podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Proxecto Neo
Shows
Informativos
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui |Proxecto Tui-Salvaterra Cultura Compartida
O Concello de Tui e o Concello de Salvaterra de Miño, celebraron a primeira reunión de coordinación para a posta en marcha do Plan de Actuación Integrado do proxecto "Tui–Salvaterra Cultura Compartida”. Suporá o investimento de 7,2 millóns de euros dos que 4,3 millóns procederán de fondos FEDER. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosaba a súa satisfacción pola consecución destes fondos europeos que serán investidos integramente nas parroquias. Destacaba a colaboración co concello de Salvaterra, e coma o proxecto conxunto que presentaron foi o terceiro galego con mellor valoración. Detal...
2026-01-28
08 min
Día a Día
Ent. Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra | Proxecto YAM
O IES San Paio de Tui é dun dos 173 institutos de ensino secundario de Galicia que participa no proxecto YAM. Trátase dunha iniciativa que ten por obxecto previr a conduta suicida entre a poboación adolescente ao tempo que promove a súa saúde mental. Hoxe coñecemos con Mónica Gundín, coordinadora do YAM na provincia de Pontevedra, os obxectivos deste proxecto, como se desenvolve e a acollida que está a ter entre a mocidade.
2025-10-15
05 min
Día a Día
Ent. Rebeca Blanco, arqueóloga e investigadora do Lab2PT | Barferencias do proxecto Fortalezas da Fronteira
Hoxe ás 19.30 h no Bar do Espazo Fortaleza en Goian terá lugar a primeira barferencia “Guerra e paisaxe no Baixo Miño no século XVII”. Na que intervirá Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga e investigadora do Lab2PT. Trátase dun acto que forma parte do proxecto arqueolóxico de escavacación da batería das Torres en Tomiño, Fortalezas da Fronteira. Deste proxecto conversamos hoxe con Rebeca Blanco.
2025-09-09
06 min
Día a Día
Ent. Proxecto e Gala Caixason | Festival IKFEM 2025
Catro asociacións de Galicia e Portugal únense no proxecto Caixason, e serán os protagonistas da primeira xornada do Festival IKFEM 2025 o 16 de xullo. Hoxe coñecemos máis este proxecto con Andrea González, directora do festival; Helena Pereira, de APPACDM de discapacidade intelectual; Iván, dende Diversidades Acolle; David Gómez, en representación de Vontade Tomiño; e Laurinda Neves, da universidade senior do Rotary Club de Valença.
2025-06-23
24 min
Día a Día
Ent. Ángeles Leirós, xerente de Aceesca e Montse Mon, de Familias Aceesca | Proxecto "Miña casa, Miña comunidade"
Para que o fogar de Aceesca "Miña casa, Miña comunidade" poida ser unha realidade falta un 30% do orzamento necesario. Este é un proxecto que busca a independencia e autonomía das persoas con discapacidade intelectual, con 40 prazas de residencia. Parte dos fondos que se recaden na II Gala Solidaria da Fundación Denis Suárez irán destinados para este proxecto de Aceesca. Así nolo contaron hoxe Ángeles Leirós, xerente de Aceesca, e Montse Mon, de Familias Aceesca.
2025-06-20
16 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 459.14 - Plataforma LOITA, Manuel Núñez Singala, Ugia Pedreira e Alumnado de 1º ESO
Entramos nun programa dedicado ás nosas letras e patrimonio cultural. Mais antes falamos con Tamara Campos e María G. Jartín da plataforma LOITA. Con elas conversamos sobre o necesario servizo de Atención Temperá e apoio dado ás familias en canto a dereitos sanitarios dos nenos e nenas, nais e adolescentes na acompañamento sanitario. Inmediatamente a seguir falamos con Manuel Núñez Singala, neofalante, que visitou recentemente a nosa biblioteca grazas o programa Lectura Infinita do Ministerio de Cultura e Deportes. O alumnado de 4º ESO PDC reaccionou co dramaturgo en micro aberto após o encontro literario mantido en...
2025-05-29
1h 02
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 456.14 - Lupe Blanco, Galefusión e Manuel Rivero
Na primeira entrevista da tarde conversamos con Lupe Blanco. Regueifeira de Coristanco que pratica a arte da improvisación oral. Inmediatamente despois Andrea Maseda e Asier Oroza, dous compañeiros do IES Monte Castelo de Burela viñeron falarnos de Galefusión, un proxecto de dinamización linguística. Xa na última parte do programa recibimos novamente a Manuel Rivero para falarmos do seu novo libro sobre Lola Arribe, unha docente, política e escritora galega reintegracionista.
2025-05-15
1h 03
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 449.14 : MEL do TREVO
Os espazos colaborativos (A Noticia do Dia e Pilula das ciencias) abriron o programa 449 de Proxecto Neo. Inmediatamente a seguir viaxamos ate Viana do Bolo para conversarmos con Xulio Vizcaya e Ester Veiga, responsábeis de Mel do Trevo. Na primeira parte da entrevista conversamos co Xulio e a Ester sobre as súas orixes e o seu percurso vital e laboral. Na segunda parte abordamos como xurdiu o seu proxecto como apicultores. Falamos sobre os trámites necesarios para arrancar e de como evoluiu o proxecto.
2025-03-20
1h 01
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro
Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía, Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas aficións. Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos com Luis Ramilo sobre a reinterpretación da canción "Fábula dos coellos" de Ismael Serrano. Falou deste proxecto colaborativo levado a cabo polo Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo, o IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña) e...
2025-02-05
1h 01
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández.
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en NOIS. Con Paco Rivas conversamos sobre o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa. Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do Vicedo, No lugar do Xestoso, coñecemos o famoso teatro e tamén un artista convidado. O Teatro das Cortes consolidouse en 2024 como centro de interese cultural. Alí estivo o cantautor Xosé Constenla, con quen falou Bernardo Penabade, nunha entrevista improvisada. A protag...
2025-01-16
1h 02
Salta da Cama
FOGAR CEIBE, un proxecto de María Teresa Gómez Vicario, que nos achega Kim Llobet.
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos do "Plan Marta 1960-1963" e do mes morado e laranxa. “Fogar ceibe é unha comunidade escola de conciencia, un espazo autosuficiente e soberano de produción de alimentos, acollida de persoas afíns”. “Hai que recuperar a sabedoría ancestral e vivir en harmonía cos ritmos da natureza”. “Eu sigo soñando con un mundo ideal, pero agora comprendo que o mundo ideal teño que crealo en min”. FOGAR CEIBE Desde que volveu de México en 2018, os pasos de Maite foron dirixidos polo corazón para materia...
2024-11-14
21 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 434.14: Alejandro Fernández; Luz Aída Quiroga; Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga; Marta Ledo Xardón.
Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Inmediatamente despois da primeira música, por xentileza da profesora Lara Oliveros, tivemos unha magnífica entrevista que aborda o desenvolvemento económico no ámbito rural. Alejandro Fernández Reigosa, de Ferreira do Valadouro, presentounos unha empresa de produción de carne de vacún ecolóxica. O noso programa de diálogo entre culturas estivo centrado na experiencia dunha familia de orixe colombiana, residente en Burela. Acompañounos no estudio, Luz Aída Quiroga Delgado, chega...
