Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Carretando

Shows

CarretandoCarretando4x15 | A UE cara fóra: os desequilibrios para unha política exterior comúnNeste novo episodio de Carretando seguimos na procura de dar a coñecer como funcionan as institucións europeas. Como de costume, no eido supranacional, da man de Roi P. Vila e Marta Casais, abordamos os retos exteriores dunha UE con fortes discrepancias internas ante un mundo en conflito.2024-05-3054 minCarretandoCarretando4x14 | Galicia na UE: Altri, accountabilty e política industrial comunitariaDe cara as Eleccións Europeas do vindeiro 9 de xuño, desde Carretando queremos abordar o papel do noso país no contexto europeo. Farémolo a través dunha serie de podcast sobre casos cercanos e presentes na axenda pública galega da man de Roi P. Vila e Marta Casais. Neste primeiro episodio sobre Galicia e a UE falamos sobre política de reindustrialización, gobernanza e accountability a través do caso Altri, a celulosa que quere instalarse na comarca da Ulloa con fondos europeos. Sube connosco na autocaravana que imos percorrer Europa!2024-05-1651 minCristais de MerakiCristais de MerakiO cristal de Carmen: Voces políticasDesde o histrionismo até a calma, os memes sobre a presidenta cuqui, os discursos sobre xestión ou os spots electorais que te removen por dentro. Todo é política e en todo hai comunicación. Para afondar sobre todo isto, e o papel que xoga a muller no medio deste caos, Carmen del Río achégase a falar con nós para demostrar que á mocidade tamén lle interesa. Cofundadora da axencia de comunicación política Xacias e do podcast Carretando, non podía haber mellor forma de abrir os cristais desta tempada ;)2024-04-151h 02CarretandoCarretando4x13| O postelectoral de CarretandoEste episodio número 13 é o derradeiro da cuarta tempada de Carretando. Despedímonos dunha tempada moi frutífera para todas as persoas que formamos parte do proxecto. Moitas analistas, moitos temas a tratas e moitas gañas de falar sobre a nosa política teñen marcado esta cuarta tempada do podcast. Neste episodio 13, falamos sobre o resultado electoral que se produciu o pasado 18F en Galicia. Desta volta, contamos con Román Varela, Carmen del Río e Yannick Juncal pola parte do equipo de Carretando; e con Marta Casais, Roi Pérez e Ana G. Liste como invitados de luxo. ...2024-03-151h 11CarretandoCarretando4x12| Eleccións galegas 18F: a análise final da campañaNeste último faladoiro de Carretando de cara ás eleccións máis abertas en 15 anos no noso país, pasan pola autocaravana do podcast as nosas presentadoras, Carmen del Río e Román Varela. Como invitadas, temos con nós a Lucas Álvarez, Thais Fernández, Candela Estévez e Alberto Estévez. Ademais, contamos cunha segunda mesa conformada por Javier Carnota (consultor e analista político), Pablo Díaz Bouza (xornalista), Marta Otero (xornalista de La Opinión), Ana G. Liste (xornalista de praza.gal) e Nerea Pazos (analista política e consultora). Arredor das dúas mesas de faladoiro que...2024-02-151h 19CarretandoCarretando4x11| Eleccións galegas 18F: os debates protagonistas da campañaSeguimos coas mesas de análise con convidadxs de luxo neste #Carretando18F falando do principal tema da semana: o #DebateCRTVG. Con Belén Teiga, Manuel Ortigueira, Ana Luísa Bouza e David Lombao analizamos como lle foi a cada partido nel e tamén como lle podería afectar acudir ou non aos que están previstos. Asemade, trazamos a perspectiva xeral de como está a ser o devir da campaña electoral agora que comeza a recta final e imos afinando as nosas #PorraCarretando18F. Agradecemento aos grupazos Nimbos e Familia Caamagno pola cesión da súa música par...2024-02-101h 15CarretandoCarretando4X10|Eleccións galegas 18F: análise do comezo da campaña electoralEn Carretando non perdemos de vista a cita do domingo 18 de febreiro e enchemos a nosa mesa de analistas e xornalistas para valorar como