podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Curso Podcast Usc
Shows
O que hai que escoitar
Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas
(0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP. (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual. (17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto con María Gómez un traballo na revista "Medical History" sobre a febre das sambesugas no século XIX en España para uso médico. (39:57) A banda deseñada "Deep me" e "Deep it" fai un achegamento experimental á IA. Nolo comenta Danie...
2025-04-20
57 min
O que hai que escoitar
Efer 679 (30-6-24): Arte, CERN e o IGFAE
(2:02) A Igrexa da Universidade da USC acolle a exposición "Instrumentos de Visión" con fotografías de Armin Linke para conmemorar o seu 25 aniversario e os 70 anos do CERN. Conversamos sobre ciencia, arte e a historia da física de partículas en Galicia co director do IGFAE Carlos Salgado e Mónica Bello, comisaria da exposición e responsable de "Art at CERN". (36:00) Novo episodio de "Voces da Ciencia": Ana Vietez, a cultivadora de árbores in vitro. Unha entrevista de Iolanda Casal, Elena Corredoira e Manuel Vicente.
2024-07-19
56 min
O que hai que escoitar
Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos
(1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón. (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación "Ciencia á Feira" promovido por XuvenCiencia. Conversamos sobre micorrizas e microenxertos cos profesores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería do Campus de Lugo da USC Santiago Lamosa e Juan Luis Fernández. Tamén contamos con Helga Peral de XuvenLab e...
2024-07-15
56 min
O que hai que escoitar
Protonterapia con Yolanda Prezado [Versión estendida]
[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS
2024-03-26
28 min
O que hai que escoitar
Efer 666 (21-3-24): O número 666
(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN). (7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia. (29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos. Foto orixinal da ca...
2024-03-26
55 min
O que hai que escoitar
Economia ambiental con María Loureiro [versión estendida]
[Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.
2024-03-05
46 min
O que hai que escoitar
Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático?
(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas . (15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambient...
2024-03-02
56 min
O que hai que escoitar
Misterioso envelenamento por arsénico
Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo.
2024-02-25
15 min
O que hai que escoitar
Efer 662 (22-2-24): Arsénico, códices e mensaxes secretas
(2:16) Hai 20 anos apareceu un envelenamento masivo por arsénico en Arizona. E uns investigadores galego dan coa súa orixe. Nolo conta o catedrárico de Enxeñería Química da USC Gumersindo Feijoo. (17:30) Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes...
2024-02-24
53 min
O que hai que escoitar
Moda e química con Javier Sardina [Versión estendida]
[Versión estendida] O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,...
2024-02-17
42 min
O que hai que escoitar
Efer 661 (15-2-24): A química crea a moda da túa roupa
(3:26) Maite Vence lévanos de ruta científica pola Fisterra ornitolóxica (9:05) O primeiro tecido vaqueiro da historia data de hai 6200 anos e desde aquela non deixamos de utilizar a química para vestírmonos. Os desenvolvementos químicos marcaron e marcan como é a moda da roupa. Conversamos con Javier Sardina, catedrático de Química Orgánica da USC, sobre tinguiduras, estampados, colorantes, tecidos, os vaqueiros,... (39:25) A catedrática de piscobioloxía da UdC Blanca Laffon cóntanos os posibles nexos entre o toxoplasma e a síndrome de fraxilidade das persoas maiores. Dous grupos da UdC realizaron un estudo con 600...
2024-02-17
54 min
O que hai que escoitar
Efer 657 (18-01-24): A química das lúas conxeladas
(3:01) Cristina Salgado quedou terceira na segunda edición do concurso de monólogos científicos en galego "Ciencia Calidade" cun monólogo titulado "Diademas: artigo de moda na neurociencia". Salgado esta a facer o seu doutoramento en neurosicoloxía na USC co proxecto Oncodep. Este estudo é unha intervención con estimulación cerebral non invasiva e adestramento cognitivo para tratar a sintomatoloxía depresiva asociada ao cancro de mama. En oncodepusc@gmail.com ou no teléfono 647 34 42 31 pode contactarse con este proxecto para solicitar información. (18:18) A química coruñesa Victoria Muñoz do Centro de Astrobioloxía-CSIC simula e estuda os xeo...
2024-01-19
57 min
O que hai que escoitar
Efer 654 (28-12-23): Un ano de ciencia, Parte I [Versión estendida]
Primeira parte do programa especial cos achados do ano realizado con público no pub Airas Nunes de Santiago de Compostela. Contamos co piano ao vivo de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Leonor Parcero, Susana Ladra, Deborah García Bello, Nacho Munilla, César Goldi, Javier Pedreira Wicho, Xabier Pérez Couto, Julio Rodríguez López e Estíbaliz Espinosa. Para debullar o achado do ano segundo Science, os novos medicamentos contra a obesidade, conversamos co catedrático de fisioloxía da USC e director do grupo de Obesómica Funcional do CIMUS, Carlos Diéguez.
2024-01-02
1h 03
O que hai que escoitar
Efer 643 (21-9-23): O que non ven os raios X
(3:25) Inauguramos sección con Julio Rodriguez, biólogo, doutor en Medicina Molecular, psicólogo, escritor e divulgador. Nesta primeira "Bitácora do Beagle" saberemos dun momento crítico polo que pasou a nosa liñaxe humana. (21:19) Mónica Valderrama invita a nosa audiencia a participara na Noite Galega das Persoas Investigadoras, GNight. (24:53) Como ben sabe Supermán os raios X non traspasan o chumbo, pero si o fan os neutróns. Unha spin-off da USC está desenvolver unha técnica de visión por neutróns para industria 4.0 que chegan ao que non ven os raios X. Pablo Cabanelas é un dos responsabl...
