Look for any podcast host, guest or anyone
Showing episodes and shows of

Disquetoca

Shows

disquetocadisquetocadisquetoca nº 16 (11.XI.16)Nun día tan especial coma o deste pasado venres 11 de novembro contamos na Disquetoca coa mellor das compañas. Ao noso estudio achegáronse Xende López e Juanpa Ameneiros, artistas do audiovisual que viñeron a contarnos cómo foi o proceso de realización do documental "10 anos de radio livre e comunitaria" que fixeron,xunto con Óscar Quant, para Radio FilispiM. Tamén puidemos saber mais do seu proxecto "Paisaxes Musicais" adicado a grabar videoclips de grupos da nosa comarca dun xeito moi especial. Mais non estivemos sós! Compartimos micros con mais xente amiga da Disquetoca como foron...2016-11-141h 51disquetocadisquetocadisquetoca nº 15 (30.IX.16)No programa de hoxe contamos coa visita de Suso Suciedade, responsable dun dos locais mais míticos da nosa cidade, o Manchita Cosa, que este venres pasado cumpríu 13 anos. Con él e con Jose e Iria facemos un repaso a estes anos cheos de música en directo, espectáculos e moita festa. Na segunda parte, falamos cos rapaces do grupo "Klüte" que veñen acompañados por Oscar CGTH para presentarnos o seu novo EP "Loser", falarnos dos seus concertos e os proxectos futuros que teñen en mente. Se vos perdístedes o directo.. a qué estades esp...2016-10-052h 00disquetocadisquetocadisquetoca nº 14 (09.IX.2016)O pasado venres pasaron polo noso estudio Óscar CGTH e Óscar Quant, compoñentes de Weather Underground, que viñeron acompañados de Car (Klute), Sven e Vicente Irisarri. Con todos eles pasamos a tarde falando da vida, a música e sobre todo, dese disco que están a piques de presentar o vindeiro sábado 17 en Artábria e que leva por título "Happy people have no stories", do que tivemos a sorte de escoitar algúns temiñas. Se non puidéstedes escoitar o directo, aquí tedes o podcast!! :) Apresentan: Tania Kasmasan e Ana Lucecú. En Radio Filispím,2016-09-151h 52disquetocadisquetocadisquetoca nº 13 (2. IX. 2016)A Disquetoca volta ás ondas filispinianas e o fai cunhas convidadas de luxo!! Na primeira parte do programa contamos no estudio coa fotógrafa Esperanza Váquez Dopico e dous dos seus alumnos, Raul e Roberto, que esa mesma tarde inauguraban unha exposición baixo o título "Improvisando Cedeira" na Fundaçom Artábria, resultado do traballo feito polos seus alumnos nos cursos que vén de impartir nesta localidade. A continuación, visítanos a artista ferrolá afincada en Madrid, Olaia Pazos, que pola noite actuará no Manchita Cosa, presentando o espectáculo "Cadáver Exquisito". Repasamos a súa traxectori...2016-09-071h 51disquetocadisquetocadisquetoca nº 12 (1.VII.16)O pasado venres 1 de Xullo tivemos de novo Disquetoca! Comezamos o programa coa nosa sección "A Peneira" onde o señor Vizoso adicounos unha selección musical moi especial de músicas en feminino, como é habitual. Mais adiante, xunto co noso compañeiro Fran, entrevistamos a Sime, cantante do grupo de street punk vigués Keltoi que levan xa máis de 20 anos na escea musical galega. Falamos do grupo, do seu pasado, do seu presente e do seu futuro. Contounos Sime que en breves sacará a rúa un novo disco do que xa se poderán escoitar algúns tema...2016-07-201h 53disquetocadisquetocadisquetoca nº 11 (10.VI.2016)Este venres pasado contamos cun novo colaborador, Fran Iglesias, que de cando en vez pasará pola Disquetoca para traernos algúns dos seus arquivos rescatados do pasado. Para esta ocasión preparounos un programa moi especial: unha homenaxe a Paco "Rufus", unha persoa que adicou toda a súa vida á música e que tivo moito que ver na efervescencia que vivíu Cedeira nos anos 90 en canto a bandas e locais se refire. Fran achéganos algunhas das súas grabacións da época e trae ao noso programa a grupos que de seguro vos soarán: Os Reboiras, Os Maruxa, S...2016-06-161h 31disquetocadisquetocadisquetoca nº 10 (6.V.16)Hoxe celebramos o noso programa número 10!!! Imos lentas pero seguras!! :P A partires das 18h pasarán polo noso estudio membr@s de "Patio de Butacas", unha asociación de recente creación para a recuperación de espazos culturais, e que ten coma obxectivo actual recaudar fondos para recuperar e rehabiliar o emblemático cine Adriano de Barallobre (en Fene). Hoxe