podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Chirlo Merlo
Shows
Chirlo Merlo
A becerriña perdida
A becerriña de Marica e Manoliño leva trazas de querer andar o mundo, coma o burro Trotón. Aínda é moi noviña, mais intencións non lle faltan. Xa aos poucos días de nacer fixo intentos de saír ela soa polo monte. Os seus pais avisárona de que se marchaba de exploración non podería mamar no teto da nai...
2022-05-26
07 min
Chirlo Merlo
Lúa, linda lúa
Marica, Manoliño e o burro Trotón están prendados da lúa. Toda a súa teima é chegar a ela. Desta vez, ao ver a lúa chea tan espléndida e fermosa, non puideron resistir a tentación, por máis que xa sabían que llelo impedirían.
2022-02-11
07 min
Chirlo Merlo
Raña que te raña... na mellor castaña
Marica e Manoliño atoparon unha castaña xigante e tíñana agachada ao pé do castiñeiro, cuberta de follas. Queríanlla amosar aos seus amigos para despois plantala e coidar do castiñeiro que dela nacería. Facíalles ilusión ter un castiñeiro de todos, poñerlle un nome e telo para toda a vida coma un verdadeiro amigo. Pero antes de que poidesen facer nada, adiantóuselles o ratiño...
2021-11-30
06 min
Chirlo Merlo
Vaia esvarón, o do burro Trotón!
A outra noite de lúa chea o burro Trotón espertou coa moita claridade e ergueuse para adestrar, pensando que era de día. Marica e Manoliño sentiron abaloucar nas portas e tamén se ergueron para ver o que pasaba. Tamén o moucho, que estaba a facer a súa voada nocturna, atopou ao burro Trotón adestrando a toda mecha...
2021-10-08
04 min
Chirlo Merlo
Chir, chir, Chirlo Merlo
Marica, Manoliño e o burro Trotón andan moi interesados en coñecer a vida do Chirlo Merlo. Sempre andan vixiando por onde se move para poder observalo. Tamén lle preguntan á xente maior sobre a vida deste paxaro. Marica e Manoliño queren mandar cartas aos seus amigos da cidade e ás/aos compañeir@s doutras escolas para contarlles o que aprenden sobre Chirlo Merlo. Xa teñen preparado un libriño cheo de debuxos...
2021-10-02
03 min
Chirlo Merlo
Nas noites de lúa chea... hai aventuras na aldea
Durante o día, hai moita actividade en Chirlo Merlo: uns traballan, outros enredan, outros cantan... Mais cando chega a noite, o que hai é moito sono. Tod@s acaban cansos cos quefaceres do día. Agora que, de cando en vez, algún esperta por mor dun ronquido. E cando isto pasa, algunha trasnada pode suceder. Esta noite tocoulle ao burriño trotón, que espertou cos terribles ronquidos do hipopótamo...
2021-05-16
08 min
Chirlo Merlo
Chirlo Merlo pola aldea... o seu canto moito alegra.
Chirlo Merlo e a súa merla, ademais de visitar as escolas, percorren outros lugares. Cargados de cartas, e canta que te canta, voan cara os seus amigos, que os esperan emocionados. Nada máis albiscalos, o burro Trotón ponse a ornear para anunciar a tod@s a chegada do carteiro e aló se vai a trote. Os/as amig@s non queren quedar atrás. Mentres, Marica, Manoliño e Lola argallan coa axuda do hipopótamo as lerias e debuxos para as cartas que lle queren enviar aos/ás nen@s das escolas. E tan contentos están polas n...
2021-05-15
06 min
Chirlo Merlo
Submarino, submarino
Tamén aos xubilad@s de Chirlo Merlo lles gusta ir de excursión (bastante traballaron toda a súa vida!). Agora chegoulles o tempo de recrearse e ver o mundo que nunca viron. Desta vez participan nunha visita ao Museo de Tecnoloxía e todos fican asombrados de como cambiou o mundo desde que eles teñen acordo. As máquinas inventadas son impresionantes... Que emocionantes visitas ao fondo do mar nos permite o submarino, por poñer un exemplo...
2021-04-30
01 min
Chirlo Merlo
Chirlo Merlo vai voar
A Chirla Merla púxose a chocar o oviño que puxo, mentres entre os dous facían plans para os seus fillos. Ás veces chocaba ela e ás veces chocaba el, porque os nosos chirlos facían todo en común: -Escoita, Chirlo Merlo -díxo un día a Merla-. Como nós somos aventureiros e sempre nos tentou ir coñecer o mar, que che parece se lle aprendemos ao noso fillo a voar sen cansar e imos todos xuntos aló? -Pois paréceme ben. Seica o merliño, acurrucadiño dentro do ovo, púxose moi contento e déron...
2021-04-27
01 min
Chirlo Merlo
Chir, chir, chir
Tan feliz está Chirlo Merlo co nacemento do merliño que, cantareiro e animoso como el é, cántalle á merla unha inspirada canción.