2024-01-02
55 min
O que hai que escoitar
Efer 642 (12-7-23): Minerais, de Haüy á Ermeloíta
(1:16) A portada de Nature desta semana chama a atención sobre a presenza de plásticos nas augas doces e arrecifes. Un dos artigos deste número analiza a presenza de plásticos en lagos de auga doce de todo o mundo. Parte de este estudo realizouse en Galicia por un equipo da UdC, entre eles Moisés Canle que dirixe a cátedra EMALCSA-UDC. (10:45) Visitamos no Colexio de Fonseca na USC a exposición "MINERAIS VER O INVISIBLE. De Haüy á Ermeloíta" onde coñecemos o último mineral descuberto en Galicia. Temos o gusto de conversar con Óscar Lantes, Marc...
2024-01-02
54 min
O que hai que escoitar
Efer 637 (7-6-23): Damos a cara pola ciencia, retrato robot desde o ADN
(2:29) Operarse tendo menstruación con Laura Veiga, @PingandoG (13:18) Imos dar a cara pola ciencia. Visitamos o Instituto de Ciencias Forenses Luís Concheiro da USC para someternos como voluntarios no proxecto Face-Fit. Donamos unha mostra de ADN e realízannos unha foto 3D. O obxectivo é construír unha base de datos que permita dar as pautas para reconstruír o retrato robot dunha persoa a partir dunha mostra do seu ADN. Face-Fit está facendo un chamamento para conseguir máis voluntarios, especialmente homes. Conversamos con Elena Freire Aradas e Adrián Ambroa. (46:04) O programa "Fábrica Intelixente" abre a súa 5ª edició...
2023-07-19
55 min
O que hai que escoitar
Efer 635 (24-5-23): As ecuacións da vida
(2:01) Alberto Pérez Muñuzuri é investigador do grupo de física non lineal da USC. O noso convidado vén de publicar como un modelo de difusión química de 3 substancias xera por autorganización estruturas moi semellantes ás dos seres vivos, ó estilo de membranas ou orgánulos. Quizais a complexidade da vida xurda espontaneamente coa receita correcta. Aínda non demos con ela e mesmo non sabemos se algún día a atoparemos. (33:02) Conversamos sobre a perspectiva de xénero en biomedicina con Eva Poveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e Marta Macho, inve...
2023-07-19
54 min
O que hai que escoitar
Efer 632 (19-4-23): Calor en nanoparticulas magnéticas contra tumores
(2:37) Asistimos ao III obradoiro de nanopartículas magnéticas e hipertermia que organiza a Facultade de Física da USC e o Instituto de Materiais da USC (iMATUS). Conversamos con María del Puerto Morales, Carlos Rinaldi e David Serantes. Esta liña de investigación explora a introdución de nanopartículas magnéticas no corpo dos doentes que se quentan en presenza de campos magnéticos variables de tal xeito que poden acabar con células cancerosas que son máis susceptibles ao cambio da temperatura. (24:46) Con Ana Yeste presentamos a nova edición do concurso de relatos Inspiracienci...
2023-07-19
56 min
O que hai que escoitar
Efer 631 (12-4-23): A vida secreta dos insectos
(2:47) As bacterias coercitivas con Esteban Fernández Moreira. (16:19) A vida secreta dos insectos con Carlos Otero (entomólogo, profesor emérito "ad honoren" da USC) e Alberto Uría (asociación Corripa de Negueira de Muñíz).www.efervesciencia.org
2023-07-19
55 min
O que hai que escoitar
Efer 629 (29-3-23): A maquinaria industrial da fraude científica
(3:05) Cristina Candal é unha enfermeira que esta a facer o seu doutoramento na USC sobre a mala conduta científica. A fraude científica xa non é un fenómeno individual. As investigacións de Candal veñen cuantificar o peso das factorías de traballos científicos fraudulentos. (34:52) Resolvemos o concurso do instrumento misterioso que nos propuxo Pablo Carpintero a semana pasada. (38:46) Un comentario en Nature Astronomy fai un chamado para loitar con medidas drásticas contra a contaminación luminosa da luz artificial e os satélites de órbita baixa. Conversamos con dous dos seus autores, Raul Lima (investigador da Escola Superi...
2023-07-19
56 min
O que hai que escoitar
Efer 628 (22-3-23): Gaitas, xenes e evolución
(0:23) Na introdución indagamos se a música é unha linguaxe universal da humanidade. (7:33) Xuntamos a un músico tradicional a un xenetista para falar de evolución, xenes, gaitas e música. Visitamos o obradoiro de fabricación de gaitas de Pablo Carpintero en Santiago. Pablo Carpintero é músico, artesán e investigador da historia das gaitas, pero tamén doutor en bioloxía. Na súa segunda tese de doutoramento data gaitas segundo o gastado que teñan os furados do punteiro. A esta conversa engadímoslle o profesor da facultade de medicina da USC e experto en xenética de poboació...
2023-06-25
54 min
O que hai que escoitar
Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada?
(3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos". (12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da auga reciclada. (32:40) Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?
2023-06-25
57 min
O que hai que escoitar
Efer 625 (1-3-23): Arqueoloxía computacional para estudar o megalitismo galego
(2:36) Que foi antes a vaxina ou o clítoris, evolutivamente falando? Explícanolo Laura Veiga (@PingandoG). (13:58) O lidar, a IA e a arqueoloxía computacional son as ferramentas que están a revolucionar o estudo do noso pasado. Miguel Carrero Pazos é profesor axudante doutor de prehistoria na Universidade de Santiago e especialista no megalitismo galego. (42:31) Marcos Fernández Pichel (CiTIUS-USC) gañou o premio de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na categoría de investigadores mozos polos seus traballos en detección de desinformación sanitaria con ferramentas de AI. www.efervesciencia.org
2023-04-23
58 min
O que hai que escoitar
Efer 623 (15-02-23): Arrecifes artificiais para a ría de Ares-Betanzos
(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval. (16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas. Este proxecto acadou unha mención honorífica nos premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias. (38:15) Tense parado o núcleo da terr...
