Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Juan R. Tamuxe

Shows

Letras da ComarcaLetras da Comarca1x18 – Irmáns Flores. Os Gaiteiros de Novás, de Xerardo F. Santomé e Xosé MiguélezHoxe, neste décimo oitavo episodio de Letras da Comarca, falaremos dun documentado libro, presentado tan só fai uns días. O seu título: Irmáns Flores. Os Gaiteiros de Novás. A gaita: elemento de dinamización socio-cultural no Concello do Rosal. Encargouse da súa edición a propia Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra, contando co patrocinio do Concello do Rosal.2021-06-2203 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasPresentación da réplica de Auga dos CebrosO Centro Sociocultural de Pedornes (Oia) acolleu este venres 7 de maio a presentación da réplica do petróglifo de Auga dos Cebros. Trátase, pois, da réplica de maior tamaño dun petróglifo de Galicia (cunhas dimensións de 2,70 metros de alto e 2,20 metros de ancho).2021-05-1002 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasA Agrupación Musical do Rosal cumpre 35 anosEste domingo, ás 18:00 h, a banda da Agrupación Musical do Rosal celebrará un concerto conmemorativo do seu 35 aniversario. O acto terá lugar na Praza do Calvario. Ó longo da súa historia, a banda rosaleira, ten acadado moitos e importantes recoñecementos a nivel galego e estatal, converténdose nunha das máis galardoadas da nosa comunidade. Ó mesmo tempo, a súa escola, ten sido un viveiro de grandes músicos que ocupan, actualmente, postos de relevancia en diferentes ámbitos culturais.2021-05-0501 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL Noticias103 anos da Liga de Amigos de O RosalA Sociedade Liga de Amigos de O Rosal cumpre hoxe nada máis e nada menos que 103 anos de vida, dende que se fundou aquel 5 de maio de 1918. A entidade rosaleira está presidida na actualidade por César Conde Martínez dende o ano 2014. Lembramos que recentemente, con motivo do seu I Centenario, publicouse o libro A Sociedade Liga de Amigos. Cen anos de historia (1918-2018) da autoría do investigador Xoán Martínez Tamuxe.2021-05-0501 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasUn rosaleiro, campión de inverno da "Liga Fantasy Baixo Miño"En setembro de 2020, tras retrasar a pandemia do coronavirus a finalización da tempada anterior, arrancou a Liga de Primeira División de España 2020-21 (tamén coñecida como LaLiga ou LaLiga Santander), un torneo organizado pola Liga de Fútbol Profesional. Esta tempada, varios veciños do Rosal e A Guarda, están participando en “LaLiga Baixo Miño”, o único xogo de mánager de fútbol oficial de LaLiga, con ránking xeral e puntuacións basadas nos resultados e estatísticas oficiais de LaLiga Santander.2021-01-2005 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x21 - A ermida de Santa Trega de Pías (O Rosal)Falaremos nesta ocasión do curioso descubrimento dunha ermida na honra de Santa Trega en O Rosal, un achádego que foi posible grazas ao estudo da abundante documentación do mosteiro de Santa María de Oia. O noso especial recoñecemento para o amigo Agustín Alonso, noso ilustrado colaborador en temas históricos.2020-09-1604 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasO Mundial e Francia agardan a Gabriel MarcelliO piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido (Montesa) disputará esta fin de semana na estación de esquí alpino de Isola 2000 (Francia) a primeira proba do Campionato do Mundo de Trial FIM Hertz 2020. Gabri, que contará para esta tempada con Aitor Jiménez, o seu novo mochileiro, compite dende o 4 ao 6 de setembro en terras galas. Logo virán as citas de Pobladura de las Regueras (España), Sant Juliá (Andorra) e Lazzate (Italia).2020-09-0302 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasUn rosaleiro, campión de Galicia de "jabalina"O deportista rosaleiro Jonathan Correa