podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Colexiosanpiox
Shows
Onda San Pío X
P15: O triángulo máxico do Entroido ourensán
Neste episodio de Onda San Pío X falamos do Entroido ourensán desde unha perspectiva divertida e educativa. Contamos coa participación de Brais, Dylan e Adriana (5º de primaria) e Raúl, Andrés e Martín (6º de primaria), que se caracterizaron como Pantalla, Cigarrón e Peliqueiro para explicar as historias, tradicións e curiosidades destes personaxes emblemáticos. A través das súas intervencións descubrimos o triángulo máxico do Entroido, aprendendo sobre a súa importancia cultural e a riqueza desta festa tan querida en Galicia.
2026-02-10
04 min
Onda San Pío X
P14: Descanso de pastores · festIAval de Nadal 2025 (5º de primaria)
Actuación de 5º de primaria no festIAval de Nadal 2025 celebrado o 18 de decembro de 2025 no salón de actos do centro coas familias. Un grupo de pastores vai camiño do Portal e, entre bromas e “paradas” para descansar, reflexiona sobre que agasallo levarán ao Neno. A obra transforma as risas en mensaxe: o máis importante non é o material, senón os agasallos invisibles (axudar, compartir, perdoar, levar paz...). Remata lembrando que Belén empeza onde escolles querer un pouco máis.
2025-12-19
06 min
Onda San Pío X
P13: La Navidad despierta · festIAval de Nadal 2025 (4º primaria)
Actuación do alumnado de 4º de primaria no festIAval de Nadal 2025 celebrado o 18 de decembro de 2025 no salón de actos do centro coas familias. Trátase dun fermoso poemario, onde o inverno, o obradoiro do norte, a carta, a estrela, a noite de ledicia e un agasallo invisible axudan a espertar por dentro.
2025-12-18
05 min
Onda San Pío X
P12: Entrevista ás gañadoras do concurso Jóvenes y Mayores 2025
Neste episodio entrevistamos a Uxía e Claudia, alumnas de 5º de primaria e gañadoras do 1º e 3º premio do concurso “Jóvenes y Mayores” organizado por La Región e a Fundación Dorzán. Ademais de explicarnos en que constitiu este certame tamén nos contan como viviron a entrega de premios e o ben que o pasaron nesta experiencia única que conecta xeracións.
2025-12-06
04 min
Onda San Pío X
P11: Cros en Monterrei
Olivia, Marco, Luana e Ander comparten a súa experiencia na carreira de cros de Monterrei, unha actividade xa clásica do colexio dentro do programa Xogade, na que participou o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria. No podcast falan do que sentiron antes de comezar, dos momentos máis especiais do percorrido e das emocións ao cruzar a meta, nun episodio que recolle á perfección o espírito de superación e convivencia deportiva.
2025-11-30
03 min
Onda San Pío X
P10: 25N: somos voz, no violencia.
Neste episodio especial, o alumnado de 5º de primaria pon voz á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Mentres soa a canción Ni una más de Aitana, cada estudante le unha mensaxe que invita á reflexión e ao compromiso. A través destas palabras breves pero cheas de forza, lembramos o que podemos facer no colexio e na casa para construír relacións baseadas no respecto: coidar a nosa linguaxe, rexeitar calquera forma de discriminación, apoiar a quen o precisa, compartir tarefas, escoitar con empatía e dicir sempre NON Á V
2025-11-25
03 min
Onda San Pío X
P09: Participamos no V Concurso de Ciberseguridade no cole! (Non gañamos pero aprendemos moito)
Neste episodio, Martín, Leo, Valery, Eimy e Raúl (6º de primaria) contan a súa experiencia participando no V Concurso de Ciberseguridade no Cole! organizado por Telefónica e Cibergal. Aínda que nesta ocasión non conseguimos pasar á fase final en Santiago, a experiencia foi fantástica e permitiu aprender moitísimas cousas sobre o mundo dixital e a seguridade en internet. Ao longo do podcast explican como se preparou toda a aula empregando materiais do INCIBE, escoitando charlas e contos do seu titor, moi útiles para comprender mellor conceptos clave. E para rematar, xogaron ao noso Ciberpalabra, un pasapala...
