Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Praza.gal

Shows

InformativosInformativosEnt. Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - supresión praza Traballo Social na USM TuiA Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui reclama que non sexa suprimida a praza de Traballo Social, na Unidade de Saúde Mental do Centro de Saúde de Tui, na que se presta atención aos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal, Oia e Salceda de Caselas. Así o explicaba hoxe Conchi Martínez da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, quen explicaba que hoxe é o último día no centro tudense da persoa que ocupaba até o de agora a praza. Tamén deu conta de como está o Centro de Saúd...2025-05-3005 minVoces de Ferrol - RadioVozVoces de Ferrol - RadioVozFerrol Vello celebra o seu primeiro caixeiro automático e organiza un mercadiño este sábado na Praza VellaDespois de anos de demandas veciñais, Ferrol Vello conta por fin cun caixeiro automático. O dispositivo comezou a instalarse onte na rúa San Francisco, preto do estanco, e foi recibido con grande entusiasmo polos residentes e pola Asociación de Veciños, que levaban décadas reclamándoo. A presidenta da AVV, María Xosé Peniza, amosou a súa sorpresa e ledicia ante a chegada inesperada deste servizo, do que aínda se descoñece quen foi o responsable da súa xestión. O barrio, con máis de 25 establecementos hostaleiros, actividade turística e portuaria, carec...2025-04-2514 minCities and Memory - remixing the worldCities and Memory - remixing the worldPraza das PrateríasAt the core of Santiago de Compostela, Praza das Praterías (Plaza de las Platerías) pulses with the sounds that embody its spiritual and cultural spirit. The resonant toll of bells from the nearby cathedral forms a solemn call, echoing across the plaza as pilgrims gather, their conversations blending into the hum of the crowd. Galician bagpipes provide a distinct, melodic layer to the atmosphere, their notes weaving through the lively surroundings and grounding the scene in regional tradition. The recording reflects the steady tread of pilgrims, their steps echoing the weight of their long journey, each fo...2025-03-2701 minFálaseFálaseFálase 65 - Xornalistas en Angrois e o que queda por contarCon David Reinero, xornalista de Praza.gal, e mais con Aida Rosell (Europa Press) e Pablo González (La Voz de Galicia) analizamos as repercusións da sentenza polo accidente do Alvia e o percorrido que aínda fica por diante. Conducido por David Lombao, director de Praza.gal.2024-10-1734 minFálaseFálaseFálase 64 - Entrevista con Jesús DomínguezNo Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, falamos co presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, tras a primeira sentenza sobre o sinistro. "Agora hai unha sentenza que di que aparte do maquinista o responsable é Adif. O ridículo dos nosos gobernantes seus enganos foi terrible", afirma tras un ditame que ve como "un triunfo de todos" porque, de agora en diante, "antes de inaugurar unha infraestrutura sen seguridade vano pensar"2024-07-2810 minFálaseFálaseFálase 63 - Entrevista con Nicolás G. CasaresEntrevistamos o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, referente do PSdeG na candidatura do PSOE para as eleccións europeas do 9X. Con el conversamos sobre o balance do seu labor na Eurocámara en áreas como a reforma do mercado eléctrico e abordamos asuntos como a transición ecolóxica, o proxecto de Altri ou os riscos dun continente gobernado pola dereita e a extrema dereita2024-06-0629 minFálaseFálaseFálase 62 - Entrevista con Ana MirandaRecibimos neste episodio do Fálase a Ana Miranda, eurodeputada do BNG e candidata a seguir séndoo os vindeiros cinco anos. "O escano do BNG ten unha axenda galega sen render contas: gobernamos nós a nosa casa, tamén no Parlamento Europeo", defende nesta entrevista, na que que subliña a importancia duns comicios que tamén ve clave para frear a extrema dereita2024-05-3028 minFálaseFálaseFálase 61 - As Letras de Luísa VillaltaEste ano estamos a seguir os pasos de Luísa Villalta. Dramaturga, narradora, ensaísta, filóloga, violinista, profesora e poeta. A artista coruñesa homenaxeada no Día das Letras pola Real Academia Galega ten tantas facetas que adentrarse na súa obra é toda unha aventura. Neste episodio do Fálase contamos coas escritoras e mestras Beatriz Maceda e Eli Ríos, que están a vivir con intensidade as celebracións deste 20242024-05-1725 minFálaseFálaseFálase 60 - Nun bar con máis cuñadosNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, Ana G. Liste senta con Federico Pérez e Yolanda Muíños para, entre polbo e ribeiro, conversar sobre +Cuñados, o filme co que volven ás pantallas tras o éxito e gargalladas da primeira parte e que chega ás salas de cinema este 19 de abril con arrecendo a entroido ourensán2024-04-1834 minFálaseFálaseFálase 59 - Da anestesia política galega ao doutor SlumpNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, tentamos pasar á sección de espertar para ver se, entre a anestesia, temos algo que falar sobre o panorama político do país saído das eleccións que (lembran?) se celebraron hai xa case dous meses. Ademais, Vanesa Vázquez preséntanos os primeiros contidos da nova xeira de VINTE, unha revista en transición2024-04-0421 minFálaseFálaseFálase 58 - O que votaron os barriosNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos con Vanesa Vázquez e Miguel Pardo aos barrios máis mozos do país, en Vigo e na Coruña, onde o amplo apoio do BNG levou a non pouca veciñanza a pensar, por unhas horas, que o 18F trouxera consigo o cambo político para Galicia2024-02-2935 minFálaseFálaseEspecial Fálase 18F - Entrevista con José Ramón Gómez BesteiroO candidato do PSdeG á presidencia asegura percibir "que se reactivan os votantes do Partido Socialista nas locais e xerais que ás veces están parados nas autonómicas" e subliña que o seu partido, como "esquerda que xestiona", pode ter "protagonismo" nun cambio de Goberno