Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Radio Liverdade

Shows

Palestras Filosóficas Nova AcrópolePalestras Filosóficas Nova Acrópole#559 - PERTENCIMENTO: A arte de saber fazer parte - Lúcia Helena Galvão da Nova AcrópoleO ser humano tem uma possibilidade específica: a de escolher se integrar, de maneira responsável e consciente, ao fluxo da vida. A professora e voluntária de Nova Acrópole, Lúcia Helena Galvão, nos apresenta reflexões necessárias e sínteses valiosas sobre o que é fazer FAZER PARTE - objetivo cada vez mais presente em cada um de nós, como uma necessidade intrínseca à Vida. Neste vídeo, você aprenderá sobre o valor do pertencimento em nossas vidas e como cultivá-lo para criar relacionamentos mais significativos e conexões mais profundas com outr...2023-03-2548 minTribo ConcursosTribo ConcursosOS CRIMES CONTRA A LIBERDADE INDIVIDUALTudo que você precisa saber sobre os crimes contra a liverdade individual - Polícia Penal 2022-03-1422 minA toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesTolemia 2ªParteComezamos esta Toupeira co que quere ser a segunda parte de Tolemia. O 29 de maio na plaza do Toural de santiago de Compostela, Combócase o Orgullo Tolo, co lema, A Tolemia Okupa a Rua, Organizado polos grupos de apoio mutuo GAM Compostela e GAM Dime, cun cartel no que rezaba o seguinte: Concentracion, lectura de manifiesto, exposicion fotográfica, mesa informativa e micros avertos… é aquí onde entramos nos, as criaturinhas da toupeira. Temos que decir que este dous programas de Tolemia son gracias a unha criaturinha chamada Maria Tola, que foi a encargada de recoller os testimonios e facelos cheg...2021-07-251h 01A toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesXMA Trio_Imos poder escoitar a un trio que puidemos capturar coa nosa grabadora nómada, nunha taberna moi especial como é a Corte dos Bois, onde poderedes escoitar concertos coma o de este trio, con nome e apelidos, XacobeMartinezAnteloTrio. Formado polo propio Xacobe, facendo pequeno o contrabaixo, Xosé Miguélez soprando o xaso e a Max Gomez arreándolle a batria como se non oubera mañán.2021-05-221h 00A toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesTolemia_Orgullo Tolo_ Hoxe falamos as tolas, si as tolas de atar. Porque de atar e outros maltratos aos que nos teñen sometidas, a todas nos, as criaturiñas que estamos como cabras e que xa estamos un pouco fartas, queremos denunciar e darlle voz. Porque o sistema sanitario público mental, necesita mellorar, por decilo de algunha maneira. Imos escoitaralgún relato, voces de xente tola. Si, esa xente perigosa para o sistema, criaturiñas extrañas as que é millor pechar e atar, e se cabe drogar ata o punto de que non pensen e molesten. Se vos dades conta é...2021-05-2153 minLecturasLecturasAs dúas TorresHabía unha vez dúas torres que nun tempo foron tres. En realidade catro, pero da última non quedan nin ruinas nas que pousar a vista nostálxica. Había unha vez catro torres que vixiaban a desaparecida Lagoa de Antela e dúas nenas que se buscaban e se atopaban nos seus soños. Texto: Elena Fariñas Iglesias Voz: Manuela Iglesias Cid Música: Van morrison - Scandinavia2021-01-0606 minEfecto BanduaEfecto BanduaSolidariedade coas compañeiras independentistas, pola absoluta absolución!Coa chegada do outono caen as follas e agroma a solidariedade! Este é un programa en apoio ás encausadas pola Operación Jaro. Neste programa achegamos información sobre a operación Jaro, pola que se xulgará inxustamente a 12 activistas independentistas e as organizacións das que forman parte: Causa Galiza e Ceivar, os días 19, 20 e 21 de outubro do 2020 na Audiencia Nacional de Madrid. Con este programa queremos contribuír a desmontar esta montaxe policial e política. As banduas lanzamos a voz fronte a represión, unha estratexia do estado que procura meter medo, crear desconfianza e desmobilizar á xente e as súas co...2020-10-1352 minEfecto BanduaEfecto BanduaAbaixo os muros!Abaixo os muros! En setembro varias familiares de presos arrincan coa