Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Gurrucho

Shows

Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Oscars e Premios. Podcast en galegoFalamos dos premios máis importantes do cinema mundial, os glamourosos Oscars da Academia de Hollywood. Repasamos a súa historia e os seus momentos máis importantes. Tamén falamos doutros premios e de por que ou para que existen estes certames, se son xustos ou non, e no caso de non selos de como poderían mellorar.2024-04-012h 27Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Robin Hood e Medievo. Podcast en galegoFalamos dun dos personaxes máis míticos do folclore anglosaxón, o arqueiro e ladrón Robin Hood, que roubaba a ricos para repartir entre pobres. Afondamos na cantidade de versións de ficción que se fixeron sobre el, nas súas orixes e no seu mito do ladrón ético. Por último tamén falamos doutros heroes da ficción ambientada no medievo e dunha posible serie galega sobre o tema.2023-12-312h 11Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Maus e nazis. Podcast en galegoFalamos da banda deseñada de Art Spiegelman, Maus, o único cómic que acadou o prestixioso premio Pulitzer. A obra aborda o tema da ocupación nazi de Polonia e a vida dos habitantes do gueto xudeu de Varsovia e posterior encerro en Auswitch a través dos ollos do pai do autor, sobrevivinte do Holocausto.2023-11-302h 20Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Cidadán Kane e Poder. Podcast en galegoFalamos do filme de Orson Welles 'Cidadán Kane', considerado por moitos como un dos filmes máis influíntes do cinema universal. Aproveitamos para afondar un chisco na figura do gran creador que foi Welles, e tamén `para abordar e desenvolver un dos temas da película: O poder.2023-08-312h 19Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho XL Mostra de Teatro de Cangas. Podcast en galegoFacemos un repaso pola nosa experiencia como traballadores todoterreo da Mostra de Teatro de Cangas agora que fai corenta anos. Tamén contamos con Casilda García, unha das persoas que botou a andar este proxecto e que nos conta como foi a experiencia de levalo adiante. A música neste podcast foi utilizada en diversas obras de teatro nas que traballamos.2023-06-242h 03Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho As Bestas e True Crime. Podcast en galegoGustounos a peli. A partir desta frase pasamos a opinar e debatir sobre a mesma, e visto o resultado podería parecer que a odiásemos. Nada máis lonxe da realidade, disfrutamos o filme de Sorogoyen que analizamos neste podcast tanto, que nos deu para verlle as costuras. Música: Bloco 1: BSO El Reino de Olivier Arson Bloco 2: BSO As Bestas de Olivier Arson Bloco 3: Asesinos Rurales de El Futuro Peatón Bloco 4: BSO de Romasanta de Mikel Salas Bloco 5: Muiñeira de Agra de Xemelgas2023-05-011h 57Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Rocky e Deportes. Podcast en galegoNeste episodio falamos dos deportes e de como se abordan dende o punto de vista das industrias culturais e do entretemento. Centrámonos nun primeiro momento no coñecido boxeador creado por Silvester Stallone Rocky Balboa, para despois navegar polo mundo da ficción e de como esta se achega aos múltiples deportes que existen.2023-01-202h 19Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Jack o Destripador e Asasinos. Podcast en galegoContamos coa xente do maravilloso podcast Mal de Olho, espazo no que falan de filmes sobre todo de terror, para adentrármonos na figura dun dos asasinos máis emblemáticos da historia: Jack o Destripador. Tamén falamos dos tipos de asasinos que adoitan aparecer nas obras de ficción, e de xéneros e subxéneros onde o asasino sexa parte indispensable da trama, como por exemplo o Slasher.2022-11-032h 13Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Depredador e Caza. Podcast en galegoFalamos do alieníxena máis cinexético, coñecido por estes lares coma Depredador ou Predator. Os seus filmes e os cómics serán o noso tema principal neste programa. Porén, tamén abordamos o tema da caza na historia e na mitoloxía, así como otras obras de ficción nas que a caza teña un papel protagonista.2022-10-242h 04Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Literatura Galega. Podcast en GalegoFalamos sobre a nosa experiencia coa literatura galega, pero que é a literatura galega? Preguntámonos isto e outras cuestións neste podcast con tintes nostálxicos dun período de leituras obrigatorias. Tamén ten cabida o teatro galego e afondamos na nosa experiencia neste mundo tan peculiar. En fin, que fixemos un programa dende o noso punto de vista, esperamos que vos