podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
GCiencia
Shows
O Descodificador
Do lecer á aula: como entender o conflito a través dos videoxogos
O concepto 'conflito' fai referencia a múltiples dimensións: dende a toma de decisións entre varias persoas ata o cambio climático e o terrorismo. Os videoxogos poden ser un potente recurso pedagóxico para traballar o termo nas aulas de secundaria. E iso é precisamente o obxectivo do proxecto europeo InterGames, que adapta recursos habitualmente empregados no lecer para traballar co alumnado de 14 a 16 anos. Nesta iniciativa participa María Luz Castro Pena, investigadora do CITIC, coa que falamos neste novo episodio de O Descodificador.
2025-05-27
17 min
O Descodificador
Cando a tecnoloxía axuda a entender a realidade da parálise cerebral
O proxecto Talentos Inclusivos vai pola súa quinta edición. Impulsado polo CITIC en colaboración con ASPACE-GALICIA, o obxectivo é que alumnado de secundaria deseñe aplicacións tecnolóxicas que faciliten a vida das persoas con parálise cerebral. Neste segundo episodio da terceira tempada de O Descodificador falamos co investigador do CITIC Diego Darriba, cos profesores Óscar Rey e Fina Paulos do IES Maximino Romero de Lema, coa súa alumna Lola Cumplido, coa coordinadora de Talentos Inclusivos e educadora social en ASPACE-GALICIA, Iria Robles, e co usuario Jorge Liñares.
2025-04-28
35 min
O Descodificador
Por que a computación cuántica aplicada ás finanzas é tan importante na túa vida cotiá
As finanzas non só son economía, nin cartos, nin diñeiro. As finanzas tamén son matemáticas. Neste primeiro episodio da terceira tempada de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co CITIC, o investigador Álvaro Leitao Rodríguez explicaranos que papel xoga a computación cuántica no eido das finanzas. E como isto pode mellorar a nosa vida cotiá.O CITIC está acreditado como Centro de Excelencia e membro da Rede CiGUS para o período 2024-2027. A acreditación, estruturación e mellora do CITIC está cofinanciada pola Xunta de Galicia e nun 60% pola U...
2025-03-31
22 min
Ciencia en feminino
Os estereotipos sobre a muller científica
A quinta edición de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, chega á súa fin. Celebramos a cuarta e última sesión da man das investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez. Con elas falamos do teito de cristal, da dificultade de conciliar a vida familiar e laboral e dos estereotipos que aínda persisten sobre a muller científica.
2025-03-27
1h 02
Ciencia en feminino
Ciencia en feminino, con María Loureiro
A terceira sesión de Ciencia en feminino conta coa participación da economista e catedrática da Universidade de Santiago María Loureiro. Foi Premio María Josefa Wonenburger en 2024 e a primeira muller do seu eido en entrar na Real Academia Galega das Ciencias en 2022. Un dos seus traballos de maior impacto foi a estimación das perdas económicas e ambientais do Prestige. Falamos con ela da situación da muller na ciencia, pero tamén dos cada vez máis frecuentes desastres ambientais neste ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación d...
2025-03-20
39 min
Ciencia en feminino
Como é ser científica no século XXI
A segunda entrega do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino continúa a programación sobre o 8M da Deputación de Pontevedra cun debate no que participan tres científicas galegas. María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira expoñerán a súa vivencia sobre ser científicas neste século XXI. En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras analizan a situación das mulleres no seu sector, os maiores retos aos que se afrontan durante a carreira ou a falta de igualdade no eido divulgativo.
2025-03-13
54 min
Ciencia en feminino
Ciencia en feminino, con Mar Capeáns
Mar Capéans é física de partículas pola Universidade de Santiago e leva dende 1992 traballando na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se especializou na construción de aceleradores de partículas. Dende 2021 forma parte da súa dirección, dado que lidera o Departamento de Enxañaría Civil e do Sitio. Capeáns recíbenos dende Suíza neste primeiro episodio de Ciencia en feminino 2025, o ciclo de charlas e mesas redondas organizado por GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M.
2025-03-06
38 min
Salta da Cama
Falamos con Lucía Miguez para conmemorar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Lucía Míguez, fundadora de Rysia, empresa especializada en impresión 3D. Para celebrar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. 🔊“Actualmente a rapazada ten máis referentes de mulleres na ciencia pero aínda queda moito por facer”. 🔊“Seguimos con chiclés dende pequenas, para nena a boneca e para os nenos o coche. Temos que cambiar o enfoque”. 🔊“Temos o probelma de que calquer carreira de ámbito científico é unha carreira de fondo, son carreiras longas e se queres chegar a un posto d...
2025-02-13
20 min
O Descodificador
Como revolucionar o sector naval a través da dixitalización
A revolución dixital do sector naval estase a facer dende Galicia. O CEMI é un centro de investigación mixto entre a Universidade da Coruña e Navantia. Nel impúlsanse proxectos innovadores para dotar o sector das ferramentas que necesita para ser punteiro. Unha das súas últimas iniciativas é EDINAF, un proxecto europeo coordinado polo investigador Salvador Naya. Falamos con el neste último episodio da segunda temporada de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co CITIC.
