podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Olaxonmario
Shows
Andalusian Spanish to Go
E44 🐙 El acento gallego y el andaluz | Con OlaXonMario
El invitado de hoy es Mario, de OlaXonMario. Es de Galicia y nos habla sobre su lengua materna (el gallego) y el acento español de Galicia. Escucha tú mismo las diferencias entre el acento gallego y el acento andaluz. 📝 Lee gratuitamente la Transcripción + Glosario aquí. 💻 Inscríbete gratis a mi minicurso en línea 'Español REAL'. Comprender mejor los acentos de España con mi curso online Descubre España en español. ¡Nos oímos en el próximo episodio!👋
2023-02-06
30 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
Hoxe estiven falando coa icona bierciana e sapatona Jelen Superstar sobre ser do Bierzo, sobre falar castrapo normativo, de serditos, de queimar un coche, ser unhas porcas e miserábeis, da 'L word', sobre crear unha narrativa nacional coherente, de 'videos de cerdos graciosos', da influencia da xeografía na arte, do conflico identitario bierciano, da marmelada de pementos, de ir a bailes regionales no colexio de monxas e de estar cagando y limpiarse el culo. Escoitar ti!#JelenSuperstar #Bierzo #AiDiomio
2022-03-28
39 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A ReBurelidade con Marisa Prisa - AI, DIOMIO 02x03
Hoxe estiven falando con Javi Eijo (aka Marisa Prisa), a primeira concursante Galega na segunda tempada de Drag Race España, sobre ser de Burela, de rivalidades localistas, do odio cara Foz, da Festa Hortera do Porto do Son, de ser unha halloween/Pride queen, de escoller nome drag, de moda 'unisex', de vestidos de noivo, do Drag Bingo burelán, da sexualización de 'hetero-curiosos' do drag e de profesionalizar a arte. Escoitar ti! #MarisaPrisa #Burela #DragRaceEs
2022-02-22
44 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Carreiridade co Carlos Lixó - AI, DIOMIO 02x02
Hoxe estiven mais unha vez falando co Carlos, desta vez sobre Carreira. Neste programa falamos do imperio caido, da perda de territorio carreirán, de estar cucú, da gloria pasada, de crise identitaria, do Portugal de Carreira, de Don Alejandro, de movementos de poboación, do absurdo do Barbanza, da sabedoría da Igrexa Católica, de Arciprestados, de Sálvora e de María José a do Coro. Escoitar ti!#CarlosLixó #AiDiomio #PodCast
2022-02-01
40 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Europeidade con Fora de Mapa - AI, DIOMIO 02x01
Novo ano nova tempada! Desta vez estiven a falar con María e Juan, creadoras do podcast Fora de Mapa (https://linktr.ee/forademapa) onde indagan sobre diferentes minorías étnicas e culturais da Europa. Neste capítulo estivemos falando da súa orixe vital, do que é para elas ser de Europa, de intercambios de poboación, de ser medio castellana, de vivir na diglosia, de pasaportes covid, de quen ten a pataca máis grande, de supremacismo turco e de estados sin nación.
2022-01-24
1h 02
Liga Romanica
Ep. 6 - Is Galician just Portuguese with a Spanish accent? // with olaxonmario
¡Bienvenidos a Liga Romanica! Livestream los miércoles a las 19h en TwitchBenvenuti su Liga Romanica! Livestream mercoledì alle ore 19 su TwitchBem vindos à Liga Romanica! Livestream às quartas-feiras às 18h no TwitchBienvenus sur Liga Romanica ! Livestream le mercredi à 19h sur Twitch👇👇👇👇https://www.twitch.tv/ligaromanicaMario's channel: https://www.youtube.com/c/olaxonmarioOur Youtube channels:🟡 https://www.youtube.com/c/Linguriosa🟢 https://www.youtube.com/c/PodcastItaliano🔴 https://www.youtube.com/c/PortugueseWit...
2022-01-17
1h 49
Zeta
Míriam Fernández, os Jókeres do mundo, Olaxonmario e as cancelas do falar
Iniciamos o 4º episodio deste novo Diario Cultural Zeta tecendo a #EntrevistaZ á artesá do li´ño Míriam Fernández.; Celia continúa o seu #CineclubZ falando dos Jókeres (exacto, nós tampouco sabemos canto disto inventa sobre a marcha), e o creador de contido máis afamado de Boiro, Olaxonmario, afronta o #CuestionarioZ con tan poucas cancelas como Silvia López lle quixo pór ó falar no seu cuarto #MeuDitoMeuFeito. Por outra banda (pola do sentido, pola do significado, polo dos coñecementos), Sara Donoso tráenos os premios Xuventude Crea na súa colaboración de arte e Cibrán Tenreiro tr...