que ve perfectamente viable se todo o electorado que quere "poñer fin á perda de oportunidades" para Galicia vai votar o 18F. Con el conversamos sobre o contexto electoral e as súas propostas.2024-02-0728 minFálaseFálaseEspecial Fálase 18F - Entrevista con Ana PontónVolve o Fálase de Praza.gal cun primeiro episodio especial centrado na campaña das eleccións galegas do 18F. No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, entrevistamos á portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón. "O PP baixa e o BNG sobe: se a xente que quere cambio vota, o 18 de febreiro imos sorrir", asegura.2024-02-0522 minFálaseFálaseFálase 55 - Memoria e fin de tempadaNeste episodio número 55 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, aproveitamos a fin da tempada para facer un pouco de memoria sobre o 'curso' informativo que remata, que comezou no outono do pasado 2022 e que finaliza aínda coa resaca das eleccións municipais e ollando cara ás xerais. Polo medio, moitas historias e moitos temas que agora lembramos.2023-07-0625 minFálaseFálaseFálase 54 - A loita das enfermeiras non cesa e unha conversa distinta con Ana PontónNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos máis da reivindicación das Enfermeiras Eventuais en Loita tras unha nova protesta masiva nas oposicións do Sergas celebradas a pasada fin de semana. No espazo de VINTE, con arrecendo a verán, sabemos da conversa con Ana Pontón no Café Derby 21, viaxamos ao Porto e escoitamos músicas para a calor2023-06-2931 minFálaseFálaseFálase 53 - Anatomía do de OurenseNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, acompáñanos o xornalista ourensán Javier Fraiz para axudarnos a entender un pouco mellor o acontecido en Ourense coas intensas negociacións tras as eleccións municipais, que acabaron desembocando nun novo pacto entre o PP e Jácome, e as súas posibles repercusións locais e galegas2023-06-2224 minFálaseFálaseFálase 52 - Alfonso de Suíza, alcalde galegoNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Alfonso Gómez, novo alcalde da cidade suíza de Xenebra, nacido en Corme. O rexedor, neto de represaliado no franquismo, segue moi ligado ao noso país e cre que a súa chegada ao cargo ten un punto de dobre reivindicación: das súas raíces galegas e da importancia da integración da inmigración nos países de destino2023-06-1520 minFálaseFálaseFálase 51 - Alcaldías pola esquerda e un goberno progresista que gaña votosNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos as negociacións en marcha para conformar novos gobernos progresistas en múltiples vilas e cidades e escoitamos algo do que nos contou Lara Méndez, alcaldesa socialista de Lugo, que será reelixida outra volta cos votos de PSdeG e BNG. No espazo de VINTE achegámonos ás Novas Camadas do Festival de Cans, escoitamos a música de Caldo e sabemos do proxecto que quere achegar a política ourensá á mocidade "abandonada"2023-06-0827 minFálaseFálaseFálase 50 - As municipais foron galegasNo episodio número 50 do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os resultados do 28M co foco en lugares significativos polas maiorías ás que deron lugar as urnas e, sobre todo, porque mantiveron unha dinámica propia que, como os resultados galegos en xeral, non encaixan no 'tsunami' da dereita debuxado para o conxunto do Estado. Da Coruña a Vigo detémonos en Santiago, onde Goretti Sanmartín será alcaldesa polo BNG. Tamén debullamos o resultado da gran batalla de Lugo, onde PSdeG e BNG revalidarán os gobernos do Concello e...2023-06-0127 minFálaseFálaseFálase 49 - Barreiros, zona cero: do ladrillazo ao cambio políticoNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, regresamos a Barreiros para repasar o longo percorrido xudicial e político da desfeita urbanística que padeceu este concello mariñao a principios de século co antigo goberno local do PP e falamos coa súa alcaldesa, Ana Ermida, do BNG, que aspira á reelección tras chegar ao goberno en 2019. Ademais, escoitamos algunhas das impresións máis destacadas de PP, PSdeG e BNG na recta final da campaña do 28M2023-05-2522 minFálaseFálaseFálase 48 - Claves galegas das eleccións municipais do 28MA poucas horas do inicio da campaña do 28M, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o taboleiro electoral local de Galicia e tamén poñemos o foco nalgúns dos puntos clave aos que haberá que ollar con atención na noite dos comicios. Coa redacción do xornal percorremos as cadeiras do poder municipal máis relevantes e non perdemos de vista a outra batalla fundamental, a das deputacións2023-05-1134 minFálaseFálaseFálase 47 - Folga sanitaria, folga na CRTVGNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, repasamos o acontecido coa folga médica convocada en solitario por un único sindicato e a contrariedade que xerou nos movementos a prol da sanidade pública e nas centrais sindicais con representación nas negociacións coa Xunta. Falámolo con Manuel G. Moreira, secretario nacional da CIG-Saúde. Ademais, achegámonos á mobilización do persoal da CRTVG, que continúa coas folgas e levou a súa loita ante o Senado2023-04-2730 minFálaseFálaseFálase 46 - Falamos de onde vivimosO dereito á vivenda regresa ao centro da axenda política coa nova lei estatal ou o plan para alugar a prezo accesible pisos do banco malo. Analizámolo no novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao. Ademais, con VINTE escoitamos as músicas de Ramona, a protagonista de Matria, e anotamos varias citas culturais de interese na Coruña2023-04-2029 minStuart Bowditch PodcastsStuart Bowditch PodcastsPraza Da Quintata De Vivos, Santiago de Compostela, Spain - Procession of the Holy EncounterAt the end of my Camino journey, taking 8 days from to reach Santiago de Compostela from Sarria, I was lucky enough to find Procession of Holy Encounter in the centre of the city and followed the procession through the narrow streets for 20 minutes to the central Praza da Quintana De Vivos next to the Cathedral. I positioned myself in the middle of all of the people taking part and in front of, but not too close to, a tannoy speaker. 