2024-12-30
30 min
O Descodificador
Como a tecnoloxía (e a colaboración) melloran a resposta ante os desastres naturais
As inundacións do Levante, co caso máis recente de Valencia, e as vagas de incendios en Galicia e Portugal son fenómenos recorrentes. A clave está en tratar de responder o máis rápido posible, e de forma eficaz, ante as catástrofes. Os desastres naturais non entenden de fronteiras e por iso o proxecto ATEMPO, no que participa o CITIC, está composto por membros de Galicia, Portugal e Castela e León. O obxectivo é mellorar a resposta ante as emerxencias a través da intelixencia artificial. Contámoscho da man dos investigadores do CITIC Miguel Luaces e Elena Hern
2024-12-04
27 min
O Descodificador
Máis alá dos contrasinais seguros: consellos fronte aos ciberataques
Contas de correo electrónico, en plataformas de streaming, en aplicacións do móbil... Todas e cada unha delas requiren de contrasinais para poder usar os seus servizos. Pero non vale calquera clave: ten que ter un mínimo de oito caracteres, combinar letras maiúsculas con minúsculas, que aparezan números e varios signos ortográficos... Unha longa lista de requisitos para garantir a seguridade da túa conta. Este é un dos principais consellos dos investigadores do CITIC Victor Carneiro e Fidel Cacheda, que levan máis dunha década traballando en cuestións relacionadas coa ciberseguridade. No novo episo...
2024-10-17
27 min
O Descodificador
Identificar corpos con IA: a necesaria revolución da ciencia forense
A antropoloxía forense é unha disciplina manual e precaria dende o punto de vista tecnolóxico. Na meirande parte das universidades e dos centros de medicina legal aínda se empregan "ferramentas doutro século". Así o describe o investigador Óscar Ibáñez Panizo, do CITIC, cuxas liñas de investigación sobre intelixencia artificial están enfocadas ás ciencias forenses. "Automatizar e simplicar tarefas, dotalas de maior obxectividade, incluso automatizalas. No ámbito da antropoloxía e odontoloxía forenses o aforro de tempo é moi claro", explica o científico no novo episodio de O Descodificador, o podcast de GCiencia en colaboración co
2024-09-19
31 min
O Descodificador
Así se predí un gromo de artrite reumatoide con intelixencia artificial
En Galicia hai 27.000 persoas diagnosticadas de artrite reumatoide e un 43% precisa a axuda doutra persoa para a realización de actividades cotiás. Esta é unha realidade non sempre visible. Por iso, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e deseñar tratamentos individualizados ás necesidades de cada doente, un equipo do CITIC e do Hospital da Coruña está a deseñar un modelo de intelixencia artificial capaz de predicir se un paciente vai volver sufrir un gromo. Neste episodio de O Descodificador abordaremos en que estado está o proxecto da man das investigadoras do CITIC Amalia Jácome e Blanca M
2024-08-27
25 min
O Descodificador
Dende predicir o tempo ata Chat GPT: o poder dos superordenadores
Lémbraste de O Bosque animado, sentirás a súa maxia? O renderizado das súas imaxes, é dicir, a creación das animacións a partir de modelos 3D, fíxose no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Pero ollo... A computación de alto rendemento (HPC, polas súas siglas en inglés) tamén está detrás das predicións meteorolóxicas, da rapidez con que se xestou Chat GPT e con moitas ferramentas que nos permiten simular escenarios (como os do cambio climático). Neste terceiro episodio de O Descodificador, un podcast de GCiencia en colaboración co CIT...
2024-06-06
36 min
O Descodificador
Tecnoloxía adolescente ao servizo das persoas con parálise cerebral
O programa Talentos Inclusivos busca espertar vocacións STEM entre o alumnado de secundaria e bacharelato ao tempo que mellora a calidade de vida das persoas con parálise cerebral. Este proxecto, unha iniciativa do CITIC en colaboración con ASPACE Coruña, é o protagonista deste novo episodio de O Descodificador. Neste capítulo falaremos coa investigadora do CITIC Paula Castro, a profesora Julia Vázquez, a coordinadora e educadora social Iria Robles e o usuario Joan López.
2024-05-09
35 min
Ciencia en feminino
Ciencia en feminino, con Begoña Vila
Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas de Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, chega á súa fin. O cuarto e último episodio da tempada ten como protagonista a astrofísica viguesa Begoña Vila, actualmente na NASA. Dende Washington D.C., a científica galega fai repaso da súa traxectoria profesional nun eido tradicionalmente masculinizado. Tamén fala dos telescopios James Webb e Roman, nos que participa.
2024-04-12
53 min
O Descodificador
Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea
A Axencia Espacial Europea (ESA) lanzou a misión Gaia en 2013 cun obxectivo ambicioso: crear o mapa máis detallado da Vía Láctea... En tres dimensións! Nestes máis de 10 anos de funcionamento, Gaia xa observou 2.000 millóns de obxectos co obxectivo de comprender mellor a evolución da nosa galaxia. En todo este proceso, un equipo galego está a empregar intelixencia artificial para procesar axeitadamente todos os datos que recompila a misión europea. Iniciamos a segunda tempada de O Descodificador, un pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC, da man de dous dos investigador...