Prado (Real Club Celta de Atletismo) vén de proclamarse esta fin de semana en A Coruña, Campión Galego Absoluto de Xavelina cun lanzamento de 59.39 metros, que é tamén a súa mellor marca persoal. Jonathan é pupilo avantaxado do olímpico David Gómez.2020-09-0201 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x17 - I Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do MiñoNeste episodio número 17 de Letras da Comarca te recomendamos unha ocasión fantástica para que coñezas mellor e a fondo a bibliografía da nosa terra ou cando menos as súas obras literarias e históricas máis significativas. Convidámoste pois, a que asistas ao “I Encontro do Libro Luso Galaico da Ribeira do Miño”, un evento cultural con todas as medidas de seguridade contra a Covid-19, que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños de Caminha e A Guarda, a ámbalas dúas ribeiras do Río 2020-08-2003 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x16 – La Citania de Santa Tecla o Una Ciudad Prehistórica Desenterrada, de Julián López GarcíaHoxe, no episodio número 16 de Letras da Comarca, abordaremos o libro “La Citania de Santa Tecla o Una Ciudad Prehistórica Desenterrada”, da autoría de Julián López García, que naceu o 5 de xullo de 1860 en A Guarda e morreu na mesma localidade o 4 de abril de 1938. Farmacéutico, foi promotor e presidente da Sociedad Pro Monte Santa Tecla así como membro da Sociedad Española de Historia Natural.2020-08-1304 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x15 – La Guardia, El Rosal y Oya, de Ángel L. TroncosoEste decimoquinto episodio de Letras da Comarca imos a dedicarllo ao libro “La Guardia, El Rosal y Oya”, da autoría do investigador guardés Ángel Luis Troncoso Alonso. Troncoso foi un escritor e colaborador de prensa. Entre outras asociacións, foi secretario da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla ou cofundador da Agrupación Polifónica Guardesa. Editado polo propio autor no ano 1979, este libro de máis de 200 páxinas, leva fotografías de Cadilla, Rivas e a Comisión das Festas do Monte. Ademais conta con ilustracións de Berto e o artista rosaleiro Florindo Álvarez Martínez.2020-08-1303 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasAxenda Verán A Guarda 2020Continúa a programación da axenda de verán 2020 na Guarda Lembramos que seguen as visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á Embarcación Piueiro, cinema na rúa, visitas teatralizadas e espectáculos infantís, que compoñen a programación para esta semana.2020-08-1003 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasEl Kayak Tudense reina en GaliciaEl Kayak Tudense Axuda Paramos se proclamó campeón gallego en sénior masculino y conquistó el subcampeonato en femenino. El club tudense sumó un total de 16 medallas, seis de oro, otras tantas de plata y cuatro de bronce. La competición se disputó en Verducido (Pontevedra) con la organización de la Federación Gallega de Piragüismo, que dentro de su protocolo dividió el torneo en dos días. Se adoptaron todas las medidas de seguridad que a las que obligan las autoridades sanitarias.2020-08-1002 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasMarcelli, a 8 puntos do líder do Campionato de España de TrialO piloto rosaleiro Gabriel Marcelli vén de rematar na cuarta posición na segunda proba disputada esta fin de semana en Pobladura de las Regueras (León), correspondente á máxima categoría do Campionato Nacional de TR1. Tal e como lemos na web de Montesa “Gabriel Marcelli ha finalizado nuevamente en cuarto lugar, a ocho puntos del podio tras cometer algunos errores en el recorrido“.2020-07-1301 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasO futbolista Álex Ferreira regresa ao RiberaO futbolista rosaleiro Álex Ferreira Lagos “Alexsín”, segundo comunica a U.D. Ribera nas redes sociais, “volverá a vestir de verde está temporada. Jugador con mucha clase, tacto exquisito de balón, Álex vuelve a la que fue su casa!! Más cimientos!! Vamos Ribera!!