13 seconds after I pressed record the liturgy began. Tune in to also hear sombre music (advice as to which piece...2023-04-1540 minFálaseFálaseFálase 45 - O que pasa cos autobuses en Galicia e a despedida de LeilíaNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, explicamos as diversas fontes de conflito abertas no sector dos autobuses, marcado polos pronunciamentos xudiciais que nas últimas semanas ordenaron á Xunta que sancione a Monbus e Alsa e mais emprenderon dilixencias por prevaricación contra o director de Mobilidade do Goberno galego. Ademais, achegámonos ás Leilía, as pioneiras pandeireteiras que tras tres décadas nos escenarios inician a súa xira de despedida2023-04-1326 minFálaseFálaseFálase 44 - De Novacaixagalicia a Credit SuisseNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, buscamos semellanzas e diferenzas entre as actuais turbulencias bancarias e a crise financeira de hai unha década e, da man dunha testemuña directa, lembramos como aquel colapso levou por diante as desaparecidas grandes caixas galegas. Con VINTE descubrimos novas músicas, dende a nova entrega das Miudiño Sessions protagonizada por Lucía Aldao ata a folctrónica de Lontreira, e internámonos por dúas rutas, unha elaborada pola intelixencia artificial e outra ben natural, de Carnota a Noia2023-03-3038 minFálaseFálaseFálase 43 - Mulleres de MatriaEn vésperas da estrea de 'Matria', de Álvaro Gago, no podcast informativo de Praza.gal, con David Lombao e Ana G.Liste, xuntamos á súa protagonista, María Vázquez e mais a Francis Iglesias, a muller na orixe da historia do filme, nunha conversa cómplice que transloce unha esperanza: que haxa mulleres que, ao vela, "peten co pé no chan e digan ata aquí, eu tamén estou vivindo iso e non aguanto máis"2023-03-2333 minFálaseFálaseFálase 42 - Se Gary Lineker saíse na TVGMentres o caso Lineker axitaba a BBC, na CRTVG desenvolvíase unha nova folga de persoal. No Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, buscamos semellanzas e diferenzas entre ambos conflitos, escoitamos as razóns do comité intercentros dos medios públicos galegos para mobilizarse conversando coa súa voceira, Raquel Lema, e repasamos os motivos do director xeral da corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, para rexeitar todos os seus argumentos2023-03-1638 minFálaseFálaseFálase 41 - Vento público na eólica mariñaNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, explicamos o aprobado nos plans de ordenación do espazo marítimo relativo á eólica mariña e co profesor Pedro Varela sabemos da importancia da participación pública nos proxectos para "socializar os beneficios". Con VINTE, sabemos máis de 'Matria', o filme de Álvaro Gago antes da súa chegada ás salas de cinema e percorremos a Terra do Medio a través de dúas atractivas e gorentosas rutas2023-03-0935 minFálaseFálaseFálase 40 - As voces que aínda contan Angrois e o seu xuízoNo episodio número 40 do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, xuntamos tres xornalistas que continuaron informando sobre o accidente de Angrois cando os focos se apagaron e que agora están seguindo moi de preto todo o que sucede no xuízo polo sinistro. Con David Reinero, Aida L. Rosell e Pablo González repasamos máis destacado do acontecido no groso da parte penal do proceso e o que está por vir2023-03-0237 minFálaseFálaseFálase 39 - A sanidade pública reborda no Obradoiro e un fito histórico para o cinema galegoNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, facemos balance da concorrida manifestación de SOS Sanidade Pública falando co seu voceiro, Manuel Martín, e mais escoitando as impresións do Goberno do PP, do BNG e do PSdeG. Con VINTE, achegámonos á unha ollada 'queer' á cultura de club en Portugal e anticipámonos ao fito histórico que vén na Berlinale con dous filmes galegos2023-02-1638 minFálaseFálaseFálase 38 - Así nos movemos e sanidade na rúaNeste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos os datos que trazan a radiografía da mobilidade en Galicia e coñecemos os motivos que levan a plataforma SOS Sanidade Pública a volver manifestarse este 12 de febreiro escoitando o seu voceiro, Manuel Martín, e tamén as posturas ao respecto do Goberno galego, do BNG e do PSdeG.2023-02-0925 minFálaseFálaseFálase 37 - Un resumo do eólico e unha deliciosa viaxeNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, resumimos e poñemos contexto ás autorizacións ambientais de parques eólicos da Xunta e do Estado das que tanto se leva falado nas últimas semanas e, con VINTE, achegámonos a unha serie de roteiros de turismo próximo pola provincia da Coruña, con moito para descubrir e saborear2023-02-0225 minFálaseFálaseFálase 36 - Unha derruba na Mariña e un 'milagre' en FiturNeste episodio do podcast informativo de Praza sabemos máis dos problemas de mobilidade na Mariña, que volveron quedar ao descuberto coa caída dun tramo de estrada entre Foz e Burela, e das eternas promesas para mellorala. Tamén nos achegamos á Feira Internacional de Turismo, onde falamos con Xosé Regueira, responsable desta área na Deputación da Coruña, e escoitamos a Rebeca Baceiredo reflexionar ao fío dun autotune na cultura galega2023-01-2628 minFálaseFálaseFálase 35 - Sen cartos para o agro ecolóxico e o asalto á fama de FeijóoNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos o problema creado pola Xunta ás explotacións agrogandeiras ecolóxicas ao non orzamentar fondos dabondo nas axudas xa previstas para o sector, do que sabemos máis coa gandeira Ana Corredoira. Ademais, lembramos o tempo en que Feijóo se sumou aos manifestantes do PP que irromperon no recinto do Parlamento galego e, con Rebeca Baceiredo, reflexionamos sobre arte, moral e xénero ao fío dunha das grandes controversias musicais e sentimentais dos últimos tempos (si, o de Shakira e Bizarrap)2023-01-1923 minFálaseFálaseFálase 34 - Esta calor non é