2024-04-10
28 min
Ciencia en feminino
Científicas no estranxeiro
Continuamos coa terceira sesión de 'Ciencia en Feminino', onde as científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras explican as súas experiencias investigando noutros países.
2024-04-05
59 min
O Descodificador
Máis alá dos videoxogos: o uso científico das imaxes creadas con intelixencia artificial
Cando se fala de visualización 3D e imaxes creadas por ordenador o primeiro que che vén á mente son os videoxogos. Pero a xeración de imaxes por ordenador vai moito máis alá do lecer. Ten aplicacións en practicamente todos os ámbitos que imaxines: dende a pantalla do teu móbil ata probas diagnósticas. Precisamente o oitavo e último episodio da primeira temporada de O Descodificador, o pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC, analizará os usos científicos das imaces creadas con intelixencia artificial. Para iso contamos co investigador José Antonio Iglesias Guitián.
2024-03-27
36 min
Ciencia en feminino
O emprendemento das mulleres na ciencia
Na segunda sesión de 'Ciencia en Feminio 2024' a CEO de Hifas da Terra, Catalina Fernández, explica que a ciencia debe ser “vendible” e beneficiosa para a vida das persoas.
2024-03-22
35 min
O Descodificador
Reloxos intelixentes e medicina do sono: así nos axuda a tecnoloxía a vivir mellor
O noso reloxo intelixente non só mide a cantidade de pasos que damos cada día, senón que os datos que recaba poden ser unha boa ferramenta científica. Os dispositivos 'wearables', xunto á medicina do sono, son os temas que abordamos no sétimo episodio de O Descodificador, un pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC. Nesta ocasión contamos cos investigadores Diego Álvarez e Patricia Concheiro, cos que falamos sobre as aplicacións biomédicas da intelixencia artificial.
2024-03-22
32 min
Ciencia en feminino
Como nacen as vocacións científicas nas nenas... e as dificultades da carreira investigadora
Este é o primeiro episodio da segunda edición de pódcast de Ciencia en feminino, un ciclo de charlas e mesas redondas que organiza Gciencia e a Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Nesta primeira actividade abordaremos o importante que é espertar as vocacións científicas da man de tres investigadoras: a bióloga Alicia L. Bruzos, a enxeñeira aeroespacial Uxía García Luis e a paleobióloga Blanca Moncunill Solé. Con elas falamos sobre o efecto Matilda, a saúde mental, como facer un doutoramento e sobre ser muller e científica.
2024-03-15
56 min
Desmontando Mitos
Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?
No décimo e último episodio da serie Desmontando Mitos falamos co astrónomo José Ángel Docobo para confirmar que poñer a roupa ao clareo do Sol é unha técnica tradicional pero efectiva. O investigador da Universidade de Santiago explica que a os raios solares son o mellor desinfectante natural.Desmontando Mitos é unha serie de Gciencia co apoio da Fecyt e a colaboración da USC.
2024-02-16
05 min
Desmontando Mitos
O amor, unha cuestión de química?
Un xesto, unha ollada, os trazos dunha persoa ou simplemente a súa voz. Calquera destes pequenos detalles pode espertar en nós unha atracción física, sexual ou emocional provocada polas nosas hormonas que, unha vez en acción, pódennos levar a sentir desexo, amor e cariño. Cada unha das fases da relación entre dúas persoas está asociada cunha parte do cerebro, desde o máis primitivo ata o máis racional, e é resultado do efecto de diferentes substancias químicas. Hoxe, en Desmontando Mitos, falamos da química do amor con Ana Garcia Deibe, catedrát...
2024-02-09
05 min
Desmontando Mitos
As maniotas melloran con auga e azucre?
Non conseguir poñerse de pé ou simplemente levantar os brazos polo doloroso que pode ser, é algo que acontece cando facemos un exercicio intenso ou prolongado forzando os nosos músculos. É o que se chama ter maniotas. Antes pensábase que eran resultado do ácido láctico que produce o noso metabolismo cando facemos exercicio e que, en forma de cristais, depositábase nos nosos músculos, como pequenas agullas, provocando unha dor intensa. Pero a ciencia ten hoxe outra resposta sobre a orixe das maniotas. Así nolo explica no oitavo episodio de Desmontanto Mitos a catedrática de Pediatría e profesora...
2024-02-02
04 min
Desmontando Mitos
É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?
O frenesí dos últimos anos arredor da intelixencia artificial leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas.
2024-01-26
05 min
Desmontando Mitos
Comer ovos dispara o noso colesterol?
Cocidos, na tortilla de patacas, revoltos con hortalizas ou nos doces da sobremesa. Na nosa gastronomía moitas receitas, sobre todo as tradicionais, levan ovos de galiña. Porén, durante moitos anos falar de comer ovos foi sinónimo de colesterol no sangue.Unha relación que hoxe rexeita Manuel Vázquez, catedrático de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela, no novo episodio de Desmontanto Mitos; unha serie de Gciencia co apoio da Fecyt e a colaboración da USC.
2024-01-19
04 min
Desmontando Mitos
Os mosquitos teñen unha cor favorita?