2023-04-06
55 min
O que hai que escoitar
Efer 622 (8-2-23): A caza do meteorito de Traspena
Algo pasou nos ceos galegos a noite do 18 de xaneiro de 2021 contra a 1:19 da madrugada. No "Pensando en ti" da Radio Galega os teléfonos empezaron a ferver con chamadas de testemuñas que reportaban unha luz de fogo na noite. O profesor da área de astronomía e astrofísica da USC Manuel Andrade Baliño iniciou ao día seguinte unha investigación científica que deu en atopar o primeiro meteorito galego: o meteorito de Traspena. Toda unha historia de traballo detectivesco, colaboración cidadadá, cazadores de meteoritos e nova ciencia. Andrade tivo que desenvolver novas ferramentas para poder...
2023-04-06
57 min
O que hai que escoitar
Efer 615 (28-12-22): Descubrindo a Rof Codina
(1:30) Juan Rof Codina foi escollido pola Real Academia Galega de Ciencias como homenaxeado no día da Ciencia en Galicia 2022. A persoa que mais sabe de Rof Codina é o doutor en historia da veterinaria Diego Conde. Rof Codina foi todo un pioneiro na divulgación da veterinaria, creador da raza rubia galega e impulsor do cooperativismo agrario. (16:48) Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo da USC custódiase o fondo Rof Carballo. Amósanolo a súa directora Julia Cantalapiedra. (23:55) Seguimos a coñecer a Rof Codina da man de Diego Conde (35:53) Coñecemos ós tres monólogos vencedores do concurso "...
2023-01-02
56 min
O que hai que escoitar
Efer 611 (30-11-22): Arqueoloxía na Antártida
(2:33) Guía do ceo de outono con @astroxabi, Xabier Pérez Couto. (13:36) Os profesores visitantes do INCIPIT Ximena Senatore e Diego Aguirrezábal investigan a partir dos restos arqueolóxicos a historia dos lobeiros e baleiros anónimos que pisaron a Antártida no século XIX. (36:08) Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É a dieta vegana o mellor para o planeta? (42:01) Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, preséntanos as últimas novi...
2022-12-24
55 min
O que hai que escoitar
Efer 609 (16-11-22): Biotecnoloxía para xurros sen cheiros nin emisións
(3:42) Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez. (25:25) Coñecemos as ferramentas Innovapeme e Bonos de innovación de GAIN con Patricia Fernández, directora da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación. Presentamos o caso da peme innovadora Briopana que emprega bio...
2022-12-08
56 min
O que hai que escoitar
Previa Regueifa de Ciencia: É a dieta vegana o mellor para o planeta?
Volven as versión presencial das Regueifas de Ciencia. O proxecto de debates sobre controversias sociais entorno á ciencia da USC. Coñecemos a Ujuié Fresán, Gumersido Feijoo e Juan Pascual, participantes da Regueifa: É a dieta vegana o mellor para o planeta?
2022-12-02
05 min
O que hai que escoitar
Relato Inspiraciencia: A ribeira do mexillón
Coa voz do noso compañeiro Anxo Quintela dramatizamos o relato "A ribeira do mexillón" que gañou a edición 2022 de Inspiraciencia na categoría de adultos en galego. Poñemos en contacto o autor do relato, Pedro Rodríguez Villar, co investigador da USC Pedro Castrillo. A tese de doutoramento de Castrillo foi a inspiración científica do relato de Rodríguez.
2022-11-22
22 min
O que hai que escoitar
Efer 601 (15-6-22): Premios de transferencia da RAGC
Programa monográfico dedicado aos premios de transferencia da Real Academia Galega de Ciencias. (2:42) PolyDeep é un sistema de detección e clasificación en tempo real de lesións colorectais empregando Deep Learnig. Este proxecto gañou o premio “Francisco Guitián Ojea” Conversamos con Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING (Sistemas informáticos de Nova Xeración) da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo no Campus de Ourense e Joaquín Cubiela responsable de oncoloxía dixestiva no CHOU. (19:57) Teresa Abuín gañou o premio Celia Brañas da RAGC pola reportaxe “Costa...
2022-07-26
55 min
O que hai que escoitar
Efer 600 (8-6-22): Simular "Ice Age" nun ordenador
(2:18) Infiltrámonos no 12 congreso Micropol and EcoHazard sobre microcontaminantes e contaminantes emerxentes que se celebrou en Santiago de Compostela. Charlamos co anfitrión do congreso, o catedrático de Enxeñería Química Francisco Omil (Biogroup, CRETUS-USC), o doutorando Matías Rivadulla (CRETUS-USC) e a investigadora Williane Vieira Macêdo da Universidade de Aarhus (Dinamarca). (22:41) A película "Ice Age" amosa unha migración das especies motivada pola chegada dunha glaciación. O grupo de Bioxeografía do CRETUS-USC vén de deseñar unha ferramenta informática para predicir os efectos dos cambios globais sobre a biodiversidade biolóxica. Conversamo...
2022-06-27
56 min
O que hai que escoitar
Efer 595 (4-5-22): Os cans cheiran peor as feromonas cós seus parentes salvaxes
(2:00) Xa está en marcha o primeiro concurso de monólogos científicos en galego. Andrea Muras e Eva Cabanelas preséntannos o certame “Ciencia Calidade” de Monólogos Científicos. (13:26) Grazas ao órgano vomeronasal os animais teñen un “sexto sentido” co que son quen de detectar sinais químicos entre individuos da mesma especie: as famosas feromonas. Os resultados do grupo de investigación de Morfoloxía Animal (MORFAN) da Facultade de Veterinaria de Lugo da USC veñen de descubrir que a domesticación do can atrofia este órgano en comparación cos seus conxéneres salvaxes como é raposo. Conversamos co lí...