guste.2022-06-142h 04Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Xesucristo. Podcast en galegoFalamos de Xesús de Nazaret, o eixo da igrexa cristiá. Existiu realmente? Até que punto son certos os Evanxeos? Tamén falamos das representacións de Cristo no cinema, destacando a versión de Pasolini co seu "Evanxeo segundo San Mateo" e a grandiosa "Xesucristo Superstar", o musical dos anos 70. Sen esquecernos de Mel Gibson, Scorsese e outros directores que se achegaron á figura do fillo de Deus.2022-04-241h 50Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho BSO: John WilliamsFalamos dun dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos e recoñecibles da industria, o señor John Williams. A súa vida, e sobre todo a súa obra, son protagonistas deste podcast, así como a amiade co director Steven Spielberg, que deu como froito unha cantidade enorme de melodías memorables.2022-03-031h 33Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho BSO: John WilliamsFalamos dun dos compositores de bandas sonoras máis recoñecidos e recoñecibles da industria, o señor John Williams. A súa vida, e sobre todo a súa obra, son protagonistas deste podcast, así como a amiade co director Steven Spielberg, que deu como froito unha cantidade enorme de melodías memorables.2022-03-031h 33Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho 5º Aniversario. Nós, a cultura pop e outras movidasAquí tendes o directo de Twitch. Parolamos do metagurrucho, descarado eufemismo para non dicir que pasamos case que todo o programa falando de nós mesmos, os nosos 50 podcast e as nosas movidas. Aínda que tamén imos coando refenrencias á cultura pop e algún chiste que outro de calidade cuestionable.2022-01-012h 14Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Verne e Steampunk. Podcast en galegoNeste programa visitamos o mundo do escritor francés Jules Verne, un dos pais da ciencia ficción e tamén unha gran inspiración para o posterior subxénero de steampunk, do que tamén comentaremos algunha cousa: Por exemplo: Por que non hai unha gran obra steampunk?2021-10-061h 56Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Verne e Steampunk. Podcast en galegoNeste programa visitamos o mundo do escritor francés Jules Verne, un dos pais da ciencia ficción e tamén unha gran inspiración para o posterior subxénero de steampunk, do que tamén comentaremos algunha cousa: Por exemplo: Por que non hai unha gran obra steampunk?2021-10-031h 56Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Watchmen e Ucronías. Podcast en galegoFalamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.2021-08-042h 04Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Watchmen e Ucronías. Podcast en galegoFalamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.2021-07-312h 04Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Vikings e Viquingos. Podcast en galegoFalamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.2021-07-041h 56Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Vikings e Viquingos. Podcast en galegoFalamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.2021-06-301h 56Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Verhoeven e Distopías. Podcast en GalegoPrimeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Starship Troopers.2021-05-312h 02Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Verhoeven e Distopías. Podcast en galegoPrimeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Starship Troopers.2021-05-302h 02Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Nolan e Mente. Podcast en galegoFalamos neste episodio dun dos directores máis cerebrais do cinema actual, Christopher Nolan. Repasamos a súa filmografía, temos a ousadía de puntuala, e detémonos a analizar máis polo miúdo dúas das súas obras: Memento e Inception. Tamen falamos un chisco de outros filmes sobre memoria e soños.2021-05-032h 01Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Nolan e Mente. Podcast en GalegoFalamos neste episodio dun dos directores máis cerebrais do cinema actual, Christopher Nolan. Repasamos a súa filmografía, temos a ousadía de puntuala, e detémonos a analizar máis polo miúdo dúas das súas obras: Memento e Inception. Tamen falamos un chisco de outros filmes sobre memoria e soños.2021-05-012h 01Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Bruce Lee e Artes Marciais. Podcast en GalegoFalamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita.Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais.Bloco 2: Bruce LeeBloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentesBloco 4: Galicia, jogo do pau, entrevista e serie.2021-04-082h 15Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho As Bolas Máxicas e Dobraxe. Podcast en galegoDesta vez temos un convidado de luxo, Antón Pazos, o director de dobraxe de Dragon Ball e Dragon Ball Z até a saga de Boo, cóntanos as súas experiencias dobrando a serie e co traballo da dobraxe en xeral. Tamén falamos da obra xa mítica do grande Akira Toriyama.2021-04-071h 51Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho The Witcher e Maxia. Podcast en galegoDesta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski.Bloco 1: Maxia e historiaBloco 2: The WitcherBloco 3: Maxia na ficciónBloco 4: ???2021-04-021h 54Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho The Witcher e Maxia. Podcast en galegoDesta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski. Bloco 1: Maxia e historia Bloco 2: The Witcher Bloco 3: Maxia na ficción Bloco 4: ???2021-04-011h 54Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho O Golpe e Roubos. Podcast en GalegoConversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.2021-03-012h 02Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho O Golpe e Roubos. Podcast en galegoConversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.2021-02-282h 02Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Drácula e Vampiros. Podcast en galegoBloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula.Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola.Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratanBloco 4: 1h43'30" Adicámolle uns minutos aos vampiros en Galicia.2021-02-272h 00Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Bruce Lee e Artes Marciais. Podcast en galegoFalamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita. Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais. Bloco 2: Bruce Lee Bloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentes Bloco 4: Galicia, jogo do pau, entrevista e serie.2021-01-312h 15Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Jurassik Park e Prehistoria. Podcast en galegoFalamos de cavernícolas e dinosauros neste derradeiro programa de 2020. Centrámonos na película de Spielberg Parque Xurásico. Bloco 1: Os dinosauros e os cavernícolas.Bloco 2: Jurassic Park.Bloco 3: Ficción prehistórica.Bloco 4: Os dinosauros e os cavernícolas en Galicia.2021-01-042h 00Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Jurassic Park e Prehistoria. Podcast en galegoFalamos de cavernícolas e dinosauros neste derradeiro programa de 2020. Centrámonos na película de Spielberg Parque Xurásico. Bloco 1: Os dinosauros e os cavernícolas. Bloco 2: Jurassic Park. Bloco 3: Ficción prehistórica. Bloco 4: Os dinosauros e os cavernícolas en Galicia.2020-12-302h 00Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: VampiralladaLoria Glago, a vampiresa cosmopaleta, espertou no pazo de Meirás tras décadas de sono e comeza unha violenta cruzada contra o idioma que fai perigar os cimentos do castelán. Os dous clans enfrontados de vampiros, os Chuchasangue e os Veganos, uniranse para combater á tola que ameaza con  derrubar todo o que construíron ao longo dos séculos...2020-12-1701 minGurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Drácula e Vampiros. Podcast en galegoBloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula. Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola. Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratan Bloco 4: 1h43'30" Adicámolle uns minutos aos vampiros en Galicia.2020-11-302h 00Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Colle os Cartos e ArríaComezos do século XX. Baixa Limia. Dous irmáns, veteranos da guerra de Cuba, enfrontaranse nun duelo a morte. Un defende a lei, o outro só a si mesmo, pero algo sucede que pode truncar os plans de ámbolos dous...2020-11-1703 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: As Guerras FolA Galaxia atópase nunha situación delicada. Os rebeldes do Sistema Lusofónico queren liberarse das cadeas que o Imperio Hispanocasto lles impón, porén os imperiais contan coa axuda dos gaiteiros de tres roncóns, usuarios do fol polifónico, un dos poderes que creou o Universo. Para facerlles fronte, a rebelión tenta desesperadamente que os gaiteiros de un roncón, os do fol monofónico, se unan á súa causa...2020-11-1701 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: Piratas de RíaO pirata Xaques Espárrago asola as costas do Imperio Español cun obxectivo, posibilitar a unión de Galiza con Portugal e crear a potencia marítima definitiva, con el coma rei portugalego, claro. Espárrago anda na procura dunha arma que pode destruír frotas enteiras, e os seus