Por que nos pican os mosquitos? Depende da cor da roupa que levemos? Carlos Otero, entomólogo da Universidade de Santiago de Compostela explícanos que determina a nosa condición de vítima e por que picarnos é unha necesidade das femias desta especie.
2024-01-12
04 min
Desmontando Mitos
É o limón o remedio contra todos os males?
O limón forma parte da nosa cultura gastronómica e da nosa farmacia doméstica dende hai séculos. Con todo, a ciencia négalle na actualidade os seus poderes de superalimento. No cuarto episodio de Desmontando Mitos abordamos coa dietista e nutricionista Nerea González os beneficios desta froita para a saúde, os perigos dun consumo excesivo e desmentimos as crenzas sobre as súas propiedades “detox”.
2024-01-05
04 min
Desmontando Mitos
Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?
No terceiro episodio da cuarta temporada de Desmontando Mitos trataremos de averiguar se é certo que os raios poden caer dúas veces no mesmo sitio. Para iso, falamos co catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago (USC), Jorge Mira. El descúbrenos que o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico.Desmontando Mitos é unha serie de Gciencia co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e coa colaboración da USC.
2023-12-29
04 min
Desmontando Mitos
Pan con masa nai: máis saudable e saboroso?
É realmente o pan con masa nai o máis saudable e tamén o máis sabedor que podemos escoller para o noso consumo? Neste episodio de Desmontando Mitos, a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela e directora da Cátedra do Pan e do Cereal, Ángeles Romero. explícanos cales son as garantías para un pan beneficioso para a saúde.
2023-12-22
05 min
Desmontando Mitos
Ortiga e menta: veleno e antídoto?
Fregar a pel con follas de menta é unha das solucións populares para frear a inflamación da ortiga. Pero ten este remedio algunha base científica? O investigador en Botánica na Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Serrano, resolve as nosas dúbidas.
2023-12-16
04 min
GALIPORTUS
Galiportus Ep.15- Gciencia, 10 anos de xornalismo e divulgación científica á galega
No episodio de hoxe falamos con Pablo López, fundador e director de Gciencia. O dixital galego orientado á divulgación científica convertiuse nos seus 10 anos de vida no terceiro con máis difusión de Galiza, grazas a un xornalismo feito con rigor, investigación e amor pola ciencia. Xusto no seu aniversario, celebramos tamén que sexa en galego e analizamos proxectos futuros da man do protagonista. Nunha época marcada polas alteracións do clima e a IA, todo o que nos conta Gciencia parécenos interesantísimo!
2023-12-14
46 min
O Descodificador
A intelixencia artificial, o gran desafío do eido educativo
A intelixencia artificial está cambiando a maneira de aprender, pero tamén a forma de ensinar. Nun escenario tecnolóxico en constante cambio, cabe reflexionar sobre os desafíos que abre Chat GPT, Midjourney e a infinidade de ferramentas de intelixencia artificial dentro do ámbito educativo. Desaparecerá a figura do profesor? Estamos ante a gran revolución da educación? Estas preguntas e moitas máis no sexto episodio de O Descodificador, un pódcast de Gciencia en colaboración co CITIC que contará coa participación do investigador Francisco Bellas.
2023-12-05
34 min
Investigar na USC
Os recrutados galegos da Segunda Guerra Mundial
O alistamento de emigrantes galegos nas forzas armadas de Estados Unidos durante a II Guerra Mundial non foi algo anecdótico. Da península, a maioría dos recrutados eran de Galicia, concretamente da Coruña. Un traballo da USC pretende alumear esta parte da historia descoñecida que acumula moitos baleiros de información. O profesor Javier Fernández explícanos neste episodio todo aquilo que non se contou sobre o papel e o perfil dos galegos que formaron parte do exército de Estados Unidos na II Guerra Mundial.
2023-12-01
22 min
O Descodificador
Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres?
Os nesgos de xénero están en todas partes: nas series que ves, nos libros que consomes, no teu traballo... E como non podía ser doutra maneira, tamén están presentes nos sistemas de intelixencia artificial. Neste quinto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, trataremos de averiguar Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres. Os datos cos que se adestran os sistemas e a falta de diversidade nos equipos de investigación son as claves.
2023-11-03
40 min
Investigar na USC
Os virus e zoonoses do cambio climático
O virus hemorráxico das vacas acaba de chegar a Galicia. A lingua azul regresou quince anos despois da súa erradicación. Neste episodio abordamos estas dúas enfermidades víricas, as que máis afectan na actualidade ao gando galego. Tamén, falamos das zoonoses e do papel do cambio climático na propagación de patóxenos. A voz experta será a do decano de Veterinaria da Universidade de Santiago, Gonzalo Fernández, que nos explica ademais a situación que se vive en Galicia sobre a resistencia aos antibióticos.
2023-10-16
17 min
O Descodificador
É realmente necesaria unha lei sobre intelixencia artificial?
A intelixencia artificial rexe unha gran parte de ámbitos da nosa vida cotiá e laboral pero aínda non hai unha lexislación que regule o seu uso. A Unión Europea aprobou en xuño o proxecto de lei sobre este tecnoloxía, co obxectivo de garantir a seguridade da cidadanía e dos usuarios. Pero... É realmente necesario? Abordamos esta cuestión no cuarto episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC. Nesta ocasión contamos con Patricia Faraldo, doutora en Dereito da Universidade da Coruña.