2022-05-15
55 min
O que hai que escoitar
Bici, cidadanía e trasporte sostible. Asemblea ConBici
Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible.
2022-04-15
17 min
O que hai que escoitar
Efer 592 (6-4-22): Química de vangarda inspirada na natureza
(2:28) Na Facultade de Física da USC achegámonos á asemblea de ConBici, a Coordinadora en defensa da Bici, para falar con Laura Vergara, Marian Sintes, Alejandro Costa e Faustino Gómez sobre desprazamento sostible. (19:33) Con Daniel Pizarro, @tecnocoia, analizamos a novela gráfica "La Bomba" de Alacante, Bollée e Rodier (Norma editorial). (34:27) A química Elena Pazos é investigadora ramón y Cajal da Universidade da Coruña. Conversamos con ela desde o CICA sobre o seu proxecto Starting Grant financiado polo Consello Europeo de Investigación de nanoestructuras peptídicas inspiradas na bioloxía.
2022-04-15
56 min
O que hai que escoitar
Efer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora
(2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo "One health",unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos antibióticos das bacterias que se atopan en animais de granxa poden xerar graves problemas de saúde humana. O...
2022-04-10
54 min
O que hai que escoitar
A pescuda galega da PCR de peto: Nanofluiditec
Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta con financiamento do programa "Conecta Covid" de GAIN da Xunta de Gálica. En Nanofluidetec participan AMS Labs, o grupo de Fluorescencia de Moléculas Individuais da USC e BFLow. BFlow unha spin-off da USC e do IDIS especializada en microfluídica. Conversamos con Ezequiel Álvarez e Bruno Rodiño, co-fundador e xefe científico respectivamente de BFlow. Tamén nos atendeu desde Lugo o especialista en fluorescencia Wajih Al-Soufi.
2022-03-04
26 min
O que hai que escoitar
Efer 587 (2-3-22): Be Flow my friend!
(3:10) A invasión rusa da Ucraína está afectando xa á exploración espacial. Que vai pasar coa Estación Espacial Internacional? Javier Pedreira "Wicho" fainos un debuxo da situación actual. (11:21) No espazo dedicado a GAIN a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Sabela Pardo, preséntanos "Conecta Covid". Este programa é un liña de axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa covid-19 orientados ao dobre obxectivo de facer fronte á pandemia e contribuír á transición dixital das empresas, especialmente das pemes. (14:39) Nanofluidetec é un proxecto galego para desenvolver un prototipo de PCR de peto que conta co...
2022-03-03
59 min
O que hai que escoitar
Efer 583 (12-1-22): A estricnina, o cubo de Rubik dos químicos, amosa a revolución da organocatálise
(14:07) O premio Nobeld de quimica 2021 ganárono Benjamin List e David MacMillan polo desenvolvemento da organocatálise asimétrica. En 20 anos esta nova tecnoloxía ten revolucionado o mundo dos catalizadores, unha industria da que dependo un terzo do PIB mundial. A potencia da catálise asimétrica amósase na síntese da estricnina, o cubo de Rubik dos químicos orgánicos. Esta metodoloxía ten un rendemento 7000 veces maior que a síntese tradicional. Conversamos no CIQUS-USC co investigador científico do CSIC Fernando López, especialista en catálise asimétrica. (4:18) Por que ao estar coa regra entran gan...
2022-01-26
57 min
O que hai que escoitar
Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet
(3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou nun proxecto de implantación do modelo SBIRT en Galicia. Este cribado nos centros de saúde está pensad...
2022-01-17
59 min
O que hai que escoitar
Efer 567 (7-7-21): Biomateriais de descartes de tiburón. Premios á transferencia da RAGC.
A semana pasada entregáronse os premios á transferencia tecnolóxica en Galicia2021 que convoca a Real Academia Galega de Ciencias co apoio do Gain, a Axencia Galega de Innovación. Neste monográfico de Efervesciencia coñeceremos os gañadores nas tres modalidades deste premio que recoñecen respectivamente ás investigacións aplicadas a cargo de grupos de investigación galegos con algo potencial de transferencia, os casos de éxito de grupos de investigación que conseguiron levar ó mercado ó seu coñecemento, e finalmente, o éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida. Deste xeito conversamos con Manuel Lemos, (catedrático de micr...
2021-08-06
58 min
O que hai que escoitar
Efer 565 (24-6-21): Moncho Núñez, premio de divulgación da RAGC
(2:02) “Atragoamento, tusir e Heimlich”, Terceira entrega da sección “Saber por se acaso” dedicada aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala e Antonio Rodríguez (USC). (15:44) Sempre vale a pena escoitar as reflexións do divulgador Ramón Núñez. Nesta ocasión aproveitamos a concesión do I Premio de Divulgación da Real Academia Galega de Ciencias para conversar co creador dos Museos Científicos Coruñeses. (34:36) Estreamos sección con Laura Veiga, pingando.gal, sobre o ciclo menstrual respon...
2021-08-02
57 min
O que hai que escoitar
Efer 564 (17-6-21): O tesouro ecolóxico da Serra do Careón e a autovía A-54
(2:09) Facemos un trávelin-sonoro-botánico co investigador Roi Carballal do Grupo de Análise e Conservación da Biodiversidade da USC desde os seus invernadoiros ata o laboratorio da Facultade de Farmacia atravesando o campus sur da universidade compostelá. Atopámonos tamén co botánico Tino Quintela. Coñecemos o proxecto de estudo das plantas endémicas dun ecosistema tan singular como os chans serpentínicos da Serra do Careón. Un ecosistema afectado pola autovía A-54. (31:36) O proxecto de ciencia cidadá GaliciaBMS recolle datos de bolboretas a partir de paseos de voluntarios polo campo. Falamos con Marta Vila e Lorena...
