podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Ceipcedeira
Shows
ceipcedeira
Noticias falsas
O alumnado de sexto elabora un programa para facernos reflexionar a todos e todas sobre as noticias falsas
2022-05-30
05 min
ceipcedeira
Homenaxe a Rosalía
Con motivo do día de Rosalía de Castro, o alumnado do obradoiro de radio elaborou un programa no que participaron todos os cursos. Ademais de estudar a súa biografía e coñecer as súas obras, creáronse novos poemas a partir dos de Rosalía. Chamámoslle "Cantares de nenos e nenas"
2022-05-30
14 min
ceipcedeira
Contos á lus do candil Samaín 2021
Polo Samaín, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria inventan contos de medo para lerlle aos máis pequenos. Esta é unha mostra das creacións do alumnado de 5º
2022-05-30
04 min
ceipcedeira
Entrevista a Jessica Rodríguez Piñeiro
Jéssica Rodríguez Piñeiro, a autora do libro "Peúgo, o calcetín melenudo," veu ao centro a presentar o seu libro e a realizar un taller co alumnado.
2022-05-30
06 min
ceipcedeira
Viaxando pola vida de... Xela Arias
A clase de 4º de E.P. do CEIP de Cedeira dálles a benvida a esta viaxe pola vida de Xela Arias, a homenaxeada deste ano polo Día das Letras Galegas. Nesta viaxe faremos un percorrido pola interesante vida desta importante figura das nosas letras. Dende o seu nacemento en Lugo ata o seu triste pasamento na cidade de Vigo. Abróchense os cintos que despegamos!!
2021-05-25
04 min
ceipcedeira
Falemos de Xela_Faladoiro de 2º de E.P. sobre a vida e obra de Xela Arias
As neanas e nos de segundo reúnense nunha mesa redonda, moderada pola súa titora, para falar sobre Xela Arias, a homenaxeada deste ano 2021 no Día das Letras Galegas. Acompañádenos nesta interesante tertulia para coñecer in poouco máis sobre importantísima figutra das nosas letras.
2021-05-25
04 min
ceipcedeira
Radio Cores: E ti...qué sabes de Xela?
Venvid@s querid@s radiouvintes unha vez máis a un novo programa de Raddio Cores, a radio escolar deo CEIP de Cedeira. Desta vez ofrecémosvos un programa monográfico sobre Xelas Arias en formato de concurso de preguntas. As nosas reporteiras Ainhoa e Mélani saen ao patio a preguntar ao alumnado sobre a vida e obra de Xela Arias, a homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas. E vós... Qué sabedes de Xela?
2021-05-25
04 min
ceipcedeira
Radio Cores: Verde esperanza, verde ledicia!
Benvidas amigos e amigos a este novo programa de Radio Cores, a radio escolar do CEIP de Cedeira. Coincidindo co día das lestras galegas presentámosvos o programa "Verde esperanza, verde ledicia!" no cal vos ofrecemos unha selección dos chistes que o alumnado mandou para participar no Reto 7 do noso E.D.L.G. Agardamos que vos gusten e que non paredes de rir ata escachar!!!
2021-05-17
08 min
ceipcedeira
Radio Cores: Cedeira en igualdade
Boas a tod@s! Xa chegamos ao final deste 2º trimestre, e aquí temos o derradeiro programa do grupo de 6º do Obradoiro de Radio. Para este último programa, e co gaio da celebración do Día de Rosalía o 27 de febreiro e o Día Internacional da Muller o 8 de marzo, o alumnado de 6º nos traen unha "posible entrevista" ficticia a Rosalía de Castro, e tamén nos falarán de Susana Rodríguez Gacio, a triatleta paraolímpica coa que puidemos conversar nunha videoconferencia moi interesante i educativa. Agardamos que disfrutedes tanto deste programa como nos facendoo. Ata o próximo
2021-03-26
05 min
ceipcedeira
Radio Cores: 4º Ponse nas ondas!
