podcast
details
.com
Print
Share
Look for any podcast host, guest or anyone
Search
Showing episodes and shows of
Pinchacarneiro
Shows
Podcast Pinchacarneiro
Especial: Prision Teixeiro, Axentes de Saúde
Programa especial do Pinchacarneiro. Hoxe dende o Carcere de Teixeiro, onde no pasado 2015 ASFEDRO desenvolveu un programa de Formación de "Axentes de Saúde" cos internos . Entrevistamos a Yadira, unha das 8 psicólogas desta prisión. quen nos contará a eficacia e utilidade deste tipo de programas neste contexto. Nunha segunda parte escoitamos o audio, gravado cos propropios internos, e onde estes relatan as dificultades do día a día. Este Audio foi montado por Miguel Castro Serantes, compañeiro de Radio Filispim, e activista pro dereitos para con os colectivos mais oprimidos.
2016-02-19
52 min
Podcast Pinchacarneiro
Faro de Punta Candieira/ Isabel Vilalba SLG/ entruido gastronómico 4º T 3º P
3º pinchacarneiro da 4ª temporada Informativos. Na segunda parte do programa, dous dos reporteiros do Confurco, desprlazanse coma o vento ata Punta Candieira pra recoller datos do que ali acontece. Teñen unha sorpresa espectacular: a entrevistan a Fusa, unha das habitantes do faro, quen falara dos traballos que ali se desenvolven. Proseguimos o programa con dous reporteiros, ansiosos polo agro. Estes preocupados pola evolución dos acontecementos destes días no sector leiteiro, entrevistan a Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego, co fin de que ela lles aclare a realidade do sector. Pra rematar os antropologos larpeiros, fan um pequeno resum...
2016-01-20
1h 01
Podcast Pinchacarneiro
Heavy terapeutico antes do Natal
Entrevista a Ivan Mendez, Diretor e impulsor do Resurretion Fest en Viveiro no que este ano participa un dos maiores grupo do heavy como é Iron Maiden. Falanos do que supuxo este Macro- festival de metal, hard core e punck para a poboación desta vila costeira. Abordase o tema do consumismo e excesos que conforman o "Natal" Retomase o espaço do Boureadeiro, co tema do sector Lacteo. No remate no espazo larpeiro, proponse u menu composto de dous platos e um postre ideal para as vindeiras datas e cos melhores ingredientes, Rico e asequible
2015-12-17
1h 03
Podcast Pinchacarneiro
PInchacarneiro 4ªT 1º Programa
No primeiro programa da tempada, desgranamos a Comunidade terapeutica de O Confurco. As e os tertulianos relatan como é o dia a día na comunidade e as multiples actividades que nela se desenvolven. numha segunda parte, falamos com Auri, das terrras de Portosin, sobre as dificultades que están a ter os mariñeiros desa e outras comarcas. Miguel, palista de Porriño comentanos as potencialidades do granito rosa e como decaeu a industria deste, por mor da crise. Numha terceira parte e xa pra fechar, Esther e David, propoñen unha receita espectacular para tornar o frio, a fame dun xe...
2015-11-25
1h 03
Podcast Pinchacarneiro
O Pinchacarneiro C.T. Oficios Tradicións e 25 Aniversario da C.T
Hoxe falamos de oficios; Pesca no Gran Sol, e no mar de Irlanda, entrevistamos a Elias, derradeiro oleiro de Gundivós, quen nos expon a diversidade que hai ao redor desta oleria . No remate do programa abordamos umha temática que no vindeiro mes estara de actualidade, ou mais ben de Aniversario. Posi a Comunidade Terapeutica de ASFEDRO fai 25 anos.
2015-05-21
1h 02
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro C.T. info.Retranqueiros/ Veronica BOQUETE/ aficions futebol.
Hoxe temos um programa cumha temática bem definida e coñecida na nosa realidade social, o futebol. E para falarnos do mesmo entrevistamos a umha das mais grandes xogadoras de todolos tempos, a Internacional VERONICA BOQUETE, falaranos sobre a súa evolución neste deporte, dificultades e logros, e situaranos sobre cal é a perspectiva de futuro que lle agarda a o Futbol FEMININO. Para rematar os contertulios da Comunidade Terapeutica do Confurco analizaran un dos temas propostos por un dos ouvintes do programa. " as AFICIÓNS de futbol", tema proposto a través do correio; pinchacarneiro.asfedro@gmail.com
2015-04-23
54 min
Podcast Pinchacarneiro
O Pinchacarneiro C.T- "informativos retranqueiros"_ Festival ASFEDRO_ Bouradeiro: "Subvención Enrrique Iglesias" .