2023-09-19
29 min
Investigar na USC
Tabaquismo, vapers e fume ambiental
No sétimo episodio de Investigar na USC, o pódcast de GCiencia en colaboración coa Universidade de Santiago, falamos coa científica Julia Rey. É coautora dunha investigación recentemente publicada que demostra que o risco de contraer EPOC se reduce dende o primeiro ano sen fumar. Rey poñeranos ao día sobre os últimos achados dos perigos que supón consumir tabaco e tamén, inhalar fume ambiental.
2023-08-11
21 min
Investigar na USC
A saúde dos solos galegos
Non todos os residuos permanecen na superficie e son tanxibles. Nitratos, pesticidas e antibióticos que se filtran poden chegar ás augas e posteriormente ao ser humano. A evidencia científica demostra diariamente que a contaminación non só é un problema de plásticos, Analizámolo con Rosa Mosquera, catedrática de Produción Vexetal, a voz experta da USC que nos pon ao día sobre as últimas investigacións neste eido e sobre o nivel de contaminación dos solos galegos
2023-07-28
29 min
O Descodificador
Que son os robots autónomos? Riscos e beneficios para o futuro
No terceiro episodio de O Descodificador, un pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, entrevistamos ao investigador RIchard Duro. Líder do proxecto PILLAR-Robots, busca con esta iniciativa conseguir que os robots sexan o máis autónomos posible pero... Que implicacións, tanto positivas como negativas, pode ter de cara ao futuro?
2023-07-17
15 min
Efervesciencia
Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada?
(3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos". (12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da auga reciclada. (32:40) Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?
2023-06-25
57 min
Efervesciencia
Efer 627 (15-03-22): Consumirías auga reciclada?
(3:19) Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos".(12:46) Sergio Vila gañouo unha mención honorífica dos premios de Investigación Ernesto Viétez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores mozos. Nun traballo desenvolto en colaboración entre a facultade de sicoloxía da USC e o CRETUS-USC estudaron a percepción da poboación do uso da auga reciclada.(32:40) Incorporamos a Estíbaliz Espinosa á nosa tripulación de colaboradores. Preguntámonos, a que cheira o espazo?
2023-06-25
56 min
Investigar na USC
Protonterapia: Un disparo no corazón do cancro
O Centro de Protonterapia de Galicia estará operativo en 2025. Asentarase en Santiago e contará cunha área destinada exclusivamente á investigación, o que o converterá nun referente europeo. Falamos con dous expertos na materia, Faustino Gómez e Pablo Aguiar da USC, que nos explicarán todos os detalles desta terapia e os preparativos que se están a realizar para recibir a nova tecnoloxía que, esperemos, cubra a demanda que existe e cure a moitas persoas en Galicia.
2023-06-07
18 min
O Descodificador
A ética, a tarefa pendente da intelixencia artificial
Chat GPT revolucionou a informática, os medios e ata se podería dicir que a sociedade. Os últimos avances da intelixencia artificial eran impensables hai tan só uns anos. Pero máis alá da novidade e dos potenciais riscos e beneficios, moitos expertos piden que se regulen estes novos sistemas. Cales son os pros e contras? Cal é o camiño que debe seguir a ética no eido da intelixencia artificial?Neste novo episodio de O Descodificador, o pódcast de GCiencia en colaboración co CITIC, falamos cos expertos en intelixencia artificial Verónica Bolón e Carlos Gómez.
2023-06-02
19 min
Investigar na USC
Chegará a alerta por seca en Galicia?
Este novo episodio de Investigar na USC responde á pregunta que leva por título: Chegará a alerta por seca en Galicia? Para facer unha análise completa da cuestión, entrevistamos a Alberto Martí, profesor de xeografía. Conversamos con el sobre as reservas de auga en Galicia, os plans das institucións e as medidas de aforro, o tipo de consumo de auga por parte dos galegos, a conciencia ecolóxica, o fenómeno 'El Niño' e moito máis.
2023-05-12
18 min
O Descodificador
Como se mide a contaminación lumínica?
Un equipo do CITIC desenvolve un fotómetro para medir a contaminaciónlumínica. É máis barato que os que hai actualmente no mercado e tamén é opensource. Máis alá do seu uso por parte de institucións e afeccionados, os investigadoresbuscan concienciar á poboación sobre os riscos deste tipo de contaminación. Primeiro episodio de O Descodificador, con Daniel Boubeta Portela e José Carlos Dafonte Vázquez
2023-05-05
11 min
Ciencia en feminino
Que nos queda por facer para romper a fenda de xénero?
As desigualdades entre homes e mulleres tamén chegan á ciencia. Que se pode facer para romper a coñecida como 'fenda de xénero'? Falamos coas investigadoras galegas Verónica Bolón, Susana Ladra e Ana Belén Crujeiras, que achegan a súa perspectiva como académicas e mulleres.
2023-03-29
56 min
Efervesciencia
10 anos de GCiencia. Conversa con Pablo López
Pablo López de GCiencia preséntanos o seu proxecto "Desmontando mitos". GCiencia leva 10 anos achegando na rede xornalismo científico e divulgación en galego.