normalCoñecemos como durante case 300 días do pasado 2022 as temperaturas foron máis altas do normal en cidades galegas como Vigo, Santiago ou Ourense e analizamos como a seca foi un dos factores que provocou unha maior dependencia do gas na produción enerxética. Ademais, con VINTE, escoitamos a versión máis tropical de Projecto Mourente2023-01-1232 minFálaseFálaseFálase 33 - Alá vai o 22No derradeiro episodio do Fálase en 2022 facemos algo que, se cadra é tan pouco orixinal como lanzar un pódcast neste ano que remata... No podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, botamos a vista atrás para repasar algo do que nos deixa o ano e tamén para coller folgos para o 23, que disque vai ser intenso… Facémolo coa hemeroteca de Praza, cos sons que pasaron polo Fálase e cos destaques de fin de ano que preparou VINTE2022-12-2936 minFálaseFálaseFálase 32 - Cautelarísimas antes do NadalNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto ao veto do Tribunal Constitucional fronte á reforma para renovalo; con Carlos Amoedo sabemos máis da importancia política e xurídica do veto e da súa posible evolución. Ademais, achegámonos ao Nadal de Vigo e ás súas múltiples facianas2022-12-2231 minFálaseFálaseFálase 31 - Por que "non hai médicos" e unha peli de terrorNo Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos como a saturación e a falta de persoal nos centros de saúde do Sergas atrancan a formación de profesionais chamados a paliar, precisamente, esa mesma saturación. Ademais, con VINTE, coñecemos novas músicas e motivos para ver no cinema 'O corpo aberto', de Ángeles Huerta2022-12-1531 minFálaseFálaseFálase 30 - Cultura galega con ruído de fondoNo trixésimo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, visitamos a Culturgal dende o posto da Fundación Praza Pública. Alí conversamos con Eva Alonso, a súa directora, sobre os retos do sector cultural e da propia feira e recibimos a Berta Dávila e Carlos Meixide, que nos falan do primeiro ano da súa editora, Rodolfo e Priscila, e dunha das súas novidades máis destacadas, 'A festa equivocada', de Fran P. Lorenzo2022-12-0120 minFálaseFálaseFálase 29 - O Prestige ecoa en Europa e músicas para desvirtualizarseNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, conversamos con Ana Miranda, eurodeputada do BNG, sobre a conferencia que organizou na sede do Parlamento Europeo en Bruxelas ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige. Con VINTE, coñecemos músicas como o novo de Ataque Escampe e contámosvos onde nos podemos ver no 'mundo real', a comezar pola Culturgal2022-11-2430 minFálaseFálaseFálase 28 - Os primeiros do chapapote e (re)construír a memoriaNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, lembramos os primeiros mariñeiros que, hai agora vinte anos, se botaron ao mar para tentar frear o chapapote do Prestige nas costas galegas. Tamén coñecemos máis dunhas das iniciativas de Praza para recordar a catástrofe e achegámonos aos contidos da xornada organizada en Bruxelas por Ana Miranda, eurodeputada do BNG, ao fío do vixésimo aniversario do naufraxio do petroleiro2022-11-1727 minFálaseFálaseFálase 27 - As palabras do Prestige e memoria de nós en internetNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, achegámonos ao glosario colectivo que a asociación Unha Gran Burla Negra elaborou ao fío do vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige e tamén escoitamos algo do que dicían os gobernantes da época. Ademais, tamén en clave de memoria, con VINTE coñecemos o videoensaio no que María Yáñez traza unha historia underground da internet galega.2022-11-1037 minFálaseFálaseFálase 26 - Números importantes e aburridos e mais unha sonataNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, poñemos pausa e contexto para explicar o fundamental dos Orzamentos Xerais da Xunta para o ano vindeiro: o que sobe, o que baixa, o que se mantén e o que inflúe nas nosas vidas, que é case todo. Contra o remate escoitamos unha sonata para coñecer o que nos contou James Rhodes durante a súa estancia na Coruña2022-10-2724 minFálaseFálaseFálase 25 - Pagos na escola concertada e recortes no escenarioNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, sabemos máis dos pagamentos esixidos ás familias en colexios concertados malia estar vetados pola lei, despois do estudo que os detecta en oito e cada dez destes centros en Galicia. No espazo de VINTE coñecemos mellor á actriz Isabel Garrido e achegámonos a novas historias da mocidade lucense, desta volta no eido dos movementos sociais2022-10-2029 minFálaseFálaseFálase 24 - Angrois a xuízo e facerse visible no espazo públicoNeste episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, abordamos o inicio do xuízo polo accidente de Angrois e ordenamos feitos, refrescamos datos e poñemos contexto sobre o acontecido coa axuda de David Reinero. Con VINTE, achegámonos ao proxecto A porta aberta da artista Lúa Gándara e escoitamos as músicas ao vivo de Grampoder2022-10-0629 minFálaseFálaseFálase 23 - Os papeis de Meirás e a incerteza da CitroënNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, coñecemos a importancia da documentación que quedou en Meirás e que agora reclama o Estado no marco da súa demanda xudicial polos bens do pazo. Tamén nos detemos na problemática que arrodea o persoal de Stellantis en Vigo, marcado polas paradas puntuais e a inestabilidade2022-09-2925 minFálaseFálaseFálase 22 - A conciliación é mentira e historias da mocidade de LugoNo primeiro episodio da segunda temporada do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos aos malabares das familias para conciliar no inicio do primeiro curso 'normal' tras a COVID, escoitando varios testemuños e conversando con Sabela Losada, politóloga experta en igualdade e en políticas de coidado con enfoque de xénero. Con VINTE coñecemos o que se está a mover en Lugo a través de moitas historias da súa xente moza2022-09-2241 minFálaseFálaseFálase 21 - O que cobra un médico e músicas para o veránNo