Nos informativos novas de actualidade con outra tonalidade. No remate dos mesmos a nosa corresponsal Susana entrevista a Pablo Álvarez, acuarista e adestrador de focas do Acuario Finesterrae de Coruña. Festival SOS ASFEDRO 20 de Marzo. Con motivo deste festival, as compañeiras Pablo e Esther entrevistaron a Olga Bastarrechea e Sari Alabau membros da Diretiva de ASFEDRO. Expoñen a situación da asociación e o que as diferentes iniciativas programadas para superar a situación actual. No Bouradeiro as e os contertulios da C.T Confurco, debaten sobre o videoclip de Enrrique Iglesias "noche y dia" subvencionado con mai...
2015-03-16
1h 01
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro- estrea dos "informativos retranqueiros"_Xaquín Marin/Museo do Humor_Bouradeiro;As forzas de seguridade
Estrea dos "INFORMATIVOS RETRANQUEIROS", novas de actualidade con outro xeito. No "ESPAZO DA NOSA CULTURA" falamos do Museo do Humor de Fene, único en todo o Estado Espanhol, e entrevistamos a un dos seus fundadores, o ilustre ilustrador XAQUÍN MARIN. No espazo do "BOUREADEIRO" os tertulianos da Comunidade debaten a "actuación das forzas de seguridade con colectivos tales coma drogodependentes, inmigrantes, e activistas sociais/políticos. Proposta que un dos ouvintes do programa enviou ao correio pinchacarneiro.asfedro@gmail.com
2015-01-31
1h 02
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro C.T 9ºP 3ªT: Furtivismo/ Recuncho: Apalpador/Bouradeiro: Eucaliptos na Galiza
Neste primeiro Pinchacarneiro do ano comezamos falando do Furtivismo na ria de Ferrol. Co fin de profundizar nesta temática entrevistamos a Manuel Banhobre, mariscador da zona de Baralhobre. No Recuncho da Nossa Cultura, falamos da historia do Natal, mais para profundizar na figura do Apalpador, entrevistamos a Paulo Rico, membro da Gentalha do Pichel. Para rematar, no espaço do "bouradeiro" debatemos os riscos e os beneficios de termos eucaliptos nos montes galegos. Nesta seción colabora Nês, Presidentre de ADEGA Trasancos e guia do porgrama O Souto em Radio Filispim
2015-01-15
1h 02
Podcast Pinchacarneiro
O Pinchacarneiro C.T. 8º P 3ªT "Entrevista a Xurxo SOUTO/nosa música: Iria Flavia/Boureadeiro da C.T: Fuga de Cerebros"
Comezamos falando sobre a situación atual da música en Galego, e facemolo entrevistando a XURXO SOUTO, o cal a través das súas verbas relátanos a evolución que foron tendo os grupos galegos cakes son as súas dificultades e que perspectiva hai de futuro. E como non, tamén lle preguntamos por ese estilo coñecido como BRAVÚ o cal esta xa no seu 20 aniversario. Nunha 2ª seción, inaguramos o espazo "o Recuncho da nosa música" onde falaremos de grupos que estan xurdindo no pais. Hoxe escoitamos a "Iria Flavia". Xa para rematar, no "Bouradeir...
2014-10-01
1h 02
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro. C.T 7ºP 3ªT 'Refuxio de Animais de Mouga/ entrevista antigo Usuario C.T/ Inaguración do Boureadeiro '
Neste 7º Programa do Pinchacarneiro as/ os novas/os locutores da C.T, entrevistaron a Camino Ferrero, veterinaria do refuxio de animais de Mouga. Numha segunda parte os compañeiros Marco e David entrevistan a un antigo usuario da C.T. a Dani Varela. o cal relatou como a Comunidade Terapeutica de "o Confurco" contribueu a cambiarlhe a vida. Com remate, inagurase un novo espazo "O bouradeiro" no cal a xente da comunidade terapeutica analiza unha temática proposta por un/unha ouvinte. Neste primeiro a tematica será "a mentira do futbol", NON ten desperdicio.