2024-11-07
1h 01
Informativos
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presentación proxecto FAR PACE
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou hoxe en Ciudad Rodrigo na presentación do proxecto FAR PACE “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da raia”. En Noticias 13.30 h explicou os obxectivos deste proxecto, financiado con fondos europeos, no que xunto a Tui participan Valença, Almeida, Marvao e Ciudad Rodrigo. En Tui acometerase a restauración do Baluarde do Diaño xunto a outras actuacións complementarias.
2024-10-29
04 min
Recendo
16x4 Entrevista ao proxecto "Aquí tamén se fala galego"
Programa número 480, no que entrevistamos a varios participantes do proxecto Aquí Tamén se Fala Galego: Arcadio González Nóvoa, profesor de Filosofía e coordinador do EDLG do IES Rafael Dieste da Coruña, que puxo en marcha o proxecto, e a parte do alumnado participante, representado por Elyas El-Jeddab, Celia Morales e Isac Boquete, que cursan 3ºESO no mesmo centro. Na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Yolanda Castaño.
2024-10-22
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 431.14: Xema Sanxurxo; Jose María Díaz; Nádia Cabral Moniz Gonçalves.
Abrimos o programa 431 con Xema Sanxurxo, colaboradora de Proxecto Neo e Coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. Con Xema Sanxurxo, coruñesa, falaremos de ensino, de música e de moitos outros temas. Despois de estarmos con Xema Sanxurxo, que foi entrevistada por Moustaphá Sarr, recibimos a visita de Jose, que se define como “Proxecto de Mestre”. Foi o memento de coñecermos a iniciativa “Máis que particulares”. A terceira convidada desta entrega do programa foi Nádia Cabral Moniz Gonçalves. Esta moza, orixinaria da cidade da Praia, a capital de Cabo-Verde, chegou a Burela no ano 2020. Con ela...
2024-10-16
1h 01
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 428.14: Yago Fernández Rubiños; Lara Oliveros Ben; Alberto Rapa.
Abrimos programa en conversa cun estudante do bacharelato de Ciencias. Chámase Yago Fernández Rubiños. O noso convidado practica pintura na Academia Mancharte, fai teatro na ADALA de Fazouro e é voluntario na Cruz Vermella de Burela. A segunda convidada, que nos acompañou no estudio, foi a profesora de Economía, Lara Oliveros Ben. A profesora Lara Oliveros presentounos hoxe o Proxecto Educativo: ACTIVA A TÚA VOZ. Nos minutos finais falamos de fotografía. Concretamente do CLUBE FOTOGRÁFICO IMAXE que, despois dunha pausa no camiño, toma novos folgos para prolongar os seus trinta e dous anos de hi...
2024-09-25
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 426.13: Pablo Peláez Campos; Adina Vladu; Francisco Dubert.
Abrimos este derradeiro programa do curso 2023-2024 cunha entrevista moi especial, producida e realizada por un estudante que acaba de superar o primeiro curso do Ensino Secundario. Iago Rodríguez é o discípulo e Pablo Peláez Campos é o mestre. O tema: a música. Neste programa tivemos tamén tempo para a celebración do máis universal dos CARBALLOS. Trátase do CARBALLO do Proxecto Nós, o modelo de linguaxe que permitirá a creación de novas ferramentas e aplicacións de intelixencia artificial (IA) en idioma galego. Para coñecermos este novo CARBALLO, a nosa primeira convidada foi A...
2024-06-27
1h 01
Salta da Cama
Falamos con Noe e Mónica García e con Kim Llobet sobre o proxecto de apoio que se chama, Círculo de Mulleres.
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Noe e con Mónica García dun proxecto de apoio entre persoas, "Círculo de Mulleres". Noe García "Necesitamos un colectivo que apoie e que entenda as situacións das persoas, trátase de falar e de escoitar". Mónica García "Quero trasladar todo o que traballei en min a outras persoas. Cando ti falas da túa realidade, vas adentro e non todo o mundo está disposto". Circulo de Mulleres. Unha actividade que "Mulleres que Poden" puxo en marcha hai 2 anos baixo...
2024-05-30
21 min
Salta da Cama
Falamos con Kim Llobet e Marisé García sobre o proxecto de recuperación de tabernar do rural que estar a facer Marisé.
Cada xoves falamos de igualdade, rural, empoderamento, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos Marisé García dun proxecto para recuperar as tabernas no rural galego. "As tabernas eran o centro social da aldea e agora, máis que nunca, o rural precisa deses puntos de encontro". "Nos cando imos a unha taberna podemos descubrir o entorno, fomentamos que a xente coñeza o seu entorno máis próximo". "Visto que dende a administración non se fan este tipo de accións, decidimos que deberíamos dar un paso a diante e estamos elaborando un censo das tabernas...
2024-05-23
18 min
Prensa Cogami
Falamos do proxecto HAVI de Medelo en Radio Voz
Alba Álvarez, coordinadora do proxecto HAVI (hacia una vida independiente) que se está a levar a cabo no servizo de atención diúrna de Medelo, en Silleda, explica para o programa de Radio Voz Un Café con Eva en que consiste este proxecto e da importancia que ten para que as persoas con discapacidade teñan máis autonomía.
2024-05-15
06 min
Salta da Cama
Falamos con Kim Llobet e Fátima Failde da II SmartPeme, co exemplo práctico do proxecto de Marisé e Mariloly.
Cada xoves falamos de igualdade, rural, emprendemento e cultura con Kim Llobet. Hoxe falamos con Fátima Failde de Smartpeme sobre o II Programa de Crecemento Empresarial que acaba de terminar. Tamén nos acompañarán, Marisé García e Mariloly Méndez con "Xeito Galego" un proxecto para reforzar a lonxevidade activa no rural galego. Fátima Failde "Este ano levamos 6 proxectos. Cada ano sorpréndenos a creatividade que teñen as persoas". Marisé García "Creamos un proxecto que axudase a reducir o consumo descontrolado de roupa, baseado nas costureiras e en xente que quere emprender no rural". Mar...
2024-04-19
25 min
Mancomún Podcast
#123 - Proxecto Nós, o Galego na Intelixencia Artificial
Mancomún podcast – Proxecto Nós Se queremos que o noso idioma teña presenza no mundo tecnolóxico, é necesaria a creación de corpus lingüísticos e de modelos de linguaxe profunda que inclúan o galego. As tecnoloxías lingüísticas son elementos transversais que van estar en todos os sectores da economía, da cultura e da sociedade. Hoxe falaremos coa xente do Proxecto Nós, para coñecer de primeira man os traballos que están a levar a cabo, conseguindo que todos poidamos dispoñer das tecnoloxías dixitais en galego. Enl...
2024-04-18
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 414.13: Entrevista a Miriam Beizana Vigo
O contido central do programa 414 foi unha colaboración do profesor Fernando Losada. Este preparou para Proxecto Neo unha moi completa entrevista coa escritora Miriam Beizana Vigo, unha escritora galega do tránsito entre os séculos XX e XXI. Agora está de máxima actualidade porque acaba de publicar un novo libro. Nos minutos finais do programa falamos sobre o aproveitamento pedagóxico deste programa. A radio á Carta de Proxecto Neo é unha magnífica fonte de recursos para a aprendizaxe da comprensión e a expresión oral.
2024-04-04
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 410.13: Ana Polanco (Monte das Moas); Sara, Lía e Sabela (Beade); Joana e Sara (Xoán Montes); Celia Bispo.