2021-04-27
03 min
Chirlo Merlo
Merla, merliña
Chegada a primavera, Chirlo Merlo aparellou cunha compañeira tan leda e chiadora coma el e decidiron facer un niño para criaren os fillos que queren ter. Buscaron un sitio abrigosiño, fermoso e tranquilo que resultou ser un burato debaixo das tellas da casa de Martiño. Martiño era un rapaz amante dos paxaros co que Chirlo Merlo xa tiña grande amizade. Cando naceu o merliño, Martiño estaba tan encantado que o celebrou compoñendo unha canción.
2021-04-25
01 min
Chirlo Merlo
Chirlo Merlo carteiro
Para esta tempada, Chirlo Merlo propúxose un fantástico oficio: anda de carteiro por todas as escolas que teñan interese en facer correspondencia. A chegada de Chirlo Merlo a unha escola é un dos máis fabulosos acontecementos que lles pode suceder aos/ás escolinos/as. Cando chega @s nen@s amontóanse darredor para falar con el e para recoller as cartas. A clase convértese nunha emocionada e feliz algarabía...
2021-04-15
05 min
Chirlo Merlo
Chirlo Merlo - Presentación primeira
Primeira presentación de Chirlo Merlo, un paxaro moi vivo e alegre, con moitísimas amigas e amigos. Tan coñecido é que ao lugar onde vive xa lle chaman tamén Chirlo Merlo. O que máis lle gusta a Chirlo Merlo é que haxa alegría e unha gran amizade entre todos os nenos e todas as nenas. Para iso, el e máis os habitantes de Chirlo Merlo están dispostos a que falen e se conten cousas, mesmo ensinándolles a usar o debuxo, os pictogramas e a linguaxe escrita.
2021-04-15
03 min
Chirlo Merlo
Canción de despedida
Canción para despedir aos amigos e amigas que nos seguiron mentres viviamos as nosas aventuras polo mundo de Chirlo Merlo. Mais non esquezades que seguides invitados a seguir na nosa alegre compaña.
2021-02-08
01 min
Chirlo Merlo
A casa dos Cascabullas
A Ceci e o Zuzo tiñan unhas aves moi especiais. O galo Quirico é moi estirado e parece que sabe de todo. A súa parella, a galiña Cacatuxa é unha remangada. Un día compraron na feira un galo moi pouco espilido ao que chamaron Quequefago e unha moi feble galiña á que chamaron Cocoliña. A Cila e o Zalo seguían coas súas trasnadas e bromeaban continuamente coas galiñas e cos galos. A Ceci fartouse de tanta broma coas pitas e mandou a galos e galiñas vivir á casa vella... Tal era o barullo que había naquela...
2021-01-28
03 min
Chirlo Merlo
O Gugoliño e os seus amigos
Os nenos e nenas de Chirlo Merlo pasábano moi ben na súa aldea. Por nada do mundo quererían vivir noutro lugar. Sen embargo un día, na escola, decidiron que tiñan que coñecer outros lugares diferentes: as vilas mariñeiras, as cidades... Aquel verán, nada máis comezar as vacacións, colleron as tendas de campaña e foron pasar uns días a unha vila da costa. Claro que... non sabían nada de pesca, nin dos animais e plantas do mar, nin de lanchas... E, nada máis chegar, fixéronse moi amigos dun neno...
2021-01-28
03 min
Chirlo Merlo
A familia Zapeta
A nai Ceci e o pai Zuzo andan decote xeniudos cos seus fillos Cila e Zalo, porque só pensan en facerlles bribonadas a seus pais. Encántalles poñelos alporizados para despois facelos rir. Agora ben, as bromas ás veces son un pouco pesadas e os pais enfádanse máis da conta. O que máis chispa lle ten á Cia e ao Zalo é agocharlles as cousas a seus pais...
2021-01-21
03 min
Chirlo Merlo
O Fufiño e a súa familia
Na aldea de Chirlo Merlo perto da casa da Sabeliña, vive a familia Fufú: o pai Fufo, a nai Fufa e o fillo, o Fufiño. O Fufiño é un furafollas. Pasa o día facéndolle aduanadas ao ratiño por entre o millo. Agóchase entre as canas e o ratiño non o endelga. O ratiño, así, anda sempre escurruxido, mirando o xeito de darllas ao Fufiño. Xa aprendeu trampas moi chuscas...
2021-01-20
03 min
Chirlo Merlo
O susto de Marica e Manoliño
Esta é a canción-conto do susto de Marica e Manoliño, que actúa como motivación musical para a presentación da letra "o". Marica e Manoliño saen á ventá cando oen o topetazo do burro Trotón contra o castiñeiro:
2021-01-19
02 min
Chirlo Merlo
O millo da Sabeliña
A Sabeliña ten unha leira de millo preto da súa casa. Nesta leira dáse moi ben o millo, e á Sabeliña encántalle escoitar o asubío que fan as follas do millo ó abanear co vento. Pero estes días a Sabeliña anda algo inqueda porque sente ruxir algo extraño entre o millo. E o peor é que cada día desaparece unha mazaroca... Quen é o pillabán que llo rouba?
2021-01-19
02 min