foi a precampaña e cales poden ser os principais temas da campañ. Con Lara Salgado (Radio Galicia SER), Ana G. Liste (Praza.gal), Roi P. Vila (consultor político), Manuel Ortigueira (economista e analista político) e Yannick Juncal (politólogo de Carretando) falamos de sanidade, pellets, lemas de campaña, marcos... Ah, e tamén facemos a #PorraCarretando18F. Sube na nosa autocaravana e desfruta.2024-02-031h 18CarretandoCarretando4x09| 18F: O preelectoral de CarretandoNo noveno episodio desta cuarta temporada, o equipo de Carretando debulla o escenario preelectoral de Galicia. Nomes propios, candidaturas e o estado dos diferentes actores e bloques políticos son motivo de debate entre o noso equipo. Ademais, ao remate da conversa os membros da autocaravana fan a súa #PorraCarretando e salta algunha que outra sorpresa. Animámosvos a que fagades as vosas propias porras nas redes sociais de Carretando!2024-01-2945 minCarretandoCarretando4x08| Ana Pontón: A construción do sorriso no BNGA piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando achégase á figura da líder da oposición e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón. Facemos un repaso pola traxectoria da política sarriá, dende a súa toma de conciencia política no seu paso polo instituto, ata a súa andandura por Galiza Nova e a transformación orgánica que levou a cabo dentro do proxecto nacionalista. Agora, Pontón e o BNG afrontan unha oportunidade histórica, a de investir á pri...2024-01-251h 06CarretandoCarretando4X07| Rueda: O perfil técnico que chegou a ser presidenteEn plena precampaña electoral e coa crise dos microplásticos marcando a axenda, Carretando achégase á figura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Do "non te metas en política" de seu pai, a ser presidente logo de case tres lustros ocupando postos institucionais de relevancia. Rueda enfróntase agora ao seu primeiro gran reto electoral: revalidar a maioría absoluta que lle deixou o seu predecesor, Núñez Feijóo. As figuras dos dous últimos presidentes do país están moi ligadas, xa que sempre foi o seu home de confianza, o seu número dous, co que levaron...2024-01-111h 11CarretandoCarretando4X06| Reto demográfico: Galicia a dous ritmosGalicia votará o vindeiro 18 de febreiro e nós seguimos coa programación habitual neste contexto de (agora xa de xeito oficial) precampaña. Continuamos abordando os grandes retos aos que nos enfrontamos cun episodio sobre despoboamento. O reto demográfico é unha das cuestións fundamentais nun país a dúas velocidades, cun flanco occidental que conta con certo dinamismo e un oriental que esmorece. Como se vertebra o país? Para responder a isto contamos coa participación de Carlos Ferrás, xeógrafo e profesor da Universidade de Santiago; e Antom Fente, de Interior Galego Vivo, que nos aportará...2023-12-2151 minCarretandoCarretando4X05| Besteiro: Manual de resistencia á galegaMentres os partidos continuan coa precampaña cara as galegas, en Carretando comezamos a debuxar os perfís dos candidatos e candidatas á Xunta con Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) como primeiro protagonista. Tras arquivarse as causas que o obrigaran a dimitir e logo de sete anos apartado da vida pública, Besteiro volve ao lugar de partida, candidato á porta duns comicios autonómicos moi abertos. Da man dos xornalistas Cristina P. Marcote e Manuel Varela, repasamos a traxectoria dun político cunha biografía que se resume no ascenso, a caída e a resurrección; con paralelismos ao Manual de...2023-11-301h 04CarretandoCarretando4X04| Acordo de investidura: debuxando en Madrid a alternativa galegaPara a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno precisáronse acordos con oito partidos. O BNG foi unha desas forzas coas que o PSOE estableceu un pacto de investidura coa mirada centrada no país e cun claro sabor a precampaña. O xornalista Luís Pardo sube na nosa autocaravana