“2020-07-1301 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasO Novás presenta ao seu novo técnico, Álvaro SenovillaBALONMÁN. Segundo vén de comunicar o Acanor Atlético Novás, o club presentará en sociedade ao seu novo adestrador, Álvaro Senovilla. Para asistir ao evento é necesario inscribirse enviando un correo a info@atleticonovas.com ou mesmo escribir un WhatsApp ao número 660 928 686.2020-07-1301 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasO Rosal, un paraíso natural. Episodio 2A Feira do Viño estrea páxina web. Dende hoxe mesmo o público poderá informarse e desfrutar de todo o que acontece e acontecerá na XXVIII edición da feira a través de feiradoviño.gal, unha páxina que artellará toda a programación virtual e a propia tenda en liña na que se poderán mercar aos mellores prezos viños con D.O. Rías Baixas, subzona O Rosal.2020-07-0904 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasO Rosal, un paraíso natural. Episodio 1Hoxe é un caluroso luns 6 de xullo de 2020. Din que rondaremos os 33 grados. Sempre con sentidiño, pero aproveitade estes fermosos días. Que ben se debe estar agora mesmo á sombriña nas Aceñas ou tomando o sol nas Eiras ou na Pesqueira. Hoxe, en Actualidade, falamos da cita previa do Punto Limpo do Rosal. Ademais, en deportes, repasaremos as altas e baixas da U.D. Ribera e do Atlético Novás para tempada 2020/21.2020-07-0605 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasA Guarda reabre o MASAT e a Casa do MarTal e como se informa dende o departamento de Comunicación e prensa do concello da Guarda, coa entrada do mes de xullo estase procedendo a apertura de varios servizos e infraestruturas turísticas como o Museo Arqueolóxico de Santa Trega e o Museo do Mar.2020-07-0402 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasSocorrista na praia das Eiras (O Rosal)A praia das Eiras contará dende esta mesma fin de semana cun socorrista encargado das tarefas de vixilancia, prevención e salvamento das persoas que acudan durante a tempada fluvial a esta praia e á súa contorna, así como do control das medidas de seguridade derivadas da nova normalidade consecuencia do COVID-19.2020-07-0301 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasPresentación da XXVIII Feira do Viño do Rosal 2020Este martes 30 de xuño tivo lugar na Praza do Calvario a presentación da XXVIII edición da Feira do Viño do Rosal 2020, declarada Festa de Interese Turístico. Cunha calor propia xa desta estación do verán, a alcaldesa da vila, Ánxela Fernández Callís e o presidente da Asociación de Adegueiros do Rosal, Enrique Costas, ofreceron -baixo o agradecido acubillo da sombra dunha árbore- unha pequena rolda de prensa para os diferentes medios xornalísticos que ata alí nos achegamos para cubrir o evento.2020-06-3009 minRADIOROSAL NoticiasRADIOROSAL NoticiasA Agrupación Musical do Rosal ensaia ao aire libreA Agrupación Musical do Rosal que preside Andrés García Jiménez retomará esta mesma semana os ensaios tras o parón pola crise da COVID-19. Para garantir todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias todos os ensaios realizaranse ao aire libre na rúa situada entre o auditorio municipal e o centro de saúde.2020-06-2601 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x14 - La citania de Santa Tecla, de Cayetano de MergelinaCo fin de seguir recuperando e á vez ordenando o arquivo bibliográfico do Baixo Miño, este decimocuarto episodio de “Letras da Comarca” dedicarémosllo ao libro “La citania de Santa Tecla”, de Cayetano de Mergelina. Esta publicación, a modo de segunda edición, foi realizada polo Padroado do Monte Santa Trega en 2001, estando dirixida por Antonio Martínez Vicente e Celso