iniciativa de sumar apoios para denunciar a situación actual nos cárceres e a especial vulneración de dereitos á que se ven sometidas as presas e presos do estado espanhol en tempos de pandemia. Nun primeiro encontro acórdase realizar unha marcha ao cárcere da Lama a finais dese mesmo mes. Neste programa recollemos as voces de varias persoas e colectivos que conflúen nesta acción. Nunha segunda xuntanza aberta, espazo que procura acoller a máis persoas, familiares e amizades de presxs ás que lles estexa a a...2020-10-1049 minEfecto BanduaEfecto Bandua7º RoMeir*s do AlÉm e aBelhÓm7º e último capítulo do programa "As mil e umha mortes" Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas... Trânsitos e dós que acolher e agarimar para tecermos novas vidas, velhas formas... em tornaxeira! Que a máxia de Bandua teça os laços que 2020-08-1938 minEfecto BanduaEfecto Bandua6º LutO Em cOlorEs, a morte de Gibran e budismo6º capítulo do programa "As mil e umha mortes" Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas... Trânsitos e dós que acolher e agarimar para tecermos novas vidas, velhas formas... em tornaxeira! Que a máxia de Bandua teça os laços que nos un2020-08-1941 minEfecto BanduaEfecto Bandua5º CuRsO DE MILaGROS, IrMandAdE DruIdicA GaLAiCa5º capítulo do programa "As mil e umha mortes" Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas... Trânsitos e dós que acolher e agarimar para tecermos novas vidas, velhas formas... em tornaxeira! Que a máxia de Bandua teça os laços que nos un2020-08-1950 minEfecto BanduaEfecto Bandua4º FAlarEs sobre a mOrtE (MéXicO)4º capitulo do programa "As mil e umha mortes" Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas... Trânsitos e dós que acolher e agarimar para tecermos novas vidas, velhas formas... em tornaxeira! Que a máxia de Bandua teça os laços que nos unem2020-08-1951 minEfecto BanduaEfecto Bandua3º FAlarEs sobre a mOrtE (Galiza):3º capítulo do programa "As mil e umha mortes" Neste segundo navegar d*s banduas mergulhamo-nos nas mil e umha mortes... Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas... Trânsitos e dós que acolher e agarimar para tecermos novas vidas, velhas formas... em tornaxe...2020-08-1937 minEfecto BanduaEfecto Bandua2º CoNtoS desde PalEstiNa-LiVre! e GaliZa CeivA!2º capítulo do programa "As mil e umha mortes" Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas...2020-08-1930 minEfecto BanduaEfecto Bandua1ª MIl e UmhA InTrOS1º capítulo do programa "As mil e umha mortes" Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas... Trânsitos e dós que acolher e agarimar para tecermos novas vidas, velhas formas... em tornaxeira! Que a máxia de Bandua teça os laços que nos un2020-08-1927 minEfecto BanduaEfecto BanduaAs mil e umha mortesNeste segundo navegar d*s banduas mergulhamo-nos nas mil e umha mortes... Quixemos afundar nas múltiplas formas de sentí-la e interpretá-la: ciclos que começam e recomeçam umha e mil vezes, morte como um fim, primaveras que nutrem o verao, outonos que caminham cara o inverno, novas luas que anunciam luares cheios de vida... Pechai os olhos e deixa-vos levar poloS misterioSOS contos de ghulas, mort*s, rituais, marés e abelhas... Trânsitos e dós que acolher e agarimar para tecermos novas vidas, velhas formas... em tornaxeira! Que a máxia de Bandua teça os laços...2020-08-194h 38Efecto BanduaEfecto BanduaEfecto Bandua a voltas coa morte: vive!Este é o primeiro navegar de tres, à volta da dó, coa achega das vozes de duas terapeutas de distintas correntes, as vozes de gente linda que quixo compartir o que pensam elas da morte, o “Resistirei” da Julia da Taberna e moita poesia da man de Rochi Novoa e Fran. Contamos tamén coa ajuda coidadosa do nosso amigo Migalhas das Chas para a montagem e agradecemos-vos tamén a vós por escoitar-nos. Do mesmo jeito, recebemos nas ondas cum agarimo irmao o projeto lindo da rádio A Tribo e convidámos-vos tamén a que lle regaledes os vossos ouvido...2020-05-252h 18LecturasLecturas#RecitalVirtualAbril 2020, é tempo de poesía, é tempo de