para analizar o contido do acordo, a reacción que obtivo por parte do Partido Popular e as implicacións que ten de cara as eleccións galegas nesta recta final. Ponte cómodx e desfruta desta nova viaxe!2023-11-1637 minCarretandoCarretando4X03| Mobilidade: na procura dun modelo que vertebre o paísO xeito no que nos movemos polo territorio é un dos grandes temas do noso tempo e por iso en Carretando quixemos poñer a mirada en como o facemos os galegos e galegas. A mobilidade no noso país tivo sempre condicionantes como a dispersión territorial ou o desequilibrio demográfico, mais que transformacións se deben acometer para contar no futuro cun modelo que vertebre de modo xusto e sostible o territorio? Para exploralo pasarán pola nosa autocaravana Mateo V. Cornado, doutor en Xeografía e investigador en mobilidade e transporte sustentábel; e Miguel Pazos, profesor de Xeogra...2023-11-0235 minCarretandoCarretando4X02| Debate de política xeral: posta de longo para as autonómicasA pasada semana celebrouse no Parlamento de Galicia o debate do estado da autonomía no que se trataron os temas, os problemas e as propostas transversais para toda a sociedade galega. O seu interese radica en que foi o primeiro DEA de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, pero tamén o último antes de que as galegas vaiamos ás urnas, un escaparate no que os partidos se posicionan cara a cita electoral. Para analizar e contextualizar todo o que deron de si estas xornadas, temos na autocaravana a dúas persoas que o seguiron moi de preto: David Reine...2023-10-1941 minCarretandoCarretando4x01|Turismo: a vida máis aló do Camiño de SantiagoO turismo é a primeira cuestión que imos abordar nesta tempada na que percorreremos os grandes temas para o noso país. Existe o turismo sustentable? Temos que reformular o modelo turístico actual da Xunta? Que hai máis alá do Camiño e do Xacobeo? Para dárlle resposta a estas preguntas contaremos coa participación de Iria Caamaño, doutora en Dirección e Planificación do Turismo e profesora do Departamento de Socioloxía na UDC; e con Begoña Muiño, doutoranda cunha tese centrada no boom da intelixencia e observatorios turísticos. Tamén intervirá no prog...2023-10-0545 minCarretandoCarretando4x00| Nova tempada, novo curso políticoA furgoneta de Carretando volve a percorrer os camiños do país na súa cuarta tempada. Desta volta, temos no horizonte o comezo do curso político en Galicia e as vindeiras eleccións autónomicas. Todos os membros de Carretando participamos no faladoiro deste primeiro episodio para debullar como se atopan de forma os partidos en Galicia, tanto a nivel interno como de liderado. Póñedevos cómodas e cómodos que arranca esta cuarta tempada!2023-09-2138 minZetaZetaA pantasma das políticas culturais para a xeración ZDiario Cultural Zeta 3x36: a cousa vai de crossovers, empezando pola visita de Alfonso Pardo! É isto un Convivir Deportivo Z? Tamén recibimos a Román Varela, de Carretando, para preguntármonos que lugar ocupa a cultura nas campañas electorais que nos tolean. Existen políticas culturais pensadas para a xente nova? Por sorte, hai proxectos que si que teñen en conta o talento emerxente. A Mostra de Cinema Periférico (S8) é un deles. Alí estivo o noso colaborador Jesús Silva, que conversou coa cineasta portuguesa Rita Morais sobre unha peza filmada no Bierzo. No tempo de videoxogos...2023-06-061h 08CarretandoCarretando3x07|Pontevedra: A cidade con modelo, en disputaO equipo de Carretando conclúe a súa terceira tempada no formato podcast! Facémolo con moitos quilómetros nas costas, no contador da autocaravana, mais tamén co orgullo do traballo destes últimos meses. E facémolo na nosa viaxe pola Boa Vila, percorrendo un lugar marcado pola verticalidade de Ence e horizontalidade do Lérez. É o momento de falar do seu modelo de cidade, pero tamén de como se atopan as organizacións políticas antes do 28 de