2014-08-12
1h 02
Podcast Pinchacarneiro
O Pinchacarneiro 6ºP 3ª T "A Comunidade Terapeutica de O Confurco (ASFEDRO) conquista R.Filispim"
Primeiro programa das persoas que estan internas na Comunidade Terapeutica de O Confurco en Doniños. O compañeiro Ruben encargouse de resumirnos a historia da Comunidade Terapeutica, amenizando esta cunha entrevista a unha das Educadoras máis antigas que hai na C.T. O Compañeiro Fran, entrevista ao Director Técnico da C.T. co fin de informar as e os ouvintes do que é e como se estructura unha C.T. Para rematar, Adán entrevista a Daniel, que foui unha das persoas que xa hai tempo rematou satisfactoriamente o programa de C.T. NON TEN DESPERDICIO
2014-06-05
39 min
Podcast Pinchacarneiro
O PINCHACARNEIRO 5º P 3ª T
Entrevista a Olga Bastarretxea e Sari Alabau, membros da directiva de ASFEDRO. Preguntámoslles sobre a situación que esta a atravesar a entidade, e sobre as alternativas que estan a proponher. Entre elas a I Carreira Solidaria, que se celebrará o vindeiro domingo 11 de Maio em Caranza. Nunha segunda parte, adicada as "novas de atualidade" comentamos a evolución do proceso de legalización da marihuana en Uruguay, e algunhas opinións sobre u un proceso semelhante no Estado Espanhol.
2014-05-08
49 min
Podcast Pinchacarneiro
O Pinchacarneiro 4ºP 3ª T
Neste programa, faise umha pequena análise dos países e territorios, onde se están desenvolvendo iniciativas para a legalización do Cannabis; Uruguai, algum estado dos EE.UU, Holanda, Guatemala, Chile, Mexico, Colombia, etc. Numha segunda parte, entrevistamos a Lois, membro da Xuntanza Antiprohibicionista (X.A) de Compostela, con motivo da celebraçom do San KANUTO. relatanos os objectivos desta jornada festiva, asim coma as múltiples questoms que dende a súa organizaçom reivindicam.
2014-01-15
58 min
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro 3º P 3ª T
Neste programa continuamos falando da HEROINA. Abordamos a súa traxectoria durante o s´culo XX no Estado Espanhol, dende os anos 30 ata os anos 90. enumeramos as diferentes vías de consumo desta sustancia, e os riscos de cada unha delas. Nunha segunda parte valoramos a folga da Sanidade dos días 9 e 10 de Decembro, e algunha nova relacionada cos bebidas enerxéticas.
2013-12-14
59 min
Podcast Pinchacarneiro
2º P 3ª T Pincahcarneiro. ASFEDRO
Neste segundo Pinchacarneiro da tempada, tratamos umha das suatancias que peor prensa tem, a Heroina. Falamos da súa sintese e dos usos para os cales foi desenhada. Comentamos a primeiras medidas prohibicionistas e os intereses que estas tinham. Nunha segunda parte abordamos os conceitos básicos. Música - Lou Reed - Iggy Pop
2013-11-28
59 min
Podcast Pinchacarneiro
1º P 3ª T Pinchacarneiro
Neste programa explicamos o pograma de prevención dende Educando no lecer e dentro deste a metodoloxía de redución de riscos. Entrevistamos a dous persoas mediadoras que fixeron o curso de formación e que posteriormente fixeron as prácticas nas saídas que se fixeron dende a entidade.