2025-11-21
08 min
Onda San Pío X
P08: REPORTAXE: San Martiño de Tours
Neste episodio falamos do San Martiño, figura clave nas tradicións de Ourense e protagonista do festivo local. Sofía, Leire, Pablo e Thelma (5º de primaria) explican quen foi, a súa historia e a relación cos magostos, unha das festas máis queridas na nosa contorna. Un repaso sinxelo traballado coa súa mestra de ciencias sociais para comprender mellor as nosas tradicións!
2025-11-14
05 min
Onda San Pío X
P07: Vaia Samaín!
Neste episodio mergullámonos na máxica tradición do Samaín, unha festividade de orixe celta celebrada o 31 de outubro en Galicia e noutras rexións como Irlanda e Escocia. Grazas a Xoel, Martina, José e Lucía descubrimos a historia, as crenzas e as tradicións que rodean esta festa, desde as cabazas decoradas ata o popular "truco ou trato". Falamos tamén de como o celebramos no cole, recibindo a visita dun mago, facendo talleres e xogando a xincanas.
2025-11-07
03 min
Onda San Pío X
P06: ONDA DEPORTIVA: Corremos a San Martiño 2025
Neste primeiro podcast de Onda Deportiva, un espazo dedicado ao deporte, Sara, Brais e Adriana falan da XLVIII Carreira do San Martiño 2025 que se celebrará en Ourense o vindeiro domingo 9 de novembro.
2025-11-04
02 min
Onda San Pío X
P05: ROMPER EL SILENCIO. ¡No al bullying!
Neste episodio especial de Onda San Pío X, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria únese para alzar a voz contra unha realidade que nunca debería pasar desapercibida: o acoso escolar. A través de mensaxes curtas, os estudantes convídannos a romper o silencio, a fomentar a empatía e a construír xuntos un espazo escolar máis seguro, respectuoso e solidario. Este programa non só busca concienciar sobre a importancia de actuar fronte ao acoso, senón tamén render un emotivo homenaxe á memoria dunha rapaza española cuxa historia recente nos lembra de forma desgarradora a urxencia de com...
2025-10-28
04 min
Onda San Pío X
P04: Sabores que unen (Visitamos a Cooperativa Loureiro)
Neste episodio falamos da nosa visita á Cooperativa Loureiro con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025. Descubrimos como se elaboran queixos, iogures, kéfir e leite fresca, exploramos o seu laboratorio e fábrica, e comentamos a mestura de procesos mecanizados e de artesanía no seu envasado. Ademais, compartimos as nosas impresións tras a degustación dos seus produtos e reflexionamos sobre a importancia das cooperativas na nosa economía e comunidade.
2025-10-22
05 min
Onda San Pío X
P03: Entrevista a Julia Aguiar: la fuerza de una vocación que sana.
A primeira entrevista de Onda San Pío X... e agardamos que cheguen moitas máis! Nesta entrega contamos coa presenza de Julia Aguiar, misioneira e referente mundial no tratamento da úlcera de Buruli, recentemente galardoada co Premio Beata Paulina Jaricot 2025. Os alumnos de 3º e 4º de primaria, Inés, Javier, Juan e Carla, baixo a guía do noso párroco e mestre de relixión Luis Rodríguez, realizáronlle algunhas preguntas na que Julia compartiu a súa experiencia, os retos e os aprendizaxes que marcou a súa vocación solidaria e sanitaria. Unha conversa inspiradora sobre compromiso, em...
2025-10-19
12 min
Onda San Pío X
P02: Pequenos versos, grandes voces
Allison, Anxo, Amelie, Álex e Izan, alumnos de educación infantil, convídannos a mergullarnos no mundo da poesía a través das súas voces cheas de tenrura e emoción, recitando versos que inclúen unha peza de Gloria Fuertes. Un episodio para escoitar co corazón aberto e deixar que a poesía máis cativa nos envolva.
2025-10-15
02 min
Onda San Pío X
P01: Aquí comeza Onda San Pío X
Dámosvos a benvida ao primeiro episodio da nosa radio escolar! Comezamos esta viaxe sonora falando do equipo que recibimos o curso pasado grazas ao programa #PolosCreativos da Consellería de Educación. Contamos como fixemos as primeiras probas, as normas que consensuamos para que todo funcione ben e, sobre todo, os grandes temas que imos explorar ao longo deste curso.
2025-10-08
03 min