maio. E, desta volta, contamos con Álex Espiño, de PontevedraViva, e Cris Prieto, da delegación pontevedresa de Faro de Vigo...2023-05-1147 minCarretandoCarretando3x06|Santiago: Bugallo a pola quinta e o resto na procura do compostelanismoChegamos a unha sorte de fogar: foi en Compostela onde naceu Carretando, xusto nas entrañas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Mais desta volta estamos na cidade para ir máis aló do espírito estudiantil e do Xacobeo; desexamos entender que aconteceu e acontece en termos políticos en Santiago antes das eleccións municipais do 28M. Da man de Belén Teiga, xornalista en EuropaPress, e do consultor Roi Pérez, debullamos o goberno de Bugallo e falamos do modelo de urbe de Santiago (máis ben, da súa inexistencia). Nesta penúltima parada conta...2023-04-2049 minCarretandoCarretando3x05|Lugo: Lara Méndez, Rubén Arroxo e a competición armoniosaDespois das vacacións de Semana Santa, o equipo de Carretando fai a súa seguinte parada ós pés da Muralla de Lugo. Debullamos o contexto electoral da cidade romana cara o 28M coa participación das xornalistas luguesas Jessica Fernández, de LugoXa, e David Lombao, de Praza.gal. Na sección final, o candidato do BNG, Rubén Arroxo, expón que nestes catro anos conseguiron darlle “ese cambio a Lugo que tanto necesitaba”, convertendo a urbe nun lugar “activo e con moito dinamismo”. O resto de partidos achacaron problemas de axenda para poder atender a chamada de Carretando par...2023-04-131h 00CarretandoCarretando3x04|Vigo: Hai vida alén Abel Caballero?O noso último podcast fala de Vigo, de Abel Caballero e do que hai máis aló da súa figura! O que había antes del, o que pode haber no futuro e tamén as propostas que achegan os candidatxs do resto de formacións políticas. Un programa para traspasar as luces de Nadal e mirar a cidade máis grande de Galicia dende outra perspectiva da man de Uxía Miranda e Víctor Currás, xornalistas de Treintayseis e Faro de Vigo.2023-03-2351 minCarretandoCarretando3x03|Ferrol: Ángel Mato, zombies ou meninasA terceira viaxe de Carretando prodúcese nun espazo singular: Ferrol, sétima urbe galega, é unha cidade onde os problemas políticos do presente son, en realidade, cuestións do pasado. Problemas estruturais arredor da inestabilidade, a paralización do Concello ou a imposibilidade de establecer un convenio co Ministerio de Defensa para desbloquear unha parcela de 90.000 metros cadrados no centro de Ferrol. Nesta ocasión, a través dos xornalistas Marta Corral, de Ferrol360, e Isidoro Valerio, de Radiovoz, entendemos que pasa na política local de cara ao 28 de maio, pero tamén que aconteceu nestes anos para que a cida...2023-03-0955 minCarretandoCarretando3x02|A Coruña: Inés Rey, coalición ou volta do PPdeGNa segunda viaxe da nosa autocaravana polos concellos galegos facemos unha parada na cidade da Coruña. Analizamos a política coruñesa da man de dous coñecidos xornalistas como Marta Otero, de la Opinión de A Coruña e Pablo Díaz, de Radio Coruña Cadena Ser. Ademáis, contamos cos candidatos do PSdeG-PSOE, PPdeG, Marea Atlántica, BNG e Unidas Podemos para explicarnos os seus proxectos para a cidade de María Pita. No 3x02 tratamos de debullar quen se sentará no sillón da praza da heroína coruñesa e moito máis.2023-02-2355 minCarretandoCarretando3x01|Ourense: Jácome ou o "glorioso" pasadoNa primeira parada destas eleccións municipais, o equipo de Carretando desprázase a Ourense para abordar cos xornalistas de La Región, Brais Iglesias e Sergio Conde, o contexto pre-electoral da cidade. Ademais, contamos cos candidatos do PSdeG, PPdeG e BNG para explicar o seu proxecto para Ourense. Ó longo do episodio preguntámonos se repetirá Jácome como alcalde. Queremos saber se Manuel Cabezas ou Paco Rodríguez serán capaces de paralo e cal será o papel do BNG. Isto e máis, no 3x01 de Carretando.2023-02-0943 minCarretandoCarretando3x00|O camiño cara o 28MCarretando