
2020-03-04
15 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista a Juanjo
Seguindo co programa dos martes "Coñecendo a...", esta semana entrevistamos a Juanjo, un dos mestres do noso colexio. Sara Alonso e Alex Niebla fan esta pequena entrevista na que preguntan a Juanjo sobre a súa vida fóra do colexio, os seus cans, a música e moitas cousas máis. Non vos perdades esta charla tan entretida.
2020-03-04
06 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Reportaxe Entroideiro
Conexión Tarrío sae ao patio para facer a reportaxe do Entroido do colexio. Entrevistas a esgallo, charlas coa rapazada e cos mestres, elaboración de disfraces, chocolate e churros, baile e festa....Unha reportaxe moi divertida feita polo equipo da radio escolar. Viva o Entroido!!
2020-02-29
15 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista a Alex Sanmartín
Alex é o primeiro invitado ao programa dos martes "Coñecendo a...!!" Foi unha entrevista moi entretida na que alex nos conta unha chea de cousas sobre os coches, o deporte, a praia ou a música. Bravo, Alex, es un rapaz fantástico!!
2020-02-19
05 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Día Mundial da Radio
Co motivo da celebración do día internacional da radio, este 13 de febreiro quixemos facer a nosa primeira incursión neste mundo radiofónico. Aínda que estamos en etapa de probas , gustounos moito facer este pequeno programa. Agardamos que vos guste.
2020-02-16
18 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Somos diversidade
Cuña de radio para participar en Rede Espora con motivo do 75ª aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz.
2020-02-07
01 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista Andrea
Andrea fálanos da súa afección polo debuxo e da exposición que podemos ver estes días na biblioteca do colexio.
2020-01-29
01 min
Colexio Jorge Juan Perlío Fene
Entrevista con Marta Fernandez
Marta fálanos da biblioteca e das novas adquisicións deste ano 2020. Tamén nos comenta as diferentes actividades das que podemos gozar neste espazo e que outro tipo de recursos poderemos desfrutar en Biblio Tortu.
2020-01-14
02 min