Benvid@s de novo a Radio Cores, a radio escolar do C.E.I.P. de Cedeira. Nesta nova edición vos ofrecemos o segundo programa elaborado durante a visita ao noso centro de Gerardo e Damián, da asociación Ponte Nas... Ondas!, para dar un obradoiro de radio. Nesta ocasión imos a escoitar as elaboracións da clase de 4º. Non deixedes de escoitalas, porque vos van sorprender de seguro.😜
2021-03-05
09 min
ceipcedeira
Radio Cores: Día Mundial da Radio
Boas a todas e todos. Traemos agora un pequeno programa para participar na iniciativa da asociación Ponte Nas... Ondas! para conmemorar o 13 de febreiro o Día Mundial da Radio. Nel falamos da nosa radio escolar e deste día especial para toda a xente a que nos gusta facer e oír radio. Agardamos que vos guste!
2021-02-11
03 min
ceipcedeira
Radio Cores: 5º Ponse nas ondas!
Benvidos a un novo programa de Radio Cores, a radio escolar do noso centro, o C.E.I.P. de Cedeira. Este programa, o primeiro do 2021, está presentado polo alumnado de 6º, e ten motivo coa visita ao noso centro de Gerardo e Damián, da asociación Ponte Nas... Ondas!, para dar un obradoiro de radio no cal aprendemos moitísimo. Este obradoiro constaba de 3 partes: unha na que se traballaba a dicción e a locución, outra sobre aspectos técnicos e unha terceira na que todo o alumnado de 4º e 5º de E.P. participaba na elaboración dun program...
2021-02-03
10 min
ceipcedeira
Radio Cores: Nadal Dourado
Último programa de este trimestre de Radio Cores, a Radio Escolar do CEIP de Cedeira. Nesta ocasión ofrecémosvos un programa dourado para despedir este ano e desexarvos Bo Nadal a todas e todos. Así pois temos un programa moi navideño, coas noticias máis frescas para este Nadal e unha entrevista en exclusiva nin máis nin menos que a Papa Noel. Agardamos que vos guste e que o disfrutedes. Bo Nadal e feliz aninovo!!!
2020-12-22
09 min
ceipcedeira
Radio Cores: Cedeira en Violeta
Novo programa de Radio Cores, a Radio Escolar do CEIP de Cedeira. Con motivo da celebración do Día Internacional Pola Eliminación da Violencia Contra a Muller e Contra a Violencia de Xénero o 25 de novembro, fixemos un programa especial no que falaremos deste tema e de porque se celebra nesta data, oiremos poesías sobre a violencia de xénero e estrearemos "Eres Única", o novo single da clase de 6º de E.P., un rap feminista que denuncia esta lacra da nosa sociedade. Un Programa Violeta que agardamos que disfrutedes.
2020-11-30
12 min
ceipcedeira
Radio Cores: Entrevista a Mercedes
Entrevista realizada pola clase de 5º E.P. do CEIP de Cedeira a Mercedes co gallo da súa visita ao noso centro a impartir un taller de horta á clase de 6º.
2020-11-09
05 min
ceipcedeira
"O grilo" recitado por Xoán.
Xoán participa no concurso de Gálix recitando un poema de Manuel María.
2020-04-10
00 min
ceipcedeira
Daniel recita un poema de Rosalía "A gaita gallega"
Participa no concurso de Gálix "Un poema na túa voz"
2020-04-09
01 min
ceipcedeira
Uxía e Suso Vaamonde recitan a Manuel María.
Nesta montaxe Uxía recita un poema de Manuel María e Suso Vaamonde cántao.
2020-04-09
02 min
ceipcedeira
Mateo recita unha poesía de Celso Emilio Ferreiro.
Participa no concurso promovido pola Editorial Gálix, "Un poema na túa voz!
2020-04-08
00 min
ceipcedeira
Audio gravado por Rubén Darriba para o concurso Un poema na túa voz
Audio gravado por Rubén Darriba para o concurso Un poema na túa voz
2020-04-08
00 min
ceipcedeira
Recitado de versos de Rosalía.
Todo o alumnado do Ceip de Cedeira recitou versos de Rosalía para celebrar o seu Día.
2020-03-16
05 min
ceipcedeira
Abel conta o que cultiva o seu avó.
O avó de Abel cultiva a horta e unha especie pouco común... azafrán.
2020-03-10
01 min
ceipcedeira
Rap Realimentaxe
Alumado de 6º presenta o proxecto deste ano cun rap sobre alimentacion
2020-03-10
02 min
ceipcedeira
Bocados de poesía para o proxecto "Realimentaxe"
Presentación do proxecto realizada por alumnado de 5º
2020-03-08
03 min