escoitar e escoitarnos. Dende o confinamento 19 poetas e lectoras de Ourense e máis aló achégannos coas súas voces 30 pezas poéticas. Agradecémoslles a todas elas a súa participación neste #RecitalVirtual, dentro do #primaverarte de Escua. Sodes todas superriquiñas.2020-04-3055 minEfecto BanduaEfecto BanduaO virus é a coroaBenvid*s a un novo programa de Efecto Bandua: “O virus é a coroa”! A raíz do estado de alarma declarado polo goberno a mediados do mes de marzo as banduas atopámonos nas ondas. Coa emerxencia ante esta crise sanitaria, social, económica, de coidados... e a raíz das medidas decretadas que impuxeron o illamento nas casa, emerxe este espazo sonoro onde compartir ideas, reflexións, vivencias, estratexias individuais e colectivas, poñendo en corentena o medo e avivando o pensamento cítrico!2020-04-203h 30LecturasLecturasNubre Banca quere ser astronautaNube Branca devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas do sistema solar. Tras o fracaso da construción dun foguete espacial, procura a axuda de Clarisa, Cacharrante, Antón e o sabio Octavio. Conseguirá, por fin, ser astronauta? Autor: Pablo Nogueira Campo. Ilustración: Manuel Uhía. Editorial: Baía Edicións. Narración: Manuela Iglesias Cid e Emilio Rodríguez Tilve. Música: R. Carlos Nakai - Gathering of Eagles2020-04-1306 minLecturasLecturasCarabuñasAínda que resulte sorprendente, estamos ante o inicio dunha grande amizade: entre un bruxo que caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Carabuñas a engula. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos. Voz: Laura López Gómez (Peke), mesta de Educación Física no CEIP Plurilingüe Monte Baliño de Ferreira de Pantón (Lugo). Margarita del Mazo & Charlotte Pardi (texto e ilustración) Editorial OQO2020-04-0905 minLecturasLecturasHabía unha vez un ceo grisEsta é a historia de dúas nenas que viven nunha illa ás que lles gusta soñar e deixar voar alto a súa imaxinación. Por iso a súa historia ten sempre un continuará. Porque sempre hai un ceo que mirar, unha nube que recoñecer, un cachalote que esperar na beira do mar e unha illa na que habitar.2020-04-0304 minLecturasLecturasPor catro esquiniñas de nadaUn conto sobre a amizade, a diferenza e a exclusión. Jérôme Ruillier (texto) Editorial Juventud Voz e tradución ao galego: Laura López Gómez (Peke), mesta de Educación Física no CEIP Plurilingüe Monte Baliño de Ferreira de Pantón (Lugo). Biblioteca.2020-03-3102 minLecturasLecturasCocoricoCocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. Marisa Núñez (texto) Helga Bansch (ilustración) Editorial OQO Voz: Laura López Gómez (Peke), mesta de Educación Física no CEIP Plurilingüe Monte Baliño de Ferreira de Pantón (Lugo). Biblioteca.2020-03-3103 minLecturasLecturasOrellas de bolboretaMara é especial e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas calidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica: autoestima, imaxinación e espontaneidade. Luisa Aguilar (texto) André Neves (ilustración) Manuela Rodríguez (tradución) Voz: Laura López Gómez (Peke)2020-03-3102 minLecturasLecturasA Superavoa de AntónPor todas as avoas e avós que loitaron pola nosa liberdade, polos nosos dereitos e o noso benestar. Por todos aqueles que hoxe seguen facendo "o que hai que facer" para coidar dos seus pequenos reis. Grazas! Este conto é unha iniciativa de Meu Rei - Activismo pola infancia. Autores: Javier Domínguez Pérez e Alba De Evan Freijedo.2020-03-2903 minEfecto BanduaEfecto BanduaSolidariedade imparábel coas compañeirxs de Ceivar e Causa GalizaPROGRAMA Nº1: SOLIDARIEDADE IMPARÁVEL COAS COMPAÑEIRXS DE CEIVAR E CAUSA GALIZA2020-03-1053 minReportaxesReportaxesPor todas as mulleres, por todos os dereitos: revolta feminista!Con este programa queremos facer memoria. Un pedaciño efímero do feminismo a partir da recollida de sons, ritmos e ideas que atravesaron corpos e lugares o domingo 3 de marzo do 2019, durante a manifestación galega que tivo lugar en Lugo desta volta, e tamén o venres 8 en Ourense, día de folga de coidados, estudantil, laboral