Esta semana comezamos o programa 410 coa colaboración de Ana Polanco, alumna do IES Monte das Moas. Da cidade da Coruña viaxamos á cidade de Vigo para ouvirmos as nosas colaboradoras Sara, Lía e Sabela, estudantes no Instituto de Beade. As nosas seguintes convidadas participaron desde a cidade de Lugo: chámanse Joana e Sara, Ambas estudan 1º de ESO no Instituto Xoán Montes. A protagonista central do programa foi Celia Bispo, unha muller de 96 anos, nacida no ano 1928. Ela foi entrevistada por Vreixo Cao, nacido no ano 2015, o integrante mais novo da masa coral Proxecto Neo.
2024-02-28
58 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 407.13: Aquí tamén se fala;Yeray Díaz;Iago Rodríguez;Sara Pico (IES Muralla Romana); Brais Pedreira Taboada
Iniciamos o programa 407 cunha das colaboracións do Aquí TAMÉN SE FALA: desta vez foi unha crónica que nos chegou de Vigo. Concretamente do Instituto Santa Irene. A primeira das músicas serviu para abrir a porta a dúas novas voces no noso programa: as de Yeray Díaz e Iago Rodríguez, que xa levan unhas semanas connosco, en cualidade de observadores. A seguir, Sara Pico, alumna do Instituto Muralla Romana de Lugo, falounos do Concurso Lucus Intercentros, que se celebrou durante este mes de xaneiro. Em Proxecto Neo tamén falamos hoxe de estudos de HOSTELARI...
2024-01-31
1h 02
Todos os podcast | Lambóns dixitais
O proxecto 'Talentos Inclusivos'
Neste episodio de Lambóns Dixitais falamos sobre os 'Talentos Inclusivos', co motivo da presentación da cuarta edición deste proxecto na Domus da Coruña. O responsable do proxecto 'Talentos Inclusivos' e subdirector do CITIC, Javier Pereira, explica polo miúdo todos os detalles desta iniciativa.
2024-01-31
55 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 404.13: Estela Rial Suárez (IES da Illa de Arousa); Vanessa Vila-Verde; Bernardo Penabade
Na xornada do día 10 de xaneiro de 2024 chegou o programa de número capicúa: 404. Para celebrar data tan sinalada queríamos unha entrevista especial e o profesor Emilio Cambeiro facilitounos esa oportunidade. A través del tivemos coñecemento do potencial de Estela Rial Suárez, con quen entramos en comunicación e de quen recibimos todas as facilidades para a colaboración con Proxecto Neo. Unha profesora de Lingua e Literatura facendo unha entrevista a unha estudante de 4º de ESO. A distancia era só física, de 300 km. O resto era sintonía plena os latidos do orgullo de se...
2024-01-10
59 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 402.13: Noely Cardoso Borges; Carla Nepomuceno; Cristian Gómez Mesa; Karina Parga
Desde hai varias semanas, Noely Cardoso Borges é unha voz fundamental no programa. Durante as mañás asiste ás aulas de FP Básica e de tarde asiste ás aulas do programa QUALE e solicita á profesora Vanesa Vila-Verde o asesoramento necesario para locutar a cabeceira de Proxecto Neo. Ás 5 séntese con nervos, mais está preparada. Neste programa quixemos falar con ela e ela asumiu a entrevista como un servizo ao grupo. Sinceramente, cremos que coa gravación da conversa conseguimos un documento de grande valor pedagóxico. De grande valor pedagóxico é tamén a entrevista de Hugo F. Galdo (alumno de 2º de...
2023-12-12
1h 00
Macromachismos
T3 Episodio 1.- Presentamos o proxecto de 2023
Presentamos o proxecto 2023 "Toxicidade e violencias machistas nas redes sociais. Estudo cualitativo entre o alumnado da Universidade de Vigo". Pero facemos "trampa", non o presentamos nós, preséntao unha voz sintética. Hoxe, imos abordar un proxecto verdadeiramente interesante titulado "Toxicidade e violencias machistas nas redes sociais. Estudo cualitativo entre o alumnado da Universidade de Vigo." Este proxecto foi financiado na convocatoria de 2023 e vai aprofundar no ámbito dixital, centrando a súa atención nas experiencias e percepcións do alumnado da Universidade de Vigo. Ademais, este estudo segue a liña do...
2023-11-12
02 min
Biblio Caniza
PROXECTO COMPETENCIAL, 1º ESO
Proxecto final de 1º da ESO para Proxecto Competencial. Unhas novas moi especiais.
2023-06-29
07 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 391: Aniversario RPA; Antón Becerra; Juliamni Godoy; Arcadio G. Novoa
Desta vez a Recomendación Literaria chegounos desde a Escola Pedro Caselles, de Xove. Foi na voz de Xacobo, profesor de Educación Física. No momento do PROXECTO AMIGO emitimos o primeiro traballo co que debutaron nas ondas o día 21 de xuño de 2022. Antón Becerra foi desta vez a primeira voz que nos falou en representación da comunidade educativa do Instituto Rafael Dieste da Coruña. A súa interlocutora foi Carla Paz, que debutaba nesta responsabilidade. Quen tamén debutaba na comunicación a través das ondas era JULIAMNI GODOY, que realizou unha brillante in...
2023-06-22
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 389: Andrés Calderón (Aquí tamén se fala galego); Fran R. Torrón; Carla Paz
Johan é profesor auxiliar de Lingua Inglesa no Instituto María Sarmiento de Viveiro. Por xentileza da Radio Proxecto Amigo (RPA), puidemos reproducir unha entrevista con el. O espazo da Música para o Estudo da Historia viaxou ao Valadouro, desde onde colaborou Laura Prado Chao. O protagonista da primeira entrevista foi Andrés Calderón, estudante do Instituto Rafael Dieste, da Coruña. Estivo con nós para presentarnos a intervención académica que leva por título "Aquí tamén se fala galego". Para complementar este mesmo tema, tamén entramos en contacto con Fran R. Torrón, luthier con ob...
2023-06-08
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 388: Yolanda Fernández; Ana Lestao; Ana Fernández Melón
Yanira Lopes Martíns conduciu unha nova entrega de Proxecto Neo. Coa axuda de Hugo, Sara e Germán, presentaron os seguintes contidos: - a recomendacion literaria de Carmen García, profesora de Lingua e Literatura Castelá. - unha nova entrega da colaboración coa emisora Radio Proxecto Amigo, do Instituto María Sarmiento. - o espazo "Música para o Estudo da Historia", con participación de Ana Freire Rancaño. - e tres entrevistas a: 1.- Ana Lestao, gañadora do Certame Eu son Pilabot. 2.- Yolanda Fernández, profesora especializada en Educación Emocional. 3.- Ana Fernández Melón, p...
2023-06-01
1h 00
Mancomún Podcast
#95 - Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022
O pasado venres 21 de outubro, tivo lugar no GaiásTech da Cidade da Cultura o acto de resolución da XV edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. Os catro finalistas que alcanzaron a fase final da presente edición foron os seguintes: – Alejandro Iregui Valcarcel co proxecto eHand: arquitectura de control para prótesis mio-eléctricas. – Pedro Guijas Bravo co proxecto Desenvolvemento dunha biblioteca para a aprendizaxe federada baixo unha arquitectura peer-to-peer. – Pablo Mariño Boga co proxecto Desenvolvemento dun dispositivo para a monitorización de marcadores de calidade am...