Rodríguez Fariñas.2020-06-2404 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x20 - O ROSALEIRO, xornal cultural e deportivo de O RosalNace "O ROSALEIRO", xornal de temática histórica, cultural e deportiva, que se presentou na Librería Ideas de O Rosal o pasado venres 12 de xuño de 2020. Neste primeiro número, de edición limitada, poderás ler diferentes artigos de investigación, así como unha crónica de Sergio Diego "Frony" sobre o ascenso do Atlético Novás a División de Honor Prata do balonmán nacional. O Baixo Miño, con "Veciñ@s da Comarca", tamén terá presencia neste xornal de periodicidade bimensual.2020-06-1707 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x19 - A Ruta dos Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)Pequeno podcast sobre a ruta dos Muíños do Folón e do Picón en O Rosal (Pontevedra). Trátase do 19º episodio do programa "Historias de O Rosal". Estes 67 enxeños hidráulicos galegos son un conxunto histórico-etnográfico único no mundo. A súa técnica de construción, recoñecida pola UNESCO.2020-06-0806 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x13 - El Camino Portugués de la CostaHoxe, neste decimoterceiro episodio de Letras da Comarca, falaremos do libro “El Camino Portugués de la Costa”, editado pola Asociación Amigos de los Pazos no ano 2002, con textos de Grato Amor Moreno, Inâcio Fernandes da Rocha, Ernesto Iglesias Almeida e Carlos del Río Bouzas.2020-06-0804 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x12 - Marcas e siglas dos mariñeiros da Guarda, de Agustín FerreiraImos a dedicarlle este duodécimo episodio de Letras da Comarca a un libro que en verdade acabamos de adquirir esta semana en Librería Ideas e que xa forma parte da nosa biblioteca. Trátase da obra “Marcas e siglas dos Mariñeiros da Guarda”. Esta publicación, de case 150 páxinas e fotografías a toda cor, é da autoría do mestre Agustín Ferreira Lorenzo, que naceu na vila do Trega o 3 de xaneiro de 1953.2020-06-0605 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x18 - Os petróglifos (gravados rupestres) de O RosalHoxe falaremos dalgúns dos petróglifos ou gravados rupestres de O Rosal, en concreto, da Época do Bronce... e basarémonos para isto, íntegra e literalmente, nun artigo de investigación escrito por Xoán Martínez Tamuxe que sairá proximamente á luz. A derradeira ferramenta de pedra que o home primitivo utilizou foi a “machada pulimentada” e fíxoo na época prehistórica coñecida co nome de Neolítico.2020-05-3009 minHistorias de O RosalHistorias de O RosalBaixo Miño. Especial Letras Galegas 2020Hoxe, en "Historias de O Rosal" imos a falar das Letras Galegas, pero iso si, desta quenda a nivel comarcal, é dicir, o Baixo Miño, pois no ano 1982 constituíuse a Agrupación Cultural Guardesa. Dende hai case 40 anos, esta institución vén homenaxeando, paralelamente aos actos oficiais do Día das Letras Galegas, a un persoeiro da nosa cultura do Baixo Miño (ou o que é o mesmo, de Tui, Tomiño, O Rosal, Oia e A Guarda). Graciñas dende aquí a Victoriano Rodríguez González pola súa inestimable colaboración para a realización deste podcast cul2020-05-1714 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x16 - A historia da Ponte do Tamuxe (O Rosal)Hoxe abordaremos a vosa seguinte proposta, A Ponte do Tamuxe, que foi a segunda opción máis votada -tras os Sepulcros de Marzán- na última enquisa que realizamos en redes sociais. Para este podcast basarémonos nun artigo histórico que publicamos en outono de 2019 no número 3 da revista trimestral galega COUSAS DE, que dirixe o amigo Jesús García Bastida e que titulamos: “O Tamuxe, símbolo heráldico do Rosal, testemuña de minas de ouro dos romanos, de lendas e guerras con Portugal”. Ademais, falaremos en primicia co escultor e mestre canteiro da vila, Julio Mart...2020-05-1512 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x11 - As labaradas da lembranza, de X.C. Gómez AlfaroXosé Carlos Gómez Alfaro, foi sen dúbida, como temos repetido dende o mesmo 2008, un dos grandes culpables do nacemento da web cultural Noticias O Rosal e, por conseguinte, desta canle que estás escoitando, RadiORosal. Con este undécimo episodio de Letras da Comarca queremos honrar a súa figura, comentando o libro “As Labaradas da lembranza” editado no ano 1996 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A obra, de 70 páxinas, con debuxos da artista guardesa Alicia Alonso, está dedicada ao seu fillo Carlos, in memoriam e tamén á súa muller, Rosa Berta.2020-05-1406 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x15 - En Directo. "Os sepulcros de Marzán"Primeiro programa EN DIRECTO que realizamos en RadiORosal e que ten aos "Sepulcros de Marzán" como protagonistas. Realizouse por petición expresa dos nosos oíntes. Analizamos os dous sepulcros antropomorfos (de home e de muller) que existen no lugar de San Vicente (Marzán-ORosal).2020-05-0913 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x10 - Mayo por El Rosal, de Eliseo AlonsoEste décimo episodio de Letras da Comarca, ao igual que o número 1, ímosllo dedicar ao escritor e poeta de Goián, Eliseo Alonso, que como lembrades, foi colaborador de prensa, radio e televisión, ademáis de membro da Real Academia Galega, con diferentes premios a nivel nacional e aínda internacional. O artigo protagonista deste podcast leva por título “Mayo por El Rosal. Que muito Val”, publicado no Libro de Festas do Pilar en 19712020-05-0406 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x09 - Cando eu era pequerrecho, de Santos ÁlvarezNeste noveno episodio de “Letras da Comarca”, falaremos por vez primeira, dun artigo. Este relato, que leva por título “Cando eu era pequerrecho”, forma parte da publicación “Fiestas del Pilar, 24-15 de julio”, editada en O Rosal no ano 1970. O seu autor é Santos Álvarez Fernández, rosaleiro do lugar da Lomba.2020-05-0206 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x08 - Diccionario Galego-Castelán, de X.L. Franco GrandeImos dedicarlle este oitavo episodio de “Letras da Comarca” a Xosé Luis Franco Grande, que naceu en Tebra (Tomiño) o 17 de febreiro de 1936 e finou hai moi pouquiño, o pasado 31 de marzo deste 2020. Xosé Luis foi un escritor, lexicógrafo, poeta e avogado. Membro do Consello da Editorial Galaxia e tamén de número da Real Academia Galega dende 1998. Entre outros galardóns, foi nomeado Fillo Predilecto do Concello de Tomiño en 2011.2020-04-2804 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x14 - Capela da Nosa Señora da Morte (San Miguel de Tabagón)Hoxe imos a falar da desaparecida capela da Natividade, coñecida tamén como de Nosa Señora de Mortedo (tamén da Morte) ou mesmo da Nosa Señora do Orto, que segundo a nosa investigación estivo ubicada na parroquia de San Miguel de Tabagón. Xa no século XV se coñecía a súa devoción e ermida.2020-04-2806 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x07- Antes y ahora, de Emilio RolánEste sétimo episodio de “Letras da Comarca” ímolo dedicar a un libro de Emilio Rolán Mosquera, mestre, médico e biólogo nacido en A Guarda en 1935. Emilio Rolán é licenciado en Medicina e Cirurxía e doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, recibindo ademais o premio de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.2020-04-2104 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x06 - Crónica biográfica de Camposancos y su entorno, de Antonio García LagoNeste sexto programa lembraremos o libro “Crónica biográfica de Camposancos y su entorno”, obra de Antonio García Lago. García Lago, de carácter recio e afable, con aptitudes para a música, a oratoria, o debuxo e a literatura, foi un notable investigador, redactor e colaborador de diferentes publicacións