episodio final da primeira temporada do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, contrastamos as afirmacións do presidente da Xunta sobre o salario do persoal médico de familia no Sergas e, con VINTE, percorremos unha manchea de músicas para este verán2022-06-3028 minFálaseFálaseFálase 20 - O viadutoNeste episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, poñemos contexto á derruba no viaduto da A-6 ás portas de Pedrafita para tentar entendelo mellor e tirar fíos sobre o que pode acontecer. Ademais, co enxeñeiro e profesor Manuel Herrador coñecemos máis sobre este tipo de viaduto, os seus problemas máis habituais e a importancia da transparencia nas pescudas como as que agora se inician na A-62022-06-2323 minFálaseFálaseFálase 19 - Os millóns perdidos nas caixas e novas xeracións para a música galegaNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos o que nos contaron as autoridades sobre o rescate bancario hai agora dez anos e lembramos o impacto que tivo nas caixas galegas, falando tamén con Noa Presas (BNG) e Pablo Arangüena (PSdeG), membros da paralizada comisión de investigación sobre a desaparición de Caixanova e Caixa Galicia. Ademais, con VINTE, escoitamos moitas músicas que arrecenden a verán, anotamos varias festas na axenda e coñecemos a historia de dúas mozas ucraínas acabadas de chegar á Coruña2022-06-1632 minFálaseFálaseFálase 18 - O autogoberno que nos prometeran e familias que acollenNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos as promesas en materia de autogoberno coas que Feijóo e Rueda chegaran á Xunta ao fío da reactivación do debate polas competencias sobre o litoral. Ademais, ao fío do Día do Acollemento Familiar, escoitamos as voces de familias de acollida e das asociacións e profesionais que as apoian2022-06-0924 minFálaseFálaseFálase 17 - Sen médicos no ambulatorio e olladas á Coruña queerNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos as causas e consecuencias da falta de persoal médico en Atención Primaria e con VINTE achegámonos ás historias da mocidade LGBTIQ+ no comezo do mes do Orgullo2022-06-0224 minFálaseFálaseFálase 16 - Todos os nomes do presidente e unha reportaxe de premioNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, repasamos os nomes e perfís do novo círculo de nomes do presidente da Xunta, esas persoas que adoitan estar lonxe dos focos pero sen as que é imposible comprender como se organiza e exerce o poder político en Galicia. Tamén sobre a reportaxe de Ana G. Liste na que abordamos o impacto da tensión familiar pola COVID na infancia, galardoada co Premio de Comunicacón Xoán Vicente Viqueira2022-05-2628 minFálaseFálaseFálase 15 - Agro sen terra e afacerse á festaTras a perda de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil en apenas vinte anos, no podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, buscamos entender por que amplas superficies do campo galego deixaron de utilizarse para producir alimentos. Con VINTE, escoitamos músicas dende o Día das Letras a Eurovisión pasando polo FaCeLa Fest de Lugo ou un concerto de Ortiga en Santiago, observamos disidencias téxtiles e poñemos rumbo ao Festival de Cans2022-05-1936 minFálaseFálaseFálase 14 - Sen marisco na ría e con Rueda na XuntaNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ás causas da profunda crise no marisqueo da ría de Arousa, con caídas de ata un 70%, e repasamos o máis destacado do discurso de investidura de Alfonso Rueda como candidato á presidencia da Xunta e das reaccións de BNG e PSdeG2022-05-1221 minFálaseFálaseFálase 13 - De onde vén Rueda e a celebración da intimidadeNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ao perfil do vindeiro presidente da Xunta dende as súas ligazóns familiares coa política e os seus cargos nos tempos de Fraga ata a actualidade, pasando polo seu papel nas campañas de Feijóo. Con VINTE achegámonos a unha manchea de novidades artísticas e a moita música, do novo de Blanco Palamera ao hit do verán de Ortiga e Pili Pampín2022-05-0525 minFálaseFálaseFálase 12 - Xustiza en AngroisTras coñecerse a data na que comezará o xuízo polo accidente de Angrois, no Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, refrescamos o contexto do sucedido, escoitamos as voces dos dous acusados e falamos con Jesús Domínguez, presidente da asociación de vítimas Alvia 041552022-04-2823 minFálaseFálaseFálase 11 - Entrevista con Pontón e un roteiro polo PortoNo undécimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao repasamos o máis destacado da entrevista coa portavoz nacional do BNG e, con VINTE, paseamos polo Porto e imos ao concerto das Tanxugueiras en Vigo2022-04-2124 minFálaseFálaseFálase 10 - Entrevista con Formoso e dez anos do incendio nas fragasNo décimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, escoitamos o máis destacado da entrevista que nos concedeu o secretario xeral do PSdeG e regresamos ás fragas do Eume dez anos despois do incendio para escoitar as voces da veciñanza e dos movementos ecoloxistas e analizar carencias que aínda persisten nel, a comezar pola ausencia do plan reitor ao que obriga a lei2022-04-0721 minFálaseFálaseFálase 9 - A sanidade de Feijóo e bombas de chocolateNo novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, facemos balance da política sanitario nos 13 anos da presidencia de Feijóo e escoitamos como o ven Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, e Aurora Magán, das Enfermeiras Eventuais en Loita. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE cun "non á guerra" en forma de conto infantil2022-03-3126 minFálaseFálaseFálase 8 - Emerxencia no campo e o que quedou da PokémonNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos á crise que abafa o sector agrogandeiro por mor da pronunciada suba dos custos de produción e, ao fío do arquivo da última causa xudicial que atinxía o ex-alcalde lucense López Orozco, lembramos o que foi a operación Pokémon e o que queda dela máis dunha década despois2022-03-2420 minFálaseFálaseFálase 7 - Regreso ao futuro de Feijóo e melodías distópicasNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos a sorpresa que causa nalgúns eidos o ton de Feijóo como candidato ao liderado do PP e tiramos fíos que nos levan á primeira campaña electoral na que optou á presidencia da Xunta, no ano 2009. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE, dende o Festival da Canção a unha manchea de novidades musicais e ás interioridades dun libro a piques de ver a luz2022-03-1727 minFálaseFálaseFálase 6 - Mulleres do mar e da memoria do 10 de marzo de FerrolNo novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, escoitamos as historias de mulleres do mar que fican en terra mentres os seus maridos están embarcados e tamén a voz de Sari Alabau, unha das impulsoras da loita obreira e antifranquista nos sucesos de Ferrol en 1972, mobilización pola que a ditadura a encarcerou2022-03-1029 minFálaseFálaseFálase 5 - A marcha de Feijóo e xuntos, máis fortesNo novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal, estivemos no acto en que Feijóo ratificou que vai ser o sucesor de Pablo Casado no PP e explicamos como se vai converter no primeiro presidente na historia da Xunta que renuncia ao cargo, para o que repasamos como deixaron o Goberno os seus predecesores: Albor, Laxe, Fraga e Touriño. Con María Yáñez achegámonos ao que se fala en VINTE (https://vinte.praza.gal) comezando por 'Xuntos', a emblemática canción de Juan Pardo "expropiada" polos Familia Caamagno. Conducido por David Lombao2022-03-0322 minFálaseFálaseFálase 4 - Trinta anos en Terranova e Feijóo a MadridNo novo episodio do podcast informativo de Praza.gal damos contexto ao tráxico naufraxio do Villa de Pitanxo coa axuda dun mariñeiro veterano de Terranova e analizamos o impacto en Galicia da crise interna do PP, comezando polas diferenzas coa renuncia de Feijóo en 2018 a liderar o partido e seguindo polo mapa político que se abrirá en Galicia se o actual presidente renuncia de vez. Conducido por David Lombao e con todo o equipo de Praza.gal2022-02-2423 minFálaseFálaseFálase 3 - Os abusos na Igrexa e investigalo "todo"No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal analizamos o contraste entre o discurso do arcebispado de Santiago sobre a investigación de abusos sexuais na Igrexa e as retesías que amosa ao respecto o Goberno galego, botando man da hemeroteca e tamén das posturas máis recentes dos principais grupos políticos do país. Tamén nos achegamos a VINTE, con "Ana come pan" e moita música. Conducido por David Lombao2022-02-1729 minFálaseFálaseFálase 2 - Bancos pechados e o exemplo vital de Rafael PilladoO segundo episodio de Fálase céntrase nos datos que acreditan que Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974 e repasa as orixes de parte do problema, coa fusión das desaparecidas grandes caixas galegas. Tamén escoitamos as reflexións de Rafael Pillado, veterano traballador e sindicalista do naval ferrolán que vén de revelar que padece un cancro provocado polos anos en que tivo que manipular amianto. Conducido por David Lombao.2022-02-1029 minFálaseFálaseFálase 1 - Un podcast do que se fala en Praza.galNace o primeiro podcast informativo producido por Praza.gal coa vontade de explicar, contextualizar ou resumir algunhas das informacións nas que traballamos. Neste primeiro episodio abordamos a suba dos prezos da vivenda de alugueiro e o escaso balance do primeiro ano do teléfono 'antiocupacións' da Xunta. Tamén nos achegamos a VINTE coa súa directora, María Yáñez, onde se fala da enorme vaga expansiva do paso das Tanxugueiras polo Benidorm Fest, pero tamén de moita máis música e dun podcast da casa: Café Derby 212022-02-0326 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 10 - Especial NadalHai dez programas comezamos a facer memoria sobre as últimas catro décadas de Galicia. Iso levounos aos anos 80, aos anos 90 e aos primeiros 2000. E, que é o que facían calquera programa cun mínimo de prestixio naqueles anos? Efectivamente: un especial de Nadal! Cunha entrevista exclusiva e moitas sorpresas no contestador despedimos o podcast Retrocorenta2021-12-2236 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 9 - Facer de comerSentade á mesa porque neste noveno Retrocorenta imos facer de comer. Entramos co chef Javier Olleros na cociña de Culler de Pau no Grove. Imos probar o cocido do Rodeiro, no barrio de San Pedro de Compostela. E visitamos unha cociña que xa non existe, a de Casa Vilas; é 1992 e temos un convidado realmente especial.2021-12-1438 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 8 - Historias de autobúsEstas catro décadas de memoria colectiva nas que se centra o podcast Retrocorenta non se poden entender sen as historias de autobús. Neste oitavo episodio participan o escritor Carlos Meixide, a xornalista Marta Veiga e o actor Antonio Durán ′Morris′, que fan memoria connosco para recuperarmos historias de autobús e dalgunhas outras viaxes2021-11-0948 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 7 - A tele que vimos medrarNo sétimo Retrocorenta falamos da televisión en Galicia, porque a tele funciona como un espello da sociedade e do país. Tanto a TVG como a delegación de Televisión Española en Galicia teñen un papel fundamental no día a día destes corenta anos de memoria colectiva e disto e moito máis conversamos con Tareixa Navaza, Xosé Ramón Gayoso e Belén Regueira. Conducido por David Lombao e Ana G. Liste.2021-10-061h 04RetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 6 - Saímos á noiteNeste sexto programa de Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao, imos da verbena á discoteca con Pili Pampín e co novo responsable da sala Hermo, Plenario Veiga. Lembramos as míticas noites do Yguazú en Lugo e saímos de festa por Ordes con Matías Tarrío2021-07-2248 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 5 - Historia(s) da internet galegaDesde a cuarta década da internet galega, no quinto episodio do podcast 