2023-01-12
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 363.12: Germán Quintana Sanjurjo; Cristian G. Mesa; Laura G. Santiso
Proxecto Neo tivo a honra de abrir as portas da radiodifusión a un músico de 12 anos: Germán Quintana Sanjurjo. Primeiro propiciamos a audición da súa música e despois falamos demoradamente con el. O seguinte convidado foi Cristian Gómez Mesa, integrante da Masa Coral Modelo Burela desde hai case dez anos. Estivo con nós con motivo da súa participación no Enreguéifate, unha iniciativa en que participa como docente. A entrevista central do programa estivo protagonizada por Laura García Santiso, deseñadora de lápidas, con obra nos cemiterios de Burela e toda...
2022-11-03
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 362.12: Breogán F. Bouza; David L. Casas; Hugo F. Galdo; Amancio Liñares
Celebramos a incorporación de tres novas voces a Proxecto Neo. Trátase dos alumnos Breogán F. Bouza, David L. Casas e Hugo F. Galdo, os tres estudantes de 1º de ESO. Despois de recibilos no estudio, dedicámoslles unha canción do Grande Amore. As entrevistas con estes mozos de entre 12 e 13 anos, Alba e Nerea conversaron co profesor Amancio Liñares, que falou sobre Ramón Piñeiro e que nos convidou a asistir a un ciclo de conferencias a celebrar durante todo o mes de novembro, todas elas centradas no prestixioso intelectual de Láncara e director da Editori...
2022-10-27
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 361.12: Benjamim Outeiro ("O Brasileiro da Pedra")
Por xentileza de Rocío Candales e Séchu Sende, nesta emisión de Proxecto Neo recollemos unha conversa co escritor galego-brasileiro Benjamim Outeiro, orixinario do lugar da Pedra de Nemenzo (Santiago de Compostela). Coa voz narradora de Nuria Ramos Cuba, minuto a minuto coñecemos o periplo vital dun galego de oitenta e nove anos que cruzou o Atlántico por primeira vez en 1951 a bordo dun barco arxentino.
2022-10-20
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 344.11: Luis ; Lin Vizoso; Noé F. Quelle
Luis Ríos é un estudante de Formación Profesional. Agora mesmo está próximo a finalizar o Ciclo de Xestión Administrativa e disponse a realizar a Formación en Centros de Traballo en Potenza (Italia) grazas ao programa Erasmus. Nós conversamos con el. Lin Vizoso estuda Bacharelato. A súa excelente nota media permítelle ser aspirante a unha Beca Europa. Proxecto Neo falou con ela e deu a coñecer á súa audiencia o seu perfil humano. Pola súa parte, Noé Fernández Quelle pon fin a unha etapa de sete anos consecutivos participando de maneira presencial no no...
2022-03-23
1h 00
Mancomún Podcast
#71 - Entrevista a Paloma Piot e Borja González, gañadores do Premio ao mellor proxecto universitario libre 2021
#71 - Entrevista a Paloma Piot e Borja González, gañadores do Premio ao mellor proxecto universitario libre 2021 25/11/2021 No portal de Mancomún, temos unha sección destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master. Hoxe temos nos micros de Mancomún a Paloma Piot e Borja González, gañadores da edición 2021, a Rafael Rodríguez Gayoso representando ao CIXUG, e ao...
2021-11-25
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 330.11: Teresa Quelle Vidal; Cristina Llinares; Lorena Pita
No Consello da Cultura Galega debátense os diferentes modelos de escola e enfatízase a importancia do ensino para a etapa comprendida entre os primeiros meses de vida e os seis anos. Proxecto Neo quixo contribuír a ese encontro con diferentes conversas: a primeira delas con Teresa Quelle Vidal, da Escola Infantil Guiñol, o modelo que nós defendemos. Ese modelo de escola que puxera en práctica Antía Cal en Vigo, Carvalho Calero en Lugo ou agora a Semente en varias cidades.
2021-11-05
57 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 329.11: Cristian Gómez Mesa e Raquel Lopes Ramos
Cristian Gómez Mesa estreouse en Proxecto Neo con 13 anos cando cursaba 2º de ESO. Despois de catro anos colaborando na locución e na produción, agora está aos mandos da realización técnica. Neste programa conversamos con el. Raquel Lopes Ramos é afrogalega. Chegou á nosa terra sendo unha nena de curta idade, retornou ao Atlántico africano, pasou alí uns anos e voltou de novo para Burela. Agora estuda o bacharelato. Con ela falamos dunha viaxe moi especial.
2021-10-22
1h 03
Habitando
Ep.36: A Exposición 20 Anos de Proxecto Terra
O pasado 30 de abril inaugurouse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela unha exposición conmemorativa do vixésimo aniversario do Proxecto Terra. Unha mostra que comprende máis de 35 proxectos elaborados en diversos centros educativos galegos ao longo destes 20 anos. Trátase dunha homenaxe a todo o traballo do profesorado e alumnado participante, que puido acceder aos contidos ofertados polo ProxectoTERRA e facelos seus desenvolvendo enxeñosos proxectos innovadores. Para conocer qué é o Proxecto Terra e a súa labor falamos con Sabela e Lucía, dúas compañeiras...
2021-09-09
50 min
Podcast AROUSA SI RADIO
MEIS CONVOCA A POIO E BARRO PARA ABORDAR O PROXECTO EOLICO DO MONTE CASTROVE
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía O Concello de Meis convocou para esta tarde aos alcaldes dos concellos de Poio e Barro para abordar o proxecto eólico que a sociedade Parque Eólico Cadaval e Ventoso S.L, con sede en Santiago, quere desenvolver no Monte Castrove, un espazo que comparten os tres municipios xunto con Pontevedra. O proxecto acaba de iniciar a súa exposición pública por parte da Xunta de Galicia para proceder ao seu análise de impacto ambiental. Á xuntanza, que terá lugar esta tarde no Auditorio Municipal, tamén están citadas as comunidades de montes afectadas po...
2021-07-30
01 min
Radio Triskel
T01 E13 PROXECTO Per-Soa (Capítulo 01) (13/05/21)
T01 E13 PROXECTO Per-Soa (Capítulo 01) (13/05/21) Per-Soa é un proxecto de búsqueda, de encontró, de reencontro de descubrimento da propia voz, do son , de que son, do meu son. Unha viaxe de ida como emisor e de volta como receptor. Nesta primeira achega descubriremos as Per-Soas de Álvaro, Claudia, Miguel, Roque e Icíar. Presentación: Rosa Gayoso. Voz e música orixinal: Álvaro López, Icíar Borges, Claudia de los Santos, Miguel Montes e Roque Vázquez.
2021-05-13
11 min
Radio Triskel
T01 E10 PROXECTO Per-Soa (01. Trailer) (09/05/21)
T01 E10 PROXECTO Per-Soa (01. Trailer) (09/05/21) Proxecto Per-Soa. Un experimento da materia de Formación auditiva e vogal do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Un espazo de búsqueda da propia voz onde cada un dende a propia experiencia esboza un autoretrato sonoro. Da diversidade dos seres nacerán nas sucesivas achegas diferentes Per-Soas que iremos coñecendo neste espazo. Punto de partida necesario porque se non coñecemos o son das nosas voces, cómo poderemos expresarnos? Texto e narración: Icíar Borges Música: R...