2021-11-14
1h 05
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Cuenquidade co Christo Casas - AI, DIOMIO! 01x09
Hoxe estiven falando cun senhor que é de (e mira a) Cuenca! Bon, concretamente do municipio de Henarejos. Estivemos a falar de 'La Hespanha vacía', do seu primeiro libro 'El Power ranger... Violeta? (Rosa)', de aprender a falar gaiego, de comer paella en Xinzo, de identidade de transición, de mirar os debuxos animados en valenciá, de Almortas, de ser o marica da aldea, do xudaísmo, de que mamá fale francés, de ser do Porrinho e catalanismo. Escoitar ti e así!
2021-09-22
1h 07
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Ourensanía coa Arancha Nogueira - AI, DIOMIO! 01x08
Hoxe estivemos a falar coa Alancha Motora de cacolas, de #SelfCare, de historia do podcast galego, dos vapores termais, de praia a 50 minutos, de despoboación, do Senhor Culotis, de desarraigo, de diverxencia neuronal, de especulación, de Jácome, de circo político e do paraugas universal. Escoitade e así!
2021-09-15
58 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Pontevedridade co Guille Juncal - AI, DIOMIO! 01x07
Hoxe estiven falando co Guillermo Juncal, concelleiro do Concello de Pontevedra polo PP sobre alimentación, ser un ppero de menos de 45 anos, de paddle surf, do plan urbanístico pontevedrés, sobre seguridade vial, do chauvinismo 'socialista', sobre corrupción, sobre aires de senhorío de vila, localismo exacerbado, sobre non ver un matraquillo diante na vida, sobre persoas non gratas, sobre ser demasiado 'rojo' e sobre a necesidade primordial de ENCE. Esoitar ti!
2021-09-04
1h 07
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Cedeiridade con Cousas RarismASMR - AI, DIOMIO 01x06
Estiven o outro día con Helena Antía (@Cousas RarismASMR) falando de ASMR, de meter man en cu de vaca, de andar ás voltas, de ser artista, de la Capilla, de desarraigo, da tusa, da tradición 'celta', das caliveras, do requeixo da Capela, de vivir nun hotel, de conhecer celebridades e de freixós. #CousasRarismASMR #AiDiomio #PodCast
2021-08-14
59 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Burelidade con Paula Jorge
Estiven o outro día con Paula Jorge falando sobre ser de Burela e o que isto conleva. Ademais tamén falamos de Bullela, de sair no Luar, de TikToks deses, de opositar, da diversidade cultural burelesa, de fútbol sala, de nacer en Cervo, da masificación turística, sobre a orixe da inmigración caboverdiana, da tradición marinheira, de Batuko Tabanka, de falar caboverdiano, de integración e así! Escoitar ti cousa!
2021-07-28
59 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Ribadensidade co Daniel Castro
Hoxe estivome acompanhando o Miguel para tratar co Daniel Castro a condición de ser de Enrriba do Eo (Ribadeo). Ademais estivemos a falar ter problemas de desfase de audios, de Jessi de Noia, da problemática da Ría do Eo, de endogamia, de ser deputado, de Ribagueto e Ribaguai, da canción do verán da gaiega, de Indianes, de romarías, de Raffaella Carrá, da supremacía de Castropol, de movida no parlamento, dos Madracas, de aroz caldoso, de HollyFoz, de macrodiscotecas no rural e de traer a Chayane ao Monte do Gozo. Escoitar e así!
2021-07-12
58 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Camarinhidade co Cousxs
Hoxe estiven falando co Cousxs (aka Carlos Barcia), maxistral compositor da sintonía deste podcast, ademais de ser músico, fotógrafo e youtuber. Con el estiven discutindo que é ser de Camariñas, como se compón música fermosa, a rivalidade con Muxía, sobre corvos e carneiros, naufráxios intencionados, illamento xeográfico, pintar casas con leite condensado, a gaiegueirade, a gheada e o seseo, insonorizar a túa habitación e algunha cousa máis! Escoita ti!
2021-06-15
58 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Llinassencidade con AL-V
AL-V é une artiste catalán-galege que acaba de sacar o seu EP debut, 'Non quero morrer'. Natural de Llinars del Vallès (Barcelona), a metade das súas raices están na Pobra de Trives (Ourense). Hoxe estivemos discutindo como é medrar na área metropolitana de Barcelona conxugado coa súa procedencia galega. Ademais estivemos a falar do seu EP, de fonética catalá, da persona drag Licorka Fey, aprender gaiego, de bed and breakfast en Manzaneda, de apropiación cultural galega, do himno catalán, de ser dun sitio random, de ser co-host en Radio Primavera Sound, do pracer de conducir...