volve ás estradas galegas coa súa terceira tempada. Os episodios que conforman esta nova viaxe falan da festa da política que vai acontecer o vindeiro 28 de maio en todos os concellos do país. Neste primeiro capítulo, a pouco máis de 100 días para as eleccións municipais, pintamos o cadro xeral de Galicia e explicamos a dinámica desta nova etapa do proxecto.2023-02-0239 minCarretandoCarretando2x08|Especial fin de tempada con Castañas no VeránNo derradeiro episodio da segunda tempada de Carretando, compartimos reflexións coas compañeiras de Castañas no Verán. O programa está dividido en dúas partes. Nesta primeira parte publicada por nós, analizamos a dimensión social dos problemas políticos, mentres que na segunda parte que publica o podcast Castañas no Verán, falamos sobre a dimensión política dos problemas sociais.2022-07-1144 minCarretandoCarretando2x08|Especial fin de tempada con Castañas no VeránNo derradeiro episodio da segunda tempada de Carretando, compartimos reflexións coas compañeiras de Castañas no Verán. O programa está dividido en dúas partes. Nesta primeira parte publicada por nós, analizamos a dimensión social dos problemas políticos, mentres que na segunda parte que publica o podcast Castañas no Verán, falamos sobre a dimensión política dos problemas sociais.2022-07-1144 minCarretandoCarretando2x07|A influencia de Galicia no PPNeste episodio de Carretando analizamos a influencia galega sobre o Partido Popular a nivel nacional. Realizamos un percorrido histórico polas figuras que Galicia lle proporcionou ó PP e mantemos un faladoiro con Gema Sánchez, doutora en Ciencias Políticas, e a Rafa Cuíña, ex alcalde de Lalín. Na divulgación afondamos na estrutura e organización internas do Partido Popular con Adrián Vázquez e os nosos politólogos.2022-05-311h 29CarretandoCarretando2x07|A influencia de Galicia no PPNeste episodio de Carretando analizamos a influencia galega sobre o Partido Popular a nivel nacional. Realizamos un percorrido histórico polas figuras que Galicia lle proporcionou ó PP e mantemos un faladoiro con Gema Sánchez, doutora en Ciencias Políticas, e a Rafa Cuíña, ex alcalde de Lalín. Na divulgación afondamos na estrutura e organización internas do Partido Popular con Adrián Vázquez e os nosos politólogos.2022-05-311h 29CarretandoCarretando2x06|Un ano CarretandoNeste novo episodio de Carretando estamos de celebración e quixemos repasar todo o que levamos vivido e o ollar o futuro. Os comezos, as dificultades, o bo, VÓS... O Carretando máis íntimo, nesta nova entrega do voso podcast galego favorito.2022-03-251h 14CarretandoCarretando2x06|Un ano CarretandoNeste novo episodio de Carretando estamos de celebración e quixemos repasar todo o que levamos vivido e o ollar o futuro. Os comezos, as dificultades, o bo, VÓS... O Carretando máis íntimo, nesta nova entrega do voso podcast galego favorito.2022-03-251h 14CarretandoCarretando2x05|En Portugal pasou o que pasouNeste episodio especial de Carretando falamos sobre o resultado electoral das últimas eleccións portuguesas. A maioría absoluta de Costa e o Partido Socialista, o fracaso do Bloco de Esquerda e do Partido Comunista Portugués, o ascenso do Chega, a derrota do PSD... Para analizar todo isto temos connosco a Tereixa Constenla, corresponsal de El País en Lisboa e a Anxo Luxilde, escritor e xornalista. Neste faladoiro, ademáis de examinar os efectos dos comicios lusos, tratamos os posibles paralelismos e diferenzas con respecto do panorama político español.2022-02-181h 03CarretandoCarretando2x05|En Portugal pasou o que pasouNeste episodio especial de Carretando falamos sobre o resultado electoral das últimas eleccións portuguesas. A maioría absoluta de Costa e o Partido Socialista, o fracaso do Bloco de Esquerda e do Partido Comunista Portugués, o ascenso do Chega, a derrota do PSD... Para analizar todo isto temos connosco a Tereixa Constenla, corresponsal de El