locais, da revista “Nosa Lucha” de A Guarda ou tamén da Gran Enciclopedia Gallega de 1974.2020-04-2105 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x05 - Castellum Tyde nº 1, do Instituto de Estudios TudensesDedicaremos este quinto programa á primeira publicación editada polo Instituto de Estudios Tudenses. Lembramos en RadioRosal que o Instituto de Estudios Tudenses foi fundado en Tui o 16 de febreiro de 1991 e dende aquela ven impulsando a investigación sobre a cidade de Tui e os territorios da súa antiga provincia e diócese, así como por extensión, Galicia e o Norte de Portugal, que recolle especialmente na revista “Castellum Tyde” que edita periodicamente.2020-04-1705 minLetras da ComarcaLetras da Comarca1x04 – Monasterio y Parroquia de Oia, de Avelino BaqueroNeste cuarto programa falaremos do libro “Breve historia del Monasterio y Parroquia de Santa María de Oia”, obra de Avelino Baquero Alonso, que naceu en San Xoán de Tabagón (O Rosal) o 10 de novembro de 1957.2020-04-1604 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x13 - A capela de San Pedro en Tabagón (O Rosal)Hoxe entrevistaremos no 13º episodio de Historias de O Rosal ao escritor rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, que vén de publicar un estudo de investigación sobre unha desaparecida capela que segundo as súas pesquisas existiu na parroquia de San Xoán de Tabagón.2020-04-1405 minLetras da ComarcaLetras da ComarcaEp. 3 - "El Convento de las Benedictinas de A Guarda", de Miguel VillaAbordaremos neste terceiro programa de “Letras da Comarca” un libro do doutor en Historia pola Universidade de Santiago, Joaquín Miguel Villa Álvarez, que naceu en A Guarda o 22 de xullo de 1967. Villa é profesor do colexio Pais Somascos da vila do Trega dende o ano 1989. Especialista na emigración galega a Puerto Rico e República Dominicana, ten publicado tamén diferentes libros sobre asociacións, destacando a serie “Las Sociedades de A Guarda y su comarca”. Pero hoxe falaremos da súa obra “El Convento de las Benedictinas de A Guarda. 1558-1984”.2020-04-1305 minLetras da ComarcaLetras da ComarcaEp. 2 - Santa Trega, de Antonio de la Peña SantosNeste segundo programa de “Letras da Comarca”, vos confesamos que sen rexirnos por cronoloxía, orde estipulada ou preferencia algunha, falaremos dun libro de Antonio de la Peña Santos, arqueólogo nacido en Pajares de los Oteros (León) o 10 de abril de 1952. De la Peña é, entre outros organismos e asociacións, membro do Instituto de Estudos Galegos e da Real Academia Catalá de Belas Artes.2020-04-0905 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x12 - Entrevista ao míster Diego ÁlvarezHoxe imos a falar un pouco de deporte e en concreto, de fútbol. Para iso é un pracer ter con nós en RadioRosal ao míster de Pancenteo, Diego Álvarez Fernández, que os últimos anos estivo desempeñando o cargo de Director Deportivo da Juventus de Turín en Madrid ademais de ser adestrador de fútbol profesional da Juventus Academy. Preguntarémoslle a que se adica na actualidade e comprobaremos como está pasando -cónstanos moi ao seu pesar- estes difíciles tempos de confinamento en Madrid.2020-04-0914 minLetras da ComarcaLetras da ComarcaEp. 1 - "Bajo Miño y Costa Sur", de Eliseo AlonsoNeste novo programa de RadioRosal imos a falar de autores do Baixo Miño e a súa obra. Igualmente, coñeceremos a diferentes escritores e escritoras de fóra da nosa Comarca pero iso si, que escribiron, e moi ben por certo, sobre ela. Comezamos este episodio piloto cun dos nosos grandes escritores, Eliseo Alonso, que naceu o 1 de marzo de 1924 en Goián (Tomiño) e morreu en La Habana (Cuba) o 18 de novembro de 1996.2020-04-0807 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x11 - A capela de San José de VentoselaTras estudar a capela de San Sebastián e Santa Ana así como a da Magdalena en Eiras, é a