e de consumo, así como de celebración, de re-encontros na rúa e de loita, día no que remexerse e pronunciarse de xeito público e colectivo ante as inxustizas, a falta de liberdades e dereitos.2020-02-251h 02EventosEventosLaicismo: unha porta á liberdadeNon vos deron arrepíos? Escoitar todas esas invencións, prohibicións e persecucións que leva feito século tras século a igrexa. Esa culpabilidade cando amamos diferente, eses remordementos cando nos masturbabamos de nenas, esa xenreira cando nos roubaban os segredos no confesionario... Nós rebelámosnos e apostatamos. E non fixemos un programa de radio xornalístico nin imparcial, non, fixemos unha análise das actitudes da santa, din, sede e unha apoloxía da apostasía. Para iso temos con nós ás ateas e ateos confesos, Cristina Asenjo, do sindicato de educación STEG, ao avogado Alfo...2019-12-261h 45EventosEventos25N: Feminismos para vivirO feminismo ourensán, o feminismo galego, botouse á rúa un ano máis para denunciar as violencias machistas. Violencias que nos ridiculizan, que nos acosan, que nos agreden, que nos violan, que nos asasinan. Porque o machismo violenta as nosas vidas e ataca á nosa liberdade como persoas. Vivimos un estado de excepción de terrorismo machista  no que, dende que hai cifras oficiais, o ano 2003, contabilízanse 1.028 feminicidios. Mulleres asasinadas por homes en todo o estado.  62 en Galiza desde 2010, 6 mulleres asasinadas este ano no noso país e co asasinato de Sara, de 26 anos en Tenerife, o día contra as v...2019-11-291h 45A toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesaToupeira_PabloCastañoTrioA Touperia Rillando Raices do Jazz... Imos escoitar un concerto que grabamos coa nosa grabadora nómada nunha das nosas salas preferidas, a "Araca da Noe" da man dun trio liderado por Pablo castaño ao xaso alto, Marcos Pin a guitarra e Alexandre Touceda ao contrabaixo. E esta vez imos contar coa axuda de Uxia Tipeja nos comentarios. Oímonos!!2019-11-041h 00EventosEventosAs do 8: Maternidades subversivasDentro das actividades de As do 8, o 11 de outubro celebrouse unha xuntanza de mulleres para debater sobre as maternidades no Café Cultural El Pueblo. Nais, e non nais, opinan sobre as súas experiencias persoais e as súas opinións sobre o que arrodea a maternidade, de como a trata a sociedade e poñen o acento nas cousas que hai que mudar.2019-11-042h 07EventosEventosEmerxencia climática: Unha perspectiva localEstamos a vivir en Ourense, Galiza e no mundo enteiro unha serie de movilizacións masivas, sobre todo no ámbito do estudantado enmarcadas na loita contra a emerxencia climática. É por a isto que a Radio Liverdade sae unha vez máis ao encontro para tomar o pulso desta loita falando coas súas protagonistas. Abrimos os micros, desta volta no Café Cultural El Pueblo de Ourense para ter unha diagnose de primeira man da situación presente e futura do país en relación ás mudanzas causadas polo quecemento global.2019-11-041h 56EventosEventosFala a CulturaRadio Liverdade sae unha vez máis á rúa, onde máis nos gusta estar, para falar dun dos temas máis candentes do Ourense actual, a Cultura. Convidamos a persoas de procedencias moi variadas e relacionadas con este eido para que nos conten de primeira man cal é a situación real e cales son as súas visións con respecto a algo que nos afecta a todas as ourensás.2019-10-012h 03EventosEventosAs do oito - En todas partesDentro das actividades de As do oito cada 8 de mes, este setembro celebrouse un faladoiro no Liceo de Ourense con seis mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en entornos masculinizados. Nesta actividade, moderada por Nate Borrajo, participaron María Prado, conductora de autobuses en Autocares Rogelio, María José Estévez, xerente de Prosoda, empresa de montaxe de espectáculos, Raquel Huete, baixista, cantante e tubista, Iria de Dios, investigadora da ciencia cognitiva e da linguaxe, Marta Rodríguez, xogadora de fútbol sala no Ourense Envialia e Liliana Rodríguez, mecánica.2019-09-091h 17EventosEventosFib 2019Un ano máis