2021-08-02
57 min
O que hai que escoitar
Efer 563 (10-6-21): Paso de xigante na comunicación cuántica con @osondasideas
(2:10) Introducimos a nova sección “Mitos da Evolución” con Alba López e Marta Vila, profesora de xenética da Universidade de A Coruña. (8:09) "Mitos e realidades da evolución para a xente común" é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC. Na primeira colaboración Alba analiza a frase "os humanos descendemos dos monos" coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación. (18:45) Unha das últimas portadas de Natu...
2021-08-02
56 min
O que hai que escoitar
Efer 559 (13-5-21): Debate con cinco economistas mulleres que investigan a desigualdade
(0:00) Intro da Avoa de Einstein: o coche eléctrico e Elinor Ostrom. (5:14) ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) é un Centro de Investigación Interuniversitario integrado por investigadores das tres universidades galegas, e especializado no estudo da económica, social e ambiental. económico coma ambiental e social. No Museo do Mar de Vigo ECOBAS vén de organizar o debate “A Ciencia ten nome de muller” onde cinco economistas mulleres comparten as súas investigacións e reflexións sobre a desigualdade de xénero. Elas son María Loureiro (Investigadora da USC, investigadora honorífica da UVigo e Directora Cientí...
2021-08-01
56 min
O que hai que escoitar
Efer 557 (29-4-21): A arqueoloxía pescuda as orixes dos estados fallidos do Corno de África
(2:23) Na idade media o Corno de África era un lugar próspero. Actualmente é o paradigma dos estados fallidos, fame e piratería. Que pasou entremedias? O investigador do INCIPIT-CSIC, Jorge de Torres, gañou un prestixioso proxecto Starting Grant do ERC (Consello Europeo de Investigación) para aproximarse a esta pregunta. Deste xeito neste 5 anos o proxecto “StateHorn” analizara o territorio, os asentamentos, a cultura material, as tradicións e a literatura desta zona do mundo. Jorge de Torres participa no programa Oportunius de retención de talento investigador do GAIN (Axencia Galega de Innovación). (22:13) Os 93 anos finou o catedrático e...
2021-05-25
58 min
O que hai que escoitar
As cebras "avatar" de Pelayo
Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha mutación tan rara que non mundo so a teñen 17 persoas mais, Pelayo e agora tamén este peixe avatar. Esta mutación causa unha enfermidade moi grave que investigadores do Campus de Lugo da Universidade de Santiago están tratando de entender. Conversamos con Maribel Quiroga do grupo de Anatonomía Patolóxica Veterinaria da USC e catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón que lidera o...
2021-05-13
20 min
O que hai que escoitar
Efer 556 (22-4-21): Mitos e realidades da minaría romana en Galicia
(2:57) As salinas e as minas romanas que temos en Galicia axudan aos arqueólogos a estudar o noso pasado. No caso das minas o imaxinario popular de todos nós está inzado de mitos que non corresponden coas evidencias históricas. Brais Currás, investigador do Instituto de Historia do CSIC; lémbranos que a romanización foi un fenómeno de interaccións mutuas entre os romanos e os locais. (32:41) Pelayo é un cativo que posúe unha enfermidade moi pouco común. E no campus de Lugo da USC uns peixes cebra “avatar” comparten a mutación ultrarara de Pelayo. Unha muta...
2021-05-13
55 min
O que hai que escoitar
Megaconstelacións, ceo nocturno e gobernanza espacial con Salvador Bará [Versión estendida]
[Versión estendida] Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A conclusión fai pensar, o modelo indica que xa non quedan en toda a terra ceos prístino...
2021-05-07
44 min
O que hai que escoitar
Efer 554 (8-4-21): Acabou o lixo espacial cos ceos máis escuros do planeta?
(2:50) O noso paxareiro Nacho Munilla é quen de identificar especies só co oído. Agora temos aplicacións que poden facer algo semellante. (16:36) Nos dous últimos anos unha compañía privada, StarLink, lanzou case tantos satélites como os que se puxeron en órbita nas últimas décadas. As megaconstelacións de satélites xa están aquí. A comunidade astronómica está indignada. Conversamos co investigador da USC Salvador Bará e co noso estreleiro Martín Pawley. Hai pouco a revista Science comentou un paper de Bará no que se estuda o efecto do lixo espacial e as megacontelacións no brillo do ceo. A c...
2021-05-06
56 min
O que hai que escoitar
Efer 550 (11-3-21): Científica ou nai?
[2:37] Jimena Fernández de la Vega foi unha investigadora pioneira en moitos ámbitos. Foi das primeiras licenciadas da USC, investigadora no estranxeiro e das introductoras da xenética moderna en España. A Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear neste 2021 a figura de Jimena. Anxela Bugallo é a biógrafa de Jimena Fernández de la Vega no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega. [18:23] María de la Fuente dirixe o grupo de Nanooncoloxía e Terapéutica Traslacional do IDIS e Alexandra Lago é investigadora do departamento de xeociencias da Universidade de Vigo. María e Alejandra teñen en común qu...
2021-03-21
55 min
O que hai que escoitar
Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables
[3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho” [16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África. [43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Co
2021-03-09
56 min
O que hai que escoitar
Pescuda de novas partículas no LHC. Entrevista completa con Xabier Cid.
En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector CODEX. De atopar estas novas partículas hipotéticas, estás quedarían encadradas alén do Modelo Estándar e mesmo poderían achegar algo de luz sobre a natureza da materia escura.
2021-03-07
36 min
O que hai que escoitar
Polarización, redes e evolución pandémica
Pode influír a polarización da sociedade no grado de cumprimento das normas sanitarias contra a pandemia? A esta pregunta dá unha posible resposta unha publicación do Grupo de Física non Lineal da USC en Scientific Reports empregando as chamadas redes complexas. Para construír o modelo da sociedade empregaron a rede social twitter. Conversamos con Alberto Pérez Muñuzuri.