inimigos tentarán capturalo antes de que sexa demasiado tarde...2020-11-1703 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: A Costa da SorteCamañiñas é un lugar onde se xuntan tódolos personaxes tópicos da TVG. Hai curas, gardas civís, narcos, taberneiros, etcétera. Pero como non nos da para pagar a tantos actores, cada personaxe asumirá varios roles. Pero ollo, en Camañiñas non todo é festa rachada, agocha un segredo que de destaparse, removería os cimentos do mundo tal e como o coñecemos...2020-11-1703 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: GayoseitorNun futuro próximo o dictador Fei Hoon Un esclavizará á raza humana. Porén, a salvación pode vir da man duns aliados inesperados: as máquinas. A intelixencia artificial Vitroen, antes encargada de supervisar a cadea de montaxe na fábrica de Citroen en Vigo, consegue crear un cyborg coa fasquía de Gayoso, presentador da TVG ao que admira, e envialo ao pasado para amañar a situación. Pero Fei Hoon Un non ficará de brazos cruzados...2020-11-1702 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Adeus Ríos Adeus ZombiesUns operarios atopan unha lousa que contén unha antiga inscripción. Resulta ser un vello conxuro para erguer aos que parmanecen baixo a terra, e os políticos queren sacar proveito. Porén, tentar controlar estas forzas atávicas pode resultar un desastre...2020-11-1601 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: CormománAs folgas e as manifestacións sucédense por todo o país, o caos está a piques de reinar, e cando todo parecía perdido, xorde a figura dun superheroe lexendario. Vestido co seu neopreno, as súas gafas de buzo e as súas prumas de cormorán, chega o grande Cormomán! Xunto coa súa insparable Ghavota, eliminará tódalas revoltas que os incorformistas están a producir. Porén, pronto xorde unha ameaza para os nosos heroes...2020-11-1101 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Feixó, o tema do VilánEste é un tema recorrente nos nosos tráilers. Aparece a miúdo cando o vilán está presente. Por certo, o nome escollémolo ao chou.2020-11-1001 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: AlcoliteUn planeta pragado de eucaliptos será a chave para inclinar a balanza de poder na galaxia. As familias Feihonen e Miñonca loitarán por posuir os dereitos de extracción da sustancia máis valiosa do Universo: A farinia. E para conseguilo, deberán atraer á súa causa aos habitantes de Alcolite, os galíberos...2020-11-0904 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: Barbanza AnllónsA profesora aventureira Barbanza Anllóns anda á procura do Santo Graal, que segundo o investigador Méndez Serrín atópase na Galiza. Porén, os malvados líderes da seita Vindeiras Xerazións atopárono antes, aínda que non coñecen o seu segredo, o líquido misterioso que deben verquer na copa e beber para acadar a inmortalidade...2020-11-0902 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: Área MetropolinátrixNa megacidade de Vigotronic a sección Mostovoi da cyberpolicía é a encargada da seguridade na visita do delegado RAM Joy. Axiña as cousas se torcen cando unha bomba fai explosión no dinoseto. O delegado desaparece e todo apunta aos pérfidos cybercoruños, pero a comandante Anna Kiiro sospeita que hai algo máis...2020-11-0902 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: O Gato dos Vásques-VilaA detective Karinna Porro axuda á policía de Compostela nos casos máis complicados, pero desta vez vaise ocupar pola súa conta dunha misteriosa desaparición. Poderá xunto coa súa compañeira Rosalía atopar ao gato dos Vásques Vila?...2020-11-0902 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: O Gato dos Vásques-VilaA detective Karinna Porro axuda á policía de Compostela nos casos máis complicados, pero desta vez vaise ocupar pola súa conta dunha misteriosa desaparición. Poderá xunto coa súa compañeira Rosalía atopar ao gato dos Vásques Vila?...2020-11-0902 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: Diglosia InfernalO reporteiro da TVG Constanterio xoga a ser bruxo afeccionado, invocando demos que poden servir aos seus propósitos. Pero nun descuido, nunha festa en Vimianzo, chama ao terrible Diglosiel, o demo que se alimenta de castelanismos. Este provoca unha masacre e foxe cara un lugar onde pode comer a eito. Agora, só o mago John Berzas o pode deter...2020-11-0902 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: VirtuagalGalicia está gobernada pola unión das dereitas do desaparecido estado español, o PPOC's. Para controlar á poboación, contan cun mundo virtual, Virtuagal, que ten alienada á maioría da xente. Porén, uns