remata o veráEarte, despois de moitas actividades pechamos coa mellor festa do ano, o Festival Intercultural do Barbaña! Unha vez feitas todas as actividades dos colectivos de EsCuA, disfrazámonos e gozamos da música e da sátira, todas xuntas, na praza de San Marcial. Nesta edición participaron: A fadista libertaria - Esa nena As Damnificadas - O hemiciclo As Nitroglicerinas - As rúas son nosas Josemanu - Eu x ti, ti x min Rectángulo de Amor Bizarro - Piso en Viacambre (1º Premio) As Femilistas - Volve Sofía Xácome Valtar...2019-09-032h 16LecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Adolfina MesaBreve recital de Adolfina Mesa na praza de San Cosme durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1111 minLecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Martiño MasedaBreve recital de Martiño Maseda na praza do sal durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1114 minLecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Miriam FerradánsBreve recital de Miriam Ferradáns na praza Pena Vixía durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1108 minLecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Alexandre BreaBreve recital de Alexandre Brea na praza da imprenta durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1110 minLecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Arancha NogueiraBreve recital de Arancha Nogueira na rúa Bispo Carrascosa durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1110 minLecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Antía BalvísBreve recital de Antía Balvís nas escaleiras do Museo Arqueolóxico durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1109 minLecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Tamila AlénBreve recital de Tamila Alén na rúa da Barreira durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1109 minLecturasLecturasPaseo das Letras 19 - Oriana MéndezBreve recital de Oriana Méndez na praza da ferrería durante o percorrido do Paseo das letras, enmarcado nas actividades do veránEarte 2019.2019-07-1109 minEventosEventosComunicado - Querémos-te na casa, MiguelLectura do comunicado de ESCUA sobre a detención de Miguel. Querémos-te na casa, Miguel Recentemente os movimentos sociais de Ourense vivimos outro episódio de repressom, esta vez nom se trata de multas nem de confrontos mediáticos, esta vez temos a um dos nossos na cadeia. O Miguel está desde o domingo 16 de Junho em Soto del Real, separado da sua família, das suas vizinhas, das suas amizades e do seu povo. É um preso independentista galego detido por orde da “Audiencia Nacional” e em prisom preventiva sem fiança junto a outros três independentistas, acusados polos médios...2019-07-0701 minEventosEventosRadio na Rúa - Antía Balvís e Carlos da AiraAs poetas Antía Balvís e Carlos da Aira regaláronos un breve recital durante o programa de presentación das actividades do veránEarte 2019, Radio na Rúa.2019-07-0703 minEventosEventosRadio na Rúa - Ricardo Coronel - GarufaRicardo Coronel fíxonos este agasallo, cantou en directo Garufa no programa de presentación do veránEarte 2019, Radio na Rúa.2019-07-0702 minEventosEventosRadio na Rúa #VEA19Programa para presentar as actividades do veránEarte 2019. Polos nosos micros pasaron moitos dos colectivos para explicárnolas, dende concertos até roteiros, todo xullo e agosto, en Ourense, con programación cultural ao xeito de ESCUA. Autoxestión e participación, dende abaixo.2019-07-071h 44LecturasLecturasGraxos da Burga - Capítulo 3Capítulo 3 - Luz ao Casino! O 30 de maio de 2010 celebrábase a primeira festa “da historia” de Ourense. Promovida pola A. C. A Bela Auria, o evento paríase polo paraninfo e corredores do Instituto Otero Pedrayo e o Xardín do Posío; que sería berce de todas e cada unha das festas celebradas o último sábado de setembro (e domingo...) na vila auriensiana. No folleto informativo explicábase así: A Bela Auria é unha festa de recreación histórica que quere converterse nunha gran actividade de participación cidadá integrando propostas