2021-05-11
03 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 319.10: María Rey (IES Xulián Magariños); Xosé Ramón L. Boullón (ensaísta); Alexandra Briere
A profesora María Rey, do Instituto Xulián Magariños, de Negreira, foi unha das tradutoras dos Vinte poemas de amor, de Pablo Neruda. A obra, feita en colaboración con Amancio Liñares Giraut, foi publicada recentemente por editora coruñesa Medulia. Serxio Alonso falou con ela. Pola súa parte, Nuria Ramos Cuba conversou con Xosé Ramón López Boullón, o autor de A Compostela de Scórpio. A Compostela de Ricardo Carvalho Calero, unha obra editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Na terceira das entrevistas, Noé Fernández Quelle levounos de novo a Santiago...
2021-05-05
00 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 318.10: Iván Laxe (músico); Diana Varela (editora); Amancio Liñares (escritor)
O grandísimo suceso de Cuñados serviunos de estímulo para saldar unha débeda que tíñamos con Santi Jul (a quen tivemos en antena na semana pasada) e con Iván Laxe (un dos protagonistas desta entrega do noso programa). Despois de falarmos con Iván Laxe sobre os máis diversos tipos de música, centrámonos no proceso de composición de bandas sonoras para as producións audiovisuais. Despois de Iván Laxe, chegou Diana Varela, que nos falou en representación da editora Medulia, que dinamiza a cultura galega desde A Coruña. Un dos últimos l...
2021-04-29
00 min
Radio Ü
Proxecto 2050_A roupa
O grupo de 4ºB de educación primaria fai as súas achegas ao Proxecto 2050. Que pasará co mundo da moda? Que cambios haberá que facer para que sexa máis sostible? Será moi diferente a como é hoxe? Todas as respostas aquí.
2021-04-29
03 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 317.10: Especial Colexio Inmaculada-Maristas (LUGO)
Comezamos este programa especial dedicado ao Colexio Inmaculada - MAristas de Lugo en conversa con Carla Piñeiro Castro e Xela Pardo Neira, alumnas do 5º curso de Ensino Primario. Nos seguintes minutos, o protagonismo centrouse noutras dúas estudantes de Ensino Secundario: primeiro en Inés Menéndez Miranda (do 2º curso ) e Helena Álvarez Rivas, de 14 anos, e estudante de 3º. Na parte final do programa conversamos co profesor Manuel Barreiro.
2021-04-21
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 316.10: ESPECIAL CUÑADOS: SANTI JUL (Banda Sonora); ANTÍA TOURIÑÁN (actriz); MARÍA YÁÑEZ (Comunicación)
Santi Jul entrou de cheo no audiovisual a través do traballo nos equipos de son e, posteriormente, da composición de bandas sonoras. Proxecto Neo conversou con el sobre a súa traxectoria e sobre a súa participación en Cuñados. Da participación nesta película de Portocabo, dirixida por Toño López, tamén nos falou Antía Touriñán. Sentímonos felices de ter conseguido unha das primeiras entrevistas con esta actriz de só dez anos, de conversa brillante. Nos últimos minutos tivemos a colaboración de María Yáñez, unha das responsábeis do grand...
2021-04-15
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo, 315.10: José M. Vicente; Javier Alonso (Dir. Banda do Rosal; Com. Educ. Suárez Marquier; Ánxela F. Callís
Este é un programa especial realizado en colaboración entre as radios educativas do Instituto Perdouro de Burela e o Colexio Suárez Marquier do Rosal. Fixo de guía da viaxe José Manuel Vicente, estreitamente vinculado ao centro educativo e á banda de música (é o chofer do autobús da liña regular para a escola, o mesmo que utiliza a banda nos deslocamentos). Inmediatamente despois, conversamos con Javier Alonso, director musical da Banda do Rosal; con Nieves Álvarez, traballadora do centro educativo; Andrés Diego, María Pérez, Noa González, Rubén Guerreiro e Amanda Rei, en representación d...
2021-04-07
1h 01
Pingando - Laura Veiga
Entrevista Ester de @proxecto_xerminando - Comprestelas, calzóns inclusivos e cultura de troca
Neste episodio falamos con Ester, a persoa que está detrás do @proxecto_xerminando. A través dela podemos achegarnos a unha nova forma de crear compresas reutilizábeis e tamén a unha nova forma de levar unha vida máis ética e sostíbel. Tamén nos introduce na economía circular e na cultura da troca. Para ver o traballo de Ester: https://www.instagram.com/proxecto_xerminando/ Para non perderte nada: https://instagram.com/pingando_gal?igshid=1i68rnp27jbpy E agora tamén en Twitter: https://twitter.com/PingandoG?s=09
2021-03-25
39 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 314.10: NAOMI REY; ÁLEX QUINTÁNS (IES Agra de Raíces); Julia Lamela
Co "Vento nas velas" comezamos a navegación en dirección a Cambados. Alí atendeunos Naomi Rey, a autora da canción que lle serviu de sintonía á recente edición dos 21 Días co Galego e+. Despois dunha peza musical de Xoana Veiga, Proxecto Neo retornou para o norte e fixo parada en Cee. A primera parada fixémola na casa de Álex Quintáns, alumno de 1º de ESO no Instituto Agra de Raíces. Na mesma localidade de Cee fixemos unha segunda parada, desta vez con Xulia Lamela, que colaborou con nós para facermos un singular comentario de texto a tra
2021-03-24
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 313.10: ALBA MONTEAGUDO
O primeiro ciclo dos 21 días co galego comezou o pasado 22 de febreiro e finalizou o pasado 15 de marzo. Xusto nese momento botou andar a segunda fase: "E +". Nela entramos e celebrámolo ao grande cunha conversa demorada coa profesora Alba Monteagudo Gómez.
2021-03-17
59 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 312.10: A obra de Lino Novás Calvo en Radio Fene; Martín Fernández Vizoso
A referencia á obra de Lino Novás Calvo -concretamente a un relato centrado na pandemia de 1918- e a música de Roi Casal sobre letras de Neira Vilas serviron como aperitivo ao prato forte da xornada: a entrevista a Martín Fernández Vizoso. Noé F. Quelle encargouse de conducir a conversa que nos levou á infancia en Cangas, á etapa do bacharelato e á formación en Filosofía en Letras e Ciencias da Comunicación nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. A maior parte do tempo estivo dedicada ao contido da obra de investigación que leva por título Memori
2021-03-10
00 min
Efervesciencia
Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables
[3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho”[16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África.[43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na...