poucos resisten ante esta ilusión e tentan espertar ao resto. Agora, gracias a un hacker ruso, parace haber unha opción: Existen tres ovos agochados en tres xogos da realidade alternativa que gardan a chave para destruír ao PPOC's...2020-11-0904 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Barbanza AnllónsA profesora aventureira Barbanza Anllóns anda á procura do Santo Graal, que segundo o investigador Méndez Serrín atópase na Galiza. Porén, os malvados líderes da seita Novas Xerazións atopárono antes, aínda que non coñecen o seu segredo, o líquido misterioso que deben verquer na copa e beber para acadar a inmortalidade...2020-11-0601 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: Canción de Crema de Orujo e Licor CaféEn Galiwesteros, as sete familias das sete provincias andan todo o día ás piñas entre eles. Porén, agora achégase un novo e inefable perigo, os Camiñantes Brancos, que coas súas toallas queren instaurar un verán perpetuo... Summer is comming!2020-11-0502 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Piratas de RíaO pirata Xaques Espárrago asola as costas do Imperio Español cun obxectivo, posibilitar a unión de Galiza con Portugal e crear a potencia marítima definitiva, con el coma rei portugalego, claro. Espárrago anda na procura dunha arma que pode destruír frotas enteiras, e os seus inimigos tentarán capturalo antes e que sexa demasiado tarde...2020-11-0403 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: Autónomo TotalO autónomo Arnaldo Norris está até arriba de débedas, e, na súa desesperación, pensa só por un momento en defraudar a superfacenda. Porén, nas oficinas de Prefraude sona a alarma, e os axentes comezan a busca do predelincuente...2020-11-0403 minGurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Dragon Ball e Dobraxe. Podcast en galegoDesta vez temos un convidado de luxo, Antón Pazos, o director de dobraxe de Dragon Ball e Dragon Ball Z até a saga de Boo cóntanos as súas experiencias dobrando a serie e co traballo da dobraxe en xeral. Tamén falamos da obra xa mítica do grande Akira Toriyama2020-10-311h 51Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Terminator e Robots. Podcast en galegoFalamos da saga de Terminator, creada polo director James Cameron, e aproveitamos para asomar a cabeza timidamente ao mundo da robótica. BLOCO 1: Os robots BLOCO 2: A saga de Terminator BLOCO 3: O xénero de robots BLOCO 4: Galicia, torneo de robots e trailer2020-09-302h 09Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Diglosia InfernalPor mor dun castelanismo o reporteiro Constanterio invocou sen querelo ao malvado demo Digloxiel. Agora, o mago exorcista John Berzas debe atopalo e devolvelo ao inferno ao que pertence.2020-09-0702 minGurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Alien e Extraterrestres. Podcast en galegoNeste episodio falamos da saga de Alien, a mítica película de 1979 dirixida por Ridley Scott e imaxinada polo guionista Dan O'Bannon. Pero antes repasamos a figura dos aliens ou extraterrestres no imaxinario global, para rematarmos por falar da posible "alienexploitation", a pegada que puido deixar esta obra noutras. Rematamos cun concurso moi peculiar...2020-08-312h 06Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Galaicos e Celtas. Podcast en galegoEste é un programa atípico, onde nos afastamos do noso habitual formato "tertulia". Falamos dese pobo misterioso que habitou a meirande parte de Europa durante a Idade de Ferro, os celtas. A súa historia, a súa cultura e a súa mitoloxía son protagonistas do bloco 1, a ficción na que son representados ocupa o noso bloco 2, e os castrexos, galaicos ou como queirades chamalos, e a súa relación co mundo celta, será o tema a desenvolver no bloco 3.2020-07-042h 03Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Coronavirus Pandemias. Podcast en galegoEste é un programa especial, xa que o formato é o dunha charla coloquio debate, ou algo similar. Falamos do coronavirus dende o noso punto de vista, contando desta vez cun invitado que vive en Polonia, para ter outras olladas. Isto non quita que cara o final falemos de pandmias na ficción, con exemplos na literatura, cinema e outros medios. Pedimos perdón pola calidade do audio, pero o confinamento non nos permitiu máis2020-04-301h 42Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Sherlock Detectives. Podcast en galegoFalamos do detective máis famoso da ficción, o británico Sherlock Holmes, creado polo escritor Sir Arthur Conan Doyle. E tamén nos achegamos a ese xénero que bebe deste enigmático detective, un xénero que tería como pedra angular as pesquisas