2023-03-28
09 min
Investigar na USC
É hora de entender o cambio horario. Con Jorge Mira
Este sábado 25 de marzo toca cambiar a hora. Ás 2.00 de madrugada serán as 3.00, por se queda dúbida. Coa mudanza ao horario de verán, tamén chega un debate recorrente na opinión pública. O catedrático da Facultade de Física da USC Jorge Mira, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno neste sentido, acláranos tódalas dúbidas ao respecto e desminte unha grande chea de fake news
2023-03-24
21 min
Ciencia en feminino
Ciencia en feminino, con Victoria Lareu
A catedrática de Medicina Legal da Universidade de Santiago Victoria Lareu, tamén directora do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro, é a terceira convidada a Ciencia en feminino. Este ciclo nace en colaboración coa Deputación de Pontevedra para conmemorar o 8M e darlle visibilidade ás mulleres científicas galegas.
2023-03-22
58 min
Ciencia en feminino
Como espertar a vocación científica entre as nenas?
A maioría do alumnado universitario, o 56% do total, son mulleres. Pero esta cifra varía segundo as áreas. Dun 25% en enxeñarías e arquitectura a un 70% en ciencias da saúde. Para reverter esta situación é imprescindible espertar a vocación científica entre as nenas. As claves para facelo daránnolas as investigadoras galegas Ana Freire, Rosa Crujeiras e Vanessa Valdiglesias. Con elas estará a deputada de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Ana Mejías.
2023-03-15
58 min
Ciencia en feminino
Ciencia en feminino, con Sonia Villapol
A neurocientífica Sonia Villapol, natural da Pastoriza, leva 20 anos emigrada. Co gallo do 8M analiza para GCiencia as diferenzas da investigación en Estados Unidos, onde reside dende hai 13 anos, e as de Galicia. Tamén, cal é a situación da muller na ciencia en cada un dos dous países.
2023-03-08
52 min
Investigar na USC
Intelixencia Artificial contra as fake news
A desinformación constitúe unha das maiores preocupacións das democracias contemporáneas. Detrás das noticias falsas ou fake news articúlanse, en moitas ocasións, estratexias para manipular a opinión pública e erosionar a estabilidade dos Estados e das súas institucións. Na loita contra a desinformación, resulta fundamental a coordinación con tres actores clave: as empresas tecnolóxicas, a sociedade civil e as institucións académicas. Hai unhas semanas, botou a andar HYBRIDS, un proxecto da USC que busca desenvolver un sistema para empregar a Intelixencia Artificial na identificación de noticias falsa...
2023-03-03
22 min
Investigar na USC
Precisamos perspectiva de xénero para investigar?
Elas son máis cando se matriculan na universidade, pero a súa distribución entre áreas profesionais é desigual. Superan o 70% nos graos relacionados cos coidados e apenas chegan ao 30% nas enxeñarías. Co gallo do 11F, Día da Muller e a Nena na Ciencia, falamos das perspectivas de xénero na investigación con Encina Calvo Iglesias, profesora titular de Física Aplicada. En Investigar na USC, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela
2023-02-10
18 min
Viaxantas Podcast
#24 Tromsø: á caza das auroras boreais
Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais. No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, música e da gran colonia de renos que vive nestas terras. Se o teu soño é ver auroras boreais, neste episodio atoparás todo o que precisas saber...
2023-01-22
45 min
Bailando con reis e raíñas
15. De costas ao reino de Galicia
O historiador Anselmo López e outros especialistas poñen o foco na ausencia no ensino dun relato propio do noso pasado
2022-11-11
32 min
Bailando con reis e raíñas
14. A diversidade sexual na Idade Media
Maioritariamente é nas sátiras onde se aborda máis esta diversidade sexual, segundo recollen as investigacións realizadas por Carlos Callón
2022-11-09
34 min
Bailando con reis e raíñas
13. A inventio da tumba do Apostolo
O Camiño converteu Santiago no centro económico e cultural de Europa. O descubrimento da tumba do Apóstolo no século IX foi a reacción do poder hexemónico franco ao florecente emirato de Córdoba
2022-11-07
30 min
Bailando con reis e raíñas
12. Doma e castración do galego
Alexandre Peres, doutor en Humanidades, dedicou a súa tese a explicar a construción da galaicofobia e o supremacismo castelán sobre o galego desde os séculos finais da Idade Media. “Cando Castela conseguiu dominar a Galicia, o que era rivalidade pasou a ser menosprezo”
2022-11-04
38 min
Bailando con reis e raíñas
11. De cando só se escribía en galego
Xosé Ramón Pena, doutor en Filoloxía, resalta a maxia dos textos da época, que asegura sorprenden ao lector actual
2022-11-02
34 min
Bailando con reis e raíñas
10. A lírica trovadoresca galega
A pesar de que só conservamos lírica trobadoresca escrita por homes, a catedrática de Filoloxía Mercedes Brea recorda o importante papel que a familia Traba, e as mulleres desta familia, tiveron nesta produción
2022-10-31
36 min
Historia medieval de Galicia
Galicia-Portugal: identidade medieval común
Entrevista con Carlos Barros por Víctor López sobre a nacionalidade medieval compartida galego-portuguesa para o programa "Bailando con Reis e Raíñas" (Episodio 8) da web GCiencia, xornalismo + divulgación, Santiago de Compostela, outubro de 2022.