'Retrocorenta' miramos cara a atrás (e cara a adiante) coas xornalistas María Yáñez, Marta Veiga, Manuel Gago e Rocío Castro. Do IRC a Twitch, de Blogaliza ao Galitwitter pasando polo Fotolog.2021-06-2445 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 4 - Xela, Lois e as letras pop(ulares)Como xa sucedera en 2011 co ano Lois Pereiro, con Xela Arias estamos a vivir unhas letras galegas pop… ou punk… ou, cando menos, máis pegadas ao país. Falamos destes autores, das súas letras e as súas músicas con Montse Pena Presas, Xosé Manuel Pereiro e Marilar Aleixandre nun novo episodio do podcast Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao2021-05-1644 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 3 - Son BravúEn Son Bravú, o podcast Retrocorenta recupera este fenómeno que xurdiu na aldea de Viana, en Chantada, xunto ás voces de Xurxo Souto, Lola de Ribeira, Pinto d'Herbón e mais Anna Diz, que gravou un documental polo XX aniversario.2021-04-2742 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 2 - Fume no pavillónNo segundo episodio de Retrocorenta recuperamos os éxitos deportivos das pioneiras e pioneiros galegos de hai catro décadas. Pili Neira, TIto Díaz e Ángeles Araújo lembran connosco os campos de fútbol e ás canchas de baloncesto onde xogaron naqueles anos, facemos memoria dos comezos das retransmisións deportivas en galego e rememoramos os anos en que afección se afixo a ter tres equipos galegos en Primeira. Con David Lombao e Ana G. Liste2021-03-2348 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta 1 - As Movidas de VigoNo primeiro Retrocorenta revisitamos a "explosión" creativa da Movida viguesa con algúns dos seus protagonistas. Nicolás Pastoriza, Menchu Lamas, Pablo Novoa, Mara Costas, Fernando Franco, Rosa Costas, Teo Cardalda e María Monsonís contan o que viviron no Vigo dos oitenta. Con David Lombao e Ana G. Liste2021-02-2245 minRetrocorentaRetrocorentaRetrocorenta - AvanceEstá a piques de chegar Retrocorenta, un podcast no que imos percorrer algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares... Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e do futuro.2021-02-1601 minPraza.gal | Novas e opiniónPraza.gal | Novas e opiniónXabier Bundó presenta a entrevista con Anxo LugildeXabier Bundó presenta a entrevista con Anxo Lugilde no programa Via Lliure, de RAC 1, o 15 de novembro de 2020. A tradución ao galego da entrevista, nesta ligazón: https://praza.gal/acontece/anxo-lugilde-hai-32-anos-que-convivo-coa-depresion-e-tiven-tres-recaidas-fortes2020-11-1505 minEntrevistas - Bos días Quiroga!Entrevistas - Bos días Quiroga!Os Coribantes en concerto na Praza de España de Quiroga (31/07/2020)Os Coribantes de Buchabade ofrecen este sábado á noite un concerto na Praza de España de Quiroga. Falamos con Ángel Rodríguez Lale, director desta banda de gaitas de «música galega adaptada aos novos tempos». Bos días Quiroga!, con Carlos Julio González. 31/07/20202020-08-0211 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x09 - A Praza de Abastos de O RosalHoxe, en Historias de O Rosal, imos a falar da Praza de Abastos da nosa vila, tras a publicación dun artigo histórico sobre a construción da antiga de 1907 e a, actual, que data de mediados do século XX. Tes máis información e podes ler o artigo completo en www.noticiasorosal.es2020-03-3104 minHistorias de O RosalHistorias de O Rosal1x09 - A Praza de Abastos de O RosalHoxe, en Historias de O Rosal, imos a falar da Praza de Abastos da nosa vila, tras a publicación dun artigo histórico sobre a construción da antiga de 1907 e a, actual, que data de mediados do século XX.Tes máis información e podes ler o artigo completo en www.noticiasorosal.es2020-03-3104 minPraza.gal | Novas e opiniónPraza.gal | Novas e opiniónFeijóo subliña que "non ten solución" para a sala de partos do hospital de Verín5/12/19 | Declaracións do presidente da Xunta sobre o peche da sala de partos do hospital de Verín https://praza.gal/acontece/a-area-do-hospital-de-verin-nunca-acadou-nin-un-terzo-dos-partos-que-agora-esgrime-a-xunta-para-pechar-o-paridoiro2019-12-0501 minPraza.gal | Novas e opiniónPraza.gal | Novas e opiniónTellado: "Unha folga de mulleres" é "o máis machista que se pode facer"Declaracións do secretario xeral do PPdeG sobre a folga feminista do 8M de 2018. + info: https://praza.gal/politica/o-pp-intensifica-a-ofensiva-contra-a-folga-feminista-do-8m-e-o-mais-machista-que-se-pode-facer2019-09-2700 minPodcast NômadePodcast NômadePodcast Nômade [Profissões Nômades] 032 - Trade de Criptomoedas, por Bruno PrazaOlá passageiros e passageiras, aqui é o Heitor Alves, seu host nômade! Seja muito bem vindo ao 32º episódio do Podcast Nômade! Nesse episódio, eu bato um papo com o Bruno Praza, no 2º episódio das "Profissões Nômades". Quer entender um pouco mais como adentrar em uma carreira de investidor profissional? Comprar e vender ações, comodities, criptomoedas? Ouça esse episódio e entenda um pouco mais.  Se você gosta de empreendedorismo e de viajar o mundo, esse programa é para você! Então senta o dedo no play e vem conosco!Nômades da semana (instagram...2019-09-231h 20C@urel VivoC@urel VivoNa Cadena Ser, queixándose da falla de servizos, Cuartel, Medicos , falla de transporteen todo o ConcelloDesde C@urel e En Marea, presentarase un PNL que se no Parlamento Galego para tentar mellorar os servizos fracos que temos no noso Concello. Agardando que a Xunta de Galicia nos mellore o que por lei nos pertence. Non pedimos máis do que contan noutros lugares... Á MESA DO PARLAMENTO O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa de Paula Vázquez Verao, David Rodríguez Estévez e Luís Villares Naveira ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno EXPOSICIÓN DE MOTI...2018-08-2310 minDocumentos Sonoros da ORALDocumentos Sonoros da ORALAudio 12. Vigo, 2/8/2003. "VII Certame Internacional de Regueifas"No 7º Certame conseguiuse programar un abano de actividades e apostouse decididamente por organizar un evento en