2021-03-09
56 min
O que hai que escoitar
Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables
[3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho” [16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África. [43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Co
2021-03-09
56 min
Efervesciencia
Efer 547 (18-2-21): Equalsea: O proxecto europeo para crear un mar equitativo cos grupos vulnerables
[3:14] Previa da amartizaxe de Perseverance con Javier Pedreira “Wicho” [16:43] O investigador de economía aplicada da USC vén de conseguir co proxecto Equalsea unha cotizada axuda Consolidator Grant da UE para estudar como facer máis equitativos os beneficios dos océanos. O proxecto levarase a cabo en 5 anos en Galicia, a Amazonía e en África. [43:36] Co virólogo César Muñoz Fontela inauguramos sección: “Habelos hainos: historia dos virus”. Neste primeiro capítulo viaxamos de África a Estados Unidos coa febre amarela. César Muñoz Fontela traballa actualmente para a OMS desde Hamburgo (Alemaña) na loita contra a Co
2021-03-09
56 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 311.10: Natalia Irimia (IES Perdouro); Andrea Ferrer (IES de Poio)
Chegamos ao ecuador da celebración dos 21 Días co Galego e Máis e nós dedicámoslle un programa monográfico. Abrimos cunha breve crónica feita por catro alumnas de 2º de ESO e despois centramos o foco de atención en Natalia Irimia e Andrea Ferrer. Natalia Irimia é a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Perdouro. Con ela fixemos unha primeira aproximación ao desenvolvemento deste proxecto educativo. Andrea Ferrer é a madriña da nosa participación neste programa dinamizador. Conversamos con ela sobre a súa experiencia durante o curso pasado.
2021-03-03
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo: 310.10: Pilar Salas (Profesora PROA PLUS); Alberto Pombo (IES Agra de Raíces)
Neste programa especial dedicado a Rosalía de Castro, contamos co recitado de varios poemas nas voces de alumnos de 6º curso do Colexio Virxe do Carme. Inmediatamente despois, conversamos no estudio con Pilar SALAS, profesora intercultural, recentemente incorporada ao Instituto Perdouro. Na segunda parte, o noso convidado é o profesor Alberto Pombo, con quen celebramos o comezo dos 21 Días co galego... e máis! Alberto Pombo é músico, do grupo de metal "Avante" e fotógrafo artístico. Foi director da galería SalaSal e codirector do festival internacional de fotografía Visións, da Cidade da Coruña. Neste programa está...
2021-02-25
59 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 309.10: Andrea Mosteiro Sanxiao (A ESTRADA EN GALEGO); Abdul Djaló
Andrea Mosteiro Sanxiao, estudante do Instituto Lousada Diéguez da Estrada, falounos da iniciativa A Estrada en Galego, que combina a creación cultural coa dinamización económica do comercio local. Na segunda parte do programa, recollemos unha colaboración que nos enviou Christian da Silva Salles desde o Rio de Janeiro. É unha extraordinaria entrevista ao informático guineense Chris Adul Djalo.
2021-02-17
1h 00
Podcast de Proxecto Neo
Modelo Burela - Dia Internacional da Radio
Neste brevísimo programa recóllese a participación de Proxecto Neo-Modelo Burela na celebración do Día Internacional da Radio. No espazo interveñen Noé F. Quelle, Cristian Gómez Mesa, Nuria Ramos Cuba e Nerea Álvarez Baño. Do control técnico ocupouse Matías Nicieza. Como sempre, tivemos o acompañamento de Lucía Rivas, que fixo unha reportaxe gráfica da actividade.
2021-02-11
01 min
Podcast de Proxecto Neo
Proxecto Neo 308.10: Radio Milladoiro; Yorel Ladra; Ádila Pereira; Clásicos Libres; Elvira Amieiro.
Chéganos a música de Guadi a través dun programa de radio escolar do Instituto do Milladoiro no que interveñen tres novas locutoras: Sara Rey, Lucía Romar e Alba Sueiro. O seu traballo obtivo o premio da Asociación Sociopedagóxica Galega e nós contribuímos á súa divulgación. Xunto con Sara, Lucía e Alba, neste programa son tamén protagonistas Yorel Ladra (Premio Xosé Trapero Pardo) e Ádila Pereira (autora dunha fermosa carta de amor, á que nós lle damos o premio da audiencia). Nesta entrega número 308 recollemos as voces dos Clásicos Libres, o...
2021-02-11
1h 02
Mancomún Podcast
#40-Mancomún Podcast: Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2019
#40-Mancomún Podcast: Marcos Fernández Pichel, un dos gañadores do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2019 28/09/2020 No portal de Mancomún, temos unha sección destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master. Por certo, inda vos podedes apuntar ata o 2 de outubro. Hoxe temos nos micros de Mancomún a Marcos Fernández...
2020-09-28
00 min
Podcast A vivir Galicia
II Proxecto Didáctico Premios Martín Códax
Entrevista ó músico Javier Prado, membro da directiva de Músicas ao Vivo e coordenador do Proxecto Didáctico, sobre esta iniciativa que divulga a música galega entre escolares
2020-05-03
07 min
ceipcedeira
Bocados de poesía para o proxecto "Realimentaxe"
Presentación do proxecto realizada por alumnado de 5º
2020-03-08
03 min
A GALIZA e o GALEGO
O proxecto UNIVERSO CANTIGAS.
Entrevista ao catedrático Manuel Ferreiro, da Universidade da Coruña, en 2018 no programa "Páginas de português" da RTP, sobre o proxecto UNIVERSO CANTIGAS, no que se dispoñibilizan na internet a edición dixital dun grande número das cantigas medievais da Galiza e Portugal.
2020-03-07
15 min
Espazo Sanxe
Espazo SanXe - Mércores 05/02/2020 - Proxecto Erasmus+ "TRANSFORMING, La inclusión nos transforma"
Coñecemos máis detalles do Proxecto Erasmus+ "TRANSFORMING, La inclusión nos transforma" posto en marcha polo San Xerome da Guarda, no Espazo Sanxe. Nesta ocasión, Santiago Ramos, o director do San Xerome e Isabel Pazo, mestra do mesmo explícanos este proxecto cuxa finalidade é a inclusión do alumnado. Contáctamos tamén con Helena Soeiro, a coordinadora da Equipa de Educación especial do Agrupamento de Escolas Francisco de Holanda (AEFH) de Guimarães (Portugal) quen indica, a transición de Portugal coas diferentes leis educativas.
2020-02-05
18 min
A fume de carozo
11x14 Programa sobre o proxecto "21 días en galego"
Este foi o programa número 286 de "A fume de carozo", que se emitiu o 28 de xaneiro de 2020. Está promovido polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña. O programa tratou sobre o proxecto "21 días en galego", no que nove alumnos e alumnas de 1ºBacharelato estiveron tres semanas falando e facendo actividades en galego. O programa foi presentado por Aroa Mosteiro Vilanova e Noa Ruiz Balboa, e os nove participantes entrevistados foron: Samuel Besteiro...
2020-01-28
01 min
Roxín Roxal (programas de radio)
Roxín Roxal. Proxecto Concomitentes en Betanzos
Gracación da entrevista a Fran Quiroga e Helena Couto, impulsores do Proxecto Concomitentes. Este proxecto tenta implicar a poboación da vila para a creación conxunta dunha obra de arte sobre a figura dos irmáns García Naveira.
2019-12-11
41 min
Xornada de Educación Inclusiva 2019
Xornada Educación Inclusiva 2019 - Alicia Gómez - Proxecto cociña
Ponencia de Alicia Gómez baixo o título "Proxecto cociña" na Xornada "Educación Inclusiva: Deseño Universal para a Aprendizaxe e boas prácticas" organizada pola Federación Down Galicia. Máis información e presentacións das ponencias en downgalicia.org!