2022-10-28
23 min
Bailando con reis e raíñas
9. A era dourada das fortalezas
A creación dun novo espazo fronteirizo fixo que os monarcas se implantasen nos territorios a través da arquitectura defensiva: de cando as fortalezas foron o bastión dos reis de Galicia e Portugal
2022-10-28
32 min
Bailando con reis e raíñas
8. Galicia e Portugal, unha historia común
Que o norte de Portugal e Galicia non romperán ata o século XIII é crucial para entender as relacións posteriores entre as dúas beiras do Miño. A fronteira medieval foi máis unha ponte como metáfora que un muro separador
2022-10-26
34 min
Bailando con reis e raíñas
7. Da vella Gallaecia á nova Galicia
A separación do Reino de Portugal e as orixes da monarquía feudal chegaron trala vitoria militar de Fernando I no século XI
2022-10-24
35 min
Historia medieval de Galicia
O Reino irmandiño de Galicia, 1467-1469
Entrevista con Carlos Barros por Víctor López sobre as revoltas irmandiñas para o programa "Bailando con Reis e Raíñas" (Episodio 5) da web GCiencia, xornalismo + divulgación, Santiago de Compostela, outubro de 2022.
2022-10-21
35 min
Bailando con reis e raíñas
6. Eran os mosteiros os paraísos fiscais da época?
O microcosmos da vida monacal na Galicia medieval, segundo o historiador Xosé Miguel Andrade, era moito máis diversificado do que se podía pensar nun principio
2022-10-21
32 min
Bailando con reis e raíñas
5. Galicia, primeira revolución europea
De cando o pobo galego proclamou o autogoberno irmandiño a mediados do Século XV. Para medievalistas como Carlos Barros, foi unha revolta sen comparanza con outras da época
2022-10-19
39 min
Bailando con reis e raíñas
4. Unha galega de best seller
A escritora lusa de best sellers Isabel Stilwell analiza na súa novela o papel de Inés de Castro, a galega que foi raíña de Portugal despois de morta
2022-10-17
45 min
Bailando con reis e raíñas
3. Raíña despois de morta
Filla ilexítima dun nobre galego e unha dama portuguesa, a de Inés de Castro é unha lendaria historia de amor que puido variar o destino do reino galego de non ser asasinada
2022-10-14
40 min
Bailando con reis e raíñas
2. Vellos líderes de tribo
Na antiga Gallaecia existiu unha realeza composta por xefaturas tribais da que quedou unha supervivencia marxinal na época medieval
2022-10-12
31 min
Bailando con reis e raíñas
1. Un reino agochado
Ano 406, decenas de miles de invasores cruzan os límites do Imperio romano cara o sur de Europa. Son as invasións bárbaras. Os suevos diríxense á provincia de Gallaecia e crean un reino independente. O historiador e arqueólogo Jorge López Quiroga recrea aquela aventura.
2022-10-10
31 min
Ciencia de Ida e Volta
O difícil equilibrio das zonas bentónicas de África. Con Francisco Ramil e Marta Gil
Falamos da riqueza que existe nos fondos mariños da rexión africana con Francisco Ramil e Marta Gil, do grupo EcoAfrik, que levan anos colaborando para a regulación de áreas protexidas
2022-06-10
26 min
Ciencia de Ida e Volta
A humidade oceánica condiciona os eventos extremos. Con Raquel Nieto
Falamos de precipitacións e transporte de humidade con Raquel Nieto, do grupo Ephyslab CIM-UVigo, que participa en estudos sobre a varianza das tendencias polo cambio climático
2022-06-09
18 min
Ciencia de Ida e Volta
O cambio climático leva aos océanos a unha situación crítica. Con Elena Ojea
Falamos da situación dos océanos e da necesaria transformación do sector pesqueiro con Elena Ojea, a principal autora do terceiro capítulo do IPCC
2022-06-08
22 min
Ciencia de Ida e Volta
Os videoxogos como ferramenta para sensibilizar. Con Beatriz Legerén
Falamos do reto que supoñen as novas narrativas á hora de divulgar con Beatriz Legerén, integrante do proxecto de alfabetización científica mariña Misión Azul
2022-06-07
21 min
Ciencia de Ida e Volta
Cales son as substancias que se agochan nos plásticos? Con Ricardo Beiras
Con gallo do Día Mundial dos Océanos, celebrado cada 8 de xuño, charlamos con Ricardo Beiras, investigador no proxecto LabPlas, unha iniciativa coordinada pola UVigo para rastrexar as fontes das que provén o plástico espallado no medio ambiente, fundamentalmente en mares, océanos e ríos.