de colectivos e persoas con diferentes inte...2019-05-3005 minReportaxesReportaxesFala a Marcha Mundial das Mulleres: Punto de Encontro Familiar de OurenseDez anos despois da posta en marcha de leis que hoxe seguen sendo avanzadas en materia de xénero, o sistema de apoio e protección das mulleres que sufren violencia machista en Galiza precisa dunha profunda revisión para a análise de todo o que esta fallando en materia de atención, prevención e acompañamento. A situación dos xulgados de violencia (en Ourense inexistente), das sentencias que continúan revitimizando ás mulleres ou dos mecanismos de acompañamento en todo o proceso son nestes momentos alarmante e non estan dando a resposta que as mulleres precisan.A...2019-05-1629 minLecturasLecturasGraxos da Burga - Capítulo 2Capítulo 2 - A lei dos Graxos da Burga A literatura é unha das millores ferramentas para a transmisión da cultura ás xeracións máis novas, e especialmente para recoller o patrimonio inmaterial e oral, o que xa non podemos ver, tocar ou fotografar; ademais, a escrita amósase coma o recurso máis xeitoso para a transcrición da oralidade. Que sería dos graxos da Burga de non ser por V. Lamas Carvajal e os textos onde nos deixou contadas as aventuras distes pícaros da Auriense; quizais F. Álvarez de Nóvoa non escribiría alá polo 1896 o Tur...2019-04-0204 minLecturasLecturasGraxos da Burga - Capítulo 1Capítulo 1 - A Barcarola e os Graxos da Burga O documento de audio que presentamos o Día Mundial da Narración Oral, pretende reforzar o traballo a prol da visibilización do patrimonio da A. C. Bela Auria, e ao mesmo tempo, homenaxear ao colectivo tras 10 anos de actividades na vila de Ourense. Os Graxos da Burga, recollidos dun relato de V. Lamas Carvajal, simbolizan o patrimonio inmaterial e esquecido auriensiano; unha historia de carácter localista, mais tamén universal. Escollemos iste formato para facilitar a súa difusión, e porque o conto contado é o xeito tradicion...2019-03-2005 minA toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesFelisaSegade&xermánMuiñosHoxe comezamos esta Toupeira con este canto ao amor. O amor pola nosa música, esta a que naceu nesta terra galega, a que puido quedar no esquecimento, pois os acontecementos como xa sabedes, non axudaron. Pero aínda así, puido sobrevivires ata o dia de hoxe, e creo que con moi boa saude. Supoño e quero creer, que grazas a estas xentes teimudas, as dos povos e vilas deste pais.2019-03-101h 00ReportaxesReportaxesTraballo final “VIVAS NOS QUEREMOS III”Trátase dun café conversa artellado entre 3 mozas e do que participan 4 compañeiras máis ás que se lles fixeron unha serie de preguntas...  Sen centrarnos nun tema específico, preferimos navegar entre varios. Partimos nun primeiro momento e procurando non reconducir demasiado daquelo que emanase das participantes: agresións e abusos sexuales, voltar a casa soa, o medo, a influencia clave dos medios de “desinformación”, familias e amizades como reprodutoras do medo. Quixemos facer fincapé nas estratexias e fortalezas individuais e colectivas. Escollimos algún dos temas específicos: perspectivas antipunitivas contra as violencias machistas, perspectivas legais e xustiza femini...2019-01-211h 09EventosEventosReina LobaEste verán estivemos no Festival Reina Loba falando coas asistentes e organizadoras do Espazo Matrioska! Gravamos os concertos (aínda que non podemos ofrecervos todos debido a uns problemiñas que tivemos de gravación no escenario principal). Agardamos que vos guste!2018-09-062h 00EventosEventosEntrevistas FIB 2018A nosa compañeira Mar estivo entre bambalinas entrevistando a varias participantes e organizadoras do Festival Intercultural do Barbaña 2018. Ademais de escoitar o FIB completo podédesvos achegar a este peche final do veránEarte dun xeito máis intimo e descubrir as sensacións dos grupos dende dentro.2018-09-0629 minEventosEventosFib 2018Festibal Intercultural do Barbaña 2018 completo. Remata o veránEarte e como todos os anos, faino con festa. O Festival Intercultural do Barbaña é