2013-10-04
36 min
Podcast Pinchacarneiro
2º P 2ª T Pinchacarneiro
Entrevistamos a María Rosendo (técnica en igualdade e activista de diversos coletivos feministas) que nos falou das drogas dende unha perspectiva de xénero. Falamos do curso de mediadores/as en drogas dende a perspectiva da redución de riscos. Falamos da alarma social xerada polas sales de baño (legal High), respecto a novas publicadas sobre este tema. Reproducimos a entrevista que se lle fai a Claudio Vidal na amisora de Radio Alcosa e Falamos da legalización e venta de Cánnabis en Uruguay
2013-02-20
59 min
Podcast Pinchacarneiro
1º P 2ª T Pinchacarneiro 6.02.2013
Entrevistamos a Eduardo Carpente, voceiro da Asociación de profesionáis das drogodependencias, a Joaquín Manovel, técnico de prevención de drogodependencias do Concello de Ferrol, afectado polos recortes como no resto dos Concellos do País. Explícase a temática e a estructura dos programas que se realizarán nas vindeiras semanas
2013-02-07
55 min
Podcast Pinchacarneiro
PINCHACARNEIRO 1ª T P 16ª
Entrevista telefonica a Jaime, membro de DISTRI MALIGNA. Informa sobre as actividades e organizaçom deste colectivo anarquista; publicaçom de manuais, fanzines, libros,... Centramo- nos na recente publicaçom do libro "Drogas, ¿Una opción personal?" presentado en varios centros sociais do pais. Entrevista a Carlos Varela; Educador da asociación LAZOS pro-solidariedade. Comenta- nos a recente mobilizaçom feita na Praça de Armas de Ferrol por mor dos recortes que dita entidade vem de sofrer recentemente nas ajudas institucionais. Pra rematar dare- mos uns conselhos para a noite do Solsticio do veram (Sam Joam)
2012-07-06
1h 09
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro 1ª T P 15
- VI jornadas antiprohibicionistas: Entrevista a Miriam Varela Ces, delegada da X.A. (Xuntanza Antiprohibicionista). Nesta entrevista comentanos a trajectoria das jornadas dende o seu começo no 2004. Falanos das dificultades que tiverom, do objectivo geral das mesmas asi coma das intervençoms que conformaran ditas jornadas. - Reduçom de Riscos co Cannabis: falamos de como se podem reducir os riscos asociados ao consumo de cannabis. - Informamos daqueles eventos programados para esta e para a vindeira semana. Música: - Dios ke te Crew - The Kagas - Los Chichos - Fanfare C.
2012-05-12
1h 01
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro 1º T P 13º
Neste novo pRograma do Pinchacarneiro, entrevistamos a Silvia Basas (técnica de Prevençom de Energy Control). Esta professional falanos doutros ámbitos onde tamén se trabalha baijo umha persperctiva da reduçom de riscos. Como acontece na educaçom formal (centros educativos, escolas de saúde para nais e pais, etc). Comentanse tamen as novas ereferentes a: - Presupostos do estado 2012 - Subida do preço das caiginhas de tabaco. - Outras vias para consumir alcool. Música: - Obrint Pas - The Brosas - Eskorbuto - Skacha
2012-04-04
1h 08
Podcast Pinchacarneiro
PINCHACARNEIRO 1ª T P 13
Presentaçom: - Calendario de atividades programadas para a viindeira semana dende a Área de Preveçom, e outras entidades. - pequeno análise das detencçoms acontecidas o 22 de março na Asociación Barcelonesa Cannabica de Autoconsumo, coa que se tinha programada umha entrevista. - Monografico sobre o tabaco. Historia, farmacologia,.. Os grupos que se pincharom som: - Siniestro total: fuma negro - Platero y Tu: Cigarrito - Los Chichos: Mami. - Rico Rodriguez
2012-03-28
54 min
Podcast Pinchacarneiro
PINCHACARNEIRO 1ºT P 6
Programa número 6 do Pinchacarneiro; programa do colectivo ASFEDRO, nas ondas de rádio FILISPIM. -Resumo agenda semanal: Escola de saúde para Náis e Páis. 1ª sesióm onde se abordaram os concetos básicos sobre drogodependenzas. - Concetos básicos sobre Drogodependenzas; Droga, Tolerancia, Uso, Abuso, Dependenza, vias... - Música: Siniestro Total Kógito Os Papaqueixos
2012-02-09
51 min
Podcast Pinchacarneiro
PINCHACARNEIRO 1T 12P
Programa da Asociacion ferrolana de drogodependenzas Agenda semanal; - Escola de nais e pais Ares - Escola de nais e pais neda. - Entrevista a Miriam e Lois membros da Xuntanza antiprohibicionista (X.A) Musica: - Skacha - Reicidentes - La polla records - Skarnio
2012-02-07
1h 04
Podcast Pinchacarneiro
Pinchacarneiro 1T 11P
- Resumo das actividades programadas para os vindeiros 15 días (Escola de saúde para nais e pais no concelho de Ares, Escola de saúde para nais e pais do concelho de Neda, obradoiro para um consumo responsable de farmacos no concelho de Cabanas) - Explicaçom getiom de praceres e riscos. Outro geito de ver a prevencióm de Drogodependenzas - Entrevista a Javier Porto (técnico de Energy Control)
2012-01-23
1h 12