País en Lisboa e a Anxo Luxilde, escritor e xornalista. Neste faladoiro, ademáis de examinar os efectos dos comicios lusos, tratamos os posibles paralelismos e diferenzas con respecto do panorama político español.2022-02-181h 03CarretandoCarretando2x04|Abel, máis alá das luces (Parte II)Podería parecer que si, pero o Nadal non rematou en Carretando. Neste cuarto episodio coñecemos ó Abel máis recente, ó Abel alcalde. O das luces, pero tamén o das sombras. Na divulgación, falamos sobre a campaña permanente, a espectacularidade da política, a americanización das formas e do politainment. Na reportaxe, abordamos o lado descoñecido e escuro de Abel e as cíticas que recibe.2022-01-2348 minCarretandoCarretando2x04|Abel, máis alá das luces (Parte II)Podería parecer que si, pero o Nadal non rematou en Carretando. Neste cuarto episodio coñecemos ó Abel máis recente, ó Abel alcalde. O das luces, pero tamén o das sombras. Na divulgación, falamos sobre a campaña permanente, a espectacularidade da política, a americanización das formas e do politainment. Na reportaxe, abordamos o lado descoñecido e escuro de Abel e as cíticas que recibe.2022-01-2348 minCarretandoCarretando2x03|Abel, máis alá das luces (Parte I)Nesta terceira entrega da nosa segunda tempada, e aproveitando que estamos no Nadal, en Carretando falamos da personaxe política e mediática por excelencia en Galicia, Abel Caballero. Nesta primeira parte sobre a serie de Abel, tocamos as súas primeiras etapas vitais: o Abel universitario; o Abel do PCE; o Abel Presidente do porto olívico; o Abel socialista e ministro e o Abel novelista. Son moitas as cousas descoñecidas sobre o alcalde de Vigo que tratamos de dar á luz en Carretando. Na divulgación, falaremos sobre o liderado político co noso equipo de politólogos e cunha i...2021-12-1948 minCarretandoCarretando2x03|Abel, máis alá das luces (Parte I)Nesta terceira entrega da nosa segunda tempada, e aproveitando que estamos no Nadal, en Carretando falamos da personaxe política e mediática por excelencia en Galicia, Abel Caballero. Nesta primeira parte sobre a serie de Abel, tocamos as súas primeiras etapas vitais: o Abel universitario; o Abel do PCE; o Abel Presidente do porto olívico; o Abel socialista e ministro e o Abel novelista. Son moitas as cousas descoñecidas sobre o alcalde de Vigo que tratamos de dar á luz en Carretando. Na divulgación, falaremos sobre o liderado político co noso equipo de politólogos e cunha i...2021-12-1948 minCarretandoCarretando2x02|O fútbol e a políticaNeste programa de Carretando tratamos de analizar a importancia social do fenómeno futbolístico. Falamos con Afonso Eiré, Paula Dapena e Alexandre Gesto. Ademais, tentamos averiguar como o modelo neoliberal converteu ó deporte rei nun negocio e moito máis nesta segunda entrega da temporada 2.2021-11-2147 minCarretandoCarretando2x02|O fútbol e a políticaNeste programa de Carretando tratamos de analizar a importancia social do fenómeno futbolístico. Falamos con Afonso Eiré, Paula Dapena e Alexandre Gesto. Ademais, tentamos averiguar como o modelo neoliberal converteu ó deporte rei nun negocio e moito máis nesta segunda entrega da temporada 2.2021-11-2147 minCarretandoCarretando2x01|O dominio do XacobeoEstreamos a nova tempada de Carretando falando sobre algo tan noso como é o Xacobeo. Reflexionamos sobre como nace e evoluciona o fenómeno do Xacobeo e se compensan os beneficios económicos fronte as consecuencias socioculturais. Alén de todo isto, os membros de Carretando expresamos o noso Xacobeo utópico e moito máis,2021-10-171h 00CarretandoCarretando2x01|O dominio do XacobeoEstreamos a nova tempada de Carretando falando sobre algo tan noso como é o Xacobeo. Reflexionamos sobre como nace e evoluciona o fenómeno do Xacobeo e se compensan os beneficios económicos fronte as consecuencias socioculturais. Alén de todo isto, os membros de Carretando expresamos o noso Xacobeo