o remate da programación cultural destes dous meses de verán nos que os colectivos de EsCuA non pararon. E un ano máis queremos partillar con todas vós esta festa. Damniperigos - Arboricidio Ukelerria - A paus As Femilistas - Todo quisqui é feminista (2º Premio) PPeretas - Suavemente Mul-ta-me Los Taraos - La ventanita Nubes Baixo Ti - Denunciei (Xurado popular) Rata de dos patas - Belén Oh Rachid El Rafah e as Eskacharéns...2018-09-062h 06A toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raices_A Toupeira_A Caixa de PandoraImos escoitar un concerto, que gravamos coa nosa gravadora nómade, un grupo de Lisboa que se chama A Caixa De Pandora, e tamén os roidiños típicos desta Arca, que é a da Noe. Imaxinade que estades na Arca, visualizádea se a coñecedes, senón, inventádea. Pechade os ollos e abride ben as orellas e escoitade a este trío que o conforma Rui Filipe ao piano, a Sandra ao Chelo, frautas, clarinete e María ao violino. Tres criaturiñas da música clásica pero tan contemporáneos, frescos e soñadores.2018-08-2258 minA toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesA Toupeira na Arca da NoeA Toupeira embarca na Arca da Noe presentando o seu programa en vivo e en directo_ Hoxe a nosa toupeira embarca nesta taberna en Vilar de Santos, na Arca da Noe. Unha taberna moi especial para nos, os degustadores de raíces. Ten unha axenda de concertos ao vivo que me atrevería dicir, que e unha das salas de concertos máis activa do país, e non me equivoco dicindo que está recoñecida como tal. Nominada dúas veces como mellor sala, nos premios da musica ao vivo nos Martin Códax e gañando unha estatuínha no 2012018-07-201h 23EventosEventosPaseo das Letras #VeA18O #PaseoDasLetras foi unha actividade dentro do #veránEarte2018 no que oito poetisas locais recitaron as súas obras en diferentes espazos do casco vello de Ourense. Neste paseo puidemos percorrer con elas as localizacións máis senlleiras da nosa vila.2018-07-1651 minEventosEventosRadio na Rúa - veránEarte 2018Este ano voltamos a sacar os nosos trebellos á rúa para presentar as actividades do veránEarte de 2018. De novo tamén nas escaleiras do Museo Arqueolóxico, na praza Maior, estivemos falando coas organizadoras das diferentes propostas que as asociacións de EsCuA teñen para a programación cultural de verán.2018-07-081h 35A toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesRepasando o invernoComezamos esta Toupeira que quere ser un conto da nosa viaxe na Arca da Noe. Na cal embarcamos un dia do inverno pasado con tódolos nosos aparellos e ese entusiasmo característico de dunha viaxe con fecha de saída que ata o dia de hoxe continuamos facendo...2018-06-291h 13EventosEventosEntrevista Carlos da Aira - Letras galegas - Revista OrballoXente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo. Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018. Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!2018-05-2331 minEventosEventosFaladoiro - Letras Galegas - Revista OrballoXente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo. Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018. Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!2018-05-231h 34EventosEventosRecital de Poesía - Letras galegas - Revista OrballoXente que traballa pola cultura e as letras en Ourense hai abondo, aínda que ás veces poida non parecelo. Grazas, Revista Orballo, Radio Liverdade e O'Renque, polo activismo. Toda unha tarde de cultura; radio con debates interesantes, música e poesía para homenaxear a María Victoria Moreno neste Día das Letras Galegas 2018. Grande achega poética de Antía Balvís Moreiras, Manuel J Maside, Noa Moreira, Natalia Umpiérrez Suárez e Raquel (versos e música). Grazas tamén Antía Alberte Maneiro, La chica de la pisa!2018-05-231h 45EventosEventos#porquemepeta 2018Este ano no Día das Letras Galegas naceu unha nova celebración, unha homenaxe a tódalas crianzas que falan galego, que farán que a nosa lingua  dogs viva. No momento en que vemos como o galego está cada día máis asediado pola inmersión