2021-03-07
16 min
O que hai que escoitar
Efer 546 (11-2-21): E se houbese partículas que se escapan aos detectores do LHC?
(4:04) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Veñen de escribir a Science unha carta achegando novas análises ao papel dos supercontaxiadores. (17:59) En ciencia hai cousas que non se atoan ata que se buscan. Os detectores do LHC en Xenebra non están deseñados para rexistrar a existencia de partículas de longa vida. Xabier Cid (IGFAE-USC) coordina a posta en marcha do novo detector COD...
2021-03-07
57 min
O que hai que escoitar
Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño
(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe” (23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz” como é o caso das vacinas da covid. O grupo de Carlos Martín, catedrático da Universidade de Zaragoza, leva dúas décadas desenv...
2021-02-14
58 min
O que hai que escoitar
Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata [Saber por se acaso #2]
“Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.
2021-01-01
11 min
O que hai que escoitar
RCP en tempos da Covid [Saber por se acaso #1]
“RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.
2021-01-01
16 min
O que hai que escoitar
Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos
(2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. (13:27) (13:27) Existe unha conciencia global da contaminación que supoñen os plásticos nos mares. O libro “Mare Plasticum. The plastic sea” é o primeiro que aborda este problema desde a perspectiva conxunta da arte e a ciencia. Os editores desta obra son os artistas plásticos Margarita Cimadevila e...
2020-12-26
58 min
O que hai que escoitar
Diego Peña: "Ao interrogar a moléculas individuais descubriremos novas cousas"
[Versión estendida] Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está...
2020-12-08
34 min
O que hai que escoitar
Efer 533 (19-11-20): A revolución da química das moléculas individuais
(3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos. (14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un de...
2020-12-06
56 min
O que hai que escoitar
Efer 525 (30-7-20): Psicoloxía no incerto mundo Covid
Actualización 16-8-20: Arranxado arquivo de audio No último Efervesciencia da tempada número 13... (2:26) Co psicólogo galego Luis Muiño conversamos sobre que lles pasa ás nosas cabeciñas nestes tempos raros nos que toca convivir coa incerteza (34:11) Coñecemos a terceira edición do programa Talento Senior da mar de Mª José Mariño directora da área de Centros do GAIN, a Axencia Galega de Innovación. Eccocar é unha das empresas que participaron neste programa. Así, o enxeñeiro en telecomunicación Eutelo Pena puido regresar a Galicia e achegar a súa experiencia a esta compañía centrada un novos x...
2020-08-08
56 min
O que hai que escoitar
Efer 522 (9-7-20): Minority Report como inspiración. Premios á Transferencia da @RAGalegaCiencias.
Monográfico dedicado aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia convocado pola Real Academia Galega de Ciencias, co apoio da Axencia Galega de Innovación. Conversamos con Elisardo González Agulla de RelEyeble, María Mayán do grupo CellCOM do INIBIC, e Francisco Otero Espinar do Grupo Paraquas da USC. www.efervesciencia.org
2020-07-21
58 min
O que hai que escoitar
Un TRASGO na Antartida con Juan Antonio Garzón
Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (Versión estendida)
2020-07-21
15 min
O que hai que escoitar
Efer 521 (2-7-20): Monográfico: ciencia e exploración polar
(1:51) O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (15:47) O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (26:58) Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (36:06) Javier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico www.efervesciencia.org
2020-07-13
57 min
O que hai que escoitar
Efer 519 (17-6-20): Avalancha de publicacións sobre a COVID: problema ou cambio de modelo? con Juan Ignacio Pérez
(2:40) Como separar o gran da palla na avalancha de publicación científicas da COVID? Pode o bosque de preprints ocultarnos os traballos relevantes? Como deben comunicar os expertos a evidencias dispoñibles aos xestores políticos? Temos o privilexio de escoitar as reflexións sobre estes temas de Juan Ignacio Pérez, director da cátedra de Cultura Científica da Universidade do Pais Vasco (27:23) “DNA Meat” é un kit de experimentación en xenética desenvolvido por Xuvenciencia no Campus de Lugo da USC. Con este kit os escolares poden identificar carne de porco ou vaca mediante PCR caseira e un visor fluo...
2020-06-18
55 min
O que hai que escoitar
A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón.
Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercon...
2020-05-30
41 min
O que hai que escoitar
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores
(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos...
2020-05-30
56 min
O que hai que escoitar
As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón
As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC Fragmento de Efer 488 (9-10-19)
2020-04-15
12 min
O que hai que escoitar
Efer 504 (29-1-20): Monográfico aire limpo [versión estendida]
Versión estendida do monográfico sobre a calidade do aire ao fío do proxecto europeo @trafairproject. Conversamos con José Ramón Ríos Viqueira (CITIUS, USC) e Jose Antonio Souto (Escola Técnica Superior de Enxeñería USC – CRETUS). Contamos tamén con declaracións de Mª Jesús Cruz Carmona, xefa do grupo de investigación de enfermidades respiratorias no Instituto Vall D’Hebron e coordinadora do programa de asma do @CIBERES, Xosé Manuel Tato Camino da Dirección Xeral da Área de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Faustino Gómez de @composcleta, e Manuel Miramontes @manolomira dos Museos
2020-02-03
1h 03
O que hai que escoitar
Efer 495 (27-11-19): Diálogos de plástico con Touriñán e Gago
Se xuntamos ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán xunto co investigador do Instituto Español de Oceanografía Jesús Gago a falar sobre os plásticos so pode pasar que o pasemos ben e aprendamos unha chea de cousas. Isto aconteceu na sede da Fundación en Santiago por iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia. E polo medio estivemos os de Efervesciencia. Tamén coñecemos os casos de transferencia de coñecemento desde os centros de investigación ao mundo da empresa que veñen de gañar os premios á Transferencia da Real Academia Galega d...