2021-06-03
57 min
A Biercidade con Jelen Superstar - AI, DIOMIO! 02x04
A Rianxeiridade co Aquel-e
No primeiro capítulo de 'Ai, Diomio!' estiven discutindo con Miguel Silva (O Aquel-e) a condición de ser de Rianxo, a Rianxeiridade. Ademais disto tamén estivemos falando de TikTok, do Mesón Boiro, da ser 'dos cochinas marranas', de Samantha Hudson, das festas do Castro, da Guadalupe, de ser 'da vila', do Antros Pinos, da lotería, dos pisos de Mahía, de comer cruasáns, de xoubas e de heteros. Comentar se ser bonito e así!
2021-05-24
59 min
A Lareira podcast
Olaxonmario Mario Brión na Lareira
No programa de hoxe, Mario Brión veu pasar o rato e falar da súa visión da Gallaecia, do galego, do "postureo da peña" e a presentarnos as súas novas camisolas de merchandising. Deunos tempo tamén de estilo, prexuizos e rememorar os vellos tempos pola facultade
2021-03-25
39 min
Radio Escaparate
Radio Escaparate #115 - con @olaxonmario
No programa desta semana entrevistamos a Mario Brión, exalumno da nosa facultade e recoñecido youtubeiro galego. Comporá C.Tangana o próximo himno do Celta de Vigo? Comentamos a Illa das Tentacións, falamos da música en directo e charlamos sobre as mellores historias de amor.
2021-02-24
1h 09
Radio Escaparate
Radio Escaparate #115 - con @olaxonmario
No programa desta semana entrevistamos a Mario Brión, exalumno da nosa facultade e recoñecido youtubeiro galego. Comporá C.Tangana o próximo himno do Celta de Vigo? Comentamos a Illa das Tentacións, falamos da música en directo e charlamos sobre as mellores historias de amor.
2021-02-24
1h 09
Radio Escaparate
Radio Escaparate #115 - con @olaxonmario
No programa desta semana entrevistamos a Mario Brión, exalumno da nosa facultade e recoñecido youtubeiro galego. Comporá C.Tangana o próximo himno do Celta de Vigo? Comentamos a Illa das Tentacións, falamos da música en directo e charlamos sobre as mellores historias de amor.
2021-02-24
1h 09
De Parola
"AMAZON boicotea a BALTAR... E máis Andorra" - DE PAROLA | 3x14
Despois dun directo desastroso voltan cun programa caralludo os paroleiros. Falamos de novas de apariencia surrealista sobre a Deputación de Ourense, vacinas especiais para alcaldesas e un bocadinho de 4nd0rra sempre se barallou. Recomendamos: - "Hotel" de Luis Franco Bastos. Unha serie de ficción sonora dispoñible en SoundCloud: https://soundcloud.com/lfrancobastos - Olaxonmario: https://www.youtube.com/channel/UCk7ckMTrXVZZGTP8i8OtAgg - Observador (que non observatório) jornal dixital: https://observador.pt/
2021-01-31
46 min
The Show Of Dreams
The Show Of Dreams 8
Neste programa falamos coa escritora Arancha Nogueira, co youtubeiro olaxonmario, co que tamén facemos un squech e coa presentadora e artista Tamara Perez. Para acabar o programa falamos de 3 temas relacionados coa natureza e o cambio climático.
2021-01-04
1h 07
De Parola
"O CALMAS contra a crise do Coronavirus" - DE PAROLA |2x08
Continúa o estado de alarma e, polo tanto, tamén o #EstadoDeParola. Desta vez Martín Sorga e Iván Iglesias despotricarán sobre a xestión educativa durante esta pandemia mentres escoitan outras versións da historia. A de Ricky Dias, periodista da Cadena Ser e amigo, que conta como vive a corentena en solitario no seu piso na cidade de Madrid. Tamén Olaxonmario barallará un pouco nada máis sobre o tema e Pablo González aportará o punto de vista dun estudante de enxeñería que se atopaba de Erasmus en Lisboa. Destacamos nas recomendacións...
2020-04-23
43 min
Radio Eladio
RADIO ELADIO 2X01|Mongolia, Rolling Stones e Millennials (Con Olaxonmario)
Primeiro episodio da segunda temporada de Radio Eladio. Neste programa coñeceremos mellor ó youtuber Olaxonmario.
2020-01-20
23 min
Temporada 2 | Zeta
Míriam Fernández, os Jókeres do mundo, Olaxonmario e as cancelas do falar
Iniciamos o 4º episodio deste novo Diario Cultural Zeta tecendo a #EntrevistaZ á artesá do liño Míriam Fernández.; Celia continúa o seu #CineclubZ falando dos Jókeres (exacto, nós tampouco sabemos canto disto inventa sobre a marcha), e o creador de contido máis afamado de Boiro, Olaxonmario, afronta o #CuestionarioZ con tan poucas cancelas como Silvia López lle quixo pór ó falar no seu cuarto #MeuDitoMeuFeito. Por outra banda (pola do sentido, pola do significado, polo dos coñecementos), Sara Donoso tráenos os premios Xuventude Crea na súa colaboración de arte e Cibrán Tenreiro t...
1970-01-01
00 min