están de inauguración e nos contarán en que vai consistir o FIESTRARTE, unha actividade na que se expoñerán 18 obras de pintores colaboradores nas fiestras deste marabilloso cine. Tamén contactaremos vía telefónica co...2016-05-091h 59disquetocadisquetocadisquetoca nº 9 (22. IV. 16)Abrimos o programa de hoxe coa sección A Peneira, onde Vizoso nos descubre un montón de música e nos fala do que acontece en lugares lonxanos.. Mais tarde, contactamos vía telefónica con Iago Esarte, alma mater da banda "El Hombre Flipante y los Replicantes" para saber mais da maqueta que acaban de grabar e os seus proxectos futuros. Tamén repasamos as actividades e eventos da fin de semana... Presentado por Tania Kasmasan e Ana Lucecú. Para Radio Filispím, a radio livre e comunitaria da Terra de Trasancos (93.9FM)2016-04-251h 33disquetocadisquetocadisquetoca nº 7 (18.III.2016)Voltamos ás ondas despois dun longo período alonxadas da Disquetoca por enfermidades varias. Este venres 18 de marzo, ás 18h, estaremos de novo en directo no estudio de Radio Filispím cunha chea de convidad@s!!! Ilusionadas estamos coa visita de Carmen Martín e Miguel Anxo Varela que hai pouco comezaron un novo proxecto en Ferrol, o Estudio de Carmen & Anxo, Casal de Arte!!! ? Falaremos con eles da súa longa carreira adicada ao arte e dos cursos e obradoiros nos que xa están a traballar. Mais adiante, contactaremos vía telefónica con La Espuma, unha tenda da nosa c...2016-03-191h 38disquetocadisquetocadisquetoca nº 6 (19. II. 2016)No programa de hoxe temos un montón de contidos e unha chea de convidad@s!!! Pasará polo noso estudio o músico ferrolán Jamie Fifthring, que nos vai contar como será o concerto de presentación do seu novo EP "The Pilgrimage", en Artábria. Poñerémonos en contacto vía telefónica cunhas rapazas super cañeiras, "As Brigantias, do Roller Derby A Coruña" que nos explicarán de que vai este deporte pouco coñecido pero que cada vez está creando mais expectación!!! Tamén contaremos no programa de hoxe con Óscar Millarengo que está a nadiña d...2016-02-262h 04disquetocadisquetocadisquetoca nº5 (12.II.2016)No programa de hoxe repasamos os eventos da fin de semana. Falamos coa xente de Savonarola antes do seu concerto na Sala Super 8 e Maxi, da Axencia RumRum, achégase ao estudio pra contarnos cómo será a actuación no Jofre de Tempo Catro, en homenaxe a Astor Piazzolla. Tamén inauguramos sección con Ai_Namora2016-02-171h 26disquetocadisquetocadisquetoca nº4 (22.I.2016)Nesta ocasión adicamos gran parte do noso programa ao Grunge, e falamos cos músicos Jamie Fithring e Adrián Skyzo que nos contarán como influíu este movemento nas súas vidas. Mais adiante tomamos contacto telefónico con Felipe Spada, membro de Cola Jet Set, que estará este fin de semana tocando na nosa cidade. E rematamos con Vizoso e a súa Peneira, que volve pra facernos grandes descubrimentos musicais cos que iniciar a fin de semana.2016-01-231h 29disquetocadisquetocadisquetoca nº3 (15.I.2016)No noso terceiro programa lembramos a David Bowie da man de Javier Gallego. Falamos con Luís Santamarina, batería de Aerolíneas Federales, do seu último disco e o inminente concerto na Sala Super 8. Contactamos vía telefónica co Jofre, onde un dos organizadores do ciclo Na Raíz, Pepe Cunha, nos conta como será a actuación de Fetén Fetén e Cuarteto Caramuxo desa mesma noite e nos fai unha valoración final de tódolos concertos aos que asistimos nos últimos meses. Se non nos escoitaches en directo, aquí está o noso podcast!2016-01-211h 26disquetocadisquetocadiquetoca nº2 (18.XII.15)Segundo programa da DisQueToca en Radio Filispím!! Nesta ocasión contamos con convidados de luxo: Rubén Artabe que veu a falarnos dos seus proxectos mais inmediatos e nos cantou uns temiñas en directo, e o dúo de electropop Alarido Mongólico, cos que escoitamos os seus últimos Hits..2015-12-211h 34disquetocadisquetocadisquetoca nº1 (11. XII. 2015)Neste primeiro programa presentamos o que pretenderá ser un magazine cultural onde cada semana trataremos diferentes temas. Nesta ocasión contamos coa presenza de Suso Suciedade que nos fala de Arteriola Asociación de Hostelería e facemos ademais unha crónica do que foi a inauguración da exposición "10 anos de Historia Filispiniana".2015-12-121h 29