2019-11-06
10 min
Mancomún Podcast
#16 - Entrevista a Alejo Pacín, gañador do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2018
16 - Entrevista a Alejo Pacín, gañador do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre da edición 2018 19/09/2019 Unha das seccións do portal de Mancomún, está destinada ao Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. Este Premio busca fomentar o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e á liberación dos proxectos Fin de Carreira, dos traballos Fin de Grao e dos traballos de Fin de Master. Por certo, inda te podes apuntar ata o 30 de setembro. Formato ogg Formato mp3 Ho...
2019-09-19
00 min
Radio Valle
Esteiro - Proxecto Terra
Cuarto programa especial elaborado polos alumnos de 5º e 6º de Primaria para o Proxecto Terra "Barrios de Ferrol": Esteiro.
2019-05-30
03 min
Radio Valle
Barrio da Magdalena - Proxecto Terra
Terceiro programa especial elaborado polos alumnos de 5º e 6º de Primaria para o Proxecto Terra "Barrios de Ferrol": Barrio da Magdalena.
2019-05-30
02 min
Radio Valle
Canido - Proxecto Terra
Segundo programa especial elaborado polos alumnos de 5º e 6º de Primaria para o Proxecto Terra "Barrios de Ferrol": Canido
2019-05-30
03 min
Radio Valle
Ferrol Vello - Proxecto Terra
Primeiro programa especial elaborado polos alumnos de 5º e 6º de Primaria para o Proxecto Terra "Barrios de Ferrol".
2019-05-30
03 min
Podcast Radio Cerna
Planta de residuos de Toysal: o proxecto que a veciñanza de Teo quere frear
Ao rexeitamento social contra o vertedoiro de Grixoa e da mina de Touro súmase a negativa veciñal á unha nova instalación de residuos na mesma comarca, no lugar de Casalonga, no concello de Teo. Un proxecto que se presenta como planta de reciclaxe de residuos de orixe animal, puríns e lodos e que os veciños temen que mude nun vertedoiro máis na comarca de Compostela. A plataforma Casalonga Limpa de Residuos encabeza esta oposición social á que tamén se suman o concello de Teo e outros concellos limítrofes. O debate actual está en como se pode...
2018-07-23
10 min
Conversas na Ferrería
Conversas na Ferrería #104: Proxecto 'Sentidiño na Rede'
Hai menores que non denuncian acoso a través de internet para evitar que como castigo quítenlles o móbil. Se o dato chámache a atención e preocúpache, escoita ao grupo de traballo do proxecto 'Sentidiño na rede' que saca á luz estes hábitos e consumos en Pontevedra. Participan Ángeles Parrilla, coordinadora do proxecto Redes; Esther Martínez, investigadora e profesora da Universidade de Vigo; José Torres, experto en seguridade e privacidade en redes; Patricia González, técnica do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas; Miguel Roibás, profesor da Xunta e doutorando do proxect...
2018-07-12
50 min
Podcast Radio Cerna
Xeomorfoloxía fluvial e o QuiroRíos no XXVII Curso de formación de Proxecto Ríos
A formación é funddamental para desenvolver calquera proxecto de voluntariado ambiental. Por iso ADEGA e Proxecto Ríos organizar o XXVII Curso de Formación de voluntariado en ríos o vindeiro sábado 5 de maio na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). A formación que se impartirá tratará sobre xeomorfoloxía fluvial e sobre o proxecto QuiroRíos.
2018-05-02
10 min
Podcast Radio Cerna
Informe de Proxecto Ríos 2017: A calidade dos ríos galegos diminúe lixeiramente
O programa de voluntariado en ríos de ADEGA, Proxecto Ríos, vén de publicar os datos das inspección de 158 treitos de río inspeccionados en Galiza durante o ano 2017. O documento conclúe que, en xeral, a calidade dos ríos inspeccionados sufriu unha lixeira baixa con respecto a anos anteriores. Porén, o dato máis relevante é o que retrata o estado do bosque de ribeira, en mal estado na metade dos casos. Coñece outros datos que revela o Informe de Proxecto Ríos 2017 con Radio Cerna!
2018-02-26
10 min
Ondas do cárcere
Ondas do cárcere_ O Proxecto Cárcere
Hoxe facemos unha pequena reflexión sobre a data do 23f e tentamos saber por que existe e por que leva anos de andaina o Proxecto Cárcere. Falamos con Mar, Alberto e Xabier. Novo episodio de "Carmen cruda" Música: Sintonía Liberdade. Gonçalo Guerreiro Kalinka. Iván Rebroff Big chief. Big noise End title "Pelham 123". David Shire Suspiros de España. Banda militar de Barcelona I´m a sign of a changing times. Chairmen of the board
2018-02-25
57 min
Habitando
Ep.19: Arrincamos proxecto de EpD
No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estamos a traballar dende o mes de agosto nun novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. En consorcio coa Universidade da Coruña e baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria, na cidade da Coruña” resultou o 2º mellor valorado de todos os presentados. Iniciamos a t...
2017-10-27
32 min
CAZA E NATUREZA
PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS
PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS PROXECTO DE LEI DE PROTECCION E BENESTAR DOS ANIMAIS
2017-06-19
30 min
Habitando
Ep.16: Proxecto Cárcere
Tras os episodios 14 e 15 rematamos o ciclo adicado a Os Comúns falando con Proxecto Cárcere. Proxecto Cárcere é una plataforma da cidadanía coruñesa que intentar acadar a transformación do antigo cárcere provincial da Coruña, actualmente en desuso. Dun espazo de represión a outro representativo da convivencia libre, onde primen os usos sociais, culturais e educativos e onde a memoria estea sempre presente. Ligazóns de interese: 25 anos de Arquitectura Sen Fronteiras El Derecho a un Techito O Plan Proxecta no IES Agra de Raíces de Cee Vídeo...
2017-04-28
53 min
Habitando
Ep.13: Proxecto Terra e Ludantia con Xosé Manuel Rosales
Acabamos o ano charlando con Xosé Manuel Rosales, arquitecto, Catedrático de Educación Secundaria e Profesor Asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña. Ademais, é coordinador do Proxecto Terra e coautor dalgunhas das unidades didácticas e materiais audiovisuais alí elaborados. Forma parte do equipo organizador de Ludantia, a I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, que se celebrará en Pontevedra en 2018 e para a que xa está aberta a inscrición. Únenos unha chegada relación, compartimos obxectivos. Colaboramos na actualidade con Proxecto T...
2016-12-30
55 min
Podcast Radio Cerna
O Tempo da aldea: proxecto de recuperación da aldea de Rebordechán
Poder aproveitar os recursos propios da aldea á que se lle quere devolver a vida á fundamental. Baixo esta premisa nace o proxecto de recuperación da aldea de Rebordechán (Crecente) por iniciativa da cooperativa "O Tempo da Aldea". O proxecto está rematado no papel, agora fai falla o impulso financeiro para poñelo a andar. Coñecémolo neste espazo de Radio Cerna!
2016-10-03
10 min
Podcast O Sombreiro de Merlín
Balance 2015 con "Médicos sen fronteiras" e o proxecto artístico-solidario "Luva negra" de Xosé Poldras e Alicia López .