e o método deductivo usado para resulver un caso.2020-03-181h 52Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: Adeus ríos adeus zombiesUns operarios atopan unha lousa que contén unha antiga inscripción. Resulta ser un vello conxuro para erguer aos que parmanecen baixo a terra, e os políticos queren sacar proveito. Porén, tentar controlar estas forzas atávicas pode resultar un desastre...2020-03-1602 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente. Tartufo ReloadUn musical sobre un musical. O director tenta transformar o xénero cunha visión arriscada, pero os conservadores dos que se rodea non llo van permitir. O músico, empeñado en introducir o trap no teatro, vai ao seu rollo.2020-02-2003 minGurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho O Padriño Mafia. Podcast en galegoNeste programa falamos da triloxía do Padriño, a obra mestra de Francis Ford Coppola. Tamén afondamos no tema da mafia, as súas orixes e expansión por todo o globo, así coma a ficción que este tema xenerou, creando un xénero ou subxénero con identidade e trazos propios.2020-02-132h 06Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Star Wars Triloxía Disney. Podcast en galegoFalamos da terceira triloxía de Star Wars, producida por Disney, que mercou Lucasfilm fai uns anos. Nun debate que chega case que a discusión de bar, tentamos dilucidar se é boa, mala, ou regular. Dividimos o programa en tres blocos, e cada un está adicado a unha das tres películas.2020-01-112h 11Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastPartida de rol en galego. O choco Otomano 2ª parteOs nosos aventureiros Silvia Xato, Méndez Serrín e John Berzas continuan a súa pesquisa dos rapaces desaparecidos pola zona da ría de Vigo. Agora, fronte a dous monstros pétreos que fitan para eles, os protagonistas desta partida deben escoller ben os seus pasos...2020-01-071h 51Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente. O PinchazoCoia. Anos 80. A droga asolaga o barrio máis conflitivo da cidade de Vigo. A loita entre as forzas da lei e os narcotraficantes está enquistada, e esvaécese todo horizonte de solución. Pero un home pode, cunha pequena acción, activar toda unha cadea de sucesos que remexerán os cimentos do barrio...2019-12-1305 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha derie inexistente: O PinchazoCoia. Anos 80. A droga asolaga o barrio máis conflitivo da cidade de Vigo. A loita entre as forzas da lei e os narcotraficantes está enquistada, e esvaécese todo horizonte de solución. Pero un home pode, cunha pequena acción, activar toda unha cadea de sucesos que remexerán os cimentos do barrio...2019-12-1200 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: VirtuagalGalicia está gobernada pola unión das dereitas do desaparecido estado español, o PPOC's. Para controlar á poboación, contan cun mundo virtual, Virtuagal, que ten alienada á maioría da xente. Porén, uns poucos resisten ante esta ilusión e tentan espertar ao resto. Agora, gracias a un hacker ruso, parace haber unha opción: Existen tres ovos agochados en tres xogos da realidade alternativa que gardan a chave para destruír ao PPOC's...2019-12-1002 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: A ArteixíadaArteixa e as súas compañeiras veñen de gañar a guerra, pero na volta a casa, o deus dos seus inimigos, Press Tiss, imponlles seis terribles probas para poderen cruzar o mar. Agardar nas salas eternas do deus da curación, Xer Gass, ou cruzar os dominios do deus Aud Assa, que esixe imposibles tributos, son só uns exemplos do que lles agarda ás nosas aventureiras...2019-12-1002 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastPartida de rol en galego: O Choco Otomano 1ª parteTres investigadores deben esclarecer o misterio da desaparición de mozos e mozas nos últimos días na zona da ría de Vigo. Semella que unha seita que operou a comezos do século XX no lugar ten algo que ver...2019-12-1042 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Fogar de BreobreixoGalimedia está en perigo. Os malvados rahoobits e feihoobits veñen xunto aos mesetrolls para acabar coa paz do reino milenario. Os ourananos, os céltifos, os luguisomes e os turcorcos deben unir as súas forzas para atopar a coroa de Breobreixo, un arma capaz de acabar con tódolos inimigos, pero que agocha un terrible segredo...2019-12-0903 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: Canción de Crema de Orujo e Licor CaféEn Galiwesteros, as sete familias das sete provincias andan todo o día ás piñas entre eles. Porén, agora achégase un novo e inefable perigo, os Camiñantes Brancos, que coas