quenda de coñecer a ermida de San José de Ventosela, situada no barrio da Videira, na xuradía de Novás. O licenciado D. José de Ucha Ribero instituiu e fundou esta capelanía o 29 de xuño de 1694, data que figura gravada no mesmo frontal da ermida.2020-04-0607 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x10 - José Martínez de Sousa, escritorHoxe profundizaremos na vida e obra de José Martínez de Sousa, recoñecido lexicógrafo e técnico editorial, natural de San Miguel de Tabagón, onde naceu o 25 de outubro de 1933. O escritor rosaleiro ten dado infinidade de conferencias e cursos sobre cuestións de linguaxe, tradución, ortografía e ortotipografía españolas.2020-04-0310 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x09 - A Praza de Abastos de O RosalHoxe, en Historias de O Rosal, imos a falar da Praza de Abastos da nosa vila, tras a publicación dun artigo histórico sobre a construción da antiga de 1907 e a, actual, que data de mediados do século XX. Tes máis información e podes ler o artigo completo en www.noticiasorosal.es2020-03-3104 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x08 - A capela da Magdalena en EirasDespois de facer un repaso da historia da capela de San Sebastián e Santa Ana, tócalle desta vez a quenda á ermida de Santa María Magdalena, na parroquia de Eiras. Segundo a nosa investigación a capela da Magdalena estaría coidada por ermitaños que vivirían en covas, abrigos naturais ou en humildes vivendas, sobre todo ata o século XII.2020-03-2707 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x07 - As capelas do Rosal. San Sebastián e Santa AnaBenvidos e benvidas ao 7º episodio de Historias de O Rosal. Hoxe, tras chegarnos unha nova petición dun dos nosos oíntes, falaremos das capelas da vila. E imos comezar pola de San Sebastián e Santa Ana (xuradía de Novás), na parroquia de Santa Mariña do Rosal.2020-03-2707 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x06 - Igrexa de Santa Mariña do RosalComezamos co 6º episodio de Historias de O Rosal, que desta vez, por petición da nosa oínte Ana, versará sobre a igrexa parroquial de Santa Mariña. O templo, en orixe de estilo románico, data do século XII e emprázase sobre un xacemento arqueolóxico, da época galaico-romana.2020-03-2510 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x05 - Florindo Álvarez Martínez "Floro"Programa dedicado ao pintor e debuxante rosaleiro Florindo Álvarez Martínez, máis coñecido por "Floro de Pancenteo". O pasado mes de febreiro, en concreto o día 26, cumpríronse 8 anos do seu falecemento. En 1966 desprazouse ata Madrid, onde se matricula na Escuela de Artes Aplicadas, obtendo o número 1 da súa promoción (1968-69) en composición e debuxo.2020-03-2411 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x04 - Julio Sesto, o escritor 'TOP' de O RosalNesta ocasión imos a coñecer un pouquiño sobre a figura de Julio Sesto, o máis ilustre escritor rosaleiro da historia, autor de algunhas obras que incluso foron levadas, á gran pantalla, ao cine. Quizais sóache o seu nome porque ten unha rúa ou mellor dito, unha avenida, en pleno centro do Calvario.2020-03-2309 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x03 - O Río MiñoEpisodio nº 3 da nosa canle, que hoxe ten ao río Miño como protagonista. Por petición expresa de Lola, unha das nosas oíntes, enfocamos este podcast para todos os públicos, pero en especial dedicado aos máis pequenos, para animalos nestes tempos de confinamento.2020-03-2107 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x02 - A orixe do topónimo 'O Rosal'¿De onde ven o topónimo O Rosal? ¿Cal é a súa orixe etimolóxica? ¿Deriva o seu nome da rosa? Hoxe imos a descubrir por fin unha das cuestións máis demandadas polos nosos veciños. Falaremos co experto na materia, o historiador e investigador da vila, Xoán Martínez Tamuxe.2020-03-2004 min