torno a palabra, a improvisación, a poesía... Neste ano do 2003, entre os días 1 e 5 de agosto, tiveron lugar diferentes actividades relacionadas coa poesía improvisada e coa regueifa. Teatro improvisado, rap e freestyle (Hevy, Pinto, Paola Garota...), contacontos (Quico Cadaval) e outras actividades como o recitado tiveron cabida nos tres escenarios dispostos: a praza da Constitución e a da Estrela mailo Verbum de Samil... O día 2 de agosto celebrouse o evento arredor da regueifa e as disciplinas semellantes que se dan...2018-04-2644 minA radio de Pontevedra Viva - Pontevedra ten un puntazoA radio de Pontevedra Viva - Pontevedra ten un puntazoPontevedra ten un puntazo #9: Búscanse martinetes máxicosForon avistados pola cidade de Pontevedra uns martinetes voadores máxicos. As áreas onde foron avistados son a Praza do Teucro, a Alameda, os Xardíns de Vicenti, a Praza da Estrela, a Praza da Ferrería, a Praza da Verdura, a Praza da Peregrina, a Praza de Barcelos e a rúa Padre Isla. Falamos coa ornitóloga Laura Carvalho, que recomenda á poboación que conserve estas plumas pois aínda se descoñecen as súas propiedades2017-07-0307 minReportaxesReportaxesCapítulo # 3 - O lavadoiro: entre a memoria e a especulaciónNeste derradeiro capítulo, combinamos días conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa. Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade: Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras. Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces as Burgas?”. Con estas testemuñas, deixamos que vos mesmxs tiredes as vosas propias conclusións. E que este fin do capí...2017-06-1629 minReportaxesReportaxesCapítulo # 2 - Coñeces as Burgas?O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a temperatura da auga. Logo, as monitoras do grupo propúñanlles participar no taller “Coñeces as Burgas?” onde os cativos e as cativas no so puideron coñecer a existencia do lavadoiro da praza de abastos, senón...2017-06-0226 minProgramas EspeciaisProgramas EspeciaisEspecial Comercio Xusto - Praza de Abastos de Santiago (04-04-2017)Programa especial sobre comercio xusto realizado o día 4 de abril de 2017 na Praza de Abastos de Santiago de Compostela.2017-04-1232 minSempre queda o Rock - Rock in Río TeaSempre queda o Rock - Rock in Río TeaSempre Queda o Rock 71. Con Oscar Avendaño dende a Praza Maior de PonteareasO pasado Domingo, levamos o noso estudio movil á praza maior, na festa de degustación de Caza, Porco Celta e Setas organizada pola asociación de Hosteleiros do Condado, e levamos o programa á hora do vermut. Falamos con Oscar Avendaño do seu último traballo Burro e a súa última formación: Oscar Avendaño y Reposado. Un pracer, coma sempre compartir un rato con "Pelda" e escoitalo en directo coa súa querida guitarra e a súa harmónica. Que siga o Rock !!!2015-12-031h 02Podcast de Diario CamariñánPodcast de Diario CamariñánPleno Concello Camariñas (Preguntas sobre praza San Xurxo)27/11/15- Pleno Concello de Camariñas. Estrella Antelo, concelleira do PP de Camariñas, pregunta ao Alcalde sobre obras na zona próxima a praza de San Xurxo e aparcamentos para persoas con minusvalías.2015-11-2903 minMonográficos Cuac FMMonográficos Cuac FMDiscurso de Xulio Ferreiro na Praza de María Pita 13 xuño 2015 (Parte 2)(2ª Parte) O alcalde de A Coruña Xulio Ferreiro, minutos despois da sua toma de posesión no salón de Plenos, da Marea Atlántica ofrece diante da Casa do Concello na Pr aza de María Pita o bastón de mando á cidadanía e varias veciñas e veciños toman a palabra ante miles de persoas na praza e moitos medios de comunicación. Día Histórico e emocionante para a cidade e CUAC FM estaba alí para capturar a gravación.2015-06-1305 minMonográficos Cuac FMMonográficos Cuac FMDiscurso de Xulio Ferreiro na Praza de María Pita 13 xuño 2015 (Parte 1)O alcalde de A Coruña Xulio Ferreiro, minutos despois da sua toma de posesión no salón de Plenos, da Marea Atlántica ofrece diante da Casa do Concello na Praza de María Pita o bastón de mando á cidadanía e varias veciñas e veciños toman a palabra ante miles de persoas na praza e moitos medios de comunicación. Día Histórico e emocionante para a cidade e CUAC FM estaba alí para capturar a gravación.2015-06-1307 minNovas Locais en Rádio FilispiMNovas Locais en Rádio FilispiMAs Marchas da Dignidade de Ferrolterra e a CNT repensaron o 1º de Maio en Ferrol.Coa perspectiva do vindeiro 22 de outubro, data na que as Marchas de Dignidade convocan unha Folga Xeral en todo o Estado español, o pasado 1º de maio de 2015 tivo lugar en Ferrol unha manifestación convocada polas propias Marchas da Dignidade de Ferroterra e o Sindicato de Oficios varios da CNT na cidade, ao igual que aconteceu en outros puntos do Estado donde as Marchas uniron forzas con este e outros sindicatos alternativos, para por o contraponto a esta data e tentar recuperar a súa esencia, repensando o 1º de Maio. No caso de Ferrol a manifestación partiu ás 6 da tard...2015-05-0325 minDisimulenDisimulenDisimulen #19 - Cuac FM - 25 de febreiro de 2013Repaso ao primeiro aniversario de Praza Pública (www.praza.com) e á situación dos medios en lingua galega. Falamos con Manuel M. Barreiro, novo presidente do padroado da fundación editora de Praza; Marcos Pérez Pena, director do equipo xornalístico da cabeceira dixital; e Henrique Sanfiz, director de Radiofusión e presidente da Asociación de Medios en Galego. Na banda das colaboracións, regresa Alonso Caxade co seu quinto Cartón de Baile. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Conduce e dirixe: Iago Martínez. Soan, desta vez, Youth Lag...2013-02-2556 minPrograma do Colectivo OPAIIPrograma do Colectivo OPAIIPrograma do Colectivo OPAII - Rádio FilispiM21/12/12Neste ocasión, tratamos no programa novas locais de Trasancos, provintes de Átabra21, como a reapertura da SGHN, das fochas de Ferrol ou da praza de España. De Galicia, visitando praza.com, e sobre todo, celebrámolo décimo aniversario das licencias Creative Commons.2012-12-211h 48