súas toallas queren instaurar un verán perpetuo... Summer is comming!2019-12-0902 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastBanda sonora dunha serie inexistente: AlcoliteÚnico fragmento da banda sonora dunha hipotética serie chamada Alcolite, na que un planeta pragado de eucaliptos será a chave para inclinar a balanza de poder no Universo cara un lado ou outro. As familias Feihonen e Miñonca loitarán por posuir os dereitos de extracción da sustancia máis valiosa do Universo: A farinia2019-12-0804 minGurrucho De VozcastGurrucho De VozcastGurrucho Tarantino. Podcast en galegoFalamos do director Quentin Tarantino, un chisco da súa vida, pero sobre todo da súa obra.2019-12-082h 06Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Tarantino. Podcast en galegoFalamos do director estadounidense Quentin Tarantino, un chisco da súa vida, e sobre todo da súa obra. Atrevémonos a facer un ranking dos seus filmes e a imitar o seu estilo en varias escenas que iremos poñendo no transcorrer do podcast. A ver se llas coamos a Netflix, Amazon ou á TVG3.2019-12-072h 06Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Xogos de Rol. Podcast en galegoDesta vez falamos dunha das afeccións nas que máis hai que utilizar a imaxinación: o rol. Falamos de xogos, sistemas, ambientacións, e atrevémonos, cara o final, a xogar unha pequena partida a modo de exemplo cunhas regras inventadas para a ocasión (así ninguén nos pode dicir que xogamos mal, muahahaha). A partida publicámola nas nosas contas de Youtube e Spotify, e tamén a súa continuación, que a primeira parte quedou nun cliffahanger coma unha catedral.2019-10-272h 30Gurrucho De VozcastGurrucho De VozcastTráiler dunha serie inexistente: ChernoVigoPropoñemos unha serie na que o argumento xira arredor dun accidente nuclear. Ábel, rexedor vigués, precisa enerxía para poder abastecer as luces de nadal, que cada ano deben ser máis espectaculares. Coa creación da central de Samil todo parece controlado, pero algo inesperado sucede...2019-08-1404 minGurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Chernobyl Catástrofes. Podcast en galegoNeste programa falamos do accidente de Chernobyl co gallo da serie recentemente emitida pola canle estadounidense HBO, e tamén debatemos sobre a propia serie e o tratamento que fai da catástrofe de Chernobyl. Falamos tamén un chisco sobre un suposto xénero cinematográfico de catástrofes, e sobre as que nos tocaron en Galicia, sobre todo petroleiros. Rematamos cunha suposta serie galega sobre a catástrofe nuclear de ChernoVigo.2019-08-121h 57Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Dune Ciencia Ficción. Podcast en galegoFalamos da obra do escritor estadounidense Frank Herbert, destacando o seu mellor traballo Dune, o relato de ficción científica que foi levado á gran pantalla polo cineasta David Lynch. Tamén mencionamos outros medios nos que se explorou a opción de desenvolver Dune con linguaxes diferentes, como poden ser os videoxogos ou os xogos de mesa. Por último, rematamos coma semre co trailer de ARCOLITE, un Dune á galega.2019-07-201h 59Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Xogo de Tronos. Podcast en galegoÉ Daenerys unha metáfora dos EUA? Son os Dothraki veganos? Como se pronuncia R'hllor? Ningunha destas preguntas terá resposta neste podcast, pero contamos coa presencia do actor Salvador del Río, co que repasaremos a traxectoria da exitosa narración de Martin, tanto na serie de TV como nos libros.2019-05-211h 58Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Firefly Space Western. Podcast en galegoFalamos sobre a serie de culto creada polo polifacético Joss Whedon Firefly, nome da nave de contrabandistas galácticos guiados polo capitán Malcolm Reynolds, un dos mellores papeles do actor Nathan Fillion. Tamén comentamos outras obras dun suposto xénero que misturaría o western coa aventura espacial, e como non, facemos unha proposta de serie traendo Firefly cara a idiosincrasia galega.2019-04-132h 00Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Hellblazer Demos. Podcast en galegoSeguimos os pasos de Dante e de Orfeo para adentrarnos nos infernos e analizar dende alí o cómic da liña Vértigo Hellblazer, protagonizado polo mago máis turbio da ficción, o señor John Constantine. Tamén nos achegamos a outras obras do xénero coma O Exorcista, A Profecía, Prophet, etc2019-02-251h 58Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho R. L. Stevenson Piratas. Podcast en galegoNeste episodio falamos do mundo da pirataría, centrándonos na coñecida obra de Stevenson "A Illa do Tesouro". Pero non queda aí a cousa, falamos de