utópico e moito máis,2021-10-171h 00CarretandoCarretando1x03|Os concellos do cambioNesta terceira entrega de Carretando, traemos unha conversa da man dos ex-alcades da Coruña e Santiago de Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, na que reflexionamos sobre o éxito e derrubamento dos seus proxectos, o seu tratamento mediático e a perspectiva que teñen sobre os movementos municipalistas do futuro.2021-04-181h 27CarretandoCarretando1x03|Os concellos do cambioNesta terceira entrega de Carretando, traemos unha conversa da man dos ex-alcades da Coruña e Santiago de Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, na que reflexionamos sobre o éxito e derrubamento dos seus proxectos, o seu tratamento mediático e a perspectiva que teñen sobre os movementos municipalistas do futuro.2021-04-181h 27CarretandoCarretando1x02|A mocidade coma suxeito políticoNeste segundo episodio de Carretando falamos co deputado máis novo do parlamento de Galicia, Daniel Castro (BNG), sobre a implicación da mocidade na política. Divulgamos sobre as novas formas de participación política e sobre a escasa importancia que a mocidade ten na comunicación política e nas campañas electorais. Tamén contamos cun faladoiro final no que participamos todos os membros do equipo para abordar a temática deste episodio.2021-04-0458 minCarretandoCarretando1x02|A mocidade coma suxeito políticoNeste segundo episodio de Carretando falamos co deputado máis novo do parlamento de Galicia, Daniel Castro (BNG), sobre a implicación da mocidade na política. Divulgamos sobre as novas formas de participación política e sobre a escasa importancia que a mocidade ten na comunicación política e nas campañas electorais. Tamén contamos cun faladoiro final no que participamos todos os membros do equipo para abordar a temática deste episodio.2021-04-0458 minCarretandoCarretando1x01|A hexemonía do PP en GaliciaNeste primeiro episodio de Carretando contamos coa estimada colaboración do politólogo e ex-vicepresidente da Xunta de Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas, que nos amosa os inicios de AP e como se cimentou a súa hexemonía. Ademáis, na sección de divulgación politolóxica explicamos que é un sistema de partidos predominante e como se traduce en Galicia. Por último, temos unha reportaxe na que percorremos Galicia para testar o dominio territorial do PPdeG.2021-03-211h 02CarretandoCarretando1x01|A hexemonía do PP en GaliciaNeste primeiro episodio de Carretando contamos coa estimada colaboración do politólogo e ex-vicepresidente da Xunta de Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas, que nos amosa os inicios de AP e como se cimentou a súa hexemonía. Ademáis, na sección de divulgación politolóxica explicamos que é un sistema de partidos predominante e como se traduce en Galicia. Por último, temos unha reportaxe na que percorremos Galicia para testar o dominio territorial do PPdeG.2021-03-211h 02CarretandoCarretandoA nosa cabeceira!Proba #1 que inclúe a nosa cabeceira. O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com2021-03-1501 minCarretandoCarretandoA nosa cabeceira!Proba #1 que inclúe a nosa cabeceira. O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com2021-03-1501 minTemporada 3 | ZetaTemporada 3 | ZetaA pantasma das políticas culturais para a xeración ZA cousa vai de crossovers, empezando pola visita de Alfonso Pardo! É isto un Convivir Deportivo Z? Tamén recibimos a Román Varela, de Carretando, para preguntármonos que lugar ocupa a cultura nas campañas electorais que nos tolean. Existen políticas culturais pensadas para a xente nova? Por sorte, hai proxectos que si que teñen en conta o talento emerxente. A Mostra de Cinema Periférico (S8)é un deles. Alí estivo o noso colaborador Jesús Silva, que conversou coa cineasta portuguesa Rita Morais sobre unha peza filmada no Bierzo. No tempo de videoxogos coñecemos a Carlos Dorad...1970-01-0100 min