HOXE VOLVEMOS CON "MÉDICOS SEN FRONTEIRAS", BALANCE DO 2015 E DO NOSO PROXECTO ARTÍSTICO-SOLIDARIO "LUVA NEGRA", NON DEIXEDES DE ACOMPAÑARNOS A MARÍA DÍAZ, XOSÉ POLDRAS, MANUELA ARCOS, CAROL BRET E ALICIA LÓPEZ, POR UN MUNDO EN PAZ. GRAZAS A TOD@S!
2016-09-18
59 min
Podcast Radio Cerna
Os 15 anos do Proxecto Terra
O Proxecto Terra cumpre 15 anos. Naceu impulsado polo Colexio de Arquitectos de Galiza para difundir entre os máis novos valores de identidade territorial a través de múltiples recursos didácticos, actividades e materiais divulgativos que analizar os espazos que habitamos desde o máis local ata o ámbito territorial galego. Repasamos co coordinador desta iniciativa, Xosé Manuel Rosales, o alcance do proxecto no seu décimo quinto aniversario.
2016-07-20
10 min
Radio Burela
Alba Geada en conversa con Marité Prieto Miramontes (Extracto Proxecto Neo 11-05-16)
Extracto da entrevista realizada á ilustradora Marité Prieto Miramontes dentro do programa Proxecto Neo de Radio Burela, o 11 de maio de 2016. Sirva este corte de pouco máis de catro minutos como pequena conmemoración e celebración do Día das Letras Galegas.
2016-05-17
04 min
Radio Burela
Entrevista Tonia Fuentes en Proxecto Neo (Radio Burela) 11-05-16
Entrevista coa actriz de dobraxe Tonia Fuentes, voz galega de Son Goku (neno), Son Gohanda e Son Goten na saga Dragon Ball, con motivo da campaña de crowdfunding para conseguir financiar a dobraxe ao galego do filme "Dragon Ball Z: A Batalla dos Deuses". Emitida orixinalmente dentro do programa "Proxecto Neo", o 11 de maio de 2016.
2016-05-11
10 min
abeancos_gal
Entrevista en Radio Melide presentando o proxecto abeancos.gal
Entrevista que nos fixo María Torre en Radio Melide á xente do Museo da Terra de Melide e a Jorge Lama de Melisa, presentando o proxecto abeancos.gal.
2016-05-10
32 min
Podcast Radio Cerna
O proxecto RE de Allariz: a compostaxe a todos os niveis
O concello de Allariz pon a andar a partires desta semana o "Proxecto RE" de compostaxe. Este proxecto prevé a creación de 22 áreas ou illas de compostaxe para o núcleo urbano do municipio, o reparto de composteiros individuais para a zona rural e o tratamento específico da materia orgánica producida pola hostalaría do concello no polígono industrial. O reto que persegue así o concello de Allariz é poder recuperar en 3 anos o 80% do lixo que produce.
2016-04-06
10 min
Podcast Radio Cerna
Informe anual de Proxecto Ríos 2015
En xeral, os ríos galegos analizados no programa de voluntariado ambiental Proxecto Ríos presentan un bo estado e ningún rexistra un mal estado de saúde. Sen embargo, aumentan os ríos coas marxes en mal estado de conservación. Se queres coñecer máis detalles do Informe anual de Proxecto Ríos, preme e escóitanos!
2016-02-08
10 min
Podcast de radioarzua
Hoxe falamos dun proxecto que se acaba de emprender dende Arzúa. MAMA TERESA
Hoxe falamos dun proxecto que se acaba de emprender dende Arzúa. MAMA TERESAHoxe falamos dun proxecto que se acaba de emprender dende Arzúa. MAMA TERESA
2015-12-10
32 min
Podcast Radio Municipal de Tui
Entrevista con Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros- Proxecto de micromecenado
A primeira campaña galega de "crowdfunding" arqueolóxica pecha co obxectivo cumprido en Oia. Setenta persoas de todo o mundo realizaron ata noventa aportacións dun total de 10.523 euros a través de internet para salvagardar o patrimonio prehistórico e natural do municipio. Coida Xosé Gago que o máis importante da campaña, aparte dos cartos recadados, é a comunidade creada ó redor do proxecto, xa que moitos doantes visitarán Oia e están pendentes do transcorrer das obras.
2015-11-04
09 min
Divertimento para Pequenos Monstros
Divertimento - Post VII Conspirando - Ruben Artabe_ proxecto Cataratas_10 04 2015
Edición do venres 10 de abril de 2015 de DIVERTIMENTO para pequenos monstros en Rádio Filispim, 93.9 FM. Na primeira media hora visitounos RUBÉN Artabe, quen dentro do seu proxecto "CATARATAS" vén de gravar unha nova peza musical. Chámase "A los ojos de los demás" e nola interpretou en directo, ademáis dalgunha novedade en exclusiva mundial. De seguido, Especial POST-CONSPIRATORIO. Un respaso ao acontecido no "VII CONSPIRANDO por unha radio libre" o pasado 2 de abril, cun adianto da gravación dos tres concertos na Super 8. Escoitamos parte das actuacións de Saravá Criôlo (Indio e Lidia), Sky...
2015-06-10
1h 59
Divertimento para Pequenos Monstros
Divertimento - Especial Ruben Artabe, proxecto "Cataratas" + Concerto Ateneo "Canciones de Pan"
Venres 27 de febreiro entre as 18:00 e 20:00 h, aconteceu unha nova edición de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS,, o programa máis surreal da Rádio Filispim, 93.9 FM. Especial CATARATAS de Rubén Artabe. Entrevista ao autor ferrolán, quen nos apresentou o seu novo proxecto: CATARATAS, coa interpretación dalgunha das novas pezas en directo no estudio. Conversamos longo e tendido ... do presente, pasado e futuro rubeniano, do Woodstock galego que se celebra en Teo e da gravidade de Río Records no Inferno. Admáis, Rubén, oubeou durante o programa varias veces e finalmente acordamos abrir un evento no face...
2015-06-10
1h 56
Podcast Radio Cerna
Informe anual de Proxecto Ríos 2014
O estado de saúde dos ríos galegos empeora, segundo o informe anual de Proxecto Ríos para o ano 2014. Este documento analiza os resultados das inspeccións de ríos feitas por persoas voluntarias nas campañas de primavera e outono. Nestas inspeccións avalíanse varios parámetros de saúde dos efluentes: calidade das augas, do hábitat, da ribeira, etc. Coñece en que estado se atopan con Proxecto Ríos e ADEGA neste espazo de Radio Cerna!
2015-02-16
10 min
Podcast Radio Cerna
Manual de custodia fluvial de Proxecto Ríos
Proxecto Ríos e ADEGA veñen de publicar un manual de custodia fluvial co obxectivo de trasladar á sociedade galega algúns mecanismos para poder custodiar ou adoptar un treito de río. O manual está dispoñible para a descarga no web de ADEGA e de Proxecto Ríos.
2014-11-12
10 min
Podcast Radio Cerna
A custodia do territorio en Europa. Proxecto Landlife
A custodia do territorio xa se está a extender por toda Europa como unha ferramenta de futuro na conservación dos ecosistemas naturais a partires da vontade social e particular. O proxecto Lanlife, de Xarxa de Custodia del Territori, culmina este ano o seu programa dedicado á promover esta nova forma de conservación da biodiversidade no arco mediterráneo occidental. Neste espazo coñecemos o proxecto e os seus resultados da man da súa coordinadora no Estado español, Pilar Rodríguez.
2014-05-21
10 min