historia, os piratas a través do tempo, e de ficción, os piratas no mundo do entretemento. Por último adicamos un espazo, xoma sempre, a Galicia, e á súa relación con este mundo.2019-01-302h 02Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Singin' in the Rain Musical. Podcast en galegoCoas uvas case que no plato, e para rematar este 2018, aquí tendes o programa sobre cinema e teatro musical. Coma sempre quedáronnos moitísimas cousas por dicir, pero algo do importante por aí anda. Falamos das manifestacións culturais con música até o século XIX, onde se comeza a xestar o xénero musical, e fixámonos nun musical en particular: Singin' in the rain. Para rematar, no clásico tráiler para a TVG3... CANTAMOS!!2018-12-312h 04Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Videoxogos Retro. Podcast en galegoDesta vez falamos de videoxogos. O programa está dividido en tres bloques. No primeiro centrámonos no hardware, dende as primeiras computadoras até os anos 80. No segundo lembramos os xogos máis destacados de cada xénero videolúdico. E no terceiro debatemos sobre a actualidade do videoxogo. Coma sempre, para finalizar, fixemos un trailer dunha suposta serie sobre videoxogos en galego...2018-12-112h 03Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho TVG. Podcast en galegoNeste programa poñémonos nostálxicos e falamos dos inicios da TVG, dos programas, series e debuxos animados cos que medramos. Tamén lle damos un repaso á programación da década dos 90 e á do século XXI, época na que pouco a pouco deixamos de ver a galega dun xeito tan frecuente. Por último, creamos o tráiler da serie TVG definitiva, misturando os personaxes arquetípicos do audiovisual galaico todos xuntiños na mesma obra.2018-10-211h 53Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Buster Keaton. Podcast en galegoNeste programa falamos da figura do cinema silente Buster Keaton, da súa vida e da súa obra. Pero tamén abordamos os comezos do séptimo arte, os Lumiere, Edison, Porter, etc. Por último tentamos atopar no cinema posterior, posibles influenzas que o señor "Cara de pau" poidese inspirar.2018-08-051h 59Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Bond Espías. Podcast en galegoNesta ocasión charlamos sobre a espionaxe, mencionando algúns espías e redes de espionaxe destacables da historia, para continuar falando dos espías na ficción. Chegaremos así ao espía máis famoso, o británico James Bond, creado pola pruma do escritor Ian Flemming. Finalmente mencionaremos alguna "Bond exploitation" e casos de espionaxe en Galicia.2018-07-091h 59Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Edgar A. Poe Terror. Podcast en galegoAchegámonos á vida e á obra do autor norteamericano Edgar Allan Poe, un dos grandes da literatura universal, e sobre todo analizamos a súa aportación ao xénero do terror. Tamén abordamos un chisco o terror gótico anterior, así como a pegada de Poe nos autores posteriores.2018-06-021h 59Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Indiana Jones Aventura. Podcast en galegoFalamos da creación de Lucas e Spielberg, Indiana Jones, tanto das súas catro (si, catro) películas coma das fontes das que beben e dos traballo posteriores que poidesen ter inspirado. Tamén inventamos un tráiler dunha suposta serie ambientada en Galicia e protagonizada pola aventureira Barbanza Anllóns.2018-05-012h 04Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Superlópez Superheroes. Podcast en galegoDesta vez falamos do superheroe Superlópez, un clásico da banda deseñada española, dende unha pequena biografía de Jan, o seu creador, até comentar algunha das súas aventuras. Tamén indagamos no mundo dos superheroes, esas figuras tan americanas, nas súas raíces e na proliferación actual. Rematamos co tráiler dun suposto superheroe galego, Cormomán.2018-04-032h 09Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho Homero Mitoloxía. Podcast en galegoSe o de decembro publicámolo en xaneiro e o de xaneiro en febreiro, este gurrucho de febreiro non podía ser menos e subímolo en marzo. Inflación temporal. Desta vez falamos de mitoloxía grega coa axuda do pesado erudito Fin, que nos ilustrará en col de Homero e a súa obra, outros mitos da Hélade e tamén algúns de Galicia e o mundo.2018-03-052h 16Gurrucho de VozcastGurrucho de VozcastGurrucho P.K.Dick Ficción científica. Podcast en galegoFalamos do escritor de novela e relato estadounidense Phillip K. Dick, da súa vida e obra, e tamén das obras que inspirou, inda que fose de xeito moi miúdo. Tamén nos atrevemos, ousados que somos, a definir a ficción científica e rastrexar as súas orixes.2018-02-031h 59