2020-01-27
56 min
O que hai que escoitar
Efer 501 (8-1-20): Heroes científicos
Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores. César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola. O químico da USC Fran Rivadulla explícanos por que as baterías dos móbiles non estoupan e o traballo do seu mestre, o Nobel John Goodenough.
2020-01-09
56 min
O que hai que escoitar
Efer 493 (13-11-19): Cánnabis, temos dereito á felicidade química?
No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas. Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei con Fernando Rodríguez Fonseca (Instituto de Investigaciones Biomédicas de Málaga) e Mª José Iglesias Fungueiri...
2019-12-23
57 min
O que hai que escoitar
Efer 488 (9-10-19): A xanela ao universo de Forcarei cumpre 10 anos
Visitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias. 1. As castañas de hoxe "creáronse" antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44) 2. Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando ao universo. Con Ana Ulla (UVigo), Enrique Alonso (Fundación FC3), Richi e Susana (14:40) 3. Detección de contaminantes emerxentes procedentes de produtos cosméticos. Con María Celeiro (USC), mención honorífica investigadores sénior Premio RAGC...
2019-10-19
57 min
O que hai que escoitar
"A singularidade dun burato negro é Marie Kondo". A foto de M87 con Javier Mas e José Luis Gómez
Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé, profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. Tamém contamos con José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC e que formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87.
2019-08-09
42 min
O que hai que escoitar
Efer 483 (19-6-19): Breaking Bad a ollos dun químico
Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20) O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45). José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Uni...
2019-07-04
59 min
O que hai que escoitar
Efer 482 (12-6-19): O xoguete infantil e a última fronteira da física
Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illa...
2019-06-17
57 min
O que hai que escoitar
Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico
Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87 (22:05). Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley ensínannos a localizar M87 no ceo (40:10). Neste enlace tede...
2019-05-05
55 min
O que hai que escoitar
Efer 470 (20-3-19): Por que o home do neolítico nunca gravaría un vídeo en vertical?
Os homes que construíron as mámoas hai 6000 anos tiñan cableado o seu encéfalo para ollar en horizontal, en modo panorámico. Este é o resultado dun estudo pioneiro en neoarqueoloxía que veñen de asinar en Scientific Report os investigadores galegos Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e Luis Martínez Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant) cos que conversamos en Efervesciencia. A catedrática da antropoloxía forense da Universidade de Grandada, Inmaculada Alemán é unha das “Mulleres dos Mortos”. Este é un ciclo de relatorio de mulleres antropólogas organizado por Olalla López-Costas (Grupo Sistema Terra da USC) e María Loureir...
2019-03-24
57 min
O que hai que escoitar
Efer 469 (13-3-19): Ecos dos tangos cósmicos con Gabriela González
O cadro de persoal do observatorio LIGO esta formado por unhas 1000 persoas, que nun exercicio de democracia escollen cada dous anos a un voceiro oficial do experimento. Durante 6 anos a física arxentina Gabriela González ostentou a portavocía de ligo, período onde se descubriu e fixo público o achado da primeira onda gravitacional. A revista Nature nomeou a Gabriela González como o investigador do ano en 2016. O pasado 8 de marzo Gabriela González estivo en Santiago de Compostela formando parte dun equipo internacional que auditou ó Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC. E nos...
2019-03-14
57 min
O que hai que escoitar
Efer 468 (6-3-19): A sostenibilidade dos mares vista por un economista
Sebastián Villasante é profesor de economía na USC especializado no estudo da sostenibilidade de mares e océanos con proxectos como "Cephs and Chefs". As plantas falan entre si coa linguaxe da química. Xaquín Moreira Tomé, investigador Ramón y Cajal do grupo xenética e Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, dedícase a interceptar estas comunicacións para interpretalas. Tres pistas musicais levaránnos descubir á estrela convidade ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía que terá lugar en 2020 en A Coruña organizado pola Agrupación Astronómica IO: Jocelyn Bell En 2019...
2019-03-14
56 min
O que hai que escoitar
Efer 466 (20-2-19): Unha noite estimulando cerebros con imáns
Visitamos o laboratorio de investigación do grupo Neurocom da Universidade de A Coruña onde conversamos con Casto Rivadulla e Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxía Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo. Estes investigadores veñen de publicar en Scientific Report un traballo sobre o tratamento da epilepsia con neuromodulación non invasiva con campos magnéticos estáticos. Campos magnéticos que o noso compañeiro César Goldi vai experimentar no seu cerebro... Somos o que comemos, dise moitas veces. É dalgún xeito esta é unha gran verdade. Nos nosos osos vanse fixando átomos de carbono e ni...
2019-03-14
57 min
O que hai que escoitar
Vai unha partida ao MatHex?
A matemática da USC Elena Vázquez Abal preséntanos o xogo de estratexia e coñecemento MatHex.
2019-03-10
10 min
O que hai que escoitar
Efer 463 (30-1-19): A regra esquecida da estatística faise maior
A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España. Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet. Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron acto de presenza o mesmísimo Carl Gaus e Thomas Balles a quen temos o gusto de ter en Efervesciencia para protagonizar unha nova “Entrevista no alén” Conversamos con tecnólogo dos alimentos e divulgador Miguel Ánge...
2019-03-10
56 min
O que hai que escoitar
Ignicia, desde a proba de concepto ao mercado
O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN.
2019-03-03
11 min
O que hai que escoitar
Efer 462 (23-1-19): O xenetista de Oxford que empezou pola navallas galegas
Juan Fernández Tajes estuda a xenética humana de doenzas como a diabetes no Wellcome Trust Centre da Universidade de Oxford. Pero nos seu inicios no mundo da investigación empezou estudando as navallas galegas, que estaban mal catalogadas. Con esta entrevista, o noso correspondente temporal en Londres Juan Picos despide a súa sección. Para que un novo fármaco chegue aos pacientes ten que ser efectivo e seguro, pero tamén compre que estea protexido e viable a súa produción. Todo isto o tiveron en conta no departamento de tecnoloxía farmacéutica da USC para pr...