2022-06-06
18 min
Ciencia de Ida e Volta
A informática ao servizo da saúde cardiovascular. Con Víctor Mondelo
Falamos co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada Víctor Mondelo, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións
2022-04-10
27 min
Ciencia de Ida e Volta
Que ten que ver o sono coa saúde cardiovascular. Con Ramón Hermida
Falamos de cronobioloxía con Ramón Hermida, do Laboratorio de Bioenxeñaría e Cronobioloxía de atlanTTic. Hermida traballa no desenvolvemento de liñas de investigación como estudo Thadeus (Tratamento de Hipertensión Arterial Durante o Sono), que ten como obxectivo valorar prospectivamente o efecto sobre o risco de eventos cardiovasculares, metabólicos e renais do control da presión arterial durante o sono.
2022-04-09
22 min
Ciencia de Ida e Volta
Diana Valverde e a hipertensión arterial pulmonar
Diana Valverde, catedrática do grupo de Xenómica e Biomedicina do Cinbio, fálanos da hipertensión arterial pulmonar, unha enfermidade que xera engrosamento do ventrículo que pode derivar nunha parada cardíaca
2022-04-08
20 min
Ciencia de Ida e Volta
Entrevista con Roberto Barcala e Felipe Fernández
Os investigadores da UVigo Roberto Barcala e Felipe Fernández falan da súa liña de investigación vinculada á reanimación cardiopulmonar. Co gallo do Día Mundial da Saúde
2022-04-06
28 min
Recendo
13x2 Entrevista a GCiencia
Programa número 384, no que tivemos como convidado a Manuel Rey, un dos redactores de GCiencia. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Luz Pozo Garza.
2021-10-19
00 min
Mentes Covalentes
Ignacio Ribas Marqués y Pío del Río Hortega #29
🎙🎙Descripción:🎙🎙En este episodio Hugo y Clara hablan de dos grandes científicos españoles, el químico orgánico Ignacio Ribas Marqués y el neurocientífico Pío del Río Hortega. 📋📋Notas:📋📋📧 Redes sociales:Puedes seguirnos en Twitter, Instagram y Facebook para estar al tanto de cualquier novedad.Si quieres aprender más sobre Neurociencia, puedes seguir a Clara en su canal de YouTube “Cerebrotes”, donde sube vídeos semanales hablando de Neurociencia y Psicología. También la puedes encontrar en Twitter, Instagram y Facebook con el nombre artístico de Cerebrotes.
2021-06-03
54 min
Efervesciencia
Historias da peste negra con Esteban Fernández e Eduardo Rolland
Fragmento do EFER 516 Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. www.efervesciencia.org
2020-05-30
14 min
Efervesciencia
Historias da peste negra con Esteban Fernández e Eduardo Rolland
Fragmento do EFER 516Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX.www.efervesciencia.org
2020-05-30
14 min
Efervesciencia
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores
(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos...
2020-05-30
55 min
Efervesciencia
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores
(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX.(17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas.(21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo leva...
2020-05-30
56 min
A Xanela Podcast
06. Ciencia contra a Desinformación. Con MANUEL REY (GCiencia).
Manuel Rey, membro de GCiencia, é o noso entrevistado neste novo Podcast. Falamos con el sobre a ciencia no contexto actual. GCiencia acadou o Premio Prisma a Mellor Medio de Comunicación Científica de España no 2019. Cómo se loita contra as FakeNews, Haberá máis pandemias? Cal é o futuro da Ciencia? E o do Planeta?
2020-05-10
35 min
Efervesciencia
Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa
O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de...
2020-04-24
55 min
Efervesciencia
Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa
(5:34) O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación.Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración...
2020-04-24
56 min
Efervesciencia
Efer 451 (7-11-18): Neutrinos poéticos e ataxia da Costa da Morte
Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física.Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas.O xornalista Manuel Rey de Gciencia preséntanos o libro "El mal sin cura de la Costa da Morte: SCA36", acompañado da neuróloga e xenetista María Jesús Sobrido
2018-11-08
57 min
Efervesciencia
Efer 451 (7-11-18): Neutrinos poéticos e ataxia da Costa da Morte
Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física. Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas. O xornalista Manuel Rey de Gciencia preséntanos o libro "El mal sin cura de la Costa da Morte: SCA36", acompañado da neuróloga e xenetista María Jesús Sobrido.
2018-11-08
57 min
Efervesciencia
GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira
Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.
2017-02-01
11 min
Efervesciencia
GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira
Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.
2017-02-01
11 min
Efervesciencia
GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira
Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.
2017-02-01
11 min
Efervesciencia
Efer 382 (29-1-17): Augas limpas, augas falsas e augas timo
Monográfico dedicado ás augas. Co catedrático de enxeñería química Juan Lema Rodicio achegámonos á historia e presente da depuración da augas. Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalina ten cero base científica. E finalmente o catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na r
2017-01-31
56 min
Efervesciencia
'Contar a ciencia' por GCiencia
Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico "Contar a Ciencia". Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
2016-04-05
10 min
Efervesciencia
'Contar a ciencia' por GCiencia
Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico "Contar a Ciencia". Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
2016-04-05
10 min
Efervesciencia
Efer 348 (27-03-15): Unha mirada á escuridade
"Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan. "O perigo das mascotas nas illas" é a última produción de Divulgare. Unha realidade incómoda que nos contan Luis Navarro e Iván Rodríguez Arós "Esfenodón". Pablo López de Gciencia preséntanos o concurso "Contar a Ciencia"
2016-03-27
54 min