castelá da nosa sociedade, dos medios e das institucións, aparece unha iniciativa que pretende axudar a que a nosa fala teña un futuro e non se converta nunha cousa do pasado.2018-05-1831 minA toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesTurnes&Casquero&FernandezTrioHoxe a nosa Toupeira viaxou pola veira do Miño deixando Portugal a man esquerda ata chegar a unha taberna desas que tanto nos gusta aquí abaixo, o Gastro Bar Jazz&Blues.2018-04-181h 07ReportaxesReportaxesFala o Grupo de Apoio Mutuo de OurenseOs micros de Radio Liverdade recollen a voz de David, un membro do Grupo de Apoio Mutuo de Ourense (GAM), e do psicólogo sanitario Borja Fariñas. Fálannos dos beneficios do GAM, a súa organización e tamén das eivas que ten o sistema sanitario no tratamento da saúde mental.2018-03-1825 minA toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesSheila Patricia e Raul ChiocchioHoxe a nosa Toupeira embarca de novo na nosa arca preferida, a Arca da Noe. Esta vez santa Noe vainos presentar a Sheila Patricia e Raúl Chioccchio que van ser os encargados de izar as velas desta arca. Ao timón, -como non!- a Noe, Suso como segundo de a bordo e Carmen tamén estaba na cabina de mando.2018-02-2755 minA toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesA toupeira_rillando raicesNon e unha toupeira calquera, e unha toupeira con alfombras e tapices nas paredes, altofalantes e cables moitos cables. Instrumentos colocados conforme e devido, esperando a ser tocados. Cocinha de lenha con pota a ferver e a terreza da nosa toupeira e o monte son os campos as montanhas pequenas e grandes con esa banda sonora que non deixa de soar.2018-01-2440 minReportaxesReportaxesRecuperación e protección dos montes afectados polos incendios.Nesta gravación podedes atopar a información básica sobre como recuperar landras e sementes para iniciar el proceso de recuperación dos montes queimados. Tamén aprenderedes a elaborar barreiras vexetaís para protexer as cabeceiras dos ríos.2017-10-3029 minReportaxesReportaxesCapítulo # 3 - O lavadoiro: entre a memoria e a especulaciónNeste derradeiro capítulo, combinamos días conversas, que nos sitúan na esencia do asunto e na verdadeira razón da xornada reivindicativa. Dúas mentes que espertan o pasado adormecido baixo pedra volcánica, desta, nosa cidade: Por unha banda, Fernándo Valcárcel: arquiveiro municipal, membro do Arquivo Visual Ourensán e investigador. Afondou na etnografía en feminino, entre outras, as lavandeiras. Por outra banda, Óscar Penín, arqueólogo, parte dos colectivos que convocaran a xornada “Coñeces as Burgas?”. Con estas testemuñas, deixamos que vos mesmxs tiredes as vosas propias conclusións. E que este fin do capí...2017-06-1629 minReportaxesReportaxesCapítulo # 2 - Coñeces as Burgas?O sol seguía quentando o pavimento da praza das Burgas cando o equipo de Radio Liverdade saíu do lavadoiro. Após ter conversado con María – a lavandeira – encontrámonos con un grupo escolar que descubría o patrimonio histórico da cidade. Mentres os sons das pandeiretas se mesturaban co murmurio dos chorros da “Burga de abaixo” os nenos e as nenas avaliaban a temperatura da auga. Logo, as monitoras do grupo propúñanlles participar no taller “Coñeces as Burgas?” onde os cativos e as cativas no so puideron coñecer a existencia do lavadoiro da praza de abastos, senón...2017-06-0226 minReportaxesReportaxesCapítulo # 1 - O lavadoiro e a lavandeiraO LAVADOIRO E A LAVANDEIRA Nun radiante día de abril, mentres os raios do sol primaveral alumeaban a cidade de Ourense, un grupo de artistas mergullábase no lavadoiro das Burgas. Sorprendidos por un espectáculo de luces, no que os luminosos raios solares reflectían o movemento da auga contra as paredes, aproveitaron a tremenda acústica do lugar para impregnalo dos seus cantos e dos sons das pandeiretas. Así comezou a xornada do 7 de abril 2017, organizada por varios colectivos ourensáns, co obxectivo de descubrir o patrimonio cultural e histórico da zona das Burgas, permitindo así coñecer a...2017-05-2628 min