2019-01-24
56 min
O que hai que escoitar
As historias detrás da "Canción dos elementos" [Diario Cultural]
Detrás da popular "The element song" hai unha serie de historias interesantes. Colaboración no Diario Cultural o 9-12-18. Coa intervención de Marcelino Maneiro, profesor de química da USC e membro do grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica Ciencia NOSA.
2019-01-12
14 min
O que hai que escoitar
Efer 457 (19-12-18): Especial industria dos drons en Galicia
En Galicia se está a artellar toda unha industria ao redor dos drons con epicentro no aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo). Os vehículos áreos non tripulados (UAV polas súas iniciais en inglés) poden axudar a solucionar cuestións estratéxicas para Galicia, desde a ordenación do territorio ou a xestión forestal ata o rescate na mar. Neste programa monográfico contaremos con todos os actores que participan no programa "Civil UAVs Iniciative" promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN). Contamos con Patricia Argerey (directora do GAIN), Inés Santé e David Miranda (Labor...
2018-12-29
56 min
O que hai que escoitar
Efer 456 (12-12-19): Gripe do 1918 e o cambio de hora
Conversamos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruíu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. O especialista en historia da Ciencia Xose A. Fraga cóntanos como se viviu a gripe "española" en Galicia. (A versión estendida desta entrevista esta nestoutro podcast https://www.ivoox.com/30747981) É racional o cambio de hora estacional en Europa? Este é nome dunha xornada de debate organizada polo Consello da Cultura Galega. Falamos cos seus tres relatore...
2018-12-29
59 min
O que hai que escoitar
Efer 452 (14-11-18): Liquidos iónicos e outras innovacións
Na natureza non existen sales que estean líquidos á temperatura ambiente. No laboratorio, pola contra, é posible preparar líquidos iónicos que están chamados a ter múltiples aplicacións, entre eles a fabricación de baterías máis eficientes para a nova mobilidade eléctrica. Conversamos con Luis Miguel Varela, catedrático de física da USC, responsable da Rede Galega de Líquidos Iónicos. Coñecemos as Plataformas de Innovación Dixital da man de Patricia Argerey (directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN) e Mayte Carracedo (Funding Box). Pedro Arias (fundador de Ingenieria Insitu, Grupo de in...
2018-12-11
57 min
O que hai que escoitar
A enerxía nuclear en Regueifas de Ciencia
Os participantes na Regueifa de Ciencia "É a enerxía nuclear unha opción válida e segura" desvelan a Efervesciencia a súa estratexia argumental cara o debate. O equipo pro-nuclear está formado por Bernardo Adeva (Catedrático USC) e Juan José López Cadenas (Físico de Neutrinos, director do experimento NEXT). No equipo anti-nuclear escoitamos a Ángeles López Aguera (profesora USC experta en sustentabilidade) e Marcel Coderch (Doutor enxeñeiro polo MIT)
2018-09-27
08 min
O que hai que escoitar
Efer 434 (15-4-18): Neurociencia do peso corporal
Coa catedrática de fisioloxía da USC Rosa Señarís coñecemos cal é papel do encéfalo - enconcreto o hipotálamo - no control do peso corporal en humanos. O problema dos quilos de mais ten que ver en como a evolución moldeou o noso cerebro. Tamén coñeceremos a dous grupos de investigación galegos que veñen de ver publicadas as súas investigacións esta mesma semana nas revistas "Science" e "Nature" Comunications, que para entendérmonos ven sendo como xogar na Champion League da Ciencia. Con Diego Peña do CIQUS-USC coñecemos a recei...
2018-04-15
56 min
O que hai que escoitar
Efer 426(18-2-18): Refuxiados conCiencia
Achegámonos á xornada “Personas Refuxiadas ConCiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega. Kamal Aldalati cóntanos a súa historia como persoa refuxiada e alumno de medicina da USC. Convrsamos con Elena Vázquez Cendón (USC), José Edelstein (USC), Eleuteiroi Toro (Universidade de Trento), Gino Toro, Rania Ali Salman (USC) e Luis Enrique Otero Carvajal (Universidade Complutense de Madrid). É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión. O 18 de febreiro de hai 150 o Nautilus visitaba literariamente os fondos de Rande. O profesor de b...
2018-02-18
56 min
O que hai que escoitar
Efer 422 (21-1-18): Os test de drogas ao volante
O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal. As redes sociais axudan a reforzar ás linguas minoritarias? O grupo de física non lineal da USC crea un...
2018-01-21
57 min
O que hai que escoitar
Infiltrados no "Road to the stars"
Asistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Conversamos con César González (INCIPIT), Marco García Quintela (USC), Ana Ulla (Universidade de Vigo), Julio Navarro (University of Victoria-Canada), Cecilia dal Zovo (Incipit) e o luthier Giuseppe Severini. Conversamos sobre materia escura e simulacións do universo, g-astronomía, o ceo que cae na cabeza dos galos ou o organistrum do Pórtico da Gloria como respresentación da cosmoloxía da Idade Media.
2017-10-30
31 min
O que hai que escoitar
Efer 410 (29-10-17): Por que os galos temían que o ceo caese nas súas cacholas?
Asistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Coñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. As cabazas e o samaín chegan a "Moléculas en Galego"
2017-10-29
58 min
O que hai que escoitar
As rupturas mal xestionadas afectan á saúde do fillos [SINC]
Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/
2017-06-07
11 min
O que hai que escoitar
Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte
Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo. Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio...
2017-05-29
58 min
O que hai que escoitar
Efer 361 (27-06-16): Aprender a argumentar e razoar científicamente
Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias. Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC. Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.
2016-06-27
58 min
O que hai que escoitar
Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás
A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo. Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista d...
2016-01-31
57 min